Unha decena de medicos do HCV acudiron a asemblea convocada por CIG-Saúde.
Durante duas horas Francisco Vizoso e Xoan Cons, explicaron o acordo de OPE de persoal facultativo, así como estaba a situación legal e sindical no tema das gardas médicas.
Con esta reunión continuamos unha nova etapa no que a información se refire, posto que é a segunda asamblea que facemos enfocada únicamente ós problemas específicos de facultativos.
Hoxe sairon publicadas as listas provisionais de admitidos para a OPE das categorías de Auxiliar Administrativo e de PSX.
Podedes velas pinchando na categoría que queirades consultar:
Reunidas as organizacións sindicais C.I.G., CC.OO., U.G.T., S.A.E.e C.S.I.F., nos locais sindicais en San Lázaro para avalia-las medidas a tomar diante da proposta do Sergas de pospoñe-la negociación para despois das eleiccións sindicais, decídese facer un panfleto unitario para mandarlle ó Sergas e entrega-los traballadores e traballadoras que recolla o seguinte:
Proposta de anos para o acceso ós graos: 5-12-19-25.
Proposta retributiva por grupos:
Grupo A: 3000 Euros.
Grupo B: 1950 Euros.
Grupo C: 1600 Euros.
Grupo D: 1400 Euros.
Grupo E: 1200 Euros.
Asemade acordase face-lo seguinte calendario de mobilizacións:
o Concentración: O xoves 8 de marzo nos centros que se determine en cada área.
o Folga de 8:00 a 10:00 hs. o xoves 15 de marzo.
o Folga de 8:00 a 10:00 hs. o xoves 22 e o venres 23 de marzo.
o Folga xeral o xoves 29 dende ás 8:00 hs. ás 8:00 hs. do 30 de marzo.
o Manifestación: O 29 de marzo en Santiago . ( coincidindo co día de Folga xeral )
Hoxe mesmo veñen de publicarse os nomeamentos de tribunais cualificadores de determinadas categorías dentro da OPE 2006. Podedes consultalo no DOG, ou premendo aqui.
para coñecer o cadro comparativo da Proposta Sindical Unitaria e o Acordo asinado na Mesa Sectorial do 13/02/2007, sobre a OPE de facultativos; preme aqui.
Nos vindeiros días publicarase Resolución que indicará as datas dos exames de:
Telefonistas ( 10 marzo ás 10 horas )
Cociñeiros ( 10 marzo ás 15,30 horas )
Hixienistas Dentais e Terapeutas Ocupacionais ( 11 marzo ás 10 horas ).
todos eles en Silleda.
Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do Documento Nacional de Identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.
Non se permitirá no recinto onde se realice o exercicio, o acceso e posesión de teléfonos móviles, axendas electrónicas e calquera outro soporte con memoria.
O chamamento é único polo que se excluirá deste proceso a quen non compareza por calquera causa.
A concentración de hoxe nas portas do SERGAS, foi un éxito rotundo de participación, ó SERGAS quedalle moi claro ó que estamos dispostos de manter a sua impresentable oferta. Os representantes sindicais reuníronse con altos cargos do SERGAS, que o único que puxo sobre a mesa foi deixar a negociación de carreira para despois das elecciois sindicais (non son parvos os tios estes e) pero foi rexeitado unánimemente.
Agora estamos a espera dunha reunión o luns entre todas as centrais sindicais para promover un calendario de mobilizaciois.
NIVEL 3 AUXILIARES DE ENFERMARÍA UN ATRANCO MÁIS NO NIVEL 3
Desde que no ano 2005 o INCUAL recoñecera o nivel 3 para as Auxiliares de Enfermaría, baseado nun estudo pormenorizado das funcións que se desenvolven actualmente e non veñen recollidas no currículo actual de ?Técnicos en Coidados de Auxiliares de Enfermaría?, estábase á espera de que o Ministerio de Sanidade emitira o seu informe favorábel para que o Ministerio de Educación poida adaptar a Formación Profesional ao contido da cualificación proposta polo INCUAL.
Trascorridos dous anos o informe que emitiu o grupo de traballo do Consello interterritorial, composto por representantes de Recursos Humanos das distintas Comunidades Autónomas é desfavorábel, é dicir, o seu informe dí que non á proposta do INCUAL de que as Auxiliares de enfermaria pasen ao nivel 3.
A valoración deste grupo de sabios é que o informe do INCUAL, que recolle as funcións actuais das Auxiliares de Enfermaría, non é suficiente xustificación para unha nova clasificación.
Asemade o grupo de sabios do Consello Interterritorial está en consonancia coa Ministra de Sanidade, xa que ésta a unha pregunta presentada polo BNG no Congreso dos Deputados respondeu que hai que seguir profundizando máis no informe do INCUAL, dados os importantes efectos organizativos, e sobre todo a repercusión que o aumento do nivel da cualificación destas profesionais poida ter sobre as políticas de Recursos Humanos dos Servizos de Saúde. Así como o posíbel ensolapamento de certas actividades coas de outros profesionais sanitarios.
A que se refere a Sra. Ministra cando dí que o aumento da cualificación destes profesionais vai ter unha repercusión sobre as políticas de recursos humanos? É que as Auxiliares de Enfermaría non teñen dereito a un recoñecemento profesional, como o resto dos profesionais sanitarios? Quere dicir que as/os Auxiliares de Enfermaría teñen que seguir a ser a man de obra barata da sanidade publica?
Parece que nen a Sra. Ministra de Sanidade, nen os representantes de Recursos Humanos das Comunidades Autónomas, leron o informe do INCUAL, xa que este está baseado nas funcións que actualmente desenvolven as/os Auxiliares de Enfermaria, sen solapar en ningún caso as funcións que realizan outros/as profesionais.
O informe deste grupo de traballo será presentado en breve ao Pleno do Consello Interterritorial, para a súa aprobación definitiva.Unha vez aprobado o devandito informe éste será enviado ao INCUAL.
A CIG-SAÚDE continuará a defender en todos os foros o NIVEL 3 PARA AS/OS AUXILIARES DE ENFERMARÍA.
Sabedes que o próximo xoves, día 22, hai unha concentración en Santiago, pola Carreira Profesional das categorías que ainda non a teñen.
Estades tod@s convidad@s a participar, se non tendes medio de locomoción, poñédevos en contacto con calquera dos nosos delegad@s, ou mesmo deixade unha mensaxe aqui.
Comezamos unha nova sección onde iremos dando conta de xente que traballa ou traballou nesta área de saúde que ten algunha faceta da súa vida que nos sorprende ou nos admira.
O primeiro deles será o compañeiro Anxo Rei, cantautor ademáis de traballador do hospital. Escoitaredes algunhas das súas composicións mentres visitades a páxina.
Datos:
Nace en Rubiá de Valdeorras. Dotado de prodixioso talento para o son, de formación autodidacta, a paixón musical comenza a materializarse nas creacións a partir do ano 1974. Dende este momento ata 1990 percorre os escenarios de moitas localidades de Galiza e algunhas de Catalunya.
Tras unha longa paréntese, recupera vellas creacións e volta á composición e á interpretación. O magnífico resultado é o seu primeiro traballo discográfico,?Fronteira de Cegoñas?, con textos de Florencio Delgado Gurriarán, poeta vangardista de Valdeorras. As cancións falan da lúa, do vento, da feira, do amor, do viño, da terra, de Galiza.
Anxo Rei ten creado melodías para poemas de outros moitos autores galegos: Rosalía de Castro, Amado Carballo, Uxío Novoneyra, Celso Emilio Ferreiro, Blanco Amor, Fiz Vergara Vilariño, Antón Tovar, Darío Xohán Cabana, etc
En Agosto do 2006 presentou o seu segundo traballo ?A RABELA DA PLUMA? con textos do poeta da ?Pereira? Rairiz de Veiga, Antón Tovar. Contou con músicos da talla de Tino Di Geraldo na percusión, no baixo Peter Oteo, ao piano Iñaki García e as guitarras e arranxos de Jorge Fdez. Ojea.
Velaqui a conversa que con el mantivemos:
Canto tempo levas traballando neste hospital? Empecei no 1986. Desde entón sen parar.
Como compatibilizas a tua ocupación no hospital coa túa faceta artística? Afortunadamente os horarios deste traballo permitenme ter un tempo libre que dedico a ensaiar. Agora mesmo traballo en quenda fixa de mañás e eso supón ter as tardes libres. Ata hai pouco traballei en quendas de mañá e tarde e tiña menos tempo, e se tiña algunha actuación en fin de semana resultaba difícil cambiar a quenda de traballo, pero íao compaxinando.
Que che comentan os teus compañeiros de traballo sobre a música? Ben, no hospital fálase moito de fútbol, fálase moito de caza e pesca e outros temas, pero do que é a música fálase ben pouco; gustaríame que fose un tema máis comentado.
Non temos todas as respostas, pero podémolas buscar. Só tés que preguntar o que se che ocorra ou o que dubides, estamos aiki para aclararche o que precises.
Deixa a túa pregunta abaixo e contestarémosche o máis axiña posible.
1. Son persoal fixo do hcv, e quero acoplarme nunha praza ocupada por persoal contratado, pero que o o propietario dela é un supervisor, podo solicitala nestes acoplamentos internos?
O persoal propietario pode solicitar todas as prazas da súa categoria do HCV; no caso de que unha praza teña un propietario que non a está a ocupar, pero ten a sua reserva (supervisiois, liberados, etc), poderaste acoplar nela de xeito provisorio ata que o seu propietario non volte a ela, en tal caso ti voltarias a praza que na que estes acoplado definitivamente posto que esta se che reserva.
2. Quero pedir un servizo que está ocupado por persoal fixo acoplado definitivamente, pero esta praza non sale no listado de prazas vacantes; podo pedir igualmente este servizo por si quedara desocupado por unha resulta?
Sí, xa que o novo acordo de acoplamentos internos prevei estes casos, polo tanto ainda que a mentada praza non figure entre a lista de vacantes pode ser igualmente solicitada polo persoal fixo que lle interese, deste xeito as prazas que quedan libres por mor das resultas non tardan un ano en ser convocadas de novo a acoplamentos como pasaba ata o de agora.
3. A Praza a que quero optar está ocupada por unha traballadora acoplada nela por motivos de saúde, nembargantes nunca saiu convocada a acoplamentos internos nin está na lista das reservadas a motivos de saúde. Podo optar a ela nos presentes acoplamentos?
As prazas ocupadas por motivos de saúde, non saen nesta convocatoria, posto que o SERGAS está elaborando unha normativa específica, que esperamos nos resolva as dúbidas que temos si se deben ofertar ou non e si as persoas evaluadas pola unidade de saúde laboral son preferentes pu non á hora de ocupalas de xeito definitivo. De todos xeitos e xa que esta é a primeira vez que se van a levar a efecto esta normativa de acoplamentos internos e é a mesa de seguimento (composta pola Xerencia e un membro de cada sindicato) quen dará luz verde ou non as solicitudes, aconsellamos solicitalas aínda que entendemos que esa solicitude non debera prosperar,pero mais vale curarse en saúde.
4. A convocatoria de acoplamentos internos saiu publicada o pasado dia 7 de febreiro, pero oin que os servizos prestados somente puntuan ata o dia 1 de novembro; é iso certo?
Así é, as datas que se terán en conta para a aportación de servizos é do 1 de novembro, nesta e no resto de convocatorias de acoplamentos internos que se fagan según estas bases. deste xeito si hai demora na convocatoria non se perxudicaría a ninguén que non poidera optar a ser acoplado provisoriamente.
5. Teño un contrato por vacante dende hai 5 anos no HCV, oin que despois destes acoplamentos para persoal fixo vanse levar a cabo outros para persoal interino; si esto é así, teño que solicitar acoplamento obrigatoriamente? e en caso de non facelo; pódeme mover do meu servicio outro persoal interino via eses acoplamentos?
Participar nos acoplamentos é voluntario, pero dito esto comentar que a praza que ocupe o persoal que non o solicite pode ser cuberta por calquera traballador/a que ainda tendo menos puntuación sí que participe neles, polo que aconsellamos participar.
6. Qué baremo se aplica nos acoplamentos do persoal con vínculo de longa duración?
Única e exclusivamente a puntuación das listas de contratación vixentes.
Si tedes mais dúbidas neste ou outro tema, podedes pasarvos polo noso local sindical no HCV. Atenderémosvos gustosamente
lembrade que o xoves voltamos a concentrarnos para reivindicar unha carreira profesional digna, é moi importante a presencia de tod@s para que o sergas modifique as sua postura.
o xoves 22 iremos a Santiago a manifestarnos diante da sede do SERGAS, polo que podedes apuntarvos pondose en contacto cos nosos delegados ou nos papeis que repartmos polos servizos do HCV para fletar un autobus.