|
|
|
Quen puidera namorala - pradolongo |
|
quen poidera namora de Luis Emilio Batallán baseada nun poema de Álvaro Cunqueiro, foi regravada para a película pradolongo, esta é unha montaxe ca musica e imaxes da película onde se mostran paisaxes da nosa comarca.
A película comeza a xirar polo resto de galiza a partir das seguintes datas:
28 de marzo en Ourense
4 de abril en Vigo
11 de abril A Coruña
18 de abril Pontevedra e Narón |
|
|
|
incidencia da silicose nos traballadores da pizarra |
|
hoxe na web galiza-CIG, aparece un artigo do estudo epidemiolóxico médico?técnico realizado sobre os traballadores da lousa en Valdeorras.
os resultados son mais que preocupantes.
Realizáronse un total de 398 recoñecementos médicos, nos que 284 traballadores non presentaban alteracións significativas, 54 traballadores presentan pequenas opacidades, outros 35 unhas opacidades un pouco maiores pero que non se poden cualificar como silicose, e 25 traballadores están diagnosticados como enfermos de silicose en distinto grao (21 deles en silicose simple e outros 4 en silicose complicada). O 6,28% dos traballadores que voluntariamente se prestaron a ser recoñecidos presentan a enfermidade.
A idade media dos traballadores recoñecidos é de 44 anos, sen embargo a idade media dos traballadores afectados con silicose complicada é de 47 anos. O técnico de saúde laboral da CIG de Ourense incidía neste dato xa que ?estamos falando de que a unha idade moi pronta, é xente nova, e que xa teñen un nivel de silicose?.
podedes ver o resto do artigo, premendo aquí
nese enlace tamén podedes ver o Estudo Epidemiolóxico Médico-Técnico en Traballadores/as da pizarra de Valdeorras
noticia en la región |
|
|
|
dalle de mamar... en galego... |
|
un fermoso video de oquetencutenmedo
|
|
|
|
problemas baremación cursos de formación SACYL |
|
Como tod@s saberedes, recentemente publicáronse as listas de contratación definitivas do Sacyl; e como todos saberedes tamén, houbo moita xente que reclamou ás provisionais por estar mal baremada (sobre todo no que respecta a cursos) e que agora nas definitivas aparece igualmente mal baremada.
Vendo a cantidade de casos deste tipo que se deron, e estudiando un par de casos de afiliadas que se nos presentaron, démonos conta de que os cursos que non foron baremados eran aqueles cuxos certificados estaban expedidos en galego.
Esto pareceunos inverosímil, pero cadraba coas nosas contas asi que decidimos confirmar se era este o "problema" e actuar.
Puxémonos en contacto coa Dirección de Recursos Humanos en Valladolid, onde nos dixeron que cada área de xestión era quen decidía sobre este asunto. Polo que nos puxemos en contacto tamén co Xerente da área de Xestión León Bierzo.
Este explicounos que o problema de non baremar os cursos certificados noutro idioma que non fose o castelán non era por discriminar a ninguén, senón porque lles chegaron cursos en euskera e en catalán que non entendían, que os levou a tomar esta decisión.
Ante isto comentámoslle que non era de recibo se tomaban unha decisión deste tipo, que non a comunicaran na mesma publicación das listas provisorias, para que este persoal poidera solventar o problema e saise coa nota que lles poidera corresponder nas listas definitivas, que ademais o problema agravábase posto que tanto nas anteriores listas de contratación como na derradeira OPE do SACYL, estes cursos sí que foron baremados, polo que pedíamos unha solución mediante resolución do tribunal de dar prazo a todo este persoal para que arranxara o problema, ben fose via recurso de alzada ou outra alternativa que se lles poidera ocurrir.
Ó final derivounos de novo a RR.HH. onde o máximo que poidemos conseguir foi que a súa asesoria xurídica revisaría o tema nos recursos de alzada e se é legal ou non o que fixeron.
Hai que decir que o estatuto de Castilla y León dí no seu artigo 5.3 "gozará de respeto y protección la lengua gallega en los lugares que habitualmente se utilice", é dicir no Bierzo e na zona de Zamora que linda con Galiza, isto sumado a que en anteriores convocatorias da bolsa de contratación e na OPE puntuasen estes cursos, entendemos que hai motivos para levar o tema ó xuzgado en caso de que non prosperen os recursos de alzada.
Polo tanto recomendamos que a xente que se poidera ver prexudicada na baremación por non terse computados os cursos por estar en galego, faga un recurso de alzada ante a "Dirección General de RR.HH. de la Gerencia Regional de Salud". Neste débese constatar todo o que expuxemos anteriormente e ademais axuntar tradución xurada destes cursos que non foron puntuados por este motivo e pedir que o sexan neste recurso de alzada.
Dende CIG-Saúde imos mandar un escrito con todas estas alegaciois pedindo que se resolva a situación, ademais de poñernos en contacto con RR.HH. do SERGAS para que medie no asunto.
Seguiremos informando das novas según se vaian producindo. |
|
|
|
publicados destinos provisionais |
|
Saen hoxe publicados no DOG os listados de destinos provisionais das categorías de:
ATS/DUE
Auxiliar de Enfermaría
Celador
Auxiliar Administrativo
PSX
Pediatras AP
Para consultar a resolución de publicación podedes premer aqui. Se pinchades en cada categoría veredes o listado provisional publicado desa categoría.
|
|
|
|
ainda vivimos nos 60? |
|
Parece mentira que a estas alturas do século XXI ainda teñamos que darnos de narices con noticias do calibre desta.
Nunha clínica gaditana as traballadoras van ser "castigadas" pola empresa, que lles deixa de pagar o complemento de productividade, porque se negan a poñer o uniforme "sexista e denigrante" que lles obrigan a poñer.
Para mais INRI esta clínica está concertada co Servizo Andaluz de Saúde, e parece que lles importa ben pouco a normativa en materia de saúde laboral ou a Lei de igualdade, cando argumentan na sua defensa que é unha norma posta dende hai 30 anos pola empresa e conleva sanción.
Igual hai 30 anos inspiráronse nas películas insufribles do pajares e o esteso para facer a norma.
|
|
|
|
texto consolidado do acordo de UAPs |
|
Podedes ver o texto consolidado do acordo de UAPs (que tén que ser ainda revisado e enmendado antes da súa sinatura) nesta ligazón. |
|
|
|
convocatoria ope administración xeral do estado |
|
Publicada no BOE do 14 de marzo convocatoria de procesos selectivos para o ingreso en corpos da administración xeral do estado. Convócanse un total de 4.581 prazas.
Podedes consultar as bases da convocatoria premendo nesta ligazón.
Na imaxe da dereita podedes ver o cadro de prazas que se convocan.
|
|
|
|
publicadas definitivas de SACYL |
|
Están xa publicadas as listas definitivas de contratación de Sacyl, podedes velas aqui.
Deixámosvos aqui unha ligazón directa á área do Bierzo. |
|
|
|
novas traslados SERGAS |
|
Velaqui a nota que envía o SERGAS:
Está previsto que o vindeiro venres, día 28 de marzo, sexan publicadas no D.O.G. as resolucións provisionais e destinos provisionais adxudicados do concurso de traslados das seguintes categorías:
- PEDIATRAS DE ATENCIÓN PRIMARIA.
- ATS/DUE.
- AUXILIAR DE ENFERMARIA.
- GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA.
- PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS.
- CELADOR.
RECURSOS HUMANOS
SERGAS |
|
|
|
o emigrante |
|
servido por eneko
|
|
|
|
roteiro da memoria |
|
Hoxe se o tempo o permite, celebrarase en Vilamartín "o roteiro da memoria" organizado polo Grupo de traballo Vilamartín s. XXI para reivindicar o cambio de nome das prazas e rúas con nomenclatura franquista, O acto incluirá tamén unha ofrenda floral en recordo dos represaliados. ás oito, no centro sociocultural Santa Lucía, Gonzalo Hervella explicará o proxecto de investigación «Nomes, voces e lugares», de recuperación da memoria histórica.
Onte, enmarcado neste mesmo programa proxectouse en Vilamartín a documental de apoio a SOS COUREL «Unha lousa sobre o Courel».
.
|
|
|
|
ascensión a Trevinca |
|
atopamos na rede un interesante blog de manuelgago, no vídeo de abaixo fain unha intentona de ascender ó pico mais alto de Galiza, Trevinca sur a 2127 metros de altura, pero a metereoloxia non llo permetiu, outra vez será, o vídeo mostra o relieve montañoso da nosa área de saúde, que fai que o acceso á sanidade de moitos pobos sexa moi complicado.
|
|
|
|
o home e o carro |
|
Este é o filme documental onde Xaquin Lorenzo falaba sobre a relación entre os homes e o carro galego, e a influencia que este veículo tivo no desenvolvemento do rural deste noso país. Paga a pena velo, é un documento único:
|
|
|
|
insistimos: NON á guerra |
|
o expresidente jose mari fixo onte unhas declaraciois á BBC seguindo erre que erre no seu apoio á guerra de Irak, afirmando que a situación que viven neste país sin ser idílica sí que é boa.
Menos mal que a lo menos durante 4 anos mais os acólitos deste "pacifista" non poderán asinar tratados de guerra, mais que a que lle poidan facer ó governo en alianza ca alta xerarquía da iglesia.
insistimos: NON Á GUERRA
|
|
|
|
miopía |
|
Para pasar estes días de "paixón", deixámosvos unha curtametraxe que fala desa enfermidade da vista... ou doutros órganos:
|
|
|
|
|
|
o carrabouxo
la región |
|
|
|
visita da Conselleira ao Barco |
|
Hoxe a conselleira de sanidade de Galiza máis o seu homólogo de Castilla y León, asinaron un acordo de colaboración entre as duas comunidades. O acto de sinatura desenvolveuse no Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras.
A comisión de Centro, quixemos aproveitar o acto para facerlle entrega á Conselleira dun escrito acompañado de 200 sinaturas solicitando entre outras cousas o aumento de plantilla no HCV debido á carga de traballo que levamos padecendo hai tempo.
O venres non conseguimos concertar dita entrevista ante a negativa total por parte da conselleria.
Hoxe dirixímonos de tódolos xeitos ó lugar da reunión (o Pazo do Castro), ca intención de dar unha roda de prensa denunciando a actitude hipócrita da Administración, que por un lado falan de diálogo cas forzas sociais e por outro somente se preocupan de que non aparezan conflictos nos medios de comunicación, para non dañar a súa imaxe.
Ó final conseguimos entrevistarnos co secretario xeral do SERGAS, que nos emprazou a unha reunión entre el e a comisión de centro no mes de abril, así mesmo fixémoslle entrega do escrito e en proba de boa fe desconvocamos a rolda de prensa que tíñamos convocada cos medios de comunicación e rebaixamos considerablemente o tono no comunicado que fixemos posteriormente e mandamos ós medios de comunicación e que aquí vos deixamos.
AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
No día de hoxe no rexistro do Hospital Comarcal Valdeorras, entregamos sinaturas de traballadores/as deste centro hospitalario que solicitan que sexa aumentado o cadro de persoal conforme ao aumento de cargas de traballo que se vén producindo nos últimos tempos.
Estando dotado o Hospital Comarcal Valdeorras de 92 camas, e resultando totalmente insuficientes tal e como se desprende do continuo incremento de camas supletorias ou ?C?; e estando este centro hospitalario dotado do persoal que a administración considerou acaído para esta dotación de camas (a esta Comisión de Centro sempre lle pareceu deficitario), resulta claramente insuficiente para as cargas de traballo que se veñen dando desde hai tempo derivadas do aumento da poboación na área e envellecemento desta (aumento de residencias da terceira idade), do aumento de camas ?C? así como do aumento de autoconcertación (tanto cirúrxica como de consultas).
Enterada esta Comisión de Centro pola prensa da visita ao Barco da Conselleira de Sanidade e o Secretario Xeral do SERGAS, así como outras autoridades da Consellería de Sanidade, para a sinatura dun convenio coa Consejería de Sanidad de Castilla y León, solicitamos ter unha entrevista coa Conselleira para entregarlle persoalmente este escrito de solicitude de aumento de persoal, ao que en principio se negou. Finalmente hoxe, antes do transcurso do acto de sinatura, fomos recibidos/as polo Secretario Xeral do SERGAS, Cayetano Rodríguez, que se comprometeu con esta Comisión de Centro a realizar unha visita ao HCV no mes de abril e entrevistarse cos/as representantes dos/as traballadores/as. Nesa visita esperamos expoñerlle a problemática de persoal deste Centro (da que di ter coñecemento) e que sexan comprometidas tamén actuacións para tentar solucionala.
Do mesmo xeito, solicitamos ao Secretario Xeral do SERGAS que esta Comisión de Centro sexa informada convenientemente de todas aquelas actuacións que afecten ao persoal que representa, cousa que non se viña facendo, ao que tamén se comprometeu Cayetano Rodríguez, pedíndonos disculpas por non telo feito acaidamente.
O Barco, 17 de marzo de 2008
Asdo: Susana Méndez Rodríguez
Presidenta da Comisión de Centro HCV
|
|
|
|
resolución concurso OPE FEAS |
|
Sae hoxe en DOG a resolución que publica provisionalmente as puntuacións da fase de concurso de certas categorías de FEAS. Ao longo da mañá o SERGAS iraas colgando na súa páxina.
Ábrese un prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte á publicación (ou sexa, mañá) para a presentación de reclamacións. |
|
|
|
asinado acordo definitivo PACs |
|
Despois dalgunhas correccións ao borrador, prantexadas por CIG-saúde, o venres asinouse o acordo definitivo de PACs.
Aqui podedes ver a acta de asinatura e aqui o texto final do acordo. |
|
|
|
|
|
|