CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

festa da hermida
esta fin de semana terá lugar no barrio da hermida de quiroga unha festa co fin de acadar fondos para a restauración da antiga escola da Seara en pleno corazón do caurel no concello de quiroga.

a programación é a seguinte:

FRIKIROGA: 3 de maio, parroquia da Hermida, Quiroga.

Festa non-stop

Concertos:

Santa Compaña, Nunca Se Sabe & Kain233, Cañita Brava & Armadanzas, Ruxe-Ruxe & Ultraqäns

Zona de Acampada de valde

Animación
Banda de Gaitas O Recanto
Charanga Os Veraneantes

Actividades:

1º Campionato Mundial de Liado de Cigarros. Modalidades artística e de velocidade.
Trofeo de Chave-Evolution Soccer.
Xogos Tradicionais.

podedes ver mais información na páxina frikiroga

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 30-04-2008 13:36
Queres comentar ou preguntar algo?
polo dereito a vivirmos en galego
Dun tempo a esta parte estamos a ver como se producen, día si e día tamén, ataques (furibundos os máis deles) contra o galego. Nós non acertamos a comprender qué mal tan grande pode facer unha lingua secular e fermosísima coma a nosa, para que algunha "xente" se poña a botar pestes contra dela, negando aos que a usamos o dereito de facelo e, o que é máis grave, dando a entender que se está a impoñer, cando calquera con dous dedos de fronte que mire ao seu redor e escoite se dará conta de que a realidade dista moito de ser esa, senón a contraria.
Gustaríanos saber onde estaban (e están) estes que agora denuncian a suposta imposición do galego cando era (e é) outro idioma, alleo, o que era (e é) imposto, mesmo pola forza (temos que lembrar a algúns e algunhas os sopapos que levaron por dicir algunha palabra en galego na escola?). Entón non se lles oía falar desa "Galicia Bilingüe" que propugnan (ainda que todos sabemos que tras dese eufemismo se agacha unha cruzada contra a nosa lingua).
A estes ataques que se veñen producindo constantemente contra o galego, que todos podemos ver a cotío en certa prensa (cómplice moitas veces desta cruzada) acaba de unirse un comentarista deste blog, que no día de onte se atreveu a escribir nun comentario en "queres preguntar?" isto:

Estoy un poco harto de que las contestaciones salgan única y exclusivamente en gallego.
¿Tenéis algún problema con el castellano?
Agradecería me contestaseis. (Por lo menos en los dos idiomas).GRACIAS.
EN VEZ DE AVANZAR LO QUE HACEMOS ES RETROCEDER
victor


Pensamos que estas palabras non necesitan comentarios. Que alguén se atreva a entrar no blog que desenvolven outras persoas e lles esixa que non escriban o blog en galego (se estivera en inglés seguro que non tiñan problemas), fala por si só, e é claro exemplo dos ataques orquestados (imaxinamos por quen) que se están a producir, fomentando o odio e o rexeitamento cara a nosa lingua.
Xa alguén respostou a este suxeito acertadamente. Nós tamén fixemos o propio, velaqui a nosa resposta:

victor, non sabemos ben quen te obriga a entrar ó noso blog para estar farto de nada do que aquí se poña e de que utilicemos a nosa lingua para expresalo, simplemente non entres.
este blog foi concebido para encher un espazo de información sindical que pensábamos que faltaba na rede, pero o aspecto sindical non é a única sensibilidade que temos, a língua, a NOSA LINGUA, ten un tratamento especial nél posto que entendemos que de seguir ca perda de galego falantes dos últimos anos o galego será como o latín nun par de xeneraciois, é un legado dos nosos pais, dos nosos abós e que ó igual que outros temas como o respeto o medio ambiente (ó que tamén dedicamos moitos dos posts deste blog), temos a responsabilidade de mimalo e protexer.
respetamos o resto das linguas, podes ver que contestamos igual ás cuestiois que se nos fan en castellano, ata temos un traductor enlazado, pero pedimos que se nos teña o mesmo respeto que temos nós polo resto de linguas.(...) asi que o dito victor, como che contestaron antes, deberas cambiar por libertad digital ou a cadena episcopal, este está claro que non é o teu sitio.


Posto que non imos consentir que ninguén nos diga en qué idioma temos que falar, e por suposto non imos consentir que se desprecie a nosa lingua, participaremos activamente na manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística o próximo domingo 18 de maio en Santiago de Compostela " polo dereito a vivirmos en galego", e convidámosvos a tod@s a participar e denunciar estes ataques inxustificados e fascistas.
Para ir á manifestación, ademais, A Mesa facilitará o transporte poñendo autobuses gratuitos (en colaboración cos concellos) con saída desde O Barco e A Rúa. Para apuntarvos nos autobuses podedes chamar ao 622 53 80 10.




CANCIÓN PRA CANTAR TODOS OS DÍAS

Hai que defender o idioma como sexa:
con rabia, con furor, a metrallazos.
Hai que defender a fala en loita rexa
con tanques, avións e a puñetazos.

Hai que ser duros, peleóns, intransixentes
cos que teñen vocación de señoritos,
cos porcos desertores repelentes,
cos cabras, cos castróns e cos cabritos.

Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala e enterrala.

Seríamos, sen fala, unhos ninguén,
unhas cantas galiñas desplumadas.
Os nosos inimigos saben ben
que as palabras vencen ás espadas.

O idioma somos nós, povo comun,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar no que arde acesa a nosa fe.


Manuel María.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 30-04-2008 11:12
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados medicos
como xa anunciamos onte, hoxe sale no DOG a resolución de traslados definitivos para persoal licenciado sanitario.
para vela, preme aquí
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 29-04-2008 09:51
Queres comentar ou preguntar algo?
18 M viaxa pola lingua
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 28-04-2008 15:06
Queres comentar ou preguntar algo?
cronograma provisorio
acabamos de pornos en contacto co SERGAS e adiantaronnos de voz un cronograma que pasarán por correo, a grosso modo é este:

TRASLADOS:

29 de abril: tódalas categorias de facultativos

6 de maio: resto do persoal excepto: DUE, auxiliar enfermaria, celador, auxiliar administrativo e psx

OPE

7 de maio: listados definitivos de TEL, TAP, TER, fisio, hixienistas, lavandeiras e pasadora de ferro.

o 9 de maio: sairán as listas de aprobados definitivos de case que tódalas especialidades de facultativos, mais farmacéuticos de primaria e especializada.

preguntámoslle que pasaba co resto das categorias se saldrían ou non ó longo de maio e nos respostaron sen confirmalo que esperaban que sí.
cando teñamos o cronograma que quedaron en enviar o publicaremos, de momento, isto é o que hai.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-04-2008 13:49
Queres comentar ou preguntar algo?
Primeiro de Maio, Día do Internacionalismo Proletario

Por un modelo socioeconómico xusto e sustentábel


A Confederación Intersindical Galega conmemora este 1º de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, coa convocatoria de manifestacións en todas as comarcas do país, baixo o lema ?Por un modelo socioeconómico xusto e sustentábel?.

Na actualidade, no momento histórico de maior capacidade tecnolóxica, produtiva e de avances científicos, da máis alta posibilidade para producir alimentos e da máis elevada creación de riqueza, xustamente agora é cando a humanidade está mais ameazada no seu desenvolvemento e reprodución. O modelo económico é destrutivo co medio ambiente e os recursos naturais, máis da metade da poboación do planeta está en situación de pobreza extrema e máis de 3 millóns de persoas morren ao ano por falla de alimentos. A riqueza que crea a clase obreira co seu traballo está concentrándose en menos mans, mentres os salarios perden valor e se precarizan as condicións de traballo.

Esta é a realidade que a clase traballadora podemos ver e experimentar dende o lado máis privilexiado do sistema, dende os países que acumularon maior riqueza nos últimos séculos e aínda hoxe, entre outras razóns, pola espoliación e sometemento colonial de nacións e continentes enteiros. Agora, a poboación indíxena destes países antes colonizados e a súa clase traballadora está a ser utilizada como man de obra barata, retribuída a menos dun dólar por hora polas grandes compañías transnacionais europeas, norteamericanas ou asiáticas. Son as nosas grandes empresas, que aquí nos ameazan con trasladarse a lugares con salarios máis baratos, mentres reciben constantemente por parte dos Estados millonarias subvencións e os seus beneficios acadan proporcións indecentes e contrarias a un reparto social, solidario e xusto da riqueza.

No informe do ano 2007 a OCDE recoñece que nos oito últimos anos as empresas no Estado español aumentaron os seus beneficios netos nun 73%, máis do dobre que a media da UE, que se incrementou nun 36.6%. Pola contra, os salarios aumentaron neste mesmo período o 3,7%, cinco veces menos que na UE, que rexistrou un incremento do 18,2%. Estes resultados obedecen á política de pactos que nestes anos están asinando CCOO e UGT coa Patronal en Madrid para a negociación dos convenios, na que de xeito recorrente acordan a contención no incremento dos salarios. Por tanto o noso traballo crea unha inmensa riqueza que está sendo expropiada para engordar as grandes fortunas, e todo isto coa colaboración voluntaria e agradecida do sindicalismo español.

Mentres as empresas soben os prezos das mercadorías para acelerar as súas ganancias, provocan unha inflación que pagamos a clase traballadora, e multiplican a nosa perda nas rendas do traballo pola contabilidade do IPC, xa que este indicador prexudica aos salarios máis baixos, que en Galiza son a inmensa maioría. Polo resultado destes salarios as nosas pensións son as máis baixas do Estado.


Neste 1º de Maio, día do Internacionalismo Proletario, como clase traballadora en Galiza, debemos mobilizarnos por un novo modelo socioeconómico en beneficio da maioría da humanidade e da propia natureza. A nosa inmensa forza no noso país e a nosa contribución ao mundo debe desenvolverse dende a normalidade dun país soberano, coa nosa cultura, coa nosa lingua e coa nosa forza de traballo como principais activos da nosa riqueza como pobo.

VIVA O 1º DE MAIO


MANIFESTACIÓNS CONVOCADAS

VIGO. Ás 12:00 horas, con saída da Doblada.

PONTEVEDRA. Ás 12:30 horas, da Praza da Ferrería

OURENSE. Ás 12:00 horas do Pavillón dos Remedios.

A CORUÑA. Ás 12:00 horas da Praza de Vigo

FERROL. Ás 12:00 horas da Avda. de Esteiro (diante do local do sindicato)

SANTIAGO. Ás 12:30 con saída da Praza Roxa

LUGO. Ás 12:30 horas da Ronda da Muralla (diante do local do sindicato)

A MARIÑA. Ás 12:30 horas de Arcadio Pardiñas (diante do local da CIG)


manifa do 1º de maio de 2007 en vigo


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 28-04-2008 12:25
Queres comentar ou preguntar algo?
a man de "santo" da sanidade publica en madrid
recollido no blog de eneko
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 25-04-2008 22:07
Queres comentar ou preguntar algo?
Sanidade elimina o 20% dos postos do Corpo de Inspectores Farmacéuticos
noticia extraida de galiza-CIG

Temen que a pretensión da administración sexa externalizar estas funcións
A consellaría de Sanidade elimina o 20% dos postos do Corpo de Inspectores Farmacéuticos a cambio de subirlles o nivel
Representantes de CIG-Saúde, CIG-Administración e unha ampla representación do colectivo de Inspectores Farmacéuticos de Saúde Pública denunciaron en rolda de prensa a pretensión da consellaría de Sanidade de Sanidade de amortizar 19 das 100 prazas existentes a cambio de subilos de nivel. Denuncian que tras desta redución de prazas agóchase a intención da administración de externalizar progresivamente o traballo que desenvolve este colectivo.
No ano 2005 faise unha restruturación dos anteriores sanitarios locais e créase a clase de inspectores farmacéuticos de saúde pública, que teñen como función a vixilancia e verificación da lexislación en materia medioambiental, de sanidade escolar, de policía sanitaria mortuoria ou de hixiene alimentaria, ademais de participar na administración, coordinación e execución de programas de saúde xestionados pola dirección xeral competente en materia de saúde pública, emitir informes, actuar sobre determinados alimentos, bens ou servizos... entre outros.

Para desenvolver estas funcións, na relación de postos de traballo (RPT), que se crea ese mesmo ano, contémplanse e orzaméntanse 100 prazas deste corpo, das que só se chegan a cubrir 81. ?Non porque a carga de traballo non tivese que contemplar as 100 prazas senón porque hai programas que non se facían coa periodicidade e a cadencia coa que se tiñan que facer?, explica María Xosé Abuín, membro da executiva de CIG-Saúde.

No ano 2007, convócase un proceso selectivo e sorprendentemente e por vez primeira, a administración en vez de manter os postos de traballo, o que fai é cesar a todo o persoal malia ter orzamentadas esas 19 prazas.

A xustificación esgrimida para adoptar unha decisión como esta é que van proceder a subir os niveis, pasando o persoal deste corpo do 20 ao 22 e incrementar en 140 euros i salario. A cambio desaparecen o 20% dos postos de traballo. ?Non é viábel, nin razoábel, nin admisíbel porque senón, cada vez que a administración quixese facer un aumento retributivo iamos a metade á rúa?, afirmaba María Xosé Abuín.

Unha decisión contraria ao Estatuto Básico do empregado público

Pola súa banda, o secretario nacional de CIG-Administración Autonómica, Manuel Gallardo Canitró explicou que con este anuncio a consellaría de Sanidade incumpre o acordo asinado pola administración o pasado mes de abril respecto dos criterios de negociación. Un acordo que, ademais ten a súa base no Estatuto Básico do Empregado Público e que obriga a negociar entre os sindicatos e a administración sempre que as decisións que se adopten ?afecten ás condicións de traballo e ás retribucións de funcionarios cuxa regulación exixa norma con rango de lei ou a decisión da administración que afecte ás súas potestades de organización?.

Canitró denunciou ademais que a decisión unilateral da consellaría de amortizar estas prazas vai afectar ás condicións de traballo dos restantes porque a carga de traballo vaise incrementar exponencialmente ao ter menos traballadores/as. ?Entendemos que isto é completamente irregular e ilegal. O que ten que abrir a administración, neste caso a consellaría de Sanidade, é unha mesa de negociación, para negociar a RPT no seu conxunto coas propostas que fagan e despois acordalas e en ningún caso coa escusa de subir o nivel ou de calquera tipo de incremento retributvo se pode aceptar que se amorticen ou que se destrúa emprego público?, afirmou.

Para o representante da CIG na Administración Autonómica tamén se están a conculcar dereitos dos funcionarios/as que aprobaron a oposición, xa que ao eliminar esas 19 prazas elimínase tamén a posibilidade de elección dun destino máis preto da súa casa que facilite a conciliación da vida laboral e familiar dun xeito máis efectivo.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 25-04-2008 01:40
Queres comentar ou preguntar algo?
25 de abril
Comentarios (0) - Categoría: lembranzas - Publicado o 25-04-2008 01:00
Queres comentar ou preguntar algo?
mobilizaciois tecnicos e auxiliares
Auxiliares e técnicos esixiron nos hospitais maior retribución polo seu traballo

Autor: La Voz
Data de publicación: 24/4/2008


Técnicos sanitarios superiores e auxiliares de enfermería dos complexos hospitalarios concentráronse ao mediodía de onte no Clínico e no Hospital de Conxo para esixir o recoñecemento profesional que contempla o Estatuto Básico do Empregado Público, e que se lles apliquen as retribucións correspondentes ao seu novo grupo de clasificación: o grupo B os técnicos superiores, e o C1 auxiliares de enfermería.
A mobilización convocouna a CIG, e en principio repetirase os días 23 de cada mes ata que consigan ese obxectivo. «Solicitamos que na Mea Sectorial do Servizo Galego de Saúde se acorde a reclasificación destes colectivos, e consecuentemente se lles recoñezan as retribucións correspondentes. E que unha vez conseguido este acordo a Consellaría inste a Función Pública para que proceda á modificación normativa que posibilite esta reclasificación», indica o sindicato.

Recoñecer a titulación

Afirman que non se entende que unha empresa pública esixa unha titulación ao persoal e o retribuya por unha categoría inferior á esixida.
A CIG mantén así o apoio a unha reivindicación de fai tempo destes colectivos, e insiste en que lles agarraches a razón a un mellor recoñecemento profesional e unha maior retribución, pois así se contempla no Estatuto Básico do Empregado Público, polo que o sindicato insistirá ante Sanidade para que o faga efectivo.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 24-04-2008 11:59
Queres comentar ou preguntar algo?
baremación definitiva varias categorias
hoxe publicanse no DOG duas Resolucións :

1.Baremación definitiva da fase de concurso de: Matronas, Calefactor, Conductor, Grupo Administrativo, Técnico especialista radiodiagnóstico, Técnico xestión de sistemas e tecnoloxías da información, Técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, Telefonista e Terapeuta ocupacional.

2.Baremación definitiva dos Farmacéuticos inspectores daúde pública.

podedes entrar na páxina de categorias do SERGAS, premendo aquí
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 24-04-2008 09:42
Queres comentar ou preguntar algo?
a volta dos nove
recollido en chuza

Quince de outubro, 1936, na saída de Baiona cara a Baredo, na altura da Bombardeira, nove veciños do Val Miñor son asasinados nunha máis das cruentas matanzas que naqueles meses asolaron o noso país nunha guerra de exterminio planificada. A memoria das súas mortes escribiu unha das máis fermosas páxinas de resistencia. Durante décadas mans anónimas e populares riscaron sobre as areas da beira da estrada nove cruces, realizadas cun trazo de urxencia. O lugar sería dende aquela coñecido como A VOLTA DOS NOVE".

e este de abaixo é un tubo ca presentación de "A volta dos 9", un libro, disco e DVD.


Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 23-04-2008 20:10
Queres comentar ou preguntar algo?
mais sobre a reunión de contratación do 22 de abril
postos en contacto telefónicamente ca xente do sindicato que participou nesta reunión dinnos que as listas das categorias que están a espera de publicarse (celadores, técnicos, psx, aux administrativo etc.), según o SERGAS estarán en funcionamento para os chamamentos do verán. que xa están baremadas todas as listas excepto as de a provincia da Coruña, que é onde teñen mais chollo pois comprende as áreas de ferrol, coruña e santiago.

aproveitamos o pegar aquí a resposta que acabamos de dar a varias "preguntas" que nos está a facer o persoal, pero antes decirvos que manter informado á xente e contestar as suas preguntas que cada dia que pasa son mais, requiren moito do noso tempo polo que pedimos que leades as preguntas e respostas que hai no post no que queirades preguntar algo antes de facelo posto que igual xa está contestada esa pregunta.


Nós non facemos convocatorias nin elaboramos listas, esixímoslle ao SERGAS que avance nos traballos pendentes e estamos constantemente pedindo información e avances; pero, repetimos: non temos máis información que a publicada.
Se nalgún momento sabemos cando van ser publicadas unhas listas ou outras (recordamos que son moitos os temas pendentes e non só dunha ou outra categoría, senón de todas) será publicado inmediatamente no blog, como adoitamos facer.
O que queremos que quede claro é:
1º Nós nos somos quen tén que baremar, elaborar listas ou publicar convocatorias. Nós estamos para facer seguimento e esixir que non se vulneren dereitos dos traballadores e todo se faga conforme á lei. E ISO É O QUE FACEMOS.
2º Non estamos tomando o pelo a ninguén, nin vos mantemos calados (e obvio, senón non habería esta sección onde podedes comentar) nin deixamos de tratar temas nas reunións, pero non somos o SERGAS, e non podemos facer o seu traballo, só esixirlle que o fagan. A resposta ben a vedes.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 23-04-2008 14:10
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración polo grupo
Hoxe levouse a cabo a primeira das concentracións previstas para reclamar o recoñecemento e retribucións de grupo para Técnic@s Superiores e Técnic@s en Coidados Auxiliares de Enfermaría.

Na concentración do Hospital Comarcal Valdeorras participou numeroso persoal, como podedes comprobar na foto.

Esta é a primeira dunha serie de mobilizacións que se van levar adiante para reclamar as retribucións como grupo B para @s Técnic@s Superiores e o recoñecemento e retribucións como grupo C1 para @s Técnic@s Auxiliares en Coidados de Enfermaría, despois de que a "vía diplomática" non tivese amosado resultados. Esperamos que con estas mobilizacións o SERGAS recapacite e solicite este recoñecemento de grupo para o persoal implicado.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 23-04-2008 13:03
Queres comentar ou preguntar algo?
información reunión contratacións
INFORMACIÓN DA MESA CENTRAL DE CONTRATACIÓNS 22 DE ABRIL DE 2008.


Baremo de Farmaceuticos de Atención Pimaria.
Apróbase o baremo de selección temporal. Nesta categoría de licenciados incorpórase ao baremo a nota de OPE ao igual que no resto de categorías. O ámbito das listas será a área sanitaria.
En breve sairá publicado no DOG e abrirá o prazo de presentación de solicitudes. Unha vez publicadas as listaxes a Dirección de Farmacia ofertará aos inscritos nesta categoría un curso de formación continuada para que coñezan o programa.

Aplicación da puntuación da OPE nas categorías de licenciados. Acórdase puntuar a OPE nos baremos de selección temporal a estas categorías (Médicos familia, Psicólogos clínicos, Pediatras e Odontólogos). Neste momento aplicaríase esta puntuación a farmaceuticas/os de primaria e a psicólogos clínicos; ésta está pendente de sair. No próximo pacto puntuarase a todas as categorías de licenciados.

Denuncia pacto e convocatorias.
En principio parece que a opinión maioritaria das organizacións sindicais é a de non tocar os baremos na próxima negociación. A negociación do novo pacto residiría fundamentalmente nas normas xerais.
Acordouse esperar ao mes de outubro para valorar nese momento como estaba a negociación do novo pacto e pronunciarnos se había ou non unha nova convocatoria. Se non presionamos ao SERGAS para que negocie de inmediato e permitimos que se faga unha nova oferta, a negociación do pacto podería quedar para moito máis adiante.
Para as convocatorias que están pendentes de publicación de listas provisionais o SERGAS segue dicindo que se están baremando, e non dá unha data de publicación.

Listaxes Fundacións.
O SERGAS remitirá unha nota ás fundacións dicindo que se manteñen os seus sistemas de selección até o novo pacto; que ademais poden realizar convocatorias extraordinarias por indispoñibilidade e que se non teñen dispoñibeis que utilicen as listas SERGAS. O persoal das listas SERGAS que renuncie a un chamamento para fundacións non será penalizado.
Este tema é un dos nosos argumentos para que de inmediato se negocie o novo pacto. Asemade solicitamos que se apliquen as normas xerais do pacto; isto pódeno facer aplicando o concepto de lexislación supletoria, pero dubidamos de que o fagan.

Outras informacións.
Preguntamos cando nos ian a remitir o texto da creación das categorías que se ofertan a selección temporal e que están pendentes de crear: Dietistas, Documentación Sanitaria e Auxiliar de Farmacia. A administración di que antes de finalizar o mes. ???

Plan AFCAP: O SERGAS vai publicar unha correción de erros porque as normas non contemplan as medidas recollidas nas leis de igualdade.

Asemade lembrámoslle que envien unha nota recordando que ao persoal de promoción interna se lles valora todos os servizos prestados na categoría na que está promocionando.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 23-04-2008 10:06
Queres comentar ou preguntar algo?
borrador definitivo voluntariedade
Podedes descargar o borrador definitivo de resolución de voluntariedade que ofrece o SERGAS premendo nesta ligazón.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 23-04-2008 09:32
Queres comentar ou preguntar algo?
trienios interinos por fin!
Está publicada por fin, a orde pola que se regula o procedemento de recoñecemento de trienios para persoal interino e temporal.
Podedes consultala premendo aqui.

Este é un resumo do máis salientable:

-Consideraranse servizos efectivos todos os indistintamente prestados en calquera Administración pública e baixo calquera réxime xurídico.

-Debedes solicitar todos os servizos prestados en modelo Anexo I, e entregalos xunto coa solicitude.

-Os trienios perfeccionados como consecuencia do
recoñecemento de servizos previos prestados con
anterioridade á entrada en vigor do Estatuto básico do empregado público terán efectos retributivos unicamente desde a data da súa entrada en vigor o día 13 de maio de 2007.

-Entra en vigor a partir de mañá, polo que despois de mañá podedes solicitalos en calquera momento.

Estas son as contías dos trienios actualmente por mes:
Grupo A1 -- 43,63
Grupo A2 -- 34,92
Grupo B --- 30,43
Grupo C1 -- 26,22
Grupo C2 -- 17,52
Agrupacións profesionais -- 13,15
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 23-04-2008 09:03
Queres comentar ou preguntar algo?
trienios interinos
a falta de noticias sobre o acontecido na reunión de hoxe sobre contratación, a lo menos temos unha boa nova
por fin parece que mañá será publicado no DOG a Orde de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal
esta é a mensaxe que recibimos do SERGAS

A través da presente, comunicámosvos que previsiblemente a Orde de recoñecemento de trienios ao persoal estatutario temporal será publicada mañá, 23 de abril no Diario Oficial de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 22-04-2008 22:44
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración técnicos e auxiliares
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 22-04-2008 13:42
Queres comentar ou preguntar algo?
concentraciois fronte dos locais da COPE
artigo recollido de galizacig

Respaldando o chamamento feito polo Movemento polos Dereitos Civís (MpDC), a CIG tamén se suma ás concentracións convocadas por esta organización, fronte aos locais da Cope das principais cidades galegas, para o mércores 23 de abril. O lema da convocatoria de mobilización é "A Cope quere amordazar a nosa lingua. Non llo imos permitir" e con ela quérese manifestar un claro rexeitamento á política de agresión contra o galego practicada polo grupo mediático da Conferencia Episcopal.
Nesta ocasión, a hostilidade da emisora dos bispos manifestouse a través dunha denuncia presentada perante o Consello Xeral do Poder Xudicial contra a xuíza Ana López-Suevos Fraguela, quen está á fronte do Xulgado do Social número 2 da capital galega. Na devandita denuncia, o avogado da Cope ceibaba a súa animadversión e os seus prexuízos sobre o galego, cuestionando a validez dun xuízo e unha sentenza (que lle era desfavorábel) porque se produciran no idioma de país, algo que evidentemente non só entra dentro da lóxica máis normal senón que ten plenas garantías legais para que sexa así, até o punto de que a denuncia vén de ser arquivada polo CXPX.

Así e todo, esta actuación da Cope, cuestionando a lexitimidade do galego nun ámbito como o xudicial (que se por algo salienta a nivel de usos lingüísticos, é pola escasa presenza da lingua galega), está a ter contestación desde diferentes sectores. Profesionais do Dereito e da Xustiza están a asinar un manifesto de apoio ao labor da xuíza denunciada. Así mesmo, diversas organizacións, entre elas a CIG e a Mesa, difundiron hai días cun comunicado de prensa censurando a actitude da Cope por esta cuestión. Igualmente o asunto tivo repercusión parlamentaria, a través dunha pregunta realizada polo grupo do BNG na Cámara galega.

Dentro da contestación social á postura da Cope, está agora este chamamento feito polo MpDC e que está a ser secundado por diversos colectivos, organizacións e persoas a título individual, chamamento a mobilizarse e a concentrarse diante dos locais da Cope das sete cidades galegas para o mércores 23 de abril ás 20 horas.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 22-04-2008 00:55
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3] [4]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0