CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

coherencia
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 09-02-2007 20:59
Queres comentar ou preguntar algo?
Asemblea Informativa sobre os Acoplamentos Internos




Lembrade que o luns día 12 de febreiro, temos unha cita no Salón de Actos do HCV ás 13 hs, para falar dos Acoplamentos Internos que acaban de ser convocados. Alí resolveremos todas as vosas dúbidas sobre o tema.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 09-02-2007 11:37
Queres comentar ou preguntar algo?
que non te calen
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 08-02-2007 23:56
Queres comentar ou preguntar algo?
Acordo de permisos e licencias de Atención Primaria
ACORDO DE PERMISOS E LICENCIAS DE 09-05-2001 ENTRE A XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA DE OURENSE E A COMISIÓN DE CENTRO, CONFORME O ACORDO DE CONCERTACION SOCIAL SOBRE RETRIBUCIÓNS E CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSONAL SANITARIO NON FACULTATIVO E PERSONAL NON SANITARIO DO SERGAS.

3.3.1.- O período ordinario de desfrute de vacacións queda establecido para os meses de Xullo a Setembro.

3.4.1.- A posibilidade de fraccionar en períodos inferiores a 15 días, estará sometida as seguintes limitacións:
-ata un máximo de tres fraccións no ano
-un mínimo de sete días naturais en cada período
-fóra do período ordinario (Xullo, Agosto, Setembro)
-fóra do período de 15 de Decembro a 15 de Xaneiro
-a suma dos períodos desfrutados non poderá superar os 30 días naturais

3.7.- A proposta de calendario remitirase á dirección do centro antes do 1 de Maio de cada ano.

3.8.- A resolución das vacacións por parte da dirección ditarase como data máxima o 21 de Maio. De non ditarse resolución expresa, entenderase aceptado o calendario proposto. No suposto de resultar resolución denegatoria, o novo calendario de vacacións deberá negociarse de 22 de Maio a 10 de Xuño.
A comunicación do calendario definitivo de vacacións para o período ordinario será notificada ás unidades afectadas como máximo o 20 de Xuño.

3.9.- O prazo para formular solicitudes de vacacións individuais en período non ordinario, será con 1 mes de antelación á data inicial da proposta.

4.4.- Con carácter xeral, os días de libre disposición solicitaranse con sete días de antelación, exceptuando datas sinaladas nas que por criterios organizativos, os prazos serán os marcados polo Acordo de Concertación, previa información ós profesionais.
A resolución denegatoria será comunicada no prazo de tres días naturais a contar dende o seguinte a recepción da solicitude.

5.3.3.- O permiso para asistencia a probas de procesos selectivos convocados polo Servizo Galego de Saúde, faise extensivo a probas de acceso a calquera organismo oficial.

6.- Considéranse deberes inescusables de carácter público ou persoal, aqueles que inclúan xestións de índole persoal de carácter non transferible, ou dos que poida derivarse responsabilidade, cando o horario de atención non dependa do traballador e coincida co horario de traballo, polo tempo indispensable e ata un máximo de 4 horas, salvo xustificación.

11. Como norma xeral, considéranse permisos por causas excepcionais, e polo tempo indispensable os seguintes:
- boda, bautizo e primeira comunión de familiares de 1º grao por consanguinidade ou afinidade
- consultas médicas de fillos menores de 14 anos
- consultas médicas de familiares de 1º grao por consanguinidade, afinidade e convivintes, que non podan acudir solos por incapacidade demostrada, física ou psíquica.

A incapacidade xustificarase documentalmente. Asimesmo, será necesaria a presentación do certificado de convivencia ou empadroamento no seu caso.
Comentarios (0) - Categoría: normativa interna atencion primaria - Publicado o 08-02-2007 16:17
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria acoplamentos internos HCV
Hoxe saiu a convocatoria de acoplamentos internos no HCV, velaquí as bases:

RESOLUCION DA DIRECCIÓN XERENCIA DO HOSPITAL COMARCAL DE O BARCO DE VALDEORRAS DO 7 DE FEBREIRO DE 2007 POLA QUE SE CONVOCA PROVISIÓN DE VACANTES INTERNAS DO H.C.V

Por medio da presente resolución, e logo de acadado consenso coa Comisión de Centro, convócase o proceso de provisión de vacantes internas para persoal fixo recollidas no anexo I.
Tendo en conta o caracter extraordinario da presente convocatoria, poderán participar nela, o pesoal fixo que solicitou praza no anterior proceso de acoplamentos internos, convocado no mes de xuño do 2006.
Este proceso réxese polo Acordo entre a Dirección do H.C.V, a Comisión de Centro e as Centrais sindicais de 30 de novembro de 2006, que se atopa publicado na páxina web do HCV dende o 13 de decembro de 2006, e as seguintes claúsulas:
Primeiro: Categorías ofertadas
-Celadores
-Auxiliares administrativos
-Auxiliares de enfermería
-Enfermeros
-fisioterapeutas
-T.E.R
-persoal de mantemento
Segundo: Solicitudes
A solicitude farase no modelo que se xunta como Anexo II á presente convocatoria, podéndose recoller no Rexistro Xeral do Hospital Comarcal Valdeorras, e será presentada no dito Rexistro Xeral.
Terceiro: Prazos
solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, comenzando ó día seguinte da publicación da presente convocatoria no taboleiro de anuncios do hospital e rematará o día 19 de febreiro de 2007
Resolución provisional: Unha vez publicada a relación provisional dos destinos obtídos, os interesados disporán de un prazo de 5 días naturais seguintes á publicación da correspondente resolución para a presentación de reclamacións.
Cuarto: Resolución definitiva e incorporación.
Co fin de evitar posibles trastornos nos distintos Servizos do Hospital, a incorporación dos adxudicatarios aos seus destinos será realizada pola Dirección correspondente de xeito progresivo en tempo e prazo non superior aos 3 meses dende a data de publicación da resolución definitiva, salvo os supostos previstos no anexo I. Non obstante, a este persoal computaráselle, para os efectos de antiguidade, como traballado na Unidade de destino, dende o día seguinte ao da data de publicación da resolución definitiva.
Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O Barco de Valdeorras, 7 de febreiro de 2007

ANEXO I
RELACIÓN DE VACANTES-TRASLADOS INTERNOS 2007 CON
INDEPENDENCIA DO PROCESO DE RESULTAS
.

AUXILIARES DE ENFERMERIA
PRANTA AZUL
ROTANDO MTN
7
PLANTA AZUL
FIXO DE MAÑÁS
1
PLANTA VERDE
ROTANDO MTN
6
PLANTA LARANXA
ROTANDO MTN
9
REANIMACION INTERMEDIOS
ROTANDO MTN
3
URXENCIAS HDD
ROTANDO MTN
4
APOIO HOSPITAL
FIXO DE MAÑÁS E REFORZO EN TURNO QUE CORRESPONDA
2
REHABILITACIÓN
TARDES FIXAS
1
DIALISIS
MAÑÁS FIXAS
1
CONSULTA DE UROLOXIA
MAÑÁS FIXAS E APOIO EN SERVIZOS CENTRAIS
1
FARMACIA
ROTANDO M T
1
QUIROFANO
MAÑÁS FIXAS
1

TER
RADIOLOXIA
ROTANDO MTN
6

FISIOTERAPEUTAS
GIMNASIO REHABILITACION
MAÑÁS FIXAS
3
TARDES FIXAS
2

DIPLOMADOS EN ENFERMERÍA
PLANTA AZUL
ROTANDO MTN
6
PLANTA VERDE
ROTANDO MTN
8
PLANTA LARANXA
ROTANDO MTN
11
URXENCIAS HDD
ROTANDO MTN
5
REANIMACION
ROTANDO MTN
3
REANIMACION
MAÑÁS FIXAS
1
QUIROFANO
ROTANDO MTN
3
CARTELEIRA APOIO
ROTANDO MTN
4
CARTELERA DE APOIO
MAÑÁS FIXAS
1

AUXILIARES ADMINISTRATIVOS
•1 URXENCIAS
•2 ARQUIVOS
•1 PERSOAL NÓMINAS (non incorporable ata 1/10/07)

CELADORES
•1 MAÑAS FIXAS –ARQUIVO
•2 M-T-N-QUIROFANO
•2 M-T-N-ATENCIÓN DIRECTA
•5 M-T-ATENCIÓN DIRECTA

PERSOAL MANTEMENTO
•3 M-T-N
•2 M-T electricistas
•1 M-T
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 08-02-2007 12:03
Queres comentar ou preguntar algo?
datas aproximadas de exames sergas
CRONOGRAMA

FINAIS DE XANEIRO:
Listaxes definitivas:
COCIÑEIRO
TECNICO ESPECIALISTA EN HIXIENE BUCODENTAL
TELEFONISTA
TERAPEUTA OCUPACIONAL

Listaxes provisorias:
GRUPO ADMINISTRATIVO,
GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA,
GRUPO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA,
TÉCNICO DE XESTIÓN DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN, TÉCNICO ESPECIALISTA DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN, FISIOTERAPEUTA,
TÉCNICO ESPECIALISTA EN ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITOLOXÍA, TÉCNICO ESPECIALISTA EN LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO, TÉCNICO ESPECIALISTA EN IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO CLÍNICO,
TÉCNICO ESPECIALISTA EN RADIOTERAPIA

2 DE FEBREIRO DE 2007:
Puntuacións dos exercicios de CALEFACTOR, CONDUCTOR, LAVANDEIRA, PASADORA DE FERRO.

PRIMEIRA QUINCENA DE FEBREIRO:
Listaxes provisorias:
ATS/DUE, TÉCNICO EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA, PINCHE

SEGUNDA QUINCENA DE FEBREIRO:
Listaxes provisorias:
GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA
PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS.

Listaxes definitivas:
GRUPO ADMINISTRATIVO, GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA, GRUPO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA, TÉCNICO DE XESTIÓN DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN, TÉCNICO ESPECIALISTA DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN, FISIOTERAPEUTA, TÉCNICO ESPECIALISTA EN ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITOLOXÍA, TÉCNICO ESPECIALISTA EN LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO, TÉCNICO ESPECIALISTA EN IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO CLÍNICO E TÉCNICO ESPECIALISTA EN RADIOTERAPIA

PRIMEIRA QUINCENA DE MARZO:
Exames de COCIÑEIRO
TECNICO ESPECIALISTA EN HIXIENE BUCODENTAL
TELEFONISTA
TERAPEUTA OCUPACIONAL


SEGUNDA QUINCENA DE MARZO:
Listaxes provisorias: CELADOR

Listaxes definitivas: ATS/DUE, TÉCNICO EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA, PINCHE

Exames de GRUPO ADMINISTRATIVO, TÉCNICO DE XESTIÓN DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN, TÉCNICO ESPECIALISTA DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN, FISIOTERAPEUTA, TÉCNICO ESPECIALISTA EN ANATOMÍA PATOLÓXICA E CITOLOXÍA, TÉCNICO ESPECIALISTA EN LABORATORIO DE DIAGNÓSTICO CLÍNICO, TÉCNICO ESPECIALISTA EN IMAXE PARA O DIAGNÓSTICO CLÍNICO E TÉCNICO ESPECIALISTA EN RADIOTERAPIA

ABRIL:
Listaxes provisorias: resto de categorías convocadas

Listaxes definitivas:
GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA, PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS.

Exames:Práctico de COCIÑEIROS
ATS/DUE, TÉCNICO EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARÍA, PINCHE
GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA, PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS.


MAIO:
Listaxes definitivas: resto de categorías convocadas

Exames prácticos de GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA, PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS
GRUPO TÉCNICO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA (1º), GRUPO DE XESTIÓN DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA (1º),
CELADOR

XUÑO / XULLO:
Exames do resto de categorías convocadas
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 05-02-2007 20:23
Queres comentar ou preguntar algo?
lexislación formación
para ver a lexislación sobre formación, preme aqui.

Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 02-02-2007 22:04
Queres comentar ou preguntar algo?
cursos FEGAS 2007
Para ver a programación dos cursos do FEGAS no 2007, preme aquí.
Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 01-02-2007 20:28
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira profesional facultativos


para coñecer o acordo de carreira do persoal facultativo, preme aqui.

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 01-02-2007 20:24
Queres comentar ou preguntar algo?
carreira persoal sanitario diplomado
para coñecer o acordo de carreira do persoal sanitario diplomado, prema aqui
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 01-02-2007 20:21
Queres comentar ou preguntar algo?
ACOPLAMENTOS POR MOTIVOS DE SAUDE
BASES DE ACTUACIÓN EN ACOPLAMENTOS POR MOTIVOS DE SAÚDE NO HOSPITAL COMARCAL VALDEORRAS.

Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 01-02-2007 19:53
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE 2006
Para consultar o estado da 0PE 2006 do SERGAS, preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 01-02-2007 19:38
Queres comentar ou preguntar algo?
listas de contratacion SERGAS e Sacyl
* Para consultar as listas de contratación do SERGAS, preme aqui ou aqui.

* Para consultar as listas de contratación do Sacyl, área Bierzo, velaqui as podes atopar
Comentarios (0) - Categoría: listas de contratación - Publicado o 01-02-2007 19:14
Queres comentar ou preguntar algo?
Lexislación Saúde Laboral
Para consultar a lexislación en materia de saúde laboral, preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 01-02-2007 13:39
Queres comentar ou preguntar algo?
Decreto de Provisión de Prazas do SERGAS
Para consultar o Decreto de Provisión de Prazas do SERGAS, preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 01-02-2007 13:35
Queres comentar ou preguntar algo?
Conciliación Familiar e Laboral
Para consultar a Lei de Conciliación Familiar e Laboral preme aqui.

Para consultar a Lei para a Igualdade de Homes e Mulleres preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 01-02-2007 13:32
Queres comentar ou preguntar algo?
Pacto de Contratacións
Para consultar o Pacto de Contratacións en Vigor preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 01-02-2007 13:28
Queres comentar ou preguntar algo?
Protocolo de desenvolvemento do Acordo de Concertación Social no HCV
PROTOCOLO INTERNO DE DESENVOLVEMENTO DO ACORDO DE CONCERTACIÓN SOCIAL SOBRE RETRIBUCIÓNS E CONDICIÓNS DE TRABALLO.
Revisión 2004
Primeiro.- Ámbito de aplicación:
O presente protocolo será de aplicación ó persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario que preste os seus servicios de forma permanente ou temporal no Hospital Comarcal de Valdeorras.
Segundo.- Vixencia:
Este protocolo entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no taboleiro de anuncios do centro e terá unha duración dun ano prorrogable previo acordo da Xerencia coas representacións sindicais da Xunta de Persoal.
Terceiro.- Días de Libre Disposición:
1.- Os traballadores disfrutarán anualmente dos nove días que lles corresponden polo acordo de concertación social, os preferentes nas datas e quendas (de mañá e tarde) que eles queiran (incluídos sábados e festivos) e sempre que se respecten os mínimos funcionais de cada servicio recollidos no anexo adxunto, tendo que indicar expresamente na súa solicitude si se trata dos devanditos días preferentes.
Ano Nº LD Preferentes
2004-----------9-------------4
2005-----------9-------------6
2006-----------9-------------7
2007-----------9-------------9
Nos servicios facilitarase por parte das respectivas direccións o disfrute dos devanditos días preferentes acudindo ás listas de contratación na procura dun profesional. Nos servicios para os que existan listados especiais, recurrirase a estes listados ou ó traballador que lle corresponda do pool se ten experiencia no servicio.
Solo no caso de non haber xente coa experiencia adecuada dispoñible nas listas de contratación, ofertaráselle ós outros traballadores mediante comunicado escrito no taboleiro de anuncios do servicio, neste caso a aceptación das quendas a maiores ou cambio de quenda será sempre voluntaria por parte do persoal e será compensada segundo a lexislación vixente, e respectaranse as características especiais de determinados postos e que veñan definidas nas convocatorias de vacantes internas
2.- A 15 de decembro o traballador deberá ter disfrutado alomenos 6 dos nove días que lle corresponden polo acordo de concertación social, non podendo ser disfrutados por cada traballador máis de 3 días de libre disposición entre o 15 de decembro e o 15 de xaneiro do ano seguinte. Para o cumprimento do anterior haberá que ter en conta o seguinte:
a) No mes de outubro a dirección do hospital colocará folletos informativos, advertindo ó traballador da necesidade de pedir os días de libre disposición (dos 6 mencionados con anterioridade) que lle falten por disfrutar.
b) No prazo mínimo de 15 días naturais seguintes á publicación dos devanditos folletos informativos, e en todo caso ata o 15 do mes de novembro, o traballador deberá comunicar a data de disfrute dos días de libre disposición (dos 6 mencionados con anterioridade) que lle falten por disfrutar.
c) Se transcorrido o devandito prazo non existe manifestación algunha por parte do traballador, os responsables de cada servicio colocarán libremente na carteleira os días de libre disposición que lle queden por disfrutar a cada traballador (dos 6 mencionados con anterioridade).
3.- Con carácter excepcional poderase solicitar días de libre disposición na quenda de noite. No suposto das noites do 24 e do 31 de decembro cómpre examinar si se traballou algunha destas dúas noites nos últimos tres anos, se non se traballou ningunha destas dúas noites nos tres últimos anos non se concederán días de libre disposición nestas dúas datas e sí se traballou (sempre que se respecten os mínimos funcionais de cada servicio recollidos no anexo adxunto). O computo do LD nocturno será de 10 horas preferentes
Cuarto.- Tramitación e resolución de solicitudes:
Na tramitación e concesión de solicitudes cando máis dun traballador do mesmo servicio solicite o disfrute dun día de libre disposición nas mesmas datas, seguiranse os seguintes criterios:
1.- Acordo entre os solicitantes.
2.- Rotación.
3.- Sorteo.
A rotación producirase entre dúas persoas que xa coincidiran con anterioridade na súa petición e que como última instancia se acudirá ó procedemento de sorteo para decidir a quen lle correspondeu o disfrute do día de libre disposición.
O sorteo terá lugar sempre que exista coincidencia na solicitude, non haxa acordo, e non exista posibilidade de acudir á fórmula da rotación porque entre esas dúas persoas non houbo coincidencia con anterioridade na petición dos días de libre disposición.
Quinto.- Permisos e licencias retribuídos:
1.- Días por exames: O persoal incluído no ámbito de aplicación do presente acordo terá dereito a un permiso retribuído (dos catro recollidos polo acordo de concertación social no punto 5.3.3) para a asistencia ás probas de selección que se convoquen dentro do Sistema Nacional de Saúde.
O permiso entenderase durante o día da súa celebración. A dirección do centro facilitará o día do desprazamento cando o exame se celebre nunha área de saúde distinta á do centro de destino.
2.- Para a formación: Naqueles colectivos nos que a oferta de cursos non chegue á media de cursos existente para o resto de traballadores, se estudiará por parte da Comisión de seguimento a oportunidade de autorizar (dentro das 28 horas anuais) a asistencia ós devanditos cursos con independencia de cal sexa o órgano que os imparta. De non se producir acordo por parte da Comisión de Seguimento, someterase a oportunidade de conceder a autorización para a asistencia ó curso a un asesoramento externo.
Sexto.- Xornada:
Para o cálculo da xornada naqueles supostos nos que se dera un proceso de incapacidade temporal (e para o calculo da xornada no período da I.T.) o criterio a aplicar será: segundo a quenda secundaria fixada na carteleira.
Sétimo.- Vacacións:
Cando a un traballador lle corresponda traballar na quenda de noite ó comezo ou ó remate do disfrute do seu período vacacional, entenderase que o seu traballo deberá ser desempeñado durante a duración total da quenda, con independencia do día no que discorra a devandita quenda.
Así, se eu estiven de vacacións no mes de xullo, non comezarei a traballar ata a noite do 1 de agosto, mentres que si eu traballei no mes de xullo, a noite do 31 de xullo terei que traballar a quenda completa, con independencia de que eu saia de vacacións na mañá do 1 de agosto.
Os días adicionais de vacacións acadados polo indicado na circular 14/2004 sobre ampliación do período de vacacións por antigüidade haberanse de gozar de forma consecutiva e acumulados ó período vacacional (previa ou posteriormente)

ANEXO I: COMISIÓN DE SEGUIMENTO:
1.- Procédese á constitución dunha Comisión de Seguimento de carácter paritario destinada a resolve-las controversias que poidan xurdir na aplicación do Acordo de Concertación Social e deste Protocolo interno. Así mesmo a devandita Comisión tratará de establecelos procedementos mais axeitados para que nun futuro se poidan conceder tódolos días de libre disposición nas datas que cada traballador prefira.
2.- Composición: A Comisión de Seguimento estará integrada por membros da administración e membros da xunta de persoal.
3.- Reunións: A Comisión de Seguimento reunirase con carácter extraordinario, a instancia de calquera das partes, cando se produza algunha controversia en relación coa aplicación do Acordo de Concertación Social e deste Protocolo interno. Este acordo será avaliado con caracter ordinario no derradeiro trimestre de cada ano.
4.- Os acordos serán aprobados pola maioría dos membros presentes.


ANEXO II: MÍNIMOS FUNCIONAIS:
- CELADORES:
* Unidade de información: 1 pola mañá e 1 pola tarde
* Quirófano: 1 pola mañá e 1 pola tarde
* Servicios centrais: 4 pola mañá e 2 pola tarde
- AUXILIARES ADMINISTRATIVOS:
* Urxencias: 1 por quenda
* Cita previa: 1
* Admisión: 1
* Arquivo: 1
* Plantas: 1
* Raios: 1
* Farmacia: 1
* Laboratorio: 1
* Subministros: 1
* Contabilidade: 2
* Persoal: 1
* Anatomía – Rehabilitación 1
- TELEFONISTAS: 1 pola mañá e 1 pola tarde
- MANTEMENTO:
* Mañá: 1 conductor
1 electricista
* Tarde: 1 conductor
1 electricista
* Noite: 1 conductor
- COCIÑA: 1 cociñeiro por quenda
2 pinches por quenda
- LAVANDERÍA: 2 distribuidoras (luns a venres)
Sábados 1 distribuidora
PLANTAS DE HOSPITALIZACIÓN
Luns a venres Sábados, domingos e festivos
Quenda de mañas
1 enfermeira
1 auxiliar
Quenda de tarde
1 enfermeira
1 auxiliar
Quenda de Noite
1 enfermeira
1 auxiliar
O resto ata o mínimo operativo pode ser cuberto con pool ou listas especiais.
* SERVICIO DE QUIRÓFANO
Luns a venres Sábados, domingos e festivos
Quenda de mañás
2 enfermeiras
1 auxiliar
Quenda de tarde
2 enfermeiras
1 auxiliar
Quenda de noite
2 enfermeiras
1 auxiliar
O resto ata o mínimo operativo pode ser cuberto con pool ou listas especiais.
SERVICIO DE ESTERILIZACIÓN
Luns a venres Sábados.
Quenda de mañás
1 auxiliar
Quenda de tarde
1 auxiliar (só de luns a venres)
Quenda de noite
O resto ata o mínimo operativo pode ser cuberto con pool ou listas especiais.
* RADIOLOXÍA
Luns a venres
Quenda de mañás
3 TER
1 ENF.
1 AUX ENF
Quenda de tarde
1 TER
Quenda de noite
1 TER
Sábados, domingos e festivos
1 TER en todas as quendas
O resto ata o mínimo operativo pode ser cuberto con pool ou listas especiais.
* DIÁLISE
Luns a Venres Sábados e festivos
Quenda de mañás
2 enfermeiras
1 auxiliar
Quenda de tarde
Quenda de noite
Puidera diminuí-lo mínimo funcional si non estivesen mais de 4 maquinas funcionando
** CONSULTAS EXTERNAS
Luns a Venres
Quenda de mañás
3 enfermeiras
8 auxiliares
O resto ata o mínimo operativo pode ser cuberto con pool ou listas especiais.
ENDOSCOPIAS
1 Enfermeira si existe actividade clínica endoscópica
* FARMACIA
Quenda de mañás
Luns a venres
1 enfermeira
1 auxiliar
Sábados, Domingos e festivos
2 persoas enfermeiras ou auxiliares
1 persoa enfermeira ou auxiliar
Quenda de tarde
1 persoa enfermeira ou auxiliar
Quenda de noite
* REANIMACIÓN
Luns a venres Sábados, domingos e festivos
Quenda de mañás
1 enfermeira
1 auxiliar
Quenda de tarde
1 enfermeira
1 auxiliar
Quenda de noite
1 enfermeira
1 auxiliar
URXENCIAS – HOSPITAL DE DÍA
Luns a venres Sábados, Domingos e festivos
Quenda de mañás
1 enfermeira
1 auxiliar
Quenda de tarde
1 enfermeira
1 auxiliar
Quenda de noite
1 enfermeira
1 auxiliar
FISIOTERAPEUTAS Y AUXILIARES
Luns a Venres Sábados.
Quenda de mañás
1 fisioterapeuta.
1 auxiliar
Quenda de tarde
1 fisioterapeuta (só de luns a venres)
1 auxiliar (só de luns a venres)
Quenda de noite
ANATOMÍA PATOLÓXICA
Luns a Venres Sábados.
Quenda de mañás
1 TAP
Quenda de tarde
Quenda de noite
LABORATORIO E BANCO DE SANGUE
LABORATORIO DE URXENCIAS
Luns a Venres Sábados Domingos e festivos
Quenda de mañás
1 TEL
1 ENF
Quenda de tarde
1 TEL
1 ENF
Quenda de noite
1 PERSOA
(ou Tel ou Enf)
* QUENDAS DE MAÑÁS
Dada A complexidade deste servicio se considerará un servicio especial e se cubrirá como tal con persoal adecuado segundo se estipula no punto 3.1 do acordo
BANCO DE SANGUE
Luns a Venres Sábados Domingos e festivos
Quenda de mañás
1 ENF
Quenda de tarde
Quenda de noite
Notas:
* Servicio especial
** Servicio unipersoal

ANEXO III:
Incorporase como parte integrante do presente protocolo as instruccións citadas pola Consellería de Sanidade (División de Recursos Humanos) de data 29 de outubro de 2001, sobre interpretación de algúns dos preceptos recollidos polo Acordo de Concertación Social sobre retribucións e condicións de traballo do persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario do Servicio Galego de Saúde, e que se recollen a continuación.

O Barco de Valdeorras, 28 de febreiro de 2003

PROTOCOLO INTERNO DE DESENVOLVEMENTO DO
ACORDO DE CONCERTACIÓN SOCIAL SOBRE
RETRIBUCIÓNS E CONDICIÓNS DE TRABALLO
.
Revisión 2004
Anexo IV
Incorporase como parte integrante do presente acordo na súa revisión 2004 que o presente acordo será efectivo a 1 de xaneiro do 2005 e con referencia os LD e permisos que se xeren a partires do ano 2005, mantendo para o ano 2004 as normas anteriores a firma de esta revisión co efecto de evitar distorsións ou variacións no tratamento destes permisos nun mesmo ano.
O Barco de Valdeorras a 29 de novembro de 2004

Comentarios (0) - Categoría: normativa interna hcv - Publicado o 01-02-2007 13:25
Queres comentar ou preguntar algo?
Acordo de concertación social
Para informarte de como son as xornadas, permisos e licencias do persoal do SERGAS preme nesta ligazón.
Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 01-02-2007 12:47
Queres comentar ou preguntar algo?
Normativa de acoplamentos internos HCV
ACORDO ENTRE A DIRECCIÓN DO HOSPITAL COMARCAL VALDEORRAS E A COMISIÓN DE CENTRO PARA CONVOCATORIA DA QUENDA INTERNA DE ACOPLAMENTO DE PERSOAL SANITARIO NON FACULTATIVO E DOS GRUPOS C,D,E DO NON SANITARIO.
DEFINICIÒN
A efectos do presente Acordo enténdese por quenda interna de acoplaménto ó procedemento polo cal o persoal sanitaro non facultativo e os grupos C,D e E do non sanitario no Hospital
Comarcal Valdeorras, poderá acceder voluntariamente a cambiar de destino dentro da súa categoría , a prazas vacantes ou que surxan de resultas ( estas ultimas so para persoal con praza en propiedade) mediante as convocatorias e coa periodicidade que se establece.
Deste xeito produciranse tres posibilidades de solicitude de acoplaménto:
1. Acoplamento definitivo de persoal fixo para persoal con praza en propiedade neste centro
2. Acoplamento de persoal fixo en situación de reingreso provisorio, comisión de servizos ,e persoal temporal con vinculo de longa duración
3. Acoplamento provisorio en placas con reserva.
COMISIÓN DE ACOPLAMENTOS INTERNOS
E un órgano que regula e interpreta todo o proceso co fin de os posibles conflictos que poideran surxir.
Dito órgano estará composto por a Comisión de Centro e a Dirección do mesmo.
AMBITO DE APLICACIÓN
A efectos da presente regulazón o persoal afectado por esta, encontrarase nuha das situacións laborais seguintes:
1. Persoal estatutario fixo con praza en propiedade en este centro.
2. Reingresos provisorios.
3. Comisións de servizos
4. Interinos, ou vinculo de longa duración (segun o pacto de contratacións)
Aqueles postos de traballo no que os seus titulares se atopen sin ocupalos por unha situación de excedencia, promoción interna,
liberación, supervisión etc., etc., e que esa situación dera lugar a cobertura desa praza por un sustituto podrán ser ocupados de xeito
provisorio por persoal fixo do HCV , para a súa cobertura estarán ao disposto nestas bases. Estas situacións sempre reservarán praza.
CONVOCATORIA
A convocatoria de acoplamento interno realizarase de xeito xeral o mes de novembro.
A convocatoria conterá a relación das prazas ofertadas e será publicada nos taboleiros de anuncios dos servizos.
Na convocatoria, habera unha primeira fase para persoal fixo no Hospital Comarcal Valedoras que tras a sua resolucion con resultas, sera seguida duha segunda fase para o resto do persoal.
Na convocatoria figurará o listado das prazas vacantes no momento da sua pubricación, asi como a data limite de presentacion de solicitudes.
SOLICITUDES
As solicitudes presentaranse no prazo de quince días hábiles seguintes á publicación da convocatoria no taboleiro de anuncios, en
horario de nove a quince horas, rematando o prazo de presentación ás quince horas do décimoquinto día hábil.
Nas solicitudes, en modelo normalizado, faranse constar ás prazas as que se desexa optar, por orde de prioridade (con indicación da quenda se é o caso) podendo optar a tódalas prazas ofertadas así como as non ofertadas por si resultaran desocupadas no proceso.
As prazas son de carácter irrenunciable unha vez publicada a lista provisional.
RESOLUCIÓN PROVISIONAL
As listas de adxudicación de prazas faranse públicas dentro dos dez días naturais posteriores á finalización do prazo de presentación de instancias.
RECLAMACIÓNS
Os participantes disporán dun prazo de cinco días hábiles seguintes á data de publicación da referida lista provisional para efectuar as
reclamacións escritas que consideren axeitadas.
RESOLUCIÓN DEFINITIVA
Rematado o prazo do apartado anterior, sen cursarse reclamación algunha, entenderase automáticamente como resolución definitiva a
resolución provisional. En caso contrario, é decir, cando se presentaron en tempo reclamacións contra a resolución provisional
procederase a publicar a resolución definitiva na que se estimen/desestimen expresamente as devanditas reclamacións nun prazo máximo de cinco días hábiles.
A incorporación os novos destinos será preferentemente no prazo de un mes e , excepcionalmente, ata 3 meses.
PARTICIPACIÓN EN POSTERIORES CONVOCATORIAS
Os participantes que resulten acoplados nunha praza non poderán volver a participar en acoplamento interno na seguinte convocatoria.
Entenderase como convocatoria oficial a do 1 de novembro independientemente da sua publicación e resolución . Excepcionarase a esixencia deste período para os profesionais removidos do seu
posto con caracter forzoso.
BAREMACIÓN DOS PARTICIPANTES
Únicamente se terán en conta os datos debidamente acreditados. Non se terán en conta os datos aportados despois de rematado o prazo de
presentación de solicitudes. Ditas solicitudes terán carácter de documento público.
Para o cálculo das antigüidades teranse en conta a data oficial de publicación da convocatoria, 1 de novembro.
No caso de igualdade na puntuación, terá preferencia a persoa de mais antigüidade no Sistema Nacional de Saúde; si persistira a
igualdade, resolverase en favor da persoa de maior idade.
SITUACIÓNS ESPECIAIS
Os profesionais que se atopan en situación de reserva de praza (permisos sindicáis, promoción interna temporal, excedencias forzosas, comisións de servicio, e tódolos profesionais que ocupen posto de libre designación, terán reservado o seu destino.
Os destinos reservados a persoal en comisión de servicio fora do HCV, considéranse vacantes transcorridos 9 meses desde a incorporación á comisión.
Aqueles profesionais que ocupen postos de libre designación, poderán optar nas convocatorias de vacantes internas nas mesmas condicións que calquera outro profesional, pasando neste caso a reservalo novo destino adxudicado.
Ao persoal que estea desenrolando un situación especial de tipo sindical ou postos de dirección, computaráselle este tempo como
experiencia no seu destino ou unidade de procedencia que teña reservada.
Ao persoal que este desenrolando postos de libre designación como mando intermedio nunha unidade asistencial ou administrativa computaráselle o tempo como experiencia nesta unidade.
Polo tanto non se considerarán vacantes para os efectos de acoplamento interno as prazas de profesionais que en cada momento sean chamados para desenvolver funcións ou tarefas na area dos
órganos de Dirección do HCV séndolles reservados os seus postos de traballo de orixe.
Para o acceso ás prazas de Secretaría da Dirección, será preciso o V° da Dirección.
CRITERIOS DE CESAMENTO
Os profesionais de servicio/unidade onde se incorpore o adscrito como consecuencia de acadar praza por acoplamento interno cesarán seguindo o seguinte orde :
1. Persoal con vinculo temporal. Cesará primeiro o profesional que menos puntuación acredite nas listas de vinculacións temporais do SERGAS. O persoal que non figure nestas listas consideraráselle a súa puntuación iguala cero.
2. Persoal fixo en comisión de servicio.
3. persoal fixo con reingreso provisorio.
4. Persoal fixo con menos antiguidade que este adscrito ao servicio/ unidade de xeito provisorio: Cesará primeiro o profesional de menos antigüidade no servizo. Estes criterios de
cese sómente son aplicables aos acoplamentos internos.
BAREMO
1. PUNTUACIÓN
1.1 Antigüedade
A. -Por cada día con praza en propiedade en activo no Hospital Comarcal Valdeorras na categoría a que se opte: 1 punto.
B.-Por cada día con praza en propiedade en activo no Sistema nacional de Saúde na categoría a que se opte: 0,80 puntos.
C.-As comisións de servicio prestadas no HCV puntuaran con 0,80 puntos.
D.-_Por cada día de servicios previos prestados con anterioridade a obtención da praza en propiedade que foran recoñecidos a efectos de
antigüidade na categoría a que se opte : 0,25 puntos
E.-Por cada día de servicios previos prestados con anterioridade a obtención da praza en propiedade noutra categoría distinta con praza
en propiedade nela: 0,10 puntos
En caso de coincidir periodos iguais en distintos grupos sómente computará o que mais puntúe
1.2 Experiencia
Valorarase a experiencia no destino ó que se desexe optar dentro do HCV con :
1 punto por día. Ata un máximo de 500 puntos.
Neste aspecto computaranse como experiencia no servicio os días en que un persoal do centro desenrole tarefas no servicio afecto, ben
como consecuencia do seu destino no servicio, da mobilidade que se produza por necesidades asistenciais ó faltar dotación con
experiencia, ou ben pola mobilidade voluntaria para adquirir coñecementos sobre o mesmo e posibilitar nun momento dado o desenrolo da actividade asistencial
A experiencia obtida noutros centros do Sistema .Nacional de Saúde,
nos servicios de : Quirófano, UCI e Reanimación, Laboratorio - Banco de sangue e urxencias, será valorada con: 0.80 puntos por día se opta ós servicios nos que acredite experiencia ata un máximo de 300 puntos
Por cada dia de permanencia en unidades de apoio 1 punto por día ata un máximo de 150 puntos
2.3 Cursos, relatorios e publicacións:
Só se valorarán en caso de empate, presentándose a documentación só a petición da comisión de valoración e nun prazo de 5 días hábiles.
a) Cursos:
Valoraranse os que estean relacionados coa actividade do grupo profesional especifico, sempre que estean realizados pola FEGAS,
Organizacións Sindicais si están realizados no marco do Plan de Formación Continua do Persoal das Institucións Sanitarias do SERGAS, os realizados polas fundacións, as universidades, Colexios Profesionais oficiais, e os que estean acreditados pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde
Menos de 35 horas: 2 puntos
De 35 a 99 horas: 5 puntos
De 100 a 199 horas: 10 puntos De 200 horas en adiante: 20 puntos ata un máximo de 50 puntos
b) Publicacións e relatorios relacionados coa categoría profesional 15 puntos por cada un
Ata un máximo de 60 puntos
A puntuación máxima neste apartado será de 110 puntos
VIXENCIA
Esta normativa invalida tódalas anteriores, tendo plenos efectos a partir da data de hoxe, que ademais estará suscita as revisións
periódicas coas partes asinantes consideren pertinentes, podendo ser denunciadas en calquera momento por calquera das partes.
ACOPLAMENTOS DE PERSOAL EN COMISION DE SERVICIO E CON VÍNCULO DE LONGA DURACIÓN QUE NON SEXA PROPIETARIO DE PRAZA NO HCV
Unha vez rematado o proceso de acoplamentos internos para o persoal con praza en propiedade no HCV iniciarase un proceso para o persoal seguinte:
1. Persoal en reingreso provisorio.
2. Persoal con praza en propiedade noutro Centro que preste os seus servicios no HCV en Comisión de Servicios.
3. Persoal contratado con vínculo de longa duración calquera que sexa o motivo.
O persoal incluido neste apartado pode optar a todas as prazas que resulten vacantes despois do acoplamento interno para o persoal fixo,
o carácter destes acoplamentos serán provisorios e se ofertarán na convocatoria seguinte para o persoal fixo.
Os postos de traballo serán dados do seguinte xeito:
1. Persoal en reingreso provisorio.
2. Persoal en comisión de servicios. En caso de empate a situación o que teña mais antiguedade no SNS
3. A persoa que acredite mais puntos nas listas de contratación do SERGAS.
Estas prazas ofertaranse sempre no seguinte acoplamento para persoal fixo e no caso de ser cubertas por persoal mediante este sistema de provisión, non se volverán a convocar por este método salvo que quedara vacante.
O Barco de Vadeorras, 30 de novembro de 2.006



BASES DE ACTUACIÓN EN ACOPLAMENTOS POR MOTIVOS DE SAÚDE NO HOSPITAL COMARCAL VALDEORRAS.

As presentes bases de actuación, froito do consenso acadado entre a Dirección Xerencia e a Xunta de Persoal, rexerán os procesos individuais de acoplamento por motivos de saúde que se tramiten no Hospital Comarcal Valdeorras.

Descrición:
O acoplamento por motivos de saúde é un proceso aberto a tódolos traballadores do Hospital, e permanente, é dicir, poderase solicitar o cambio de destino por motivos de sáude en calquera momento, e a nova adscrición ós destinos realizarase segundo as prazas dispoñibles, ou tan pronto exista unha que se adapte á características do proceso que sufra o traballador.
O Comité de Seguridade e Saúde comprométese a cumprir o diposto no artigo 22.4 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais.
A adscrición a estas prazas será provisional, debéndose revisar segundo o prazo previsto no informe da Unidade de Prevención de Riscos-Medicina Preventiva, ou cada 12 meses en tódolos casos, e previamente a cada convocatoria de Acoplamentos Internos. Non se poderá desprazar a unha persoa do seu acoplamento por motivos de saúde a non ser que cesen os motivos polos que se fixo dito acoplamento.
A Dirección realizará unha comunicación inicial de prazas non reservadas por propietarios e as variacións que se produzan serán comunicadas nas reunións oridnarias do Comité.
Antes de proceder á convocatoria de Acoplamentos Internos, o Comité de Seguridade e Saúde Laboral xunto cao Xunta de Persoal coñecerá as solicitudes existentes para acoplamentos por motivos de saúde e as prazas ofertadas a coplamentos internos, procedendo a harmonizar os dous procesos co tratamento prioritario dos acolamentos por motivos de saúde. A Dirección coa Xunta de Persoal determinará unhas prazas vacantes destinadas a acoplamentos temporais por motivos de saúde, asi sinaladas no acoplamento interno.
Asemade, estudiaranse as prazas que vaian quedando vacantes co fin de poder sinalalas do mesmo xeito no acoplamento interno.
Se o traballador se atopa nalgunha das seguintes situacións:



Enterada a Dirección destas circunstancias procederá ó cambio de posto de traballo ou adecuación ó mesmo do devandito traballador, comunicándollo ó Comité de Seguridade e Saúde Laboral e os Delegados de prevención, no prazo máis breve posible, e tratándose na primeira reunion que se celebra.

Tramitación de solicitudes.
O traballador presentará no rexistro do centro e dirixidas á Dirección, Delegados de Prevención e Comité de Seguridade as solicitudes para participar no acoplamento por motivos de saúde consonte ós modelos oficiais, xuntando toda a documentación que crea oportuna, especialmente os informes médicos que acrediten a patoloxía que padece.

A Dirección solicitará avaliación da solicitude ó Facultativo da Unidade de Prevención de Riscos-Medicina Preventiva, quen poderá solicitar toda aquela documentación adicional que crea necesaria, procedendo ó recoñecemento médico do solicitante e/ou solicitando un recoñecemento doutros especialistas (psiquiatras, traumatólogos, etc...) se o cre necesario.

Avaliado o paciente, o facultativo evacuará á Dirección un informe no que conste:
* Avalación da capacidade do traballador para realizar as tarefas propias do seu posto de traballo.
* Tipo de traballo ou tarefa que o traballador non debe realizar
* Recomendacións médicas axeitadas á patoloxía do traballador en relación ás funcións do posto de traballo a realizar.
* Prazos de revisión do proceso.

A Dirección, coñecidos os informes anteriores, ofertará ó traballador a opción de elixir entre as prazas nas que se pode acoplar ou continuar no seu actual posto de traballo, e procederase, se é o caso, a adscribir provisionalmente (pendente de ratificación polo Comité de Seguridade) ó traballador, comunicándolle por escrito a decisión tomada. Asemade, exporá a solicitude, conclusións da Unidade de Prevención de Riscos-Medicina Preventiva e a súa resolución na seguinte reunión do Comité de Seguirdade e Saúde Laboral. Nesta reunión decidirase sobre a conversión da adscrición en definitiva ata a data fixada para a súa revisión, ou cumprimento dos 12 meses ou a convocatoria de acoplamentos internos.

O procedemento de acoplamento por motivos de saúde iniciarase no Hospital Comarcal Valdeorras, por resolución da Dirección Xerencia publicada nos taboleiros de anuncios, na mesma determinarase un prazo inicial de presentación de solicitudes. Para as solicitudes presentadas neste prazo non rexerá o criterio de prioridade temporal. A partir do remate do devandito prazo admitirase a presentación de solicitudes de xeito permanente, rexendo entre elas o criterio de prioridade temporal.

A Dirección ou a Xunta de Persoal, poderán instar á revisión das presentes bases de actuación anualmente, consonte as necesidades detectadas na súa implementación no HCV.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 01-02-2007 12:06
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis