CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Curriculum Vitae
unha curta sobre a problemática da busca de emprego.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 31-05-2008 12:23
Queres comentar ou preguntar algo?
sentenza sobre prazas a convocar na OPE
a raiz da polémica que hai se as prazas que non existian como vacantes no momento da convocatoria se poden sair ofertadas no momento de elexir destinon cecais serva para clarificar o tema picando no enlace que vos deixamos mais abaixo que está a sentenza dun contencioso presentado por CIG-Saúde no ano 97, no que denunciábamos que no momento de ofertar os destinos a OPE e traslados sairan prazas que non existian no momento da convocatoria.
os maxistrados fallan a favor do SERGAS posto que non existe vulneración do dereito dos traballadores e as prazas do SERGAS non están codificadas.

sentenza oferta de vacantes

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 30-05-2008 14:53
Queres comentar ou preguntar algo?
oferta de voluntariedade
O próximo luns día 2 de xuño abrirase o prazo para o persoal facultativo e de enfermería de PACs e UAPs para realizar a súa elección na oferta de voluntariedade.

A Xerencia de Atención Primaria de Ourense quedou en remitir as solicitudes a cada traballador/a, pero se por calquera razón non as recibides, poñédevos en contacto coa Xerencia para que vola fagan chegar, posto que as solicitudes que non sexan recibidas debidamente cubertas unha vez rematado o prazo (9 de xuño) entenderanse que non optan pola voluntariedade.

Se tendes calquera dúbida con respecto ás solicitudes, podedes consultala polas canles habituais.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 30-05-2008 09:30
Queres comentar ou preguntar algo?
pelotas
Vídeo realizado para o concurso de Vieiros "Unha imaxe para o galego". Parodia do spot do Dacia Logan de Locomía.


Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 29-05-2008 14:42
Queres comentar ou preguntar algo?
acoplamentos interinos e permisos
permisos


Onte como xa publicamos no blog, mativemos unha reunión Dirección Comisión de Centro para tratar sobre a actualización de permisos. esta é a segunda reunión que mantemos sobre o tema e quedamos emprazados para seguir a semana que ven, o único que quedou claro nesta reunión sobre este tema aparte de revisar os distintos permisos foi que a xente que presentara certificación médica de que o familiar necesitaba dun acompañante daríaselle o dia, para conseguir algo tan obvio como isto tivemos que bregar ca Dirección de enfermaría que hai poucas datas denegou un permiso con esta certificación e amenazar con erguernos da mesa e non seguir negociando, menos mal que o Director de Xestión mostrou un pouco de sentido e pareceulle normal a petición da Comisión de Centro; veremos que mais dan de sí as seguintes reuniois.

acoplamentos internos interinos


aproveitamos a reunión para pedirlle a Dirección que nos clarificara a sua postura no tema dos acoplamentos internos, non é intención da Dirección suspendelos senon en todo caso escalonar a incorporación do persoal, quedouse en convocar a mesa de seguimento do acordo de acoplamentos e tomar as decisiois que procedan nela en base ó dereito do persoal e a manter unha boa calidade asistencial.
dende a Comisión de Centro e ante a "espantada" que se produxo na planta laranxa, incidimos ante a Dirección de enfermaria que este servizo tiña un problema moi grave e que hai moito tempo que vimos denunciando, a directora alegou que xa estaba en vias de solución pero que era un tema complicado.

Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 29-05-2008 13:46
Queres comentar ou preguntar algo?
lamatumbá inicia a xira de concertos do 2008
por hoxe retirámonos despois dunha longa xornada de traballo, calquera resposta ás preguntas que fagades xa quedará para mañá que voltaremos ó tajo.
deixámosvos cunha orixinal forma de presentar un disco a lo menos en Galiza que foi o que fixo lamatumbá o xoves pasado na praza de cervantes de compostela o mesmo dia que empozou o seu ciclo de concertos deste ano.

como di Pemán isto é todo, boas noites, ata mañán

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 28-05-2008 21:11
Queres comentar ou preguntar algo?
desestimado o recurso de Afheis
ELECCIÓN DESTINOS FACULTATIVOS INFORMACIÓN SERGAS


Correo electronico enviado polo Sergas con información do Auto do Xulgado Contencioso Administrativo nº 1 de Santiago onde desestima a solicitude de Afheis de suspende-lo acto de elección de destinos.

Para xeral coñecemento, e co ruego da máxima difusión entre o persoal afectado,comunícase que o Xulgado do contencioso-Administrativo nº 1 de Santiago de compostela, en Auto do día de hoxe, DESESTIMOU A SOLICITUDE DE ADOPCIÓN DE MEDIDA CAUTELAR presentada pola Asociación de Facultativos Especialistas Interinos dos Hopitais do Sergas, polo que se manteñen as datas e horas publicadas no DOG do 26 de maio de 2008.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-05-2008 20:44
Queres comentar ou preguntar algo?
modelo básico reclamación OPE
este de abaixo é un modelo de reclamación feito por nós para reclamar puntos que vos poideran faltar nalgún dos apartados de baremación, puxemos en cursiva os datos e explicaciois que tedes que aportar. é importante que aportedes de novo a documentación sobre o que non vos foi puntuado, así como o certificado onde consta que aportastes esa documentación.
para a xente que está excluida e que en realidade aportou a documentación que esixía o SERGAS básicamente é o mesmo sen reclamar puntuación posto que non ven refrexada pero aportando o certificado do rexistro conforme presentastes esa documentación e reenviándoa de novo, se nas listas definitivas resultárades con menos puntos dos que pensades que debérades ter, entón habería que facer un recurso de reposición ante RR.HH. do SERGAS, pero ese xa é outro tema que de facer falla trataríamos no seu dia.
podedes presentar as reclamaciois nas Xerencias de Atención Primaria, nos hospitais do SERGAS ou na Dirección Provincial, lembrade que é un escrito básico e que podesdes aportar nel tódolos argumentos que consideredes oportunos.


De: pon o teu nome e apelidos
A: presidente do tribunal de poñer categoria da OPE 2006 do SERGAS (RR.HH. do SERGAS Compostela)

don/a pon o teu nome e apelidos con D.I. e domicilio a efectos de notificación en pon a tua dirección
EXPON:

1º Que me presentei á OPE 2006 do SERGAS na categoria de poñede a categoria, aprobando os exames da fase de oposición, presentando a documentación esixida en tempo e forma como consta na copia de rexistro que adxunto.

2º Que nas listas provisorias da fase de concurso publicada o dia 28 de maio de 2008 na páxina web do SERGAS se me adxudica unha puntuación total de "x" puntos, desglosade por apartados os puntos que tedes (formación, experiencia, etc.) pondo en negrita o apartado onde pensades que vos faltan os puntos

3º Que non podo estar de acordo ca puntuación que se me adxudica posto que como se demostra ca documentación presentada debéranme corresponder x puntos desglosados do seguinte xeito (aquí poñedes apartado por apartado os puntos que considerades que se deben ter en conta)

en base ó exposto solicito dese tribunal que se revise a documentación presentada por min e se resolva positivamente esta impugnación concedéndoseme x puntos

en onde residades a data que o enviedes

sinatura
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-05-2008 20:33
Queres comentar ou preguntar algo?
que prazas quedan para libre?
ante as numerosas preguntas que están entrando sobre que prazas quedan para libre en cada categoria tedes que facer a seguinte operación para sabelo.
colledes o total das prazas e restadeslle o número de aprobados por promoción interna e despois se os hai, descontades o número de prazas convocadas para discapacitados o resultado son as que quedan para libre, se hai mais discapacitados que prazas convocadas para esta quenda por riba da nota corte, estes a maiores que se presentaron pola quenda de discapacitados acadarían praza igual como se se houbesen presentado por libre( se por exemplo o corte está en 90 e hai 4 persoas presentadas na quenda de discapacitados por enriba desa nota de corte cando somente se convocaron 2 prazas para discapacitados, 2 desas 4 persoas ocuparían quenda de libre e as outras 2 entrarían pola quenda que se presentaron, é decir a de discapacitados)

pregámosvos cando vaiades facer unha pregunta que antes miredes se xa se fixo e está contestada, posto que ca avalancha de preguntas que temos hoxe non as damos contestado todas e durante esta tarde aínda queríamosvos deixar feito un modelo de reclamación para a xente que ten que reclamar puntos. Graciñas
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-05-2008 17:40
Queres comentar ou preguntar algo?
listas ordenadas por puntos correxidas
aquí están as listas ordenadas esta vez incluindo a de cociñeiros e a de PSX correxidas.
observamos que somente a de PSX foi modificada


PSX

celador

cociñeiro

se detectades algún erro pregamos nos avisedes
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-05-2008 17:19
Queres comentar ou preguntar algo?
listados correxidos
Xa temos os enlaces aos listados correxidos que colgou o SERGAS. Velaqui:

Celador/a

Cociñeira/o

PSX


Os listados ordenados publicarémolos esta tarde, en canto os teñamos feitos.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-05-2008 14:41
Queres comentar ou preguntar algo?
URXENTE (ultima hora)
nun comentario avísannos que o SERGAS modificou os listados, e seguimos tendo problemas ca páxina web do SERGAS polo que neste intre non podemos actualizar e comprobar os datos, en canto poidamos ordenaremos as novas listas, de momento deixamos as ordenadas pola lista anterior ata que podamos poñer unhas novas actualizadas.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-05-2008 14:02
Queres comentar ou preguntar algo?
listas ordeadas por puntos
ordenamos as listas provisorias de psx e celador por orde de puntos, a causa da cantidade de chollo que temos hoxe fixémolo dun xeito rápido e non desglosamos a quenda de cada un.
se tivésemos tempo ó longo do dia intentaríamos perfilalas mais, de momento ahí vos quedan as que fixemos. tedes que darlle a Click here to start download.. para que vos baixen:

XA ESTÁ CORREXIDA A DE PSX NA DE CELADOR NON HOUBO CAMBIOS

PSX ORDENADO POR PUNTOS

celador ordenado por puntos

avisade de detectar algún erro que a mor das prisas cecais cometéramos
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-05-2008 11:35
Queres comentar ou preguntar algo?
listados provisorios baremación ope
Saen hoxe publicados os listados provisionais de baremación da OPE das categorías de:

Celador/a

Cociñeira/o

PSX

Estamos tendo problemas de conexión coa páxina de OPE do SERGAS, e parece ser que non somos os únicos. Xa nos puxemos en contacto co SERGAS para que miraran de solucionalo. É probable que se deba á saturación da páxina, ao estar moita xente tentando abrir os arquivos de listados.

Ábrese un prazo de dez días hábiles a partir de mañá para presentar reclamacións contra as puntuacións.


NOTA: estes enlaces xa están actualizados ás correccións que colgou o SERGAS pouco despois de publicar os primeiros listados.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-05-2008 10:12
Queres comentar ou preguntar algo?
grupo de traballo contratación
A raiz de varios comentarios aparecidos no blog referentes ás listas e negociación do novo Pacto de contrataciois, dende a sección sindical de CIG Saúde Barco pensamos que debemos informar ó persoal dos pasos dados ata o de agora polo noso sindicato neste asunto.

Dende que a UGT impugnara o acordo de contrataciois a CIG-Saúde leva mantido varias reuniois do grupo de traballo de contrataciois onde participamos delegad@s de tódalas áreas de saúde contrastanto a problemática que observamos neste terreno nas diversas zonas para intentar no novo Pacto eliminalas no posible.

Na primeira reunión mantida despois dun amplo debate chegamos á conclusión que dado o ritmo que mantén o SERGAS neste e no resto de temas non podíamos esperar a que se negociara un novo Pacto de contrataciois sen facer antes unha nova convocatoria das categorias que non a tiveron o ano pasado (enfermaría, auxiliares de enfermaria, etc), tamén acordamos plantexar ó SERGAS que esta nova convocatoria se fixese despois da publicación dos listados definitivos que están en fase de baremación (celadores, pinches. psx, aux administrativos etc), para non atrasar aínda mais a publicación destas listas (polo tanto a proposta sería que a convocatoria se fixera despois do vran; setembro ou outubro).

Neste momento este grupo de traballo interno de CIG-Saúde está en fase da elaboración da proposta do novo Pacto de Contrataciois con reuniois en tódalas áreas durante esta e as duas próximas semanas c@s afiliad@s e simpatizantes de cada zona, para levar a estas asembleas as propostas do grupo de traballo e recoller entre @s compañeir@s en cada área se acaso de deran novas propostas que levar a debater conxuntamente para incorporar á proposta definitiva.

en canto teñamos elaborada a proposta conxunta de CIG-Saúde para presentar ante o SERGAS a daremos a coñecer ó persoal unha vez sexa ratificada polos órganos de decisión e debate do sindicato.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 27-05-2008 17:38
Queres comentar ou preguntar algo?
resolución ope técnicos e xestión función administrativa
Resolución que se publica hoxe no DOG, referente ao remate da fase de concurso dos Técnicos e Xestión da función Administrativa.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 27-05-2008 11:11
Queres comentar ou preguntar algo?
borrador de carreira ordinaria facultativos
Borrador que achega o Sergas sobre o modelo de carreira profesional do persoal sanitario no réxime ordinario
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 26-05-2008 16:37
Queres comentar ou preguntar algo?
farmacéuticos contratación.
ante unha pregunta que tivemos no blog de como se facía constar que a OPE estaba aprobada para os méritos neste apartado na lista de contratación de farmacéuticos de atención primaria, puxémonos en contacto co SERGAS xa que a solicitude de inscrición na listaxe de vinculacións temporais non recolle ningunha casilla para o persoal que superase os exerciciós da OPE. Comentado isto co SERGAS, nos informa de que van a volcar directamente os datos de OPE ; pero para maior seguridade que o persoal o faga constar no apartado de: relación de documentos que ahega as persoas aspirantes, ainda que non teñen que achegar ningún documeto.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 26-05-2008 12:47
Queres comentar ou preguntar algo?
publicación elección de destinos e listaxe provisorio
Resolución DOG do Sergas coas datas para elección e os destinos de FEAS . Detectamos nas prazas de farmacéuticos de primaria que falta unha que sería a do Barco contactamos co SERGAS e nos din que a comeu o DOG, polo tanto hai que engadila a esas 45 prazas.

Preguntado ao SERGAS polas listaxes de OPE que faltan nos comentan que O PRÓXIMO DÍA 28 DE MAIO SAIRÁN PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISORIAS DE:

CELADORAS/ES
COCIÑEIRAS/OS.
PSX.

polo que a información que algúns de vos distes no blog, coincide ca que nos da agora o SERGAS.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 26-05-2008 10:34
Queres comentar ou preguntar algo?
arte mural
Blu é un artista arxentino que fixo esta animación a partir de varios murais seus.
non vola perdades porque é espectacular.
en blublu.org podedes ver moitos mais murais deste autor.

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 25-05-2008 01:13
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3] [4]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis