CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

unha de arte

Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 30-06-2007 09:35
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados
parece ser que moitos erros nesta convocatoria en canto a prazas que non veñen contempladas, a semana que ven o SERGAS mandará a DOG unha corrección sobre as prazas.
en tanto ahí vos queda o que está publicado en DOG.


Resolución do 20 de xuño de 2007, da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de licenciados sanitarios deste organismo.

Resolución do 20 de xuño de 2007, da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas de diversas categorías de persoal estatutario deste organismo.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 29-06-2007 11:37
Queres comentar ou preguntar algo?
OMEGA. principio e fín... do absurdo
hai un par de dias un compañeiro de sindicato que traballou hai un tempo nesta área, mandabanos un correo de algún coñecido seu, no que se adxuntaba unha nota, poñendo a parir ós sindicatos por chegar a acordo en galiza no tema dos LDs, aproveitando que andivo onte o "xefe" Xan por aquí lle preguntamos se coñecia ese escrito, e foi quén nos dixo que sí que estaba na páxina web do sindicato coorporativo OMEGA, claro cando nos enteramos diso, entón xa o entendimos, como non se van ciscar ca diarrea mental que se traen?
a ese escrito deuse contestación dende a agrupación médica da CIG-Saúde, aquí tendes os dous escritos, o de OMEGA que nos acusa de vendidos e o da CIG pedíndolle a OMEGA que mire ben quén é o enemigo antes de disparar por un lado e aclarándolle o erro no que están no tema das pagas extras.
E cal é a nosa sorpresa cando entramos na páxina de OMEGA para enlazar o link no blog e vemos que hai outro escrito mais en contestación o de CIG-Saúde.
Neste escrito intentan sacar a pata de onde a meteron e cambian os argumentos de que a Lei xa está en vigor por completo ó de que merda de sindicatos temos na Mesa que non van obrigar a Administración a asinar xa o Estatuto Basico de Galiza, clara que para estes personaxillos somente lles debe importar do Estatuto Galego as melloras en trienios, do resto parece que prescinden.
Despois de deixar patente que están á defensiva pola metedura de gamba, empezan a colgarse medallas, ca fórmula esta de inicio: gracias a la huelga de OMEGA
gracias a OMEGA, gracias a esto que hizo OMEGA.
así 5 puntos, todas as melloras logradas para facultativos no SERGAS, débense a eles, todas as penurias o resto de sindicatos ca CIG á cabeza.

podedes leer os artigos destes sacrificados sindicalistas nos enlaces, están todos.

é unha pena que aquí OMEGA que estivo 4 anos presente na Xunta de Persoal de O Barco, que non apareceran mais que de pascuas en ramos polo HCV, posto que na mais que o pisaran os seus delgados e delegadas duas veces ó ano isto iba a ser jauja con tremenda eficacia.

Por certo rapaces de OMEGA, tendes sen recoller propaganda electoral das paredes do HCV, xa sabemos que non sacastes delegado algún aquí, pero xa que sodes tan eficaces e "simpáticos" podiades tamén facer unha pequena limpeza dos vosos cartaces electorais como fixemos o resto de sindicatos.

e falando de simpáticos, nós preferimos os dibuxos simpáticos do noso dibuxante.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 28-06-2007 23:04
Queres comentar ou preguntar algo?
proposta do SERGAS da convocatoria das listas restantes
O Sergas fai unha PROPOSTA que consiste en "manter a publicación no DOG do proceso de selección temporal no período indicado ( primeira ou segunda semana de xullo ) facendo mención expresa na propia convocatoria de que o prazo de vinte días naturais para a presentación das solicitudes queda diferido ao mes de SETEMBRO ( entre os días 10 e o 29 ) incorporaranse as novas categorías de: Farmacéutico de Atención primaria, Enfermería do traballo, Técnico Documentación Sanitaria, Técnico Dietética e Nutrición e Técnico auxiliar farmacia.

A lo menos a CIG-saude de O Barco, en base a algúns comentarios que teñen saido no blog, pareceríanos mellor, que se aplicara a fórmula de cando sairon convocadas as listas de enfermería, é decir abrir en xullo o prazo de instancias e prorrogalo ata setembro.
este tema xa o comentamos ca xente da executiva da nosa Central Sindical e están de acordo en transmitirlle esa proposta ó SERGAS.

Pero gostaríanos saber o que opinades vos. Mañá tense que dar resposta ó SERGAS, así que nos resultaría moi positivo saber a vosa opinión, podedes deixala nos comentarios deste propio artigo.

Graciñas de anteman por participar.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 28-06-2007 18:43
Queres comentar ou preguntar algo?
prazas a traslados

Cadros coas prazas que o Sergas nos pasa para os traslados que van a DOG no dia de mañá:

Facultativos Especialistas

Resto Categorías
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 28-06-2007 18:09
Queres comentar ou preguntar algo?
boa asistencia na asemblea de hoxe no HCV
Mais de medio cento de traballadores/as, acudiron hoxe a asemblea de CIG-Saúde, onde Xan Cons Secretario nacional de CIG-Saúde, explicou detalladamente durante mais dunha hora, todo o acontecido nas mesas sectoriais do SERGAS este derradeiro mes(LDs por trienios, trienios de persoal non fixo, carreira profesional, novos permisos e pagas extras).
Xan Cons foi especialmente crítico cas instrucciois dadas polo SERGAS en materias de permisos, debido á ambiguedade delas e a falla de compromiso por parte da Administración para aclaralas antes de que xurdan conflictos nos centros de traballo.

Dende CIG-Saúde Barco estamos especialmente agradecidos a Xan non solo por se desprazar mais de 200 kilómetros para aclarar ó persoal todos estes temas, senon tamen pola axuda diaria que nos está a prestar no desenrolo do noso traballo sindical, esperamos de novo telo entre nós antes de que remate o ano.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 27-06-2007 19:23
Queres comentar ou preguntar algo?
novas sobre OPE
ÚLTIMAS NOTICIAS

Despois de preguntarlle ao Sergas sobre varias cuestións isto é o que nos contou:

PSX e AUXILIARES ADMINISTRATIVOS Exame Galego: queda para despois do verán.

CELADORES E Grupos A/B Función Administrativa : Están en fase de resolución das impugnacións ás plantillas provisionais ( non hai moitas ) contan que os días 6 ou 9 de xullo se publiquen as plantillas definitivas.


Fase CONCURSO: os prazos que manexan para publicar a fase de concurso son de todo aquelo que xa é definitivo o mes de xullo.


TRASLADOS: Publicación no DOG o venres 29 de xuño (confirmarano ó longo da mañá)
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 27-06-2007 10:46
Queres comentar ou preguntar algo?
listas de contratación
Según nos informa o Sergas a publicación das convocatorias que están pendentes realizarase na primeira quincena do mes de XULLO.

Maís concretamente entre o día 6 e o 15.

incorporaranse as novas categorías de: Farmacéutico de Atención primaria, Enfermería do traballo, Técnico Documentación Sanitaria, Técnico Dietética e Nutrición e Técnico auxiliar farmacia.

Borrador definitivo de Resolución para a convocatoria das categorías pendentes

Anexos

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 26-06-2007 17:49
Queres comentar ou preguntar algo?
pool HCV II

hai uns dias denunciábamos o funcionamento do pool por parte da dirección de enfermeria do HCV, dende aquela a hoxe tivemos unha serie de "escarceos escritos" a 3 bandas entre Xerencia, Dirección de enfermeria e CIG, que remata hoxe cun escrito ante a Mesa Provincial de contrataciois. Deixámosvos por si vos interesa os escritos remitidos dun lado e outro.
Eliminamos os nomes das persoas por razois obvias.

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 26-06-2007 12:42
Queres comentar ou preguntar algo?
ultima hora, URXENTE
temos confirmación telefónica de que o xuzgado desestima o recurso de AFEIHS por VULNERACIÓN DOS DEREITOS FUNDAMENTAIS pola ausencia de PARIDADE nalgúns dos tribunais da OPE de FEAs.
polo tanto a OPE de facultativos sigue adiante nos prazos pevistos.

A chapar tocan
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 25-06-2007 17:54
Queres comentar ou preguntar algo?
resultados cruzados
Un compañeiro cruzou os datos da fase de oposición cos puntos da xente que está en listas de contratación nas categorias de auxiliar de enfermeria e ATS, e fixo unha táboa orientativa de como pode quedar a xente.
os datos que colgamos teñen numerosos erros, non está extraida da experiencia os puntos que dan por pool nin das urxencias extrahospitalarias, polo que consta como tempo traballado a puntuación que se da engadida o pool nas listas de contratación, posto que na OPE non se puntua a permanencia nin no pool nin nas urxencias extrahospitalarias.
Hai persoas que non están en listas de contratación, polo que non sabemos a experiencia que podan ter nos servizos de saúde de onde veñan.

REPETIMOS, SON RESULTADOS QUE TEÑEN MOITOS ERROS, SOMENTE SON ORIENTATIVOS.
Dubidamos moito antes de meter estas tablas no blog, pero posto que xa andan circulando por moitos sitios, decidimos poñelas.

esperamos que vos sirvan de axuda, tede en conta que os que tedes tempo traballado de pool ou urxencias extrahospitalarias, tenderedes a baixar nos postos na tabla que saque o SERGAS

Lembrade tamén que estrán expostas no servidor somente 5 dias, antes de que sexan eliminadas


ATS

auxiliares de enfermeria
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 25-06-2007 15:25
Queres comentar ou preguntar algo?
asemblea HCV
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 25-06-2007 12:37
Queres comentar ou preguntar algo?
cando a fame apreta
Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 23-06-2007 12:04
Queres comentar ou preguntar algo?
información Mesa Sectorial 22-06-07 (II) (CP, Primaria e Residentes)
CARREIRA PROFESIONAL

Quedou formalmente asinada a acta final de negociación dando por válido o texto coas últimas correccións que lle fixemos. Agora inicia a tramitación para ser publicado en DOG para logo abrirse os prazos de solicitudes. Todo eso non levará menos de dous ou tres meses.

Texto definitivo

SUBSTITUCIÓNS PRIMARIA
Igualmente, procedeuse a asinar o documento que contén os acordos acadados sobre diversas medidas para as substitucións en primaria, medidas que se negociaron en execución dos compromisos do Plan Mellora de AP 2007-2011.

Documento definitivo cos ACORDOS das Mesas de Primaria.

RESIDENTES

RESIDENTES

Logo da reunión anterior do 31 de maio, na que o Sergas aceptara a nosa petición de revisar os contidos do acordo do 19 de decembro, onte era a primeira reunión para cruzarnos as respectivas propostas para negociar. A proposta da CIG (consensuada con Agamir) xa fóra remitida ao Sergas uns dias antes, e a proposta do Sergas foi explicitada na propia reunión.

A proposta do Sergas consiste basicamente no seguinte:
- aceptar o incremento do precio das gardas, con efectos do 1 de octubro
- ese incremento está calculado sobre a media pactada nos diferentes Servizos de Saúde, tal como se reflexa no cadro que entregaron
- constituir unha comisión en cada centro con participación de persoas designadas pola xerencia e outras designadas polos sindicatos
- constituir o grupo de traballo sobre responsabilidade, que tería que propoñer as suas conclusións diante da Mesa en octubro.
Esa proposta do Sergas foi recibida por nós na mesa como absolutamente insuficiente. Anque nos prezos das gardas xa o Sergas recoñece que é necesario incrementalos bastante (na sua proposta hai un incremento do valor/hora entre 2,30 para un R-I ata 5,48 para un R-IV), o seu cadro ten varios déficits:
a) porque as cifras utilizadas para facer as medias non son correctas nalgúns casos
b) porque na media inclúe a Galicia, que ten que estar excluída dese cálculo
c) porque non inclue os valores xa pactados en 11 Servizos de Saúde para o 2008
d) e porque non inclue ningunha referencia ao valor adicional das horas de domingos e festivos, que sí están na maioría dos acordos comparados.

En base a todos eses argumentos, a proposta do Sergas quedou desbotada e acordamos que farían unha nova proposta na próxima reunión tendo en conta todos eses criterios indicados por nós. Reclamamos ademáis o carácter retroactivo, a 1 de xaneiro, do novo valor das gardas que finalmente acordemos, pero o Sergas mantén de momento a sua oferta de aplicalos dende o 1 de octubro.

Por outra parte, insistimos tamén na nosa proposta de adiantar o incremento retributivo (soldo base + complemento de grao) pendente para xaneiro de 2008 a este ano. O Sergas mantén a sua negativa a este adianto, argumentando a imposibilidade de modificar os termos do acordo pactado. Non nos conformamos con esta explicación, e seguimos defendendo a sua viabilidade.

Respecto da cuestión de constituir Comisións paritarias nos centros, propuxemos incluir na composición aos residentes electos para as respectivas comisións de docencia, que foi aceptado polo Sergas.

Quedouse en ter unha nova reunión, que o Sergas convocará proximamente.


Borrador de acordo de atención continuada para o persoal en formación.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 22-06-2007 19:44
Queres comentar ou preguntar algo?
Información da Mesa Sectorial 22 de xuño (I) (permisos e pagas extras)


Permisos

Sabedes que levabamos varias semans tratando de sentar ao Sergas para facer unha interpretación pactada das novas situacións e dereitos contemplados nas tres normativas publicadas neste ano: Estatuto Básico, Lei Orgánica de Igualdade, Lei Galega de Traballo en Igualdade. Sabiamos que o xoves pasado o Sergas se reunira cos centros para unificar entre eles os criterios a aplicar, pero seguian sen cumplir con nós o trámite de informarnos e/ou negociar eses criterios.

Prantexamos entón onte unha cuestión previa para tratar ese asunto e recibir do Sergas cando menos unha explicación sobre a situación e comprometer o seu urxente tratamento na Mesa. A verdade é que é moi pouco seria a sua forma de abordar un problema tan relevante, e xa non é excusa a confusión (que existe e existirá) xerada por estas normas tan complexas.

En definitiva, o Sergas fixo entrega dun cadro-resume dos permisos que eles mesmos entenden que son de aplicación xa, cadro que asimesmo lle enviaron aos centros para utilizar. Ese cadro non está debatido nen revisado, polo que non implica (de momento) o noso acordo co mesmo, pero calquera persoa pode xa exixir que se aplique.

O Sergas quedou de convocar unha reunión na primeira quincena de xullo para falar deste tema, pois o que nós pretendemos é que se elabore un novo texto de permisos onde se recolla todo. Éste do Sergas é parcial e ademáis non está casado coas reglas vixentes do Acordo de Concertación, e para evitar maior confusión é preciso que dispoñamos dun único documento onde apareza todo refundido e reinterpretado.

LDs Adicionais

Algo que non está no cadro, por exemplo, é o dereito dos dias de libre disposición adicionais por antiguedade establecidos no EBEP. Anque o Sergas xa aceptaba a sua aplicación, non queria dar instruccións escritas aos centros en tal sentido. Onte acordouse que lles van remitir unha nota nese sentido. Por tanto, os LDs adicionais (2 a partir do 6º trienio e 1 máis por cada trienio a partir o 8º) se poden pedir xa.

Mantense vixente asimesmo o acordo sobre as vacacións adicionais por antiguedade, nos mesmos termos dos anos anteriores.

Trienios Interinos

Por último, e xa en relación cos Trienios de Interinos, tamén quedou definitivamente claro que o Sergas recoñecerá o seu abono, con efectos dende o 14 de maio, pero inda non ten resolto o tema do procedemento. Tamén hai acordo na interpretación de que este dereito é extensivo para todo tipo de vínculo temporal (interinos, substitutos e eventuais), e non só para nomeamentos interinos.

En definitiva, todo o persoal temporal cobrará trienios. Queda garantido que os efectos serán recoñecidos dende o 14 de maio. E queda tamén claro que ainda non hai que solicitalos, ata que o Sergas emita a sua instrucción de procedemento.

PAGAS EXTRAS

Unha vez que o DOG xa publicou a inclusión do complemento específico nas pagas extras, en execución do acordo de función pública, quedaba por abordar no marco da Mesa Sectorial a inclusión tamén dos demáis complementos fixos (Prod.Fixa+PRD) nesa mellora da Paga Extra. Nesta reunión o Sergas entregou a sua proposta de acordo con esa finalidade, que cubre o noso prantexamento de incluir na Extra todos os complementos fixos (o C.Destino xa está, e agora se incorporan o Específico, a Prod.Fixa e o PRD).

Este tratamento inclue a todo tipo de persoal, funcionario, laboral e estatutario, fixo ou temporal. Inclue tamén a colectivos particulares como o persoal de cupo e os residentes. Acompañase o documento entregado na mesa polo Sergas, que está sendo revisado por nós e se debe asinar nos primeiros dias da próxima semana.

Cadro resumo que pasa o Sergas para a aplicación dos permisos
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 22-06-2007 19:29
Queres comentar ou preguntar algo?
non somos adiviños
Hai xente que insiste en preguntar a nota de cortedas OPE, xa dixemos no seu dia que non íbamos a especular con notas de corte.
Publicitamos datos no blog, para que vos fagades unha composición mais aproximada de como poden ser as cousas.
Estamos a intentar cruzar datos, pero iso non o publicitaremos posto que daría lugar a enganos.

Así que vaiamos tendo datos contrastados os publicitaremos, en tanto tede un pouco de paciencia.

Nós, non somos adiviños, aínda que nos gostaria e.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 22-06-2007 11:41
Queres comentar ou preguntar algo?
listas por puntos
deixamos enlace das listas que xa publicitamos de diversas categorias, unha vez subsanados os erros:

ats

auxiliar de enfermeria

aux administrativo

PSX

pinche.

Lembrade que ós 5 dias a partires de hoxe estas listas as elimina o servidor, así que si vos interesan baixadeas e gardadeas.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 21-06-2007 14:54
Queres comentar ou preguntar algo?
aproveitamento do traballo alleo
Nos chegan noticias de que algún sindicato está a distribuir as listas ordenadas por puntos, que nos levou horas elaborar a sección sindical de CIG de O Barco con axuda doutras zonas, especialmente de CIG-Ferrol.
Nin referencia fan de onde sacan a información, nin tan xiquera se tomaron o traballo de correxir os fallos que habia.
Esto obríganos a cambiar a forma de proceder e protexer a impresión e a copia do que fagamos a partires de agora, ainda que si poderedes baixalo o voso propio pc e velas dende ahi as veces que queirades.
As listas expostas caducan ós 5 dias de ser publicadas, tédeo en conta eso si queredes facer copia ou gardar o arquivo, posto o propio servidor onde están subidas as eliminará nese prazo de tempo.

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 21-06-2007 11:52
Queres comentar ou preguntar algo?
2º exercicio de OPE PSX e Aux Administrativo
na páxina web do SERGAS atopamonos que A proba práctica de informática do proceso selectivo OPE 2006 das categorías do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais está previsto que se realice o próximo 14 de xullo de 2007, utilizando ordenadores co sistema operativo Windows XP e o paquete ofimático Microsot Office 2003. Os exercicios consistirán no desenvolvemento de diversas tarefas utilizando o devandito sistema operativo, Microsoft Word e Microsoft Excel"



Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 21-06-2007 09:43
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE CASTELA A MANCHA
Para ver o Cadro oferta de emprego e data das convocatorias, preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 20-06-2007 18:02
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0