CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

auga
Curtametraxe galega de terror dirixida por Ozo (2007). Con Marcos PTT e David Perdomo.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 24-05-2008 12:43
Queres comentar ou preguntar algo?
acoplamentos interinos HCV
Parece que anda circulando o rumor que os acoplamentos internos para persoal interino no HCV non se van a levar a cabo.
Queremos desmentir esta posibilidade posto que de ser esa a intención da Xerencia do HCV levaríamos ó xuzgado o tema.

O mércores da semana que ven temos unha reunión ca Dirección onde trataremos este tema, pero nunha primeira toma de contacto Director de Xestión deixanos claro que non é a sua intención suspender estes acoplamentos.

Seguiremos informando
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 23-05-2008 15:41
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración polo grupo
hoxe fixemos a segunda concentración polo recolecemento de grupo e o seu pago para auxiliares de enfermaría e técnicos especialistas, o tubo de abaixo recolle esta e a do mes pasado deste persoal no HCV.

Acompañamos as imaxes cunha canción aínda non editada do noso compañeiro Anxo Rei.
para ver a sua nova páxina e escoitar algunha nova canción mais, pica aquí

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 23-05-2008 15:27
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicación baremación Medicina Interna
Publícase hoxe a resolución de baremación da fase de concurso de Medicina Interna. Podedes vela aqui.

No mesmo DOG podedes atopar a corrección de erros da relación de prazas para hixienistas dentais.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 23-05-2008 10:40
Queres comentar ou preguntar algo?
resposta do SERGAS as preguntas prantexadas sobre OPE
xa temos a información das respostas do SERGAS plantexadas onte por CIG-Saúde en materia de OPE.

médicos de atención primaria: O SERGAS recurre a sentenza, ó parecer están moi seguros de gañala, polo que a OPE vai seguir o seu canle normal ca incorporación en outubro, haxa ou non sentenza polo medio. (xa veremos como perdan como carallo van a facer para incorporar e cesar ó persoal que resultase afectado pola sentenza).

auxiliares administrativo: non hai adianto nin para xuño da incorporación, nin para a elección de destinos.

categorias con menos aprobados que prazas ofertadas: non modifican nada.

no transcurso de compoñer este post cheganos información escrita dos nosos compañeiros que aquí vos deixamos:

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DE COMISIÓN DE SEGUIMENTO OPE FACULTATIVOS CELEBRADA O DÍA 22-05-08.

Nesta reunión o SERGAS fainos entrega da acta que recolle os acordos acadados na reunión anterior. Como xa informábamos na reunión anterior o SERGAS recolle neste acordo todos os temas que recolle a proposta de CIG-SAÚDE sobre cesamentos e incorporación dos facultativos cesados como consecuencia da OPE 2006.
O único que non nos acepta o SERGAS é que para os cesamentos se conten os periodos de atención continuada como antigüidade na praza desempeñada. O SERGAS mantén o criterio de que os servizos prestados en atención continuada non son servizos prestados en praza desempeñada.
No baremo de méritos só se ten en conta os servizos prestados; retiran a baremación da formación e das publicacións polo retraso que suporía na baremación .


PROCEDEMENTO DE ELABORACIÓN DAS LISTAXES DE INCORPORACIÓN SÓ FEAS.

Só serán cesados o persoal que ocupe praza de cadro.
Coa dilixencia do cesamento váiselle proporcionar unha solicitude para a súa inclusión nas listaxes de selección temporal.
Unha vez que se produza o último cesamento (o prazo de toma de posesión remata o 10 de xullo) elaborarase a listaxe definitiva. Os vínculos de longa duración ofertaranse unha vez publicadas as listaxes definitivas.
Os actuais vínculos de curta duración, os que se renovan mes a mes, se son prazas estruturais ou con previsión de duración superior ao ano (longa duración) serán ofertadas ao persoal incluido neste listaxe.
Seguirase a rigorosa orde de prelación nas listaxes para ofertar os vínculos. Non se terán en conta as peticións das xerencias en solicitar un profesional concreto e saltarse a orde da lista.
As listas serán xestionadas polas Direccións Provinciais.
O SERGAS fixo un amago de incluir unha cláusula referente a que o persoal que non tome posesión da praza non se poida incluir nestas listaxes. Quedou en nada.

Outros temas de OPE.

a ver se deixamos de protestar. Ao inicio da reunión unha organización sindical FELICITOU ao SERGAS pola súa eficacia e eficiencia na resolución desta OPE; nunca unha OPE se resolvera tan ben nun periodo tan curto. Os representantes da Admón. agradeceron as verbas.

O SERGAS informou dos criterios que seguiron para a determinación das prazas ofertadas
. Tamén dixeron que nestas comisións a maioría sindical tiña un alto interese en garantir a continuidade das/os interinas/os e que non se podia estar a todo. Nós dixemos que nunca antepuxemos a preferencia dun interino sobre o dereito dunha persoa que superase o proceso de OPE; comentan que poden estar de acordo connosco pero continuan insistindo na defensa que nesta mesa se fixo das/os interinas/os. Ninguen responde.

Despois do debate a Admón. non vai a modificar ningunha listaxe das prazas ofertadas para a toma de posesión de OPE. Tampouco insistiron.
Ainda que non compartimos os criterios pasamos a comentalos:

1.- Ofertaron as prazas só en función do nº de aprobados.
2.- Determinación das prazas por centros: vacantes puras, persoa que aproba nese centro.
3.- Preferencia para cubrir os comarcais.
4.- Agora ofertaron prazas que non foron convocadas no corcurso de traslados porque tiñan que completar o nº de prazas que convocaron a OPE e tiveron traslados de fora.
Permisos para elexir destino: quedaron en que van a enviar unha circular que vai recoller ditos permisos e que consistirá no tempo necesario para a elección do destino.
Instruccións incorporación e cesamento: O Sergas dixo que vai a elaborar unhas instruccións que recollan isto xunto con tódalas casuísticas que poida haber, reingresos, excedencias…etc.
Prazos superpostos coa elección de destino: neste asunto o Sergas informou que non agota os prazos de presentación de titulación porque esta é unha documentación que xa tén porque tamen a pediu para a fase de concurso e que ese é o motivo de apurar os prazos de elección de destino coa idea de que a maioria de categorías tomen posesión da praza antes do verán.

OPE MÉDICOS DE FAMILIA.
A ADMÓN presentou recurso á sentenza para garantir que a promoción interna no SERGAS teña un valor engadido.
A sentenza só permitía a anulación deste apartado e comprobaron que tiñan repercusión na baremación. Como exemplo: non se poderían valorar os servizos prestados como médicos de urxencias hospitalarias; isto condiciona poder obter unha praza. A OPE segue adiante até que haxa unha sentenza firme.

OPE PSIQUIATRIA.

O SERGAS está á espera de que o fiscal presente a demanda coa formulación das acusacións. Cando o fiscal presente a demanda tomarán unha decisión, á vista do que conteña a demanda, se nesta se concretan feitos tanxíbeis.
Darán toma de posesión ao persoal do concurso de traslados, e os cesamentos só terían efectos en Vigo, pero teñen prazas para ofertar aos cesados.

Sen máis.

Compostela, 22 de maio de 2008.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 23-05-2008 10:21
Queres comentar ou preguntar algo?
Augardente galega feita no SERGAS
Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 22-05-2008 12:08
Queres comentar ou preguntar algo?
plan de inspección sanitaria para o 2008
Orde que aproba o Plan de Insepcción Sanitaria para o 2008
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 22-05-2008 12:00
Queres comentar ou preguntar algo?
fase concurso varias categorias facultativos
Resolución DOG da baremación definitiva da fase de concurso e apertura de prazo para presentar documentación de: Analisis clínicas, Hematoloxía, Medicina Traballo, Pneumoloxía, Oftalmoloxía
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 22-05-2008 11:57
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira profesional enfermaría
Resolución que abre prazo do grao II para diplomados sanitarios da Ope Extraordinaria
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 22-05-2008 11:52
Queres comentar ou preguntar algo?
farmacéuticos primaria
Resolución que publica a convocatoria do pacto de contratacións
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 22-05-2008 11:46
Queres comentar ou preguntar algo?
o teixadal
Nas ladeiras de Pena Trevinca atópase o que é prácticamente o único bosque de teixos en Europa. É milenario e se se conserva ainda intacto é precisamente pola súa localización, de difícil acceso.
Para tod@s aquel@s que soñades con visitalo e non podedes ou non vos deu ainda por ai, ou para @s que xa o vístedes e queredes lembrar, velaqui unhas imaxes do teixadal extraidas da web de Manuel Gago:


Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 21-05-2008 20:16
Queres comentar ou preguntar algo?
escrito TER
como xa vos dixemos nun comentario, deixámosvos un escrito que vos poidera servir de orientación para facer un propio e remitirlle ó SERGAS para que modifique as prazas naquelas categorias onde aprobou menos xente que prazas ofertadas.

De: pepiño tou cabreao
A: Director Xeral de RR.HH. do SERGAS
Don pepiño Tou Cabreao con D.I. 00.000.000-k e domicilio a efectos de notificación en rua dos ignorados nº 12,

MANIFESTA:

1.Acadei praza na categoría de TER na OPE en curso correspondente ó ano 2006.
2.Nesta categoría resultamos aprobados menos aspirantes que prazas convocadas.
3.Na convocatoria publicada no DOG do 14 agosto de 2006 ofertaron un total de 52 prazas das que sólo ofertan para elexir destino o mesmo número ca de aprobados, eliminando o resto da oferta.
4.No concurso de traslados desta mesma categoría ofertábanse o mesmo número de prazas no hospital “X” que no hospital “Z”, en ningún dos 2 centros de traballo foi ocupada ningunha praza, e na oferta que se fai á OPE somente aparece unha praza no hospital “X”, cando eu teño residencia na área sanitaria do hospital “Z”, polo que obrígaseme a desprazar a lo menos 100 km da miña residencia e familia.
5.Nun escrito remitido polo seu departamento ó sindicato CIG-Saúde ante a pregunta que lles fixo este sindicato que cales eran os criterios que habían utilizado para decidir que prazas sacaban e cales non a resposta foi: “o criterio qeu se adoptou para todas as categorías, tanto facultativas Coma non facultativas, foi ofertar o mesmo múnero de prazas que xente aprobou a oposición, co fin de evitar cesamentos innecesarios.
Por outra banda, e tendo en conta que nalgúns casos tivemos que crear prazas, posto que veu xente no concurso de traslados de fóra de Galicia, intentouse non ofertar prazas nos centros nos que non tiñan sido convocadas a concurso, pero as veces non pudimos respectar ese criterio posto que tamén se intentou ofertar prazas en función do centro de traballo da xente que aprobou a OPE.”

En base a todo o exposto teño unha serie de cuestións que plantexarlle.

•Por qué non se sacan o 100% das prazas ofertadas?
•Por qué o persoal interino ten un tratamento special do que non gozamos os aprobados da OPE?
•A xente que non tíñamos vacante e aprobamos a OPE, non temos os mesmos dereitos que a que acadou praza sendo persoal interino?
•A normativa toda que anuncia o seu governo en materia de igualdade e de conciliación familiar non vai con nós?
Por todo o exposto solicito que reconsideren a súa postura e saquen a OPE o total das 52 prazas convocadas na resolución do 8 de agosto de 2006 publicada o de 14 agosto de 2006, ou polo menos que se engadan as prazas do hospital “Z” que foron ofertadas no concurso de traslados e se retiraron na oferta de elección de destino da OPE.


En Vilamarxinada a 22 de maio de 2008
pepiño tou cabreao
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 21-05-2008 18:21
Queres comentar ou preguntar algo?
puntos a plantexar ó SERGAS
mañá os membros de CIG-Saúde que participan na Mesa Sectorial terán unha reunión co SERGAS ó mediodia onde aproveitarán para plantexarrle varios asuntos que levamos comentado estes dias.

. as prazas de categorias con menos aprobados que prazas convocadas e a sua limitación.

. a posibilidade que o persoal auxiliar administrativo incorpórese en xuño ou en todo caso a lo menos que poidan elexir destino nese mes para que lles de tempo a organizarse, como alguén plantexou.

. cal é a postura que definitivamente vai tomar no asunto dos médicos de familia en relación á sentenza.

trasladaremos ó blog como de costumbre a resposta que nos dean.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 21-05-2008 14:01
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración técnicos e auxiliares

lembrade que o venres 23 ás 12 da mañá na entrada do HCV imos ter a segunda concentración de auxiliares de enfermaría e técnicos superiores na loita polo recoñecemento e pago do grupo.

dende CIG-Saúde xa se presentou un escrito e o SERGAS como nos ten acostumbrados fai oidos xordos a todo.

da participación do persoal nas mobilizaciois depende o resultado das negociaciois
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 21-05-2008 13:26
Queres comentar ou preguntar algo?
aberto prazo de 3º grao carreira profesional licenciados sanitarios
Publícase hoxe a resolución que abre o prazo para solicitar o recoñecemento do terceiro grao de carreira profesional de licenciados sanitarios. Podedes consultar o dog premendo aqui .
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 21-05-2008 09:35
Queres comentar ou preguntar algo?
listas de contratación de Farmacéutico de atención primaria
este é o correo que nos chega do SERGAS anunciando a próxima aperturaa das listas de contratación da categoria de farmacéuticos de atención primaria

Para o voso coñecemento e aos efectos oportunos, informámosvos que -entre os vindeiros días 22 ou 23 de maio- saírá publicada no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se formaliza a convocatoria para aspirantes a vinculacións temporais de persoal estatutario da categoría de Farmacéutico de atención primaria, as como o baremo que rixe o dito procedemento.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 21-05-2008 09:19
Queres comentar ou preguntar algo?
elección de destinos diversas categorias
Resolución DOG coas datas para elección e os destinos de diversas categorías

calefactor, conductor, fisioterapeuta, grupo administrativo, lavandeira, pasadora de ferro, pinche, técnico de xestión de sistemas, TEL, TER, TAP, tecnico especialista en radioterapia, hixienista dental, telefonista, terapeuta ocupacional e matrona.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 21-05-2008 02:12
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración de delegad@s, un aviso ó SERGAS
medio cento de delegados e delegadas sindicais de CIG-Saúde de tódalas áreas de Galiza, démonos cita diante do edificio administrativo do SERGAS, para protestar contra da tardanza na resolución de tódolos asuntos que leva o SERGAS entre mans (OPE,traslados, pacto e listas de contratación, asuntos de primaria, negociación de permisos, reclasificación de grupos e un longo etcetera).

este é o primeiro aviso serio que lles damos para que se poñan as pilas nos asuntos pendentes, nin nos gusta o ritmo nin a forma de levar a cabo moitos destes temas.

fixémoslle entrega dun escrito manifestando o noso cabreo e pedíndolle que axilice todos estes asuntos.

queremos manifestar o noso agradecemento á xente afectada por estes asuntos que se sumou a esta concentración.

colgamos unha montaxe no tubo cunhas fotos do acto que podedes ver aquí mesmo.


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 21-05-2008 00:49
Queres comentar ou preguntar algo?
elección de destino facultativos e farmacéuticos
este é o correo que nos chega do SERGAS:

se envia resolucion desta División que será publicada o vindeiro luns, día 26 de maio, no DOG, pola que se anuncian as prazas que se ofertarán ao facultativos que superaron a OPE 2006 e se lles cita par o acto de elección de destino. Rógase a máxima difusión entre o persoal do centro. No día de hoxe será colgada na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

para ver a resolucióne a relación de prazas ofertadas, preme aquí
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 20-05-2008 02:10
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración en Santiago
son moitos os comentarios que nos están entrando últimamente protestando sobre todo polos retrasos no tema de OPE e das listas de contratación.

Xa dixemos moitas veces que vai ben queimar o estres aínda que sexa neste blog, pero nós non marcamos ritmos nin prazos, maña é o momento de amosar o queime que todos temos por estes e mais asuntos.

Delegados e delegadas de CIG-Saúde de toda Galiza ímonos mover a compostela para manifestar o noso cabreo diante do SERGAS, convidámosvos a participar posto que últimamente temos escoitado de moita xente a raiz dos comentarios aparecidos no blog, que se fala moito a cara tapada pero cando hai que dar a cara e manifestarse diante do SERGAS, toda esa fogosidade que se amosa dende o anonimato pérdese á hora de moverse.

Nós a lo menos estaremos alí esixindo ó SERGAS que cambie dunha vez por todas o ritmo de traballo.

e ti, estarás con nós???





Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 19-05-2008 15:26
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis