|
|
|
|
o parauguas do xosé do cuco de velle |
|
|
|
|
|
1º de maio |
|
A CIG convoca manifestacións en todas as comarcas do País no Día Internacional da Clase Traballadora
Primeiro de Maio: pola defensa do emprego, os dereitos e as prestacións sociais
A CIG vai desenvolver o vindeiro 1 de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, unha campaña de manifestacións por todo o País, continuando as mobilizacións que nos últimos meses a central veu desenvolvendo para reclamar que a crise a pague o capital. Este ano o lema das manifestacións será ?Emprego, Dereitos e Prestacións Sociais? reivindicacións históricas que cobran especial importancia nestes tempos de crise non só económica, senón tamén de sistema.
A intensidade coa que se está a desenvolver a crise do capitalismo, está provocando de xeito acelerado a destrución de miles de emprego en Galiza. As empresas aproveitan a caída da actividade para impoñer despedimentos baratos do persoal con contratos fixos por medio de ERE. Non debemos esquecer as cifras do paro dos últimos meses, que superan xa os 200.000 desempregados/as no País, a falla de cobertura das prestacións sociais, a presentación diaria de expedientes de regulación ou a paralización interesada da negociación dos convenios colectivos por parte da patronal.
Mentres a CEOE e institucións públicas como o Banco de España reclaman reformas estruturais na lexislación laboral destinadas a recortar os dereitos dos traballadores/as, a diminución do poder adquisitivo e recortes nas coberturas e prestacións sociais. A clase traballadora ten que achegar unha resposta contundente que obrigue a tomar medidas extraordinarias de alcance político.
Medidas do goberno: na liña de sempre
Pero cales son as respostas do Goberno á crise? As medidas recollidas no Real Decreto van polo camiño habitual: favorecer ao capital. A novidade máis salientábel das propostas do executivo de Zapatero atópase nunha curiosa fórmula para incentivar a contratación: que o traballador/a cubra os gastos á seguridade social coas prestacións ou subsidios. Segundo se recolle na medida até ao 31 de decembro de 2009, a contratación indefinida de traballadores/as desempregados/as beneficiarios de prestacións ou subsidios por desemprego ou da renda activa de inserción (RAI) vai dar dereito á bonificación de 100% da cota empresarial á Seguranza Social.
Deste xeito estase creando unha clara discriminación entre aqueles traballadores/as que gozan de prestacións e os que xa as esgotaron ou non xeraron dereito a recibir subsidio.
?Estamos ante a medida máis desafortunada das incluídas no Real Decreto-Lei, pois lanza os desempregados a unha competición desigual polo emprego, na cal serán máis «atractivos» para as empresas os traballadores cunha prestación pendente máis elevada (que permiten bonificar unha maior cota, reducindo o seu custo salarial) fronte a aqueles que teñen menor prestación pendente ou non son perceptores de prestación ningunha?, explica o avogado da CIG, Héctor López, nun informe.
Reivindicacións máis necesarias
Dende a CIG, o vindeiro Primeiro de Maio continuarase a reclamar a reactivación da economía coa creación dunha banca Pública, tamén en Galiza, que non permita o estrangulamento do sistema produtivo; a protección dos desempregados/as e daqueles/as que xa non teñen ingresos por medio dun salario de reinserción laboral; unha fiscalidade progresiva na que paguen máis os máis ricos, ampliar os sistemas de protección social básicos (saúde, pensións, atención a situacións de dependencia e discriminación, etc, ); o desenvolvemento de infraestruturas e actividades económicas que se baseen na protección do medio ambiente e potenciar a soberanía alimentar..., é dicir, avanzar cara a un novo modelo económico e social, que comprometa a soberanía do pobo galego e o socialismo do século XXI.
Sobran as razóns para participar o vindeiro 1 de Maio nas manifestación convocadas pola CIG en todo o País.
MANIFESTACIÓNS PREVISTAS NAS DISTINTAS COMARCAS
VIGO: ás 12:00 con saída dende a Doblada.
A CORUÑA: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo.
COMPOSTELA: ás 12:30 horas dende a Praza Roxa.
FERROL: ás 12:00 horas con saída na Avenida do Esteiro.
A MARIÑA: ás 12:30 horas dende a Praza do Conde de Fontao (FOZ).
LUGO: ás 12:00 horas dende a Ronda da Muralla
OURENSE: ás 12:00 horas dende o Pavillón dos Remedios.
PONTEVEDRA: ás 12:00 horas dende a Praza da Ferrería.
fonte avantar |
|
|
|
área sanitaria do SALNES |
|
Información SERGAS.
Na convocatoria de selección temporal de data 17 de abril de 2009, inclúese a área sanitaria do SALNES. O decreto da creación das áreas sanitarias (mapa sanitario de Galiza) recolle que os concellos de: Vilanova, Vilagarcia e Cambados pertencen a área sanitaria do Salnes. Polo qué, as listaxes da áres sanitaria do Salnes serán para especilizada e primaria destes concellos. En primaria ofertaranse vínculos de ordinaria e vínculos de PACs-curta e longa duración. |
|
|
|
carta á conselleira |
|
Na entrevista que os medios de comunicación lle fixeron á Sra Conselleira, ésta defínese como: " CONSELLEIRA DA SANIDADE PÚBLICA E PRIVADA". Non tiñamos notificación de que a Conselleira era a presidenta da patronal da sanidade privada. Dende a Executiva de CIG-Saúde envióuselle o escrito que reproducimos aquí abaixo:
Pilar Farjas Abadia
Conselleira de Sanidade
San Lázaro, s/n.
Santiago de Compostela.
Desde a CIG-SAÚDE recibimos con certa preocupación a interpretación que se poida realizar das declaracións, recollidas nos medios de comunicación, onde Vde. se declara Conselleira da sanidade pública e privada.
A Lei de saúde de Galiza recolle que a sanidade privada é complementaria do sistema público. A devandita Lei derroga os artigos da LOSGA na que se incluía, nun mesmo sistema, as actividades e os centros públicos e privados. Esta concepción dificultaba o desenvolvemento do sistema sanitario público.
A propia Lei de saúde recoñece que os recursos privados considéranse complementarios e subsidiarios no ámbito do Sistema de Saúde de Galiza.
Por todo isto desde a CIG-SAÚDE consideramos que a Consellería de Sanidade debe por maior énfase na defensa do carácter público do sistema sanitario.
Non nos parece procedente que se poida mesturar ou confundir os límites entre a sanidade pública e privada.
Agardando de Vde. reciba o presente escrito como a intención de compartir con Vde. o interese na defensa do sistema sanitario público.
Agardando a súa resposta.
Un saúdo.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2009.
Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional CIG-SAÚDE |
|
|
|
sentenza trienios Portugal |
|
O ano pasado, como sabedes, por fin se empezaron a entregar as resolucións sobre trienios do persoal temporal.
Na resolución sobre trienios que o SERGAS entregou a unha compañeira nosa, non se lle recoñecían a efectos de trienios dous anos que estivo traballando nun hospital público portugués, e que acreditou convenientemente.
Prantexado o recurso de alzada correspondente, o SERGAS emitiu unha outra resolución desestimatoria, que se levou ao xulgado.
Acaba de sair a sentenza dese xuizo, sendo favorable. É dicir, a xuiza obriga ao SERGAS a emitir unha nova resolución onde se lle recoñezan eses servizos prestados a esta compañeira.
Sabemos que existe outra sentenza favorable do mesmo tipo que se emitiu polas mesmas datas, polo que animamos a aquelas persoas que se atopen nesta situación a que consulten o tema por se poidera caber realizar a reclamación pertinente. |
|
|
|
25 de avril |
|
|
|
|
|
Dios Ke Te Crew: heredeiros da ditadura |
|
|
|
|
|
máis instruccións convocatoria listas |
|
Pegámosvos aqui parte das instruccións que no seu día ditou o SERGAS sobre a convocatoria de listas de contratación, a modo orientativo:
(lembrade que as instruccións fan referencia á convocatoria anterior de diverso persoal sanitario e de xestión e servizos, pero as aclaracións que se reflicten son aplicables igualmente a esta convocatoria)
Informe da Subdirección Xeral de Politicas de Persoal acerca das dúbidas máis destacadas e criterios que se deben seguir en relación coas solicitudes das persoas interesadas en participar no proceso de selección temporal (...)
1.-Precisión acerca das solicitudes e incorporación de novos méritos.
A resolución ten por obxecto "convocar as novas persoas aspirantes que estivesen interesadas en presentar a sua solicitude de inscrición nas listas que se confeccionen en aplicación do pacto de selección temporal (...)". "Procédese, así mesmo, a abrir o prazo para a incorporación dos novos méritos que queiran presentar aqueles e aquelas aspirantes que xa figuran inscritos en virtude da convocatoria ordinaria(...)
Polo tanto, as persoas que xa gozan arestora da condición de aspirante por figuraren nas listas de selección temporal vixentes, non teñen que volver presentar a solicitude requirida na disposición Segunda -1 da convocatoria para conservar a citada condición. Mais, de pretender estas persoas que se lles valoren novos méritos, isto require a presentación da pertinente solicitude (coa unica excepción, de ser o caso, da experiencia laboral no Servizo Galego de Saude pois, quen só teña servizos prestados neste organismo non ten que anotarse, ao incorporarse a experiencia directamente desde a aplicación de persoal e nóminas dos centros de xestión ao programa UCOT), do mesmo xeito que quen se inscriba por vez primeira.
2.-Prazo de presentación de solicitudes (...) As solicitudes que sexan presentadas antes ou despois de prazo serán extemporáneas, o cal supón que, no caso dos aspirantes que pretendan inscribirse por primeira vez, sexan excluidos do proceso de selección; e os que xa figuran admitidos nas listaxes anteriores, non poidan actualizar os seus méritos ou modificar as condicións previamente consiqnadas.
(...)
4.-Pago de taxas (...) deben aboalas:
a) Quen se inscriba por vez primeira nas listaxes do Servizo Galego de Saúde.
b) Quen, figurando xa como admitido nas listas da convocatoria ordinaria anterior (...), varíe as condicions consignadas na solicitude dese ano cunha modificaci6n substancial, entendendo por tal, aquela que implique mudanza de categoría, de listaxe ou de area de xestión.
O concepto de cambio de listaxe implica a entrada au saida de calquera das listas específicas (pull, áreas especiais, cambio da quenda de acceso -libre a promocion interna-, etc.) ata o de agora vixentes, polo que se trata dunha modificacion substancial que necesariamente require o aboamento das taxas. No suposto de que algun aspirante non pagase as taxas, malia ter solicitado o cambio de lista (ao igual que o de categoría ou área), non será excluido, senón que a consecuencia será, (...) que o aspirante se manterá como admitido na lista, mais sen variar as condicións consignadas na solicitude anterior (xa que logo na mesma cateqoría, lista e área de xestión nas que xa estaba), variación que para ser efectiva requiriría o imprescindible aboamento das taxas.
5.-Devolución das taxas. Só procede (...)"no caso de erro ou discrepancia co importe autoliquidado", suposto no que se establecerá unha exclusion provisional, que poderá ser emendada no prazo de reclamacións contra as listaxes provisionais de admitidos e excluidos. De non solicitarse esta emenda (o que produciría o efecto da exclusión definitiva), e ainda que non se explicita no texto da convocatoria, é de aplicación a regra xeral a calquera proceso selectivo en virtude da cal os aspirantes excluidos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de resolución pola que se publiquen as listaxes definitivas, para solicitar a devolución das taxas aboadas en concepto de inscrición.
(...)
6.-CNP.
Tratase do Código Numerico Persoal, propio de todo o persoal estatutario do Servizo Galego de Sauce. Só o ten que cubrir aquel aspirante que o coñeza (introduciuse nos formularios seguindo indicacións da Asesoría Xurídica, por ser de obrigado cumprimento para determinados trámites e procedementos relacionados coa actividade asistencial, sobre todo, por parte do persoal licenciado sanitario, mais a súa cumprimentación non é obrigatoria para os efectos da selección temporal).
7.-Presentación de documentación compulsada. Carecerán de validez as compulsas practicadas por persoas ou entidades alleas á condición de Administración Publica (caso dos colexios profesionais), de conformidade co Real Decreto 772/1999, do 7 de maio (BOE num. 122, do 22 de maio), polo que se regula a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións ante a Administración Xeral do Estado, a expedición de copias de documentos e a devolución de orixinais e o réxime das oficinas de rexistro. O citado Real Decreto configúrase como desenvolvemento dos artigos 35 c). 38, 46 e 70.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e constitúe a norma de referencia para resolver este tipo de cuestións, ben que de xeito supletorio, toda vez que non existe na nosa Comunidade Autónoma normativa especifica sobre as citadas materias.
8.-Exames aprobados da ultima oferta publica de emprego do Servizo Galego de Saúde (formalizada no DOG nº 156, do 14 de agosto de 2006). Nas cateqorías que consonte á convocatoria deberon realizar dous exercicios que, neste ano, se celebraron o mesmo día, en unidade de acto, aos aspirantes que teñan aprobado o 2º deles (parte práctica), pero non asi o 1° (parte teórica), dado o seu carácter eliminatorio e sucesivo, non se lles outorqará puntuación ningunha por este apartado do baremo; toda vez que é a primeira parte a que dá acceso á valoracion da segunda, mais non á inversa. De tal xeito que os aspirantes que teñan superado os dous exercicios recibirán 18 puntos neste apartado, os que teñan aprobado o primeiro, pero non o segundo, 9 puntos; e non recibirán puntuación ningunha tanto quen só teña aprobado o segundo exercicio, como ningún dos dous.
Tíñamos publicado no 2007 un "manual para apuntarse nas listas de contratación do SERGAS", que vos poidera ser de axuda. |
|
|
|
incompatibilidades SERGAS |
|
Desde CIG-Saúde vimos de enviar á nova Conselleira de Sanidade esta solicitude con respecto á lei de incompatibilidades:
Pilar Farja Abadía.
Conselleira de Sanidade.
Sán Lázaro s/n. Santiago de Compostela.
M.ª Xosé ABUÍN ÁLVAREZ, con D.I 31.836.309 na súa condición de secretaria nacional do sindicato CIG-SAÚDE, con domicilio para notificacións na rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10 ? 15703 Santiago de Compostela, EXPÓN:
Que, en exercicio do dereito fundamental previsto no artigo 29 da Constitución e regulado mediante Lei Orgánica 4/2001, do 12 de novembro, formula a presente PETICIÓN, que fundamenta nos seguintes
MOTIVOS
PRIMEIRO. Os requisitos e procedemento administrativo para autorizar a compatibilización de actividades públicas e privadas ao persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde non presentan diferenzas substanciais cos que se estabelecen para o común dos empregados públicos, recollidos con carácter xenérico na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións, e o seu regulamento executivo, aprobado por Real Decreto 598/1985, do 30 de abril.
Neste sentido, o recoñecemento da compatibilidade para o exercicio da actividade privada, por conta propia ou allea, configúrase como un requisito previo imprescindíbel para o seu exercicio, após solicitude do interesado. Así, o incumprimento das obrigas legais en materia de incompatibilidades leva aparelladas responsabilidades disciplinarias que, nos casos máis graves, poderían implicar a separación do servizo do infractor.
Achégase con este escrito a copia dun informe solicitado por CIG-Saúde á Dirección Xeral da Función Pública da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que dá conta do rexime legal aplicábel.
SEGUNDO. Malia a clareza das normas reseñadas, a actitude tradicional das Administracións sanitarias en relación coa compatibilización de actividades públicas e privadas por parte do seu persoal facultativo foi de extrema tolerancia, cando non de aberta inhibición. Así, o que debería ter un carácter excepcional, taxado e controlado (a compatibilización de actividades) converteuse na regra xeral no campo sanitario, onde son frecuentes as compatibilizacións de facto, sen previa solicitude á Administración nin comprobación por parte desta da concorrencia dos requisitos legais para a súa autorización.
Boa mostra desta patolóxica situación é que o persoal facultativo que pretenda percibir o Complemento Específico nos termos previstos no Real Decreto-Lei 3/1987, do 11 de setembro, sobre retribucións do persoal estatutario do INSALUD, ha de facer unha manifestación expresa de que desexa prestar os seus servizos en rexime de dedicación exclusiva ao sistema sanitario público. Tal manifestación sería ociosa en caso de que a Administración sanitaria levase un control exhaustivo sobre as situacións de compatibilidade, como é vontade do lexislador.
TERCEIRO. A situación descrita, de patente ilegalidade, aconsella a abertura dun período extraordinario para a regularización das situacións de compatibilización de actividades públicas e privadas, que permita a aqueles facultativos que simultanean actividades públicas e privadas, sen contaren coa preceptiva autorización, poderen optar a ela nos termos legais.
Este procedemento de regularización, que podería acometerse nun prazo non superior a un ano, permitiría a presentación por parte dos facultativos das solicitudes de compatibilidade e a conseguinte autorización ou denegación por parte da Administración, após comprobar a concorrencia dos requisitos legais, nomeadamente en materia de colisión de horarios e intereses públicos e privados. Unha vez finalizado este período excepcional e inscritas as compatibilidades concedidas no Rexistro Central de Persoal, sería factíbel un control estrito do cumprimento da legalidade nesta materia, se for necesario mediante o exercicio da potestade disciplinaria.
Polo exposto,
SOLICITA: Que teña por formulada a presente petición e, na súa virtude, proceda a articular un sistema extraordinario de regularización das situacións de compatibilidade de actividades públicas e privadas do persoal facultativo do Servizo Galego de Saúde, nos termos propostos no motivo terceiro deste escrito.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2009
M.ª Xosé Abuín Álvarez
Secretaria Nacional de CIG-Saúde |
|
|
|
Información contratacións |
|
como xa comentamos nun post anterior esta é a resposta que envía o SERGAS sobre a contratación de técnicos de farmacia. Segundo lle comenta a asesoría xurídica, as/os técnicos de farmacia non poden ser contratados até a publicación do Decreto. O argumento é que esta categoría é nova e non poden utilizar o código de auxiliares de enfermaría. Isto non afecta ás contratacións de técnicos en documentación ou dietistas, xa que a categoria de técnico especialista xa está creada e estas categorías son ramas de técnicos especialistas. Técnico de farmacia non e unha rama de auxiliares de enfermaría.
tamén respostan a unha cuestión que lles plantexamos sobre a puntuación de exames no persoal facultativo.
RESPOSTA SERGAS técnicos de farmacia
"Posto que a creación de novas categorías estatutarias require norma con rango de Decreto, tal e como establece a Lei de saúde de Galicia; ata que iso non suceda non se poden incorporar ditas prazas nos cadros de persoal dos centros (non se pode incorporar o que non existe), nin tampouco formalizar vinculacións fixas ou temporais en base ás mesmas, posto que ao non figurar na orde de confección de nóminas da Consellería de Economía e Facenda para o ano 2009, a súa dotación orzamentaria sería nula, co cal o aplicativo de Nóminas non xeraría ningúnha retribución."
PUNTUACIÓN EXAMES FACULTATIVOS.
A puntuación que se lle otorga ao persoal facultativo (médicos de familia, farmaceuticos de primaria, psicólogos clínicos) por superar o exame de OPE será de 18 puntos. Estes colectivos só tiveron un exame, pero o criterio xeral do pacto de contratación é igualar a puntuación de OPE co máximo de esperiencia profesional. |
|
|
|
Intenciois do novo goberno en materia sanitaria. |
|
Recollemos a parte que afecta a sanidade dunha entrevista ó novo presidente da Xunta; a entrevista foi publicada no diario "el país" o pasado domingo 19.
podedes velo enteiro, premendo aquí.
Pensamos que estas declaraciois dan pistas sobre o que poden ser as súas intenciois en materia da xestión da sanidade pública.
P. ¿Le parece una solución correcta que una empresa privada gestione un hospital público?
R. Ese tipo de sistemas no deben ser expulsados de la red. En un hospital nuevo, yo haría una gestión de titularidad pública. Pero no hay gestión pública o privada, sino eficiente o ineficiente. La asistencia sanitaria ha de ser de titularidad pública, pero el Sergas no debe ser el que sepa de cocinar, de limpiar, de esterilizar, de mantenimiento, de la construcción... Todo lo que existe de red privada la mantendremos, y en lo nuevo, la asistencia debe ser pública y la gestión, eficiente. Titularidad pública y gestión, la de un buen padre de familia.
P. ¿Por qué un médico del Sergas va a agilizar su trabajo si luego puede lucrarse de los pacientes que ese mismo sistema deriva a clínicas privadas?
R. Eso es lo que hay que evitar. No hay que prohibirle a los médicos el ejercicio de su profesión, pero sí establecer controles para que no utilicen indebidamente el sistema público. No olvidemos algo: todo lo que atienda el sistema privado no lo ha de atender el público. A mí no me preocupa que las personas con recursos vayan a un hospital privado, me preocupa tener medios para atender a los que no pueden ir a la privada. El gasto en sanidad privada está por debajo de la media europea. Incentivaría un doble aseguramiento, porque así para la patología banal usted irá al seguro y para la grave, ya sé que vendrá a mí. Pero al menos me quito la banal. Y utilizo los quirófanos y las salas para quienes no pueden ir a la privada.
|
|
|
|
exames das ex-fundacións |
|
Varios/as de vós preguntades se van ser puntuados os exames das antigas fundacións, posto que na convocatoria non especifica nada sobre isto.
O tema falouse co SERGAS no seu momento na mesa sectorial sen quedar pechado e por iso non se reflexou na convocatoria; para poder poñelo nela, tería que haber outra mesa sectorial antes, pero iso retrasaría ainda máis a publicación da convocatoria, polo que se quedou en que, inda que non se fixera alusión expresa ao tema na convocatoria, se reuniría a mesa sectorial posteriormente e, se hai acordo, puntuaríanse os exames das ex-fundacións que fixeran o proceso selectivo con bases similares ás do SERGAS, posto que quedaría recollido nunha acta que ten carácter vinculante. |
|
|
|
técnicos de farmacia |
|
Levamos un tempo preguntándolle ao SERGAS porqué non se contrata polas listas de técnicos de farmacia (en base ás vosas preguntas no blog e ás respostas do SERGAS que nos enviades, e tamén en base a un correo no que unha de vós nos copia as súas preguntas e respostas sucesivas do SERGAS).
O tema é farragoso e confuso. Ata o de agora o SERGAS remitíanos ás instruccións que publicamos no blog, onde falaba de técnicos en documentación clínica e de técnicos en dietética, pero non de técnicos de farmacia. Seguimos insistindo sobre este tema e hoxe o que nos dín é o que segue:
Polo de agora non se poden contratar técnicos de farmacia ate que se publique o decreto. As outras duas categorias: documentación sanitaria e dietética, pódense contratar co código de técnicos especialistas, pero técnicos de farmacia é unha categoría nova é non lle poden aplicar o código de auxiliares.
Resumindo (ou aclarando): parece ser que as categorías de técnicos especialistas de dietética e de documentación xa teñen consignado un epígrafe na orde de confección de nóminas, polo que si poden ser contratados e xerada a súa nómina. No caso dos técnicos de farmacia non existe este epígrafe, polo que ata que se publique o decreto (e non sabemos qué esperan para publicalo) non poden ser contratados posto que non se podería xerar a súa nómina.
E a nosa dúbida agora é: e porqué nos estiveron mareando ata agora con outras respostas? Qué esperan para publicar os decretos destas categorías e correxir a orde de nóminas?
Seguiremos insistindo. |
|
|
|
instrucciois SERGAS contratación |
|
como están a xurdir diversas preguntas sobre algúns aspectos da convocatoria de listas de contratación, deixámovos parte das instrucciois que mandou o SERGAS (as que afectan ás categorias agora convocadas)coa publicación das listas do resto de categorias.
1.2.- Comunicación de dispoñibilidade de aspirantes con vínculos de longa duración inscritos noutra área.
Os aspirantes con nomeamento en praza vacante ou vínculos de duración igual ou superior a un ano que tiveran solicitado a súa inscrición noutra área sanitaria na presente convocatoria de selección temporal, deberán remitir escrito á dirección provincial correspondente, manifestando a súa dispoñibilidade para chamamentos na área sanitaria na que figuran inscritos, no prazo de trinta días, contados a partir do día seguinte ao da data da citada resolución.
Os aspirantes que manifesten a súa dispoñibilidade para chamamentos, serán chamados por unha vez para calquera vinculación que lle corresponda polo seu número de orde na nova área e, en caso de aceptar esta oferta, conlevará a renuncia á vinculación na área de orixe, que por pasar a prestar servizos na nova área non será obxecto de penalización.
No caso de que o aspirante rexeite este primeiro nomeamento ofertado unha vez presentado o escrito manifestando a súa dispoñibilidade, seralle de aplicación as penalizacións previstas no punto 11. do Pacto sobre selección temporal.
1.3. Solicitude devolución aboamento de taxa.
De acordo co disposto no punto oitavo da convocatoria, poderán solicitar a devolución dos importes aboados en concepto de taxa os aspirantes que figuren definitivamente excluídos nas listaxes de vinculacións temporais ou que efectuaran indebidamente o aboamento. O prazo para solicitar dita devolución será dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente dirección provincial. |
|
|
|
Corrección erro e aclaraciois |
|
Estabamos a informar de xeito errado no tocante á solicitude para as persoas que figuran nas listas de contratación de convocatoria automática.
Se xa figurades na listas (ben nas xerais, ou ben nas automáticas) tedes que riscar na solicitude "INCORPORACIÓNS SUCESIVAS" e non "1ª inscripción" como por erro respostamos nalgún comentario.
Pedimos desculpas polo erro.
Aproveitamos para extraer da convocatoria unha serie de temas que estades a preguntar:
1. Solicitudes.
As persoas aspirantes non poderán solicitar a súa inclusión en máis dunha categoría profesional, coa excepción das categorías de persoal médico de familia e persoal médico de urxencias hospitalarias, que serán compatibles entre si.
As persoas aspirantes que se limiten a incorporar novos méritos non terán que aboar taxas no concepto de inscrición nas listaxes, pero si marcar a epígrafe da solicitude correspondente a Actualización de méritos.
Polo tanto as persoas que están nas listas automáticas non teñen que pagar taxas se non fan modificacións substanciais.
1.3. Así mesmo, deberán presentar a súa solicitude as persoas aspirantes xa admitidas nas listaxes confeccionadas por mor da convocatoria ordinaria anterior e as incorporacións automáticas sinaladas no punto primeiro, para actualizar méritos ou ben para modificar condicións previamente consignadas.
Nestes dous supostos deberán marcar a epígrafe relativa a Incorporacións sucesivas.
Ollo a este punto de arriba, nas listaxes pasadas de celador, Aux adm, técnicos etc: non habia que presentar instancia se non tiñas nada que aportar mais que a experiencia no SERGAS, agora non é así, se non botas a instancia non se desaparece das listas pero sí non serán actualizados os méritos como ben refrexado na base 2ª.2.
As persoas aspirantes que se limiten a incorporar novos méritos non terán que aboar taxas no concepto de inscrición nas listaxes, pero si marcar a epígrafe da solicitude correspondente a Actualización de méritos.
Aqueloutras que varíen as condicións consignadas na solicitude anterior, poden realizar unha modificación non substancial ou unha modificación substancial, entendendo por tal aquela que implique mudanza de categoría, de listaxe ou de área de xestión No primeiro caso, deberán marcar a epígrafe correspondente á Modificación non substancial sen ter que aboar taxas. No segundo suposto, teñen que marcar a epígrafe correspondente a Modificación substancial e achegar, xunto coa solicitude, o xustificante de ter aboado as taxas de acordo co previsto na disposición novena desta resolución.
Para estes efectos, cómpre incidir en que as novas instancias nas cales unha persoa aspirante inscrita nas listaxes ata agora vixentes solicite a entrada ou saída de calquera das listas específicas (curta duración, áreas especiais, etc.) agora en vigor e nas cales
aquela figura xa admitida, supoñen unha modificación substancial que necesariamente require o aboamento das taxas. Polo tanto, naqueles supostos en que unha persoa que teña cuberta a epígrafe relativa a Incorporacións sucesivas, e que malia ter solicitado o cambio de lista, non acredite o aboamento das correspondentes taxas, non quedará afectado o mantemento da/o aspirante como admitida/o, mais tampouco variarán as condicións consignadas na solicitude da convocatoria anterior.
Terceira.-Requisitos.
............
Só se valorarán os méritos acreditados ata o día inmediatamente anterior á data de publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, tanto aqueles que incorporen as persoas aspirantes xa inscritas, como os presentados por quen acceda por primeira vez.
D) Áreas especiais.
Os aspirantes das categorías de enfermaría e auxiliares de enfermaría que acrediten dous meses de servizos prestados nas áreas especificadas no modelo, ou ben, na categoría de enfermaría, acrediten posuír a titulación ou formación específica nunha concreta especialidade, poderán presentar a solicitude para figurar nesas listaxes especiais, marcando a correspondente área no modelo de solicitude.
Quinta.-Documentación.
2.2. Para a acreditación de servizos prestados:
-En institucións sanitarias públicas ou entidades públicas: certificado asinado polo director ou directora da institución sanitaria, ou responsable do órgano administrativo, en que conste toda a información necesaria para a baremación.
-En institucións ou empresas privadas: requírese a certificación en que conste toda a información necesaria para a baremación e, ademais, o informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou calquera outro documento de carácter público, en que se ratifique a veracidade dos datos reflectidos no certificado; de xeito particular, a cotización polo grupo correspondente á categoría de que se trate, e os períodos de prestación efectiva de servizos nela.
Para estes efectos, cómpre aclarar que a soa presentación da vida laboral non acredita os servizos prestados. Repútase insuficiente, así mesmo, a simple presentación do contrato ou contratos laborais para valorar este mérito, toda vez que o contrato non acredita de seu a efectiva prestación de servizos nas datas recollidas nel
A acreditación do tempo traballado na privada ten dado lugar a moitas reclamaciois, polo incluide toda a documentación que piden.
3. Non será preciso presentar certificación ou documentos xustificativos dos requisitos habilitadores e méritos relativos a: experiencia profesional, dispoñibilidade en médica/o de familia, formación académica, formación especializada, formación continuada e coñecementos do idioma galego xa tidos en conta na anterior convocatoria ordinaria do ano 2006, ou nas incorporacións automáticas posteriores e que, polo tanto, xa constan no expediente da persoa interesada.
E lembrade que a xente que se quere presentar ás listaxes especiais (Pool, áreas especiais), ten que cubrir as dúas solicitudes.
convocatoria de listas
Pacto de contrataciois
baremos |
|
|
|
cursos online para preparación de OPE |
|
Aos servizos para afiliados/as que CIG-Saúde inclúe no acordo coa editorial MAD, ademáis dos descontos nos temarios da OPE, engádese agora outro desconto nos cursos on-line de preparación da OPE para as categorías de PSX, celador, aux. enfermaría e aux. administrativo, que ofrece a editorial.
Se queredes conseguir o desconto, poñédevos en contacto coa vosa sección sindical CIG-Saúde.
Máis información en: http://www.portaloposiciones.com/cursossindicatos/cursos.asp?s=2 |
|
|
|
publicada convocatoria listas de contratación |
|
Publícase hoxe en DOG a convocatoria de listas de contratación de:
*Persoal de enfermaría
*Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría
*Cociñeira/o
*Matrona/Matrón
*Odontóloga/o
*Pediatra
*Médica/o de Familia
*Médica/o de Urxencias Hospitalarias
Podedes consultar a convocatoria premendo aqui.
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 9 de maio. |
|
|
|
suspendida a concentración do dia 22 de abril |
|
A Executiva de CIG-Saúde remitiu onte un correo a todas as comarcas para que analizaran a posibilidade de aprazar a concentración que tíñamos preparada para o dia 22, argumentando que non parece oportuno realizar a concentración o día 22 cando o día 20 iníciase o prazo de presentación de solicitudes de algunhas categorías.
A proposta foi respaldada pola maioria das comarcas coa salvedade de O Barco e Pontevedra.
Polo tanto SUSPÉNDESE A CONCENTRACIÓN DO MÉRCORES 22 DE ABRIL por decisión maioritaria no seno de CIG-Saúde.
CIG-Saúde O Barco pide disculpas polas expectativas e molestias que pudemos haber causado co anuncio da concentración que en principio foi aprobada de xeito unánime. |
|
|
|
Prestación anual por filla/o a cargo |
|
Prestación anual filla/o menor a cargo. 2009
Persoas beneficiarias:
Persoas que teñan ao seu cargo crianzas menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2008 (con data de nacemento entre o 2-1-2006 e o 1-1-2009, inclusivos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2007 nin elas nin ningún dos/as membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presenta-la declaración do IRPF.
No caso de crianzas adoptadas ou acollidas entre o 31 de decembro de 2007 e o 31 de decembro de 2007, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio, o pai/nai que teña a custodia dos fillos.
Persoas estranxeiras que residan na Galiza, sempre que cumpran as condicións da Lei sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros e a súa integración social e os requisitos establecidos na presente norma, e tiveran a condición de contribuíntes.
»Quedan excluídas:
As unidades familiares nas cales os seus ingresos considerados de forma individual ou conxunta, segundo a opción de tributación elixida, superasen no exercicio 2007 os 22.000 ?, sumadas a parte xeral e especial da declaración do IRPF.
Pais e nais privadas da patria potestade , ou se a tutela ou garda fora asumida por unha institución pública.
■ Requisitos:
Residencia habitual na Galiza.
Que na data da solicitude as/os nenas/os convivan coa persoa solicitante.
■ Contía da axuda:
Pagamento único de 360 ? por cada menor que a persoa solicitante teña ao seu cargo.
■ Documentación:
Solicitude e anexos
Fotocopia do DNI/NIF da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella.
Autorización para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os datos de carácter tributario (anexo II)
Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.
Certificado de empadroamento do conxunto da unidade familiar.
Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.
Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o nº de conta ou, no seu defecto, certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta á que se refire.
Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas por este mesmo concepto por calquera administración pública (anexo III).
Se a persoa solicitante recibira a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2008 e non ten solicitadas nin concedidas outras axudas por este mesmo concepto, só terá que presentar a solicitude e copia do DNI/NIF, sempre e cando non se modificaran as circunstancias persoais, xurídicas e económicas determinantes do dereito á prestación. Neste caso poderá obterse a solicitude cuberta. As solicitudes que se presenten eliminando delas algún do proxenitores que figuraba o ano anterior, deberán estar acompañadas da xustificación documental:
En caso de separación, copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
No caso de parellas de feito, certificado de convivencia, que poderá substituírse por un informe dos servizos sociais do concello.
En caso de falecemento, certificado de defunción ou copia da folla do libro de familia onde figure esta circunstancia.
■ Lugar de presentación:
Delegacións Provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar
Por vía telemática: os solicitantes que teñan sido beneficiarios destas axudas no ano 2007, e non teñan variado as circunstancias determinantes do dereito á prestación. Para esta vía de presentación deberán posuir un certificado dixital.
Prazo de presentación:
Ata o 13 de Maio de 2009
descarga aquí a solicitude |
|
|
|
instruccións contratación técnicos especialistas |
|
Como sabedes, levamos tempo insistindo para que se contraten as ausencias correspondentes polas listas das novas categorías de técnico en documentación, técnico de farmacia e técnico en dietética e nutrición.
O SERGAS ante unha pregunta nosa, envíanos esta resposta coas instruccións que foron enviadas ás xerencias a este respecto:
De acordo coa conversa telefónica sostida, achégase copia do arquivo de word referente ao recordatorio efectuado desde esta subdirección xeral aos centros de xestión e direccións provinciais do organismo, lembrando a plena operatividade das listaxes de selección temporal de técnicos/as especialistas en documentación sanitaria e técnicos/as especialistas en dietética e nutrición.
Un saúdo.
Subdirección Xeral de Políticas de Persoal
Copia do documento:
Refª: Apertura listas técnico/a especialista en documentación sanitaria e técnico/a especialista en dietética e nutrición.
O pasado 15 de decembro de 2008 foron obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, así como páxina web do Organismo, as listaxes definitivas de aspirantes a vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos, correspondentes á convocatoria do 28 de xuño de 2007 deste centro directivo (DOG núm. 140, do 19.7.2007). Entre as categorías de referencia, todas elas de ámbito de área sanitaria, encóntranse os colectivos profesionais de técnico especialista en documentación sanitaria e técnico especialista en dietética e nutrición.
Arestora encóntranse en fase de tramitación os proxectos normativos (Decretos) polos que se configura e introduce a especialidade en documentación sanitaria e a especialidade en dietética, na categoría de técnico especialista do Servizo Galego de Saúde.
No entanto e con independencia das datas de entrada en vigor dos correspondentes Decretos, desde a indicada data do 15 de decembro de 2008, as listaxes de selección temporal de técnico especialista en documentación sanitaria e técnico especialista en dietética e nutrición encóntranse plenamente operativas para a oferta e formalización de vinculacións temporais que os centros poidan precisar, para a cobertura das súas necesidades asistenciais no ámbito destas especialidades, cos integrantes destas listas, segundo a súa orde de prelación e de conformidade coa regulación establecida no pacto sobre selección temporal vixente (DOG núm. 104, do 1.6.2004).
Estas vinculacións xa teñen o seu precedente, no que atinxe á primeira das especialidades citadas, na convocatoria formalizada pola resolución do 10 de xuño de 2004, da División de Recursos Humanos, para a selección de aspirantes a vinculacións temporais en réxime estatutario na categoría de técnico especialista coa especialidade de documentación sanitaria, na área sanitaria de Pontevedra-Norte (DOG núm. 116, do 17.6.2004).
Os vínculos temporais que se formalicen imputaranse na categoría xenérica de técnico especialista (Código orzamentario S-C1-01), de conformidade coa normativa sobre confección de nóminas vixente.
Con base no que antecede, ínstase dos órganos superiores individuais de dirección de cada centro, así como das direccións provinciais, a remisión do presente escrito para os efectos oportunos, aos servizos de persoal ou recursos humanos e de atención ao público de cada institución, de xeito particular no que atinxe á xestión de persoal e á información das persoas interesadas neste particular, respectivamente.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2009
O subdirector xeral de Políticas de Persoal
Francisco Javier Pena Corredoira
|
|
|
|
|
|
|
|
|