CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

publicada a lei de orzamentos de Galiza





































hoxe aparece pubicado no DOG a lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

Aproveitamos para desexarvos que teñades unha boa saida do 2007 e unha mellor entrada no 2008 con forza e saúde.


Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 31-12-2007 12:18
Queres comentar ou preguntar algo?
FARMACÉUTICOS SAÚDE PÚBLICA
Resolución que publica a conclusión da fase de oposición e á apertura do prazo para o concurso.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-12-2007 20:36
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE SESCAM para FEAS
Publícase no diario oficial de Castilla La Mancha a convocatoria para distintas prazas de FEAS. O prazo de presentación de instancias remata o 18 de xaneiro.

Máis información aqui.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 27-12-2007 10:33
Queres comentar ou preguntar algo?
UNA NACIÓ, UNA SELECCIÓ
como era de imaxinar estes dias de "paz, felicidade, armonia, consumo e mais consumo", a nivel de información sindical non hai absolutamente nada, imaxinamos que ata pasados os reis a información vai ser mais ben escasa, polo que por non deixar sen actividade o blog tanto tempo iremos colgando nel outro tipo de noticias que nos podan resultar de interese.

A menos de 24 horas de que escomence o partido da selección galega, enterámonos que non estrá con camerún o xogador do barsa etoo por prohibición expresa do seu entrenador, en vieiros se preguntan se Rijkaard decidiría facer o mesmo no caso de que fose Cataluña quen xogase este xoves contra Camerún.
pero en fín, que non participe un xogador como etoo é unha pena, pero a festa non vai ser mais pequena por este feito. lembremos o horario dos partidos de balaidos:

Galiza-Catalunya de selecciois femeninas (18.30 horas)

Galiza-Camerún ás 21 horas.

e para pechar a festa lamatumbá e ruxe ruxe no pabellón das travesas, non vos perdades este concerto, nos presenciamos xa ós dous grupos xuntos no festival de queixa e dende logo non teñen desperdicio. Alguis de nós tamén estaremos en Vigo.


antes nomeábamos á selección catalana, aquí vos deixamos un spot de título "UNA NACIÓ, UNA SELECCIÓ" que se fixo para o partido da selección catalana e de euskadi do ano pasado



e este outro é o spot feito este ano



Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 26-12-2007 22:40
Queres comentar ou preguntar algo?


Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 24-12-2007 11:32
Queres comentar ou preguntar algo?
elecciois en valdegodos
hoxe venres dia 21 de decembro celebraronse eleccions sindicais na Fundación Valdegodos, na residencia Virgen de los milagros de Vilamartin de Valdeorras.

Elexianse un comite de 5 en dous colexos 1 delegado/a no colexo de tecnicos e administrativos, e 4 delegados/as o colexo de especialistas e non cualificados.

OS RESULTADOS FORON OS SEGUINTES:

COLEXO DE TECNICOS E ADMINISTRATIVOS, neste colexo so se apresentaba a UGT

Nº de electores..............................................14
Nº de votantes..............................................11
Nº de votos UGT...........................................10
Votos en branco.............................................1
COLEXO DE ESPECIALISTAS E NON CUALIFICADOS, neste colexo presentaba a UGT e CIG

Nº de electores........................................................................61
Nº de votantes.........................................................................55
Nº de votos brancos...................................................................1
Nº de votos nulos.......................................................................1
Nº de votos UGT......................................................................24
Nº de votos CIG.......................................................................29

O COMITE DE EMPRESA QUEDA DA SEGUINTE FORMA

UGT.................................................3

CIG....................................................2

desde a CIG queremos agradecer a confianza a todos/as os/as compañeiros/as o apoio as compañeiras que formaban parte da candidatura da CIG,, e a traballar os proximos cautro anos para acadar unhas boas condicións de traballo.

Comentarios (0) - Categoría: fundaciois 3ª idade - Publicado o 21-12-2007 19:21
Queres comentar ou preguntar algo?
listado admitid@s tralados varias categorias
recibimos un correo do SERGAS que nos din que por problemas informáticos non poideron publicar os listados de admitidos en varias categorias para o concurso de traslados, somente son unhas poucas categorias podedes velas nos enlaces que deixamos abaixo e logo clicar Download...

clica no enlace que che interese:

persoal non sanitario

persoal sanitario non facultativo

persoal facultativo
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 21-12-2007 18:20
Queres comentar ou preguntar algo?
Apertura fase de concurso varias categorías
Publícanse hoxe as puntuacións definitivas do terceiro exercicio e a resolución que finaliza a fase de oposición e abre a fase de concurso das categorías de PSX, Aux. Administrativo e Cociñeiro.

Podedes consultar a resolución aqui. Tedes de prazo ata o 31 de Xaneiro para entregar a documentación acreditativa de méritos para a fase de concurso.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 21-12-2007 14:40
Queres comentar ou preguntar algo?
mobilizacións pola mellora na AP
Estas son imáxenes da mobilización de hoxe diante da Dirección Provincial do SERGAS en Ourense, onde máis dunha centena de traballadores/as se concentraron e fixeron chegar ao Director Provincial as reivindicacións que vimos plantexando desde a plataforma unitaria, da que, por certo, se desmarcou CCOO.

Este é o escrito que se lle entregou ao Director Provincial:

A/A: Dirección Provincial do Sergas,
para o seu coñecemento e para remisión á D.X. Recursos Humanos.

As organizacións sindicais maioritarias da mesa sectorial (CESM-SATSE, CIG, CSIF, e UGT) veñen reclamando a apertura dunha negociación sobre diversos problemas laborais que afectan aos diferentes colectivos do persoal que traballa nos centros de Atención Primaria (Unidades, Pacs, Unidades de apoio, Servizos das XAP, etc). Todas elas fumos capaces de consensuar un diagnóstico común sobre os aspectos que é necesario abordar nesa negociación, agrupados nunha táboa unitaria que presentamos e defendemos como Plataforma Sindical pola mellora do Persoal de Atención Primaria.

A resposta da Administración Sanitaria a esa Plataforma é ata agora a de negarse a abordar todos os seus puntos, malia existir diversos compromisos previos, provocando así o bloqueo da negociación e impedindo calquera avance no tratamento concreto dos problemas prantexados. Tanto o inexplicable documento de propostas presentado polo Sergas o dia 6 de novembro, como a fracasada reunión da mesa sectorial celebrada o pasado dia 18 son claros exponentes desa situación.

É por eso que os sindicatos, defendendo os lexítimos dereitos laborais de todo o persoal de Pacs, de todo o persoal de Unidades, e en xeral de todo o persoal de Primaria, reclamamos solucións, reclamamos unha mellor disposición a negociar por parte da Administración, e queremos transmitir por este medio aos órganos competentes do Sergas duas demandas concretas:

- a convocatoria urxente dunha nova reunión da mesa sectorial
- a presentación dunha nova proposta do Sergas nesa reunión que dé resposta aos puntos prantexados na táboa unitaria da Plataforma Sindical

Só así poderá empezar a resolverse unha conflictividade que ninguén quere, poñendo sobre a mesa solucións concretas que podan dar satisfacción ás lexítimas aspiracións de todo o persoal.

En Coruña/Lugo/Ourense/Vigo, a 21 de decembro de 2007


En canto á folga, o seguimento foi desigual. Na nosa área de saúde hai que recoñecer que non foi un éxito rotundo, pero a pesar disto, esperamos que o SERGAS empece a dar pasos na negociación.

aqui as imáxenes que nos enviaron @s compañeir@s de vigo da concentración.



e este é o tubo do que aconteceu na concentración de ourense.

Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 21-12-2007 14:35
Queres comentar ou preguntar algo?
O Congreso rexeita eliminar o canon dixital
hoxe o congreso rexeitou a eliminación do imposto da SGAE, podedes leer a noticia en vieiros ou en la voz de galicia

deixamos un par de vídeos sobre o tema, o primeiro é unha carta a soni do abogado david bravo e o de mais abaixo é unha comparativa deste mesmo abogado das penas que contempla o código penal entre os delitos comuns e os delitos da SGAE. (menos mal que sacamos as fotos da cena que a poco que nos denuncian ;-))



Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 20-12-2007 23:43
Queres comentar ou preguntar algo?
100 anos do noso hino
Deixamosvos esta reportaxe do Consello da Cultura Galega sobre o nacemento do hino galego, hai hoxe precisamente 100 anos. E que cumpra moitos máis!




e este é o hino según oquetencutenmedo



e outras versións:




Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 20-12-2007 01:55
Queres comentar ou preguntar algo?
a CIG gaña as eleciois na residencia de viana
a pesar das presiois feitas pola Dirección e o Partido Popular a CIG gaña as eleciois na residencia de Viana do Bolo xestionada pola fundación Valdegodos.
dos 5 delegados elexidos a CIG obten 3 e a UGT 2.
os resultados foron os seguintes:

especialistas e non cualificados:
electores 63
votantes 60

CIG 44
UGT 15
brancos 1
3 delegad@s CIG
1 delegado UGT


colexio de técnicos e especialistas

electores 9
votantes 8
CIG 2
UGT 4
brancos 2

1 delegado elexido da UGT


agradecemos a confianza posta no noso sindicato que nos fai entrar por primeira vez con representación nesta fundación, e aquí estaremos os próximos 4 anos para traballar polos dereitos do persoal posto que unha vez que rematou o proceso electoral é cando de verdade empeza o traballo a facer.

Comentarios (0) - Categoría: fundaciois 3ª idade - Publicado o 19-12-2007 19:37
Queres comentar ou preguntar algo?
FOLGA en Atención Primaria
FOLGA en Atención Primaria
VENRES, 21 de decembro de 2007
Dende as 00:00 hs ata as 24:00 hs


A TODO O PERSOAL DE PACs E DE UAPs:

Diante do fracaso da reunión da Mesa Sectorial do día 18 de decembro, debido á indefinición e falta de concreción da División de Recursos Humanos na súa resposta ao contido da táboa reivindicativa conxunta, todos os sindicatos da mesa sectorial facemos un chamamento a todo o persoal de Primaria (de Pacs e de Unidades, sanitarios e non sanitarios) a participar activa e masivamente na FOLGA convocada para o próximo venres, e a acudir diante das catro Direccións Provinciais do Sergas (en Coruña, Lugo, Ourense e Vigo) para expresar o noso rexeitamento do nulo avance na negociación e para reclamar a convocatoria dunha nova e inmediata reunión da mesa sectorial e unha proposta do Sergas concreta e real, que debería materializarse na vindeira semán.


TODA PRIMARIA SE MOVE, EN DEFENSA
DE MELLORES CONDICIÓNS DE TRABALLO ! ! !


PLATAFORMA SINDICAL POLA MELLORA DO PERSOAL DE ATENCIÓN PRIMARIA


CC.OO UGT CIG CESMSATSE CSI-CSIF
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 19-12-2007 13:08
Queres comentar ou preguntar algo?
Puntuacións provisorias Farmacéuticos Saúde Pública
Publicadas puntuacións provisorias da categoría de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública.

Podedes velas aqui.

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 19-12-2007 10:00
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE CASTILLA A MANCHA
O Diario Oficial do 13 de decembro publica concurso oposición de varias categorías no Sescam.

relación de prazas

Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 17-12-2007 09:56
Queres comentar ou preguntar algo?
cea de nadal do HCV
Por segundo ano consecutivo celébrase a cea de nadal do persoal do hospital conxuntamente. Estamos preparados/as?

Esperemos que este ano non pase o do ano pasado cando o autobús foi á súa bola e deixou sen transporte aos máis marchosos, moitos dos cales baixaron a pé os catro km que separan o Paladium do Barco. Parecía aquelo a Santa Compaña!

Felicitamos a Merce Cáceres e a Beli Domínguez por organizar esta cea, porque sabemos que dá moito chollo (non é fácil contentar aos 185 comensais!) e elas levárono sempre co mellor sorriso.

Que aproveite!

Durante a fin de semana veredes aqui as mellores xogadas do partido...



Tiñamos colgado aqui un vídeo coas fotos da cea e un enlace para velas todas, pero vémonos na obriga de eliminalos porque parece ser que hai algúns/has traballadores/as que prefiren que non as fagamos públicas (non sabemos moi ben porqué). Agradecémoslle ao Dr. Porto que nos transmitise esa sensibilidade.
Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 14-12-2007 14:07
Queres comentar ou preguntar algo?
o timo
unha animación ben significativa do que acontece nestas datas.
"roubada" do blog de eneko

Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 14-12-2007 01:11
Queres comentar ou preguntar algo?
ASEMBLEA INFORMATIVA
Mañá venres 14 de decembro ás 11:30 horas no Salón de Actos do HCV celebrarase unha Asemblea Informativa sobre o proceso de mobilizacións para reivindicar o aumento de plantilla. Nesta Asemblea a Comisión de Centro informará do estado da negociación e dos pasos a dar posteriormente.

Esperámosvos.

ASEMBLEA INFORMATIVA
.

ASUNTO: MOBILIZACIÓNS AUMENTO DE PLANTILLA.
LUGAR: SALÓN DE ACTOS HCV
DÍA: VENRES 14 DE DECEMBRO
HORA: 11:30 HS.


Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 13-12-2007 12:56
Queres comentar ou preguntar algo?
concentracións atención primaria
Hoxe desenvolvéronse concentracións nos centros de atención primaria de toda Galiza por mor das reivindicacións recollidas na táboa elaborada pola Plataforma Sindical Unitaria.

Aqui podedes ver a imaxe da concentración do Centro de Saúde de O Barco, cunha alta participación.

Veremos o que dá de si esta xornada de mobilizacións e se o SERGAS dá pasos adiante nas nosas reivindicacións. O martes 18, mesa de negociación.

Pola mellora necesaria na Atención Primaria!





video da protesta na noticia da web de la region

e a de abaixo é a protesta do persoal de PAC en vigo.

Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 12-12-2007 13:37
Queres comentar ou preguntar algo?
CURSOS
CIG-VALDEORRAS INFORMA


Cursos para traballadores/as en activo da empresa privada:

* Instalador/a de antenas. 15 alunos. 55 horas.

* Enerxía solar fotovoltaica. 15 alunos. 55 horas.

Se estades interesados/as podedes informarvos nos locais sindicais de CIG-Valdeorras (Praza do Concello, 2 1º - O Barco) ou no teléfono: 988 32 15 11.

Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 12-12-2007 13:08
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0