CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

vimos simplemente a traballar
Vaia semaniña levamos a conta dos cabeza de unto que ten o SERGAS negociando, asambleas, concentraciois,manifestaciois, folgas e peches; xa nos víamos pasando o fin de semana pechados no hospital e mirade que era joio e, sendo mañá domingo de ramos; a compañeira Susana que xa tiña preparado o ramo de toxos para a procesión, rezaba polo baixo o que non sei é a que santo se encomendaba, para min que era a san kukufato pois algo mascullaba de atarlle os collois a alguén. :-)
Eu como son devoto de San Antoniño verdadeiro, sabia que non me podía fallar e como xa sabedes iluminou o camiño dos cabeza de unto antes mentados, e nos dan un fin de semana para cumprir cos nosos deberes "espirituais"; o luns voltaremos de novo a realidade da carne.

Hoxe polo de pronto mirando outras páxinas atopei de novo no blog oquetencutenmedo este vídeo no que a autora do blog introduce entre outras moitas, duas ou tres fotos das movilizaciois pola carreira:





Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 31-03-2007 15:12
Queres comentar ou preguntar algo?
acordo de última hora
Despois dunha tensa tarde de espera, con peches de delegados sindicais e traballador@s en todos os hospitais galegos, apoiando o peche que iniciaran esta mañá @s compañeir@s en Santiago, parece ser que o SERGAS comeza a decatarse de que a súa postura non é sostible.
A última hora (hai escasamente uns minutos) chegouse a un acordo mediante o cal as organizacións sindicais comprométense a desconvocar os peches (que non as folgas) ata o martes, día no que se celebrará unha reunión na que se pretende que haxa por fin un acordo sobre a carreira, mellorando en todos os puntos a última oferta feita polo SERGAS.

Veremos o martes o que da de si esta reunión. Convocamosvos para o mércores ás 14 hs, a unha asemblea na que vos daremos conta de como está o proceso.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 31-03-2007 00:26
Queres comentar ou preguntar algo?
seguimos pechados
hai 2 horas pénsabamos que íbamos colgar a información de que levantábamos os peches, pero ainda seguimos neles posto que os responsables do SERGAS e sindicatos seguen negociando na consellería, sin porse de acordo.
seguiremos informando

SEGUIMOS PECHADOS


Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 31-03-2007 00:06
Queres comentar ou preguntar algo?
URXENTE
NUNHA POSTURA DE CHANTAXE QUE NON VÍAMOS NA ADMINISTRACIÓN DENDE FAI ANOS, O SERGAS DI HOXE ÁS CENTRAIS SINDICAIS EN SANTIAGO, QUE NON ACEPTA A POSTURA SINDICAL . A PREMISA POR PARTE DO SERGAS É QUE SE DESCONVOQUEN TÓDOLAS MOVILIZACIÓNS XAAA! DESE MODO SENTARÍANSE Á MESA O DÍA 4 DE ABRIL.. SE ESTO NON SE CUMPRE; ATA DESPOIS DAS ELECCIÓNS NON OFRECEN NOVO FORO NEGOCIADOR É DICIR NON OFRECEN DIÁLOGO ATA O DÍA 24 DE ABRIL.



ESTO É UNHA CHANTAXE EN TODA REGLA!!!!!!!!!!! OS NOSOS COMPAÑEIROS NON SE MOVERÁN DO EDIFICIO DO SERGAS EN SAN LAZARO ATA QUE A ADMINISTRACIÓN ESTÉ DISPOSTA A SENTARSE CON ELES E DESBLOQUEAR ESTA SITUACIÓN!!!!!

AS 19,30 SE CONVOCA UNHA ASAMBLEA DE PERSOAL NO SALÓN DE ACTOS DO HCV PARA DE SER O CASO PROSEGUIR CUN PECHE INDEFINIDO PARA PROTESTAR POLA POSTURA MACARRA DA ADMINISTRACIÓN.

NESTE INTRE ESTAN OS DELEGADOS SINDICAIS PECHADOS PRÁCTICAMENTE EN TÓDOLOS CENTROS DE TRABALLO.
NON FALLES

SEGUIREMOS INFORMANDO A MEDIDA QUE TEÑAMOS NOTICIAS

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 30-03-2007 15:45
Queres comentar ou preguntar algo?
dúbidas sobre as datas dos exames
O pasado domingo 25 de marzo aparecía no xornal "La Región" unha noticia titulada "Os exames para cubrir 2.400 prazas do Sergas serán na última semana de xuño" que está a provocar alarma entre @s opositor@s pola desinformación que supón afirmar que todos os exames serán en xuño.

Obviamente, quen escribiu esta noticia descoñece por completo o xeito en que se realizan as seleccións de persoal (a ninguén lle colle na cabeza que se poidan facer os exames de todas as categorías a finais de xuño) e identifica á categoría de facultativos con todo o persoal, posto que os exames que están previstos en xuño son os de médicos.

Nese sentido, tranquilizar a toda a xente que estes días nos está preguntando se se aprazaron os exames, posto que segundo podedes ver na páxina do SERGAS, a previsión de datas, polo de agora, segue a ser a mesma.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 30-03-2007 14:29
Queres comentar ou preguntar algo?
de que carallo fala o touriño
Lidas as declaracións na prensa do presidente da Xunta, flipamos a colores, de que carallo fala este tio?.
expectativas creadas di o "socialista" este, á discriminación que sufrimos o resto das categorias con respecto ao persoal sanitario diplomado e facultativo chámalle o colega «expectativas acumuladas». se enche a boca falando de melloras para especialistas e déficit acumulado de precariedade. Mistura todo a carreira profesional co problema dos especialistas interinos.
Na folga de hoxe quedou patente o cabreo do persoal non facultativo, que ve como este goberno de "progreso" aumenta as diferencias salariais e de condiciois de traballo entre o colectivo facultativo e o resto. logo solta que está seguro que mellorarán as condiciois de todo o mundo, cando en vez de propostas serias o departamento de sanidade insulta ao persoal con propostas que o único que fan é cabrear mais aos/as traballadores/as.
Si o goberno de "progreso" quere mellorar condicióis que poña sobre a mesa unha proposta seria, que non discrimine en anos ao persoal, que contemple aos funcionarios e laborais, aos interinos e que non profundice mais as grandes diferencias salariais que xa existen; de non facelo está claro que simplemente el e todo o seu goberno seguen na mesma líña de manoliño e a súa tropa; igual acabamos cantando tod@s nas próximas elecciois o mesmo que nas derradeiras,,,,

se va el caiman, se va el caiman

Aí veñen as elecciois municipais, haberá que tomar nota do que fan e actuar en consecuencia.

QUEREMOS CARREIRA COMO A DA CONSELLEIRA
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 30-03-2007 01:21
Queres comentar ou preguntar algo?
lección de dignidade
Hoxe levouse a cabo a folga de 24 horas no SERGAS, o paro nos hospitais e centros de primaria foi prácticamente total, a pesares de que o SERGAS marcou uns servizos mínimos de escándalo por abusivos. Pretendia deste xeito evitar a afluencia de persoal a manifestación de Santiago, pero lonxe de conseguilo a xente non se aminalou e en Santiago celebrouse a que cecais sexa a manifestación mais numerosa celebrada por persoal do SERGAS, a pesares que non afectaba a persoal sanitario diplomado e persoal facultativo.
mais de 5.000 persoas percorreron varias ruas de santiago amosando a sua indignación e reivindicando unha carreira xusta. O SERGAS esperaba que esta xornada non tivese éxito, para deste xeito negociar a baixa a carreira profesional cos sindicatos, mais non o logrou e mañá veremos que proposta poñen enriba da mesa.
ë curioso que co bipartito as cousas en materia de información na telegaita apenas cambiaran, posto que apenas diron unha toma de 2 segundos dun plano da manifa en xeral.
A madera tamén na sua liña, a pouco mais remata en bronca a entrada no recinto do SERGAS posto que non deixaban acceder a explanada superior aos traballadores, houbo algún porrazo solto.
Mañá hai negociación de novo ca Administración e veremos si dan un paso hacia diante que permita desconvocar as mobilizacións previstas ou seguiremos en pe de guerra contra desta actitude discriminatoria.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 29-03-2007 20:13
Queres comentar ou preguntar algo?
tod@s a Santiago
lembrade que mañá as 7 e media da mañá sale o bus dende a porta do HCV hacia santiago x unha carreira profesional digna.
Que nos oigan en santiago, que si esto non se amaña CAÑA CAÑA CAÑA


Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 28-03-2007 21:46
Queres comentar ou preguntar algo?
oferta de curso baremable
Ofertamos un curso de 20 hs baremable para persoal en activo:

HABILIDADES SOCIAIS E MELLORA DA CALIDADE NA ATENCIÓN AO PACIENTE


Duración: 20 horas.
Inicio: 9 de Abril ás 16:30 hs.
Lugar: Salón de Actos.
Prazas: 20


Para inscribirse, pasar polo local da CIG e encher a solicitude. Hai que achegar ademáis fotocopia do carné de identidade e dunha nómina do último ano. A data límite para inscribirse é o mércores 4 de abril.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 28-03-2007 09:46
Queres comentar ou preguntar algo?
infructuosa reunión co SERGAS
Esta mañá celebrouse unha reunión entre o SERGAS e os sindicatos onde se ía falar do tema da carreira profesional. O SERGAS ao parecer traía unha nova proposta, pero condicionou a súa presentación á desconvocatoria da folga do xoves. Os sindicatos pedíron ver a proposta e analizala en asembleas co persoal en folga o xoves, pero o SERGAS negouse. Asi que os sindicatos fixeron unha nova proposta: desconvocar a folga se se presentaba unha nova oferta, na que se chegara a un acordo sobre os anos da carreira, se valorara crear unha mesa específica para funcionarios e laborais, e un acordo sobre promoción interna. O SERGAS tamén se negou a isto.

Asi as cousas, o SERGAS convoca unha nova reunión para este venres, ou sexa, despois da folga. Qué pretende o SERGAS con esto? Está claro: quere medir as nosas forzas. O SERGAS espera que a folga non sexa secundada pola maioría dos traballadores, e asi rebaixar a súa oferta. Por iso, o xoves, a mobilización ten que ser masiva. Temos que parar tod@s xunt@s, temos que acudir á manifestación a Santiago, e demostrarlle ao SERGAS que non estamos de farol, que a súa proposta non nos vale.

De persistir na súa teimuda posición, seguiremos co seguinte calendario de mobilizacións:

* Folga Xeral o xoves día 29 de marzo e manifestación ás 11 hs en Santiago.

* Semana Santa: Peche de 24 horas o martes 3 de abril.

* Folga os días 12, 13 e 20 de abril de 12 hs a 18 hs.

* Folga Xeral o día 26 de abril de 24 hs.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 27-03-2007 18:06
Queres comentar ou preguntar algo?
acta OPE facultativos
Explicitados, na Acta da Xuntanza da Comisión de Seguimento da OPE-2006 do 23/03/2006, importantes acordos sobre:

Compromisos sobre a OPE-2006: Data do Exame (xuño 2006), Guía Técnica e Temarios.

Compromiso de OPEs ordinarias periódicas cada 2 anos. A correspondente a 2008 se convocará no 1º trimestre de 2008.

Compromisos de Concursos de Traslados cada 2 anos, previos as OPEs respectivas. e nos que se ofertarán o 100% das prazas vacantes no momento da convocatoria.

Conversión en estábeis dos contratos temporais de máis de 1 ano de duración.

Establecemento dun sistema de contratación temporal de FEAs baseado en criterios obxectivos. Prioridade dos profesionais cesados como consecuencia da OPE-2006 e o Concurso de Traslados.

Baremación dos méritos dos profesionais para a OPE-2006 e sucesivas.

tedes mais información relativa a facultativos na web do colectivo médico (AGM) de CIG-Saúde
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 26-03-2007 01:59
Queres comentar ou preguntar algo?
oportunismo electoral
Na prensa do sábado apareceu unha denuncia do sindicato corporativo SATSE que nos deixou atónitos. Non por sair á prensa en plan oportunista a 20 dias das elecciois, senon por que non nos deixan de sorprender as mañas que usan para apañar un puñado de votos, cargando contra o resto de colectivos, neste caso os TEL.
A linguaxe que utilizan parécese mais á utilizada polo PP contra da política antiterrorista de Zapatero que a dun sindicato posicionado na defensa do persoal e da calidade asistencial.
Un par de pasaxes do comunicado non teñen perda:

desde Satse critican «la claudicación hecha desde la gerencia a los técnicos de laboratorio, donde se ha contratado a dos personas para reforzar el turno de tarde, domingos y festivos a pesar de que únicamente realizan una media de doce analíticas por turno».

Para situarnos todos diremos que o SATSE votou a favor das mobilizaciois dos TEL, ainda que despois como xa nos ten acostumbrados doutras veces non se presentou en ningunha delas. Pois parece que onde dixeron digo agora din diego e o persoal de laboratorio non a marca.

Outra das perlas que nos deixan é ista:

A raíz de esta decisión, que consideran vinculada a la protesta de los técnicos, este sindicato calificó ayer la política de contratación del Hospital Comarcal Valdeorras como «errática». Por ello, si en los próximos días no se da una solución a la escasez de personal de enfermería, Satse convocará movilizaciones «que sólo finalizarán cuando se solucionen los problemas de plantilla existentes».

osease que por que contratan persoal TEL a política do hospital en materia de contratación é errática, non porque non se cubran baixas, ou parte das vacaciois non; por que contratan TEL.

Nos coincidimos con SATSE en que hai que dotar as plantas de 2 enfermeiras de mínimos nas noites, levamos moitos anos pelexando por elas antes, durante e despois das elecciois. o persoal da planta de especialidades sabe perfectamente os anos que levamos detras delo. toda a comisión de centro, incluido SATSE, tivemos reuniois con diversas xerencias para solventar o problema, posto que consideramos en base as xuntanzas que tivemos con enfermeria de especialidades e mediciña interna que a prioridade era especialidades. Mantivemos diversas reuniois co persoal e foi con elas que tomamos a decisión conxunta (persoal de especialidades comisión de centro) de aceptar o que nos ofertou a xerencia, que non era outra cousa de ter unha segunda enfermeira na quenda de noite e que solo excepcionalmente cando ese servizo estivera ben e se complicara algo noutro, sairian.
Unha vez consolidada esta praza de especialidades o seguinte obxetivo era medicina interna. Este tema xa foi abordado en mais dunha ocasión co Xerente por parte de CIG e tamén da Comisión de Centro posto que pensamos que as verdadeiras necesidades de enfermeria están en hospitalización.
É por elo que cando a Directora de enfermería optou por que o aumento de plantilla de DUE fose a laboratorio para montar unha unidade fantasma que nin data se puxo para o seu funcionamento, non dábamos creto, precisamente polo que comentamos anteriormente que as necesidades estaban en Medicina Interna na quenda de noite moito mais que en laboratorio; pero non nos opuxemos posto que nada temos en contra que se cubran os servizos co persoal necesario.
En todo este proceso estivemos tódolos sindicatos xuntos; e agora sin mediar palabra o SATSE cunha postura descaradamente electoralista se desmarca do resto e decide facer a guerra pola súa conta.
Probablemete o persoal de enfermería do HCV esté por enriba da media en canto profesionalidade e solidariedade e así o teñen amosado innumerables veces; este persoal foi o que levou a voz cantante non solo no conflicto do aumento de plantilla en especialidades, senon tamén no de planta de trauma, no de urxencias, etc, etc, (por certo, nestes dous últimos onde estaba o SATSE?) polo que estamos convencidos que non se deixarán embaucar por estas cazadoras de votos que entre elecciois e elecciois se deixan levar polo vento e pouco ou nada aportan para mellorar a calidade laboral e asistencial dos Centros.

En canto á Directora de Enfermería simplemente decir que recolle o que sementou, a súa actitude marcadamente corporativa deu pe a que lle chovan paos dende tódolos lados.
Igual non estaba de mais ir pensando en dimitir.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 25-03-2007 03:02
Queres comentar ou preguntar algo?
Asemblea: listas de contratación
ASEMBLEA


ASUNTO: nova apertura das listas de contratación das categorías restantes(celador, pinche, aux. adm, técnicos,etc...) e novidades do pacto.

LUGAR: salón de actos do HCV
DÍA: martes 27 de marzo
HORA: 14 hs.

Se pertences a algunha categoría destas e estás ou queres estar nas listas de contratación, o tema interésache.

Convoca: Cig-saúde Barco.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 23-03-2007 15:01
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicado listados de aprobad@s SACYL
Hoxe sairon publicados os listados de aprobad@s do segundo exame da categoría de ATS/DUE da OPE do Sacyl. Podedes consultalos aqui.
A partir de hoxe ábrese o prazo para a presentación de méritos, e remata o 12 de abril.

Ademais, sabedes que o día 21 saiu publicado o listado de aprobad@s do 1º exame de auxiliares de enfermería. O 2º exame será o 21 de abril. Podedes consultar o listado de aprobad@s do 1º exercicio aqui.

Noraboa a tod@s @s aprobad@s.
Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 23-03-2007 13:53
Queres comentar ou preguntar algo?
tod@s xunt@s pola carreira
Outra vez o persoal do HCV manifestou a súa reivindicación dunha carreira profesional non discriminatoria mediante un exitoso paro de 2 horas, realizando un percorrido polo hospital e finalizando cun corte de tránsito diante da entrada principal do hospital.

Ao SERGAS non lle queda máis remedio que poñer sobre a mesa unha oferta mellor e mentres isto non se produza seguiremos coas mobilizacións.

Lembrade apuntarvos para o autobús que nos levará á manifestación do próximo xoves día 29 en Santiago, onde estaremos unha vez máis esixindo os nosos dereitos.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 23-03-2007 12:17
Queres comentar ou preguntar algo?
novo éxito da folga pola carreira
Outra volta hoxe houbo paro de 8 a 10 da mañá para reivindicar unha carreira profesional xusta, e de novo a convocatoria foi un éxito. Mentres @s traballador@s sigamos unid@s nas mobilizacións, o SERGAS non terá máis remedio que cambiar a súa postura.

As mobilizacións continuarán mañá con outra folga de dúas horas e o xoves que ven, cun paro xeral de 24 horas e manifestación en Santiago.

Lembrade que están á vosa disposición en todos os servizos unha lista para apuntarse na caixa de resistencia e outra lista para apuntarse para o autobús da manifestación do xoves 29.

Ánimo, por unha carreira profesional non discriminatoria, folga!
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 22-03-2007 11:32
Queres comentar ou preguntar algo?
Asemblea sobre a folga pola carreira

Lembrade que mañá mércores 21 ás 14 hs temos unha asemblea no Salón de Actos do HCV para últimar detalles e despexar dúbidas sobre as folgas dos próximos días: 22 e 23 de marzo de 8 a 10 da mañá.

Temos que manter as medidas de presión ata que o SERGAS nos faga unha oferta que poidamos aceptar.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 20-03-2007 12:08
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicado listado provisional de celadores
Publicouse hoxe o listado provisional de celadores para a OPE 2006. Podedes consultalo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 20-03-2007 11:19
Queres comentar ou preguntar algo?
é mellor camiñar
atopamos este arquivo no blog oquetencutenmedo
unha imaxe vale mais que 1000 palabras

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 16-03-2007 21:21
Queres comentar ou preguntar algo?
éxito da folga pola carreira profesional
A primeira xornada de folga saldase cun rotundo éxito. As dúas horas (de 8 a 10hs) ás que o persoal non sanitario e sanitario de formación profesional estaba convocado a parar foron dúas horas nas que o 90% do persoal secundou a folga participando ademáis na concentración que se desenvolveu na entrada principal do HCV.

Animamos ao persoal a que continúe unido nas medidas de presión e participe nas próximas xornadas de folga parcial, que serán os días 22 e 23 (xoves e venres) de 8 a 10 hs, e na xornada de folga xeral o próximo xoves 29 de marzo.

Deste xeito, xuntos conseguiremos que o SERGAS reformule a súa proposta e elimine a discriminación á que nos está sometendo na súa oferta.

CARREIRA PROFESIONAL NON DISCRIMINATORIA!


Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 15-03-2007 11:44
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0