|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
listas por puntos |
|
Deixamos aquí as listas ordeadas unha vez correximos os fallos que detectastes, (seguro que hai mais, pero estes eran de bulto) tanto nas de auxiliar de enfermaria como nas de TER.
Tamén están no post orixinal, pero destes xeito non da lugar a que a xente se poida confundir.
Enfermeira
PSX
Celadores
Aux Administrativo
Pinches de cociña
Auxiliar de Enfarmeria
TEL
TER
fisioterapeutas
|
|
|
|
dirixe aquí as preguntas relacionadas coas listas provisorias de OPE |
|
Son tantas as preguntas relacionadas con estas listas publicadas que metedes en distintos post, que se nos fai moi difícil contestalas dun xeito organizado e de tal xeito que se entere o persoal, vamos dar resposta neste post a algunhas preguntas que apareceron fora do sitio indicado, relacionadas coa publicación de listas e vamos a intentar aclarar algún tema mais.
Tamén vamos a intentar concentrar as dúbidas que teñades sobre este asunto (listas provisorias e reclamaciois á planilla) neste artigo, polo que pregamos preguntedes aquí e non utilicedes o resto de post mais que para comentarios.
Queda algunha pregunta das que fixestes sobre estes temas sen respostar, polo que de seguir coas dúbidas, pregamos dirixades aquí as preguntas relacionadas.
Vamos alá coas aclaraciois:
Cambio nas respostas da plantilla provisoria ou eliminación de preguntas que vos entendedes que eran correctas e o tribunal optou por pasar a de reserva:
Neste caso tedes que facer un recurso de reposición (vale o modelo que temos no post de abaixo cambiando o de reclamación por recurso de reposición, lembrade que tedes que poñer bibliografia na que vos basades para defender a vosa postura.
Prazas que non se cubren por promoción interna e dicapacitados :
sobre as de promoción interna, pasan todas á quenda libre.
Pero a de discapacitados poidera ser que quedaran tantas prazas como non se cubran para aumentar as da seguinte OPE. (terémolo que aclarar co SERGAS).
Que pasa se nalgunha categoria hai mais prazas que aprobados?
neste caso quedarían sen cubrir, o problema que se deu noutras ocasiois nestes casos foi que á hora de ofertar, somente ofertaban prazas según o número de aprobados e non en base as prazas convocadas, veremos que fai o SERGAS nesta ocasión, obviamente a psotura de CIG-Saúde sigue sendo que oferten tantas prazas como se ofertaron nun principio.
Vale a nota dos exames desta OPE para as listas de contratación que se convoquen a partires de agora?:
Parece que esta OPE non vai servir para iniciar o novo modelo de pacto de contrataciois (aínda sen rematar de negociar), en todo caso sería a partires da OPE que se debería convocar no 2011, nas listas que se convoquen entre unha e outra, rexiranse polo modelo antigo, é decir 9 puntos por exame, á espera de ver que pasa coas categorias que sofriron variaciois no número de exercicios a realizar. |
|
|
|
Rematamos a xornada |
|
No post de abaixo tedes enlaces as listas provisorias de aprobad@s elabarodas por nós.
Tivemos certos problemas no recoñecemento de caracteres é por iso que nos dilatamos tanto en poñelas, pregamos disculpas polos erros que seguro que conteñen as listas, pero é que a estas horas xa temos os ollos que botan chispas de tanto monitor.
Alguén se queixou de non subir o arquivo en excell, a razón é que noutras ocasiois que o fixemos, "outros" aproveitaron o traballo feito por nós para vender motos, é por iso que poñemos contraseña e logo, pódense extraer igual, pero polo menos que se molesten como facemos nós.
Sentimos non ter servidor propio, pero de momento tivemos que optar en cambiar á plataforma de CIG-Saúde e pechar as preguntas ou esperar neste mentres se prepara a nova páxina que permita poder seguir interactuando con vós, polo tanto temos que recurrir a estes servidores lentos e cheos de publicidade e para colmo en inglés, non se pode ter todo nesta vida!!
Por certo cruzar as listas coas de contratación, en todo caso o faríamos coas listas definitivas, porque para nós, que somos moi ignorantes no tema informático iso de cruzar levaríanos ata despois de reis sen parar, unha vez saian as definitivas e en base ó traballo que teñamos nese intre, intentaremos cruzalas, pero se alguén se ofrece a cruzalas e nolas manda, estaríamos encantad@s de publicalas.
As preguntas que fixestes ó longo do dia darémoslle resposta mañá que hoxe seguro que patinamos nas respostas.
Parabens ós aprobad@s e ó resto a non perder a fé, que isto das oposiciois é como os luns, non acaban de repetirse.
Por último deixamos un enlace a un modelo de reclamación que CIG-Saúde VIGO elaborou. |
|
|
|
listas ordeadas ...calmiña por favor |
|
Estamos ordeando as listas das categorias con mais xente, o programa estanos dando algunha complicación, así que a medida que as vaiamos tendo cando as iremos publicandos (seguramente pola tarde), así que calma que non damos feito entre atender a actividade sindical normal mais a elaboración de listas.
é posible que conteñan algún erro, de decatarvos dalgún facedenolo saber nos comentarios.
De momento deixamos as de:
Enfermeira
PSX
Celadores
Aux Administrativo
Pinches de cociña
Auxiliar de Enfarmeria
TEL
TER |
|
|
|
Publicadas listas OPE |
|
Publícanse hoxe no DOG as puntuacións provisionais da FASE DE CONCURSO das categorías de facultativos. Ábrese prazo de reclamacións ata o 23 de xaneiro.
Asemade, publícanse tamén as listaxes de puntuacións provisionais dos exercicios da FASE DE OPOSICIÓN das categorías que se examinaron en outubro e novembro. Podedes velas na páxina do SERGAS. Ábrese prazo de reclamacións sobre as notas obtidas ata o 15 de xaneiro.
|
|
|
|
O fondo e a forma, artigo de Carlos Callón |
|
Reproducimos polo seu interese un artigo de Carlos Callón en Galicia Hoxe:
O fondo e a forma
Sobre o debate normativo do galego
"É que o galego sempre está a cambiar". Esa idea pódese escoitar ben de veces como xustificación que dan moitas persoas para non o utilizaren como instrumento normal de comunicación, ou para explicaren por que está ausente de moitos ámbitos. Como todo prexuízo, ten unha certa base real da que parte para resultar verosímil e estenderse, mais calquera reflexión pola súa volta esnaquizaríao.
Como é sabido, o galego tivo un proceso de fixación normativa moi recente, dificultada pola súa proscrición durante séculos de calquera ámbito de poder e transmisión culta, así como pola incomunicación de Galiza cos outros territorios do seu sistema lingüístico, nomeadamente Portugal. Así, é un idioma ferido na súa estrutura polo castelán, o cal conleva un letal proceso de hibridación. Isto só pode evitarse logrando situar ben as balizas entre un idioma e outro, así como desnaturalizando todos os españolismos que, a forza de se repetiren, nos poderían parecer "de toda a vida", cando na realidade son síntomas derivados dunha historia de sufocante imposición.
O proceso de restauración pode levar a ter unha sensación de estrañamento, mesmo de certo rexeitamento, por algunhas formas escollidas á hora de estandarizar a lingua galega. Mais a verdade é que esta situación non é unha causa, senón unha consecuencia da discriminatoria desigualdade que padece o noso idioma. Ou é que alguén pensa que se puidésemos ver e ouvir estas formas con normalidade non nos resultarían habituais sen ningún tipo de problema?
No entanto, tanta suposta mudanza non se corresponde coa realidade. A última modificación normativa foi en 2003, froito dun amplo consenso propiciado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, no cal participaron a Real Academia Galega, o Instituto da Lingua Galega e os departamentos de galego das nosas tres universidades. Hai, pois, seis anos xa dese cambio, que lamentabelmente non tivo unha explicación nin divulgación necesaria por parte dos poderes públicos, ficando reducida ás deformacións caricaturescas pola corrección da forma "grazas".
A nosa precariedade faise máis evidente cando comparamos o desdén sobre o asunto por parte da Xunta coa inmensa campaña levada a cabo pola Generalitat de Catalunya a comezos dos 80 para divulgar o seu estándar baixo o nome "Soc la Norma". A través desa acción, trasladaban non só as regras do catalán, senón sobre todo a idea de por que era necesario aprendelas, a pesar do esforzo que, en maior ou menor grao, supón todo cambio ou calquera novo coñecemento.
Que haxa mudanzas, ademais, é o agardábel en calquera lingua viva, aínda que en ningún caso se chega á deformación utilizada nalgúns grupos galegófobos, que aseguran que o estándar do noso idioma resulta "incomprensíbel" para moitos "falantes de toda a vida", que por exemplo disque non entenden a RTVG. É unha desas lendas negras creadas sobre todo para consumo externo e para presentar a nosa lingua como un invento, algo artificial creado por maquiavélicos nacionalistas para perturbar o natural, inmutábel e eterno castelán.
É importante que non haxa loitas cainitas entre persoas e grupos partidarios da defensa do galego, con independencia dos lexítimos postulados de cada quen. Se algo nos demostra a historia é que con enfrontamentos dese tipo só gañan os inimigos da nosa cultura.
Iso non quita que o debate intelectual sobre a estandarización deba permanecer aberto. Así mesmo o recoñece a disposición adicional da Lei de normalización lingüística, aprobada en unanimidade en 1983, que sinala que a normativa "será revisada en función do proceso de normalización do uso do galego". Neste proceso, tales revisións futuras, tamén necesarias, sería bo que se realizasen no camiño de ir aproximándonos máis ás outras variantes do sistema lingüístico galego-portugués, algo especialmente importante nun mundo cada vez máis intercomunicado.
Ademais, como ten dito Xosé Ramón Freixeiro Mato, pódese ser reintegracionista na normativa oficial. Trátase de escollermos, entre aquelas formas que admiten duplicidade de solucións, aquelas que máis nos acheguen ao conxunto do sistema lingüístico galego-portugués, utilizarmos correctamente o futuro de subxuntivo ou o infinitivo persoal, aínda tan presente en moitos falantes espontáneos, porén difícil de achar en moitos textos, orais ou escritos, en galego estándar.
Nos anos máis crus do debate normativo foise asentando o principio apaciguador de "primeiro normalizar, logo normativizar". Isto, que foi útil para evitar crispacións, non deixa de ser unha verdade a medias. Non é que o conflito normativo vaia parello ao conflito lingüístico entre galego e castelán: o conflito normativo depende deste último e del fai parte.
Tamén é normalizar escribir un galego máis libre das ataduras do español, un galego máis xenuíno e menos deturpado. Outra cousa é que o proceso de normativización, o proceso de normalización en definitiva, pode ir máis ou menos pausado, mais vainos o futuro en que sexa nunha dirección clara: a de non sermos satélites culturais, senón parte de pleno dereito no intersistema lingüístico e cultural galego-luso-afro-brasileiro.
Que ninguén agarde diso, no entanto, ningunha solución máxica aos nosos problemas. Ninguén dubida de que o español de Puerto Rico é español e non por iso padece menos exclusións nin unha deturpación menor por parte do inglés. O problema cultural de Galiza ten raíces políticas e económicas na falta de soberanía do país e é aí onde pode ter a súa verdadeira solución. |
|
|
|
cursos de formación CIG-Valdeorras |
|
Oferta de cursos presenciais de formación para o ano 2010
Pódense apuntar todos os traballadores/as da emprea privada, pública, autónomos e parados
Desde a CIG do Barco de Valdeorras informan da convocatoria de cursos presenciais impartidos por FORGA aos que poden apuntarse todos os traballadores/as da empresa privada, pública, autónomos/as e parados/as. Do listado de máis de 200 accións formativas ofertadas pódense escoller as que máis interesen.
É necesario cubrir a ficha que se adxunta en pdf, asinala e enviala por correo ordinario ou electrónico escaneada para que conste a sinatura. A ficha debe ser entregada directamente nos locais da CIG de O Barco de Valdeorras, no 2º andar, pódese enviar por un compañeiro/a ou por fax ao 988 326 723.
listado de cursos.pdf
ficha cursos Valdeorras.pdf |
|
|
|
actividades da Plataforma Queremos Galego en Valdeorras |
|
Actualización: un novo correo que acaba de chegar, comunícanos un cambio no acto do mércores 30:
Pola programación dunha concentración nacional o próximo mércores 30, suspéndese a caravana de coches que tiñamos programada en Valdeorras. Mantense, porén, a mesa informativa de mañá, ás 18 hs na Praza do Concello do Barco.
Chéganos un correo da Plataforma Queremos Galego que pola súa impotancia e interese trasladamos ó blog.
Quixéramos achegarche a programación dalgúns actos que a Plataforma Queremos Galego vai levar a cabo en Valdeorras nos próximos días.

Para comezar, o próximo martes, día 29 de decembro , ás 18 hs na Praza do Concello do Barco de Valdeorras, e sempre que non chova, colocaremos unha mesa informativa, onde recolleremos asinaturas nas postais, que quizais xa coñezas, que a plataforma ven de editar para enviarlle ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para desexarlle unha mellor política lingüística, e reapartiremos diverso material da plataforma a quen queira achegarse.
Para o mércores 30 de decembro, agárdase en principio que o Consello da Xunta aprobe o decreto que derrogará o 124/2007 e que reducirá as porcentaxes de uso do galego no ensino por baixo do 50% que establecía o aínda vixente.
A Plataforma Queremos Galego convoca para ese día, mércores 30 de decembro unha concentración na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela ás 17 hs.
Agardamos a túa participación nestes actos, e que transmitas o convite a todas as persoas do teu entorno.
Un saúdo e que teñas un bo comezo de ano, agardando que a normalización da nosa lingua dea pasos adiante e non cara atrás.
Queremos Galego! |
|
|
|
retraso nas listas provisorias de OPE |
|
Antes informamos que mañá sairían publicadas as listas provisorias de OPE e as plantillas definitivas, pois ben o Sergas acaba de comunicarnos vía telefónica que por problemas no DOG, a publicación non poderá ser mañá, polo que se pode atrasar para o mércores ou o xoves.
Estes son os problemas que se dan cando queremos dar coa máxima axilidade os datos que imos tendo. |
|
|
|
publicación plantilla definitiva e lista provisoria OPE |
|
O SERGAS nos ten confirmado telefónicamente que mañá martes publicará a plantilla definitiva dos exames de OPE, así como listado provisorio de aprobad@s e suspens@s.
|
|
|
|
|
|

CIG-Saúde O Barco deséxavos a tod@s que pasedes unhas boas festas |
|
|
|
Resumo da Mesa Sectorial 23 de decembro |
|
O mércores 23 de decembro celebroue Mesa Sectorial do Servizo Galego de Saúde para negociar o concurso de traslados do persoal facultativo.
Quedaron aprobadas as bases que rexerán o devandito concurso. No referente ás prazas a convocar rexeitamos a proposta que nos fixo chegar a Admón; dita proposta non contempla o 100% das prazas existentes nos grandes hospitais e, pola contra, ofertaba prazas a traslados nos comarcais e nos hospitais exfundacións.
Solicitámoslle que respecten os acordos asinados, referentes a que a convocatoria de traslados será do 100% das prazas da convocatoria e de que non se ofertará ningunha praza a OPE que previamente non fose ofertada a traslados.
Quedaron en consultalo; supoñemos que a consulta farana ás/aos superiores e ás/aos xefes/as de servizo. Denunciamos que estaban retrotraendo a situación ao ano 2005 e que estes temas xa foran superados coa negociación da OPE e traslados do 2006. Quedaron en convocar unha nova reunión a volta das vacacións.
O Servizo Galego de Saúde nos facilitou un borrador coas prazas que en principio van saír a concurso co que CIG-SAUDE esta en desacordo por consideralas claramente insuficientes e mantendo unha situación de interinidade moi grande.
CIG-Saúde esixe que saian ao Concurso de Traslados o 100% das prazas de cadro vacantes existentes en todos os hospitais, incluídas as novas orzamentadas para 2010, e se opón aos intentos do SERGAS de non facer un Concurso que se caracterice pola transparencia. |
|
|
|
reclamación colectiva |
|
Por iniciativa dalgún persoal de listas de contratación, facémonos eco da recollida de sinaturas que están levando a cabo, en denuncia da cantidade de irregulariedades que se están dando nos chamamentos.
Podedes asinalas no noso local sindical no HCV
deixamos un arquivo en .doc, por se alguén quere descargalas e recoller sinaturas.
para descargalo, premede aquí |
|
|
|
Concurso traslados facultativos |
|
O mércores 23 de decembro celebrarase Mesa Sectorial do Servizo Galego de Saúde para negociar o concurso de traslados do persoal facultativo.
O Servizo Galego de Saúde facilitounos un borrador coas prazas que en principio van saír a concurso co que CIG-SAUDE esta en desacordo por consideralas claramente insuficientes e mantendo unha situación de interinidade moi grande.
prazas ofertadas |
|
|
|
modelo de reclamación listas |
|
 Deixámosvos aqui un modelo de reclamación para as listas de contratación; o único que precisades é substituir os XXX polos datos correspondentes:
DE: XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX
A: DIRECCIÓN PROVINCIAL DO SERGAS DE XXXXXXXXX
Don/dona XXXXXXXXXXXXXXXXXXX, con DI nº XXXXXXXX-X, con enderezo a efectos de notificación en Rúa XXXXXXXXXXXXXX de XXXXXXX, a Vde:
EXPÓN:
? Que entreguei solicitude para as listas de contratación convocadas por Resolución de 1 de abril de 2009 e publicada en DOG o 17 de abril de 2009, para a categoría de XXXXXXXX, na área de saúde de XXXXXX.
? Téndose publicadas as listas provisorias atopo un erro que penso debe ser correxido:
- Figuro con XXX puntos no apartado de XXXXXXXX, cando debería de figurar con XXX puntos dado que (aqui escribides os vosos argumentos)XXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXXX. Axunto documentación que así o acredita.
(Isto só no caso de que incluades algunha documentación).
SOLICITA: Sexa subsanado este erro, xa que debería aparecer con XXXXX puntos no apartado de XXXXXXXXXXXXX na miña baremación.
En XXXXXXX a XX de XXXXXXX de 2009 ou 2010 (segundo corresponda).
Asdo: XXXXXXXXXXXXXX.
|
|
|
|
pautas para as reclamaciois as listas |
|
Deixamos aquí un artigo que xa posteamos, sobre as reclamaciois das listas provisorias, foi de cando sairon a do resto de persoal pero serve perfectamente para estas.
Aproveitade este post para facer as preguntas que consideredes oportunas, sobre as reclamaciois.
Pero antes de pegalo aclaramos un par de cuestiois que xa tedes preguntado.
O tempo de paro somente serve de 3 anos para atras dende o dia anterior da publicación da convocatoria, é decir dende mediados de abril do 2006.
Para facer reclamaciois sobre outra xente, tedes que seguir o mesmo procedemento e indicar as causas polo que pensades que esa xente non pode ter os puntos cos que aparecen.
Por último, as reclamaciois fanse pola xente afectada, non por sindicato ningún.
Preguntas máis comúns sobre as listaxes provisionais de selección temporal do Servizo Galego de Saúde, correspondentes á convocatoria de 2007 (DOG do 19 de xullo).
¿Onde podo consultar as listas de selección temporal?
As listas publícanse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde e das xerencias de atención primaria, hospitais e complexos hospitalarios; así como tamén na páxina web da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (accedendo ao cadro Espazo PROFESIONAL >> Emprego público >> Listados de contratación, marcando finalmente o nome da categoría/s do seu interese).
¿Que podo facer se non estou de acordo coa puntuación que teño asignada, ou se figuro na relación de aspirantes excluídos?
Ten a posibilidade de presentar unha reclamación contra a lista provisional, dirixida á dirección provincial do Servizo Galego de Saúde que corresponda coa provincia da área de xestión solicitada ou, no caso de ser unha categoría de ámbito autonómico, á dirección provincial que vostede indicara na súa solicitude de inclusión nas listas (lémbrase que as áreas de xestión das correspondentes provincias figuran no modelo de solicitude empregado). Nesa reclamación deberá expoñer os motivos dela, podendo xuntarlle a documentación que estime conveniente para fundamentala, ou para corrixir o erro que segundo vostede se puidese ter cometido.
¿Onde podo presentar unha reclamación contra as listas provisionais?
As reclamacións poden presentarse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, nos rexistros das direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde, nos rexistros dos centros hospitalarios e das xerencias de atención primaria do Servizo Galego de Saúde, así como tamén nas oficinas de correos e nas demais dependencias ás que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; indicando sempre a dirección provincial do Servizo Galego de Saúde á que corresponda a súa recepción e revisión.
¿Que prazo teño para presentar unha reclamación contra as listaxes, e a partir de qué data podo facelo?
Con carácter xeral, o prazo para formular as reclamacións contra as listas ante as direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde é de 10 días hábiles (neste caso lembrade que son 20 dias hábiles), pero deberá estar pendente do que indique ao respecto o correspondente anuncio de publicación das listas no Diario Oficial de Galicia. Nese anuncio indicaranse expresamente as datas de comezo e remate do dito prazo de reclamacións, con independencia de que as listaxes se publiquen con anterioridade nos taboleiros de anuncios dos centros e nesta web; pois estas publicacións previas teñen tan só un carácter informativo, iniciándose o período de reclamacións sempre a partir da data indicada no Diario Oficial de Galicia e non antes.
¿Se presento unha reclamación, cando e como me contestan?
As reclamacións enténdense estimadas ou desestimadas coa resolución pola que se publican as listas definitivas, do xeito establecido para as provisionais (con publicación no DOG, ademais de nos taboleiros de anuncios das oficinas administrativas e nesta web). Coa citada publicación se dará resposta ás reclamacións contra as listaxes provisorias, iniciándose o prazo dun mes, que se indicará na propia resolución, para presentar un recurso administrativo contra as listas definitivas, no suposto de que os aspirantes entendesen que a súa puntuación nelas (ou a súa exclusión, de ser o caso) aínda non fose a correcta. |
|
|
|
listas provisorias de contratación |
|
Deixamos enlace directo ás listas provisorias de contratación por categorias:
En amosar convocatoria tedes que poñer a do 17-4-09 e despois darlle a actualizar, en caso de que non vos deixe acceder a vosa área de saúde, tedes que buscar na parte superior dereita da páxina que enlazamos búsqueda avanzada e e unha vez dentro tedes que poñer a categoria e área e xa vos deixa entrar, de todos xeitos estamonos poñendo en contacto co sergas para subsanar este problema.
enfermeiras
auxiliares enfermaria
matronas
cociñeiras
médicos de familia
médicos urxencias hospitalarias
pediatras
odontólogo |
|
|
|
Decreto estatutarización |
|
DECRETO DE ESTATUTARIZACIÓN DA LEI 17.
Na reunión da Mesa Sectorial celebrada o dia 17 de decembro de 2009, o SERGAS aprobou o decreto de integración no réxime estatutario das/os funcionarias/os da Lei 17/1989. A CIG-SAÚDE non apoio o devandito Decreto dado que a Admón non recolleu ningunha das alegacións que presentamos.
A CIG-SAÚDE amosamos a nosa desconformidade con este Decreto por se discriminatorio e lesivo para o persoal, fronte ao resto dos Decretos de integración negociados con anterioridade na M.S
Estas son as alegacións que presentamos e que foron rexeitadas pola Admón:
■Que no ámbito de aplicación se incluíse ao persoal funcionaria/o de carreira que presta servizo na Consellaría de Sanidade e no SERGAS.
■Que coa resolución da integración se lles expedira o nomeamento estatutario no que se detallara a categoría, destino e ámbito territorial.
■Que o nivel do complemento de destino sexa igual ao do persoal estatutario. Os niveis mínimos serán:
Grupo A1 = Nivel 24
Grupo A2 = Nivel 22.
■Carreira profesional: non se recolle en que data serán efectivos os efectos eco- nómicos do recoñecemento dos graos de carreira.
■A Admón segue a manter a disposición adicional terceira.
O devandito Decreto sairá publicado no DOG nun prazo aproximado de 6 meses, con posterioridade sairá publicada a Orde de integración para que o persoal, voluntariamente, poida accede ao réxime estatutario. |
|
|
|
Haidar volve á terra |
|
Haidar volve á terra: "É unha vitoria para a causa saharahuí"
Logo de 32 días en folga de fame, a activista regresa ao Aiún grazas á presión social e da comunidade internacional.
A independentista Aminatu Haidar saíu rumbo ao Sáhara. O goberno marroquí aceptou por fin a volta á casa da activista saharuí. Un avión fletado polo goberno español despegou a última hora deste xoves (23.30 horas) de Lanzarote rumbo ao Aiún. A comunidade saharauí festexa a vitoria.
Haidar, que se atopa moi feble logo de 32 días en folga de fame, agradeceu as grandes mostras de solidariedade da sociedade civil. A activista subliñou que o seu regreso é "unha vitoria para a causa saharahuí".

O goberno marroquí, que ocupa as terras do Sáhara,aceptou o regreso da independentista "sen condicións". Haidar non terá que pedirlle perdón ao rei marroquí nin recoñecer publicamente a nacionalidade dese país, tal e como pretendían obrigala a facer.
Preocupación polo seu futuro
Agora resta por saber se as forzas marroquís van caer na tentación de tomar represalias contra a Haidar a medio prazo. Defensores da causa saharauí lembraron que o goberno de Marrocos vulnera reiteradamente os dereitos humanos á hora de reprimir a loita independentista.
noticia extraida de vieiros |
|
|
|
|
|
|
|
|