CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

NEGOCIACIÓN CARREIRA PROFESIONAL
A estas horas polo que sabemos seguen reunidos os sindicatos co SERGAS, as novedades que hai son:
anos por grado: se acepta a proposta da plataforma é decir 1º grao: 5 anos - 2º grao: 12 anos, - 3º grao: 19 anos - 4º grao: 25 anos.
Aprobados OPE extraordinaria: o SERGAS acepta incluilos a cobrar dende o 2007.
complemento por grao: Non hai avances.

Lembrade que somente se desconvocaría a folga de mañá martes, se houbera avances nestes tres puntos e o SERGAS se comprometera a negociar o resto, é decir, persoal funcionario-laboral, interinos e promoción interna.

na asemblea celebrada hoxe no HCV, informóuselle ó persoal do que está a acontecer na Mesa de Negociación e quedamos emprazados a outra asemblea ás 20 horas de hoxe no salón de actos.

Cando teñamos mais noticias de como vai a negociación a daremos a coñecer neste mesmo espazo.
De momento se mantén a folga


deixámosvos un enlace a unha fotomontaxe d@s compañereir@s de Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 07-05-2007 14:38
Queres comentar ou preguntar algo?
vacantes FEAs OPE
Postos en contacto cos responsables de CIG-Saúde, nos informan que o listado de prazas de facultativo que dimos a coñecer onte, non é definitivo, polo que aínda non se sabe de xeito definitivo as prazas da OPE onde van a ser.
Estaremos espectantes
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 07-05-2007 11:02
Queres comentar ou preguntar algo?
vacantes de FEAs distribuídas por centros e especialidades
para ver o cadro de vacantes ofertadas por centros e especialidadesdo persoal facultativo correspondente á OPE 2006 do SERGAS, preme aqui

Para ver a relación entre o nº de persoas presentadas e o nº de prazas convocadas, preme aqui.


Mañá faremos un estudio pormenorizado das prazas que se convocan no HCV, pero de entrada, nunha especialidade tan básica para a poboación desta área de saúde como é anestesioloxia, apreciamos que somente se convoca unha vacante. Esto é intolerable, ca necesidade vital que temos de anestesistas, somente se convoca unha praza, neste intre hai duas vacantes sin cubrir por persoal propietario. As mulleres desta área paren a pelo, sin anestesia. En vacaciois hai unha carencia grave de anestesistas que conleva que @s que non están de vacaciois, fagan xornadas inhumanas.
En radioloxia, outra especialidade clave no funcionamento do HCV, non se convoca ningunha praza.

A OPE é a única via que nos farta por tantear para ver si deste xeito arranxamos a carencia de especialistas que temos, esto foille comunicado á Administración no seu dia, tanto por CIG, como pola Comisión de Centro e pola Plataforma en Defensa da Sanidade.
Esta área segue marxinada polo SERGAS, de seguir con esta actitude de desprezo hacia a nosa área de saúde haberá que replantexarse voltar a convocar a plataforma en defensa da sanidade pública e retomar as mobilizaciois.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 07-05-2007 00:32
Queres comentar ou preguntar algo?
carrabouxo&lamatumbá
aproveitando a galeria de fotos do carrabouxo que temos, ocurríusenos a idea de facer unha montaxe con elas e con música de lamatumbá.


Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 05-05-2007 14:54
Queres comentar ou preguntar algo?
acordos da plataforma pola carreira profesional
O acordo que se chegou onte na plataforma en base as asembleas mantidas nos diversos centros foi o de prantexarlle ao sergas que si convoca unha reunión inmediata da mesa e prantexa nela modificacións na sua proposta sobre anos, cartos e ope-extra, e mantén aberta a negociación, os sindicatos comprometemonos a desconvocar a folga do dia 8 e a facer depender as demáis da dinámica da negociación.


SE ISTO NON SE ARREGLA
GUERRA, GUERRA, GUERRA!!!!
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 04-05-2007 12:04
Queres comentar ou preguntar algo?
mesa de contratación SERGAS
No día de onte celebrouse en Santiago unha xuntanza da Mesa Central de Contratacións, na cal se tratou entre outros as convocatorias ordinarias de Selección temporal.

Neste asunto o Sergas informanos de que o vindeiro LUNS 7 DE MAIO, publicaranse os listados definitivos de: Médicos de familia, Pediatras, Odontólogos, Persoal de enfermaría, Matronas, Técnicos en coidados de enfermaría e Cociñeiros. Dita publicación será conxunta en tódalas Direccións Provinciais e entrarán en vigor ese mesmo día.

Respecto do resto de categorías que están pendentes de publicación de listas provisorias o Sergas informa de que se publicarán neste mes de maio, pero non entrarán en vigor para o verán, xunto coa publicación das categorías publicarase unha nota aclaratoria que informe da valoración da ope 2006 para ditas listas e dos pasos a dar para a aportación de novos méritos ( daquelo que vai supor modificación sustancial ou non ).

Informa o Sergas de que as probas que haxa que facer de informática ( para os grupos A e B ) se farán centralizadas.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 04-05-2007 11:25
Queres comentar ou preguntar algo?
HCV: UNANIMIDADE EN SEGUIR CAS MOBILIZACIOIS

Na asemblea celebrada hoxe co persoal do HCV, decidíuse por unanimidade proseguir cas mobilizaciois de carreira, votando así para atras a proposta do resto de sindicatos que era a de desconvocalas si o sergas ofrecía que os anos de acceso á carreira fosen igual para tódolos grupos, e deixando o resto das reivindicaciois a negociar na Mesa.

Hai que destacar que ata @s delegad@s do resto das centrais votaron a favor de seguir cas mobilizaciois.

Na asemblea decidíuse tamén dar traslado á plataforma a petición de que se faga un escrito para recoller sinaturas entre o persoal, polas declaraciois verquidas pola conselleira e diversos responsables do SERGAS, criticando as mobilizaciois.

Hoxe a tarde reúnese a plataforma para ver cal é o resultado das consultas en tódalas áreas.
Polo que sabemos en Vigo, Lugo e Burela, o persoal se manifestou a favor de continuar cas protestas.

Mañá de novo asemblea para informar do que aconteza hoxe na reunión da Plataforma, como sempre ás 14 horas no salón de actos.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 03-05-2007 15:08
Queres comentar ou preguntar algo?
album de fotos carreira
deixamos un album con diversas fotos das mobilizaciois de carreira, Lembrade que hoxe se reunen os sindicatos para valorar a incidencia das mobilizaciois e ver que pasos son os seguintes a dar.

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 02-05-2007 12:16
Queres comentar ou preguntar algo?
cadro de prazas provisorias para traslados sergas
para ver o cadro provisorio de prazas que sairán a traslado, preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 02-05-2007 11:38
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] [2] 3
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis