CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

asemblea pola carreira
na asemblea de hoxe debatimos o novo cronograma de mobilizaciois pola carreira, parte dos asistentes considerabano blando, pero ao final decidiuse aprobalo, trasladando á plataforma este sentir por parte da asemblea.
Así mesmo deuse a coñecer que o martes o SERGAS chamou a unha mesa de negociación para retomar o asunto.
mañá venres é a seguinte folga de 6 horas (de 12 h. a 18h.).
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 19-04-2007 15:34
Queres comentar ou preguntar algo?
éxito nas eleccións
Ven de rematar o escrutinio da única mesa da Área do Barco co seguinte resultado:

CIG-------------145 votos---------5 delegados
UGT--------------96 votos----------3 delegados
CEMSATSE------68 votos----------3 delegados
USAE------------47 votos----------2 delegados
CSIF-------------37 votos----------1 delegado
CCOO------------31 votos----------1 delegado
OMEGA----------19 votos----------0 delegados


Á vista destes resultados só nos queda agradecervos a vosa confianza e pedirvos que a sigades mantendo, para que asi, coa vosa forza, podamos seguir a defender os intereses de tod@s @s traballador@s como ata o de agora. Se non o facemos, tíradenos das orellas.
Mañá ao traballo, que toca carreira profesional.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 19-04-2007 00:49
Queres comentar ou preguntar algo?
quintana recibe en O Barco outro escrito pola carreira
A pesar de ser dia de elecciois sindicais, un representante de cada sindicato da plataforma unitaria, fixolle entrega das reivindicaciois da carreira profesional ao Vicepresidente da Xunta Anxo Quintana.
O encontro foi breve e en tono distendido.
Seguimos a estela d@s compañeir@s de Ferrol.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 18-04-2007 17:39
Queres comentar ou preguntar algo?
alta participación nas elecciois na área de o barco

As12 e media da mañá xa teñen votado mais do 30% dos electores da área de O Barco, polo que pensamos que a participación vai ser ainda superior as anteriores elecciois sindicais.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 18-04-2007 12:38
Queres comentar ou preguntar algo?
novo cronograma de mobilizaciois pola carreira
ACORDOS DA PLATAFORMA SINDICAL NA REUNIÓN DO 17 DE ABRIL SOBRE CARREIRA PROFESIONAL
Hoxe celebrouse a reunión prevista da Plataforma Sindical para analizar a situación da negociación e avanzar na adopción de novos acordos sobre a organización e a continuidade do conflicto. Os acordos adoptados son os seguintes:

VENRES 20
Mantense a folga de seis horas xa convocada para ese dia, a partir das 12 ata as 18h.

MARTES 24 E MÉRCORES 25
Faranse mobilizaciois varias que daremos a coñecer no seu dia.

XOVES 26
Folga de 24 horas.
Convócase unha manifestación en cada provincia, na cidade na que teña a sede a Dirección Provincial do Sergas. Esa manifestación será ás 12 da mañán. O obxectivo é que entre as catro sumemos máis participación ca obtida en Santiago o 29 de marzo. Nese sentido, deixamos unha nova visita de toda Galicia a Santiago para unha data posterior.

NOVO CALENDARIO

Sen prexuizo de que se poda complementar posteriormente o calendario con novas iniciativas diferentes á folga, acordouse un novo calendario de folgas da seguinte maneira:
- Na primeira semana de maio non habería folga, polo que está pendente de concretar algunha outra acción en función de cómo evolucione a situación ata o dia 26 (é a semana da ponte do 1º de maio).
- Na segunda semana de maio convocase folga de 24 horas o martes dia 8.
- Na terceira semana de maio convocase folga de 24 horas o martes 15 e o mércores 16.
- A partir da cuarta semana de maio convocase folga indefinida que se celebraria todas as semanas de martes a venres, iniciandose nesa semana dende o martes 22 ao venres 25.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 17-04-2007 19:09
Queres comentar ou preguntar algo?
xornada de reflexión
Mañá é o ansiado e temido dia das elecciois sindicais, hoxe polo tanto é xornada de reflexión, polo que non seguiremos maxacando como ata o de agora.
A espera de recibir noticias do que deciden as cúpulas sindicais sobre o seguinte movimento a dar na carreira profesional; aproveitamos a por un tubo que atopamos da banda sonora de johny cogió su fúsil (One - Metallica), está traducido ó español polo que resulta dobremente interesante, a lo menos para aos que o ingles e o chino nos sonan ao mesmo.


Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 17-04-2007 13:15
Queres comentar ou preguntar algo?
o persoal do HCV pide folga indefinida pola carreira
Hoxe luns mantivemos unha asemblea sobre a carreira profesional. nela analizamos a incidencia da derradeira folga, que se valorou positivamente.
A Asemblea asistiron perto de 50 traballadores que pediron casi por unanimidade que lle trasladaramos as cúpulas sindicais de que deberan convocar xa unha folga indefinida.
Pola nosa parte o asunto xa lle foi comunicado o Secretario Nacional Xoan Cons, imaxinamos co resto de organizaciois farán o propio.

A imaxe de cabeceira do artigo corresponde ao sábado pasado, enviáronola de novo @s compañeir@s de Ferrol, que parece que son a punta de lanza do persoal do SERGAS en canto a mobilizaciois se refire.
Na imaxe o Presidente Torito recibindo outro escrito sobre a carreira profesional; ó fondo un cento de traballadores/as, que lle dan a benvida con pancarta en ristre.
Ánimo compañerir@s e que non decaiga a loita.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 16-04-2007 18:16
Queres comentar ou preguntar algo?
VOTA CIG-Saúde


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 15-04-2007 00:30
Queres comentar ou preguntar algo?
A folga nos periódicos dixitais
Metemos aqui enlaces a páxinas sobre as mobilizaciois de carreira de onte, tamén metemos unha entrevista a Xoan Cons, na páxina de CIG.
Agradeceríamos que nos deixarades mais enlaces de prensa dixital sobre a folga de carreira e iremos actualizando este artigo.
Por primeira vez a prensa faise eco das mobilizaciois na área de O Barco, é en concreto en "la Voz de Galicia"

entrevista a Xoan Cons (Secretario Nacional de CIG-Saúde) sobre a carreira profesional

el correo gallego


La Región

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 14-04-2007 20:39
Queres comentar ou preguntar algo?
Quintana recibe @s compañeir@s de Ferrol
En torno a cincoenta compañeir@s da área de Ferrol, fixéronlle entrega ao lider do BNG Anxo Quintana, un escrito cas reivindicaciois de carreira que levamos ao SERGAS, aproveitando un acto de precampaña deste partido no Pazo Libunca de Narón.
Neste escrito se pedia a Quintana que se mollara no conflicto e mediara nel.

Polo que nos contan @s compañeir@s o encontro discurriu en tono cordial e o político comprometeuse cas peticiois do persoal e desexoulles sorte.

Noraboa @s compañeiras de Ferrol por iniciar esta nova via de mobilizaciois, que seguro de non solventarse pronto o problema, será secundada por tódalas áreas onde acudan os líderes políticos do bipartito.
Ainda que veremos si o tono sigue sendo igual de cordial!!
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 13-04-2007 18:49
Queres comentar ou preguntar algo?
FOLGA 13 de abril outro paso adiante
A folga do dia de hoxe está a resultar outro mazazo mais para o SERGAS, o persoal afectado voltou a amosar que nin se arreda nin se deten pese a quen lle pese.
Na folga de hoxe no HCV tivemos problemas ca dirección de enfermeria que cubriu dous postos de auxiliares de consultas con 2 enfermeiras, ante o que o pikete informativo primeiro tomou o despacho da dirección de enfermeria para que as retirara e logo optamos por acudir ao o despacho do Xerente, que ante a posible toma do seu despacho polos alí concentrados; puxo fin ao asunto retirando as duas enfermeiras das consultas.
Logo levouse a cabo un corte de tráfico enfrente do HCV, que durou casi unha hora.
Cunha asemblea puxemos remate a mobilización e quedamos emprazados para o luns as 2 da tarde para informar do que pasou no resto do pais, e si acaso propoñer mais medidas de presión.
Pola tarde non constatamos ninún incidente mais.

En canto teñamos información do acontecido no resto das áreas daremos cumprida conta no blog.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 13-04-2007 17:38
Queres comentar ou preguntar algo?
FOLGA POLA CARREIRA

Mañá venres teremos unha xornada mais de folga, esta vez de 6 horas de 12 da mañá a 18 horas. Con esta xa perdimos a conta das folgas que levamos feito pola carreira profesional do persoal sanitario non diplomado e o persoal non sanitario do SERGAS.
Na asemblea que celebramos hoxe o persoal alí presente, pediu aos sindicatos que endureceran as mobilizaciois e que llo transmitiramos as cúpulas sindicais.
Pediron en concreto rematar cas folgas de 6 horas e convocar folgas de 24 combinadas con mais medidas de presión.

Polo que sabemos de outras áreas, parece que esta postura é únánime , a excepción de Lugo que non entendimos ben a que se debeu a non convocatoria de asemblea para explicar o que pasou onte na Mesa de Negociación, como se fixo no resto dos sitios.
.


Agradecemos á CIG-Saúde da comarca de Ferrol que nos enviasen a imaxe que ilustra este artigo. E pedir disculpas ao artista por haberlle dado un pequeno retoque. Metemos o orixinal na fotoblogoteca en cartaces.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 12-04-2007 20:56
Queres comentar ou preguntar algo?
plan de mellora de Atención Primaria

Hoxe celebrouse a reunión informativa sobre o plan de mellora de Atencion Primaria.
Manuel Gonzalez Moreira da Agrupacion Medica de CIG-Saúde, explicou aos asistentes pormenorizadamente todo o documento, e abordou os temas que lle foron expostos polo persoal.

Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 12-04-2007 20:26
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira profesional
Na 7ª reunión da mesa sectorial para negociar a aplicación da Carreira Profesional, a Plataforma Sindical fixo a defensa da nova proposta unitaria, que xa lle fora entregada ao Sergas o dia anterior.
A Administración non entrou no debate desa proposta sindical, afirmando que está fóra das suas posibilidades actuais e que terian que facer novos cálculos económicos e pedir novas autorizacións para continuar negociando. Según eles, non tiveron tempo de estudiar a nosa nova proposta e necesitaban uns dias para elo.
A reunión rematou sen avanzar no debate e sen data concreta para unha nova reunión. Diante desa situación, a Plataforma Sindical Unitaria decide manter todo o calendario de mobilizacións xa previsto para este mes, e analizará incluso novas iniciativas para reforzar e recrudecer a presión sobre a Administración, para que non se durma nos loureiros e para que non pense que despóis das eleccións sindicais imos baixar a garda ou afloxar as nosas reivindicacións, como interesadamente quixeron vender durante estas semanas anteriores.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 12-04-2007 12:37
Queres comentar ou preguntar algo?
O SERGAS da largas
Nin se rebaixaron anos, nin se subiron as coantias por grado de carreira, nin acordo en materia de: funcionarios, laborais, interinos nin ope extraordinaria; nin farrapos de gaita.
Na Mesa de Negociación de hoxe o SERGAS recibiu "cortesmente" aos sindicatos e dixo tomar nota da nova oferta e que a estudiaria.
Hai que decir que a oferta, xa a coñecian dende o luns a tarde.
Parece que os negociadores do SERGAS, cambian a estratexia do NON pola de "lo estudiaremos" para dilatar as negociaciois. Nin puxeron nova data de negociación, nin adiantaron nada. Osease que nos mandan a merda cortesmente a espera que pase o dia 18, que era o que querian dende un principio. O que pretenden está claro, pensan que o persoal vaise keimar a medida que pase o tempo.
Nos de cristianos, aida por riba lle desconvocamos a folga de hoxe xoves en proba de boa vontade.

A seguinte folga é o venres, e nela temos que amosar tod@s que non van conseguir embaucarnos ca merda de carreira que están ofrecendo e que non imos deixar de lado os colectivos que eles pretenden ignorar (funcionarios, laborais, interinos e aprobados da OPE extraordinaria).
Ten que ser unha folga masiva, ainda maior si cabe que tódalas que levamos feito.

O martes reunirase a plataforma para estudiar as seguintes mobilizaciois a convocar.


Lembrade que hoxe temos asemblea as 14 horas no salón de actos, para explicar o que aconteceu o mercores e preparar a folga do venres..
esta é unha loita de tod@s, polo que a tua presencia é imprescindible
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 12-04-2007 00:22
Queres comentar ou preguntar algo?
abertas as listas de contratación para medicos de traballo
Resolución do 22 de marzo de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se formaliza a incorporación de novos méritos polos aspirantes xa inscritos e a selección de novos aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, de médicos especialistas en medicina do traballo.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 10-04-2007 18:36
Queres comentar ou preguntar algo?
proposta da plataforma sindical para presentar o sergas
Esta vai ser a proposta que na mesa de negociación de mañá xoves lle plantexaremos ao SERGAS:
PROPOSTA ALTERNATIVA SOBRE A CARREIRA PROFESIONAL PRESENTADA AO SERGAS POLA PLATAFORMA SINDICAL en versión pdf. 11/04/07


COMPLEMENTO DE CARREIRA

GRUPO COMPLEMENTO
ANUAL
A 2.770
B 1.850
C 1.400
D 1.200
E 1.050
(En valores 2007, actualizabeis anualmente)

ANOS DE ACCESO A CADA GRAO

Mantense a proposta de que os anos exixidos para o acceso a cada grao sexan iguais para todos os grupos. As organizacións sindicais valoraríamos en todo caso a opción dunha mínima variación en función de acadar un acordo global no resto dos componentes que figuran nesta proposta unitaria.

PROMOCIÓN INTERNA

a) Servizos prestados noutra Categoría

na primeira fila GRUPO MESMA AREA FUNC, na segunda DISTINTA AREA FUNC

G (0) 90 85
G (-1) 80 70
G (-2) 70 55
G (-3) 60 40
G (-4) 50 25
Este cómputo proposto non é limitado para o acceso a graos determinados, senón que valería para acceder, no seu caso, a calquera dos catro graos da carreira profesional

b) Acceso a unha nova Categoría:

a. En promoción interna temporal, seguir cobrando os Graos da Categoría fixa de orixe, así como computar o tempo nesa situación para o recoñecemento de novos Graos, ben na categoría de orixe ben na nova á que se acceda.
b. En promoción interna fixa, seguir cobrando os Graos da Categoría de orixe ata recoñecemento de Graos na nova; o Grao I na nova absorve o Grao I da anterior, o Grao II da nova absorve o Grao II da anterior, e así sucesivamente.
c. No réxime extraordinario poderá solicitarse o recoñecemento de Graos en duas categorias fixas (actual e anterior), aplicandose as reglas anteriores sobre cómputo do tempo e absorción de Graos.

PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL

Ao peche desta negociación sobre Carreira Profesional abriráse unha nova mesa que aborde de forma global o acceso específico á CP do persoal funcionario e laboral fixo dos centros sanitarios do Sergas, en aplicación do mandato legal establecido na normativa en vigor sobre a carreira e o desenvolvemento profesional, recollidos para o ámbito dos centros sanitarios no Estatuto Marco, a Lops e a Losga. Esa mesa determinará e impulsará as modificacións ou adaptacións normativas necesarias para ese recoñecemento, que en todo caso deberá respetar as condicións sobre requisitos e cuantías xa recoñecidos para o persoal estatutario das categorias equivalentes.

Si á data do 23 de novembro de 2007 non estiveran acordadas tales adaptacións, aplicaráse ao persoal funcionario e laboral que cumpla os requisitos de tempo de servizos prestados exixidos ao persoal estatutario de categoria equivalente un anticipo a conta por importe equivalente ao Grao I da CP implantada para o persoal estatutario, con efectos económicos do 1 de xullo de 2007.


PERSOAL INTERINO

O persoal que acceda á condición de fixo na Ope actualmente en execución poderá acceder ao recoñecemento da CP no réxime extraordinario implantado na correspondente categoria con efectos do 1 de xullo de 2008.


PERSOAL DA OPE EXTRAORDINARIA

O persoal afectado por este acordo de CP que accedera á condición de fixo na Ope convocada ao amparo da Lei 16/2001, poderá acceder ao recoñecemento dos Graos de CP nas mesmas datas co persoal fixo anterior a tal convocatoria.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 10-04-2007 18:01
Queres comentar ou preguntar algo?
escomenza o curso habilidades sociais
Hoxe escomenzou o curso "HABILIDADES SOCIAIS E MELLORA DA CALIDADE NA ATENCIÓN AO PACIENTE".
Que resultou moi didáctico e entretido.
este é o primeiro curso organizado por FORGA-CIG-Saúde este ano 2007.
Para despois do verán quedan por facer un de SAÚDE LABORAL e outro de INFORMÁTICA PARA PERSOAL DE ENFERMERÍA NOS HOSPITAIS (plan gacela)


Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 09-04-2007 21:47
Queres comentar ou preguntar algo?
asamblea sobre o Plano de Mellora da Atención Primaria
o Próximo xoves 12 de abril as 17 horas no salón de actos do HCV celebraremos unha asamblea informativa sobre o Plano de Mellora da Atención Primaria.
Os cambios mais importantes son:

Os grupos de traballo deixan de ser “técnicos” e contarán coa opinión das organizacións asinantes para establecer a súa composición. Así mesmo, as súas conclusións e propostas serán consensuadas coas organizacións asinantes, a través da Comisión de seguimento do Plano.

Desaparición, nos obxectivos por parte dos profesionais, do parágrafo “colaborar coas XAP nas coberturas de intersubstitucións e voluntariedade de gardas e na autoxestión das ausencias no servizo”.

Apertura inmediata da negociación na Mesa Sectorial dos temas relacionados co Plano de Mellora, e posibilidade de iniciar negociacións sobre calquera outro tema relacionado coa Atención Primaria.

Inclusión no Plano da cuantificación do número de prazas necesarias para medicina de familia e pediatría, e o compromiso de cuantificar as do resto das categorías nos grupos de traballo.

Realizar un maior esforzo na creación de prazas no ano 2008, de cara a incrementar as prazas ofertadas na OPE de ese ano.


Lembrade, no salón de actos do HCV, xoves 12 de abril as 17 horas e nela informará Manuel Moreira, membro do Consello Nacional de CIG-Saúde que participou en todo o proceso negociador; él encargarase de explicar o acordo así como de clarificar as vosas dudas. Non faltedes á cita
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 09-04-2007 11:04
Queres comentar ou preguntar algo?
listas definitivas OPE
Resolución do 29 de marzo de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se declaran, con carácter definitivo, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición nas categorias de ATS, Auxiliar de enfermería e pinche de cociña.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 09-04-2007 10:16
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2 [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis