CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

2ª marcha en mountainbike de O Barco


Este sábado tivo lugar a 2ª marcha en mountain-bike de O Barco, organizada polo concello de O Barco e o club pena Trevinca, participaron mais de 100 persoas, entre eles varios dos nosos compañeiros de sección sindical.
deixamos aquí as fotos que recollimos do evento así como unha videomontaxe da marcha.

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 31-05-2009 23:54
Queres comentar ou preguntar algo?
a área de O Barco existe??
Empezamos a ter certas dúbidas se os novos representantes do SERGAS coñecen a existencia da nosa área de Saúde; por qué o decimos?, porque ata o de agora ningún responsable do SERGAS se puxo en contacto coa Dirección deste centro nin para preguntar pola situación do hospital nin para refrexar datas de cambio de Xerencia. Por saber nin sabemos quén vai a ser o próximo responsable do HCV.

Hai que decir que é a primeira vez que o SERGAS nun cambio de goberno despreocúpase dun xeito tan descarado desta área, outros polo menos viñan a presentarse e non aillaban á dirección existente simplemente por ter outra cor política.

Mal empezamos con esta despreocupación cara esta área de saúde; veremos que actitude toma @ Xerente que entre, se acaso se acordan que existimos e deciden nomealo dunha vez, para poder retomar a acción sindical normal.

Señora Conselleira de Sanidade e señora Xerenta do SERGAS, miren no mapa de Galiza que a ÁREA DE O BARCO EXISTE.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 29-05-2009 14:20
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria Mesa Sectorial
hoxe a executiva de CIG-Saúde mantivo unha reunión coa directora de RRHH do SERGAS. A dita reunión estaba solicitada por CIG-Saúde para trasmitirlle as súaas prioridades, dado que na reunión de mesa sectorial os temas recollidos no noso documento quedaron sen resposta. Non é que hoxe tiveramos moitas máis resposta, pero na reunión alogámonos maís en explicarlles os nosos posicionamentos.Na reunión comprometéronse en convocar mesa sectorial, convocatoria que se xunta.

Asunto: Mesa sectorial
Órgano convocante: Subdirección Xeral de Políticas de Persoal.

Orde do día:
1.- Aprobación da acta da mesa sectorial de data 15 de maio de 2009.
2.- Proposta de criterios en relación coa oferta de emprego público do ano 2008 para o ingreso en diversas categorías e especialidades do persoal licenciado sanitario do organismo.
3.- Presentación da nova estrutura orgánica da Dirección de Recursos Humanos.
4.- Calendario de negociación.

Lugar e data de reunión: Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2009 ás 11:00h. na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos.
Convocados:
?Subdirección Xeral de Persoal
?Subdirección Xeral de Réxime Xurídico, Recursos e Reclamacións
?Subdirección Xeral de Réxime Retributivo e Xestión de Persoal
?Dirección de Asistencia Sanitaria
?Organizacións sindicais: CIG; CC.OO; UXT; CSI-CSIF; CEMSATSE e SAE.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2009
O subdirector xeral de Políticas de Persoal


Francisco Javier Pena Corredoira
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 29-05-2009 14:06
Queres comentar ou preguntar algo?
proposta grado 3 carreira extrordinaria resto do persoal
O SERGAS ven de remitirnos a proposta do grado III de carreira profesional extraordinaria:

Remítovos a proposta de resolución pola que se abre o prazo para solicitar o grao III de carreira profesional das categorías de xestión e servizos e sanitarias de formación profesional.

Para o grao III, do mesmo xeito que se fixo para o persoal diplomado sanitario, esixiranse 9 créditos para acadar unha avaliación favorable (un crédito mais que no grao II, seguindo a progresión utilizada ata o momento en graos anteriores).

Ademais introducimos a novidade de cubrir a solicitude e obter os anexos a través de FIDES, o que axiliza o proceso de resolución. Os profesionais terán apoio informático así como un ordenador á súa disposición no servizos de persoal dos centros, onde o persoal encargado de tramitar os expedientes recibirá a correspondente formación sobre o novo programa para xestionar os procesos de carreira de agora en adiante, o CADES.

Podedes facernos chegar as vosas alegacións antes do vindeiro mércores, 3 de xuño.

A publicación no DOG producirase na semana do 15 de xuño e o prazo estará aberto ata o 30 de setembro.

podedes ver o borrador de resolución, picando aquí e despois clicando en Click here to start download..
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 27-05-2009 12:29
Queres comentar ou preguntar algo?
bilingüísmo á carta
Artigo escrito polo Pediatra do Centro de Saúde do Barco de Valdeorras, Manuel Caramés, e publicado en Vieiros:

Bilingüismo á carta

Escoito con satisfacción e leo con agrado nos diversos medios de comunicación a proposta do novo Conselleiro de Educación de separar aos alumnos por aulas segundo o idioma que falen, galego ou castelán.

A finalidade de dita proposta é garantir por unha banda a liberdade dos pais para escoller o idioma en que deben ser educados os seus fillos, e por outra preservar o dereito do profesorado a impartir as súas materias no idioma en que lles peta. Pois ben, en aras de dita liberdade lingüística, quixera pedirlle ao Presidente da Xunta e á Conselleira de Sanidade que fagan extensiva esta novidosa proposición ao ámbito sanitario de modo e maneira que os doentes teñan dereito a seren atendidos no idioma que desexen e os médicos poidamos diagnosticalos e tratalos no idioma que queiramos. O desenvolvemento do proxecto sería moi similar. Dividiríanse os usuarios do Servicio Galego de Saúde en galegofalantes e castelanfalantes e, segundo a lingua escollida, serían asignados a un determinado cupo médico. Eu son un Pediatra de Atención Primaria e falo cos meus pequenos indistintamente o galego e o castelán, mais a pesares de ter nacido en Zamora debo recoñecer que prefiro utilizar na miña consulta o idioma de Rosalía e Castelao e, sen poder evitalo, empatizo mais facilmente con aqueles nenos que tamén o falan. Pola contra, a miña benquerida compañeira de traballo, a pesares de ser viguesa de nacemento e dominar igualmente ambos os dous idiomas, gusta de expresarse na lingua de Cervantes ou Quevedo. Pois ben, a miña petición á Conselleira de Sanidade é que redistribúa e axuste os nosos cupos de tal forma que tanto os nenos como os seus pais e mesmo os sanitarios poidamos vivir a pediatría dentro dunha ?amabilidade lingüística? que faga mais agradable o noso traballo.

Como o lector avezado xa terá deducido, este irónico escrito non é mais que unha pequena reflexión sobre o absurdo da proposta da Consellería de Educación, apoiada co seu silencio polo Presidente da Xunta, e sobre o fácil que é camiñar pola senda equivocada cegados polo éxito electoral e enxordecidos polas aclamacións dos mais fanáticos.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 25-05-2009 21:48
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE.: convocatorias varias
Oferta Pública de Emprego da Administración Xeral do Estado

RESOLUCIÓN de 12 de marzo de 2009, pola que se convoca concurso-oposición para a provisión de vacantes de facultativosespecialistas de Departamento de distintas especialidades,
de instituciones sanitarias dea Agencia Valenciana de Salud.


OPE Cataluña 180 plazas de diversas categorías de personal estatutario sanitario do Instituto Catalán de la Salud
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 25-05-2009 11:30
Queres comentar ou preguntar algo?
empeza o enterro da nosa lingua
A CIG abandona a mesa de negociación da función pública, pois a Xunta teima en eliminar a obriga de coñecemento do galego


A CIG esixiu na reunión celebrada na mañá do venres 22 de maio a retirada da proposta de modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública Galega, xa que pretende eliminar a realización en galego dunha ou máis probas de acceso á función publica. A Xunta mostrouse contraria á súa retirada, o que conlevou a que a CIG se retirara da mesa de negociación, tamén abandonaron a mesa os sindicatos CCOO e UGT, non así o CSIF

Esta medida evidencia que o PP, a través do goberno da Xunta, ten como obxectivo prioritario e urxente eliminar todas as avances que fomos conseguindo para que o noso idioma sexa recoñecido e usado na administración o que debe comportar o seu coñecemento e competencia por todos e cada un dos empregados e empregadas públicos/as


É tal o odio que este goberno da Xunta, co seu presidente á cabeza, profesa contra o galego que despreza de xeito autoritario, dá as costas e fai oídos xordos ao clamor popular en prol do noso idioma, evidenciado na maior manifestación que percorreu o pasado domingo as rúas de Compostela.

Que o goberno do Partido Popular conte coa maioría absoluta, mais non coa maioría dos votos dos galegos e galegas, non lle dá vía libre para aldraxar e menosprezar o noso idioma, deseñando unha política lingüística involucionista que procura a extinción do noso idioma.

?Estamos ante un goberno de Galiza que por moi paradoxal que semelle é antigalego cuxas directrices emanan de Madrid para relegar o coñecemento e o uso do noso idioma de todos os ámbitos posíbeis?, sinalan nun comunicado a CIG-Administración, a CIG-Ensino e a CIG-Saúde.

Dereito dos galegos e galegas

Coa eliminación da obriga de realizar en galego como mínimo unha das probas das oposicións á función pública estase furtando o dereito a podermos ser atendidos en galego nas administracións públicas, xa que os futuros empregados e empregadas públicos/as non terán que amosar a competencia lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego.

Estamos ante unha proposta contraria tanto á Lei de Normalización Lingüística como ao Plan Xeral de Normalización Lingüística, así como ao Estatuto Básico do Empregado Público. A CIG non aceptará ningún paso atrás na normalización lingüística, polo tanto continuará esixindo a eliminación desta modificación, que supón unha agresión máis ao noso idioma.

fonte avantar
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 22-05-2009 17:03
Queres comentar ou preguntar algo?
CARREIRA ORDINARIA DO PERSOAL DO SERGAS
CARREIRA ORDINARIA DO PERSOAL DO SERGAS

O SERGAS SEGUE A MANTER PARALIZADA A NEGOCIACIÓN
DA CARREIRA ORDINARIA


NA REUNIÓN DE MESA SECTORIAL DO PASADO 15 DE MAIO, Á QUE FOMOS CONVOCADOS OS SINDICATOS PARA A PRESENTACIÓN DO NOVO EQUIPO DO SERGAS, AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS DEMANDAMOS DA ADMINISTRACIÓN A CONVOCATORIA URXENTE DE MESA SECTORIAL PARA ABORDAR ENTRE OUTROS TEMAS A NEGOCIACIÓN DO RÉXIME ORDINARIO DE CARREIRA PROFESIONAL. NON OBTENDO NINGUNHA RESPOSTA POR PARTE DA ADMINISTRACIÓN

ESTAS SEGUEN A SER AS REIVINDICACIÓNS DA PLATAFORMA SINDICAL:


? MELLORA DO RÉXIME TRANSITORIO

? PERSOAL INTERINO

? PROMOCIÓN INTERNA

? AVALIACIÓN XUSTA

? FUNCIONARIOS E LABORAIS

? TRATO MÁIS FAVORABLE AO PERSOAL DA OPE 2006

AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT ESIXIMOS DA DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DO SERGAS A CONVOCATORIA DE XEITO INMEDIATO DA MESA SECTORIAL, PARA NEGOCIAR O DECRETO QUE O ANTERIOR GOBERNO DEIXOU PARALIZADO ATA ACADAR UN MAIOR CONSENSO NA MESA SECTORIAL.

ESIXÍMOSLLE Á CONSELLERÍA, SE NON QUERE INICIAR A SUA ETAPA CON CONFLITIVIDADE NO SECTOR, A CONVOCATORIA INMEDIATA DA MESA SECTORIAL PARA RETOMAR DE NOVO AS NEGOCIACIÓNS.

IMPOSICIÓNS NON ? NEGOCIACIÓN SI

CCOO CESM CIG CSI-CSIF SAE UGT


Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 22-05-2009 14:43
Queres comentar ou preguntar algo?
listado provisorio de admitidos da OPE 2009
Publicadas no DOG de hoxe a resolución pola que se fan públicas as listaxes de admitidos provisionais das distintas categorías da OPE 2009. O prazo de reclamación é de dez días, e dicir, ata o día 3 de xuño inclusive.

para comprobar se estás admitido podes acceder premendo aquí
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 22-05-2009 14:16
Queres comentar ou preguntar algo?
Al tall -Tío Canya
Atopamos no blog de chechu sende made in galiza, esta canción popular valenciana que dados os tempos que corren ven moi a conto, abaixo tedes a traducción ó galego.



no pobo hai un vello,
no pobo hai un vello,
que o chaman tío caña
leva gorra e camisa negra
leva gorra e camisa negra
e unha faixa morellana

tres veces só foi
o tío caña a valencia
primeiro cando entrou en quintas
e o casarse coa sua femia
a terceira xurou
non voltar a pisala;
que un home que ven do pobo,
ninguen o fai baixar a cara.

sete veces fixo cola,
ó presentar uns papeis
por non saber expresarse
na lingua dos forasteiros.

aguanta todas as burlas
as palabras parvas
e ó pobo voltou.
tío canya tio canya
non tes as chaves
da tua casa:
pon unha pechadura nova
ou farache fume o tellado.

o tío canya tivo un fillo,
que o chaman tío caña:
leva gorra e camisa negra
e unha faixa morellana.

ben lembra o tío caña
cando o levaron a escola
sete anos, a cara ben limpa,
ollos abertos, camisa nova.
pero moito mais abriu os ollos
do neno do tio caña
cando sentiu aquel mestre
falar de xeito extraño.

cada dia que pasaba,
cada dia que pasaba,
foi encollendo os músculos
por medo a que o señor mestre
por medo a que o señor mestre
fixéralle algunha pregunta.

aguantou castigos e rifas
sen poder abrir a boca
e á escola odiou
tío canya tío canya
non tes as chaves
da túa casa:
pon unha pechadura nova
ou farache fume o tellado,

crónicas da rúa din
crónicas da rúa din
duns netos do tío caña
que son médicos en valencia
que son médicos en valencia
mestres e xente letrada.

cando no verao veñen ó pobo
visitan ó tío caña
e o pobre vello os escoita
falando lingua castellana
pero crónicas mais novas din
que o tío caña xa conta
con bisnetos moi novos
que alegran a súa cara.

nunca falan castelán,
nunca falan castelán,
como aprenderon dos seus pais
se non coma xente do pobo
se non coma xente do pobo
na lingua do tío caña.

carallo tío caña,
coa caxata se fai falla,
que a valencia volverás
tío caña tío caña
non tes chaves da túa casa:
pon unha pechadura nova
porque hoxe tes tempo aínda.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 21-05-2009 00:57
Queres comentar ou preguntar algo?
enquisa
En CIG-Saúde, conscientes da presenza cada vez maior do uso de internet por parte do persoal, e sabendo que esta é unha ferramenta de vital importancia á hora de recibir información puntual; queremos levar a cabo unha actualización dos nosos blogs e webs e unificalas todas nun solo espazo dende o que podades acceder a área que vos sexa de mais interese, pouco a pouco iranse incorporando a este grupo as secciois sindicais que aínda non dispoñen de blog.
A primeira dúbida que se nos presenta é que formato utilizar para que vos sexa mais fácil acceder á información, se o de estilo blog como este mesmo, ou o de CIG-Saúde Ferrol, 061, hospital virxen da xunqueira ou tipo web, similar o de CIG-Saúde Vigo ou o da agrupación Médica. Deixámovos a enquisa para que manifestedes a vosa preferencia toda a xente que queirades facelo.

Podedes utilizar tamén os comentarios deste mesmo pot para manifestar o que cambiariades ou o que pensades que debemos incorporar ou eliminar do noso blog.

Graciñas por participar.


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 20-05-2009 16:54
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración de delegados/as da CIG, a prol da lingua
O GOBERNO GALEGO DO PP OBSESIONADO CON ATACAR O GALEGO

O goberno galego pretende eliminar a realización en galego dunha ou máis probas dos procesos selectivos á función pública tal e como está regulamentado no artigo 36 da Lei da Función Pública Galega.

A Dirección Xeral da Función Pública vén de convocar unha Mesa Xeral extraordinaria de Negociación de Empregados Públicos, Ensino, Sanidade e Administración Pública, para o próximo venres, día 22 de maio, tendo como único punto da orde do día a modificación do artigo 35 da Lei da Función Pública Galega para eliminar a obriga de realizar en galego, como mínimo, unha das probas das que constan os procesos selectivos á función pública e que esta medida teña carácter retroactivo.

Esta medida evidencia que o PP, a través do goberno da Xunta, ten como obxectivo prioritario e urxente eliminar todas as avances que fomos conseguindo para que o noso idioma sexa recoñecido como o que é, o noso idioma propio, tamén da administración o que debe comportar o seu coñecemento e competencia por todos e cada un dos empregados e empregadas públicos/as. A CIG opoñerase a esta medida e a que sexa aplicada retroactivamente, pois supoñería introducir un prexuízo claro para as persoas que xa están matriculadas nas probas de acceso, xa que verían modificadas as condicións de participación nas mesmas.

É tal o odio que este goberno da Xunta, co seu presidente á cabeza, profesa contra o galego que despreza de xeito autoritario, dá as costas e fai oídos xordos ao clamor popular, evidenciado na maior manifestación en prol do noso idioma que percorreu o pasado domingo as rúas de Compostela.

Que o goberno do Partido Popular conte coa maioría absoluta, mais non coa maioría dos votos dos galegos e galegas, non lle dá vía libre para aldraxar e menosprezar o noso idioma, deseñando unha política lingüística involucionista que procura a extinción do noso idioma.

Estamos ante un goberno de Galiza que por moi paradoxal que semelle é antigalego cuxas directrices emanan de Madrid para relegar o coñecemento e o uso do noso idioma de todos os ámbitos posíbeis.

Coa eliminación da obriga de realizar en galego como mínimo unha das probas das oposicións á función pública estase furtando o dereito a podermos ser atendidos en galego nas administracións públicas, xa que os futuros empregados e empregadas públicos/as non terán que amosar a competencia lingüística necesaria para desenvolver o seu traballo en galego.

Esta modificación da lei da función pública en contra do galego vólvese aínda máis obscena se temos en conta que se recorre a unha convocatoria extraordinaria e se recolle a modificación doutros aspectos que veñen sendo demandados como son a eliminación do plus dos altos cargos que foi introducido nesta lei na súa última modificación.

A CIG vai exixir a retirada desta proposta de modificación da Lei da Función Pública Galega por ser contraria ao uso do galego na administración. Con este obxectivo, levaremos a cabo unha concentración de delegados/as da CIG, o día 22 de maio, ás 11:30 horas, diante da EGAP (Rúa Madrid, 2-4 Fontiñas, Santiago de Compostela).

Secretario Nacional da CIG-Ensino, Secretaria Nacional de CIG-Saúde e Secretario Nacional da CIG-Administración


Santiago, 20 de maio de 2009

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 20-05-2009 13:30
Queres comentar ou preguntar algo?
vacantes PSX plan mellora en Ourense
Como recentemente cubriuse unha praza de PSX do plan mellora en Maceda, algún de vos preguntastes se se iban a crear en breve mais prazas desta categoria; polo que estivemos indagando e o que sabemos é que a primeiros de xuño vaise cubrir unha praza en Sandiás (temos confirmación oficial desta) e parece que tamén se vai cubrir outra en Entrimo.
Ata agora é o que sabemos, cando saibamos da creación de novas prazas nesta ou noutra categoria o publicaremos no blog.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 20-05-2009 12:12
Queres comentar ou preguntar algo?
oferta do Grao IV de carreira para o persoal facultativo da ope extraordinaria
Resolución do 8 de maio de 2009, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para que determinado colectivo de persoal estatutario das categorías de licenciados sanitarios do Servizo Galego de Saúde solicite o recoñecemento do grao IV de desenvolvemento profesional.

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 20-05-2009 11:53
Queres comentar ou preguntar algo?
THE SOLUTION AO PROBLEMA LINGÜÍSTICO NO GALICIAN COUNTRY
Chéganos un correo que pasamos a publicar posto que pensamos que pode ir ben para exercitarnos no modelo trilingüe do novo governo.

The amablingua
Daniel López Muñoz / Irimia.

Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country.

The solution é o chamado ?castrapo enriquecido?, al que también chaman ?eurocastrapo?, ?triglosia feijooooana?, amablingua , ?galcasinglish? ou, na Galicia Sur, simplemente ?feixoada?.

Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language ?only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk! So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma.

The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by ?trilingüelas? (not ?bi?, but ?tri?), to properly enseñar the new lengua.

This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a ?soberanía lingüística? dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls.

So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the ?tres in one?, very inclusive and amabilismo.

At the same time, the Xunta resolverá o ?problem? educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do ?tanto ten, ti vai disimulando?, que se complementa coa de ?never rained que non escampara?. Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí.

And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma. Buena luck and remember o que di the song: non te warrees, be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la?.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 19-05-2009 12:35
Queres comentar ou preguntar algo?
la región
Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 17-05-2009 23:25
Queres comentar ou preguntar algo?
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 15-05-2009 14:41
Queres comentar ou preguntar algo?
INFORMACIÓN MESA SECTORIAL 15-05-09
INFORMACIÓN MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 15-05-09.

Non sei como definir a reunión de Mesa Sectorial celebrada hoxe para a presentación da conselleira e o seu equipo.
A presenza da Conselleira durou aproximadamente 5 minutos, presentou ao equipo e despois marchou. Antes de que abandonara a reunión manifestamos o noso desacordo con que non estivera presente para oír as demandas das organizacións sindicais.

A continuación presidiu a Mesa a Xerenta do SERGAS; que permaneceu na reunión media hora mais que a conselleira.
A Xerenta e o Secretario Xeral abandonaron a reunión unha vez que rematamos as intervencións CIG-SAÚDE e a CEMSATSE , quedando ao cargo da reunión as/os directoras/es de RRHH, RREE e Asistencia Sanitaria.

Na nosa quenda de intervencións explicamos detalladamente o noso documento de prioridades, tamén respostamos a dúas cuestións que prantexou a xerenta.

Temas que prantexou a Xerenta.


1.- Feminización da sanidade: Preguntamos a que se refería, xa que os documentos que circulan por aí falan que a feminización da sanidade eleva os custes póla conciliación da vida familiar. Esperabamos que esa non fose a interpretación deste servizo de saúde.

2.- OPE de FEAS: Convocatoria das prazas sen desestruturar os equipos. Tema altamente preocupante, preguntamos unha vez máis a que se refería. Se estabamos retrotraendo o debate á convocatoria da OPE 2006 cando a Admón falaba de non convocar o 100% das prazas a traslados, de prazas reservadas para alta especialización......Non tivemos resposta.

Convocatoria de OPE.


A CEMS foi a única organización que solicitou mudar a data de exame. Como xa informamos, mantense a data do dia 27 de xuño para FEAS, para o resto de categorías mantense a data de outubro.

O SATSE, volveu incidir en que queren ter participación nos tribunais, abríndose unha quenda de intervencións.

Para a CIG-SAÚDE a participación nos tribunais non é un tema relevante, o que si solicitamos é que se convoque de inmediato a mesa de OPE para revisar a guía técnica de facultativos e negociar a guía técnica do resto de categorías. A nosa preocupación é que o proceso se faga coas maiores garantías.

Asemade preguntamos póla OPE de psiquiatría 2006, a Admón non vai tomar ningunha decisión até que teñan un pronunciamento xudicial. Esperan que esta situación se resolva con esta OPE, xa que todo o persoal pendente da OPE 2006 matriculouse de novo na OPE 2008. Nós insistimos en que si o tema queda resolto coa OPE 2008, as prazas que se oferten teñen que ser a suma das vacantes de 2006+2008. Estas prazas ofertaranse tanto a traslados como a OPE. A Admón quedou en respostar.

No referente á situación na que se atopan diversos colectivos ( decreto da creación de novas categoría, farmaceuticos/ as de saúde pública, integración funcionarios Lei 17.....) Non obtivemos resposta, a D RRHH ten que valorar estes temas co seu equipo.

O resto das organizacións sindicais fixeron fincapé nos mesmos temas ca nós.

No turno de resposta a directora de RRHH non respostou a ningún tema, quedaron en enviar un calendario de Mesa Sectorial pero sen ningunha concreción.

Solicitamos da Directora de Asistencia Sanitaria que a máxima urxencia convoque a mesa de seguimento de médicos de urxencias hospitalarias, tamén solicitamos que nesta reunión se nos presente o plan funcional do 061.

Isto foi todo, como podedes ver nada substancial.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 15-05-2009 14:30
Queres comentar ou preguntar algo?
trienios atrasados
Acabamos de recibir unha sentenza favorable dunha compañeira interina que reclamou que o SERGAS debería pagarlle os trienios de cinco anos atrás e non só desde a publicación do Estatuto Básico.

Isto implica que aquelas persoas que téndolle sido recoñecidos os trienios dos servizos prestados como persoal temporal, se na data de publicación do Estatuto Básico (14 de maio de 2007) xa dispoñían de tempo traballado abondo para ter recoñecido algún trienio anterior, poden optar a reclamar eses atrasos ata cinco anos antes de facer a reclamación.

Polo tanto, se estades nesa situación, poñédevos en contacto coa vosa sección sindical de CIG-Saúde para que vos asesoren sobre como facer a reclamación previa.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 15-05-2009 14:04
Queres comentar ou preguntar algo?
confirmada a data do exame de FEAS
A CEMS foi a única organización sindical que solicitou que a OPE de FEAS se trasladase ao mes de outubro, o resto das organizacións sindicais amosamos o noso rexeitamento. A Admón mantén o 27 de xuño como data de celebración de OPE de FEAS. Na próxima semana sairán publicados os tribunais.

este de abaixo é a información que colgará o SERGAS na sua web:

AVISO.- Nota informativa da realización dos exames.

Ao obxecto de facilitar a máxima difusión das previsións de traballo da Dirección de Recursos Humanos, previo ao chamamento oficial no Diario Oficial de Galicia, comunícase que os distintos exercicios da fase de oposición, derivados do proceso selectivo para persoal licenciado sanitario de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11 de decembro de 2008 (DOG nº 247, do 22 de decembro), tense previsto realizaren no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra) o vindeiro día 27 de xuño de 2009, ás 9,30 horas, en unidade de acto e de tempo.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 15-05-2009 13:10
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0