 Desde hai un tempo vimos preparando a que será a nova web de CIG-Saúde O Barco, despois dun periodo de tres anos aloxados na blogoteca, pensamos que satisfactoriamente, máis chega un punto en que temos que dar o salto e establecernos no noso propio servidor.
Queremos primeiro de nada agradecerlle a Fran o seu traballo e a súa axuda coa nova web. Tamén agradecer aos administradores da blogoteca que nos facilitaran estes tres anos a labor.
E, por suposto, agradecer a todas aquelas persoas que nos visitástedes que nos axudarades a construir esta ferramenta de traballo que é o noso blog.
Esta noite ás 24 hs, ou sexa mañá, primeiro de maio, día da clase obreira, inauguraremos a nova web, podedes atopala en www.cig-saude.org/OBARCO. Alí poderedes continuar como ata o de agora recibindo información, expoñendo as vosas inquedanzas, suxestións ou críticas, facendo preguntas, etc... Por alí seguiremos. A partir das 0 horas desta noite, ou sexa, a partir de mañá, este blog seguirá únicamente para poder ser visualizado, mais non contestaremos nin comentarios, nin preguntas, nin publicaremos nada de nada. A partir de mañá, todo na nova web. Convidámosvos a pasar por alí. |