CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

feliz 2009
Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 31-12-2008 15:38
Queres comentar ou preguntar algo?
A guerra dos avós
Interesante curta de Óscar Galansky sobre a guerra civil. Un mozo invítanos a acompañalo na súa investigación do acontecido na súa vila, Moaña, durante a Guerra Civil. Nunha imaxinaria viaxe no tempo trasládase a Moaña tal e como debía ser o 18 de xullo de 1936. O mozo coñecerá cómo o golpe triunfa no pobo e o alcalde é sustituido mentres nas rúas manda a Falanxe, a cal leva a cabo unha política represora. Aqueles feitos marcaron ós moañeses, que ainda hoxe conservan medos e rencores. Con só 20 anos, Óscar Galansky dirixe e presenta este documental con partes ficcionadas que mostra episodios acaídos en Moaña durante os primeiros momentos da Guerra Civil e que son representativos no ámbito galego, nas fases do alzamento militar e a inmediata represión.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 30-12-2008 10:59
Queres comentar ou preguntar algo?
as Garotas da Ribeira
Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 28-12-2008 17:15
Queres comentar ou preguntar algo?
pontedeva
no capítulo de ben falado que publicamos hoxe, fálase deste concello de Ourense que foi o primeiro concello de Galiza que se dirixiu por escrito ó rei Carlos IV en galego alá polo 1805.

Comentarios (0) - Categoría: ben falado - Publicado o 26-12-2008 14:43
Queres comentar ou preguntar algo?
O apalpador, o Santa Claus galego
Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento. Este ano dende a asociación A Gentalha do Pichel (Compostela) están a difundir a súa figura.

O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.

A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Dende A Gentalha do Pichel animan a que se reintroduza esta figura para popularizala entre os máis pícaros.

vieiros
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 26-12-2008 12:17
Queres comentar ou preguntar algo?
convocatoria de acoplamentos interinos
Hoxe publícase na intranet e os taboleiros de anuncios do HCV a convocatoria dos acoplamentos de interinos e comisiois de servizo e as prazas con reserva para persoal fixo, é a que segue:

RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERENCIA DO HOSPITAL COMARCAL DE VALDEORRAS DE 26 DE DECEMBRO DE 2008 POLA QUE SE CONVOCA QUENDA INTERNA DE ACOPLAMENTO DE PERSOAL EN COMISIÓN DE SERVIZO OU CON VÍNCULO DE LONGA DURACIÓN QUE NON SEXA PROPIETARIO DE PRAZA NESTE HOSPITAL E SE FAI PÚBLICA A RELACIÓN DE VACANTES.

Por medio da presente resolución, e logo de acadado consenso coa Comisión de Centro, convócase o proceso de provisión de vacantes internas recollidas no anexo I para persoal:

- Con praza en propiedade noutro centro que preste servizos no HCV en Comisión de Servizos

- Contratado con vínculo de longa duración calquera que sexa o motivo.

O modelo de solicitude recóllese no anexo II.
Este proceso réxese polo Acordo entre a Dirección do H.C.V, a Comisión de Centro e as Centrais sindicais de 30 de novembro de 2006, que se atopa publicado na páxina web do HCV dende o 13 de decembro de 2006, e as seguintes claúsulas:

Primeiro: Categorías ofertadas

- Auxiliares administrativos
- Auxiliares de enfermería
- Celadores
- ATS/DUE
- Fisioterapeutas
- T.E.L
- T.E.R

-Segundo: Solicitudes

Solicitaranse tódalas prazas ofertadas por orde de prioridade.
A solicitude farase no modelo que se xunta como Anexo II á presente convocatoria, podéndose recoller no Rexistro Xeral e na intranet do Hospital Comarcal Valdeorras, e será presentada no dito Rexistro Xeral.

Terceiro: Prazos

- Solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, en horario de 9:00h a 15:00h comenzando ó día seguinte da publicación da presente convocatoria no taboleiro de anuncios do hospital e rematará o día 15 de xaneiro de 2009.

- Resolución provisional: Unha vez publicada a relación provisional dos destinos
obtidos, os interesados disporán de un prazo de 5 días hábiles seguintes á publicación da correspondente resolución para a presentación de reclamacións.

Cuarto: Orde de prelación.
Os postos de traballo serán dados do seguinte xeito:
1. Persoal en comisión de servizos. En caso de empate ten preferencia o que teña máis antigüidade no Servizo Galego de Saúde.

2. Puntos nas listas de contratación do Servizo Galego de Saúde.

Quinto: Resolución definitiva e incorporación.

Co fin de evitar posibles trastornos nos distintos Servizos do Hospital, a incorporación dos adxudicatarios aos seus destinos será realizada pola Dirección correspondente de xeito progresivo en tempo e prazo non superior aos 3 meses dende a data de publicación da resolución definitiva. Non obstante, a este persoal computaráselle, para os efectos de antiguidade, como traballado na Unidade de destino, dende o día seguinte ao da data de publicación da resolución definitiva.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O Barco de Valdeorras, a 26 de decembro de 2008

O DIRECTOR XERENTE
Roberto Rodríguez Alonso
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 26-12-2008 11:29
Queres comentar ou preguntar algo?
a escola das áreas
en flocos.tv atopamos esta animación en plastilina, baseada nun texto de Frai Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo.

Comentarios (0) - Categoría: curtas - Publicado o 24-12-2008 12:57
Queres comentar ou preguntar algo?
acta da convocatoria de novas listas
ACTA DE ACORDO DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGUIMENTO DO PACTO DE SELECCIÓN TEMPORAL DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE, DO 15 DE DECEMBRO DE 2008

Na xuntanza da comisión central de seguimento do pacto de selección temporal, celebrada o día 15 de decembro de 2008 na sede do Servizo Galego de Saúde en Santiago de Compostela, reúnense as persoas que se indican na relación adxunta e as partes chegan por unanimidade ao seguinte

A C O R D O :

1º.- Aprobar a formalización dunha nova convocatoria de selección temporal para as categorías de persoal estatutario incluídas no proceso selectivo do 29 de xuño de 2006 (DOG do 10.7.2006); con carácter previo ao remate da negociación do novo pacto de selección temporal. As categorías ás que afecta a convocatoria son: médicos de familia, pediatras, odontólogos, persoal de enfermería (ATS/DUE), matronas, auxiliares de enfermería e cociñeiros. Inclúese asemade a categoría de persoal médico de urxencias hospitalarias, cuxa convocatoria de selección temporal foi efectuada coa data do 26 de abril de 2006 (DOG do 11.5.2006).

2º.- Este proceso abrangue as entidades incluídas no ámbito de aplicación do Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade (DOG do 25.5.2007), de conformidade co establecido na súa disposición transitoria primeira.

3º.- Establecer que as listaxes que xurdan da convocatoria derivada do presente acordo permanezan en vigor e inalteradas ata que se formalice a seguinte convocatoria de selección temporal para as categorías de referencia. De tal xeito que o novo pacto sobre selección de persoal estatutario temporal que se aprobe formalmente a través de acordo da Mesa Sectorial -norma arestora en proceso de tratamento técnico no grupo de traballo constituído para tal efecto- afectará ás categorías indicadas só no que atinxe ás súas disposicións normativas (xestión das listaxes); máis non á configuración e orde de prelación derivado destas listas, que serán confeccionadas consonte os baremos do pacto de selección temporal de 2004 (DOG núm. 104, do 1 de xuño de 2004). As listaxes de selección temporal derivadas da seguinte convocatoria serán elaboradas de acordo cos baremos incluídos nos anexos do próximo pacto de selección temporal.

4º.- Determinar asemade que o ámbito de selección das categorías incluídas na convocatoria sexa o de área sanitaria. Este último acordo adóptase coa opinión en contrario da organización CIG, que sostén que para as fundacións hospitalarias o ámbito da vinculación debe ser exclusivamente o da propia fundación, por contraposición ao resto de institucións de atención especializada do Servizo Galego de Saúde.

5º.- Atendendo a petición da organización CEMSATSE, que vén de solicitar a súa participación nas comisións, central e provinciais, de seguimento do vixente pacto de selección temporal, as partes acordan a incorporación da devandita organización ás comisións de referencia, condicionada á súa sinatura e adhesión formal ao pacto.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 24-12-2008 12:34
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG-VALDEORRAS DENUNCIA
INEFICACIA DA INSPECCIÓN DE TRABALLO E DA CONSELLERÍA DE INDUSTRIA


Cando o día 10 de setembro de 2008 presentamos conxuntamente os sindicatos CIG e CCOO sendas denuncias ante a Inspección de Traballo e a Delegación de Industria de Ourense contra a pizarreira Iberoitaliana de Pizarras, por graves incumprimentos en materia de prevención de riscos laborais, advertiamos da urxente necesidade de sancionar as infraccións e corrixir as deficiencias que se puideran constatar.

Algunhas das cuestións denunciadas poñen en serio perigo e saúde e a integridade física das persoas que prestan servizos nas canteiras e naves de IPISA; nalgúns casos mesmo pode estar en xogo a vida de traballadores e traballadoras.

Transcorridos máis de tres meses da presentación das denuncias, non só non temos noticia ningunha das conclusións ou dos informes que se deberan ter sido redactados, senón que, o que aínda é máis grave, a empresa non adoptou medida correctora ningunha, polo que podemos afirmar que IPISA segue a poñer en perigo ao persoal que mantén contratado.

Esta actitude de desprezo e prepotencia non é de estrañar, se temos en conta a ineficacia e inoperatividade inspectora, tanto por parte de Traballo como de Minas, que actúan con desesperante lentitude e se despreocupan de comprobar si a empresa cambia ou non de actitude.

Esiximos maior compromiso, dilixencia e contundencia por parte da Autoridade Laboral (tanto de Traballo como de Minas) así como reclamamos maior grao de cumprimento por parte da patronal de IPISA, símbolo inequívoco do que nunca se debera facer en materia laboral e social.
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 23-12-2008 12:53
Queres comentar ou preguntar algo?
prazas por centros
para ver o número de prazas vacantes nos centros`polas que se convoca o número total de prazas ofertadas a OPE do persoal non facultativo, preme aquí; despois picade Click here to start download..

AS PRAZAS QUE EIQUI SE OFERTAN NON SON OS DESTINOS NOS QUE AO FINAL TOMARAN POSESIÓN OS OPOSITORES XA QUE PRIMEIRO TERÁN QUE ESCOLLER DESTINO AS PERSOAS QUE PARTICIPEN NO CONCURSO DE TRASLADOS
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 22-12-2008 17:27
Queres comentar ou preguntar algo?
borrador de decreto definitivo carreira profesional
Deixámosvos aqui un enlace ao borrador de decreto de carreira profesional ordinaria que a administración vai tramitar para a súa publicación. Deixámosvos tamén un documento no que se reflexa como quedarían as transicións de carreira extraordinaria a carreira ordinaria. A previsión agora é que se publique o decreto en xuño ou xullo do 2009 tras todos os trámites.

Este borrador non conta co aval de CIG-Saúde.

CIG-Sáude NON APOIA NIN COMPARTE este decreto, posto que inda que pelexamos na negociación da mesa sectorial por unhas melloras que considerábamos indispensables, estas non chegaron a verse plasmadas nun acordo porque o SERGAS decidiu sacar un decreto en solitario, sen contar cos sindicatos, ou, cando menos, sen contar co apoio de CIG-Saúde.

Á volta das festas haberá que empezar a pensar nalgunha campaña de denuncia e contestación deste atropelo de carreira profesional.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 22-12-2008 10:57
Queres comentar ou preguntar algo?
Publicada convocatoria ope facultativos
Publícase hoxe no DOG a convocatoria ope de diversas categorías de facultativos:

Médico coordenador do 061

Odontólogo de Atención Primaria

Médico de familia de Atención Primaria

Pediatra de Atención Primaria

Médico de Urxencias Hospitalarias

Farmacéutico de Atención Primaria

Facultativo especialista de área (varias especialidades)
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 22-12-2008 09:18
Queres comentar ou preguntar algo?
mesa sectorial sobre OPE carreira profesional e outras 19-12-08
INFORMACIÓN DA MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 19 DE DECEMBRO DE 2008.

Publicamos a información que nos chega do acontecido na mesa sectorial de onte venres

.-OPE 2008:

O Decreto sairá publicado no mes de febreiro, unha vez publicado convocarán para negociar a convocatoria. Desde a CIG-SAÚDE solicitamos que o Decreto recolla na convocatoria as prazas creadas polo plano de saúde mental de enfermeira/o especialista . Isto foi aceptado pola Admón e o Decreto recollerá a convocatoria de 13 prazas de enfermeira/o especialista en saúde mental; estas prazas son de nova creación.
Asemade solicitamos que unha vez publicados os Decretos das categorias de nova creación: documentación sanitaria, auxiliares de farmacia, dietista e prevención de riscos se proceda a convocar unha OPE.

Orde de integración do hospital de defensa de Ferrol.

Queda definitivamente aprobado o Decreto. O artigo 3º do Decreto recolle que o persoal integrarase coas características do posto desempeñado no momento da transferencia. Conseguimos que as limpadoras/es se integren con esta categoria e non como pretendía algún sindicato (CCOO, CSIF) que se reclasificasen en celadoras/es. Os Decretos de integración non se poden utilizar para reclasificacións. Na taboa de homologacións tamén se recolle: Segundo o posto de traballo e as funcións desempeñadas no momento do traspaso.

Antes de entrar en carreira permitíronnos falar do Centro de Transfusión de Galiza. Neste centro cando era unha fundación gobernada polo PP habia correturnos de ámbito de todo o pais, é dicer, o persoal era mobilizado, como premio ou castigo, por todo o pais. Agora o persoal é estatutario e o seu nomeamento é de área, pero a nova dirección do PSOE segue a utilizar a mesma política de persoal. Isto xa o denunciamos reiteradas veces. Quedaron en dar unha resposta. Se á volta do Nadal non temos resposta do SERGAS hai que organizarlles algo.

Carreira Ordinaria.

Como xa dixo, na primeira reunión, o Director de Recursos Humanos os Decretos non necesitan ter o apoio dos sindicatos na Mesa Sectorial, e, efectivamente, parece que o van sacar en solitario; ainda que temos certas dúbidas do posicionamento de UGT e SATSE. O Sergas deu por rematada a negociación de carreira ordinari; a partires do luns tramitarán o Decreto. As previsións son de que saia publicado no mes de xuño-xullo de 2009.

Nesta reunión, apesares dos nosos argumentos, non conseguimos avanzar na negociación. Das nosas alegacións só aceptaron que se valoren todos os servizos prestados, independentemente da modalidade na que foron prestados e do seu réxime xurídico. Non quedou claro se no texto van recoller que os cursos de formación continua terán unha validez de 7 anos ou o deixan aberto para decidir nos baremos

No referente a Funcionarios e laborais denunciamos o incumprimento por parte do SERGAS dos acordos asinados e publicados no DOG de 26 de outubro de 2007; acceso extraordinario á CP das categorías de xestión e sanitario de formación profesional. Non é valido o argumento do SERGAS de que a Lei de Función Publica no recolle a carreira de funcionarios e laborais, isto xa o sabiamos, por iso o recollimos nese acordo. Os acordos teñen rango de norma e son asinados para cumprilos por ambas partes. O SERGAS non aceptou ningún argumento.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 20-12-2008 13:50
Queres comentar ou preguntar algo?
moito, muito, muto,mutio
moito, muito, muto, mutio; como se dí na túa zona?

Comentarios (0) - Categoría: ben falado - Publicado o 19-12-2008 15:17
Queres comentar ou preguntar algo?
Acta de Acordo Urx. Hospitalarias
Na reunión da Comisión de Seguimento do Acordo de Urxencias (18/12/08) ASINOUSE unha Acta que recolle “Aspectos derivados da aplicación do Acordo”, que dá resposta ás reivindicacións dos Médicos de Urxencias expresadas pola Plataforma Sindical formada por CIG-Saúde, CCOO, CEMSATSE e CSIF.
A ACTA de ACORDO foi asinada por CIG-Saúde, CC.OO, CEMSATSE e CSIF, quedando pendente de asinar UGT por non estar presente no fin da negociación.
19/12/2008

para ver a acta do acordo, preme aquí
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 19-12-2008 10:27
Queres comentar ou preguntar algo?
borrador da convocatoria de OPE
este de abaixo é o borrador que nos envia o SERGAS para a convocatoria da OPE, CIG-Saúde vai reunir o seu grupo de traballo sobre este tema para mandarlle as alegaciois que saian nél, podedes aportar as vosas ideas sobre o tema neste mesmo artigo.
Tamén o podedes ver en formato pdf, premendo aquí

DECRETO /2009, DO … , POLO QUE SE APROBA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE PARA O ANO 2009

De conformidade coas previsións contidas no artigo 115.3 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, así como do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, en orde á convocatoria periódica de procedementos de selección de persoal que garantan os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no acceso, procede afrontar a oferta de emprego público de diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2009.

O ámbito da dita oferta circunscríbese ás categorías de persoal estatutario incluídas no anexo deste decreto.

En consecuencia, tendo en conta as prazas vacantes nas distintas categorías de persoal estatutario que afectan ó funcionamento dos servizos públicos esenciais, de conformidade co previsto no artigo da Lei /2008, do de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, compre a aprobación da oferta de emprego público relativa a diversas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para o ano 2009.

Na súa virtude, por proposta da persoa titular da Consellería de Sanidade, logo da negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día…

DISPOÑO:

Artigo 1º.- Aprobación da oferta de emprego público.


De conformidade co disposto no artigo 13.8 do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia así como no artigo da Lei/2008, do de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009, apróbase a oferta de emprego público do persoal estatutario das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde para o ano 2009 de diversas categorías de persoal estatutario incluídas no anexo deste decreto.

Artigo 2º.- Cuantificación da oferta de emprego público.

Na oferta de emprego público inclúense as necesidades de recursos humanos con asignación orzamentaria que non poden ser cubertas con efectivos de persoal existentes segundo a distribución que se detalla no anexo deste decreto.

Artigo 3º.- Sistema de selección.

De conformidade co establecido no artigo 6.1 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo antes citado, en todas as categorías que se convoquen o sistema de selección será o de concurso-oposición.

Artigo 4º.- Composición dos tribunais de selección.

A composición dos tribunais de selección será paritaria para o conxunto da oferta de emprego público do Servizo Galego de Saúde.

De conformidade co establecido no artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non pudendo ostentarse esta en representación o por conta de ninguén.

Artigo 5º.-Promoción interna.

1.Reservarase un cincuenta por cento do total das prazas convocadas en cada categoría para a súa provisión polo sistema de promoción interna.

Non obstante o anterior poderá establecerse unha reserva inferior cando así veña xustificado pola planificación eficiente das necesidades, polas características específicas da categoría ou pola propia titulación requirida para o acceso.

2.Cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5 prazas, computarase como unha praza que se incluirá nesta reserva.

3.As prazas non cubertas acumularanse ao sistema de acceso libre.

Artigo 6º.- Persoas con discapacidade.

1.Nos procesos selectivos para o ingreso nas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde serán admitidas as persoas con discapacidade nos termos previstos neste artigo e demais normativa aplicable.

As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións psíquicas e/ou físicas sen prexuízo das incompatibilidades co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes.

2.De conformidade co establecido na disposición adicional sétima do Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo antes citado, reservarase unha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para ser cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no artigo 1.2º da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións, de modo que, progresivamente, se acade o dous por cento dos efectivos totais da Administración da Xunta de Galicia.

A reserva farase sobre o cómputo total das vacantes incluídas nesta oferta de emprego público e poderán concentrarse as prazas reservadas para persoa con discapacidade naquelas convocatorias que se refiran a categorías cuxo desempeño se adapte mellor ás peculiaridades das persoas con discapacidade, podándose excluír desta reserva aquelas categorías que se consideren incompatibles coas tarefas ou funcións que requiran os postos de traballo, sen que a cota de reserva total se vexa alterada.

Cando da aplicación da porcentaxe resulten fraccións decimais redondearase por exceso para o seu cómputo.

O número de prazas reservadas quedará recollido na correspondente convocatoria.

Se as prazas reservadas e que foron cubertas polas persoas con discapacidade non acadasen a taxa do tres por cento das prazas convocadas, as prazas non cubertas acumularanse á cota do sete por cento da oferta seguinte, cun límite máximo do doce por cento.

3.A opción a prazas reservadas terá que formularse na solicitude de participación nas convocatorias con declaración expresa dos interesados de reunir a condición esixida ao respecto, que se acreditará, se obtivese praza, mediante certificación dos órganos competentes.

4.As probas selectivas realizaranse en condicións de igualdade co resto dos aspirantes de promoción interna ou de acceso libre, segundo corresponda. Non obstante o anterior no desenvolvemento das probas selectivas estableceranse para as persoas con discapacidade que o soliciten as adaptacións e axustes razoables necesarios de tempo e de medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orden PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade, para asegurar que estas persoas participen en condicións de igualdade. Nas convocatorias indicarase expresamente esta posibilidade, así como que os interesados deberán formular a correspondente petición concreta na solicitude de participación.

Para tal efecto os tribunais de selección poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou dos órganos competentes.

5.Con anterioridade ao nomeamento e unha vez superado o proceso selectivo o Servizo Galego de Saúde poderá requirir, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, ditame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato para o posto de traballo ou sobre as adaptacións deste.

6.As convocatorias deberán incluír a posibilidade de que unha vez cubertas as prazas desta cota, os aspirantes que superasen o proceso selectivo, pero non obteñan praza pola cota de reserva, poidan optar, en igualdade de condicións, ás prazas do sistema de acceso libre.

7.Os aspirantes que superasen o proceso selectivo pola cota de prazas reservadas a persoas con discapacidade poderán solicitar ao órgano convócante a alteración da orde de prelación para a elección das prazas dentro do ámbito territorial que se determine na convocatoria, por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convócante decidirá a devandita alteración cando estea debidamente xustificada, e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

Artigo 7.- Acreditación do coñecemento da lingua galega.

Para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego e garantir o dereito dos usuarios dos distintos servizos sanitarios do Servizo Galego de Saúde ao seu uso, así como a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, terá que acreditarse o coñecemento da lingua galega nos termos que establezan as correspondentes convocatorias.

Artigo 8.- Comisións ou grupos de traballo.

1.O órgano convócante, en atención ao elevado número de aspirantes, poderá nomear comisións ou grupos de traballo para realizar as tarefas auxiliares de carácter técnico ou organizativo que lle sexan encomendadas, sen que a súa actuación afecte as competencias e a autonomía dos tribunais de selección.

2.Os membros destas comisións ou grupos de traballo absteranse de intervir no procedemento cando se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 28.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.Os membros das comisións ou grupos de traballo percibirán as asistencias previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razóns de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia ou norma que a substitúa.

Para tal efecto, serán clasificados conforme o artigo 26.2 do devandito decreto.

Disposición adicional.

As convocatorias adaptaranse ás previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes, en relación coas condicións de emprego da Administración pública.

Disposicións derradeiras.

Primeira.- Facúltase á persoa titular da Consellería de Sanidade para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento do presente decreto.

Segunda.- Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 18-12-2008 17:47
Queres comentar ou preguntar algo?
asemblea carreira
Hoxe como xa anunciamos levamos a cabo a asemblea para explicar ó persoal do HCV a proposta do SERGAS sobre carreira profesional ordinaria.
O noso compañeiro de Ferrol Lois Méndez, que participa na Mesa de negociación da carreira por parte de CIG-Saúde explicou durante mais de media hora as razois polas que CIG-Saúde está em contra da proposta do SERGAS e chamou á mobilización do persoal se queremos mellorala.

Haberá que estar á espera do que acontece mañá na mesa de negociación, pero ou o SERGAS modifica e moito as súas propostas ou ten tódolos boletos para que á volta do nadal teñamos unha "temperatura laboral" moi alta en periodo electoral.

O que aconteza mañá na reunión de mesa o publicaremos no blog como acostumbramos.

Agradecemos como non podía ser doutro xeito a presencia de Lois en O Barco e mais cando se atopa na outra punta de Galiza.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 18-12-2008 17:02
Queres comentar ou preguntar algo?
Proposta SERGAS nova ope
Mañá hai mesa sectorial para falar da nova ope. O SERGAS xa enviou unha proposta de prazas e de decreto de convocatoria. Deixámosvos aqui a proposta de prazas:


SERVIZO GALEGO DE SAÚDE: OPE 2008·
DIPLOMADOS SANITARIOS, XESTIÓN E SERVIZOS E PROFESIONAIS SANITARIOS DE FP


ALBANEL 3
A.T.S./D.U.E. 1.088
AUXILIAR ENFERMARIA 532
CALEFACTOR 9
CARPINTEIRO 5
CELADOR 234
COCIÑEIRO 9
COSTUREIRA 10
ELECTRICISTA 17
ENXEÑEIRO TECNICO 8
FISIOTERAPEUTA 50
FONTANEIRO 9
GRUPO AUXILIAR FUNCION ADMVA. 113
GRUPO ADMVO. FUNCION ADMVA. 7
GRUPO TECNICO FUNCION ADMVA. 8
GRUPO XESTION FUNCION ADMVA. 25
HIXIENISTA DENTAL 36
LAVANDEIRA 10
MATRONA 34
MECANICO 11
PERRUQUEIRO 3
PERSOAL SERVIZOS XERAIS 278
PINCHE 95
PASADORA DE FERRO 14
PROFESOR LOGOFONIA E LOGOPEDIA 2
TEAP 10
TEL 64
TER 76
TECNICO ESP. RADIOTERAPIA 8
TECNICO ESPEC. SISTEMAS E T.I 9
TECNICO XESTION SISTEMAS T.I. 7
TECNICO SUPERIOR SISTEMAS T.I. 1
TELEFONISTA 5
TERAPEUTA OCUPACIONAL 8
TRABALLADOR SOCIAL 25

TOTAL PRAZAS: 2.823
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 18-12-2008 13:55
Queres comentar ou preguntar algo?
cuestións que plantexamos
A raiz dos vosos comentarios e de diversas situacións que se teñen dado, trasladamos estas cuestións a@s nos@s compañeir@s nas negociacións para que tenten solucionalas ou informarse sobre elas:

1. Parece ser que na Dirección Provincial de Pontevedra decidiron excluir dos listados de técnicos a aquelas persoas que en lugar de título de Técnico de Grao Medio, teñen título de Técnico Auxiliar, cando son equivalentes a todos os niveis. Esperamos unha resposta do SERGAS sobre este tema.

2. Seguimos sen saber qué titulacións de FP se consideran "relacionadas coa categoría" no caso dos PSX, porque para a xente que ten título de Administración e Finanzas sí que lle é baremado, pero a xente que tén Administrativo, non. Pedimos que nos aclaren este tema. Tamén imos solicitar que no novo pacto (e tamén na nova OPE) quede reflexado qué titulacións son baremables e qué titulacións non, para evitar estas incertidumbres e reclamacións innecesarias.

3. Tamén preguntamos de qué xeito se van cubrir as necesidades de contratación nas categorías de nova creación (Técnicos Farmacia, técnicos dietética e nutrición, técnicos documentación sanitaria), posto que ata agora se viñan cubrindo estes postos con outras categorías. Entendemos que, unha vez publicadas as definitivas, deben de cubrirse todas as necesidades que xurdan desas categorías coas persoas das listas correspondentes á categoría. Así nolo confirmaron @s nos@s compañeir@s, todo contrato que se dea a partir de agora destas categorías debe darse polas novas listas.

4. Queremos ademais que, en vista dos problemas que xurden tamén coas baremacións da experiencia laboral nas entidades privadas, se articule algún xeito para que non suceda, como vén sucedendo, que xente que traballa nunha mesma empresa, dependendo que quén bareme, a unha se lle barema e a outra non, alegando a consabida "estrutura de hospital". Pedimos que se aclare este punto e, en todo caso, que nas próximas convocatorias se aclare e se bareme todo tipo de traballo na categoría nas empresas privadas, para evitar estes problemas.

5. Por último, gustaríanos que se nos xustificara a necesidade de presentar Certificado de Vida Laboral xunto co Certificado de Empresa para a baremación do tempo traballado na privada, sobre todo tendo en conta que @s usuari@s asinan unha autorización para que a administración solicite a Vida Laboral para a baremación do desemprego, e debería servir tamén para baremar o tempo traballado na privada sen necesidade de incorporar documentación duplicada ao expediente. En todo caso, se algún de vós se atopa nesta situación, en que non axuntástedes a vida laboral ao certificado de empresa e por este motivo non vos baremaron, facede o recurso de alzada baseado en que eles xa dispoñen da vosa vida laboral (se firmástedes a autorización, claro).
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 18-12-2008 12:09
Queres comentar ou preguntar algo?
publicada relación provisional de destinos de traslados internos persoal fixo
Acaba de publicarse na Intranet e nos taboleiros de anuncios do HCV a resolución que publica os destinos provisorios acadados polo persoal fixo que solicitou traslados internos.
Ábrese a partir de mañá un prazo de 5 días hábiles para reclamar en caso de que alguén o crea necesario.
Para consultar os destinos podedes velos na Intranet do HCV, nos taboleiros de anuncios ou dirixíndovos a nós no local da CIG.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 17-12-2008 14:45
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis