|
|
|
|
Aclaracións dúbidas OPE |
|
Publicamos esta nota aclaratoria que envía o SERGAS sobre algúns aspectos da OPE e do acceso por promoción interna:
Ante as dúbidas xurdidas sobre o alcance do establecido na Base segunda e na Base sétima da Resolución do 18 de febreiro de 2009 pola que se convoca o concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, en relación cos requisitos para poder participar pola quenda de promoción interna (Base segunda) e coa exención do segundo exercicio de carácter práctico de ordenador (Base sétima), cómpre facer as seguintes consideracións:
1º.- Para poder concorrer ao proceso selectivo pola quenda de promoción interna é necesario reunir os seguintes requisitos: (artigo 26 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo)
a) Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría de nivel académico igual ou inferior ao daquela á que se pretende acceder.
b) Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.
Segundo o anterior para que o persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde poida acceder pola quenda de promoción interna a outra categoría de igual ou superior nivel para a que ten a titulación necesaria ten que ter prestados, polo menos, dous anos de servizos prestados en propiedade na categoría en institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e atoparse, no prazo de presentación de instancias, en situación de activo na mesma nunha institución sanitaria do Servizo Galego de Saúde.
Pola tanto, calquera propietario dunha categoría que teña prestados servizos efectivos para o Servizo Galego de Saúde durante, polo menos, dous anos na mesma (aínda que non sexan inmediatamente anteriores á data da convocatoria) poderá participar nesta quenda sempre que estea en situación de servizo activo na devandita categoría nunha institución do Servizo Galego de Saúde no prazo de presentación de solicitudes, e se manteña na devandita situación ata a toma de posesión como persoal estatutario da nova categoría (parágrafo primeiro da Base segunda da convocatoria).
2º.- En canto a exención do segundo exercicio de carácter práctico de ordenador, a Base sétima establece que os aspirantes que participen na quenda de promoción interna que pertenzan á categoría do grupo auxiliar da función administrativa e aspiren a acceder á categoría de persoal de servizos xerais así como os aspirantes que pertenzan á categoría de persoal de servizos xerais que aspiren a acceder á categoría do grupo auxiliar da función administrativa, estarán exentos de realizar o segundo exercicio de contido práctico co ordenador.
De acordo co anterior, para quedar exento da realización do segundo exercicio de carácter práctico de ordenador será suficiente que a persoa sexa propietaria da categoría do grupo auxiliar da función administrativa ou de persoal de servizos xerais e aspire a acceder, pola quenda de promoción interna, á categoría de persoal de servizos xerais ou do grupo auxiliar da función administrativa, respectivamente, sen necesidade de participar nesta quenda desde a categoría do grupo auxiliar ou de persoal de servizos xerais. É dicir, se unha persoa cumpre os requisitos para participar pola quenda de promoción interna por ser propietario dunha categoría que non sexa a do grupo auxiliar da función administrativa ou de persoal de servizos xerais, por exemplo celador, pero ademais é propietario (en situación de excedencia) da categoría do grupo auxiliar da función administrativa ou de persoal de servizos xerais, quedará exento da realización do devandito exercicio.
A xustificación desta exención é que un aspirante que xa superou o exercicio de ordenador para adquirir a condición de estatutario fixo da categoría do grupo auxiliar da función administrativa ou de persoal de servizos xerais, non teña que volver a superar este exercicio para acceder á categoría de persoal de servizos xerais ou do grupo auxiliar da función administrativa respectivamente, cando participe na quenda de promoción interna, con independencia de que a súa participación na devandita quenda sexa desde aquelas categorías ou desde outras para as que cumpre os requisitos para a devandita participación. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
cuchufellos |
|
Velaqui unha banda de ben pretiño de nós. É máis, se algún deles se pón enfermo (Deus non o queira, que dirían as avoas) verémolo aparecer polo HCV, porque son de Manzaneda. De momento, que sigan "adivertindo" ao persoal polo mundo adiante!
|
|
|
|
vacantes plan mellora |
|
A raiz dun correo que nos chegou de Compostela e unha reunión co Xerente de Atención primaria de Ourense temémonos que as vacantes que se iban a crear no 2009 polo plan mellora en tódalas categorias excepto facultativos, de momento suspéndense ata a entrada do novo goberno.
este de abaixo é en concreto o correo remitido á comisión de centro de Santiago.
Pola presente comunícase que, debido a incidencias de xestión orzamentarias coas prazas do Plan Mellora 2009, cuxo incremento se comunicou na última reunión da Comisión de Centro, infórmolle que dita cobertura queda suspendida polo momento. Esto non afecta ás novas prazas de médicos ao pertenceren ao Plan Mellora 2008.
Calquera novidade que se produza a este respecto seralle oportunamente comunicada.
Parece ser que imos ter outro frente aberto de confrontación de persistir no incumprimento dos acordos de primaria. |
|
|
|
CURSO DE PALA- EXCAVADORA |
|
CIG-VALDEORRAS INFORMA
CURSO DE PALA- EXCAVADORA PARA TRABALLADORAS/ES EN ACTIVO DA EMPRESA PRIVADA
O próximo dia 9 de Maio de 2009 dara comenzo o curso de PALA EXCAVADORA para traballadoras/es en activo da empresa privada na CIG-Valdeorras. O curso, que é totalmente gratuíto, tera unha duración de 45 horas, 40 horas de praticas e 5 horas de igualdade repartidas do seguinte xeito, as praticas faranse os sabados co seguinte horario de 9 da maña a 14 horas, e as 5 horas de igualdade faranse repartidas en dos dias pola semana, co seguinte horario, de 20 horas a 22,30 horas.
As prazas dispoñibles son 15 e para anotarse hai que pasar polo local da CIG-Valdeorras ou chamar ao 988 321 511.
O prazo para anotarse e desde o lúns dia 30 de Marzo ata o Xoves dia 7 de Maio
PRATICAS:
MAIO:
SABADO DIA 9 DE 9 A 14 HORAS
SABADO DIA 16 DE 9 A 14 HORAS
SABADO DIA 23 DE 9 A 14 HORAS
SABADO DIA 30 DE 9 A 14 HORAS
XUÑO:
SABADO DIA 6 DE 9 A 14 HORAS
SABADO DIA 13 DE 9 A 14 HORAS
SABADO DIA 20 DE 9 A 14 HORAS
SABADO DIA 27 DE 9 A 14 HORAS
IGUALDADE:
LUNS DIA 22 DE XUÑO DE 20 A 22,30 HORAS
MARTES DIA 23 DE XUÑO DE 20 A 22,30 HORAS
|
|
|
|
GAZA: ZONA PECHADA / CLOSED ZONE |
|
ZONA PECHADA / CLOSED ZONE
|
|
|
|
ó DOG listas de contratación pendentes |
|
INFORMACIÓN MESA CENTRAL DE VINCULACIÓNS TEMPORAIS 25-03-09.
A reunión tiña como obxecto aprobar a resolución pola que se formaliza a convocatoria para a selección de vinculacións temporais de: médica/o de familia, MUH, pediatras, odontólogas/os, enfermeiras/os, auxiliares de enfermaría, matronas e cociñeiras/os.
As alegacións que presentamos a esta convocatoría, maioritariamente non foron aceptadas. Está pendente de aceptar a valoración dos exames de OPE das fundacións de Barbanza e Cee.
Alegacións: 1.- Na páxina 2 da resolución recóllese: ? Que se demora a formalización da selección temporal das/os enfermeiras/os do 061?. Nos aceptáramos este tema póla consideración deste servizo, pero só para o persoal das bases medicalizadas; esta convocatoira debería recoller que o persoal de enfermaría da central de coordinación tiña que ser chamado póla lista xeral da área de Compostela, área a que pertencen. Tamén solicitamos que o texto, neste apartado, recollera a selección do persoal facultativo do 061 e do CTG. O Sergas, co aopio, ou co silencio do resto das organizacións sindicais pospón o tema da seguinte maneira:
Enfermeiras/os do 061, tratamento conxunto parao persoal de bases medicalizadas e da central de coordinación.
Médicas/os do 061 e do CTG. A Admón abordará o tema cando o considere oportuno.
2.- Páxina 3.- Puntuación dos exames aprobados.
En todas as reunións a CIG-SAÚDE tíñamos solicitado que se dera cumprimento ao acordado durante a negociación do proceso de estatutarización. Segundo estes acordos débese puntuar o exame das fundacións que realizaron o proceso selectivo no ano 2006, cos mesmos criterios do SERGAS; coincidindo, ademais, no dia e hora. Seguindo as instrucións da División Xeral de Recursos Humanos de data 19 de xuño de 2006. Isto só afecta aos hospitais de CEE e Barbanza.
O SERGAS dí que para dar cumprimento a isto necesita o apoio umánime das organización sindicais con representación na mesa central de contratacións. CIG, CCOO, UGT e SAE manifestamos o noso apoio; Csif non se posicionou. Ademáis disto, as organizacións sindicais debemos remetir ao SERGAS por escrito esta petición. Con posterioridade, o SERGAS valorará a súa decisión, se é favorable asinaremos unha acta de acordo.
3.- Páxina 4. Obxecto.
Desde CIG-SAÚDE solicitamos, a petición das/os Psicólogas/os Clínicos a incorporación nesta convocatória, asi como que se recolla para este colectivo a formalización dunha convocatoria extraordinaria coincidindo co remate da formación PIR. Tema non aceptado. A Admón dí que este colectivo terá convocatória extraordinária cando o soliciten as Direccións provinciais por esgotarde as listaxes.
4.- Páxina 9. Listaxes especias
Solicitamos que se recoñeza a puntuación pool para o persoal de fundacións cando se cumplan os seguintes requisitos:
? Cando a fundación teña un pacto de vinculacións temporais con idénticos criterios que o pacto do SERGAS.
? O devandito pacto debe de recoller a mesma norma de listaxes pool que a do SERGAS.
? O pacto de vinculacións temporais ten que estar asinado por acordo co comité de empresa.
O SERGAS non ve problema en conceder esta puntuación con estes criterios, o resto de O.S tampouco.
5 º.- Mantense a convocatoria por á rea, os hospitais de Brbanza,CEE e Verín est á n incluídos nas á reas correspondentes. A Adm ón remítese á acta de Mesa sectorial onde se recolle o noso voto en contra.
Como a convocatoria non vai sufrir ningunha modificación,?o SERGAS dí que pode sair publicada no prazo dunha semana?. Coma sempre lembramoslle que se era un prazo real, ou un prazo SERGAS.
Solicitamos, unha vez mais, celeridade na baremación, publicación correcta das listaxes, que utilizaran o método que consideraran oportuno para esixir das Direccións Provinciais que resolveran as reclamacións ás listaxes provisorias sen que o persoal teña que recurrir ao Recurso de Alzada. Publicación das listaxes definitivas antes do verán.
|
|
|
|
|
|
la región |
|
|
|
valdegodos condenada a pagar horas extra ó persoal |
|
A Fundación Valdegodos, condenada a pagar 22.400 euros a 24 traballadoras/es en concepto de horas extras
A Fundación Valdegodos terá que pagar 22.466,27 euros a 24 traballadoras e traballadores polo exceso da xornada realizado no ano 2007, posto que, segundo estabelece o convenio colectivo, non poden exceder as 1.800 horas anuais. Dende a CIG de Valdeorras lembran que, aínda que a sentenza non é firme, a empresa terá que ingresar dita cantidade no xulgado do social para poder recorrer a decisión. Esta resolución súmase ás 27 sentenzas que a CIG xa ten gañado á Fundación, e polas que se recoñece a antigüidade do persoal
Fundación Valdegodos vense caracterizando por ter os traballadores e traballadoras en precario e baixo a escusa de que ?o negocio non vai ben? sempre se negou a pagar trienios e horas feitas a maiores, ?iso que o convenio que asinaron no seu día déixao ben claro, non cumpren nin tan sequera o que eles mesmos asinan? critican dende a CIG de Valdeorras.

A respecto da negociación do novo convenio que asinaron con UGT e CCOO, dende a Unión Local sinalan que ?as cousas seguen igual e nalgúns casos peor que antes?, xa que en varios centros da Fundación onde a CIG ten o apoio maioritario, ?téñense tomado represalias por reclamar o que legalmente lle corresponde os traballadores e traballadoras e por non asinar este convenio que non supón ningunha mellora con respecto ao anterior?.
Miles de euros gastados en avogados
Para a CIG de Valdeorras resulta paradoxal que a Fundación Valdegodos asegure aos traballadores e traballadoras que non ten cartos, e por iso non pode asumir ningunha das melloras que a central propuxo na negociación, mentres gasta miles de euros en preitos e avogados, ?pois teñen fichado a un dos bufetes máis caros de Ourense?.
?Sen contar as costas dos xuízos mais a minuta dos avogados, que sabemos que e unha contía superior, o que de momento tiveron que ingresar nos distintos Xulgados do Social polas distintas reclamacións xa suma 33.160,15 ?. Desde a CIG-Valdeorras preguntámonos por que a Fundación Valdegodos prefire gastar miles de euros en preitos e non pagarlle os traballadores e traballadoras o que legalmente lles corresponde?, sinalan.
Así mesmo, adiantaron que seguirán a reclamar e esixir que se cumpra o convenio, ?un convenio feito a imaxe e semellanza da Fundación, coa complicidade de UGT e CCOO? e sinalaron que lle pedirán as dúas organizacións sindicais que tamén esixan e fagan cumprir o convenio.
fonte avantar |
|
|
|
asemblea vacaciois HCV |
|

Hoxe a comisión de centro deu conta nunha asemblea informativa, das xestiois que se fixeron a raiz das instruccios da dirección de enfermaria nas que se pretendia variar os meses ordinarios de vacaciois de 3 a 4, é decir incluian xuño no mes de rotación cando dende hai moitos anos temos consolidado os tres meses de periodo ordinario.
Ó final conseguimos que a Xerencia botara atrás estas instrucciois sen sentido da dirección de enfermaría, iso sí advertindo ó persoal que no mes de agosto poidera haber problemas na cobertura dalgunha categoria, pero sería entón cando tería a dirección que buscar unha solución negociada ó problema.
Polo tanto as vacaciois seguen igual co ano anterior o único que cambia para dar cumprimento ó acordo asinado entre comisión de centro e dirección, é que os LDs adicionais por vacaciois non teñen que ir obrigatoriamente pegados as vacaciois se o traballador así o solicita. |
|
|
|
borrador convocatoria de listas de contratación |
|
o SERGAS achegounos un borrador da convocatoria de contratación pendente, temémonos que esta vaise retrasar á visa de que queren pasala por mesa sectorial, polo que cecais habería que plantexarse iniciar mobilizaciois co fin de axilizalas, este de abaixo é o correo do SERGAS e o enlace dende podedes descargar o borrador.
Achegámosvos o borrador da nova convocatoria de selección temporal (médicos de familia, pediatras, odontólogos, médicos de urxencias hospitalarias, matronas, DUE, auxiliares de enfermería e cociñeiros) para o voso coñecemento e valoracións na vindeira xuntanza da comisión central de seguimento do pacto, cuxa convocatoria recibiredes nos próximos días.
borrador da convocatoria |
|
|
|
o hospital |
|
|
|
|
|
concentracións silenciosas en repulsa polas agresións de Moratalla |
|
CONCENTRACIÓN EN TODOS OS CENTROS DO SERGAS
POLO ASASINATO DA MÉDICO DE MURCIA
mércores, 18 de Marzo de 2009
As Organizacións abaixo asinantes desexan expresar a súa máxima repulsa e condena polos sucesos acaecidos na madrugada do 11 de marzo no Centro de Saúde de Moratalla, en Murcia, que ocasionaron a morte dunha médico de familia, de 34 anos, e feridas a un condutor de ambulancia que se atopaba no Centro de Saúde.
Os devanditos profesionais atopábanse desempeñando a súa actividade laboral no Servizo de Urxencias do citado centro, cando foron agredidos cunha arma de fogo por un paciente que acudiu ao Servizo de Urxencias.
Por todo iso, convocamos a TODO O PERSOAL de todos os Centros de Saúde, Centros Hospitalarios e Servizos de Urxencias a realizar unha CONCENTRACIÓN SILENCIOSA, durante cinco minutos, na entrada dos respectivos centros de traballo, o mércores día 18 de Marzo de 2009 co seguinte horario:
Na quenda de mañá, a concentración será ás 12 horas
Na quenda de tarde, a concentración será ás 18 horas
Na quenda de noite, a concentración será ás 23 horas
SINDICATOS: OMEGA - CESM - SATSE - SAE - CCOO - UGT - CIG - CSI.CSIF - SPF
CONSELLO GALEGO DE COLEXIOS MÉDICOS
SOCIEDADES CIENTÍFICAS: AGAMFEC - SEMG Galicia - SEMERGEN Galicia - SEMES Galicia |
|
|
|
Good night mon ami |
|
Animación en plastilina, baseada nun relato de Castelao. Nun porto do norte de Europa, encóntranse un mariñeiro que fala inglés con outro que fala francés. Ambos beben xuntos, ainda que sen entenderse. Cando se dispoñen a pagar danse conta de que acaban de ser vítimas dun ladrón de carteiras.
|
|
|
|
validación documentación en galego noutras comunidades |
|
VALIDACIÓN DE DOCUMENTACIÓN:
http://www.xunta.es/linguagalega/validacion_de_documentacion
As persoas que precisen presentar en castelán documentos oficiais (títulos, diplomas, etc.) redactados en galego poden facer uso do servizo de validacións da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que certifica o valor desa tradución.
Requisitos
Documentación necesaria:
- solicitude de validación de documentación traducida,
- fotocopia do documento ou documentos orixinais compulsada por un organismo oficial,
- tradución literal ao castelán dese/s documento/s,
- datos do solicitante cun enderezo, no caso de que desexe recibir a documentación de volta por correo.
Presentación da documentación
Esta documentación poderá ser presentada nos gabinetes provinciais de normalización lingüística, en calquera rexistro da Administración ou nas dependencias da Secretaría Xeral de Política Lingüística (R/ Pastoriza, n.º 8, 15781 Santiago de Compostela).
Entrega da validación
As traducións validadas entregaranse en man no correspondente gabinete provincial de normalización lingüística no que foi entregada a documentación ou na Secretaría Xeral de Política Lingüística, se é o caso.
Se o solicitante así o indica no momento da presentación da documentación, poderá recibir a tradución validada por correo no seu enderezo particular.
|
|
|
|
colexiación profesional |
|
CON DATA 3 DE OTUBRO DE 2008 A SECRETARÍA XERAL DO SERGAS A INSTANCIA DE CIG-SAÚDE REMÍTENOS UN ESCRITO INFORMANDONOS DE QUE OS PROFESIONAIS TITULADOS VINCULADOS COA ADMINISTRACIÓN NON PRECISARÍAN ESTAR COLEXIADOS, SEGUNDO A LEI 11/2001.
A DÍA DE HOXE O SECRETARIO XERAL DO SERGAS RATIFÍCASE NO INFORME EMITIDO O 20 DE XANEIRO DE 2009 POLO LETRADO XEFE DA ASESORÍA
XURÍDICA QUE INDICA:
?COA NORMATIVA VIXENTE NA ACTUALIDADE DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, E COA INTERPRETACIÓN QUE FIXO A XURISPRUDENCIA, NON EXISTE OBRIGACIÓN DE COLEXIACIÓNS PARA OS TITULADOS SANITARIOS QUE DESENVOLVAN AS SUAS FUNCIÓNS NA SANIDADE PÚBLICA, CON CARÁCTER DE EXCLUSIVIDADE?
CIG-SAÚDE CONGRATÚLASE DE QUE A ADMINISTRACIÓN RECOÑEZA A NON OBRIGATORIEDADE DOS TRABALLADORES A PERTENCER Á UN ÓRGANO EN CONTRA DA SUA VONTADE, CO QUE ADEMAIS NON COMPARTE OS SEUSOBXECTIVOS, NON SENTÍNDOSE REPRESENTADO POLO MESMO.
escrito do secretario sobre colexiación médica xeral en base a informe xurídico
informe colexiación |
|
|
|
temarios SERGAS para a afiliación |
|
CIG-SAUDE ten un acordo coa editorial MAD para aplicarlle descontos do 25% ós afiliados e afiliadas. Para tramitar os pedidos hai que poñerse en contacto con CIG-SAUDE (locais sindicais ou telefonicamente) para cubrir as solicitudes de pedido. O pedido será remitido ó domicilio do solicitante e pagado contra reembolso. Se o pedido supera os 90?, os gastos de envío (5?) serán gratuítos.
Prezos sen desconto dos temarios e test da OPE por categoría.
Téñense que pedir necesariamente dende os locais de CIG-Saúde para acadar o desconto.
|
|
|
|
carreira odinaria do SERGAS |
|
A PLATAFORMA SINDICAL CONSTITUIDA POR: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT , TRALAS MOBILIZACIÓNS REALIZADAS ESTABAMOS CONVOCADOS Á UNHA MESA DE NEGOCIACIÓN O DÍA 6 DE MARZO DE 2009, NA QUE PREVIAMENTE O SERGAS SE COMPROMETERA Á ACADAR ACORDOS NAS REIVINDICACIÓNS PRESENTADAS POLA PLATAFORMA.
TRALA NOVA SITUACIÓN POLÍTICA, ENTENDEMOS A POSTURA DA ADMINISTRACIÓN DE NON NEGOCIAR, POR ESTAR NUN GOBERNO PROVISIONAL QUE NON PODE RESPALDAR AS DEMANDAS DA PLATAFORMA SINDICAL.
A PLATAFORMA SINDICAL MANTENSE CONSTITUIDA E O PRIMEIRO DÍA DE TOMA DE POSESIÓN DO NOVO CONSELLEIRO/A LLE SERÁ REMETIDO ESCRITO SOLICITANDO A CONVOCATORIA DE ESTA MESA PARA RETOMAR ÁS NEGOCIACIÓNS DO RÉXIME ORDINARIO DE CARREIRA.
TÁBOA REINVIDICATIVA
? MELLORA DO RÉXIME TRANSITORIO
? TRATAMENTO DO PERSOAL INTERINO
? PROMOCIÓN INTERNA AXEITADA
? AVALIACIÓN XUSTA
? TRATAMENTO DE FUNCIONARIOS E LABORAIS
? TRATO MÁIS FAVORABLE AO PERSOAL DA OPE 2006
APRAZASE A NEGOCIACIÓN DE CARREIRA ORDINARIA
ESPERAREMOS Á TOMA DE POSESIÓN D@ NOV@ CONSELLEIR@
MANTÉÑENSE AS NOSAS REIVINDICACIOIS
SE O NOVO GOBERNO QUERE PARAR AS MOBILIZACIÓNS TEN QUE ACEPTA-LAS DEMANDAS SINDICAIS |
|
|
|
pizarra: unha hora extra a cambio dun xantar |
|
A CIG de Valdeorras denuncia que unha empresa obriga aos traballadores/as a realizar unha hora extra a cambio dun xantar
A CIG de Valdeorras vén de denunciar que o grupo da lousa CUPIRE, integrado en CUPA GROUP, está pondo en marcha unha práctica ?sorprendente: traballo a cambio de comida?. Segundo denuncian, os 375 traballadores/as da louseira están obrigados a xantar nos comedores da empresa e co servizo de comidas da empresa e a cambio, deberán realizar, tamén obrigatoriamente, unha hora extraordinaria ao día, ?para pagar a comida que, obrigatoriamente, recibiron?.
Dende a CIG de Valdeorras exixiron a CUPIRE que cese nesa práctica e que oferte o servizo de comedor a prezos razoábeis e ?non co propósito de facer un novo negocio. Estamos no século XXI?. Así mesmo, denunciaron que esta práctica é ?desleal para con todo o sector, de quen semella ser máis ben un ave de rapiña que agarda ver como hai víctimas que están no último suspiro?.
O coñecido grupo da lousa CUPIRE, integrado en CUPA GROUP, con ampla expansión internacional e con máis de 2.100 persoas traballando ao seu servizo, ?está a poñer en práctica unha máxima e unha aspiración de todo sistema escravista: traballo a cambio de comida?, segundo indicou o responsábel da CIG de Valdeorras, Adriano Brito.
Os 375 traballadores e traballadoras do sector da lousa pertencentes ao grupo CUPIRE en Valdeorras están sometidos a un trato (totalmente obrigatorio) que consiste en que todo o persoal debe xantar, obrigatoriamente, nos comedores da empresa e co servizo de comidas da empresa. A cambio, deberán realizar unha hora extraordinaria ao día, ?para pagar a comida que, obrigatoriamente, recibiu. Negocio sorprendente?, critican dende a CIG de Valdeorras.
Unha vella reivindicación
Dende a central explican que os comedores de empresa, vella reivindicación sindical nas mobilizacións do sector nos principios dos 90 (que ademais contou coa oposición frontal dos responsábeis de CUPIRE naquel entón) son para que os traballadores e traballadoras podan ter un servizo de comidas san, hixiénico e digno. ?Nunca para que a empresa faga negocio e tire beneficio por dobre vía: como restaurante e coa propia producción que fai na hora extra?, afirman.
Para resaltar o significado desa hora a maiores de balde, explican que a producción diaria de 375 persoas no sector da lousa ven sendo, aproximadamente, de 36 xaulas. O prezo medio (tendo en conta que hai diversas medidas e calidades) anda arredor dos 1.000 ? por xaula. Isto significa que na hora extraordinaria facturan ao redor de 36.000 ?, que multiplicado polos 225 días laborábeis ao ano, ?que ás veces son algún máis, obtemos a cantidade de 8.100.000 ? (máis de 8 millóns de euros). Unha verdadeira lotería primitiva?.
Por se fose pouco, continúa Brito, esta práctica (imposta pola empresa e obrigatoria para os traballadores e traballadoras) choca frontalmente coa situación de crise. ?Como se poden facer horas extras en plena crise??, pregúntanse dende a CIG de Valdeorras. ?Resulta hipócrita e desleal co resto das empresas do sector; a eliminación desa hora extra suporía darlle traballo a case 50 desempregados; se a crise, parón da construcción e sobreproducción, que tanto teñen repetido os empresarios, é tan real, producir máis é suicida!?.
Non obstante, CUPA GROUP fai gala na súa páxina web do incremento de facturación en 2008 a respecto de 2007, a augura un medre aínda maior para 2009.
avantar |
|
|
|
sentenza valdegodos |
|
O centro deberá pagar 681 euros máis os intereses legais moratorios
A Fundación Valdegodos, condenada por 27ª vez a recoñecer a antigüidade a un traballador
A Fundación Valdegodos de volveu ser condenada a recoñecer a antigüidade a un traballador do centro, así como a abonar os atrasos adebedados neste concepto. Con esta xa van 27 demandas a favor das reivindicacións dos traballadores e traballadoras deste centro.
A resolución condena á Fundación a abonar polo período de abril a decembro do 2008 (dúas pagas extras incluídas) a cantidade de 681,45 euros ao traballador en concepto de complemento por antigüidade, ?máis os intereses legais moratorios?.
O traballador ao que se refire a sentenza vén prestando os seus servizos como celador na Fundación Valdegodos dende o ano 1996, polo que lle correspondería cobrar tres trienios de antigüidade que a dirección do centro non quería recoñecer.
En setembro do ano pasado o Xulgado do Social número 2 de Ourense xa fallou a favor do traballador, aínda que a empresa recorreu. Agora, esta nova sentenza estabelece claramente que non cabe interpor recurso algún, polo que a Fundación deberá abonar a contía estipulada.
avantar |
|
|
|
|
|
|
|
|