|
|
|
|
Xares, o río que nos leva |
|
Documental de difusión cultural que recolle a memoria histórica das xentes do pobo de Alberguería, pobo que desapareceu no ano 1958 baixo as augas do río Xares no concello da Veiga (Ourense). Alberguería personaliza un fenómeno que se reproduciu en toda Galicia nos anos da ditadura Franquista. A peza recupera un fragmento da historia para que non se repita e analiza teses actuais que pretenden minimizar o problema dos encoros en Galicia.
|
|
|
|
retraso na publicación da convocatoria das listas de contratación |
|
Según nos comunican, parece ser que a convocatoria das listas de contratación que se iba a publicar nesta semana, non se fará ata a primeira quincena de marzo, polo que poidemos saber de fontes do SERGAS, parece que queren facer unha reunión cos sindicatos para ver que fan coas listas do 061, en canto teñamos mais información a publicaremos. |
|
|
|
publicada convocatoria |
|
Tal e como se anunciaba, publícase hoxe a convocatoria da OPE. Podedes consultala aqui.
Prazo de presentación solicitudes ata o 31 de marzo de 2009.
Formalización da solicitude:
O modelo de solicitude estará a disposición dos/as interesados/as que desexen participar no proceso na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), premendo a icona emprego público, OPE 2009, debendo cumprimentarse e imprimirse o formulario que aparecerá neste apartado.
O impreso xerado neste apartado deberá presentarse no rexistro xunto co resto da documentación.
Formalización do pagamento das taxas:
Deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe que, para cada categoría, se especifica no Anexo II e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación orixinal como o sinalado no anexo II. Devandito impreso facilitarase aos/ás interesados/as nos servizos centrais e periféricos (Servizos de Persoal)
Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición os/as que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e os/as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial; no caso de membros de categoría xeral terán unha bonificación do 50%; circunstancias que deberán ser acreditadas coa correspondente xustificación documental (copia cotexada) presentada xunto coa solicitude.
O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/as aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as.
Documentación:
a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.
b) Xustificante de aboar os dereitos de exame.
c) As persoas exentas do pagamento das taxas deberán, ademais, presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito.
A presentación das solicitudes poderán realizarse nos rexistros dos Centros ou no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución para poder corrixir, no seu caso, o defecto que motivou o seu exclusión.
A estimación ou desestimación de devanditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique o listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as.
|
|
|
|
publicación listas de contratación autonómicas |
|
Velaqui a mensaxe do SERGAS de que hoxe se publican as listas de contratación autonómicas que estaban pendentes de publicar:
No transcurso da xornada de mañá, xoves 26 de febreiro, terá lugar a publicación das listas de selección temporal das categorías pendentes (todas elas de ámbito autonómico), correspondentes á convocatoria do 19 de xullo de 2007.
As categorías obxecto da devandita publicación son as seguintes: Grupo técnico da función administrativa, Técnico Superior, Técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, Enxeñeiro superior, Psicólogo clínico, Técnico superior en seguridade do traballo, Técnico superior en hixiene industrial, Técnico superior en ergonomía e psicosocioloxía aplicada, Logopeda , Grupo de Xestión da función administrativa, Enxeñeiro técnico, Técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, Traballador social, Enfermeiro especialista en enfermería do traballo e Técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información.
A resolución pola que se ordena a publicación das listaxes será publicada asemade no Diario Oficial de Galicia na xornada de mañá. |
|
|
|
publicación da convocatoria da OPE |
|
O SERGAS confirma a publicación da convocatoria da OPE no DOG mañá xoves, día 26 de febreiro |
|
|
|
Lobos sucios |
|
Lobos sucios é a historia dunha época na que nazis e aliados libraban unha singular batalla na Galicia do interior en plena II Guerra Mundial. É a revolución mineira do wólfram (wolf=lobo, ram=sucio) que se descobre a partir do desenterro dun corpo, do desenterro de memoria e do desenterro dunha lenda...
Coa participación do escritor Manuel Rivas.
Este documental refrexa parte da historia de Valdeorras, desenrólase nas montañas de Trevinca, as mais altas de Galiza onde as guerrillas de Galiza e León se fixeron fortes na súa resistencia contra o franquismos, moitos destes guerrileiros foron utilizados como man de obra gratuita nas minas de wolfram.
|
|
|
|
exercicios informática PSX e aux adm |
|
O SERGAS despois de consultar cos sindicatos, dá marcha atrás na súa inteción de facer un solo exercicio informático para as categorias de PSX e aux administrativo.
Polo tanto cada categoria terá o seu propio examen.
Por outra banda comentarvos que estamos intentando poñernos en contacto co SERGAS para ver que pasa coas listas de contratación, en canto teñamos información a publicaremos no blog. |
|
|
|
listas provisorias admitidos OPE facultativos |
|
Aquí arriba, cadro coa oferta no Servizo Madrileño de Saúde de prazas de FEAS.
hoxe saiu a lista provisional de admitidos e excluidos da OPE 2008 na categoria de facultativos.
Resolución do 16 de febreiro de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se declaran, con carácter provisional, os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo. |
|
|
|
as embarazadas ingresadas poderán facer a OPE |
|
noticia extraida da web do SERGAS
AS EMBARAZADAS QUE INGRESEN PARA DAR A LUZ NUN HOSPITAL PODERÁN FACER A PROBA DA OPOSICIÓN RESPECTANDO A UNIDADE DE ACTO
O Servizo Galego de Saúde desprazará ao centro hospitalario unha delegación do tribunal para garantir que se cumpran as mesmas condicións que no lugar do exame
Santiago de Compostela, martes 24 de febreiro de 2009.- A División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, á vista dos recursos presentados por mulleres embarazadas, resolverá indicándolles que a Sanidade pública galega permitirá que aquelas opositoras que estean ingresadas nun hospital galego o mesmo día do exame poderán facer a proba respectando, en todo momento, a unidade de acto como garantía de igualdade e de imparcialidade para todas e todos os aspirantes.
Esta decisión adoptouse no marco da normativa vixente e co escrupuloso respecto ao texto da convocatoria, acorde coas sentenzas xudiciais que resolveron sobre o anterior proceso selectivo e dentro dos parámetros establecidos polos axentes sociais na Mesa Sectorial da Sanidade.
Para garantir a igualdade de dereitos, tanto das opositoras xestantes como do resto de candidatas e candidatos, o Servizo Galego de Saúde desprazará ao centro hospitalario unha delegación do tribunal encargada de velar por que se cumpran as mesmas condicións que nos outros lugares do exame. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
borrrador definitivo OPE |
|
Definitivamente será o próximo venres 27 de febreiro cando se faga a convocatoria da OPE no DOG.
Xa temos o borrador definitivo que vai sair publicado, para descargalo, clicka aquí |
|
|
|
listas automáticas contratación |
|
Anuncio polo que se procede a dar publicidade á resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Servizo Galego de Saúde, pola que se anuncian os prazos da convocatoria automática prevista para a selección temporal nas categorías de médicos de familia, médicos de urxencias hospitalarias, pediatras, matronas, persoal de enfermaría (ATS/DUE) e cociñeiros nas institucións sanitarias do Sergas.
A citada convocatoria automática para presentación de solicitudes á selección temporal no SERGAS nas categorías de médicos de familia, pediatras, matronas, persoal de enfermaría e cociñeiros está prevista na norma xeral 6.3.1. do Pacto de selección temporal publicado no Diario Oficial de Galicia nº 104 de 1 de xuño de 2004 e a categoría de médico de urxencias hospitalarias na Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional de data 26 de abril de 2006 (DOG nº 90 de 11 de maio).
O prazo para achegamento de solicitudes está fixado dende o día 1 ata o día 16 de marzo do 2009, ámbolos dous inclusive.
Os modelos normalizados de solicitude estarán a disposición dos interesados nas Direccións Provinciais do Sergas e na páxina web do Sergas
|
|
|
|
desconvócanse as mobilizacións de carreira |
|
A PLATAFORMA SINDICAL CONSTITUIDA POR: CCOO, CESM, CIG, CSI-CSIF, SAE e UGT, APLAZA AS MOBILIZACIÓNS TRA-LO COMPROMISO ADQUIRIDO POLO SECRETARIO XERAL DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE DE CONVOCAR AOS INTEGRANTES DA MESA SECTORIAL O DÍA 6 DE MARZO DE 2009 PARA ESTABLECER UN CALENDARIO DE REUNIÓNS ONDE SE ABORDEN OS ASPECTOS INCORPORADOS Á TABOA REINVIDICATIVA DA PLATAFORMA SINDICAL
TÁBOA REINVIDICATIVA
?MELLORA DO RÉXIME TRANSITORIO
?TRATAMENTO DO PERSOAL INTERINO
?PROMOCIÓN INTERNA AXEITADA
?AVALIACIÓN XUSTA
?TRATAMENTO DE FUNCIONARIOS E LABORAIS
?TRATO MÁIS FAVORABLE AO PERSOAL DA OPE 2006
COMO OS OBXETIVOS DA PLATAFORMA ERAN QUE A CONSELLERÍA CONVOCASE A MESA SECTORIAL PARA RETOMAR DE NOVO AS NEGOCIACIÓNS, CONSIDERAMOS QUE ESTE OBXETIVO ESTÁ CUMPRIDO MOMENTANEAMENTE, E ESPERAMOS QUE NA REUNIÓN DO DÍA 6 DE MARZO A ADMINISTRACIÓN TEÑA UNHA ACTITUDE CONSTRUCTIVA PARA ACADAR UN AMPLO CONSENSO NA NEGOCIACIÓN DO DECRETO DE RÉXIME DE CARREIRA ORDINARIA.
ESTE VOTO DE CONFIANZA NA NEGOCIACIÓN NON SUPÓN BAIXO NINGÚN CONCEPTO A RENUNCIA A PLANTEXAR NOVAS MOBILIZACIÓNS SI A NEGOCIACIÓN NON DA OS FROITOS ESPERADOS.
IMPOSICIÓNS NON
NEGOCIACIÓN SI
|
|
|
|
borrador da resolución da convocatoria OPE |
|
Chéganos un correo do SERGAS co texto xa prácticamente definitivo do que vai ser a publicación da convocatoria de OPE.
Polo que nos din só queda pendente tomar unha decisión sobre o segundo exercicio do informáticos.
Tamén hai algunha modificación nas categorias de diplomados sanitarios no anexo III "exercicios" no que a promoción interna se refire.
Pedirán ao DOG que a publique o xoves día 26 de febreiro, ou como moito tardar o venres, día 27.
Para descargar o novo borrador clicka aquí
|
|
|
|
recrudecemos as mobilizacións |
|
Hoxe levouse a cabo a concentración diante do SERGAS contra o decretazo da Carreira Profesional Ordinaria, con grande éxito de participación.
Ao acabar a concentración, ben ruidosa por certo para que nos oiran os do SERGAS, os representantes das organizacións sindicais da plataforma conxunta foron chamados a unha reunión, que simplemente foi unha maniobra de despiste ou por tocar as narices, posto que o SERGAS nesa reunión o único que fixo foi reafirmarse na súa actitude de tramitar o decreto sen escoitar as reivindicacións do persoal.
Á vista desta tomadura de pelo, os representantes sindicais decidiron pecharse no SERGAS á espera de que o Secretario Xeral, Cayetano Rodríguez, aparecera e fixese un cambio no rumbo da situación. E o Secretario Xeral o que fixo foi ratificar a tramitación do decreto.
Por este motivo, IMOS RECRUDECER AS MOBILIZACIÓNS, para que nos escoiten e que lles quede claro: DECRETAZO NON, NEGOCIACIÓN SI!!!
XOVES, 19 de febreiro, CONCENTRACIÓNS en todos os centros.
MÉRCORES, 25 de febreiro, nova CONCENTRACIÓN diante do SERGAS.
VENRES, 27 de febreiro, FOLGA.
abaixo fotos da concentración de hoxe ante o SERGAS.
|
|
|
|
|
|
"la region" |
|
|
|
en breve, listas de contratación |
|
Preguntamos ó SERGAS sobre as listas de contratación pendentes de convocar e as definitivas autonómicas, a sua resposta foi que para a semana que ven sairán publicadas as listas definitivas de ámbito autonómico e a finais de mes convocaranse as novas listas de enfermeira, auxiliar de enfermaría etc. |
|
|
|
voltamos ao chollo |
|
Antes de falar do blog e o traballo d@s delegad@s de CIG-Saúde Barco queremos explicar para quen lle poida interesar como é o funcionamento e a toma de decisiois na nosa central sindical para deste xeito cando se fagan críticas, se fagan con coñecemento de causa.
A afiliación de CIG-Saúde compóñena miles de persoas, cada unha cunha situación laboral distinta, fixemos a estadística da afiliación de CIG-Saúde O Barco, e a distribución é a seguinte:
persoal fixo o 44% da afiliación
persoal interino 22% da afiliación
persoal temporal ou parado 34% da afiliación.
No resto das zonas imaxinamos que as porcentaxes serán parecidas. Iso quere decir que as situaciois laborais da nosa afiliación son tan dispares que sería imposible facer algo para algúns sen perxudicar a outros.
Por outra banda as decisiois que adopta CIG-Saúde non salen de un iluminado que vai á Mesa Sectorial e di o que pensa él, a nosa estructura sindical contempla unha serie de grupos que van dende as secciois sindicais das zonas e os grupos de traballo de asuntos concretos como OPE, contratación, primaria, saude laboral, formación, etc,etc.. onde participamos delegados e delegadas de tódalas zonas, os asuntos de mais calado lévanse as bases e logo no Consello do sindicato, onde participamos de media entre 30 e 50 persoas de tódalas áreas, toma as decisiois en base á maioria, estas decisiois habitualmente son consesuadas e ás veces, como a sensibilidade e as prioridades como é lóxico non son iguais en tódolos lados, vótanse e así se toman as decisiois, NUNCA en base a interses escuros da nosa afiliación, senon ás nosas ideas e á nosa coherencia.
Unha vez aclarado este asunto que compete a toda a CIG-Saúde de todo o pais, vaiamos coa sección sindical de O Barco no referente ó blog.
A área de O Barco é a mais pequena do SERGAS, pero polo apoio dado polo persoal desta área nas últimas elecciois que nos permite contar con 2 liberados para facer o traballo como mellor sabemos, é por iso que a realidade deste blog é posible grazas a toda a xente desta área que nos apoiou. Nin un sólo dos nosos afliados e afiliadas puxo problemas por abrir a información e respostar ás preguntas de toda a xente independentemente da súa filiación sindical. É por iso que os comentarios de certos francotiradores degradando, insultando, non solo a nós, senon a nosa afiliación como se fosen bichos raros por defender os seus dereitos e ideas baixo as siglas da CIG e acusándonos de que defendemos os seus intereses en detrimento do resto, resúltannos especialmente ferintes.
Cando abrimos este blog hai 2 anos, a nosa intención era abir un espazo que pensábamos que podia ser de interese para moito persoal, tamén era a nosa intención acercar todo o que acontece no SERGAS que poidera resultar útil, ben sexa de OPE, contratación, problemática laboral etc, sen renunciar a outros asuntos de carácter social.
Por outra banda dimos opción a que poiderades dende este foro aportar o que pensábades e en moitos casos trasladamos as vosas inquietudes ó debate interno da nosa central sindical para reivindicalo ante o SERGAS, así xurdiron as mobilizaciois para o cambio de ritmo para solventar a OPE e as listas de contratación, as mobilizaciis contra a central de chamadas, etc etc...; polo tanto vós tamén contribuides dalgún xeito nos posicionamentos de CIG-Saúde.
Foi moita a xente que nos recomendou non abrir comentarios, posto que xa se veian vir estes ataques, ademais resulta polo menos curioso que os ataques mais viscerales que recibimos é cando intentamos facer normas que midan a todo o mundo por igual ou cando denunciamos situaciois de persoal posto a dedo. Pero pensamos que a axuda que prestábamos a moitas e moitos de vós pagaba a pena inda recibindo ataques insultantes contra nós e contra a nosa afiliación.
E chegados ao punto en que nos fartamos de recibir comentarios cheos de insultos e improperios varios, decidimos paralizar as respostas momentáneamente. Levamos unha semana dándolle voltas á situación, tentando decidir se era conveniente continuar respostando as preguntas e ignorando as sandeces, ou se era preferible deixar de facelo e dedicarnos a publicar información simplemente, como fan a maioría dos blogs e páxinas sindicais deste país. Nesta semana non deixaron de entrar mensaxes, os máis deles agradecéndonos o noso traballo ou facendo preguntas, pero tamén houbo quen se permitiu o luxo de esixirnos que respostáramos (e lembrámosvos que NON TEMOS OBRIGA DE RESPOSTAR, facémolo porque queremos e pensamos que é unha boa forma de facer traballo sindical) e tamén algún que outro troll deixándonos sapos e cobras unha vez máis.
A decisión xa está tomada. Imos retomar as respostas ás preguntas. Tamén seguiremos recollendo as vosas suxestións e comentarios. Tamén as vosas críticas, sempre que sexan feitas desde o respeto e constructivamente. Os ataques, insultos, esixencias e berrinches... coma se non existiran, de feito non existirán; porque o que si vai variar no noso xeito de xestionar o blog é que, a diferencia do que facíamos antes, os comentarios insultantes ou denigratorios serán eliminados definitivamente sen dar explicación ningunha. Retomamos o tema sobre todo porque está a punto de convocarse unha nova OPE e tamén a punto de abrirse listas de contratación dalgunhas categorías, e sabemos a confusión que isto vai crear, e que moit@s teredes dúbidas ao respecto que, como sempre dentro das nosas limitacións, tentaremos resolver.
Pero tamén nos gustaría que quedara claro que se a situación volve chegar ao extremo da semana pasada, plantexarémonos moi en serio botar o peche definitivo das preguntas e comentarios e limitarnos a publicar información, como funcionan o resto de blogs e webs de información sindical.
Asi que, volvemos ao chollo ao 100%.
|
|
|
|
información reunión OPE 12-02-2009 |
|
Información reunión OPE, 12-02-09.
Temas plantexados e acordados sobre a convocatória.
1.- Base sétima da convocatória. Inclúese a alegación presentada póla CIG-Saúde de dar por superada a proba de informática na quenda de promoción interna horizontal Auxiliares Administrativos ? PSX, e viceversa.
2.- Anexo I.
Apróbase que o 1º exercício, que son duas partes (teórico- práctico) do mesmo temario, sexa eliminatorio no seu conxunto. Isto é de aplicación a todos os colectivos que o 1º exercicio sexa sobre o mesmo temario.
3.- Rama Administrativa.
En vez de modificar o temario, inclúense no 1º exercicio 10 preguntas da parte común, quedando exentos de realizalo o persoal da quenda de promoción interna.
Neste exercício modifícase o valor das preguntas ao persoal de P.I, isto obedece a que na convocatória anterior, como consecuencia de que as preguntas tiñan um maior valor, tamén valían máis as respotas negativas. A puntuación das negativas era maior para o persoal de P.I.
4.- Exame:
Esta convocatoria recolle um mesmo exercicio de informática para os colectivos de PSX e Auxiliares Administrativos.
O entorno informático no que se realizarán os exames, será o paquete de office 2007
5.- Exame grupo A e B Informática.
A subdirección de Informática plantexa que para os gupos A e B o 2º exercício sexa teórico-práctico sobre o desenvolvemento de aplicativos informáticos, non queren que sexa tipo test. O argumento é que con um exame teórico- práctico demostranse mais os coñecementos. Temos que posicionarnos sobre este tema.
6.- Baremos.
Os servizos prestados tópanse em 7 anos e 7 meses, aumentanse 7 meses com respecto á convocatória do ano 2006.
Esta convocatoria recolle que o persoal deberá presentar un certificado médico que acredite a capacidade funcional; preguntamos se o SERGAS tiña claro que as/os médicas/os de Atención Primaria estaban obrigados a cumprimentar o dito certificado. A representante de CESM dixo que non. Para emitir o dito certificado serve calquer profesional colexiado, se non se fai na pública o persoal terá que recurrir aos psicotécnicos. |
|
|
|
Publicada oferta de emprego |
|
Publícase hoxe no DOG a oferta de emprego para as categorías non facultativas da OPE 2008.
Podedes consultala aqui. |
|
|
|
|
|
|
|
|