CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

información fundación valdegodos
A TODOS/AS TRABALLADORES E TRABALLADORAS
DA FUNDACION VALDEGODOS


Non podemos afirmar que o proceso electoral fose limpo, xa que houbo (e segue habendo) continuas presións por parte da empresa para impedir a nosa presencia nos órgaos de representación do persoal, ao tempo que promocionaban con inusual descaro as candidaturas da UGT.

Desde que se celebraron estas eleccións sindicais na FUNDACION VALDEGODOS, o noso sindicato fixo asembleas na residencias de VIANA DO BOLO e na de VIRGEN DE LOS MILAGROS, nas que temos representación.

No caso de Viana do Bolo, onde temos maioría, xa temos acadado un principio de ACORDO no que atinxe a vacacións, libranzas e cambio de quendas, quedando por resolver outros temas como a xornada diaria e a súa adaptación ao cómputo anual que establece o convenio.

Na Residencia Virgen de los Milagros, ante a pasividade da representación maioritaria da UGT, a Dirección do Centro négase a establecer diálogo, a pesares das xestións que teñen feito os nosos Delegados e a propia Central Sindical, chegando mesmo a manter unha entrevista coa Directora na que lle fixemos chegar a nosa proposta de abrir unha Mesa de Negociación das condicións de traballo de todo o persoal, obtendo desta a calada por rersposta.

De non acceder a entablar diálogo nos próximos días, desde a CIG tomaremos as medidas de presión que estimemos oportunas, sempre que contemos co apoio maioritario dos traballadores e traballadoras, para exixir que se cumpra o estipulado no Convenio Colectivo.

Facemos un chamamento á unidade dos traballadores e aos representantes do sindicato UGT para que exerzan as responsabilidades para as que foron elexidos.

O CONVENIO DA FUNDACIÓN VALDEGODOS

Como todos sabedes, o noso Convenio foi asinado no seu momento por cinco anos, rematando a sua vixencia o 31 de decembro de 2007. Mais ao non ser denunciado (trámite legal obrigatorio pàra proceder á súa renovación) quedou prorrogado por un ano máis, até o 31 de decembro de 2008.

Agora que temos representación legal, é a oportunidade de millorar as nosas condicións de traballo, mediante unha negociación aberta, democrática e participativa.

Desde a Confederación Intersindical Galega queremos comenzar canto antes a preparar esta negociación, coa participación de todos vós.

Por isto, nas vindeiras datas convocaremos, ao traveso dos nosos delegados e delegadas, unha xuntanza cos Comités de Empresa de todos os Centros da Fundación, a fin de expoñerlle a nosa proposta e unificar criterios para ter a suficiente maioría da representación e afrontar unha negociación con garantías.

O noso Sindicato promoverá a participación asamblearia de todo o persoal, convocadas unitariamente por todos os Comités. Deberán ser os traballadores e traballadoras as que teñan a última palabra.

Aquelas persoas que queiran contactar con nós ou pedir algún tipo de información, poden facelo, ben directamente no noso local de O Barco, ou mediante a páxina web que a nosa Sección Sindical ten na Sanidade no HCV, e na que temos un apartado específico para as Residencias da Terceira Idade, no seguinte enderezo http://www.blogoteca.com/cigsaudebarco.


ORGANÍZATE E PARTICIPA

AFÍLIATE Á CIG
Comentarios (0) - Categoría: fundaciois 3ª idade - Publicado o 29-02-2008 16:03
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados: listado de admitidos e non admitidos varias categorias
listas de admitidos e excluidos no concurso de traslados do SERGAS de:

ATS/DUE

auxiliar de enfermaria

celador

auxiliar administrativo

PSX
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 29-02-2008 09:51
Queres comentar ou preguntar algo?
a baremación provisional da fase de concurso Farmacéuticos de Saúde Pública



hoxe públicase no DOG a Resolución que publica a baremación provisional da fase de concurso do Farmacéuticos de Saúde Pública.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 29-02-2008 09:37
Queres comentar ou preguntar algo?
Contidos e observacións do preacordo de UAPs
O venres 22 de febreiro chegouse na mesa sectorial a un preacordo condicionado na negociación sobre a regulación de diversas condicións de traballo en Unidades e Servizos de Atención Primaria. Este preacordo, condicionado a que a aplicación retributiva das TIS (en lugar das actuais Cartillas) non provoque perdas económicas en ningún cupo, representa un notable avance sobre as condicións actualmente vixentes para este persoal en materia de intersubstitución, de voluntariedade e do tratamento do traballo ordinario dos sábados.

Como en toda negociación, non se acada nesta todo o que inicialmente se quere, si ben despóis de case catro meses de conflicto e de negociación, e dada a actual correlación de forzas, entendemos que non hai marxe para acadar mellores condicións cas xa consolidadas con este preacordo.

CONTIDOS DO PREACORDO CONDICIONADO


Intersubstitución.

Establecese o carácter da intersubstitución como a última opción a utilizar, e nese caso dase preferencia a asignar o cupo do ausente a quen voluntariamente o asuma.
Pagase dende o primeiro dia de ausencia.
Pagase co 100% do valor do cupo e cun mínimo do 70% dos conceptos fixos da retribución do ausente.
Na Comisión de Seguimento estableceranse os criterios obxectivos polos que se poda chegar a pagar o 100% tamén das retribucións fixas.
Desaparecen os tramos en enfermería, polo que haberá sempre un pago efectivo.

Desaparecen todas as propostas anteriores do Sergas, tanto no sentido de limitar o pago a partir do 4º dia como de aplicar o coeficiente reductor de 22/30 para calcular o valor diario do complemento.
En promedio das cuantías pagadas actualmente, para facultativos implica pasar dun valor de 30 euros diarios a un mínimo de 67 (87 para os casos en que se recoñeza o 100% de todo o salario), e para enfermería pasar dun valor entre 0 e 5 euros diarios a un mínimo de entre 35 e 51.


Voluntariedade.

Faise unha nova oferta de voluntariedade con carácter xeral, na que cada profesional poderá exercer a sua opción.
Establecese un incentivo asociado á opción de facer ben 305 ou ben 600 horas. Non hai incentivo si se opta por tramos inferiores ás 305 horas.
Optar polo tramo de 305 horas ten un incentivo de 1475 euros, e o de 600 vale 2900.
No caso do persoal de Unidades de tarde, o tramo ofertado será de 150 horas, cun incentivo de 725 euros.
Os incentivos se perciben inda que non se cheguen a realizar todas as horas por causas imputables á Administración. A ninguén se lle pode obrigar a facer máis horas das do tramo incentivado escollido (305 ou 600), e só voluntariamente se poden superar eses límites.

O valor do incentivo establecese pola diferencia que existe entre o valor actual da hora de garda (19’65 euros) e o valor da xornada complementaria para o persoal de PAC (24’48 euros).

Sábados.

A efectos de xornada máxima, a ninguén se lle poderá impoñer a realización dun número de sábados superior ao actualmente traballado.
A diminución do número de sábados será posible alí onde se poda concentrar a atención, no PAC ou noutro centro que se acorde.

Só na próxima negociación do chamado Acordo Marco poderá abordarse a diminución legal da xornada para todo o persoal do Sergas, e alí veremos si conseguimos dar novos pasos para a definitiva diminución/eliminación do traballo ordinario en sábados.

TIS.

Queda pendente a aplicación da adaptación a TIS do pago actual dos cupos por Cartillas.
En todo caso, queda recoñecido que si esa aplicación de TIS non resolve as diferencias retributivas actuais de Pediatras, Odontólogos, Fisioterapeutas e Traballadores Sociais respecto dos seus homólogos, esas diferencias deberán resolverse na negociación do Acordo Marco.

Por esta razón de que o impacto das TIS non está inda concretado nin avaliado, o preacordo está condicionado ao seu resultado.
Continuamos sólos na defensa ata o final da revalorización retributiva de Fisios e Traballadores Sociais, o que dificultou concretar máis neste preacordo, anque o compromiso da revalorización retributiva está ahí.


Persoal non sanitario

Crease un grupo de traballo para analizar a situación das plantillas e da provisión das prazas, das retribucións e das funcións do persoal non sanitario das Unidades de Atención Primaria.

O obxectivo dese grupo de traballo é, para nós, ter un espacio onde tratar a situación sempre relegada de todo o persoal non sanitario de primaria, para buscar solucións aos seus específicos problemas.

Outras materias

Complementariamente, incluense neste preacordo outros compromisos con diferente intensidade. Os que nós valoramos como un paso adiante importante son estes:
- admitese por primeira vez o recoñecemento de que é posible e necesario debatir sobre as condicións que permitan definir en primaria o cupo enfermeiro
- queda determinada a preferencia pola creación de novos postos de traballo de enfermería en PAC, nos casos en que as horas non cubertas sumen unha xornada a tempo completo


Inda así non está todo o traballo feito, xa que nunca deixaremos de ter que loitar para que os acordos se apliquen correctamente e para conquistar novos dereitos,… e por tanto este preacordo só acadará o seu verdadeiro valor si mantemos a atención para que na sua aplicación as xerencias garantan que os sábados realmente diminuen, que a intersubstitución é realmente residual e que a xestión da voluntariedade incentivada tanto do persoal de UAPs coma dos PACs elimina definitivamente a sombra da ameaza da realización forzosa de gardas permitida polo Estatuto Marco.

CIG-SAÚDE. Febreiro de 2008
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 28-02-2008 10:32
Queres comentar ou preguntar algo?
Contidos e observacións do preacordo de PACs
O venres 22 de febreiro chegouse na mesa sectorial a un preacordo na negociación sobre as condicións de traballo en PACs que representa un notable avance sobre as condicións de xornada e retribucións actualmente vixentes para este persoal e que elimina as principais ameazas que as anteriores propostas do Sergas viñan recollendo.

Como en toda negociación, non se acada nesta todo o que inicialmente se quere, si ben despóis de case catro meses de conflicto e de negociación, e dada a actual correlación de forzas, entendemos que non hai marxe para acadar mellores condicións cas xa consolidadas con este preacordo.

A posición da CIG neste conflicto foi sempre clara e firme: apostamos pola unidade de acción na Plataforma Sindical ata que alguén decidiu rachala, e fixemos logo unha serie de propostas escritas como condición de firma que foron apoiadas maioritariamente polo colectivo… e o resultado desa nova situación é este preacordo. Tamén é necesario reiterar que o preacordo só se convertirá en acordo unha vez ratificado por unha maioría do colectivo en toda Galicia


OS CONTIDOS DO PREACORDO


Xornada ordinaria

1.430 horas, con efectos do 1/7/09
1.515 entre o 1/1/08 e o 30/6/09

A xornada ordinaria actual é de 1570.
A proposta inicial do Sergas só chegaba ata 1465 horas, aplicables en 2010.


Xornada complementaria

Inicialmente faise unha oferta de voluntariedade, con tramos de horas a escoller entre 230 e 660 anuais.
Só si a voluntariedade non chega para cubrir todas as horas necesarias en cada PAC se poderían esixir horas obrigatorias ata un máximo de 1570.
Por encima deses límites só cabe, si fose o caso, a realización de gardas forzosas xunto co persoal de ordinaria.
Todas as horas de xornada complementaria en PAC, dende a primeira ata a última efectivamente realizada, abónase a 24’48 euros para facultativos e a 16’03 para enfermería, ademáis do valor adicional das horas nocturnas e das festivas.

Desaparece a ameaza da extensión da xornada ata as 1762 horas que propoñía o Sergas dende o 6 de novembro.
O valor das horas realizadas no propio PAC por encima da xornada ordinaria pasan a pagarse igual cas realizadas en Unidades, incrementadas co valor das horas nocturnas e das horas festivas.
Con estes datos cada persoa pode calcular en canto sae cada garda adicional feita por encima da xornada ordinaria, e comparar a sua diferencia respecto do valor actual.


Complemento de nocturnidade


Recoñecese o pago deste complemento polas horas nocturnas realizadas (entre as 22 e as 08), acadando en xaneiro do 2008 o 40% do seu valor, en xaneiro do 2009 o 80% e en xaneiro do 2010 o 1oo%

En prezos do 2008, cada noite vale 42’00 euros para facultativos e 30’80 para enfermería, polo que os valores a aplicar en cada ano serían:
Facultativos: 16’80 – 33’60 – 42’00
Enfermería: 12’32 – 24’64 – 30’80
00%.


Complemento de festividade

Recoñecese o pago deste complemento polas horas realizadas en domingos e festivos, acadando en xaneiro do 2008 o 40% do seu valor, en xaneiro do 2009 o 80% e en xaneiro do 2010 o 100%.
Debe negociarse no próximo acordo xeral, para todo o persoal do Sergas, a eliminación da actual prohibición legal para pagar o complemento de festivos nas horas nocturnas de domingos e festivos.

En prezos do 2008, cada hora festiva vale 9’98 euros para facultativos e 7’33 para enfermería. A sua aplicación en anos sería:
Facultativos: 3’99 – 7’98 – 9’98
Enfermería: 2’93 – 5’86 – 7’33


Complemento de turnicidade


O preacordo só inclue unha referencia a poder retomar a negociación deste concepto no próximo acordo xeral de condicións de traballo para todo o persoal do Sergas.

A polémica xerada sobre este complemento ten delito. Cómo poden inventarse tantas falsedades e cómo pode haber tanta xente que as crea. Só hai que leer. Cómo pode decirse/creerse que a CIG quere poñer a traballar aos PACs a turnos de 7 e 10 horas, si a CIG é a única organización que na mesa sectorial se enfrentou á Administración en contra desa proposta do Sergas. E de feito esa proposta desapareceu do texto, porque nunca a imos aceptar.
O que a CIG defende é que traballar en horarios de 17 e de 24 horas é tamén un traballo a turnos. Igual que se definiu e se recoñeceu para os médicos de urxencias hospitalarias. E que esa xornada é distinta e máis penosa que a de quen traballa só de mañáns, en turno fixo. E que eso debe compensarse cun complemento retributivo. E seguiremos loitando por ese obxectivo.


Celadores en funcións de PSX

Crease un grupo de traballo para analizar a situación de plantillas e de funcións do persoal non sanitario dos PAC, e a forma de acceder a eles no futuro.
Complementariamente, recoñecese aos Celadores de PAC que asuman as tarefas administrativas do mesmo un complemento retributivo por esas funcións, cifrado en 45 euros mensuais.

A problemática derivada tanto das progresivas modificacións de funcións do persoal non sanitario nos PACs, a raíz da sua informatización, como das diferentes expectativas de acceso a eses postos por parte tanto de Celadores (de hospitais e de primaria) como de PSX, obriga a que defendamos a necesidade dese grupo de traballo para acadar solucións consensuadas a esa situación.

Inda así non está todo o traballo feito, xa que nunca deixaremos de ter que loitar para que os acordos se apliquen correctamente, para que os dereitos se respeten, para conquistar novos dereitos,… e por tanto este preacordo só acadará o seu verdadeiro valor si mantemos un frente unido para que na sua aplicación as xerencias respeten dunha vez por todas a realización de calendarios equitativos, o exercicio real do dereito a vacacións e permisos, unha voluntariedade real e non coactiva, a erradicación da disponibilidade permanente, etc, etc.

Por outra parte, e sendo esta unha regulación complementaria á que se estableza para UAPs, teremos tamén que entender que a loita global para mellorar a atención sanitaria e as condicións de traballo en Atención Primaria (ordinaria e urxente) non se acaba con estes preacordos senón que afrontará novas batallas en pouco tempo. A principal será a negociación nos próximos meses do chamado Acordo Marco (de afectación xeral a todo o persoal do Sergas) no que deberemos tratar de resolver aspectos que agora só quedan apuntados porque necesitan de solucións globais: rebaixar a xornada ordinaria, subir o prezo das gardas e da xornada complementaria, pagar o plus de festivos nas noites de festivos, pagar os sábados como festivos, equiparar retribucións globais entre colectivos, e outras de similar trascendencia.

CIG-SAÚDE. Febreiro de 2008




Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 28-02-2008 10:31
Queres comentar ou preguntar algo?
adhesión de CSIF ó acordo de carreira
o tempo pon a cada un no seu lugar, esta de abaixo é a adesión de CSIF ó acordo de carreira profesional das categorias non sanitarias e sanitarias de fp, que no seu dia non asinaron e intentaron utilizar para botar ó persoal contra do resto dos sindicatos afirmando que non asinarian este acordo, como nos teñen acostumbrados, (CIG-Saúde non asinou a carreira profesional do grupo B sanitario e por coherencia non pedimos adexión algunha ó acordo), pero hai a quén gosta de vender fume, pero cada un que saque as suas propias conclusiois.

Resolución de 27 de febreiro de 2008 da Dirección Xeral de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, pola que se ordena a publicación da acta de mesa sectorial de 6 de novembro de 2007 pola que se acepta a adhesión ao Acordo de 21 de xuño de 2007, de réxime extraordinario de carreira profesional do persoal de xestión e servizos e sanitario de formación profesional, asinado polas organizacións sindicais CIG, CC.OO, UXT e USAE

No marco da mesa sectorial de negociación do Servizo Galego de Saúde, que tivo lugar o día 6 de novembro de 2007, após o proceso negociador, a Administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CEMSATSE, CC.OO e USAE acadaron acordo sobre a adhesión da organización sindical CSI-CSIF ao Acordo de data 21 de xuño de 2007, de réxime extraordinario de carreira profesional do persoal de xestión e servizos e sanitario de formación profesional, asinado polas organizacións sindicais CIG, CC.OO, UXT e USAE .

O dito acordo tivo lugar con base no disposto no artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, e nos artigos 79 e 80 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco de persoal estatutario dos servizos de saúde. O seu contido publícase como anexo a esta resolución para o seu xeral coñecemento.

Na súa virtude,

RESOLVE:

Dispoñer a publicación da acta de mesa sectorial de 6 de novembro de 2007 pola que se acepta a adhesión da organización sindical CSI-CSIF ao Acordo de 21 de xuño de 2007, de réxime extraordinario de carreira profesional do persoal de xestión e servizos e sanitario de formación profesional, asinado polas organizacións sindicais CIG, CC.OO, UXT e USAE

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2008
O director xeral da División de Recursos Humanos
e Desenvolvemento Profesional,

Antonio José Fernández Paniagua
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 27-02-2008 15:19
Queres comentar ou preguntar algo?
ingemarga solución!
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 27-02-2008 11:16
Queres comentar ou preguntar algo?
plan de estudios varias categorias
hoxe aparece publicado no BOE a Resolución que publica os ACORDOS polos que se establecen as condicións ás que deberán adecuarse os plans de estudios de:
Dentista
Enfermaría
Farmacéutico
Fisioterapeutas.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 27-02-2008 09:41
Queres comentar ou preguntar algo?
ope farmacéuticos inspectores saúde pública
Mensaxe recibida esta mañá do SERGAS, sobre OPE de farmacéuticos inspectores de saúde pública:

Está previsto que o vindeiro venres, día 29 de febreiro, sexa publicado no D.O.G. un anuncio sobre as publicacións provisionais da fase de concurso de farmacéuticos inspectores de saúde pública. As correspondentes puntuacións figuran na columna "EXP". As outras dúas columnas da fase de concurso (FORM e OUTRAS) figuran con 0 puntos xa que segundo a correspondente convocatoria só se valora a experiencia profesional.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 26-02-2008 09:16
Queres comentar ou preguntar algo?
pre-acordo en AP


Deixámosvos ligazons aos pre-acordos de PACs e UAPs ao que se chegou na Mesa sectorial do venres.

Falta a súa ratificación polas asembleas de traballadores/as.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 23-02-2008 14:23
Queres comentar ou preguntar algo?
erros nos traslados de facultativos
O SERGAS vén de avisarnos de que nas listas provisionais de traslados de persoal facultativo hai algúns erros en canto ás prazas adxudicadas.

Tamén nos indican que as listas correctas serán colgadas na páxina web do SERGAS ao longo desta mañá.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 22-02-2008 09:49
Queres comentar ou preguntar algo?
última hora traslados!
Tal e como publicamos esta mañá, recibimos unha mensaxe do SERGAS anunciándonos a publicación no DOG da resolución que anunciaba os listados provisionais de destinos dos traslados de persoal facultativo este venres día 22.

A nosa sorpresa foi polo tanto maiúscula cando comprobamos no DOG e na páxina web do SERGAS que xa están HOXE publicados. Este é o xeito de informar do SERGAS.

Este é o enlace á resolución publicada hoxe. Tédeo en conta para os prazos de reclamacións ("os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución provisional").

Deixámosvos tamén un enlace aos listados provisionais aqui.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 20-02-2008 11:49
Queres comentar ou preguntar algo?
nova convocatoria Mesa Sectorial PACs
Rematou o peche dos nosos compañeiros de CIG no SERGAS despois de que a dirección do organismo accedese ao que se lle solicitaba: O venres haberá nova Mesa Sectorial coas negociacións tanto de UAPs como de PACs como único punto da orde do día e será (palabras textuais da convocatoria) "na procura dun peche das dúas negociacións".

En todo caso o venres é unha reunión decisiva. Estaremos pendentes do que suceda.

Desde CIG-Saúde o noso apoio a todo o persoal de PACs que segue pechado nos distintos centros.

As novas nos xornais: la opinión, el correo gallego, la voz de galicia, la región e máis en la región, faro de vigo, diario médico, galiciae.

(na imaxe a foto do peche no Arquitecto Marcide de Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 20-02-2008 09:32
Queres comentar ou preguntar algo?
peche no SERGAS
Hoxe había convocada unha Mesa Sectorial para falar das melloras laborais que se están a reivindicar para as Unidades de Atención Primaria.

En vista de que moito persoal de PACs está mantendo peches nos centros (podedes velo aqui, aqui e aqui) para esixir a solución definitiva ao conflito que vive este persoal pola discriminación en canto a condicións laborais, os nosos compañeiros de Cig-Saúde solicitáronlles aos directivos/as do SERGAS que se puxese sobre a mesa unha vez máis a negociación sobre este colectivo. O SERGAS negouse a facelo alegando que a reunión convocada hoxe era exclusivamente para falar das UAPs, pero ante a insistencia por parte da CIG de falar tamén o tema de PACs para tratar de solucionar o conflito, o SERGAS pasoulle a pelota ao resto de organizacións sindicais, que sen mollarse, responderon negativamente á petición (será que non lles interesa negociar as condicións dos traballadores dos PACs?) e, do mesmo xeito que a dirección do SERGAS, levantáronse da mesa e marcharon.

Ante esta afrenta, os compañeiros de CIG-Saúde que participaban na mesa quedaron pechados nas dependencias do SERGAS, e non deixarán o peche mentras non haxa unha data para unha nova mesa de negociación sobre PACs, na que o SERGAS prantexe unha nova proposta que mellore a anterior.

A estas horas, e desde esta mañá, continúan pechados no SERGAS os compañeiros de CIG-Saúde. Estaremos atentos ás novas e seguiremosvos informando.

Desde CIG-Saúde O Barco, moito ánimo a estes compañeiros.

(Na foto podedes ver unha imaxe do peche dos nosos compañeiros no SERGAS)

Na unidade está a nosa forza, por unhas condicións dignas mobilizate!
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 19-02-2008 17:49
Queres comentar ou preguntar algo?
permisos electorais
Ante as próximas Eleccións Xerais, o SERGAS vén de enviar unha circular coas instruccións para a solicitude e concesión de permisos electorais, que pasamos a resumir:

1. Permisos a candidatas/os durante a campaña electoral. Terán dereito a un permiso que comezará ás o:oo hs do venres 22 de febreiro de 2008 e finalizará ás 24;00 hs do día 7 de marzo. De acreditaren a súa condición de interventoras/os ou apoderadas/os prorrogaráselles o dito permiso ata as 0:00 hs do día da votación, sempre que o comuniquen coa suficiente antelación.

Se ao/á traballador/a lle corresponde prestar servizos na quenda de noite inmediatamente anterior ao día 22, comezará o permiso ás 22 hs do día 21. Se tén que traballar na quenda de noite do día 7, rematará o permiso ás 8:00 hs do día 8.

2. Permisos a membros das mesas electorais, interventores/as e apoderados/os.

a. Aqueles/as traballadores/as que acrediten a súa condición de membro da mesa electoral teñen dereito a permiso retribuido de xornada completa o día da votación, e unha redución da xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior. No caso de que algunha ou algún destes traballadores tivese que prestar servizos en quenda de noite na data inmediatamente anterior á de votación, mudaráselle a dita quenda, co obxecto de que poida descansar esa noite. De todos os xeitos, dado que o día de votación comeza ás 0:00 hs do día 9 de marzo, ao persoal que solicite o permiso en lugar do cambio de quenda da noite inmediatamente anterior, autorizaráselle aquel con efectos dende as 22 hs do día anterior. Nos mesmos termos, deberá facilitarse o cambio de quenda de noite ou ben o permiso aos suplentes que acrediten a súa asistencia á constitución da mesa.

b. As/os traballadores que acrediten a súa condición de apoderados teñen dereito a un permiso retribuido durante o día de votación, se non disfrutan nese día de descanso semanal.

3. Permiso o día da votación. O persoal ao servizo do SERGAS que no día das eleccións non disfrute do seu descanso semanal, terá dereito a un permiso retribuido de ata catro horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que a súa quenda de traballo coincida, polo menos en catro horas, co tempo no que permanecerán abertas as mesas eletorais.


Este é un resumo da circular do SERGAS, se tedes algunha dúbida, preguntádenos no local sindical ou polas vías habituais.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 19-02-2008 13:32
Queres comentar ou preguntar algo?
publicadas bolsas de contratación sacyl
O venres pasado sairon publicadas as listas provisionais de contratación do Sacyl. Podedes consultalas aqui.

Neste outro enlace deixámosvos as do Bierzo.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 18-02-2008 13:46
Queres comentar ou preguntar algo?
Proposta final CIG negociación PACs
Ante a última proposta do SERGAS no tema dos PACs, esta é a proposta final de CIG (unha vez rota a plataforma) que xa foi presentada e está á espera de contestación:

Propostas finais de CIG-Saúde para un acordo sobre condicións de traballo en PACs

Como expresamos na reunión da mesa sectorial celebrada onte, a última proposta presentada polo Sergas sobre as condicións de traballo en PACs contén algúns elementos que nos impiden coincidir con ela. Pola contra, tendo en conta o nulo marxen de maniobra que a Administración ofreceu na discusión da mesa, queremos poñer por escrito algunhas consideracións sobre os contidos da sua proposta que en caso de aceptarse permitirian a incorporación da CIG a un acordo sobre esta materia.

1. Xornada Ordinaria

Ano 2008, con efectos do 1/1, 1500 horas
Ano 2009, con efectos do 1/7, 1430 horas

2. Xornada Complementaria

Precisar no texto os seguintes criterios básicos:
- a comisión de seguimento definirá os tramos de horas para a oferta de voluntariedade, entre un tramo mínimo que non superará as 230 horas e un tramo máximo que non superará as 660
- tendo en conta que a xornada complementaria voluntaria terá como finalidade principal garantir a cobertura da prestación necesaria en horario PAC, os plans funcionais (que deberán ser determinados por negociación entre as xerencias e as comisións de centro) definirán o volume de horas de cada tramo escollido reservado para as necesidades de cobertura en PAC, que non poderá superar o 80% das totais salvo opción voluntaria
- a posibilidade de extender a xornada obrigatoria ata as 1570 horas en caso de insuficiencia da voluntariedade nun determinado PAC só pode estar referida ás horas estruturais que figuren vacantes na correspondente cartelera, non podendo usarse para cubrir continxencias
- en caso de ter que acudir a extender a xornada con carácter forzoso de forma excepcional, a comisión de seguimento definirá os criterios de chamamento así como o réxime de compensación cando se superen os límites horarios que se determinen
- a forma de cobertura das ausencias imprevisibles, cuxos criterios se determinarán na comisión de seguimento, estará orientada a establecer fórmulas que eviten a disponibilidade permanente do persoal voluntario e a garantir en todo caso o disfrute dos descansos regulamentarios incluido o dereito a un fin de semana libre ao mes como mínimo (según establecimos no acordo do 21/06/07)

3. Retribucións

Aplicación dos complementos de nocturnidade e festividade:

2008: 40%
2009: 40%
2010: 20%
Ou ben:
2008: 50% con efectos do 1 de xaneiro
2009: 50% con efectos do 1 de xullo

Complemento de turnicidade:
Na comisión de seguimento do Acordo definiranse as condicións e os prazos para a aplicación dun complemento por traballo a turnos en desenvolvemento das condicións requeridas para esa consideración no Estatuto Marco e na Directiva 2003/88 sobre ordenación do tempo de traballo.

5. Persoal non sanitario de PAC
Debe eliminarse da redacción o criterio de “xeralización das prazas de persoal de xestión e servizos”, para que ese tema se debata ben na comisión de seguimento (opción que nos gusta menos) ou ben nun grupo de traballo da mesa sectorial (opción que nos gusta máis).
Debe cuantificarse o complemento a recoñecer aos Celadores, que nós propoñemos cifralo na diferencia retributiva actual entre a categoría de Celador e a de PSX, que é de 62 euros mensuais.


Agardamos que estas propostas sexan valoradas axeitadamente e que permitan acadar un acercamento definitivo.

Quedamos a disposición para calquera contacto ou dúbida que esta proposta poda suxerir.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 18-02-2008 13:42
Queres comentar ou preguntar algo?
notas 2º exercicio técnicos función administrativa
O venres foron publicadas na páxina web do SERGAS as notas provisionais do segundo exercicio de Técnicos da Función Administrativa.
Podedes consultalas aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 18-02-2008 09:03
Queres comentar ou preguntar algo?
mamasunción
Deixámosvos hoxe aqui a curta "Mamasunción" do finado Chano Piñeiro. É xa un clásico do audiovisual galego. E tén moito que ver coa nosa forma de ser, coa nosa cultura e coa nosa forma de protestar, xa sabedes, dicía Castelao: os galegos non protestamos, emigramos. E tamén tén que ver coas que Rosalía chamaba "viuvas de vivos".

Védeo ata o final, que é a miga. Paga a pena.

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 16-02-2008 19:20
Queres comentar ou preguntar algo?
proposta do SERGAS conflito PACS
(PROPOSTA DE) ACORDO SOBRE ORDENACIÓN E PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO, XORNADA, RETRIBUCIÓNS E CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL MÉDICO E DIPLOMADO EN ENFERMERÍA DOS PUNTOS DE ATENCIÓN CONTINUADA. (Mesa Sectorial 13.2.08)

Modificacións sobre a proposta anterior (22.1.08):

1.- Xornada ordinaria: A xornada ordinaria nos postos de traballo dos Puntos de Atención Continuada, con prestación en horario de noite, será de 1430 horas efectivas anuais. Esta xornada considérase efectiva porque para a súa fixación xa se exclúen as vacacións regulamentarias, 9 días de libre disposición, os 14 festivos e os descansos regulamentarios no ano natural, tomando como referencia os artigos correspondentes a xornada, descansos e permisos da Lei Estatuto Marco dos Servizos de Saúde, e demais normas propias sobre do Servizo Galego de Saúde.

Aplicación paulatina en materia de xornada ordinaria:

- 2.008: 1.525 horas.
- 2.009: 1.480 horas.
- 2.010: 1.430 horas.

2.- Xornada complementaria: Establecemento das bases dun réxime de voluntariedade compatible coa garantía da cobertura asistencial. Suprímese polo tanto a referencia ás 1762 horas (posible extensión de xornada).

Estas bases do réxime de voluntariedade incorporaranse ao artigo 5 da proposta nos seguintes termos:

Para a prestación de xornada complementaria, sobre a fixada neste Acordo como ordinaria para cada ano, atenderase á vontade dos profesionais manifestada a través dun procedemento regulado. Tamén atenderá ás horas dos programas funcionais non cubertas por indispoñibilidade de profesionais. O Servizo Galego de Saúde, mediante instrucións, e previa negociación na comisión de seguimento coas organizacións asinantes deste Acordo, establecerá o réxime e procedemento para o exercicio e efectividade da opción de voluntariedade, en termos parangonables co réxime de voluntariedade do persoa de ordinaria en atención á debida garantía da cobertura asistencial á poboación.

Este réxime de voluntariedade compatible coa garantía da asistencia deseñarase sobre as seguintes bases:

a) estudio previo de necesidades (horas estruturais), que se recollerán nos plans funcionais coas previsións en cada PAC, con adaptación ás peculiaridades dos diversos ámbitos territoriais.

b) oferta de voluntariedade (entre 280 e 660 horas), coa mesma vixencia do presente Acordo. Na oferta, previa negociación, concretaranse os diversos tramos para a realización da oferta.

c) A xornada complementaria terá como finalidade principal a prestación en horario de PAC, de acordo coas previsións do plan funcional. Por tal motivo, e como principio xeral, esta xornada obxecto da opción de voluntariedade tenderá a distribuírse na seguinte proporción: 80 % atención continuada de PAC: 20 % atención ordinaria das unidades. No caso de non existir horas dispoñibles nun dos sectores horarios (continuada/ordinaria), poderá asignarse a carga horaria no outro sector horario.

d) O persoal poderá optar pola prestación de xornada complementaria en PACs limítrofes, e voluntariamente noutros ámbitos, de ter horas restantes.

e) Como garantía mínima para a planificación da cobertura, tomando como referencia as prestacións recollidas nos plans funcionais de cada PAC, cando non sexa suficiente á voluntariedade, as Xerencias poderán dispoñer da extensión da xornada ordinaria ata a xornada de 1.570 horas fixada no Acordo do 20 de abril de 2005.

Na fixación deste réxime e procedemento de voluntariedade tomarase en consideración a vixente prestación voluntaria do persoal das unidades e servizos, que conforman as horas reservadas para este persoal no orixe do novo modelo en PAC.

Na Comisión de Seguimento negociaranse tamén o réxime de reparto de cargas horarias obrigatorias (por insuficiencia de prestación voluntaria) e os criterios organizativos de resolución de incidencias (ausencias imprevisibles). Para estes efectos atenderase ás peculiaridades e necesidades propias de cada ámbito territorial.

Como neste artigo alúdese ás 1.570 horas, desaparece a disposición transitoria terceira relativa á garantía de xornada do acordo de 2005.

Dado que este réxime de voluntariedade afecta a prestación de PAC e ordinaria, suprímese o artigo 7, relativo á participación voluntaria no traballo da unidade ou servizo.

3 .- Retribucións

Redúcese o período de implantación dos factores de nocturnidade e festividade e increméntanse as porcentaxes da súa aplicación paulatina.

- 2008: 34% resultado en 2008: 34% das contías
- 2009: 33% resultado en 2009 : 67% das contías
- 2010: 33 % resultado en 2010 : 100% das contías

Recoñécese a posibilidade, cando no futuro –de ser o caso–, se traballe a quendas, de que esta organización da prestación teña incidencia retributiva.

- nova disposición adicional primeira:

Na comisión de seguimento do Acordo analizarase a posible incorporación á estrutura retributiva do persoal dos PAC dun complemento de turnicidade no intre en que a prestación no PAC se axuste á propia do traballo a quendas no Servizo Galego de Saúde: prestación de servizos sucesiva, en distintos tramos horarios (quendas de traballo de 7 e 10 horas), a un ritmo de rotación determinado.

4.- Vixencia.- A nova vixencia do acordo será ata 31 de decembro de 2010 , o que supón a redución dun ano sobre a proposta inicial, e tamén un incremento nas porcentaxes das contías. Todas as melloras estarán completadas no 100% en dous anos.

5.- Reordenación dos postos de traballo de xestión e servizos de Pac:

Nova disposición adicional segunda:

Na comisión de seguimento do Acordo analizaranse as medidas procedentes para unha reordenación dos postos de traballo de xestión e servizos dos PAC, coa xeralización das prazas de persoal de xestión e servizos. En tanto non conclúa este proceso, coa elaboración de plans de ordenación por cada xerencia, na que se determinen os postos que deben ser ocupados por persoal de servizos xerais , posibilitaranse a repercusión retributiva mediante programas especiais transitorios nos postos de PAC, ata a dotación das prazas. Estes programas están dirixidos ao persoal celador, fundamentalmente en PAC informatizados, que asuma o contido funcional das labores administrativas do PSX, no marco da modernización e mellora na calidade do servizo.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 14-02-2008 10:49
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis