CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

dia das letras
Hoxe a rede enchese de homenaxes ó dia das letras galegas, maria mariño, que viviu moitos anos ben perto de Valdeorras, no Courel é a escritora que pon este ano cara a este dia.
Nós tamén queremos contribuir a homenaxear este dia con artistas que contribuiron a que a nosa lingua se manteña viva.

Pucho Boedo é un mito para @s galeg@s somente atopamos un tubo na rede dos tamara que podedes ver aqui abaixo:



Andrés Dobarro cantaba en galego cando o franquismo non o permitía.



Suso Vaamonde símbolo da loita dun pobo



fuxan os ventos



os resentidos



e un longo etc
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 17-05-2007 01:20
Queres comentar ou preguntar algo?
retraso ata xuño das listas de contratación pendentes
Dende CIG-Saúde viñamos plantexando no Sergas a incorporación ás listas de contratación de diversas categorías:

-Farmacéuticos Atención Primaria

-Técnicos en Documentación Sanitaria

-Enfermeira/o especialista en medicina do traballo

-Tecnicos especialistas en dietética e nutrición

-Auxiliares de farmacia

Dende o Sergas neste momento nos plantexan a posibilidade de incluilas nos listados que están pendentes de publicación, o que suporía un pequeno atraso na publicación das listas, pasando a publicación deste mes de maio para o mes de XUÑO.

A valoración que facemos nos é positiva por tratarse dunha reivindicación que viñamos mantendo mesa tras mesa, polo que trasladamos ao Sergas o noso apoio á proposta considerando ademáis que o prexuizo de atrasa-las listas 15/20 días non supón agravios importantes.

As Categorías de Farmacéuticos de Primaria e Enfermeiras de medicina do traballo sairían de ámbito de Comunidade Autónoma e as outras de ámbito de área sanitaria.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 16-05-2007 17:03
Queres comentar ou preguntar algo?
a asemblea do HCV aproba o acordo de carreira
O persoal do HCV da por bon o preacordo de carreira profesional acadado onte pola plataforma e o SERGAS.
tódolos sindicatos da plataforma ca excepción de CSIF defenderon o acordo e o persoal dun xeito casi unánime arrouparon o exposto polos sindicatos.
O CSIF manifestou o seu desacordo con que a subida dos grupos A e B non eran suficiente posto que non se equiparaban ó persoal sanitario das mesmas categorias.
Dende a CIG manifestamos, arroupados polo resto de centrais alí presentes (UGT, SAE e CC.OO) que os mais perxudicados no acordo en todo caso eran os grupos C,D e sobre todo o E e en menor medida o grupo B.
Un aspecto que se destacou foi que a unidade sindical neste conflicto (ca salvedade de CSIF), permite encarar as próximas loitas (léase xornada, retribuciois, festivos noite, etc)cunha forza de negociación ante o SERGAS que hai moitos anos que non temos. Por fín o persoal non facultativo é escoitado nas suas reivindicaciois e iso é algo que ten que influir a partir de agora na forma de facer política de persoal por parte do SERGAS. Saben que existimos e que nos movemos na defensa dos nosos dereitos.

Con esta asemblea poñemos punto e final as mobilizaciois de carreira.

descalbagamos a nosa mascota TOU do seu asento de pizarra e a reservamos por si fose necesaria para próximas movidas.

graciñas a tod@s polo apoio prestado na consecución deste acordo.
de non ser por vos esto nunca se tivera conseguido.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 16-05-2007 16:53
Queres comentar ou preguntar algo?
conflicto da carreira profesional; por fin preacordo
- Contías 2012: actualización

As contías no exercicio 2012 calcularanse sobre as contías do ano 2011, actualizadas cos incrementos respectivos que se establezan nas leis de orzamentos dos anos 2008, 2009, 2010 e 2011. A partir de 2013 as contías terán as actualizacións anuais previstas nas leis.


- Funcionarios e laborais transferidos das corporacións locais :

Terán acceso ao sistema ordinario de carreira profesional que se regule para o persoal estatutario.

Aplicaranse aos funcionarios e laborais transferidos das corporacións locais, os contidos dos acordos retributivos acadados para o resto do persoal laboral e funcionario da Xunta de Galicia.

Terán unha nova oferta de integración ao réxime estatutario á entrada en vigor desta acordo.

- Persoal Interino

O persoal interino que acceda a prazas no SERGAS na vixente oferta de emprego terá especial consideración no acceso ao sistema ordinario de carreira profesional que se regule.

- Sistema ordinario de carreira profesional

O sistema ordinario de carreira profesional se negociará para ser aplicado en xullo de 2008.


O sergas acepta tódalas condiciois da plataforma e chégase a un preacordo na carreira profesional do persoal sanitario non diplomado e persoal non sanitario.

mañá haberá asemblea para explicar tódolos detalles do preacordo e ratificalo ou non por parte do persoal.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 15-05-2007 19:33
Queres comentar ou preguntar algo?
asembleas permanentes
Dende as 17 horas están a negociar SERGAS e sindicatos o tema da carreira profesional.
Polo que sabemos a situación en casi tódolos centros é de asembleas permanentes ata que remate a negociación de hoxe.
en canto sepamos algo do acontecido na negociación o daremos a coñecer.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 15-05-2007 17:29
Queres comentar ou preguntar algo?
Hoxe, mesa negociación de carreira
Lembrade que hoxe as 17 horas, se reúnen de novo o SERGAS e a plataforma sindical, para retomar a negociación de Carreira Profesional.
No HCV teremos asemblea ás 14 horas para decidir as acciois de presión a facer estes dias.
Daremos conta o longo da tarde do que acontece na Mesa de negociación.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 15-05-2007 11:50
Queres comentar ou preguntar algo?
trienios persoal contratado SERGAS
A CIG reclama mediante un escrito dirixido a Dirección Xeral de Recursos Humanos, os trienios para o persoal temporal do SERGAS.
Estaremos á espera da contestación do SERGAS, a ver si acaso non fose necesario presentar reclamaciois individuais, senon distribuiremos entre a afiliación o modelo de reclamación.

Aquí abaixo tedes o texto íntegro do escrito enviado.


Dirección Xeral de Recursos Humanos
SERGAS
San Lázaro, s/n
SANTIAGO


Trienios de persoal temporal do Sergas

A Lei 7/2007, do Estatuto Básico do Empregado Público, establece no seu artigo 25 o dereito dos funcionarios interinos a percibir a totalidade das retribucións básicas da correspondente categoria, incluidos trienios. Máis en concreto, o apartado 2 do mesmo artigo recolle o dereito ao recoñecemento dos trienios derivados da totalidade dos servizos prestados antes da entrada en vigor do Estatuto Básico (13 de maio de 2007) con efectos económicos desa mesma data.

En aplicación dese precepto básico, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ven de publicar a Orde do 9 de maio pola que se ditan normas relativas ao recoñecemento de trienios ao persoal funcionario interino ao servizo da Administración da C.A.G., na que establece entre outras cousas o procedemento para a aplicación de tales dereitos.

Entendemos que esa previsión legal é de plena aplicación ao persoal temporal dos centros sanitarios do Sergas (estatutario interino, eventual ou sustituto, funcionario interino e laboral temporal), pero descoñecemos o procedemento previsto para o seu recoñecemento e para a sua execución.

Reclamamos por tanto que por parte desa Administración Sanitaria se nos informe á maior brevidade, por escrito ou en mesa sectorial, sobre as previsións e o procedemento para o recoñecemento de trienios de todo o persoal temporal dos centros sanitarios do Sergas, cos indicados efectos económicos do 13 de maio.

Agardando polas suas novas ao respecto,

Vigo, a 14 de maio de 2007



Asdo/ Xoán Cons
Secretario Xeral de CIG-Saúde
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 14-05-2007 22:39
Queres comentar ou preguntar algo?
probables datas de exame e resolucion do concurso
As datas de segundo exame que manexa o SERGAS son as que seguen.

COCIÑEIROS: Exame práctico no mes de xuño ( sen confirmar data )

AUXILIARES ADMINISTRATIVOS E PSX: Exame práctico no ordenador mes de xullo ( seguramente na primeira quincena )

FASE CONCURSO: de todos aqueles que xa remataron a fase de oposición a Resolución publicarase seguramente a mediados do mes de xuño.

Isto é todo o que podemos contar despois de falar cos responsables de Recursos Humanos

TEDE EN CONTA QUE NON SON DATAS OFICIAIS, SENON PREVISIOIS POLO QUE PODE HABER CAMBIOS.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 14-05-2007 13:20
Queres comentar ou preguntar algo?
plantilla respostas ATS e Aux. Enfermeria
plantilla provisoria de respostas das OPE de ATS e Aux. Enfermeria.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 14-05-2007 12:03
Queres comentar ou preguntar algo?
tou galeria
Xa coñecedes a TOU, a nosa mascota, TOU naceu da media mazá e do medio corazón do anagrama de CIG-Saúde,son vari@s @s artistas que o teñen xa representado nas mais variadas situaciois.

Agora gustaríanos que ti nos axudases a facer unha ampla galeria de TOUS, para con eles seguir a loitar, polos dereitos do persoal e defender unha boa calidade asistencial, para denunciar os abusos nestas duas materias, dun xeito agradable e orixinal. Nós encargarémonos de darlle vida.

Non podemos ofreceche mais premio que o de ver o teu TOU como denuncia, conciencia ou pon cor ás distintas realidades que temos na sanidade e no noso entorno.
Non importa que non sexas un picaso o importante para nós é que participes e nos envies o teu TOU.

ENVIA O TEU "TOU" Á NOSA DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICO QUE É:

h.obarco@cig-saude.org


cando teñamos un número importante de eles abriremos unha galería onde poderás votar ó que mais che guste.
grazas pola vosa colaboración.




Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 12-05-2007 12:59
Queres comentar ou preguntar algo?
solidariedade co sector naval
Vigo, 28 de abril de 2007

Por incumprimento do Convenio
Folga indefinida no sector Naval da provincia de Pontevedra desde o 3 de maio

Así titulaba a web da CIG o inicio da folga indefinida do sector naval de Vigo.
Dende a outra punta de Galicia nos solidariezamos e apoiamos as mobilizaciois d@s traballadores/as que están a amosar a todo o pais que a loita da clase traballadora fronte da patronal mais rancia e explotadora se mantén viva.


ÁNIMO COMPAÑEIR@S!!!


atopamos un par de vídeos do conflicto do metal no tubo. As imaxes falan por si solas.



Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 11-05-2007 23:42
Queres comentar ou preguntar algo?
MESA CARREIRA
O SERGAS convoca aos sindicatos para o martes dia 15 ás 17 horas para seguir coa negociación da carreira. Lembrade que a proposta de carreira que fixo a plataforma o pasado luns é o mínimo polo que se vai a asinar, así se acordou no seo da platafrma cedendo tódalas partes.
para compensar a falta de convocatorias de folga dos dias 15 e 16 de maio, vanse a levar a cabo unha serie de medidas de presión en tódolos centros, en Vigo xa foi aprobado polo persoal e o martes quedamos emprazados a unha asemblea no HCV, para decidir como manter a presión.


CARREIRA PROFESIONAL NON DISCRIMINATORIA!!!
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 11-05-2007 15:26
Queres comentar ou preguntar algo?
esperando polo SERGAS
Hoxe remata o prazo, que lle deu a plataforma ao SERGAS para que puxera fin ó conflicto de carreira, a platafoorma non pode baixar mais o seu listón, nin un solo milímetro, así que nas mans do SERGAS está poñer fin a este longo conflicto.
Nós polo de pronto hoxe as 14 horas temos asemblea no salón de actos do HCV, para informar ben da resposta do SERGAS, ben para preparar as mobilizaciois da semana que ven ou ambalas duas cousas.

A LOITA CONTINUA!!!

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 11-05-2007 00:19
Queres comentar ou preguntar algo?
tribunais do persoal facultativo
para ver a Resolución que publica os tribunais do persoal facultativo da OPE 2006, preme aqui.
Por outra banda, o Sergas confirma a data dos exames de facultativos que será o vindeiro día 30 de xuño ( sábado ) en horario de mañan en Silleda.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 09-05-2007 10:11
Queres comentar ou preguntar algo?
documento de CIG-Saúde sobre carreira profesional
INFORMACIÓN SINDICAL DE INTERÉS PARA AS CATEGORIAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL SANITARIA E DE PERSOAL NON SANITARIO


A 9ª reunión da mesa sectorial para negociar a aplicación da Carreira Profesional ten por fin importantes novedades.
Hai que ter en conta antes de nada que esta reunión da mesa, que non estaba prevista, foi forzada pola Plataforma Sindical para exixir do Sergas unha nova oferta que avanzara sustancialmente sobre as anteriores. En concreto, se lle pediran modificacións na sua oferta sobre os anos, os cartos e o acceso do persoal da Ope extraordinaria. Si o Sergas aceptaba esas condicións, mantendo aberta a negociación dos demáis puntos das propostas sindicais, a Plataforma se comprometería a desconvocar as mobilizacións desta semana e a condicionar as demáis a que existira unha boa dinámica de negociación.
O que nos atopamos na reunión foi outra cousa: o Sergas prantexou a aceptación da proposta sindical sobre os anos e o acceso este ano dos da Ope extraordinaria, pero como punto final da negociación e quedando pechados todos os demáis aspectos. Non nos valía ese prantexamento, polo que a Plataforma Sindical fixo unha contraprosta, tamén de punto final, como se resume a continuación, de maneira que si o Sergas aceptase, a Plataforma estaría en disposición de defender a sinatura dun acordo, e en caso contrario o conflito continuaria. Finalmente, e nunha nova reunión, o Sergas aceptou pedir unha nova autorización a Presidencia e a Economía para aceptar esa proposta sindical.
Nesas circunstancias decidiuse desconvocar a folga prevista para o dia 8 e condicionar outras mobilizacións á resposta do Sergas ás nosas peticións de punto final! Esa resposta ten que producirse nos próximos dias.

para ver o cadro comparativo, preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 08-05-2007 18:13
Queres comentar ou preguntar algo?
solidariedade con enfermería
Veise a algun persoal ATS-DUE (son poucos, hai que decilo)moi rebotado cas mobilizaciois de carreira do resto do persoal e enchense a boca a decir que con eles ninguén se mollou. Solo lembrarlle a este persoal que tanto fala, que dende a CIG sempre nos mollamos de compromiso e literalmente como se pode ver nas fotos de arriba.

Por outra banda tamen o persoal que non iba con eles a carreira se solidarizou e se sumou as suas reivindicaciois.

as fotos corresponden a mobilizaciois pola carreira de enfermeria que se levaron a cabo por CIG-Saúde durante a negociación o ano pasado, cunha cruz o persoal que participou nelas e a que non lles afectaba directamente a carreira e se solidarizaron co persoal sanitario diplomado, con v o persoal que participou que si que lles afectaba.

Por certo que ningún dos "persoeiros" que nos acusan de non mollarnos por eles aparecen nas fotos.

A veces falla a memoria, menos mal que hai hemerotecas.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 08-05-2007 17:37
Queres comentar ou preguntar algo?
listas definitivas de CELADORES e MATRONAS
para ver a Resolución que publica as listas definitivas de CELADORES e MATRONAS´; preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 08-05-2007 12:49
Queres comentar ou preguntar algo?
Asemblea HCV o CSIF sale polas ramas
O delegado do sindicato CSIF afirmou na asemblea de carreira que mantivemos hoxe á tarde no HCV, que non asinarán a carreira si non se equiparan os grupos A e B non sanitario cos grupos A e B sanitarios. Curiosamente o grupo A é o que menos diferencia porcentual ten entre a oferta do SERGAS e a proposta da plataforma. Curioso non?
ainss, como dixemos non imos a entrar a este trapo, polo menos ata conseguir si é que se consigue un acordo aceptable, nada mais queríamos deixar constancia para que non se perdan no esquecemento as palabras de CSIF por medio do seu responsable na área de O Barco, xa falaremos cando sexa o momento.

Analizando o que deu de sí a asemblea, decir que a maioria do persoal presente non lles pareceu mal a desconvocatoria da folga de mañá, eso sí, non se pasará por menos dos puntos expostos e estaremos moi atentos a súa redacción. Do contrario habería que retomar as mobilizaciois de seguido.
Parte do persoal pensa que é un erro que se desconvoque a folga de mañá e que se debera seguir presionando.

Nós cruzamos os dedos á espera da resposta do SERGAS, tendo claro que de non ser satisfactoria, cando menos dende a sección sindical á que pertencemos non teremos reparo ningún en incrementar o grao de mobilización.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 07-05-2007 22:04
Queres comentar ou preguntar algo?
ante todo, moita calma
estannos a chegar noticias de outras áreas, parece ser que xa hai intentos de rentabilizar sindicalmente o conflicto da carreira.
Está ben, dende a CIG de O Barco e imaxinamos que como o resto de compañeir@s de Central do resto das áreas, nos sonreimos ó ver o que se atribuien uns e outros.
Mais adiante faleremos do rol representado por todos, pero iso xa tocará, a nos o que nos interesa é ter unha carreira profesional digna para todo o persoal do SERGAS, en tanto non se asine un acordo nesa línea non vamos a decir nin MUUU, nese sentido, logo, xa veremos, de momento e ANTE TODO, MOITA CALMA, que aínda está o capador enriba do cocho como di o refrán.

Nós preferimos deixar que os negociadores fagan o seu traballo e xa que mañá hai que vir a currar, nós en vez de que pum que pam que fixemos esto ou aquelo, propomosvos un tubo de Toni Moog (Que pum, que pam) á espera de ver que din mañá as asembleas e que a negociación chegue o seu termo.




Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 07-05-2007 20:02
Queres comentar ou preguntar algo?
desconvocada a folga do martes 8

Aqui tendes o comunicado de prensa onde se especifican os avances na proposta de carreira profesional do SERGAS, polos que se desconvoca a folga de mañá.
Ás 20 hs temos asemblea para explicar os detalles do acordo.


Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 07-05-2007 18:52
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2 [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis