CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

OPE de FEAs
@s compañeir@s da Agrupación Medica de CIG-Saúde, nos fan chegar un documento que explica o conflicto levado a cabo por OMEGA e Afeihs contra da OPE 2006, podedes consultalo, premendo aqui. Pensamos que é bastante clarificador sobre a coherencia da postura de CIG-Saúde e o oportunismo descarado de OMEGA ante as elecciois sindicais.

Un apunte, a xente que traballa no área de O Barco lembrará que OMEGA presentou candidatura por primeira vez nas elecciois sindicais do ano 2003. Conseguiron un delegado o cal lles daba dereito a elexir un mais de sección sindical, este delegado nunca foi nomeado, por outra banda o delegado electo de OMEGA acadou praza na OPE extraordinaria noutra área de saúde polo que levamos 2 anos sin representación deste sindicato corporativo, parecera como si os tragara a terra, aínda que pouco se votaron en falta posto que despois do primeiro ano apenas fixo acto de presencia na comisión de centro do HCV, na mais que cando eramos convocados ou ben polo conselleiro ou ben nos cambios de Xerencia nos "congratulaban" ca sua presencia.
Ata a publicación das candidaturas nada voltamos a saber destes "señores e señoras"; e lembremos que pasamos situaciois moi graves como a falla de especialistas na que se movilizou a poboación de toda a área sanitaria.
Nestas elecciois voltan a aparecer, e resulta a lo menos curioso que estando como estaba o posto de delegado de sección sindical sin cubrir durante 4 anos siga igual a dia de hoxe e que indo nesta candidatura como vai, moita da xente que iba na anterior, non fixeran efectivo o nomeamento de alguén d@s seguintes da súa lista cando se foi o antigo delegado.

En base ó exposto unhas preguntas:

Cal vai ser a función deste "sindicato" nas Comisiois de Centro desta área de saúde?

Seguirán sendo un sindicato non solo corporativo se non tamén fantasma como ata o de agora?

Nomearán desta vez @s delegad@s sindicais que lle podan corresponder co afan de loitar pol@s traballador@s, aínda que solo sexa polos que din representar?

O tempo nos sacará de dudas (si é que alguén as ten, claro!!)


Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 07-04-2007 18:25
Queres comentar ou preguntar algo?
Anxo Rei
Atopamos o videoclip este do noso compañeiro Anxo Rei no youtube, e desta vez foi o tubo o que nos levou a web de vagalume donde se publicou, das pouquiñas que se fan na comarca de Valdeorras en galego.
A Anxo o coñeceredes posto que xa publicamos unha corta entrevista con él ó pouco de abrir o blog.
Despois dos sonidos de tambores destas datas, unha guitarra e unha boa voz, son de agradecer.

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 06-04-2007 22:41
Queres comentar ou preguntar algo?
enlaces de páxinas con tests e apuntes de exame
Deixamos para quén lle poda interesar mais páxinas web que conteñen apuntes e test de exames que poideran resultar de utilidade para a OPE:

varias categorias

exames celador

test auxiliar enfermeria

test varias categorias

sobre enfermeria e facultativos

apuntes de enfermeria
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 05-04-2007 16:38
Queres comentar ou preguntar algo?
Ilha das flores
A espera que o luns se reunan os sindicatos para elaborar unha contraproposta da carreira profesional que presentar ó SERGAS o mércores 11,temos 4 dias de relax en canto a actividade sindical se refire, por eso e xa que os "esaxerados" soldos do SERGAS a moitos non nos dan para ir nin a neve nin a praia, pois viaxamos pola rede e nela atopamos un blog moi interesante sobre inmigración "inmigracionunaoportunidad".
Nel atopamos este vídeo sobre a illa das flores e a condición do "ser humano"

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 05-04-2007 15:08
Queres comentar ou preguntar algo?
borrador definitivo de traslados
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 05-04-2007 01:05
Queres comentar ou preguntar algo?
publicados listados provisionais de matrona e farmacéuticos de saúde pública
Publicaronse no DOG de hoxe listados provisionais das categorías de matrona e farmacéuticos de saúde pública. Podedes consultalos aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 04-04-2007 09:18
Queres comentar ou preguntar algo?
nova proposta de carreira profesional
Na 6ª reunión da mesa sectorial para negociar a aplicación da Carreira Profesional, o Sergas presentou unha nova proposta, froito do compromiso adquirido o pasado venres, logo dos peches protagonizados para denunciar a chantaxe pola que nos querian obrigar a desconvocar todas as mobilizacións a cambio de nada.
Seguimos constatando as grandes diferencias que inda separan os prantexamentos do Sergas respecto dos de CIG-Saúde e dos da Plataforma Sindical Unitaria, anque é a primeira proposta seria que presentan á Mesa nestes meses.
Este é o resumo da sesión de hoxe.
en canto aos anos e cuantías a oferta é a que arriba se reflexa.
Esta proposta do Sergas continúa sendo para nós inaceptable porque anque rebaixa anos sobre a proposta do 13 de marzo, mantén diferencias non xustificables no tempo de acceso aos graos entre categorias e a discriminación respecto das Carreiras xa existentes.
COMPLEMENTO DE CARREIRA
A nova proposta retributiva do Sergas, resumida no cadro, reduce modifica tanto o valor dos graos para os Grupos C – D – E como as cuantías a aplicar nos sucesivos anos, comezando polo 2007.
Recoñecendo este avance conseguido, pensamos que estamos inda lonxe de poder considerar estas cuantías como xustas e aceptables.

TRATAMENTO DA PROMOCIÓN INTERNA
O Sergas non modifica nada da sua proposta do 16 de xaneiro en canto ao cómputo dos anos de exercicio profesional noutras categorias distintas da que actualmente se desempeñe en propiedade. O que sí engade agora é que de cara ao futuro as persoas que teñan recoñecido algún grao nunha categoria e logo accedan a outra por promoción interna manterán parcialmente a sua percepción ata que consigan novos graos na categoria superior.
Entendemos que esta proposta mantén a penalización da promoción interna no acceso á Carreira Profesional, e debe por tanto modificarse.

PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL. PERSOAL INTERINO
Neste tema non hai movemento creible por parte da Administración, que só oferta ou ben a apertura dun novo prazo de integración ou ben a negociación da CP cando se aborde tamén para Función Pública. Non nos valen esas propostas e insistimos na necesidade de abrir vias para o recoñecemento do desempeño profesional sen exclusións, mentras o Sergas bota balóns fóra. Algo que non podemos aceptar e para o que seguimos reclamando solucións.

PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA. Os Sindicatos da Plataforma Unitaria mantemos unanimemente a valoración da insuficiencia deste proposta do Sergas, e comprometemonos a elaborar e presentar unha alternativa conxunta na próxima reunión da mesa negociadora, que se celebrará o mércores dia 11.

ASEMBLEA: mañá mércoles as 14 horas teremos unha asemblea no salón de actos do HCV para debatir esta nova proposta.

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 03-04-2007 21:13
Queres comentar ou preguntar algo?
datas de exames
Saen publicadas hoxe as datas dos exames das categorías de: grupo administrativo, técnico especialista en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico especialista en imaxe para o diagnóstico clínico, fisioterapeuta, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista en anatomía patolóxica e citoloxía e técnico especialista en radioterapia.

Son as que seguen:

Día 14 de abril de 2007:
10.00 horas: grupo administrativo
15.30 horas: técnico especialista en laboratorio de diagnóstico clínico

Día 15 de abril de 2007:
10.00 horas: técnico especialista en imaxe para o diagnóstico clínico
15.30 horas: fisioterapeuta

Día 21 de abril de 2007:
10.00 horas: técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
15.30 horas: técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información

Día 22 de abril de 2007:
10.00 horas: técnico especialista en anatomía patolóxica e citoloxía e técnico especialista en radioterapia

Os exercicios realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.
Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de boligrafo azul ou negro.

Sorte a tod@s!
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 03-04-2007 10:44
Queres comentar ou preguntar algo?
video manifa do 29 de marzo
As mobilizaciois pola carreira profesional sanitario non diplomado e persoal non sanitario, están a ter unha participación do persoal non coñecida ata o de agora no SERGAS.
van xa varias xornadas de folgas parciais unha de folga total e innumerables manifestaciois nos centros de traballo e en Santiago.
Pero a manifestación do pasado xoves 29 en Santiago ten que quedar na retina non solo da xente que participamos nela, senon tamén para @s compañeir@s, que se sumaron a folga dende os seus servizos mínimos e grazas a tod@s conseguimos que os que gobernan o SERGAS, por primeira vez na historia deste pais, nos traten con respeto como fan con algún outro colectivo.
Agora saben, eles e nos o que somos capaces de facer ca unidade e ca mobilización.
Hoxe de novo se reunen na Mesa de Negociación, veremos o que da de sí despois dos peches do venres.

Nos polo de pronto e para que a mani do xoves non quede esquecida, colgamos no tubo este vídeo.


Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 03-04-2007 00:56
Queres comentar ou preguntar algo?
xa estamos en campaña: velaqui a lista
Esta noite comezou a campaña electoral, asi que xa vos podemos presentar a nosa candidatura de xeito formal. Velaqui a tendes:

1. Susana Méndez Rodríguez, enfermeira HCV (urxencias).
2. Xosé Manuel Álvarez Fernández, celador HCV (quirófano)
3. Andrés Docampo Paradelo, médico AP (Larouco).
4. Mario Fernández Vázquez, enfermeiro HCV (p. laranxa).
5. Carlos Álvarez Fernández, mantemento HCV.
6. M. Carmen Vázquez Blanco, enfermeira HCV (urxencias).
7. Antonio Lorenzo López, celador HCV (quirófano).
8. Cruz Rodríguez Rivera, auxiliar de enfermería HCV (rehabilitación).
9. Carlos Guldrís Fuentes, TER HCV.
10. Victoria Mejuto Vilas, auxiliar de enfermería HCV (consultas).
11. Irene Corzo Gómez, PSX AP (Vilamartin).
12. Estrella Furelos Núñez, enfermeira HCV (p. verde).
13. Ignacia Paradelo Diéguez, pinche de cociña HCV.
14. M. Amparo Pereira Pérez, auxiliar de enfermería HCV (laboratorio).
15. Luis Fernández Nogueira, celador HCV (hospitalización).
16. Isabel Rodríguez García, celadora AP (Viana).
17. Ramona Iglesias Arias, enfermeira HCV (reanimación).
18. Juan Carlos Domínguez Gómez, fisioterapeuta HCV (rehabilitación)
19. M. Jesús Fernández López (Chus), TEL HCV.
20. Concepción Valle Domínguez, enfermeira HCV (p. azul).
21. Roberto Münch Álvarez, celador AP (O Barco).
22. Adelaida López García (Lali), celadora HCV (quirófano-hospitalización).
23. Laura Rodríguez Pereira, auxiliar de enfermería HCV (urxencias).
24. M. Elisa Lamelas González (Peggy), matrona HCV (partos).

Podedes ver as fotos d@s candidat@s á esquerda da pantalla. Consideramos que é unha candidatura integrada por persoal representativo de todas as categorías e ámbitos e que ten demostrado a súa capacidade e compromiso.
Por iso vos pedimos o voto para continuar loitando polos dereitos do persoal como vimos facendo ata o de agora: con eficacia e compromiso, por coherencia.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 02-04-2007 10:10
Queres comentar ou preguntar algo?
asemblea sobre a carreira
Pois despois dos últimos acontecementos, xa saberedes que o peche de mañá está desconvocado en espera do que suceda na reunión que se realizará precisamente mañá para negociar unha vez máis a carreira profesional de persoal sanitario de formación profesional e de persoal non sanitario, xa cuns mínimos acordados.

Deste xeito, emprazámosvos a unha asemblea o próximo mércores, día 4, ás 14 horas, no Salón de Actos do HCV, na que vos daremos contas do que desa reunión saia.

Ánimo, que non decaia a loita!
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 02-04-2007 09:47
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] [2] 3
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis