|
|
|
1º de maio, día da clase traballadora |
|
Mañá é o primeiro de maio, internacionalmente día da clase traballadora, que nos lembra cada ano que existe precariedade e explotación, que temos que seguir loitando para que as condicións laborais de tod@s @s traballador@s melloren substancialmente. Deixámosvos un enlace ao artigo sobre as reivindicacións deste 1º de maio, da páxina da CIG, onde se explica que os lemas para este ano son "Non ao recorte das prestacións sociais", en denuncia do afogamento do sistema público de protección social e "Galiza nación, autodeterminación", porque non podemos concebir unhas condicións laborais dignas se non temos antes os dereitos que como nación nos corresponden. Tamén se explica a razón da convocatoria en solitario, que se vén realizando desde hai varios anos, partindo da concepción da central como un proxecto distinto a CCOO e UGT. Un proxecto sindical que prioriza o seu compromiso co país, como organización nacionalista e de clase.
Convidámosvos a participar mañá na manifestación que sairá ás 12 horas do Pavillón dos Remedios en Ourense. Ali estaremos, un ano máis, para seguir abandeirando a loita sindical por una Galiza mellor, por un mundo mellor. |
|
|
|
publicadas listas admitidos FEAS |
|
Publícanse hoxe no DOG os listados provisionais de admitidos para FEAS e farmacéuticos (tanto de AP como especializada). Podedes consultalos na páxina do SERGAS, pinchando aqui. |
|
|
|
Datas definitivas de exames |
|
Publicáronse onte as datas definitvas dos exames de:
PINCHES: Día 5 de maio de 2007: ás 10.30 horas.
GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA: Día 6 de maio de 2007: ás 10.00 horas.
ATS/DUE: Día 12 de maio de 2007: ás 10.00 horas.
TÉCNICO EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA: Día 13 de maio de 2007: ás 10.00 horas.
Os exercicios realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).
Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.
Non se permitirá no recinto onde se realice o exercicio, o acceso e posesión de teléfonos móbiles, axendas electrónicas e calquera outro soporte con memoria.
O chamamento é único polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.
Podedes ver a resolución completa no DOG de onte.
Sorte a tod@s! |
|
|
|
A mobilización na Coruña |
|
Aqui vos deixamos un par de fotos de mostra do que foi a mobilización na Coruña: un éxito. Seguimos xuntos e seguimos loitando: carreira profesional digna! |
|
|
|
26 A o persoal non se arreda |
|
A folga de hoxe está a resultar masiva, uns cincoecentos traballadores/as das duas áreas da provincia se manifestaron en ourense.
polo que sabemos do resto das zonas, parece que as manifestaciois foron masivas, en concreto na de Vigo e na de A Coruña.
A LOITA CONTINUA |
|
|
|
XOVES 26 DE ABRIL FOLGA XERAL NA SANIDADE |
|
hoxe mantivemos outra asemblea para explicar a nova oferta do SERGAS, o persoal manifestouse unánimemente en contra da mesma e segue firme no calendario de mobilizaciois.
mañá como sabedes é a folga de 24 horas con manifas en todas as direcciois provinciais.
dende O Barco fletarase un bus que sairá ás 9,15 horas hacia ourense.
a manifa de Ourense escomenzará ás 11,30 horas dende o CHOU ata a dirección provincial do SERGAS.
POR UNHA CARREIRA PROFESIONAL NON DISCRIMINATORIA MOBILÍZATE |
|
|
|
oferta sergas |
|
A 8ª reunión da mesa sectorial para negociar a aplicación da Carreira Profesional rematou cunha nova decepción, xa que as posicións do Sergas non avanzaron de maneira sustancial.
Pequenos retoques para continuar na mesma política das últimas reunións, o que pon en evidencia que o discurso do Sergas para non negociar ata despóis das eleccións sindicais era unha monumental excusa para descafeinar a Carreira Profesional.
O certo é que unha vez pasadas as eleccións a Plataforma Sindical sigue unida e forte, e non vai xogar ao xogo do Sergas de aceptar unha Carreira Profesional devaluada e discriminatoria. Todos os sindicatos reiteramos hoxe o noso rexeitamento desta última proposta do Sergas, exixindo da Administración unha nova convocatoria da Mesa e unha nova proposta que se acerque en serio ás prospostas da Plataforma.
Por elo temos que manter a folga xeral do 26!
|
|
|
|
non hai acordo seguen as mobilizaciois |
|
cheganos por mensaxe a nova "mini-proposta" do SERGAS, as únicas novedades que hai son nos grupos "C" e "D" que as coantias que ofertan agora son 1180 para o "C" e 1000 para o "D".
grados para os "D" e "E" grado III 21 anos e grado IV 27 anos. A esto súmase un pequeno avance en promoción interna; e do resto, funcinarios-laborais e interinos nada de nada.
Polo tanto un rotundo NON por parte da plataforma a esa oferta.
en canto teñamos o informe completo o colgaremos.
SEGUIMOS CAS MOBILIZACIOIS, o xoves FOLGA XERAL. |
|
|
|
seguimos á espera |
|
seguimos a espera de ter noticias do que está pasando en Santiago, a xuzgar polas chamadas e mnsxs que temos todo o mundo está impaciente.
estamos a espera de saber algo para informarvos, en tanto non vai mal un pouco de relax con tricicle por exemplo.
|
|
|
|
CIG rompe co exilio na pizarra |
|
por primeira vez dende que temos presenza na comarca de Valdeorras, CIG consigue facerse ca maioria nun comite de empresa da pizarra.
ata o de agora os candidatos de CIG viñan sendo represaliados pola patronal, ben con quitarlle pluses nas nóminas en caso dos fixos ou non renovándolle os contratos en caso dos contratados. é por iso que se teñen verdadeiros problemas á hora de configurar as listas para as elecciois sindicais. O trato que se lle da os nosos candidatos contrasta moito co que reciben hoxe UGT e antes CC.OO., que en moitas das empresas é o propio patrón os que os busca.
Lembremos que a UGT asinou hai 2 anos un convenio no que se carga dun plumazo o cobro do 100% nas I.T., hoxe a UGT se destaca moi moito do resto das centrais posto que nin que buscar teñen aos candidatos, son postos a dedo polo patrón.
Algún dia os/as traballadores/as deste sector terán que tomar conciencia. En IPISA parece que empezaron a despertar xa, posto que os resultados de onte foron estes que seguen:
CIG 77 votos 6 delegados
CC.OO 71 votos 5 delegados
UGT 21 votos 2 delegados.
noraboa a estes/as traballadores/as e aos compañeiros que están a traballar neste sector. |
|
|
|
mesa sectorial carreira e traslados |
|
hoxe celebrarase en santiago unha mesa sectorial SERGAS sindicatos con 2 asuntos sobre a mesa, os traslados e a carreira profesional.
En canto teñamos coñecemento do que pasou nela o publicitaremos na web, que imaxinamos será pola tarde.
a asemblea que tiñamos programada para hoxe as 14 horas, a demoramos ata mañá para así dar debida conta ao persoal do que se fale hoxe na Mesa Sectorial.
aproveitamos para poñervos un vínculo á páxina da CIG no que entre outras cousas hai un vídeo do que aconteceu o pasado venres alí. |
|
|
|
25 abril Revolução dos Cravos |
|
o día 25 de Abril de 1973 ás 12,30 da noite escoitabase en Radio Renacenca a canción ?Grándola Vila Morena? que será sempre o símbolo da Revolución dos Claveles.
O MFA sale á rua, asalta cuarteles, deten aos membros da policía secreta portuguesa (PIDE), pero no camiño atópase con decenas de miles de traballadores que sairan á rua con eles, invadindo as prazas, participando no asalto dos cuarteles. ás 17,30 do 26 de Abril, Américo Thomás, presidente de Portugal e sustituto de Salazar, ríndese oficialmente. Somente morreran cuatro persoas.
O peculiar de todo este movimento é que non foi un golpe militar, se non unha revolución que ao principio pretendeu remover os cimentos dun país sumido na dictadura, a Revolução dos Cravos, denominada así polos Cravos que os soldados sublevados decidiron colocar na punta dos seus fusiles, orientou de novo a traxectoria de Portugal, e influiu na desaparición da dictadura franquista do estado español.
|
|
|
|
OPE asturias |
|
O Principado de Asturias convoca 32 plazas para ATS-DUE. O prazo de presentación de instancias remata o 10/05/2007; podedes consultala premendo aqui |
|
|
|
terras do bibei, sil e cenza |
|
fixémonos na web cunhas fotos da zona e armamos esta videomontaxe, con musica de Anxo Rei.
|
|
|
|
lume |
|
rematou a seman sindicalmente falando, unha seman moi cargadiña de traballo, pero os resultados obtidos o pasado mércores co recoñecemento de moitísim@s traballadores/as, fai que valga a pena seguir na loita.
Hoxe polo de pronto ímonos de farra a liberar tódolo stres acumulao.
Como as cousas andan quentes no asunto de carreira, pois non vai mal apagar o lume ainda que en vez de apagalo con auga como fai o noso dibuxante o faremos por un dia e sin que serva de precedente con likor do negro kafé.
seguro que o tubo de abaixo a mais de un lle recorda a mondoñedo hai un ano. jeje
tomaino como unha homenaxe de CIG-Saúde Barco ó resto das zonas de CIG-Saúde polos resultados obtidos
|
|
|
|
o talante do PSOE |
|
Como dixemos á mañá hoxe ás 16 horas 25 traballadores/as do HCV, nos diriximos á Rua onde estaban os parlamentarios do PSOE facendo un acto político. A nosa intención era facerlle entrega dun documento sobre a carreira ó xefe da banda, perdón, queriamos dicir do grupo parlamentario, Ismael Rego. Esperamos pancarta en ristre mais de media hora fronte da sua sede, posto que recibimos o chivatazo de que cambiaban o lugar da roda de prensa debido a "calor".
Pois ben, así que fixeron acto de presencia nos diriximos ó mentado Ismael, que pasou de nós como da merda, insistimos que somente queríamoslle entregar o escrito sin mais. Dirixímonos tras del cando entraba a sede dos sociatas e resultou que nesta non teñen leois como nas cortes, no seu lugar apareceu a diputada por Valdeorras e compañeira de traballo Mª Carmen Acuña, que embestiu contra do persoal de moi malas formas, que contrastan ca sonrisa de hiena que exibe nas precampañas. Nós insistiamos en quererlle facer entrega do documento ao Ismaeliño. O final pecháronse dentro como si dunha cuadrilla de delincuentes se tratara e nós co documento na man e a pancarta, tivemos unha pequena asemblea en plena rua, na que decidimos dar unha rolda de prensa cando remataran os do "talante" e ignoralos por completo.
Así o fixemos e arriba vos deixamos as fotos que ilustran o acontecido.
Eso sí, decidimos que o próximo acto destes señores no que fagamos acto de presenza , non llo comunicaremos.
Lembrade que o martes hai de novo mesa de negociación.
Salú e forza |
|
|
|
Resolución que publica o DOG, listas definitivas de auxiliares administrativos e celadores. |
|
hoxe publica o DOG a Resolución que da como definitivas as listas de auxiliares administrativos e celadores da OPE 2006. |
|
|
|
sin novedades na folga |
|
transcurre sin novedades a nova xornada de folga.
O éxito é total igual co resto da xornada, mais do 90% de incidencia.
como na folga pasada voltamos a cortar o tráfico.
pola tarde quedamos de novo convocad@s para facer entrega do escrito reivindicativo aos diputados no PSOE que se atopan en A Rua. Daremos cnta do tema si se chega a producir posto que parece que en principio se negan a recollelo e para evitar unha foto en negativo, parece que especulan ca posibilidade de desconvocar a roda de prensa que teñen programada.
Informaremos do que acontece. |
|
|
|
a CIG-Saúde gaña espectacularmente en Galicia |
|
A CIG gañou as eleccións sindicais celebradas o mércores 18 de abril nos centros sanitarios do Sergas dunha forma espectacular, incrementando notablemente tanto os delegados e delegadas electas como o número de votos totais acadados.
CIG-Saúde era xa a primeira forza sindical do sector, pero ensancha agora a distancia respecto das demáis organizacións sindicais. Os delegados obtidos polas diferentes forzas son os seguintes:
resultados x centros en pdf
grazas de novo a tod@s as que co voso esforzo e voto fixestes posibles estes resultados.
|
|
|
|
publicacion de datas e horas de exames varias categorias |
|
o SERGAS envianos a resolución das datas e horario de exame de varias categorias. probablemente se publique en DOG o xoves 26 de abril. Pegámosvos o texto completo da resolución.
Resolución do 19 de abril de 2007, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, pola que se fai público o lugar e data de celebración dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo.
O número 4 da base sexta da Resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) pola que se convoca Concurso-Oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, prevé que os exercicios de oposición da fase de selección realizaranse nun lugar e á hora anunciada no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de cinco días naturais de antelación, polo que, este centro directivo,
RESOLVE:
Primeiro.- Convocar aos aspirantes admitidos con carácter definitivo na fase de oposición do Concurso-Oposición para o ingreso nas categorías de pinche, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais, ATS/DUE e técnico en coidados auxiliares de enfermaría de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado pola Resolución da Secretaría Xeral do
Servizo Galego de Saúde do 8 de agosto de 2006 (DOG nº 155, do 14 de agosto) para a realización dos exercicios consonte á seguinte distribución:
Día 5 de maio de 2007: ás 10,30 horas: pinche.
Día 6 de maio de 2007:
ás 10 horas: grupo auxiliar da función administrativa;
ás 16,00 horas: persoal de servizos xerais.
Día 12 de maio de 2007: ás 10 horas: ATS/DUE.
Día 13 de maio de 2007: ás 10 horas: técnico en coidados auxiliares de enfermaría.
Segundo.- Os exercicios realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).
Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do Documento Nacional de Identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.
Non se permitirá no recinto onde se realice o exercicio, o acceso e posesión de teléfonos móviles, axendas electrónicas e calquera outro soporte con memoria.
Terceiro.- O chamamento é único polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.
De conformidade co establecido no segundo parágrafo do número 4 da base sexta da convocatoria e no artigo 15 do Decreto 206/2005, de 22 de xullo, realizaranse os diversos exercicios, na mesma data, para a mesma categoría en unidade de acto. Así, por acordo do respectivo tribunal, en atención a necesidades organizativas e dado o seu carácter non eliminatorio, executarase en primeiro lugar o exercicio de coñecemento da lingua galega e a continuación, en unidade de acto, o exercicio sobre o contido do programa, coas súas dúas partes, agás nas categorías do grupo auxiliar da función administrativa e persoal de servizos xerais que soamente realizarán o primeiro exercicio.
Cuarto.- Esta resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no número 2 da base décima da citada convocatoria. Santiago de Compostela, 19 de abril de 2007. Antonio José Fernández Paniagua, DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL.
sorte a tod@s
|
|
|
|
|
|
|