CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

contrátase unha dietista no HCV
Algun persoal das novas categorias incorporadas na derradeira convocatoria do pacto de contrataciois sobre todo técnicos de farmacia, dietistas e tecnicos de documentación sanitaria, viñan preguntando no blog se xa empezaron a contratar desta ou da outra categoria, no caso dos técnicos especialistas en dietetica e nutricion, dende a comision de centro tiñamoslle plantexado á dirección do HCV que incorporarse unha praza desta categoria posto que xa habia listas definitivas das que tirar, parece que desta vez foi de palabra a dirección, posto que incorpora esta categoria que xa viña facendo falla dende hai tempo na carteira de servizos do HCV.

O contrato de momento çe unha acumulaciçon de tarefas por 2 meses, pero esperamos que esta praza consolidese na plantilla do HCV.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 12-02-2009 10:35
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG-Valdeorras denuncia atentado ó medio ambiente
fonte avantar

A CIG de Valdeorras denunciará ante Medio Ambiente as balsas de augas residuais sen illar desta fábrica

A CIG de Valdeorras denunciará ante Medio Ambiente as balsas de augas residuais sen illar desta fábrica
En exclusiva para Avantar, disponibilizamos unhas imaxes da louseira de Valdeorras Ipisa, onde se pode ver a situación de dúas balsas que supoñen un grave risco para todos/as os habitantes da comarca de Valdeorras, xa que a louseira está a botar ás aguas residuais sen depurar que se empregan na fabrica da Medua para o serrado da lousa diretamente a unha balsa feita no chan e sen illar como marca a lei. Nos próximos dias estas gravacións entregaranse nunha denuncia á Consellaria de Medio Ambiente, para que sexa coñecedora do que está a acontecer en Ipisa.

Iberoitaliana de Pizarras IPISA está a imcumprir sistematicamente as máis elementais medidas de seguridade e hixiene, poñendo en grave riscos a todos/as os/as traballadores/as, mais agora vimos de coñecer da man da CIG de Valdeorras unha denuncia xa que esta fábrica está a incumprir gravemente a normativa sobre medio ambiente

Ademais, todo isto agrávase máis, xa que tamen incumpre as normativas medioabientais. A CIG de Valdeorras subliña que "isto supón un grave risco para todos/as os habitantes da nosa comarca, en Valdeorras, xa que está a botar as augas residuais sen depurar que se empregan na fábrica da Medua para o serrado da lousa diretamente a unha balsa feita no chan e sen illar como marca a lei. Isto é un grave perigo, xa que a auga que se utiliza no serrado da lousa (son miles de litros de agua misturados con toneladas de lodo) fíltrase na terra e como consecuencia nos manantiais dos arredores e o resto vai diretamente ao rio Sil, todo co agravante que se ditas balsas rompen miles de litros de auga contaminada irán parar ao rio Sil, xunto con toneladas de lodo".

Posíbeis danos graves para a comarca

Asi, desde a CIG de Valdeorras subliñan que "isto pode causar graves danos na fauna, mais tamén nas persoas e nos seus bens, xa que ao caron do rio Sil e da Medua para baixo están as vilas de Sobradelo, O Barco de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa, Petín, e nestas vilas viven ao redor dunhas 25.000 persoas.

Sospeitas de que non se recicla o aceite da maquinaria

Desde a central sindical nacionalista adiantan que "ademais de todo isto que nos parece gravísimo, únese ás sospeitas de que os aceites de maquinaria non se reciclan, tamén o poñeremos en coñecemento da Consellaria de Medio Ambiente".

Por último, a CIG de Valdeorras indica que "nos vindeiros dias poñeremos todo isto en coñecemento das autoridades para que tomen as medidas oportunas e agardamos que sexa o máis pronto posíbel, xa que estamos a falar de algo moi grave, non só para o Medio Ambiente senón tamen para as persoas"

Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 12-02-2009 10:15
Queres comentar ou preguntar algo?
comunicado de prensa de CIG-Saúde sobre o CTG
A Conselleira de Sanidade recoñeceu publicamente que os obxectivos do sistema sanitario público só se conseguen se son axeitadamente trasladados aos e ás profesionais a través da organización. O que se esquece de dicer é que para conseguir isto hai que realinear os intereses das/os profesionais cos intereses do sistema sanitario público.

Isto tradúcese en que a Admón debe de ser respectuosa coa normativa estatutaria e demáis normativa que se debe de aplicar aos seus traballadoras/es. O contrario disto é o que sucede na Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia ; non hai o mínimo interes en trasladar os obxectivos do sistema aos profesionais, e póla contra incumpre toda a normativa vixente.

Desde a toma de posesión do actual xerente non variou a política de persoal aplicada na etapa anterior, en vez de correxir as deficiências fomentáronse as devanditas prácticas. Non existe um marco de relacións laborais. O director do CTG fai mais dun ano que non se reúne co comité de empresa, nen cas/os delegadas/os elexidas/os nos procesos eleitorais. O que fai o DIRECTOR é seleccionar os interlocutores que mais lle interesa. Isto é respecto as regras democráticas?.

En xullo de 2007 produciuse a integración do persoal do CTG no réxime estatutário, á data da presente nota as políticas de RRHH desta fundación son:

Non existe unha política integral de RRHH, as normas son arbitrarias, existe um nulo cumprimento da normativa vixente: Estatuto Marco, Estatuto Básico e Lei de conciliación.

A pesares de que o persoal é estatutário, séguense a aplicar os artigos do convenio colectivo. As sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza recollen que:” toda a diferenza de aplicación nas normas unha vez finalizado o período transitório de homologación será ilícita”

O persoal fai de correturnos por todo o país . Na negociación desenvolvida na Mesa Sectorial acadouse o acordo de que o ámbito do nomeamento deste persoal é a localidade ou a unidade móbil.

O director do CTG segue aplicando ámbito do pais. Traballo nómada non, grazas.

É imposible conciliar a vida familiar e laboral, xa que os cadros de persoal non se fan chegar ás/os traballadoras/es en tempo e forma. Moitas veces son verbais, avisando no mesmo dia onde se vai a desenvolver o traballo; na mesma localidade ou a 100 Km de distancia

Ao persoal eventual fánselles contratos laborais em vez de vínculos de persoal estatutario eventual.

Non se aplica a Orde de confección de nóminas

Non se fan os cómputos de xornada en aplicación da xornada do persoal estatutario.

Poderíamos facer unha listaxe interminable de incumprimentos. Desde a CIG-SAÚDE intentamos reiteradamente solucionar estes incumprimentos pola via do diálogo, recibíndo sempre um non como resposta. En múltiples ocasións enviamos escritos ao : Director da Fundación e demais responsables do SERGAS, sem que tiñamos notificación algunha. Com data 6 de febreiro de 2009, enviamos, unha vez mais, un escrito ao Director de RRHH do SERGAS para que se aborde a problemática do CTG na próxima reunión da Mesa Sectorial.
Até cando o Servizo Galego de Saúde vai seguir consentindo esta situación?. Como pode ser que unha Admón pública sexa a mais fraudulenta co seu persoal?.

Compostela, 10 de febreiro de 2009.
Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 11-02-2009 14:18
Queres comentar ou preguntar algo?
instrucciois do SERGAS para as elecciois autonómicas
Mediante Decreto 1/2009, do 5 de xaneiro de 2009 (DOG 6-1-09), foron convocadas eleccións ao Parlamento de Galicia que terán lugar o vindeiro día 1 de marzo. Consonte ao establecido na Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, (BOE nO 147 de 20 de xuño) do réxime electoral xeral, no Real decreto 605/1999, do 16 de abril (BOE nO 92, do 17 de abril), de regulación complementaria dos procesos electorais, e na Orde do 27 de xaneiro de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nO23 de 3 de febreiro) pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia, nas eleccións ao Parlamento de Galicia; cómpre informar o seguinte en relación co exercicio dos ditos dereitos electorais polo persoal ao servizo das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

1) Permisos a candidatas/os durante a campaña electoral.

1.1.- De conformidade co disposto no artigo 48.1.j) da Lei 7/2007, de 12 de abril do Estatuto Básico do Empregado Público, no artigo 13.5 do Real Decreto 605/99 e na Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza antes citados, o persoal ao servizo do Servizo Galego de Saúde que se presente como candidata/o, titular ou suplente, poderá ser dispensada/o, previa solicitude das persoas interesadas, da prestación de servizos durante o tempo de duración da campaña electoral.

1.2.- Os citados permisos comezarán ás O:OOh.do venres 13 de febreiro de 2009 e finalizarán ás 24:00h. do día 27 de febreiro, data na que remata a campaña electoral.
O disfrute deste permiso deberá adaptarse aos tramos horarios das quendas de traballo das institucións sanitarias. Así as cousas, o permiso das traballadoras e traballadores aos que Ile corresponda prestar servlzos na quenda de noite inmediatamente anterior ao día 13, comezará ás 22.00h. do día 12. Ese mesmo permiso rematará para o persoal que teña que traballar na quenda de noite do día 27 de marzo, ás 08.00h. do día 28; agás que razóns organizativas apreciadas nos centros, recomenden outra cousa dentro do respecto escrupuloso á duración do permiso de campaña electoral.

1.3.- Como excepción ao establecido no parágrafo anterior, ás/aos candidata/os que se atopen disfrutando o permiso de campaña electoral e acrediten a súa condición de interventora/es ou apoderada/os, prorrogaráselles o dito permiso ata as OO.OOh.do día da votación, sempre que o comuniquen ao centro coa suficiente antelación.

1.4.- O persoal con dereito a este permiso presentará a solicitude perante a xerencia do centro onde preste servizos que, logo de comprobar o seu dereito, procederá a autorizar o mesmo.

2) Permiso a membros de mesa electoral, interventores/as e apoderados/as.

2.1.- O persoal que teña a condición de membro de mesa electoral, interventor/a ou apoderado/a deberá poñelo en coñecemento do órgano de dirección do centro no que preste servizos con antelación suficiente.

2.2.- O persoal nomeado presidente ou vogal de mesas electorais e os qüe acrediten a súa condición de interventores/as, teñen dereito durante o día da votación a un permiso retribuído de xornada completa, se non disfrutan en tal data do descanso semanal, e a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior, segundo os artigos 28.10 e 78.40 da Lei orgánica do réxime electoral xeral, e a disposición segunda da citada arde de 27 de xaneiro de 2009, da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
No caso de que algunha ou algún dos traballadores a que se refire o parágrafo anterior tivese que prestar servizos en quenda de noite na data inmediatamente anterior á de votación, mudaráselle a dita quenda, co obxecto de que poida descansar esa noite.
De todos os xeitos, dado que o día da votación comeza ás 00 horas do día 1 de marzo, ao persoal que solicite o permiso en lugar do cambio de quenda da noite inmediatamente anterior, autorizaráselle aquel con efectos dende as 22 horas do día anterior. Nos mesmos termos, deberá facilitarse o cambio de quenda de noite ou ben o permiso aos suplentes que acrediten a súa asistencia á constitución da mesa.

2.3.- Os que acrediten a súa condición de apoderados/as teñen dereito a un permiso retribuído durante o dia da votación, se non disfrutan nese día de descanso semanal.

3) Permiso o día da votación.

3.1.- O persoal do Servizo Galego de Saúde que no día das eleccións non disfrute do seu descanso semanal, terá dereito a un permiso retribuído de ata catro horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que a súa quenda de traballo o 1 de marzo coincida, polo menos en catro horas, co tempo no que permanecerán abertas as mesas electorais, consonte co disposto no artigo 13.5 do Real decreto 605/1999 e a disposición primeira da Orde de 3 de 27 de xaneiro antes citada. Cando a prestación do servizo se faga en xornada reducida, este permiso reducirase proporcionalmente á mesma.

3.2.- O persoal ao servizo do Sergas que teña previsto que na data da votación non se atope na localidade onde lIe corresponde exercer o seu dereito ao voto, ou que non poida exercelo o día fixado para a votación, disporá do permiso de ata catro horas, dentro do horario laboral, para solicitar persoalmente a certificación acreditativa de inscrición no censo, recollida no
artigo 72 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño do réxime electoral xeral, así como para a remisión do voto por correo.

3.3.- Os directores ou xefes de persoal dos centros onde presten os seus servizos, esixiralle ao persoal eiquí comprendido, os oportunos xustificantes, expedidos polas mesas eiectorais, de ter exercido o seu dereito ao voto.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2009
O director xeral da división de RR. H. de envolvemento profesional
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 11-02-2009 11:30
Queres comentar ou preguntar algo?
3ª concentración de carreira

Hoxe levamos a cabo a terceira concentración de carreira, o xoves voltamos ás 11 na entrada do HCV.

E lembrade que o martes imos a santiago, quen se queira anotar para o transporte que se dirixa a calquera local das secciois sindicais convocantes (CIG, UGT, SI-CSIF, SAE e CC.OO).


Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 10-02-2009 14:27
Queres comentar ou preguntar algo?
prazas por centros OPE
estas sí son as prazas desglosadas por centros para a OPE 2008-2009 e traslados, preme aqui para abrir, e logo picade en Click here to start download.. para descargar
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 10-02-2009 09:58
Queres comentar ou preguntar algo?
Concentración Carreira Profesional
Mañá terá lugar a terceira concentración en contra do decretazo de Carreira Profesional Ordinaria, convocada pola plataforma sindical.
A mobilización está convocada en todos os centros e trátase de pedir ao SERGAS que se sente a negociar a Carreira Profesional Ordinaria na mesa sectorial, en lugar de impoñela por decreto como pretenden facer.

Na área do Barco será ás 11 hs na entrada do Hospital Comarcal Valdeorras.

Animámosvos a participar dada a importancia do tema, que nos afecta a prácticamente tod@s @s traballador@s. A nosa forza está en vós, se as mobilizacións non son exitosas, non poderemos acadar os obxectivos.

POR UNHA CARREIRA PROFESIONAL DIGNA!!!
DECRETAZO NON, NEGOCIACIÓN SI!!!
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 09-02-2009 09:59
Queres comentar ou preguntar algo?
prazas ofertadas OPE-Traslados
Deixámosvos as últimas prazas para a convocatoria de OPE-traslados que facilitou o SERGAS, preme aquí para descargar, despois dalle a Click here to start download..
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 09-02-2009 09:45
Queres comentar ou preguntar algo?
reclamación suba de nivel
Logo de confirmarse que á aquelas persoas que tiñan un grao consolidado non lle aplicaron a suba de nivel que recolle o acordo retributivo, puxémonos en contacto co Sergas para demandarlles a sua aplicación. En conversa co Director de RRHH nos recoñece que efectivamente non se efectuou dito pago e que ante todalas preguntas que lle estan chegando ( sindicais e dos propios centros ) ten a sua Asesoría Xurídica traballando neste asunto para que analicen si a estas persoas con un grado consolidado se lles debe de subir outro nivel polo efecto do acordo retributivo.

A consideración que como CIG-Saúde temos a este respecto é que esta xente ten todo o dereito a suba de nivel e iso é o que defendemos diante de RRHH, e seguiremos defendendo no caso de que o Sergas chegue a unha conclusión distinta.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 06-02-2009 18:01
Queres comentar ou preguntar algo?
información reunión sobre OPE 2009 5-2-09
No día de hoxe celebrouse no Sergas unha xuntanza que tiña no Orde do Día dous asuntos:

1. Decreto Oposicións funcionarios Lei 17: neste asunto das categorías que son convocadas ( 10 prazas de farmacéuticos de saúde pública, 3 de inspectores farmacéuticos, 10 de inspectores médicos e 3 de subinspectores sanitarios ) coméntanos o Sergas a intención de publicar o Decreto en Marzo, para realizar a convocatoria antes do verán e a realización do primeiro exercicio neste ano ( outubro ). Respecto das categorías que non se ofertan ( químicos, biólogos …etc ) informan que están pendentes do Decreto de integración para poder convocar posteriormente como facultativos sanitarios. Neste asunto como CIG-Saúde volvemos a insistir nos compromisos acadados na Acta de 17 de decembro que desenvolvía o proceso da RPT e os compromisos de contratación das vacantes finais pola lista do ano 2000, unha vez estean tódolos interinos cesados en dita lista.

2. OPE SERGAS: O Sergas facilítanos unha nova relación de prazas das distintas categorías, pasamos de 2823 á 2911, achégase cadro co reparto das mesmas por categorías e tamén separadas polos distintos turnos ( Libre, Promoción Interna e Discapacitados ). O Sergas indícanos o cronograma que publicamos onte.

Repásanse as bases do borrador da convocatoria, como asuntos máis importantes que plantexamos os seguintes:

Como cuestión inicial pedimoslle ao Sergas que clarexe a legalidade do baremo da ope do Sergas ( 40% do proceso selectivo e non só da oposición como contempla función pública ). Queda claro que o noso baremo non é ilegal que o persoal estatutario ten normas propias e que non hai necesidade que as convocatorias Sergas sexan copia das de Función Pública. Clarexar que a ampliación de pasar do 30% da ope anterior ao 40% deste ano só supón no baremo 1 ano máis de servizos prestados ( pásase de 6,6 anos para o tope de experiencia profesional do ano 2006 á 7,7 anos este ano ). A formación pasa de 6 á 8 puntos, a experiencia de 21 á 27 puntos e outras actividades de 3 á 4 puntos. ( ese incremento en formación e outras actividades non supón variación respecto da ope anterior debido á que se incrementan o valor dos créditos, polo tanto o peso no baremo é exactamente igual que na ope anterior )

PSX e Auxiliares Administrativos que se presenten por Promoción Interna de unha categoría para a outra non terían que realizar o exame práctico de ordenador. Tamén estas duas categorías só terán que realizar un único exame práctico ( si se presentan por libre ás duas categorías ).

Conquerimos que se elabore unha guía técnica para os tribunais, que deberá recoller os criterios para a baremación da formación, o funcionamento das titulacións específicas ( cales son e a que categoría afectan ).

Como asuntos pendentes para pronunciarnos quedan dous:

I.Sergas plantexa que o primeiro exame eliminatorio, que consta de duas partes, e que na última ope obrigabase a ter que aprobar os dous para pasar a fase de concurso, nesta ope sexa unha única parte que para aproba-la se poidan sumar as notas das duas partes ( o argumento que manexa o Sergas é que na última ope houbo opositores que nun exercicio tiñan moi boa puntuación ( 9 puntos ) e no outro 4,5 puntos e non aprobaban e sin embargo outros opositores con 5 puntos en cada exame pasaban adiante )

II. Plantéxase unha modificación para as categorías da Función Administrativa, respecto ao primeiro exercicio, para poder eliminar a parte común do mesmo a xente de Promoción Interna, o que o Sergas plantexa é unha modificación do temario desa parte común, engadindo algún tema de dita parte á parte específica.

Quedou o Sergas en convocar para finais da semana que ben, para pechar xa a convocatoria.

Santiago, 5 de febreiro de 2009
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 06-02-2009 12:07
Queres comentar ou preguntar algo?
ESTAMOS EN FOLGA
Pois a verdade é que non nos gusta ter que chegar a estes extremos, pero en vista de certos comentarios que veñen entrando no blog últimamente, dos que vos deixamos unha mostra, imos poñernos en "folga" de respostar preguntas.

A partir de agora podedes seguir escribindo os comentarios que queirades, tamén preguntas se queredes, pero non ides recibir resposta, posto que durante uns días imos estar decidindo se continuamos a responder as vosas preguntas a pesar das provocacións e insultos que recibimos todos os días, ou se non será mellor deixar de facelo.

Na elaboración deste blog participamos unha serie de persoas que, aparte de buscar a información, publicala, contestar preguntas (incluso algunhas delas repetidas varias veces) e comentarios (moitas veces insultantes e despreciativos cara o noso traballo), temos un traballo no día a día de atender xente no local, acudir a reunións, visitar os centros de traballo, elaborar propostas, participar nas mobilizacións (ás veces desmoralizantes polo pouco apoio que hai nalgunhas delas), etc, etc...
E por suposto temos unha vida privada, que moitas veces ocupamos tamén para facer traballo sindical (só tendes que mirar a qué horas publicamos información ou respostamos preguntas nalgunhas ocasións).

Chegados a este punto e despois de estar fart@s de recibir no blog comentarios anónimos como estes:

E que nos queredes decir con previsiois ope sergas, que a convocatoria segue a diante tal e como estaba plantexada polo sergas,pois si é asi ,quero darvolas gracias os sindicatos, a todos os que non o saiban esto he unha consolidacion de emprego ,e os que non teñan puntos como e o meu caso ,aqui xa non pintamos nada , pero dende logo que o meu voto tampouco o van ter nas urnas nin uns nin outros por que o final son todos iguais e so miran o seu. Comentado por mario.

EIHHH!
Quedastes mudos ou o SERJAS calouvos a boca? Comentado por Zeus


tedes informacion de varios asesores, porque non publicades tamen a que é contraria a estes porcentaxes. Eu opino que é unha consolidacion encuberta ou mellor dito descarada. Porque non se lle chaman ás cousas como son. Hai moitos afiliados traballando e todos o sabemos ´¿non si? Comentado por eva

...no sé que tipo de asesor les ha dicho lo que les ha dicho a la ciga pero claro... teniendo en cuenta que sus afiliados son principalmente trabajadores en activo (fijos, interinos o eventuales) es normal que no interese demasiado tirar de la manta, al fin y al cabo es ir en contra de sus principales afiliados.
Yo creo que ahí puede estar la clave pero, sin duda, tu argumento es lo que hay y el asesor tendrá que asesorar. Comentado por ?


...vamos una verdadera chapuza y verguenza,lo que dice el comentario anterior nuevos en todos los sitios y despues favoreceis los sindicatos al trabajador???,alucinante. Comentado por ?

Lo que decis no tiene sentido no todos somos amigos de la direccion siempre poneis la misma disculpa y lo de conciliar la vida familiar y los turnos en quien habeis pensado? en cuatro que se moverian con los fijos?por que ahora vais a mover a quince personas que si vamos a tener problemas con los turnos,que somos casi el 80% de la plantilla lo que vais a mover,eso a quien beneficia a los pacientes o a cuatro que son amigos vuestros por que es lo que parece,lo de los amiguitos de la direccion lo decis vosotros no el personal y que hay de lo del famoso referendum,haceis las cosas sin contar con el personal,esta es la manera que teneis de defender al trabajador?para lo que os interesa si pedis opinion. Comentado por ?

no confies en que la CIG haga nada parece ser que esto les conviene sino de donde vino esta maravillosa idea de los traslados de interinos,de ellos y de la direccion de enfermeria que se lo permitio. Comentado por Otro loco

e moitos máis que nos desprezan, insultan e denigran, e, o que é peor, desprezan, insultan e denigran aos nosos afiliados,

ESTAMOS EN FOLGA.

A PARTIR DESTE MOMENTO NON CONTESTAREMOS PREGUNTAS DE NINGÚN TIPO.

SENTÍMOLO POR TODAS AQUELAS PERSOAS QUE DE BOA FE E COA SIMPLE INTENCIÓN DE INFORMARSE NOS VISITAN TODOS OS DÍAS, E AGRADECEMOS TAMÉN A TODAS AQUELAS QUE ESCRIBEN COMENTARIOS PARA DEFENDERNOS, PERO NON AGUANTAMOS MÁIS.




Comentarios (0) - Categoría: AS TUAS PREGUNTAS AIKI - Publicado o 06-02-2009 11:48
Queres comentar ou preguntar algo?
previsiois OPE SERGAS
Información do SERGAS:
OPE 2008/09


PERSOAL FACULTATIVO


Segunda quincena de Febreiro:
Publicación dos listados provisionais de admitidos e excluídos

Mes de Marzo :
Constitución dos tribunais

Último fin de semana de Xuño :
Exames

PERSOAL SANITARIO E XESTIÓN E SERVIZOS


13 de Febreiro: Publicación da oferta de emprego

Finais de Febreiro:
Convocatoria da OPE (Prazo de solicitudes ata o 31 de marzo)

Principios de Maio:
Publicación dos listados de admitidos/as e excluídos/as

Mes de Maio:
Constitución dos tribunais

Segunda quincena de Setembro ou Primeira de outubro:
Exames
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 05-02-2009 17:35
Queres comentar ou preguntar algo?
2ª concentración de carreira profesional
hoxe levamos a cabo a 2ª concentración contra do decretazo de carreira, a asistencia no HCV foi mais pequena que a do primeiro dia, ou tomamos conciencia e participamos nas mobilizaciois masivamente, ou moito nos tememos que o decretazo vai ir adiante, lembrarlle ó persoal interino e temporal que é o mais afectado por este decreto e que a sua participación nas mobilizaciois, polo menos aquí, é moi baixa.

O martes e o xoves da semana que ven seguiremos coas mobilizaciois, a ver se nos animamos a participar e sería de moita importancia que a concentración ante o SERGAS en Compostela o dia 17 fixésemos o máximo esforzo para acudir.

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 05-02-2009 13:04
Queres comentar ou preguntar algo?
consulta sobre a legalidade do peso do concurso na OPE 2009
Estes dias temos sobre a mesa o debate da legalidade ou non do peso que se lle quere dar na OPE ó tempo traballado; mandamos a consulta a varios dos nosos asesores, temos a resposta dun deles, que non entra a debatir se é moito ou pouco ese peso, senon da legalidade ou non del, reproducimos aquí a contestación dun dos consultados, así to@s teremos unha visión mais ampla sobre este tema, isto non quere decir que non haxa posibilidades, en caso de que ó final prevaleza a porcentaxe do borrador, de impugnar, posto que outro dos abogados consultados por nós entende que poidera haber base para facelo, nós en todo caso poñemos a vosa disposición toda a información coa que contamos.

Na miña opinión a normativa estatutaria sobre selección e provisión non colga da lei da función pública senón da lei do estatuto marco e da lei de saúde de galicia. Por aplicación do principio de especialidade das normas. Si acaso, e como sigue de moda o debate sobre a prevalencia ou non do estatuto básico do emprego público, podería xerarse algunha dúbida si esa lei establecera con carácter básico límites determinados para os baremos; pero nin así pois o único que o ebep di é o seguinte:

“Artigo 61.3. Los procesos selectivos que incluyan, además de las preceptivas pruebas de capacidad, la valoración de méritos de los aspirantes sólo podrán otorgar a dicha valoración una puntuación proporcionada que no determinará, en ningún caso, por sí misma el resultado del proceso selectivo.”

Evidentemente, tal requisito o cumple sobradamente un baremo limitado ao 40% do total do proceso selectivo. Outra cousa será estar de acordo con esas cifras ou non, que eso dos baremos sempre foi e sempre será opinable, e nese sentido me parece lexítimo e respetable calquera punto de vista. Quero recordar, por último, que as normas sobre selección e provisión das leis da función pública (esta e a anterior, as galegas ou as estatais), sempre foron diferentes e moi diferentes ás existentes no noso sector: provisión, selección temporal, baremos, promoción interna, reingresos, etc, etc. E ahí seguimos…

É unha opinión, sempre sometida a calquera outra mellor fundada.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 04-02-2009 11:16
Queres comentar ou preguntar algo?
Primeira concentración contra o decretazo
Hoxe levouse a cabo con éxito a primeira concentración en contra do decretazo de carreira profesional ordinaria que pretende implantar o SERGAS.

Previamente en Asemblea o persoal foi informado das características desta carreira (de obstáculos) que o SERGAS quere impoñer por decreto, sen negociación, sen atender as peticións dos sindicatos.

No HCV xuntáronse sobre 40-50 persoas que apoiaron a reivindicación da reapertura das negociacións para acadar unha Carreira Profesional Ordinaria digna.
Temos noticias de que tamén en Burela, no Hospital da Costa, foi un éxito a concentración, así como en Ferrol.

O próximo xoves día 5, ás 11 hs quedamos emprazados na entrada do Hospital para unha nova concentración.

Animámosvos a tod@s a participar por unha Carreira Profesional Digna!!!
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 03-02-2009 13:48
Queres comentar ou preguntar algo?
escrito de CIG-Saúde ó SERGAS sobre o peso do concurso na OPE
esta de abaixo é a copia do escrito remitido por CIG-Saúde ó SERGAS sobre a porcentaxe da fase de concurso sobre a ope

"Achégamos copia dunha contradicción que temos na modificación que fixemos do Decreto 206 no Decreto 236/2008 que recolle que “A puntuación máxima da fase de concurso non poderá exceder do corenta por cento da puntuación máxima atinxible no proceso selectivo”.

A este respecto comentarche que o Artigo 38 punto 2 do Decreto Lexislativo 1/2008 do texto refundido da Lei da Función Pública de Galicia contempla o seguinte:

2. A valoración dos devanditos méritos ou nivel de experiencia non suporá, con relación ás probas
selectivas, máis dun 40% da puntuación máxima
alcanzable na fase da oposición.

Como poderás comprobar existe unha contradicción cando falamos do 40% do PROCESO SELECTIVO, ou si falamos do 40% da fase de OPOSICIÓN, según a nosa Asesoría Xurídica, poderiamos ter problemas si vamos contra a lei da función pública de Galicia.

Esperamos estudiedes este asunto e nos deades unha contestación na reunión do vindeiro día 5.
"
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 02-02-2009 15:30
Queres comentar ou preguntar algo?
reunión co SERGAS sobre OPE
O vindeiro xoves, dia 5 de febreiro, ás 12:00 horas, haberá no seo da mesa sectorial unha reunión co obxecto de proceder á negociación da convocatoria da OPE do Servizo Galego de Saúde do ano 2009, así como da oferta de emprego público para o ano 2009 de varias clases de persoal funcionario sanitario da Lei 17/89.

Esperamos que se traten tódalas cuestiois que plantexamos no seu dia e que xa publicamos no blog.

Por outra banda estamos á espera dunha contestación da asesoria xurídica sobre a cuestión que sexa legal o 40% do peso do concurso sobre o proceso selectivo, cando como ben apuntaba algún de vos, a Lei da función pública de Galiza marca un tope do 40% pero sobre a fase de oposición solamente. De seguir isto adiante deste xeito, duplicaría o peso do concurso sobre a OPE e deixaría a moitas persoas prácticamente sen posibilidades de acadar praza se non se ten un número moi importante de anos traballados.

De dar marcha atrás o SERGAS nos baremos, veremos tamén como afecta á oposición xa convocada do persoal facultativo.

En todo caso terémosvos informad@s do que aconteza, tanto na mesa de negociación como do que nos informe a nosa asesoria xurídica.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 02-02-2009 12:55
Queres comentar ou preguntar algo?
Concentración do Comite de Empresa de Ipisa pola liberdade sindical
Tapan a cara para "evitar represalias" da dirección

Concentración do Comite de Empresa de Ipisa pola liberdade sindical diante desta empresa da lousa

Os delegados sindicais da CIG e CCOO na lousa de Ipisa en Carballeda, Valdeorras, concentráronse o xoves 29 de xaneiro para protestar contra a represión sindical que están a vivir os seus compañeiros de traballo, desde que comezaran a mobilizarse para acadar melloras de hixiene, seguridade e laborais nos seus postos de traballo. No interior da nova podedes visualizar unha pequena peza audiovisual deste acto.

Con monos brancos e as mascarillas habituais de traballo, os membros do Comité de Empresa e perto de vinte traballadores e traballadoras da lousa de Ipisa concentráronse diante das instalacións da empresa para demandar que cese a represión sindical e que se respecte o dereito á liberdade sindical.

Durante unha hora os traballadores e traballadoras berraron pola liberdade sindical, e anunciaron que continuarán a mobilizarse "até que a empresa deixe de vulnerar os nosos dereitos e negocie con nós".

"Tapan a cara para evitar represalias"

Adriano Brito, secretario da Unión Local da CIG de Valdeorras subliñou que "parece mentira que en pleno século XXI teñamos que facer manifestacións para que se respecten as liberdades sindicais, con xente que ten que vir coa cara tapada para que non tomen represalias, porque é que nesta empresa non se tolera a máis mínima reivindicación".

Impago de salarios

Ademais, con esta concentración reclamaron os atrasos dos salarios que se lle deben a estes traballadores, que na actualidade xa son duas mensualdades mais a extra de decembro. Hai algúns casos de traballadores e traballadoras aos que xa se lles debe até catro mensualidades.

fonte Avantar

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 02-02-2009 12:08
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis