CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

traslados
Enos imposible pola estructura do blog, poñer as vacantes de primaria desglosadas por categoria e centros, entendemos que resulta de interese non só para o persoal de traslado senon tamén para o persoal interino que as cubre.
Mañá poñerémonos en contacto coa executiva de CIG-Saúde para que as colguen na súa páxina e asi meter un enlace dende aquí.
De todos xeitos quen estea interesado en ter as vacantes que nos mande un correo a h.obarco@cig-saude.org antes das 14 horas de mañá venres e enviaremosllas ó correo.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 31-05-2007 23:02
Queres comentar ou preguntar algo?
TRASLADOS INFORMACIÓN XUNTANZA SERGAS
No día de hoxe celebrouse unha reunión no Sergas na cal se ían tratar dous asuntos:

Peche baremo persoal facultativo
Oferta de prazas á traslados

Respecto do primeiro punto comentar que o baremo queda pechado segundo o último borrador que hai do mesmo, ou sexa o que significa que a puntuación do MIR non vai ter un peso específico dentro do baremo, senón que vai no apartado de formación, a isto CIG-Saúde fixo un voto particular en contra que non foi aceptado xa que tanto a Administración como o resto dos sindicatos estaban dacordo co proposto no borrador de baremo.

O Sergas informou de que a convocatoria dos Pediatras retrasarase para novembro para que poidan concursar os pediatras da ope extraordinaria segundo o compromiso acadado en Mesa Sectorial anterior. Tamén informa que a toma de posesión non vai ser antes do primeiro trimestre do vindeiro ano.

Outro asunto que nos plantexa o Sergas é que para os Farmacéuticos de Atención Primaria a toma de posesión sexa por área e non por centro e turno, a este asunto opuxémonos os sindicatos da Mesa polo que non sabemos como o van sacar ao final.

Respecto das Matronas fixeronnos unha proposta que consiste en retrasar a oferta de traslados a novembro xunto coa dos pediatras para que poidan neste tempo modificar o Decreto 200/1993 e que as Matronas APD funcionarias poidan participar no concurso de traslados (neste asunto quedamos que nun par de días temos que manifestar a nosa opinión).

Respecto das prazas pasanos o Sergas un borrador coas prazas dos FEAS, que temos que comprobar, e temos para facer alegacións ata o martes da semana que ben. En O Barco xa detectamos que falta polo menos unha praza de radioloxia, que para nós é basico que saia.
Tamén nos entrega borrador correxido do resto de categorías. Quedaron en que ao longo do día de hoxe ou mañá pasarían as mesmas por centro e turno.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 30-05-2007 22:10
Queres comentar ou preguntar algo?
cadro de prazas de traslados SERGAS
Hoxe o SERGAS fíxonos entrega das prazas de traslados.
Podedes consultalas premendo aqui
e para ver as prazas ofertadas para facultativos
preme aqui
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 30-05-2007 19:08
Queres comentar ou preguntar algo?
Xornada sobre prevención na industria da pedra en galiza
O Gabinete Técnico de Saúde Laboral organiza unha Xornada sobre prevención na industria da pedra en galiza.
Levarase a cabo o sábado 16 de xuño de 09.30 horas a 19.00 horas no hotel Paladium de Vilamartín de Valdeorras
.

Nela participarán:

Especialistas do Instituto da Silicose de Oviedo
Responsables da Xunta de Galiza
Representantes do Parlamento español
e Responsables sindicais da CIG.

para inscricións e información podedes chamar:
Sede Comarcal de CIG Lugo: 982 22 58 12
Sede Comarcal de CIG Ourense: 988 23 31 34

ou directamente no correo email de Saúde Laboral: saudelaboral@galizacig.net
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 30-05-2007 18:10
Queres comentar ou preguntar algo?
publicaciois DOG


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 30-05-2007 11:37
Queres comentar ou preguntar algo?
cambiamos a enquisa
Estes son os resultados da enquisa cuberta por vós esta semana.
Vemos que se nos visita dende toda Galiza e no Bierzo, a excepción de Monforte; debe ser a rivalidade entre veciñ@s ;)), cabe destacar a gran porcentaxe de persoas de Vigo que entran no noso "anárquico e infantil blog" como alguén o calificou nalgunha ocasión, a eles e a toda a xente que entrades e de xeito moi especial @s que cubrístedes a enquisa dámosvos as grazas (joer como soa a "palabrexa" esta)
Unha vez coñecidos estes datos o que queremos coñecer é si vos resultaría de interese que as diversas secciois sindicais de CIG-Saúde a nivel comarcal ou local, montaran o seu propio blog; para deste xeito se o resultado é positivo animar @s compañerir@s do resto do país a poñerse mans á obra.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 29-05-2007 19:59
Queres comentar ou preguntar algo?
reclamación de novos L.Ds e outros
A Executiva de CIG-Saúde está a preparar outro escrito a RR.HH. pedindo que se fagan efectivos no SERGAS os novos dias de libre disposición en base ó número de trienios do persoal que veñen reflexados no estatuto básico do empregado público.
É dicir a partir do 6º trienio 2 L.D. máis e a partir do 8º 1 mais por cada trienio.
Tamén se reclamará o cumprimento da normativa en materia de igualdade no que a permisos por paternidade e lactación se refire. lei de igualdade de galiza e lei de igualdade do estado
O escrito enviarase ó longo desta semana, en canto sexa enviado darémosvolo a coñecer.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 29-05-2007 13:37
Queres comentar ou preguntar algo?
escrito de carencias en materia de saude laboral
Este de abaixo é o derradeiro escrito enviado pol@s delegad@s de prevención de CIG-Saúde, denunciando deficiencias en materia de saúde laboral:


DE: DELEGADO PREVENCIÓN CIG
A : DIRECCIÓN XERENTE
A : COMITÉ DE SEGURIDADE E SAUDE
A : UNIDADE DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Solicito se corrixan as seguintes deficiencias, xa denunciadas por nós, noutros escritos, entre eles o 149 do 14-2-2003:

? Acceso a climatizadores planta 1ª . Non reune os mínimos do RD 486/1997 sobre lugares de traballo

? ¿Cándo comezará a fase que contempla a construcción dos vestuarios de mantemento.Recordamoslle que temos un requerimento de inspección de traballo que nos avala.

? ¿Cándo se vai a corregir o acceso as oficinas de mantemento dende as torres de frío?, a saída dunha porta debe ser a un rellano de ancho como a mesma porta, e non directamente ás escaleiras.
Incumple a o RD 486/1997 sobre lugares de traballo.

? O Sistema antiincendios sigue averiado, todos os días hai falsas alarmas e averias.

? ¿Cándo se van a poñer as máquinas con renovación de aire para Anatomía Patolóxica e para Laboratorio Vello?.
? As condicións do lugar de traballo das telefonistas non reunen os requisitos mínimos dos lugares de traballo, polo tanto:
Solicitamos se faga unha avaliación das condicións do lugar de traballo das telefonistas pola Unidade de Prevención de Riscos Laborais, e no caso de encontrarse, se corrixan as deficiencias detectadas
? Non existe climatización en Lenceria, só calefacción, ¿Cándo se vai a poñer frío?.

? ¿Qué se pensa facer co sistema de aire nos aillados das plantas de hospitalización?, o circuito de aire non ten aillamento dos demais locais das plantas.
? O taller mecánico non ten extracción, que é obrigatoria cando se realizan traballos de soldadura.

? As vías de circulación do recinto hospitalario non cumplen o RD 486/1997, xa que non teñen sinalizados pasos de peatóns, as aceras non teñen a anchura suficiente, non hai sinais de limitación de velocidade, e o chan non é adecuado para o transportes de carros de man nos lugares habitualmente utilizados para esa tarefa.

? Para os traballos a altura superior a 3 mtrs fai falta unha plataforma elevadora ou no seu defecto arneses e cintos de seguridade. Nos non temos nin unha cousa nin outra e traballamos a mais de esa altura.

? A alarma de incendios ten que estar situada nun lugar onde sempre exista unha persona, non é o caso da nosa, co que reiteramos a petición de que se pase esta alarme a un teléfono.

? Xa que se vai a mercar unha nova máquina de esterilización de Óxido de Etileno; solicitamos a compra dunha central detectora de Óxido de etileno para esterilización, xa que a existente rixese pola antigua norma de 50 ppm, e o límite actual é 1ppm. Ou senón o troco do novo esterilizador de gas por un de plasma, que según a antigua supervisión de quirófano sería suficiente para as necesidades deste Hospital. Seguimos insistindo en que o almacenaxe dos cartuchos de Óxido de etileno en Esterilización incumple a normativa, a Xerencia anterior había quedado en comprar un armario antilume adecuado.

? O laboratorio non ten presión negativa, co que incumple a normativa do RD 664/1997 sobre axentes biológicos.

? Solicitamos un control ambiental en anatomía Patológica, e os resultados da medicións ambientais en esterilización.

? ¿ Cándo se vai a iniciar a implantación do plan de emerxencia?.

Atentamente, Carlos J Alvarez Fernández, D. de Prevención de CIG.



O Barco 25 de Maio de 2007

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 29-05-2007 11:47
Queres comentar ou preguntar algo?
puntuación exames SERGAS para contratación
como estaba habendo dúbidas ao respecto do COMPUTO DOS EXAMES DO SERGAS, por mor da realización conxuntan nesta oposición, plantexando a xente a posibilidade de puntuación do segundo exercicio non habendo aprobado o primeiro, a efectos de listas de contratación e despois de falar co Sergas INFORMAN que:

Os exames só se puntuan si se aproba o primeiro, xa que ao ser eliminatorios si o primeiro non se aproba non se pode puntuar o segundo
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 29-05-2007 11:02
Queres comentar ou preguntar algo?
postura de CIG-Saúde fronte as prazas de alta especicialización
CIG-Saúde amosou o seu rexeitamento ás denominadas prazas de alta especialización por considerar que estas non responden a criterios de calidade asistencial se non ó poder de determinados Xefes de Servizo.
Podedes seguir mais pormenorizadamente este asunto na web da Agrupación médica de CIG-Saúde.
Para ter acceso ó documento que detalla a nosa posición neste tema, premede aqui
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-05-2007 20:02
Queres comentar ou preguntar algo?
mesa primaria 25-05-07
Resultado da xuntanza mantida co SERGAS para analizar as condicións da creación do denominado ?contrato estable de área? para as substitucións de persoal facultativo en Atención Primaria. É un dos compromisos derivados do Plan de Mellora da AP.

Na reunión estiveron presentes representantes de Recursos Humanos, de todas as Xerencias de AP, e de todos os Sindicatos da Mesa.

Debatiuse en torno á proposta presentada por CIG, , e anque non se pecharon todos os temas pode decirse que hai aspectos sobre os que parece haber xa bastante acordo:

- que o contrato se fará baixo a modalidade de servizo determinado por 6 meses con prórroga por outros seis
- que poderá rexeitarse sen penalización nas listas no momento da sua oferta, que se fará a todas as persoas da lista, incluídas os novos titulados que se incorporen ás mesmas; o Sergas ten que responder sobre si acepta tamén que esa renuncia sen penalización se poda facer igualmente no momento da prórroga
- que o ámbito é de área e que a posibilidade da sectorización/comarcalización do mesmo se fará en cada Xerencia coa participación do persoal e da Comisión de Centro
- que este contrato é compatible coa oferta das interinidades que xurdan
- que en principio as Xerencias estiman que poden ofertar este contrato a todas as persoas das listas, ou sexa, sen limitacións de número
- que os límites de xornada a respectar serán: 812 horas ordinarias en 5?5 meses, 148 horas ordinarias por mes, 42 horas complementarias por mes (ou sexa 190 totais por mes como máximo), 24 dias naturais máximos por mes
- que se ten que garantir ao menos os 15 dias de vacacións nun dos semestres; de momento din que non á ampliación dos dias de vacacións por non disfrutar os outros 15; e que se debe aplicar a mesma regla para os dias de LD
- que a retribución será mensual, equivalente á dun médico xeral cupo cero; e tamén mensualmente se liquidarían tanto os cupos realmente feitos como as horas complementarias realizadas (co valor que corresponda á modalidade de Ordinaria ou de Pac)
- que se entende que se debe buscar unha fórmula para retribuir o concepto de ?disponibilidade?, pero non se conseguiu concretar; o Sergas quedou de presentar unha proposta (que podería ir no sentido de abonar horas de localización, según din).

Con todo esto, e con algúns aspectos da nosa proposta que inda quedaron no aire, quedou o Sergas de enviar unha nova proposta (queda totalmente derrogada a sua proposta da semana pasada) e convocarnos a unha nova reunión para tratar de pechar.

Tamén se reiterou, por iniciativa nosa, a necesidade de regular as condicións das substitucións que realiza a xente dos Pac, pero quedouse de tratar no marco da propia comisión de seguimento das urxencias extrahospitalarias, que sería convocada para eso.

En principio será a próxima semana cando teñamos unha nova reunión para pechar estes temas e retomar o debate sobre a cuestión da intersubstitución.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 28-05-2007 19:07
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria OPE Aragón
Decreto que aproba a oferta de emprego público de persoal estatutario de Aragón.
preme aqui






Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 28-05-2007 14:01
Queres comentar ou preguntar algo?
alta velocidade
chegou a fin de semana, hoxe en principio debera haber unha reunión entre SERGAS e sindicatos polos traslados, pero ó final suspendeuse. Así que ata a semana que ven non saberemos as prazas que se van ofertar.
deixámosvos un tubo para que disfrutedes de ver as cousas a un ritmo menos estresante do que levamos habitualmente.
Podedes ver mais deste tipo na páxina http://www.visionresearch.com/


Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 25-05-2007 23:11
Queres comentar ou preguntar algo?
empezamos a traballar
A partires da semana que ven @s delegad@s de CIG-Saúde iniciaremos unha serie de reuniois con persoal de todos os servizos do HCV e visitaremos un a un todos os Centros de Saúde da área.
Queremos saber os problemas, carencias, preocupaciois que tedes en todos lados, para intentar a través da sección sindical ou das comisiois de centro solventar na medida do posible os problemas que poiderades ter.
Empezaremos polos servizos que xa nos teñen plantexado a súa problemática como é laboratorio, planta laranxa ou rehabilitación, pero seguiremos co resto para deste xeito recopilar todos os datos posibles do que pasa a nivel laboral e asistencial en toda a área sanitaria.
Unha prioridade que nos marcamos para estes catro próximos anos é poñer a primaria ó nivel de información e participación que ten o HCV, argallar fórmulas para que esto sexa así. A dispersión dos centros de saúde é un obstáculo que saberemos sortear, pero para isto necesitamos que o persoal de primaria nos bote unha man. @s compañeir@s que se van dedicar dun xeito especial a primaria (Andrés, Mario e Susana) empezarán a visitar os Centros de saúde na primeira semana de xuño.

Outro dos aspectos que queremos mellorar é a atención ó persoal de listas de contratación que non traballa ou o fai moi de cando en vez.
Miraremos de argallar algunha fórmula para recoller a problemática deste colectivo amplo de traballadores/as para solventala ou transmitila a quén proceda.
Os compañeiros Xosé Manuel e Lorenzo serán os encargados de que esto funcione.

Grazas a todos aqueles que confiastes en nós dándonos o voso voto nas pasadas elecciois sindicais, temos unha sección sindical forte, con xente que se implica e que lle motiva traballar por unhas condiciois laborais e unha asistencia sanitaria dignas sen corporativismos nin ataduras políticas nin de ningún tipo.
Pero @s delegad@s de CIG-Saúde simplemente somos @s portavoces de casi un cento de afiliad@s nesta área de saúde que son en realidade quén deben definir a línea a seguir, eles máis o resto de traballadores deben tirarnos das orellas se non o facemos ben.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 24-05-2007 18:47
Queres comentar ou preguntar algo?
constitución da Xunta de Persoal
Hoxe constituiuse a Xunta de Persoal da área do Barco. Na foto vedes aos/ás nos@s delegad@s. A tod@s podedes consultarnos calquera dúbida, pero esta vai ser a distribución de traballo que temos pensado:

ATENCIÓN PRIMARIA:
* Andrés Docampo
* Mario Fernández
* Apoio: Susana Méndez

ESPECIALIZADA:
* Xosé Manuel Álvarez
* Susana Méndez
* Mari Vázquez

SAÚDE LABORAL:
* Carlos Álvarez
* Apoio: Mari Vázquez

FORMACIÓN:
* Antonio Lorenzo
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 23-05-2007 11:15
Queres comentar ou preguntar algo?
dende onde nos visitas
Á xente que estamos a traballar neste blog, interésanos coñecer ás persoas que nos visitan e que temas son os que mais lles podan atraer, para así intentar facer un recuncho de interés onde poidamos resultar de axuda e de paso tervos informados do xeito mais didáctico e entretido que sepamos facer, para isto colgaremos unha serie de enquisas que nos podan orientar.
Empezamos como non podía ser doutro xeito polo "de onde eres?".
A enquisa tédela a man esquerda debaixo do noso logotipo "tou navegando".
Agradecemos a tua participación nesta e futuras enquisas.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 22-05-2007 22:14
Queres comentar ou preguntar algo?
vestiarios novos: unha chapuza
Os vestiarios novos xa están practicamente rematados, e os millóns que costou a reforma mellorou pouco as condicións dos mesmos.

Seguimos sin espacio dabondo para todas as taquillas, non caben os bancos entre as mesmas, e seguimos sin ter taquillas separadas para a roupa de traballo e a de casa, para os traballadores que traballan con axentes biolóxicos e canceríxenos.

Os vestiarios pronto estarán operativos, pero, ¿Non se pudo facer mellor a reforma con esa cantidade de cartos?

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 21-05-2007 10:46
Queres comentar ou preguntar algo?
DATAS DE EXAME SERGAS
Día 2 de xuño de 2007: ás 10.00 horas: grupo técnico da función administrativa

Día 2 de xuño de 2007:Ás 15.30 horas: grupo de xestión da función administrativa e matrona.

Día 3 de xuño de 2007: ás 10.00 horas: celador.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 21-05-2007 10:23
Queres comentar ou preguntar algo?
colexio oficial de enfermería de Ourense, que medoo
Que medo nos dan determinad@s responsables dalgunhas organizaciois coorporativas, cando abren a boca.
Esta é a noticia que ven hoxe La voz de Galicia .
Alertan de que personal sin formación trata de usurpar funciones de enfermería

el Colexio Oficial de Enfermería de Ourense ha denunciado «las continuas injerencias y pretensiones de personal, ajeno a la profesión» que tratan de usurpar sus funciones en los servicios de laboratorio y banco de sangre del hospital valdeorrés. Aunque no lo precisan en su comunicado, el problema surge del intento de los técnicos de laboratorio de asumir todo el proceso para la realización de pruebas y transfusiones en lugar de únicamente los análisis.
La falta de preparación de ese personal para ejercer tales funciones preocupa al Colexio Oficial de Enfermería: «No estamos dispuestos a permitir que la población vea disminuida su calidad asistencial, y ponga en riesgo su vida, porque se utilice la confianza depositada para mantener los intereses laborales y económicos de determinados colectivos», dicen en su comunicado
.


Cando pensábamos que o conflcto de laboratorio podería perder intensidade e voltar a un clima laboral de normalidade, de novo unha organización coorporativa como é o Colexio Oficial de Enfermería de Ourense, torpedea a conciliación entre os colectivos que alí traballan (ATS, TEL e Auxiliares de Enfermería)acusando aos TEL de non están nin preparados nin cualificados para execer as funciois que lles corresponden no laboratorio.
Que determinados sectores da enfermería mais rancia utilice eses argumentos, pese a normativa e as sentencias existentes, non nos sorprende, posto que seguen cos mesmos argumentos dende á creación da categoria de TEL hai un cuarto de século. Pero que podan causar alarma social soltando ós medios de comunicación alucinaciois mentais do tipo ....No estamos dispuestos a permitir que la población vea disminuida su calidad asistencial, y ponga en riesgo su vida...Eso é un indicador do "calentamento cerebral" de quén verteu estas declaraciois á prensa, causando unha alarma social inxustificada en base ós seus intereses corporativos.
Todo o persoal que traballa nese servizo está perfectamente cualificado; e cando decimos todo significa TODO enfermeir@s, técnicos, auxiliares e facultativos.
No laboratorio do HCV as funciois do persoal non cambiaron dende hai moitos anos, polo que non sabemos moi ben a santo de qué aparece agora este Ente vertendo merda contra todo o que non sexa ATS/DUE.
Está claro que o que pretenden é un enfrontamento entre colectivos no que sería moi pouco sensato entrar.
O que importa é atopar unha solución en base a normativa e a lexislación vixente que permita conciliar posturas dos distintintos profesionais. Nós a lo menos, é a liña de actuación que defenderemos


Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 19-05-2007 16:00
Queres comentar ou preguntar algo?
Mesa Sectorial 15 de maio
Reunión de Mesa Sectorial 15 de maio
Orde do día:
1.- Plan de Mellora de Atención Primaria 2007-2011
2.- PAC Medidas pendentes do Plan de Mellora para aplicar no verán 2007-.

TEXTO:

Negociar en mesa sectorial a figura do ?profesional facultativo con estabilidade no sistema, en categoría de vinculación continuada? (para a cobertura das ausencias/substitucións e co fin de evitar a marcha dos MIR)

Proposta Recursos Humanos

Contrato de 6 meses (1 de xuño a 31 de decembro) Sería un contrato por Área de Saúde aínda que se podería sectorizar a Área se fose conveniente.
Para actividade ordinaria e de urxencias. A retribución iría en función do que se traballase (en actividade ordinaria se cobraría en función do cupo que se substituíse e en urxencias cobraríase en función do número de horas de atención continuada realizadas).
Alta continuada en seguridade social.
Nº máximo de horas traballadas por mes: 190.
Se non se traballa: está de alta en seguridade social pero non cobra ningunha remuneración.
Se lle ofertaría a aqueles que están na lista ordinaria ou extraordinaria do pacto de contratacións e que non estivesen traballando nese momento.
O número de contratos ten que decidilos cada Xerencia segundo as súas necesidades, pensando que non precisa o mesmo desde outubro que de xullo a outubro.
Sería responsabilidade facer unha boa xestión deste contrato e distribuír a carga de traballo destes profesionais dun modo homoxéneo e asumible polos mesmos

Resposta sindical. CIG

A convocatoria tardía da mesa reduce os prazos para poder aplicar estas medidas no verán.
Habería que ver a xornada, retribución e número de contratos. Debería incluír un ecoñecemento da dispoñibilidade.
Acórdase ter unha nova reunión o día 22 entre Recursos Humanos, Sindicatos e Xerencias para discutir sobre as necesidades que cubriría este contrato e que condicións tería.

TEXTO PLAN MELLORA
Mellora para o incremento do pago por intersubstitución e substitucións co aumento do 30% no gasto realizado por este concepto no ano 2006:
- negociarase a mellora do complemento de intersubstitución

PROPOSTA RECURSOS HUMANOS
A mellora ofertada deste complemento é a seguinte: o concepto sería o mesmo, ou sexa, repartir o complemento de produtividade fixo entre todos aqueles que substitúen ao ausente, pero a esa cifra se lle aumentaría un 30%.
Exemplo: Se nun caso se cobrasen 6 euros agora sería 6 euros máis o 30% (1,8 euros máis).
Recursos Humanos di que non lles gusta este complemento e que debería ser o último instrumento de xestión dunha ausencia. Que primeiro debería substituírse cun profesional eventual e, se non é posible, con prolongación de xornada.

RESPOSTA SINDICAL CIG

Considérase que este complemento se debe retribuír co 100% do salario do ausente e ademais sería necesario fixar regras para o reparto do traballo (xa que hai problemas nos centros) e valorar tamén as cargas de traballo.
Esta posición tamén é expresada por outros sindicatos.

TEXTO PLAN MELLORA

- Se non se pode facer a substitución pola lista de contratacións: farase por prolongación de xornada (nos centros nos que sexa posible)

PROPOSTA RECURSOS HUMANOS

Propoñen pagar 24 euros por hora de prolongación de xornada, que é o que cobra neste momento o persoal de PAC por realizar actividade ordinaria.
Para poder realizar a prolongación de xornada esixirán un compromiso de realizar esa actividade durante un tempo aínda sen definir, e dicir, piden un compromiso de realizar X horas fora da xornada ordinaria durante X meses.

RESPOSTA SINDICAL CIG

A CIG non lle parece correcta a cifra (tampouco a outros sindicatos) e se ofrece negociar unha cifra por hora e unha por xornada, que permitiría maior flexibilidade na súa xestión.
Debe ser voluntaria e ter en conta a carga de traballo asumida na xornada o una hora.
A administración recolle as propostas sindicais e di que dará unha resposta a próxima semana.

PAC

A administración non acepta negociar nada ata outubro. Empezaríase nese momento a revisión do acordo. Se lles deixou o documento coa táboa reivindicativa e se lles advertíu que o sector non estaría satisfeito con esta resposta. O que se pedía fundamentalmente era establecer un calendario de negociación, ademais de ir revisando as diferentes centrais o que poñía a táboa común. PERO A RESPOSTA FOI A MESMA: Non teñen autorización de economía para negociar novos incrementos e, xa que logo, non poden empezar a revisar un acordo que consideran vixente ata o 31 de decembro de 2007.



Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 18-05-2007 23:58
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0