CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

convocatoria listas de contratación
Pegámosvos aqui o correo do SERGAS que confirma a data do 17 de abril como data de publicación en DOG da convocatoria das listas de contratación que estaban pendentes:

Por medio do presente correo, poñemos no voso coñecemento que o vindeiro venres, 17 de abril, terá lugar a publicación no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como páxina web do Servizo Galego de Saúde, a resolución do 1 de abril de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se formaliza a incorporación de novos méritos polas persoas aspirantes xa inscritas e a selección de novas persoas aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en diversas categorías de selección temporal.

O prazo de presentación de solicitudes (tal e como se indica no articulado da propia resolución) será o comprendido entre as datas do 20 de abril e o 9 de maio (ambos incluídos).

Lembramos a relación de categorías comprendidas na citada convocatoria:

persoal médico de familia
pediatra
persoal médico de urxencias hospitalarias
odontóloga e odontólogo
enfermeira e enfermeiro (DUE)
matrona e matrón
auxiliar de enfermería
cociñeira e cociñeiro

Un saúdo.
Subdirección Xeral de Políticas de Persoal
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 14-04-2009 09:11
Queres comentar ou preguntar algo?
Asemblea de afiliad@s
o xoves ás 17,30 imos celebrar na sala de xuntas do HCV unha asemblea de afiliados e afliadas coa seguinte orde do dia:

1: votación para a elección das persoas que nos representen no congreso de CIG-Saúde que será e Compostela no mes de xuño.

2º: Contrataciois: neste tema abordaremos 2 puntos, mecanismos para o seguimento e control do cumprimento de contrataciois e medidas a adoptar para presionar ó SERGAS por un lado e por outro hai que tomar unha decisión sobre a postura que adopta esta sección sindical con respecto ás comisiois de servizo, como xa sabedes a Xerencia do HCV ofrece a totalidade das vacantes e contratos de longa duración ás comisiois de servizo, isto fai que o persoal de listas de contratación en moitas categorias non teñan acceso a vacante, ata o de agora despois de ter levado o tema ó xulgado e perdelo optamos por non mollarnos neste tema pois entendiamos as 2 posturas, pero @s delegad@s da sección sindical pensamos que xa é hora de tomar o touro polos cornos e mollarnos na forma en que o aprobe a asemblea.

3º Varios: Informarase do estado da sección sindical e diversos asuntos que nos afectan como OPE, carreira profesional etc. neste punto tamén podedes meter calquera tema que creades oportuno.

Con respecto ó material recollido por nós para preparar a OPE vaise dar a toda a afiliación un pendrive que xunto con este tema conterá normativa e acordos que nos afectan, poidera ser que tardara algo en sair da imprenta polo que se alguén quere ter xa o material de OPE pode aproveitar a traer un lápiz e cargarémosllo nél.

Lembrade que a toma de decisiois corresponde ó conxunto e que nós (@s delegad@s) somos unh@s afiliad@s mais, polo que esperamos que fagades un esforzo por acudir e participar activamente na asemblea.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 13-04-2009 20:20
Queres comentar ou preguntar algo?
Declaración da Renda
CIG-Valdeorras informa que o prazo para realizar a declaración da renda no sindicato será do 4 de maio até o 29 de xuño.

Os afiliados e afiliadas que queiran realizar a declaración da renda 2008 no sindicato poderán facelo a partido do vindeiro 4 de maio e até o 29 de xuño.

As declaracións realizaranse os luns e os mércores de 17:00 a 20:00 horas.
Para evitar colapsos e esperas innecesarias, dende a CIG de Valdeorras informan que será preciso pedir cita pasando polo local da central ou ben chamando ao teléfono 988 321 511.
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 13-04-2009 13:58
Queres comentar ou preguntar algo?
como chegar ao SERGAS?
De cara á mobilización do día 22, como moita xente ten problemas para atopar o edificio administrativo de SERGAS, deixámosvos un mapa, para que unha vez situad@s en San lázaro, saibades chegar.
O SERGAS está situado detrás dun edificio oxidado (debe ser a conselleria de medio ambiente); se vos poñedes fronte a este edificio a entrada ó SERGAS é por un camiño que está á dereita del.
Xunto co mapa podedes ver unha foto do edificio oxidado mais outra do SERGAS, a flecha vermella sinala o camiño.
Lembrade que está en San Lázaro, perto do campo de fútbol e do palacio de congresos, a xente que vai pola autopista Coruña-Vigo ten que coller o desvio de San lázaro-aeroporto.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 13-04-2009 10:00
Queres comentar ou preguntar algo?
a viaxe
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 10-04-2009 22:38
Queres comentar ou preguntar algo?
mobilización listas de contratación
Como xa dixemos en algún comentario, CIG-Saúde vai convocar unha concentración diante do SERGAS para denunciar unha serie de cuestiois que afectan as listas de contratación e esixir:

Unha xestión áxil e transparente das listas de contratación.
Convocatoria xa das categorias pendentes e que o SERGAS poña tódolos medios ó seu alcance para que estas sexan definitivas para as contratciois dos bloques do verán.

A desprivatización dos servizos postos en mans privadas e a súa cobertura por persoal de listas, isto afecta especialmente ós técnicos de documentación e técnicos especialistas en dietética e nutrición. Tamén afecta dun xeito especial ó persoal de servizos xerais coa posta en marcha da central de chamadas

Que se fagan o 100% de coberturas polo persoal de listas e se remate dunha vez por todas coas horas extras e peonadas, así como acabar coa política do SERGAS de reducir as coberturas ó mínimo sobrecargando ó traballo ó persoal.

Cumprimento dos acordos de primaria no que se refire ó aumento de postos de traballo e a súa inmediata cobertura.

Publicación na web do SERGAS dos chamamentos que se producen.

E sobre todo SERIEDADE E AXILIDADE en todo o que afecta a este tema.

Polo tanto é hora de pasar dos lamentos á acción e acudir masivamente o mercores 22 de abril diante do SERGAS en Compostela.

A semana que ven darémosvos mais datos, a concentración será pola mañá xa vos confirmaremos a hora e a forma de poder acudir se vos desplazades dende fora de Compostela.


manifestación de delegad@s da CIG en maio de 2008 en protesta pola OPE e listas de contratación
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 08-04-2009 13:33
Queres comentar ou preguntar algo?
sancionado un profesor por reclamar aulas de matemáticas en galego
Este artigo que copiamos de Vieiros (que á súa vez o transcribe da páxina da CNT) reflicte que, a pesar de todo o que poidan dicir desde Galicia Bilingüe, a día de hoxe o galego non se impón, senón que se reprime:

O compañeiro Brais (CNT-COMPOSTELA) profesor-substituto de Matemática, traballou durante o curso 2007-2008 en diversos institutos da Galiza, mas foi no IES “Manuel Murguia” de Arteixo que traballou por espazo de 15 dias, do 8 ao 23 de Abril de 2008, onde ao reclamar que as aulas de Matemática debian-se dar en galego, como corresponde por lei, no decreto 124 do 2007 sobre o uso do galego no ensino, provocou un proceso no que foi condenado por 4 faltas graves, a un total de 25 dias de sanción e un apercibimento, o que na prática acarreou a sua expulsión das listas da Consellaria de Educación. Primeiro reclamou o uso do galego nas aulas no Departamento de Matemática do Instituto; os libros estaban en castellano e é obrigatório na ESO que sexan en galego, mas como non chegaban a un acordo, acudiu à Chefa de Estudos do “M. Murguia” que en vez de facer-se eco das reivindicacións do noso compañeiro, o que fixo foi acusá-lo de entrar airadamente na Chefia de Estudos e denunciá-lo perante a Inspección de Educación, precisamente o organismo que debería velar polo “cumprimento” do decreto do Galego. E aqui comeza un proceso kafkiano. O compañeiro Brais é citado en Setembro de 2008 pola inspectora-instrutora -quen en todo o proceso dirixiu-se a Brais “en castellano”-, para responder a unhas perguntas sobre a sua permanéncia no IES “Manuel Murguia”, ao que o compañeiro contestou sen problema algun, pois consideraba que durante eses quince dias que estivera no Instituto non tivera nengun acontecemento salientábel. Inicia-se un proceso que dura cuase seis meses e que rematará coa expulsión do compañeiro das listas de interinos e sustitutos de Matemática, no entanto non haxa oposicións, fechando a posibilidade que o compañeiro Brais poda traballar até entón. Brais foi acusado de 4 faltas graves:
1ª Por reclamar que as aulas se deran en galego. Esta acusación foi convertida moi sibilinamente por parte da Chefa de Estudos e logo pola inspectora-instrutora en “unha acusación de Brais cara a profesora que estaba a substituir”, convertindo-a en falta grave por non ter respeito e consideración cos compañeiros.
2ª Por “entrar na Xefatura de Estudos coa gorra posta”, incumprindo un regulamento de orde interna, que non figura en ningures no instituto.
3ª Por lle dicer a un ex alcalde de Arteixo e profesor de Matemática, despois da charla no Departamento, que “non tiña educación pois o deixara coa palabra na boca”, despois de falar sobre se un profesor é bon ou mau por dar as aulas en castellano ou en galego, cando non era ese o tema da conversa, que era e segue a ser que as aulas de Matemática teñen que se dar en Galego´.
4ª E a última mais incríbel situación, se cabe, foi a de utilizar o blog de Brais, para acusá-lo de manipular aos alunos e alunas, pois nese blog Brais manifesta que a polícia non debia ter entrado “de paisano” no centro cacheando aos rapaces e raparigas como se fosen delincuentes e que non se pode confundir educación con represión. Ben, aqui temos que facer un ponto aparte, alguén do centro escolar utiliza a un membro dun instituto armado para conseguir os ips (os enderezos electrónicos) dos alunos que entraran no blog de Brais, para facer algun comentário ao respecto ou sobre calquer outro asunto do seu interese. En todo o proceso o compañeiro Brais foi submetido a unha total indefensión convertendo un simples desacordo no Departamento do IES “Manuel Murguia” de Arteixo, onde o noso compañeiro leva a razón, (polo menos de momento, pois esperan tempos difíceis para o Galego), en 4 faltas graves que provocan o despido do compañeiro, mercé á intervención dos CC.OO. CSIF e ANPE, que firmaron de costas aos ensinantes unha addenda, pola que se aplicaba aos interinos ou substitutos a sanción de borrá-los das listas no caso de falta. Todo isto en época de governo bipartito progresista e galego, pola intervención dun corpo de inspectores, os mesmos de sempre, que desde o primeiro momento utilizou ao noso compañeiro como “cabeza de turco”. A Brais considerou-se-lle en todo momento culpábel polo seu “aspeito”, porque “parecia un aluno pasota” e porque “parecia un inspector de Galego”. A todo isto engadimos o ambiente autoritário e desgaleguizador que rexe nalgúns institutos da Galiza e desde logo no de Arteixo. Cómo entender que a reclamación do cumprimento da lei, que obriga a dar as aulas de Matemática en galego, remate en sancións? Cómo entender a postura adoitada pola dirección e o departamento de Matemática do devandito Instituto senón como unha mostra de desprezo cara a norma oficial e un indisimulado desprezo ao idioma galego? Cómo entender as sancións impostas senon é polo autoritarismo e represión que rexe o ensino en algúns institutos, onde quen se atreva a “disentir” ou protestar polo trato dado aos alunos e alunas ao permitir (e chamar) á policia no instituto e cachear aos rapaces, pervertindo a chamada “Lei de Convivencia”?. Cómo entender as sancións impostas ao noso compañeiro Brais senon como a represalia exercida sobre un profesor galego falante que, no seu pleno dereito e cumprindo coas normas, quere dar as súas áulas en idioma galego? Esta organización sindical, a CNT, levará o caso ás máis altas instancias e denunciará ás persoas que tan grave dano teñen ocasionado a este compañeiro.
Readmisión nas listas do compañeiro Brais !


Noticia extraida de Vieiros.

Dase a casualidade que este profesor é un dos compoñentes do grupo Som do Galpom, do que vos deixamos aqui a presentación do seu último CD "Em terra de ninguem":

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 08-04-2009 11:05
Queres comentar ou preguntar algo?
publicadas listas provisorias persoal facultativo OPE
Tal e como se anunciou, publicouse onte a lista provisional de admitidos/as e excluidos/as das categorías de persoal facultativo para a OPE 2008. Podedes velas premendo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 07-04-2009 10:28
Queres comentar ou preguntar algo?
incompatibilidades
INCOMPATIBILIDADES. Lei 53/1984, DE 26 DE DECEMBRO. REAL DECRETO 598/1985, DE 30 DE ABRIL


Con data 11-02-08 a CIG-Saúde dirixiuse á Directora de Función Pública Galega solicitándolle información refente ao procedemento que establece a Consellaría da Presidencia para conceder a compatibilidade co desempeño de actividades privadas ao persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde.

Con data de rexistro de saída 2-03-09 a Directora Xeral de Función Pública de Galiza enviounos o informe solicitado pola CIG-SAÚDE. Segundo o que se recolle no devandito informe, o procedemento a seguir é:

Procedemento: Requisito previo e imprescindible para o seu exercicio.

Recoñecemento previo da compatibilidade para o exercício da actividade privada, tanto sexa por conta propia ou allea.

Renuncia expresa ao complemento específico cando este supere o 30% das súas retribucións básicas, excluídos os trienios.
Analizarase se existe colisión de horarios entre a actividade pública e privada que solicita compatibilizar. Se a actividade pública supera as 30hs semanais, o exercício da súa actividade privada non poderá ser superior ás 20hs semanais.

Non pode existir colisión de intereses entre a actividade pública e a privada que pretende compatibilizar, isto é, a actividade privada non pode estar relacionada directamente coas actividades que desenvolve no sector público, nin prestar asistencia a persoas ás que se estea obrigado a atender por razón do posto público.

A Consellería de Sanidade debe emitir un informe preceptivo sobre a solicitude da compatibilidade. Con posterioridade a Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza emitirá a resolución coa autorización ou denegación da compatibilidade para desempeñar actividades privadas.

A Consellería de Presidência, Administración e Xustiza notificará ao Ministério de Administracións Públicas para a súa inscrición no Rexistro Central de Persoal ,os recoñecementos de compatibilidade asi como as denegacións.

E responsabilidade de cada persoa a solicitude da compatibilidade.

CIG-SAÚDE SOLICITA QUE A CONSELLERÍA DE SANIDADE CUMPRA O PROCEDEMENTO ESTABLECIDO NA LEXISLACIÓN VIXENTE PARA A TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES DE INCOMPATIBILIDADE DAS/OS TRABALLADORAS/ES PÚBLICOS
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 06-04-2009 12:58
Queres comentar ou preguntar algo?
publicación listas de facultativos admitidos na ope 2008
chéganos o seguinte correo do SERGAS:

Bos días: está previsto que o listado definitivo de admitidos e excluídos da OPE 2008 de licenciados sanitarios sexa publicado no Diario Oficial de Galicia o vindeiro luns, día 6 de abril.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 02-04-2009 12:28
Queres comentar ou preguntar algo?
chamamentos semana santa
Últimamente están entrando moitísimos comentarios de persoal preguntando polos chamamentos de semana santa,onte mesmo entrounos un comentario preguntando que pasaba cos chamamentos de semana santa da categoria de PSX na área de O Barco posto que aínda non chamaran a ninguén, pois ben, a raiz deste puxémonos en contacto con distintos centros de saúde da área grazas o que nos enteramos que nin un solo PSX pediu LDs para estas datas, tan solo hai na semana seguinte a semana santa un dia pedido para unha consulta médica e parece ser que ademais é dun auxiliar administrativo.

Cecais algunha xente teña unhas espectativas de traballo que non se corresponden coa realidade. Nos centros de saúde dun solo PSX e polo que ata onde nós sabemos sí se cubren sempre, polo menos nesta área, outra cousa é que os centros de varios PSXs non cubran a algún deles, co cal evidentemente non estamos de acordo, pero hai que apuntar que as xerencias por desgraza non están obrigadas por lei a sustituir o 100% das ausencias, iso non quere decir que non teñamos que reivindicalas, pero sí que non teríamos nada que facer nun xulgado para reivindicar a cobertura de todo o persoal.

En semana santa non se produce unha petición masiva de LDs como ocurre nos meses do verán ou no nadal, pensamos que o motivo é que aínda queda moito tempo para rematar o ano e a xente polo xeral prefire reservar estes dias para mais tarde, polo menos nas categorias con menos poder adquisitivo que polo xeral non lle permite irse de vacaciois á neve ou a Cancún en semana santa e disfrutar outra vez no vran.

Polo tanto debemos concienciarnos todos que por simplemente estar nunhas listas de contratación do SERGAS non temos asegurado o traballo, o que sí é tarefa de todos facer un seguimento das listas e que os chamamentos sexan de acordo co Pacto de contrataciois e reivindicar ante o SERGAS a cobertura de tódalas ausencias posibles.

Sabemos que non gusta leer este tipo de reflexiois, pero pensamos que tíñamos a obriga de aclarar este tema para que logo ninguén se chame a enganos.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 02-04-2009 12:19
Queres comentar ou preguntar algo?
SIMULACRO NO LABORATORIO DO HCV
Como parte da implantación do Plan de emerxencia do HCV, Onte realizouse no laboratorio, o simulacro dun lume no almacen de productos químicos perigosos.

Como era de esperar, houbo moitos fallos, tanto de comunicación como de organización, pero estas probas, permiten coñecer estos erros para correxilos.

En pouco tempo teremos o Plan de Emerxencia totalmente implantado no Hospital.

¡¡¡¡¡¡¡POR FIN¡¡¡¡¡¡¡

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 02-04-2009 10:54
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis