CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

ritmo áxil na baremación?
A CONVOCATORIA PARA VINCULACIÓNS TEMPORAIS NO SERGAS ESTASE A REALIZAR NUN PRAZO REDUCIDO E CON MÁIS AXILIDADE QUE EN ANTERIORES OCASIÓNS, este é o titular do SERGAS na súa web e sigue así:

Neste momento, todos os expedientes atópanse baremados
A publicación das listas provisionais está pendente do volcado dos datos relativos ao desemprego pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, que se producirá nos vindeiros días

Santiago, 30 de novembro de 2009.- Todos os expedientes correspondentes á actual convocatoria para incorporar novos méritos e á selección de novos aspirantes para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde foron xa baremados, o que supón que o proceso se está a realizar nun prazo moi reducido en comparación con anteriores ocasións.

Esta convocatoria publicouse o pasado 1 de abril de 2009, e permite acceder ao emprego temporal no Servizo Galego de Saúde nas categorías de médico de familia, pediatra, médico de urxencias hospitalarias, odontólogo, persoal de enfermería (DUE), matrona, auxiliar de enfermería e cociñeiro.

O prazo de presentación de solicitudes rematou o 9 de maio, e neste momento a publicación das listas provisionais está unicamente pendente do volcado dos datos relativos ao desemprego pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, que se producirá nos vindeiros días.

Polo tanto, a baremación destes expedientes produciuse con máis axilidade do que era habitual, tendo en conta o número de persoas que presentaron solicitude (20.131), a complexidade da baremación e a cantidade e variedade de méritos presentados polos aspirantes.

Dende que rematou o prazo de presentación de solicitudes ata a publicación das listas -que se prevé que se produza ao longo das vindeiras semanas- transcorrerán ao redor de sete meses. Cómpre lembrar que a anterior convocatoria, de 17 de abril de 2007, do mesmo xeito que sucedeu coas anteriores convocatorias realizadas ao abeiro do pacto, resolveuse coa publicación das listaxes provisionais máis de un ano e medio máis tarde, o 15 de decembro de 2008.

O pacto vixente de selección temporal, que data de xuño de 2004, posibilita a presentación dunha grande diversidade de méritos de experiencia profesional, formación académica e continuada así como méritos derivados doutros aspectos da vida profesional.

Próxima xuntanza
O próximo día 4 de decembro celebrarase unha xuntanza do grupo de traballo sobre a reforma do pacto de vinculacións temporais, que nace pola necesidade dunha maior axilidade detectada tanto pola Administración como polas organizacións sindicais.

Neste sentido, a cada vez máis complexa estrutura dos baremos utilizados para a confección das listas de vinculacións temporais, unida ao incesante incremento de aspirantes, deu lugar a que o sistema actual de listas de contratación temporal resulte especialmente complexo e non responda con axilidade ás expectativas dos aspirantes nin aos criterios de eficacia e eficiencia que deben presidir toda actuación administrativa.

Na última reunión mantida, a Administración sanitaria propuxo á representación sindical a utilización das listas resultantes dos procesos selectivos que, cada dous anos, se convocan para o acceso a prazas de persoal estatutario fixo do organismo. Desta maneira disporíase dunha lista de aspirantes que permitiría valorar, ademais da superación do proceso selectivo, a súa experiencia profesional, formación académica e formación continua.

Na reunión do venres continuarase o diálogo sobre a reforma do pacto de vinculacións temporais
.

Pois ó parecer xa se enteraron que o xoves imos a concentrarnos pola desdia do SERGAS en xestionar a elaboración de listas e a baixada do número de contrataciois, cada un é libre de facer o que lle pete, pero o xoves 3 temos que ser moitos nas concentraciois para conseguir que nos fagan causo dunha vez por todas e non nos sigan ninguneando.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 30-11-2009 22:19
Queres comentar ou preguntar algo?
a xerente do HCV participa nun pleno do concello da Veiga nun día laborable
O pasado venres pola mañá, produciuse no concello da Veiga, pertencente á comarca de Valdeorras, unha moción de censura contra o alcalde ata ese momento, Fernando Fernández, do PSOE, por parte dos concelleiros do PP xunto con "independentes" deste municipio. Isto é, últimamente, a tónica habitual nos concellos nos que existen independepentes que no seu momento foron excindidos do PP. Ou sexa, é algo que non nos sorprende.
O que nos deixa un chisco "estupefact@s" é que estivera presente nese acto, celebrado un día laborable de mañá, a nosa xerente, Mª Jesús Magadán, segundo un artigo publicado onte no diario "El Pais". Aqui vos deixamos o artigo, cada un que saque as súas propias conclusións:

La gerente del hospital comarcal de Valdeorras, María Jesús Magadán, formó parte del séquito del PP que el pasado viernes acudió al multiusos de A Veiga para arropar la moción de censura promovida por este partido contra el alcalde socialista, Fernando Fernández. Magadán, vinculada al PP a través de acta de concejal que tiene en A Rúa, está casada con el número dos de este partido en A Veiga, Rogelio García Mata, desde el viernes en el gobierno local.

Su presencia, en un día laboral, formando parte de la clac que alentaba la moción con la que el PP provincial desalojaba de la alcaldía al PSOE molestó a los socialistas, que entienden que la gerente del hospital valdeorrés no incurrió en falta laboral, pero puso de manifiesto que "se mueve por el interés partidista más que por el sanitario". "Fue una absoluta falta de ética", sostienen.

Fuentes hospitalarias consultadas por este diario señalan que el puesto de alta dirección que ocupa Magadán no le obliga a tener una jornada laboral convencional de ocho horas. "Se entiende que un día puede trabajar siete horas y otro 20; no tiene que dar cuentas", con lo que no es necesario que pida día libre para ausentarse de su trabajo. "Sólo tiene que pedir las vacaciones a la gerencia del Sergas, el resto lo distribuye ella", motivo por el que puede mantener su acta de concejal y asistir a las sesiones en A Rúa.

El viernes, la directora del hospital valdeorrés decidió respaldar en un acto partidista a su marido, desde ahora portavoz del grupo de gobierno, "en lugar de dedicarse a la gerencia sanitaria en una comarca en donde hay bastantes carencias", señala la secretaria de Organización del PSOE orensano y parlamentaria, María Quintas. El malestar de los socialistas les ha llevado a registrar una pregunta en el Parlamento, relativa al "uso partidista" del horario laboral de la gerente hospitalaria.

El portavoz del gobierno compara el ambiente del pleno "con el 36"


El portavoz del PP y marido de Magadán, Rogelio García, justifica la presencia de su mujer: "Es absolutamente libre para acudir a donde quiera". García equipara la presencia de su esposa en la sesión plenaria a la de los alcaldes socialistas de O Barco o Vilardevós. "El PSOE, situado en la extrema izquierda, cree que sólo los suyos tienen derechos y que los demás no; niega las libertades", replica el popular, quien además cree que el viernes era necesaria la intervención de las fuerzas de seguridad, que no se produjo, para desalojar a los socialistas: "Fueron con pitos a reventar una sesión que era la representación del pueblo". Además, acusa a algunos representantes institucionales del PSOE de haber proferido injurias "por las que tendrán que responder".

El viernes, en el pleno de A Veiga, tanto PP como PSOE tenían clac. Entre los socialistas no estaba el recién elegido secretario general de la provincia, Raúl Fernández. "Tenía trabajo en el colegio público de Oímbra y se quedó en su puesto", señalan los socialistas. García Mata cree que el ambiente que se respiraba en el multiusos en el que se celebró el pleno de la moción era "como el del 36".

Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 30-11-2009 11:07
Queres comentar ou preguntar algo?
A Xunta confirma que privatizará 14 centros de día
Di o refrán que cando as barbas do teu veciño vexas afeitar, pon as túas a remollar..
Este de abaixo é un artigo extraido de vieiros

A Xunta confirma que privatizará 14 centros de día

O xerente do Consorcio asegura que é a única opción para abrir estes edificios proxectados polo bipartito e adianta que permitirá un aforro do 25%.

Mentres os traballadores do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar continúan coas súas mobilizacións denunciando o desmantelamento do carácter público deste servizo, o seu responsábel, Roberto Rodríguez, lonxe de negalo, aduce cuestións económicas. Así se desprende do último anuncio da Consellaría de Traballo e Benestar, que confirmou a privatización dos 14 centros de día proxectados polo bipartito e que suman varios meses de atraso nas súas perspectivas de apertura.

Segundo explicou o propio xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez, o Goberno entregará estes servizos á xestión privada por medio de concesións administrativas dun ano, prorrogábeis até un máximo de catro. Nas súas palabras, esta decisión tómase por "falta de fondos" e permitira aforrar un 25% no financiamento previsto para a súa xestión. Porén, asegura que "se garantirá o mesmo estándar de calidade", xa que a Xunta "non tolerará residencias de primeira e de segunda".

En concreto, os 14 centros de día ofrecerán máis de 600 prazas para maiores e a actual previsión é que poidan abrir antes do vindeiro mes de marzo nos concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio, Nogueira de Ramuín, Carballeda de Avia, A Bola, Rois, San Sadurniño, Culleredo, Cospeito, Begonte, Mondariz e Tomiño.

O BNG denuncia coacción aos concellos
O xerente do Consorcio facía estas declaracións logo de que o portavoz parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, avisase de que este organismo estaba a "coaccionar" a algúns concellos para que apostasen pola xestión privada dos centros de día que deixara comprometidos o bipartito. Segundo explicou, a Xunta "véndelles como vantaxe" aos responsábeis municipais o feito de que a selección e a xestión correría a cargo da empresa privada, polo que así "poderían meter a quen eles quixeran", explicou.

Aymerich puxo de manifesto que esta decisión suporá "incumprir os convenios" que o Consorcio xa pechara cos concellos e avisou de que un cambio de xestión modificará o sistema de "servizos homoxéneos" que se ofrecían até o de agora.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 28-11-2009 18:25
Queres comentar ou preguntar algo?
unha pequena reflexión
Non son poucos os comentarios que entran pedindo mais contudencia neste ou aquel tema, que se ten mais importancia unha cousa ou outra. Entendemos que as sensibilidades de cada persoa son distintas dependendo da situación en que estén e intentamos cubrir ese amplo abanico de situaciois movéndonos na medida en que podemos por todas esas cuestiois con maior ou menor éxito.

Cóstanos moito mover na maioría das veces ó persoal afectado directamente por unha situación determinada, fálese de carreira profesional, incumprimento de acordos, contratación, OPE etc, pero aínda costa mais atopar persoas sensibles coa situación do resto e mobilizarse por eles.

Non nos decatamos que a loita polos dereitos do persoal e conseguir chegar á meta dos logros cales sexan, require da participación do conxunto do persoal, sen excepciois e sen coorporativismos que somente redundan na divisiós e nas loitas fraticidas entre os traballadores e traballadoras.

unha vez Bertolt Brecht escribiu:

Cando os nazis viñeron polos comunistas / quedeime calado; / eu non era comunista. / Cando encerraron aos socialdemócratas / permanecín en silencio; / eu non era socialdemócrata. / Cando chegaron polos sindicalistas / non dixen nada; / eu non era sindicalista. / Cando viñeron polos xudeus / Non pronunciei palabra; / eu non era xudeu. / Cando viñeron por min / non quedaba ninguén para dicir algo..

Ou tomamos conciencia tod@s da necesidade de plantar cara non sólo polas situaciois que nos afectan directamente, senon tamén polas d@s nos@s compañeir@s, ou moito nos tememos qe o SERGAS vai facer o que queira con nós.

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 27-11-2009 19:50
Queres comentar ou preguntar algo?
A Axencia Europea para as Linguas Minorizadas censura a política lingüística da Xunta
noticia extraida de vieiros.

A Axencia Europea para as Linguas Minorizadas censura a política lingüística da Xunta

Pide ao Goberno que poña fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego.

"As medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado Español". Así o entende a Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL), quen instou á Xunta a que poña fin á súa "política de desprotección dos dereitos da comunidade lingüística galega".

O EBLUL, promovido polo Parlamento Europeo e que ten rango de entidade consultiva desta institución, do Consello de Europa e da ONU, alerta contra o "incumprimento dos tratados itnernacionais sobre dereitos lingüísticos" e asegura que, se o Goberno non rectifica, trasladarán a situación aos diferentes foros internacionais nos que se encontra presente.

Extracto do texto da Resolución do EBLUL:

1)Animamos o Goberno galego a que desenvolva unha política lingüística de promoción e extensión social da lingua propia de Galiza, pondo fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego nos diferentes ámbitos.

2)Informamos á Xunta de Galiza de que as medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español, como o Pacto internacional de dereitos civís e políticos ou a Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias.
Neste sentido, resulta de especial gravidade que o Goberno galego non tivese en conta o último informe que o Comité de Expertos do Consello de Europa emitiu hai apenas uns meses sobre a situación lingüística de Galiza. Non é só que non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas para dar cumprimento á Carta europea, senón que se desmantelaron algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa, como as Galescolas, que era a única rede de ensino infantil que contemplaba con normalidade o uso do galego en cancións e xogos.

3)Se a Xunta continuar coa súa política de desprotección dos dereitos da comunidade lingüística galega e de incumprimento dos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, desde o Comité de Estado do EBLUL trasladaremos esta situación aos diferentes foros internacionais en que se encontra presente.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 27-11-2009 18:28
Queres comentar ou preguntar algo?
INFORMACIÓN MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2009
Atopámonos dun tempo a esta parte cun dilema, polo menos en CIG-Saúde O Barco. Non local, posto que aquí o resto das organizaciois sindicais dan o peito ó igual que nós, excepción feita de CEMS, claro que este sindicato sólo aparece nas elecciois e ata as seguintes non dan señais de vida, tampouco o persoal facultativo que exceptuando casos e situaciois contadas o que lles afecta ó resto parecera que non vai con eles.
Referímonos as instrucciois dadas dende a plataforma para non informar ó persoal da posición de cada un dos sindicatos pertecentes a mesma, e facelo solo da postura de CIG-Saúde; pero hoxe xa foi o colmo, posto que un sindicato (non decimos cal non vaia a romperse a plataforma por iso) atribúese a autoria das ideas de mobilizaciois que hai.

Non entendemos tampouco dende este lugar esquecido de Galiza, cal é o motivo polo que non podemos levar no noso peito o logotipo do sindicato ó que pertencemos nin carteleria propia onde sacar a nosa mascota, non prometemos que na próxima manifestación que se faga non o levemos (sentímolo, pero somos así de ácratas).

En definitiva ás veces sentímonos maniatados e amordazados á hora de dar parte da información. Pero en fín vamos a ser cristianos e sólo imos dar a parte dela que podemos sen alterar a suspicacia do resto en aras da unidade sindical.

INFORMACIÓN MESA SECTORIAL CELEBRADA O DÍA 26 DE NOVEMBRO DE 2009.

Nesta reunión a Admón reitera que pola súa parte manteñen a proposta presentada na anterior reunión; que a devandita proposta publicarana como Resolución da Admón sen a necesidade de que exista un acordo sindical, queren ouvir os nosos posicionamentos e que asinemos unha acta de compromiso de seguir negociando na Mesa Sectorial.

Nas intervencións sindicais como plataforma rexeitamos unanimemente a proposta, argumentando que, como xa lles dixeramos na anterior reunión este novo calendario de aplicación íamolo a someter ás asembleas, e as/os traballadoras/es rexeitaron a proposta da Admón.

Como CIG-SAÚDE rexeitamos de plano a proposta da Admón, solicitamos o cumprimento integro dos acordos, pero como a nosa obriga, a pesares de non compartir a súa proposta, é que a Admón garanta que a súa proposta a cumpran coas maiores garantías e o texto presentado é papel mollado, fixemos as seguintes alegacións.

O texto que eles presentan non ten ningunha garantía de cumprimento; a Lei de orzamentos segue a recoller no seu articulado a aplicación do EB ? Suspensión indefinida dos acordos?, se eles presentan un novo calendario deben modificar o artigo 25 da Lei de Orzamentos.

O texto que presentan debe de ter unha cláusula de garantías de que a Admón se compromete a respectar integramente o texto dos acordos asinados: aspectos retributivos e de condicións de traballo.

No referente á carreira ordinaria, o ámbito de aplicación debe recoller a todo o persoal do SERGAS: sanitario e non sanitario e sen distinción do vínculo laboral.

Ademais disto lembrámoslle que é obriga da Admón garantir as retribucións do su persoal, se queren modificar o calendario de aplicación que o fagan unilateralmente, pero que non poden solicitar a nosa aprobación.

Recuperación económica das retribucións perdidas durante a suspensión dos acordos. A Directora de RRHH respondeu que se arrastra consolidación económica non pode facer fronte ás retribucións de carreira ordinaria.
Como resposta, a Admón entregounos unha acta, e convocarán unha nova reunión na próxima semana para coñecer os noso posicionamento sobre a mesma. Comentan que a súa proposta ten que ser aprobada polo Consello da Xunta antes de finalizar o tramite dos Orzamentos. Quedamos en facer alegacións á acta.

Ollo que o SERGAS empeza a insinuar que a carreira ordinaria poidera quedar restrinxida solo a persoal licenciado e diplomado.

Calendario de mobilizacións acordado pola plataforma:

Solicitar unha reunión urxente coa Conselleira de Economía e Facenda, xa que segundo a Directora de RRHH e decisión dela e do goberno que non haxa incrementos no 2010.

Convocatoria dunha concentración o dia 9 de decembro, ÁS 17,30 hs diante do Parlamento de Galiza.A contratación de autobuses segue o mesmo reparto quen a reunión anterior.

Concentracións en todos os centros de traballo o dia 15 de decembro.

Reunión da plataforma o dia 16 de decembro para deseñar un calendario de mobilizacións sostido no tempo.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 26-11-2009 20:54
Queres comentar ou preguntar algo?
REUNIÓN PACTO DE CONTRATACIOIS
hoxe recibimos do SERGAS unha convocatoria para unha nova reunión do pacto de contrataciois para o dia 4 de decembro ás 10 horas, precisamente un dia despois das concentraciois que temos plantexadas, agora aínda é mais importante que a asistencia as mobilizaciois sexa masiva para impedir que o SERGAS poda levar adiante a súa proposta de creaión de 3 listas.

Lembrade o dia 3 de decembro ás 11 horas concentraciois nas direcciois provinciais.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 26-11-2009 20:26
Queres comentar ou preguntar algo?
respecto ós acordos, Consello de CIG-Saúde e reunión plataforma sanitaria
O mércores 25 de novembro CIG-SAUDE celebrou un Consello Nacional para decidir a postura que lle íamos plantexar ao resto dos membros da Plataforma.

Logo de analizar o resultado das asembleas celebradas en toda Galiza e ante a unánime resposta do persoal en rexeitar a última proposta do SERGAS. así como seguir mantendo a presión con novas mobilizacións e incluso ir a Folga como último recurso, CIG SAUDE, logo dun amplo debate, decidiu poporlle á Plataforma Sindical a convocatoria de folga para intentar mudar os posicionamentos da Administración.

Na xuntanza da Plataforma realizada o mesmo día pola tarde CIG-SAUDE propuxo a convocatoria de folga, posto que creemos é unha cuestión de dignidade e coherencia entre outros motivos e porque apenas queda marxe de manobra antes de que se aproben os presupostos. Esta postura non foi apoiada polo resto de Organizacións en principio, e polo tanto, en aras de manter a unidade sindical aprazamos a convocatoria a outra data.

En xuntanzas anteriores da Plataforma CIG-SAUDE xa propuxera mobilizacións o 9 ou 15 de decembro entre outras medidas. pero nunca o publicitamos.

Consideramos que as propostas que se fan na Plataforma son da Plataforma, sen intentar coller protagonismo ningunha Organización Sindical, como sucedeu cunha Organización Sindical que fixo público ás súas propostas, todas as Organizacións fan propostas e todas contribúen a manter o principio de unidade.

Esta información e correo enviado por CIG-SAUDE foi unha resposta posterior á información enviada por outro sindicato.

O acordo a que se chegou por parte de Plataforma foi:
1.- Rexeitar a proposta do SERGAS, solicitar o cumprimento íntegro dos acordos. Se a Admón mantén a proposta presentada na reunión anterior, solicitaremos a presenza da Conselleira na M.S para desbloquear esta situación.

2.- Se non prospera a reivindicación sindical, intentaríamos algún acto mais significativo...

3.- Convocatoria dunha concentración diante do Parlamento o Próximo día 9 de decembro, ás 17 hs.

Nós propuxémoslle ao resto de organizacións que se na reunión do xoves 26 o SERGAS non move a postura e ameaza con retirar a súa proposta e aplicar o artigo 38 do EB, nós tamén teríamos que ameazar coa convocatoria de folga, non estaban moi convencidos disto.

Seguiremos informando puntualmente de como se vaian producindo os acontecementos.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 26-11-2009 10:38
Queres comentar ou preguntar algo?
concentraciois nas direcciois provinciais

Hai tempo xa dixemos que íbamos a organizar mobilizaciois para amosarlle ó SERGAS o noso cabreo polo xeito de xestionar as listas de contratación, así como pola parsimonia que se gastan na baremación e publicación de listas.
Son moitos os problemas de contratación que se perpetuan sen que por parte do SERGAS se lle dé unha solución.

Por un lado están as listas pendentes por publicar (enfermeiras, cociñaeiras, auxiliares de enfermaria, etc) o SERGAS dixo que a finais deste mes estarían publicadas as listas, (estamos a 25 de novembro e non hai nada).

O decreto das novas categorias séguese sen publicar e o mais duro é que parece que algunhas destas categorias como a de técnicos de documentación ou @s dietistas corren o risco de ser privatizadas directamente sen dar opción ó persoal a traballar.

Outro problema que temos a política de racaneo nas contrataciois e iso que esta administración éncheselle a boca de falar de solidariedade cos parados e paradas, boa parte das vacantes que se acordaron no plan mellora para o ano 2009 seguen a estar sen cubrir, as ausencias do persoal por asuntos propios, ITs, vacaciois, LDs etc cada vez se cubren menos, chegaron incluso a pechar prantas nos hospitais por non cubrir, claro que non se cortan despois en derivar persoal estatutario a hospitais privados.

Segue sen haber convocatoria de listas de farmacéuticos de saúde pública.

Levamos anos reclamando a publicación dos chamamentos que se van producindo e ata o de agora na maior parte das áreas hai que chamar á dirección provincial para saber onde vai a lista, co sinxelo que sería que publicaran diariamento na súa web os chamamentos a medida que se van producindo.

Por non falar da negociación do novo Pacto de contrataciois, levamos mais de ano e medio sen conseguir nada mais que o SERGAS salte cunha proposta irracional de crear 3 listas que poderían deixar a moito persoal fora dos chamamentos e mais se temos en conta o xeito de facer a OPE estes señores nalgunhas categorías.

Etc, etc, etc.

é hora pois unha vez rematado o agobio da OPE na maior parte das categorias de decir BASTA XA!!! e amosar a nosa protesta ante o SERGAS, posto que
SOMOS ESCRAV@S DA SÚA INCOMPETENCIUA E NINGUNEO.
O XOVES 3 DE DECEMBRO TEMOS QUE ACUDIR MASIVAMENTE A CONCENTRARNOS DIANTE DAS DIRECCIOIS PROVINCIAIS ÁS 11 H.


Poñédevos en contacto coa sección sindical de CIG-Saúde da vosa área en caso de necesitar transporte, para poder organizalo.

Porque non chega con plasmar o cabreo no blog, hai que mollarse.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 25-11-2009 20:30
Queres comentar ou preguntar algo?
Dille non! á violencia de xénero
Dille NON á violencia de xénero! Non deixes que che pasen por riba!

25 de novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Baixo este lema presentábase, en rolda de prensa, a campaña que a Secretaría da Muller da CIG vén desenvolvendo en torno ao día 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha campaña que para a Confederación Intersindical Galega non se cingue a unha única data senón que se estende ao longo de todo ano integrando a problemática de xénero nos procesos de negociación colectiva, pero tamén na defensa constante dos dereitos laborais das mulleres, na loita contra a discriminación social, na defensa do dereito ao uso libre do corpo e na defensa do exercicio da maternidade.

?Así é como realmente se combate a violencia estrutural contra as mulleres? explicaba no decurso da presentación da campaña Margarida Corral Sánchez, secretaria confederal de Muller e Mocidade da CIG, quen fixo especial fincapé en que a violencia contra as mulleres non se pode entender só como o uso da forza fisica. ?O físico é o máis visíbel e evidente, pero tamén existe o abuso verbal, emocional, económico, psicolóxico, ambiental e a violencia sexual?.

Por iso, lonxe de recrearse coas consecuencias máis sensacionalistas das agresións, a CIG pretende transmitir, con esta campaña, a imaxe dunha muller decidida, que se enfronta a esta situación e que manifesta un non rotundo contra todo tipo de violencia.

É, xa que logo, unha campaña de sensibilización e concienciación tanto de homes como de mulleres. Sensibilización imprescindíbel para mudar o actual modelo, tanto no plano laboral como social e, nomeadamente ?as estruturas e valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista, facendo desaparecer situacións e condicións que promoven agresións contra as mulleres?.

Porén, Corral comezou a súa presentación facendo unha lembranza das 5 mulleres que morreron en Galiza vítimas da violencia machista. "Cinco vidas", dixo, "que atoparon a morte por mor da violencia de xénero, pero son moitos máis os casos de mulleres que ven rota a súa vida por culpa dun modelo cultural e social que perpetúa estruturas e valores patriarcais consolidando na sociedade unha violencia sexista, que promove agresións contra as mulleres".

Unha violencia que non se limita á que exercen as "parellas, familiares e viciños , senón tamén a violencia no traballo, tanto na súa modalidade física e psicolóxica, incluíndo por tanto o acoso laboral e sexual, así como as discriminacións laborais que teñen como vítimas ás mulleres".

O mundo do traballo

Corral Sánchez lembrou que desde a CIG se veñen analizando, desde hai anos, os factores socio-culturais que aplican, manteñen e xustifican a desigualdade entre a muller e o home ?comezando pola socialización sexista das nosas crianzas, a división sexual do traballo, a inexistencia dunha conciliación da vida privada e a actividade profesional, a infrarrepresentación das mulleres na toma de decisións, a invisibilización das mulleres no espazo público, todas as formas de violencia de xénero, as dificultades para compatibilizar a saúde reprodutiva co traballo...?

Por iso, a CIG entende que a falta de sensibilización e concienciación dos problemas que suscita na muller a imposición de roles pola sociedade e a forzada distribución do seu tempo, ?todas estas situacións de desigualdade non poden combaterse eficientemente sen o interese, a implicación e o compromiso desta sociedade?.

A secretaria confederal de Muller subliñou que as agresións e os malos tratos cara as mulleres danse en calquera espazo: no fogar, na rúa, nos centros de traballo, nos centros de ensino...

No mundo laboral, en concreto, alertou de que ?o acoso sexual aglutina diferentes xeitos de agresión ás mulleres. En todos os casos, a traballadora ten que facer fronte a unha conduta sexual non desexada. O posto de traballo así como as condicións laborais son empregadas como instrumento de chantaxe, que en moitos casos non se denuncia?.

Para pórlle fin a esta situación, Corral Sánchez insistiu en que é preciso ?mudar o modelo de relacións laborais, transformando tamén as relacións sociais?. Un modelo que é consecuencia dun sistema, o capitalista, que é patriarcal e que afianza o sometemento das mulleres respecto ao dos homes. ?Esta inferiorización é a que dá pe á violencia sexista. As mulleres sempre fomos discriminadas no mundo laboral, que está dividido aínda hoxe, en función do sexo, e onde as posicións das mulleres segue a ser subsidiaria?.

Regulación das relacións laborais

A secretaria confederal de Muller e Mocidade incidiu na necesidade de que se regulen as relacións laborais. Unha regulación que debe sumarse ao rexeitamento colectivo da violencia exercida contra as mulleres en dúas direccións ?explicitando nos convenios colectivos a condena á violencia de xénero, espallando entre os seus destinatarios e destinatarias os contidos da lexislación, e incorporando nos convenios colectivos as melloras que, en cada caso, sexan posíbeis, de cara a asegurar no mundo do traballo a efectividade das medidas contempladas na lexislación.

Recortes orzamentarios do PP para políticas de xénero


Margarida Corral tamén denunciou que, lonxe do que publicita o PP, os recortes orzamentarios en todos os capítulos relacionados coa muller constatan o escaso interese que suscita no goberno galego este asunto. ?Cae fortemente o programa de apoio a conciliación da vida laboral e persoal, un 82,3%, pasando de 5,1 a 0,9 millóns e nas rlativas a accións para a igualdade, protección e promoción da muller descenden un 89,4%, pasando de 31,2 a 8,3 millóns?. O único que medra é o apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero, de 2,8 a 3,3 millóns. ?Malia iso, Galiza só conta con 100 prazas públicas destinadas á acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero, 75 en casas de acollida e 25 en pisos tutelados?, lembrou.

Tamén se reducen os gastos en todo o que atinxe a temas sociais, agás os destinados á lei de dependencia. E iso, porque ?medran as aportacións procedentes do goberno central e a Xunta de Galiza está obrigada a aportar a parte correspondente?. O resto redúcese, especialmente nos temas de emprego e muller. De feito, os temas de igualdade desaparecen practicamente?, explicou
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 25-11-2009 19:02
Queres comentar ou preguntar algo?
a asemblea do HCV dí NON á proposta do SERGAS e SÍ á folga
Na asemblea de hoxe do HCV o persoal aprobou por unanimidade rexeitar a última proposta do SERGAS e mostra o seu apoio a unha convocatoria de folga.

Mañá pola mañá celebraremos consello nacional de CIG-Saúde para tomar a postura da central no conflicto e levala á reunión da plataforma sindical pola tarde.

As noticias que temos das outras áreas é que de momento ningunha diu por boa a proposta e en todas as que coñecemos instase á plataforma en seguir coas mobilizaciois.

power point explicativo do que perdemos coa proposta do SERGAS
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 24-11-2009 17:00
Queres comentar ou preguntar algo?
Concentración celadores exame OPE 2009
@s nos@s compañeir@s de VIGO publican no seu blog concentración de celadores para protesta polas irregulariedades no exame de OPE nesta categoria, deixamos o artigo aquí.

O luns 23 de novembro ás 11h celebrouse unha concentración de celadores diante da Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde en Vigo para protestar polas irregularidades no exame da OPE celebrado o pasado 8 de novembro.

Os feitos que se denuncian son especialmente significativos sobre todo nas preguntas do exame, que non se axustaban en gran parte ao temario xa que na pare específica figuraban preguntas que non correspondían a dito apartado e que moitas preguntas non correspondían coa titulación esixida.

Tamén protestouse entre berros e pitos de silvatos pola desorganización e falta de rigor no control sobre a execución dos exames.

Unha representación dos mais dun cento que se manifestaron foron recibidos por un representante do da Dirección Provincial que lle manifestou que trasladaría as súas queixas e recomendoulles que lle enviaran un escrito coas demandas aos responsables do proceso selectivo.

CIG-SAUDE xa lle manifestou estas queixas a semana pasada ao SERGAS mediante escritos, instando á administración a que resolva estas cuestións e non se volvan a repetir en próximos procesos, para elo lembróuselle que na OPE 2006 editouse unha guía técnica con recomendacións para os tribunais con regras básicas entre as que se encontraba a de intentar que as preguntas sexan de fácil comprensión.

Como dato significativo destacar que o índice de aprobados do persoal que preparou as oposicións nas academias foi moi baixo, o cal demostra que o proceso de preguntas non foi moi axeitado. Este feito indigna aos que estiveron preparando durante meses as oposicións e que enriba do custe das taxas por participar no proceso selectivo tiveron que facer fronte a un esforzo económico para preparar ditas oposicións.

Por iso se esixe que en próximos procesos selectivos se elabore un temario oficial común para rexerse por el, este compromiso xa se admitiu noutras administracións pero de momento na administración sanitaria non se asumiu.

Na concentración acordouse que o vindeiro xoves 26 de novembro elaborarase un escrito para recollida de sinaturas e envialas ao Servizo Galego de Saúde
a noticia na prensa

a noticia no blog de CIG-Saúde Vigo
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 24-11-2009 13:26
Queres comentar ou preguntar algo?
Sanidade incrementará os postos de alta dirección
artigo extraido de el país

Os subdirectores xerais de Sanidade, que ata agora son persoal funcionario elixidos por libre designación, pasarán a ter contratos de alta dirección se prospera un decreto que ten a consellería sobre a mesa. Segundo denuncia a Confederación Intersindical Galega (CIG), non será necesario ser funcionario nin licenciado universitario para chegar ao cargo, cando ata agora se requiría ostentar un posto de funcionario do grupo A.

A CIG recorreu o parágrafo do novo decreto que cambia os requisitos para acceder ás subdireccións xerais, xa que se incrementa o número de altos cargos e bastará ser amigo do PP para acceder a eles". A Consellería de Sanidade que dirixe Pilar Farjas non explicou os fundamentos desta decisión e as súas repercusións nos orzamentos a pesar das repetidas peticións deste xornal. O departamento de comunicación directamente non contestou.

Con todo, o borrador do decreto que se está negociando enuncia que o cambio realízase de conformidade co establecido na Lei de Saúde de Galicia. No seu artigo 121.2 apunta que "a designación do persoal directivo será realizada (...) mediante nomeamento de libre designación para o persoal funcionario ou estatutario fixo ou con contrato de alta dirección para o caso do persoal que non acredite esta condición".

A responsable de sanidade da CIG, María Xosé Abuín, cre que esta lei, aprobada polo bipartito, dá carta branca a Sanidade para nomear a quen estime oportuno con "opacidade e maior gasto de diñeiro". Outros sindicatos, como UXT e CC OO, pensan que hai tamén outros parágrafos problemáticos no decreto que prepara Sanidade, xa que "o persoal que se integra no Sergas non adquire todos os dereitos dos que xa son funcionarios".
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 24-11-2009 12:03
Queres comentar ou preguntar algo?
non todo é o que parece
Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 24-11-2009 00:12
Queres comentar ou preguntar algo?
Os xerentes dos grandes hospitais públicos cobran máis que Feijóo
Esta de abaixo é unha noticia extraida do diario "el país".

Os xerentes dos grandes hospitais públicos cobran máis que Feijóo

Os tres altos cargos da Xunta con maior soldo son responsables sanitarios

Os tres altos cargos da Xunta con maior salario son xerentes de hospital. E os responsables dos cinco maiores centros sanitarios de Galicia perciben un soldo superior aos 89.983 euros brutos anuais que cobra o presidente Alberto Núñez Feijóo, segundo a táboa salarial da Administración á que tivo acceso este xornal. Todos eles, tanto os xerentes como o presidente, verán reducido o seu salario o ano que vén nun 3% se, como é previsible, sae adiante unha emenda do PP aos seus propios orzamentos para rebaixar o gasto en altos cargos no pleno parlamentario de hoxe.

María Rosa Bermejo, xerente do Hospital Universitario de Santiago de Compostela é o alto cargo mellor pagado de toda a Xunta, con 121.367 euros. Entre os responsables de centros sanitarios séguena, por esta orde, o xerente do Universitario da Coruña, o do hospital de Pontevedra, a do de Ourense e o do universitario de Vigo, que pecha a lista dos cinco con mellor soldo con 95.094 euros anuais.

A cifra final destes salarios é a resultante de sumar as retribucións fixas, que se publican cada ano no Diario Oficial de Galicia (DOG); os complementos de produtividade variable, cuxo importe fluctúa en función do tamaño do centro; a antigüidade do funcionario e a súa carreira profesional.

Ademais destes cinco xerentes, outros catro altos cargos da Xunta cobran máis que Feijóo: o director xeral de Emigración (12.000 euros máis), o presidente de Sogama (10.000 máis), o director da Compañía de Radio Televisión de Galicia (5.535 máis) e o director do Igape (case 3.000 euros máis).

Case todos os salarios dos xerentes son tamén maiores que os dos conselleiros. Todos excepto o xerente do Comarcal de Monforte superan os case 70.000 euros que percibe, por exemplo, a titular de Sanidade, Pilar Farjas.

O recorte do 3% aos soldos de altos cargos, que afecta a conselleiros, directores xerais, presidentes de empresas públicas, xerentes de hospitais e organismos autónomos é máis un xesto simbólico que unha medida de contención de gastos. Aplicado aos 20 xerentes de centros hospitalarios e de atención primaria de Galicia suporía un aforro anual de algo menos de 50.000 euros.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 23-11-2009 21:02
Queres comentar ou preguntar algo?
Asemblea
Mañá martes teremos unha asemblea convocada pola plataforma sindicaal para valorar a última proposta do SERGAS en relación coa suspensión de acordos.

A asemblea será ás 13,30 no salón de actos do HCV
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 23-11-2009 20:46
Queres comentar ou preguntar algo?
datos a ter en conta
Como xa informamos estes dias, a Administración fixo unha última oferta, para a rapiña ó persoal dos acardos que tiñamos acadados, entre o luns e o martes faranse asembleas en tódalas áreas para catar a opinión do persoal sobre o conflicto. Por iso parécenos importante que para ter unha opinión sólida saber que se gaña e que se perde na proposta que fan estes piratas de garabata e rosario, para iso ímonos servir da axuda dun cadro comparativo que fixeron @s nos@s compañeir@s de CIG-Saúde Ferrol.

En canto ó acordo retributivo:


No ano 2.013 as cifras de incremento equiparanse ás que estaban previstas para o ano 2.012 pero non se recupera a perdeda acumulada do que se deixa de ingresar nos anos anteriores.

A estas cifras debesenlle de engadir o aforro noutras partidas orzamentadas para o SERGAS e perdeda de ingresos para os traballadores/as: precio de gardas médicas, Atención continuada en persoal de urxencia de hospital + PACs, desprazamentos de persoal de primaria, etc, etc.

En canto á carreira profesional extraordinaria do persoal sanitario de FP e non sanitario de xestión e servizos

O incremento anual por grao para o persoal sanitario de fp e non sanitario de xestión e servizos que remataria no ano 2011, para acadar as cifras do valor por grao definitivas, modificaríase do seguinte xeito:


Ademais o acceso ó IV grao de carreira atrásase ata xullo do 2011 e en piores condiciois:


En canto á carreira ordinaria
Empezamos a negociación da carreira ordinaria coa anterior Administración que viuse truncada polo cambio de goberno, e con este as cousas aínda se complicaron mais posto que aplicaron a estratexia de dilatar as negociaciois no tempo, a proposta do SERGAS deixa aberta a negociación de carreira (realízaríase no 2010) pero sen marcar prazos de execución, polo que por un lado non nos ata as mans para mobilizarse por este tema, pero por outro as expectativas de conseguir un bon acordo con prazos de execución breves para o persoal da OPE 2006 e o que ven de carreira extraordinaria son complicadas dende o noso punto de vista.

O SERGAS ameaza con eliminar a proposta de non ser aceptada polos sindicatos.

Por outra banda a posición do SERGAS mudou de quitar todo a esta última proposta (probablemente sexa unha estratexia de negociación) pero o que sí é certo é que as mobilizaciois que se levan dado ata o de agora sí serviron para algo.
Agora con estes datos sobre a mesa a palabra a ten o persoal, CIG-Saúde vai a ter moi en conta á hora de fixar postura o pronunciamento das asembleas, é obvio que un rexeitamento do acordo conlevaría a convocatoria de folga; pero lembrade tamén que decir sí o acordo átanos as mans para calquera mellora retributiva de aquí ó 2014.
Cecais cumpra lembrar que o acordo retributivo situábanos na media en canto a soldos con respecto ó resto de servizos de saúde no ano 2008, polo que no 2014 voltaremos a estar no vagón de cola do estado, por non falar que o SERGAS é prácticamente o único que aínda non ten negociada a carreira profesional do seu persoal.

Folga decir da importancia de participar nas asembleas dos vosos centros de traballo.
Así que agora vos tedes a palabra.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 21-11-2009 20:14
Queres comentar ou preguntar algo?
the werepig
Como queira que andamos no mes do San Martiño, que é cando se comeza coa matanza do porco, velaqui vos vai esta curtametraxe referente a iso precisamente. Disfrutade (ou tremede) con ela:

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 21-11-2009 19:55
Queres comentar ou preguntar algo?
calendario laboral 2010

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 20-11-2009 10:43
Queres comentar ou preguntar algo?
Negociación Acordos Suspendidos. Mesa 19 novembro
Na Mesa Sectorial do xoves 19, a Administración propuxo un novo texto, o cal pretende que sexa o definitivo, no que xa non se fala de suprimir os acordos, se non que se fala de reprogramalos no tempo. Ademáis, aparece por primeira vez a negociación da Carreira Ordinaria. Non deixedes de ler a nova proposta que adxuntamos máis abaixo.
Durante a negociación do delegados da Plataforma se concentraron diante do Servizo Galego de Saúde para protestar pola supresión dos acordos e a anterior proposta da semana pasada.

Os vindeiros luns 23 e martes 24 faremos asembleas informativas en todos os centros para informárvos do contido do texto. Así o mércores 25, reuniráse de novo a Plataforma Unitaria e o xoves 26 haberá unha nova Mesa Sectorial.
proposta do 19 de novembro

Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 20-11-2009 08:55
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0