CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

ben falado
Ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega, dirixido e presentado polo académico e secretario do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xesús Ferro Ruibal.

Ben falado! é como un prato combinado, pois o telespectador accederá a explicacións do seu apelido e do nome do lugar onde vive; a curiosidades léxicas, gramaticais e ortográficas; ao sentido de ditos e refráns. Este espazo reflicte como se move a lingua nos colexios, nos institutos, nos movementos xuvenís, nas empresas, na Internet. Tamén amosa o que foi a lingua galega na Idade Media e o que é hoxe nun contexto internacional: novas tecnoloxías como tradución automática, a síntese de voz, o mundo dos blogs, o Punto Gal, as televisións escolares en galego, etc. O programa coñece a especialistas estranxeiros que traducen a nosa literatura ás súas linguas ou que fan dicionarios bilingües para poderen despois traducir do galego ás súas linguas e viceversa.
Este é un microespazo lingüístico con propósito de divulgación científica. Tamén a infancia está presente para dar a ver a enorme creatividade que a lingua galega esperta maiormente na infancia, na xente moza, no mundo literario ou musical, no sector sanitario, no empresarial.

Polo interese que teñen estes documentos para o coñecememnto e a transmisión da nosa língua e cultura, tódalas semanas imos colgar algún deles, hoxe poñemos o 1º capítulo no que se fala da procedencia da palabra Galiza e as palabras milenarias que temos na boca contadas por alumnos de bertamirans.



e neste de abaixo, o número 40, unha nai e o seu xinecólogo falan sobre a regalia da fala, tamén veremos varias denominaciois para o lobo.

Comentarios (0) - Categoría: ben falado - Publicado o 29-11-2008 12:23
Queres comentar ou preguntar algo?
Comisión de Seguimento Plan de Mellora AP 24 novembro 2008
Comisión de Seguimento Plan de Mellora AP 24 novembro 2008

O día 14 de abril celebrouse a terceira reunión da comisión de seguimento do Plan de Mellora, na que CIG-Saúde manifestou o seu desacordo coa información recibida sobre o desenvolvemento da central de Chamadas, na que non se facía mención ao modelo de xestión da mesma. Por esta razón condicionou a súa sinatura da Acta da reunión a recibir información por escrito do proxecto da Central de Chamadas. A información foi reiteradamente solicitada, sen ter resposta algunha. So pola vía dos feitos tivemos coñecemento de que se decidira convocar no DOG un concurso para cubrir o servizo de citas de Atención Primaria por unha empresa privada, xestionada a través de MEDTEC (actual GALARIA).

Consideramos este feito como unha mostra de deslealdade coa nosa organización, como asinante do Plan de Mellora, e un incumprimento da condición establecida na acta, polo que solicitamos formalmente que conste que queda retirada a nosa sinatura da mencionada acta.

A nosa posición sobre o Plan de Mellora, e os acordos que o desenvolven, que afectan ao conxunto da Atención Primaria, será de denuncia dos incumprimentos por parte da administración. Seguimos a considerar que son bos acordos pero mal aplicados, polo que denunciaremos calquera intento de devaluación do seu contido.

Sobre a aplicación concreta das medidas a tomar durante o ano 2008, apreciamos importantes incumprimentos, que pasamos a relatar:

A. Liña de desenrolo dos recursos humanos

Os acordos de Atención primaria que afectan tanto a Persoal de PACs como de Atención ordinaria estanse incumprindo nos seguintes apartados:

-Incumprimento no pagamento do incentivo por voluntariedade.
-Retraso no pago actualizado na festividade e nocturnidade.
-Incumprimento no pago da Intersubstitución á enfermaría.
-Falta de negociación do pago do 70 ao 100% na intersubstitución.
-Dificultade para a prolongación de xornada en centros sen unidades de tarde.
-Falta de regulación da Voluntariedade tralos cambios na OPE-Traslados.
-Ausencia de Regulación das Gardas obrigatorias, establecendo criterios mínimos para tódalas xerencias, regulando as exencións, etc.
-Problemas coa organización das ausencias nas áreas onde comezou a funcionar a central de chamadas privada.

Este conxunto de incumprimentos, imputables á Dirección Xeral de Recursos Humanos, non permiten que se poñan en valor uns bos acordos, acadados con dificultade, que ao ser mal aplicados son percibidos como malos.

No apartado de Recursos Humanos preocúpanos tamén a interpretación que se fai nalgunhas xerencias sobre ás novas prazas de Enfermaría nos PACs creadas pola diminución de horas como consecuencia dos acordos. Estas prazas non poden restar das de nova creación en aplicación do Plan de Mellora.

O persoal non sanitario non pode ver reducidas, nin limitadas no seu crecemento, ás súas prazas, como consecuencia do funcionamento da central de chamadas privada. Temos noticias de que isto estase a producir na área de Lugo.
O retraso nas convocatorias da Comisión de Seguimento destes acordos dificulta o control da súa aplicación, polo que esiximos a convocatoria inmediata dunha reunión.

B. Liña de mellora da capacidade resolutiva

No ano 2008 terían que estar solucionados tódolos atrancos para o acceso á tecnoloxía, tanto da listaxe A como da B da Instrución 17/2007, polo que teriamos que falar nesta reunión da Mellora do equipamento tecnolóxico dos Centros, pero isto non é certo, está rematando o ano 2008 e non se cumpren acordos que tiñan que aplicarse en xaneiro.
As dificultades na aplicación desta medida denotan a falta de compromiso real das mais altas autoridades sanitarias coa Atención Primaria.

C. Liña de xestión clínica

Non temos noticias de novidades na extensión da xestión por procesos nas áreas nin da participación dos centros na súa xestión integral.
A aplicación da informatización nas consultas de Primaria non está a supoñer a diminución da burocracia que cabria esperar, á falta dun modelo informatizado único de informes e solicitudes de exploracións complementarias, únese a ausencia do ditame xurídico pertinente sobre que certificados e informes estamos obrigados por lei a facer.
Esiximos que se nos informe xa! sobre que temos que certificar e en que documento temos que facelo.

Esiximos xa! un modelo único informatizado de solicitude de exploracións complementarias. Cada novo protocolo ou procedemento non pode xerar outro papel na mesa para solicitalo.
Esiximos xa! a axeitada distribución e cumprimento da Instrución 16/2007, e que se estableza un mecanismo de avaliación do seu cumprimento.
O acordo contemplaba para executar no ano 2008 a extensión do modelo de central de chamadas por rebosamento ao 50% dos centros, está claro o incumprimento, tanto do espírito como da letra do acordo.

Nos obxectivos do Plan de Mellora estaba conseguir que a nova Lei de Saúde incorporara a posibilidade de zonificar a Atención Primaria nas cidades, isto conseguiuse grazas a unha emenda presentada, non por que o incorporara o documento inicial da administración. Agora é necesario que esta posibilidade se faga realidade.

Compostela, 25 de novembro de 2008


Podedes descargar o documento en pdf, clikando aquí, ou dende a web da agrupación medica de CIG-Saúde
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 28-11-2008 11:09
Queres comentar ou preguntar algo?
listas contratación
Preguntamos ó SERGAS pola publicación das novas listas de contratación, a resposta deste é que a data tope para a súa publicación é a do 15 de decembro.

Por outra banda non temos noticia ningunha da reunión pendente sobre o novo Pacto de Contrataciois, polo que dende CIG-Saúde pediremos a convocatoria das listas de contratación das categorias que aínda non foron convocadas, é decir as de enfermaria, auxiliares, cociñeir@s etc.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 27-11-2008 10:39
Queres comentar ou preguntar algo?
publicadas resolucións acceso grao I persoal fundacións
Onte sairon publicadas no DOG as resolucións que abren prazo para solicitar o acceso ao primeiro grao da carreira profesional para o persoal das antigas fundacións integrado polo proceso previsto no Decreto 91/2007.
Podedes consultalas aqui:

Persoal diplomado sanitario.

Persoal licenciado sanitario.

Persoal de xestión e servizos.

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 27-11-2008 10:03
Queres comentar ou preguntar algo?
Alegacións CIG-Saúde OPE facultativos
estas de abaixo son as primeiras alegaciois que CIG-Saúde presenta ó borrador da OPE de facultativos

Proba Galego:

Pensamos que ao marxe de que se manteña que o segundo exercicio obrigatorio non eliminatorio da parte común do programa se realice en galego, ten que haber un exame de galego para tódalas categorías cando menos similar ao que se veu facendo ata o de agora, proba que tería como mínimo o carácter de obrigatoria e non eliminatoria.

Valoración MIR:

A este respecto e para a categoría concreta de Médico de Familia de Atención Primaria, pensamos que é necesario que a vía MIR dentro do apartado de Formación teña un peso específico, que nos pensamos debería de rondar en torno aos 4 puntos, ou sexa aquelas persoas que non teñen a vía MIR, só poderían acadar por formación 10 puntos e non os 14 totais. Para tentar explicar unha persoal con MIR tería dentro dos 11 puntos que otorgades vós no baremo: 4 puntos de formación específica que non podería ter ninguen que non fose vía MIR, e os outros 7 puntos dentro de formación continua.

Farmacéuticos Atención Primaria:

Respecto desta categoría no apartado de formacín específica manter os 3 puntos, e no apartado de experiencia incrementar o valor do mes de servizos prestados para que os 28 puntos supoñan 8 anos de servizos prestados que é o máximo que ten este persoal ( consistiría en pasar de 0,25 puntos por mes a 0,30 puntos por mes ).

Formación Académica, apartado licenciatura:

Pensamos que o peso que ten a formación académica no apartado de licenciatura debería pasar a engrosar o de formación continua.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 26-11-2008 13:50
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración antiprivatizacións
Como xa anunciamos todos estes dias, onte levamos a cabo unha concentración de delegad@s para protestar contra a política privatizadora do SERGAS.

Aproveitamos para facer entrega das sinaturas recollidas polo persoal dos centros de saúde contra a privatización da central de chamadas, en total 2.121 que non está nada mal tendo en conta que hai zonas onde aínda non empezou a funcionar. Hai que seguir recollendo sinaturas e hai que empezar a implicarse tamén a xente que non o fai se queres revertir a privatización.

Onte decatámonos unha vez mais, e con esta xa son 3 veces que avisamos e sempre pasa igual, que unha cousa é predicar e outra dar trigo, no blog móstrase moito cabreo amparándose no anonimato pero á hora de mollarse, como sempre quedámonos prácticamente sola a xente implicada nas secciois sindicais; desta vez polo menos funionou moito persoal nos centros de saúde que se implicaron e moito coa recollida de sinaturas.
Pero témonos que mover, e facelo tod@s delegad@s e persoal, non serve de nada berrar como tolos no blog e perder por ahí tódalas forzas e logo non responder as convocatorias.

Tódolos dias entrannos comentarios de xente moi queimada con este ou outros temas e soltan de todo aquí, é lamentable que non pase de ahí e igual nos serve a tod@s para recapacitar as cousas antes de soltar "lindezas", @s delegad@s de CIG-Saúde están ahí en tódalas convocatorias, sexa por OPE, por contratación ou pola privatización; que alguén nos explique, onde están @s afectad@s.

Nós seguiremos adiante coas mobilizaciois.

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 26-11-2008 09:55
Queres comentar ou preguntar algo?
información reunión OPE facultativos
O venres pasado houbo reunión para falar da OPE 2008 de facultativos. Esta é a información que nos chegou do que ali aconteceu:

Información OPE Facultativos. 21-11-08.


Tratamento do idioma galego. Na reunión convocada polo Sergas para informar da convocatoria de OPE de facultativos a Admón informounos do tratamento, que con carácter xeral, para todas as categorías, van facer do artigo 35 do Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, Lei da Función Pública Galega. (Artigo 35. Normalización do idioma galego na Admón Pública de Galiza.: ?As bases das convocatorias establecerán que unha ou máis probas do proceso selectivo deberán realizarse exclusivamente en lingua galega, sen prexuízo doutras probas adicionais??)
O Sergas pretende dar un tratamento diferenciado por categorías; por unha banda fan unha proposta para persoal facultativo, persoal sanitario e persoal de oficios, e por outra banda estaría o persoal de xestión e servizos:

Persoal facultativo, sanitario, celadoras/es, cociña e persoal de oficio. O exame da parte común-lexislación será a proba a realizar en galego, non será eliminatorio e só servirá para subir nota. No haberá outra proba de galego, o coñecemento da lingua galega acreditarase pola presentación dos diplomas dos cursos ou pola convalidación académica.
Persoal de xestión e servizos. Exame da parte común-lexislación igual que as categorias anteriores. Pero a este persoal faráselles un exame de galego adicional. Segundo o Sergas, este persoal si ten que coñecer o noso idioma.

Discapacitados: Convocaranse por esta quenda o 7% do total de prazas da convocatoria (Lei da Función Pública). Non se convocarán prazas por esta quenda nas especialidades que non sexan convocadas un mínimo de catro prazas.

Promoción Interna: ao igual que na convocatoria anterior (OPE 2006) quedan exentos de realizar o exercicio da parte común-lexislación do programa.
A porcentaxe de prazas reservadas á quenda de promoción interna será do 15% para as prazas de FEAS, agás en médicos de familia que a porcentaxe de prazas nesta quenda será dun 5%. O argumento do Sergas para manter esta diferenza é o medo que teñen de que o persoal médico de Urxencias Hospitalarias concurse nesta quenda e se produza un éxodo para primaria.

Solicitudes: A presentación das solicitudes será obligatoriamente vía telemática e en papel, unha vez cuberta e enviada por correo electrónico hai que imprimila en papel e volvela a presentar por rexistro de entrada.

Tribunais: en aplicación do Estatuto Básico ningunha persoa pode formar parte dun tribunal en representación dunha organización. Isto tradúcese en que as organizacións sindicais non poderemos designar representantes sindicais para que formen parte dos tribunais. No resto de O.O.S.S. despertou certo malestar; nós nunca amosamos interese por participar neles.
Nesta OPE os secretarios/as dos tribunais serán persoas de Recursos Humanos do Sergas ou dos centros. Con isto a Admón pretende que se interprete ben a norma e que se levanten as actas correspondentes. Serán os asesores do tribunal.

Exame: para evitar que se produzan situacións de filtracións de preguntas o Sergas propón que os tribunais realicen unha batería de preguntas 3 veces superior ao nº de preguntas do exame; as preguntas serán custodiadas en servizos centrais e o día anterior ao exame realizarase o sorteo das preguntas para elaborar o exame correspondente.

Realización do exame: O exame sera acto único para todas as especialidades. O que non se presente ao exame non poderá alegar causas de forza maior, incluido a maternidade. O Sergas comenta que esta decisión está baseada nas sentenzas que teñen gañadas.

Convocatoria: A convocatoria de facultativos sairá publicada no DOG no mes de decembro. As listaxes de admitidas/os sairán publicadas no mes de febreiro.

Baremos: Están calculados sobre o 40% que recolle a modificación do Decreto 206/2005.
Os cursos realizados durante o periodo MIR serán valorados, exceptuando os que formen parte do programa formativo.
O periodo de formación MIR non computará como servizos prestados.

Feas: Increméntase a puntuación de servizos prestados. A proposta do Sergas está calculada cun tope máximo de 9 anos e dous meses de servizos prestados; na OPE 2006 o tope máximo foi de 6 anos. Temos que nos pronunciar en que nº de anos topamos a experiencia profesional. Se a topamos en 6 anos increméntase a puntuación por mes traballado.
Para este colectivo inclúen os servizos prestados en institucións privadas concertadas ou que teña acreditación para a docencia.
OPE 2006 Tope máximo 6 anos.
OPE 2008 Tope máximo 9 anos e 2 meses.

Médicos de Familia: Increméntase a puntuación por servizos prestados e consecuentemente a puntuación por ter completado o programa MIR. Nos médicas/os de familia diminúese o tope dos anos de servizos prestados.

Período programa MIR
OPE 2006 7 puntos.
OPE 2008 11 puntos.

Servizos prestados
OPE 2006 Tope máximo 13 anos e 9 meses
OPE 2008 Tope máximo 12 anos e 2 meses.

Nesta OPE os servizos prestados a media xornada computaranse como tais e non como xornadas completas. Os servizos prestados como médica/o de familia en funcións de pediatría computaranse como médica/o de familia.

Farmacéuticos de primaria e Odontólogos: Estes dous colectivos comparten baremo xa que non teñen especialidade.

Sentenzas PACs: O persoal de PACs que tiña vinculación por periodos de 6 meses e aos que despois se lles formalizaba o vínculo os dias que traballaban, están gañando sentenzas onde lle recoñecen que o computo de servizos prestados ten que ser por todo o periodo que dura a vinculación e non só polos días traballados. O Sergas está a estudar que saída lle dan, se só se puntuan aos que acheguen sentenza ou a todos os vinculados.

Decreto resto categorías: O Sergas infórmanos que o Decreto de OPE do resto de categorías sairá publicado en xaneiro. O argumento é que o Decreto e a convocatoria teñen que ser publicados no mesmo ano, e agora non dá tempo. Se publicasen o Decreto este ano, sen publicar a convocatoria, o Decreto sería nulo e terían que publicar un novo Decreto o ano que ven. Din que publicarán o Decreto e convocatoría en xaneiro.

As organizacións sindicais temos que enviar alegacións no prazo dunha semana.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 24-11-2008 14:35
Queres comentar ou preguntar algo?
listas definitivas de contratación farmacéuticos AP
Hoxe aparece publicada na páxina web do SERGAS a lista definitiva de contratación na categoria de farmacéuticos de Atención Primaria.

Para ver as listaxes en liña, clica aquí
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 21-11-2008 19:26
Queres comentar ou preguntar algo?
traslados asturies
Hoxe no BOPA sae publicada a Resolución de 20 de novembro de 2008, da Dirección Gerencia del Servicio de Salud del Principado de Asturias, pola que convoca proceso de mobilidade voluntaria para prazas estatutarias dos centros e institucions sanitarias dependentes do Servicio de Salud del Principado de Asturias (SESPA).
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 21-11-2008 13:24
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración contra a privatización
O vindeiro martes día 25 de novembro diante do SERGAS en Compostela @s delegad@s de CIG-Saúde de tólas áreas imos levar a cabo unha concentración para amosarlle ó SERGAS o noso rexeitamento contra a privatización que están levando a cabo dun tempo a esta parte.

Aproveitaremos a viaxe para entregar as primeiras sinaturas recollidas (pensamos que podemos entregarlles mais de 1000 sinaturas), tódolos dias chegan ó noso local sobres con elas de tódalas partes de Galiza, estamos gratamente sorprendidos da vosa colaboración e implicación.
A idea é facer unha segunda entrega ben pasadas as festas de nadal, seguramente febreiro, pero será en base das sinaturas que teñamos recollidas ata ese momento. Como hai zonas onde aínda non funciona a central de chamadas ata xaneiro, imaxinamos que nese momento recolleremos outra boa tandada delas.

De manterse o SERGAS nas súas 13, teremos que pensar en algo para facer a nosa propia "campaña electoral" endurecendo e incrementando o número de mobilizaciois.

E lembrade que o martes temos concentración, aínda que é de delegados e delegadas pedimos a participación de tod@s aqueles que vos podades acercar ó SERGAS ese dia, de haber xente da área de O Barco interesada, poñédevos en contacto con nós e organizaremos o transporte.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 20-11-2008 19:51
Queres comentar ou preguntar algo?
acoplamentos por motivos de saúde
Para o persoal que queira particpar nos acoplamentos internos por motivos de saúde dentro do proceso xeral de mobilidade que se publicou o martes terá que facelo de acordo o seguinte anexo que xa está colgado na intranet do HCV.

ANEXO III: MOVILIDADE POR RAZÓNS DE SAÚDE

O Decreto 206/2005, de 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, establece no artigo 33.5 que os destinos obtidos por este motivo ?terán carácter provisional e perdurarán mentras subsista a causa ou a praza permaneza vacante. Asimesmo serán revisables, ó menos anualmente ou coa periodicidade que determine o Servizo de Prevención de Riscos Laborais. O adxudicatario estará obrigado a participar no seguinte concurso de traslados ou de acoplamento interno, según o caso, solicitando a correspondente praza ou posto de traballo?.
Ademais, a Orde de 16 de setembro de 2008 pola que se establece o procedimento para a adaptación de postos e condicións de traballo por razóns de protección da saúde e da maternidade nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, establece no artigo 2.2 que ?a protección da saúde e a maternidade, e as medidas que resulten técnicamente apropiadas para acadar en cada caso dita protección, teñen prevalencia sobre os criterios obxetivos de ubicación do persoal e determinación de condicións de traballo que veñan sendo aplicados, no seu caso, nas institucións sanitarias (concurso ou procedimento de traslados internos)? e o artigo 8.2 que ?excepto nos supostos de protección á maternidade, o persoal protexido mediante cambio de destino estará obrigado a participar na seguinte oferta de concurso xeral de traslados ou procedimento de traslados internos, solicitando dito destino no suposto de que este sexa ofertado. O incumprimiento desta obriga suporá a revogación automática do destino provisional?.
Por todo isto, recórdase ó personal en dicha situación que debe participar neste procedimento de traslados internos. Ademais, todo o persoal que, inda que non teña destino provisional por motivos de saúde, teña resolución da UPRL (unidade de prevención de riscos laborais) antes da data de finalización de presentación de solicitudes (05/12/2008), poderá incluilo para su valoración.

Documentación a presentar:.

-Solicitude de adaptación de posto e movilidade por razóns da saúde ou de protección á maternidade
-Resolución da UPRL.

Só neste proceso de acoplamentos internos admitirase o formato recollido na Orde de 16 de setembro de 2008 e o anterior a dita orde.
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 20-11-2008 14:43
Queres comentar ou preguntar algo?
runión coa dirección do HCV
O luns pasado tivemos a reunión ordinaria entre comisión de centro e Xerente da que caben destacar alguns puntos de interese que afectan a boa parte do persoal.

Pediuse unha vez mais por parte da comisión de centro a cobertura da segunda enfermeira en quenda de noite da planta laranxa, así como o terceiro celador en quenda nocturna tamén, o xerente resposta que están pendentes do aumento de plantilla que poda vir de Santiago.

Tamén se solicitou a contratación unha vez saian as listas definitivas dunha dietista, a Xerencia está de acordo coa necesidade desta figura e di que a primeiros de ano se hai listas definitivas procederá a súa contratación.

Plantexouselle á Xerencia a necesidade de ter a un supervisor de garda as 24 horas para que sexa este quen localice ós facultativos de garda e solventar os problemas que poideran xurdir nas quendas de tarde e mañá así como arroupar ó persoal en caso de necesidade. A Dirección non está de acordo con esta proposta entre outras cousas alegan a escaseza de supervisores.

En base á normativa vixente solicitouse que dotaran de coordinadores de técnicos e auxiliares de enfermaría. quedaron en miralo con Santiago.

Pediuse tamén cotización dos dias de vacaciois para o persoal temporal á quen lles son aboadas e non a disfrutan; a Dirección responde que non hai aplicativo e que en servizos centrais están na elaboración dun.

Sorprendeunos o Xerente con que se iban a revisar de oficio os excesos de xornada de persoal de pool do 2007 e 2008 os do 2007 empezaranos a pagar a partires da nómina que ven, os que se produzan a patires do 2009 xa irán refrexados e pagados nas nóminas mensuais.
Sobre este asunto a CIG tiña un verdadeiro conflicto coa dirección, posto que un par de traballadoras que tiñan a resolución de pago aprobada dende hai mais dun ano, a estas alturas se lles adeudaba todo o reclamado anterior ó 2007.
Aquel personal que teña excesos de xornada anteriores ó 2007 debe reclamalos, así comotoda a xente que non sexa de pool pero que teña contratos de 5 ou menos dias que non leven liquidación de xornada.

A Dirección informou que xa deron o calendario vacaciois ó persoal incorporado de OPE e que irían fora do nadal, dende a CIG manifestamos que non estábamos de acordo e que se había xente que quixera irse nestas datas tería que tratarse nunha reunión comisión de centro e a Dirección, a Directora de enfermaría dixo que todo o persoal estaba de acordo coas datas adxudicadas.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 20-11-2008 14:27
Queres comentar ou preguntar algo?
mais represión sobre a nosa lingua
Unha granxa escola prohíbelle falar galego aos seus traballadores

A Mesa pola Normalización Lingüística insta á Inspección de Traballo a actuar ante o que consideran unha grave discriminación.

"O idioma empregado no traballo será o castelán, agás excepcións que serán previamente comunicadas". Así reza a última das normas dun documento que se lle entrega a todos os traballadores ao incorporarse á granxa escola "El Kiriko" de Fornelos de Montes (Pontevedra). Esta obriga dirixida expresamente ao "persoal educativo" atópase xunto doutras como "respectar o traballo dos demais", "cumprir os horarios" ou "deixar o material de traballo en orde".

A Mesa pola Normalización (MNL) denuncia esta "discriminación lingüística" e asegura que o escrito está dentro dunha "liña de actuación hostil contra o galego por parte da empresa". Así, xa adiantou que procederá a denunciar o caso ante a Inspección de Traballo. Ademais, sostén que varias administracións públicas tanto de ámbito galego como da comarca de Vigo contrataron servizos con esta organización, polo que tamén se dirixirá a estes organismos para que exixan o cesamento destas discriminacións.

Non é un caso illado
O presidente da MNL lembra outros casos similares no eido do traballo que xa foron denunciados, como o dun traballador que non foi seleccionado nunha entrevista por falar galego ("e se se che escapa algo en galego?", dixéronlle), ou o da empregada de Carrefour da Coruña á que o encargado lle recriminou o seu idioma ("Burra, non fales linguas menores"). Neste caso da granxa escola de Fornelos, a situación ten, se cabe, máis derivacións, xa que os traballadores están en contacto diario con nenos e, segundo a súa web, adícanse a ampliar o seu coñecemento, neste caso, do medio rural, para conseguir o enriquecemento persoal dos pequenos.

A Mesa tivo coñecemento desta situación a través da Liña do Galego, un servizo que presta asesoramento aos cidadáns que ven vulnerados os seus dereitos lingüísticos. O seu presidente, Carlos Callón, pediu "aos que "supostamente defenden o bilingüismo e a igualdade entre as linguas" que actúen ante este tipo de casos.

noticia extraida de vieiros

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 19-11-2008 13:57
Queres comentar ou preguntar algo?
publicada resolución de acoplamentos internos para fixos HCV
RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERENCIA DO HOSPITAL COMARCAL DE VALDEORRAS DE 18 DE NOVEMBRO DE 2008 POLA QUE SE CONVOCA QUENDA INTERNA DE ACOPLAMENTO DE PERSOAL FIXO DESTE HOSPITAL E SE FAI PÚBLICA A RELACIÓN DE VACANTES.

Por medio da presente resolución, e logo de acadado consenso coa Comisión de Centro, convócase o proceso de provisión de vacantes internas para persoal fixo recollidas no anexo I.
O modelo de solicitude de e autobaremación ecóllese no anexo II.

Este proceso réxese polo Acordo entre a Dirección do H.C.V, a Comisión de Centro e as Centrais sindicais de 30 de novembro de 2006, que se atopa publicado na páxina web do HCV dende o 13 de decembro de 2006, e as seguintes claúsulas:

Primeiro: Categorías ofertadas
- Auxiliares administrativos
- Auxiliares de enfermería
- Celadores
- ATS/DUE
- Fisioterapeutas
- T.E.L
- T.E.R

-Segundo: Solicitudes

A solicitude farase no modelo que se xunta como Anexo II á presente convocatoria,
podéndose recoller no Rexistro Xeral e na intranet do Hospital Comarcal Valdeorras,
e será presentada no dito Rexistro Xeral.

Terceiro: Prazos

- Solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, en
horario de 9:00h a 15:00h comenzando ó día seguinte da publicación da presente
convocatoria no taboleiro de anuncios do hospital e rematará o día 5 de decembro
de 2008
.

- Resolución provisional: Unha vez publicada a relación provisional dos destinos obtidos, os interesados disporán de un prazo de 5 días hábiles seguintes á publicación da correspondente resolución para a presentación de reclamacións.

Cuarto: Resolución definitiva e incorporación.
Co fin de evitar posibles trastornos nos distintos Servizos do Hospital, a incorporación dos adxudicatarios aos seus destinos será realizada pola Dirección correspondente de xeito progresivo en tempo e prazo non superior aos 3 meses dende a data de publicación da resolución definitiva. Non obstante, a este persoal computaráselle, para os efectos de antiguidade, como traballado na Unidade de destino, dende o día seguinte ao da data de publicación da resolución definitiva.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a División de Recursos Humanos e Desenvolvemento profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O Barco de Valdeorras, a 18 de novembro de 2008
O DIRECTOR XERENTE
Roberto Rodríguez Alonso

podedes ver a convocatoria e a solicitude nos enlaces de abaixo, logo premede Click here to start download para descargar:

resolución acoplamentos internos

solicitude acoplamentos internos
Comentarios (0) - Categoría: acoplamentos Internos HCV - Publicado o 18-11-2008 14:49
Queres comentar ou preguntar algo?
sinaturas central de chamadas
Estannos a chegar as primeiras sinaturas contra a privatización da central de chamadas, ata agora chegaronnos de Pedroso en Narón, do centro de Saúde de Ortigueira e de Ferrol, aparte das recollidas no Centro de Saude de O Barco, ata o momento levamos recollidas mais de 600 sinaturas, cabe sinalar as mais de 400 recollidas polo persoal do centro de saude de O Barco.

Agradecemos a todo o persoal que se está a implicar nesta campaña o esforzo que está a realizar.

O próximo martes temos convocada unha concentración de delegad@s de CIG-Saúde no SERGAS para protestar contra a privatización, sería importante que a xente que podades acercarvos vos unades a nós na protesta, o xoves comunicarémosvos a hora da mesma.
Aproveitaremos para facer unha primeira entrega no rexistro do SERGAS das sinaturas recollidas, polo que nas zonas que teñades sinaturas estaría ben que nolas enviárades antes do venres para telas o luns aquí e así adxuntalas coas que xa temos, deste xeito faríamos a segunda entrega despois do nadal.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 18-11-2008 11:51
Queres comentar ou preguntar algo?
permisos
deixamosvos nun link en destacados (na marxen inferior esquerda do blog) para que os teñades mais a man 2 documentos que xa publicamos no seu dia:

1. acordo interno do HCV sobre permisos

2. instrucciois do SERGAS sobre permisos

Comentarios (0) - Categoría: normativa interna hcv - Publicado o 18-11-2008 10:53
Queres comentar ou preguntar algo?
resolución traslados funcionarios lei 17
Publícase hoxe no DOG a resolución de traslados dos funcionarios da lei 17. Ábrese un prazo de dez días a partir de mañá para presentar reclamacións.
Comentarios (0) - Categoría: traslados - Publicado o 18-11-2008 09:28
Queres comentar ou preguntar algo?
reuniois das mesas provinciais de contratación
Entraron un par de preguntas pedindo información de cando se reunen as Mesas provinciais de contratación; nestas reuniois trátanse temas como a aplicación e levantamento de sanciois do persoal, tamén se da luz verde ó persoal que figurando en listas, pediron suspensión de chamamentos por estar de baixa ou estar prestando servizos noutro lado, comunica que xa está en disposición de ser chamado, se por exemplo unha persoa comunica que xa está en disposición de traballar o dia 4 e a mesa non se reune ata o dia 20, esta persoa non será chamada ata despois de reunirse a Mesa é decir sería chamada a partires do 20.

É por isto que é importante saber cando se reunen as Mesas co fin de comunicar con maior ou menos celeridade a reincorporación ós chamamentos.

Aquí abaixo deixámosvos cando se reunen as Mesas provinciais, por se a alguén lle pode servir de axuda:

Ourense: último martes de cada mes

Lugo: primeiros martes de cada mes

Pontevedra: segundos martes de cada mes

Coruña: primer mercores de cada mes, de seman completa (e decir que si o mes empeza un martes, ou mercores, faise a seman siguinte, polo tanto nunca pode ser un dia 1 ou día 2)
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 17-11-2008 20:19
Queres comentar ou preguntar algo?
calendario laboral 2009
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 17-11-2008 14:16
Queres comentar ou preguntar algo?
reivindicaciois CIG médicos de urxencias
Neste enlace está o documento Na próxima xuntanza da Comisión de Seguimento, que o SERGAS ten que convocar antes do 6 de decembro, a administración comprometeuse a dar resposta ás reivindicacións que quedamos en presentarlle os sindicatos (CIG, CESMSATSE, CSIF, UGT e CCOO) que asinamos o Acordo de Urxencias publicado no DOG do 23 de abril 2007.

CIG-Saúde considera que, na última xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo, se constatou un alto grao de coincidencia nas reivindicacións defendidas por todos os sindicatos asinantes do Acordo. Reforzar esa unidade, facéndoa operativa na procura de solucións reais, é un obxectivo do noso sindicato.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 17-11-2008 11:57
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0