CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

P.I. carreira profesional
PROMOCIÓN INTERNA

Borrador de criterios que o Sergas nos achega para o cómputo dos servizos prestados nos diferentes casos de promoción interna.


Velaqui vos pegamos a valoración da CIG sobre estes criterios:

ANOTACIÓNS SOBRE OS CRITERIOS DE TRATAMENTO DAS SITUACIÓNS DA PROMOCIÓN INTERNA NA CARREIRA PROFESIONAL


APARTADO 1. EN ACTIVO EN CATEGORIA SUPERIOR

SOBRE A OPCIÓN 1.1

Pode parecer que estaría ben definido o suposto á vista da expresión literal do texto do acordo, malia as aclaracións verbais feitas en diversas ocasións, anque non temos a mesma interpretación sobre o cómputo dos servizos temporais prestados en categorias distintas ás que se está en activo e nas que se obtivera a fixeza. Máis ben pensamos que a condición de fixeza nunha categoria é requisito para poder valorar o tempo de servizos desempeñado na mesma, pero unha vez dada esa condición non vemos o motivo que xustifique excluir dese cómputo o tempo prestado como temporal.
A excepción que recolle o tratamento particular para PSX pode resultar contradictoria respecto dos servizos prestados como Aux. Administrativo, á vista da homologación que se propón no suposto especial 3.2.
A percepción do complemento de CP, unha vez acreditado, debería manterse inda accedendo ou reincorporandose a outra categoria inferior.

SOBRE A OPCIÓN 1.2

Sobre a percepción do complemento de CP mantemos o mesmo argumento anterior. Outra cousa será que se limite o progreso posterior na categoria superior si non se está en activo nela, pois pensamos que ese era o sentido do acordo: evitar beneficiarse da CP máis alá do tempo efectivamente prestado en categorias nas que non se exerce, cando esta é de grupo superior á desempeñada.

SOBRE A OPCIÓN 1.3

En canto ao cómputo de servizos prestados reiteramos o razonamento xa indicado anteriormente. En todo caso, como cuestión de redacción, xa que está falando de pedir na categoria inferior debera correxirse o primeiro párrafo do 1.3.1.


APARTADO 2. EN ACTIVO EN CATEGORIA INFERIOR

Como simple aclaración, que ten que ver co expresado anteriormente, para solicitar CP nunha categoria superior na que non se está en activo só poden computar servizos prestados nesa categoria (como fixo ou como temporal) pero non os prestados noutras:
Exemplo: quen ten 5 anos prestados como Aux. Administrativo (sendo fixo nesa categoria) pero está exercendo de Celador dende hai 9 anos podería pedir o grao I de Aux. Administrativo pero xa non poderia progresar mentras non volvera a exercer como tal; poderia, eso sí, pedir tamén o grao I de Celador e progresar logo nesa categoria; neste suposto, debería percibir o complemento de CP do Grao I do grupo D.

SOBRE A OPCIÓN 2.1

Idéntico comentario ao xa reiterado sobre o cómputo de servizos prestados temporais.
Debe corrixirse a redacción do párrafo primeiro do apartado 2.1.1 pois estase falando de pedir en categoria inferior (non na superior).
Debe percibirse o complemento da categoria en activo, agás que se de o suposto do exemplo anterior: acreditar tempo na categoria superior para poder acceder nela a algún grao e que se solicite o seu recoñecemento. Nese caso debe percibirse o Grao recoñecido na categoria superior.

SOBRE A OPCIÓN 2.2

Este suposto resultanos confuso. Pensamos que ten que ver en realidade coa situación que xa indicamos: estar en activo en categoria inferior, solicitar CP en duas (ou máis) categorias (unha delas superior) por cumplir requisitos de tempo nelas. Entendemos que se debe percibir cada grao acreditado na cuantía do grupo de nivel superior, independentemente de manterse en activo na inferior.


APARTADO 3. SUPOSTOS ESPECIAIS

3.1 PROMOCIÓN INTERNA HORIZONTAL

¿Por qué é necesaria esta aclaración? En todo caso reiteramos as explicacións dadas sobre o cómputo de servizos prestados entre categorias con fixeza: deben valer todos os servizos fixos e temporais.

3.2 AUX.ADMINISTRATIVO = PSX

Si con ?homologables a todos os efectos? se quere decir que os servizos prestados nestas categorias se computan completos e indistintamente, excepcionando por elo o principio de fixeza nas duas categorias, non seremos nós quen nos opoñamos pero sinalamos que ese tratamento (si esa é a interpretación correcta) poderá levantar suspicacias entre outras categorias con similar proximidade que deberan ter por tanto un tratamento equivalente. Ademáis, ¿falase de Aux.Administrativo en xeral ou só do de Primaria? ¿cómo se diferencia eso?.

3.3 OPE EXTRAORDINARIA

Podemos aquí repetir os razonamentos do punto anterior. En todo caso, a Ope extraordinaria está caducada e foi excepcional, non creemos que sexa nada pedagóxico extender os seus efectos. Suxerimos por tanto incorporar unha referencia máis xenérica a calquera proceso selectivo no que se consideraran categorias equivalentes a efectos de servizos prestados, así como indicar unha lista concreta anque sexa ampliable dos supostos que se podan acoller a este tratamento.


Vigo, a 30 de novembro de 2007

Asdo/ Xoán Cons
Secretario Xeral CIG-Saúde

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 29-11-2007 15:03
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración aumento de plantilla
hoxe tivemos a 2ª concentración polo aumento de plantilla no HCV, a participación foi moi boa, como poderedes apreciar na foto.
durante a concentración informóuselle ó persoal as xestiois feitas pola comisión de centro, puxémonos en contacto co delegado provincial do SERGAS e estamos á espera que concrete unha data para unha reunión cos responsables do SERGAS a nivel provincial e a comisión de centro.
quedamos convocados para outra concentración o mércores que ven dia 5 de decembro.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 28-11-2007 11:37
Queres comentar ou preguntar algo?
listas PSX e médicos de familia
Podedes pinchar nos enlaces de abaixo para descargar as listas de PSX con todas as notas sumadas e ordenadas e tamén as listas de médicos de familia cruzadas coas listas de contratación. As listas de PSX non as cruzamos coas listas de contratación de momento ata ter a fase de oposición resolta. De todos os xeitos cruzar estas listas coas de contratación vai supoñer un problema porque a PSX se presenta xente de diversas categorías.

PSX

Médicos de Familia

(Tiñamos problemas co servidor, pero cremos que están solucionados, se atopades algún problema, deixade un comentario; pero lembrade que debedes de baixalos desde a Internet, desde a Intranet do SERGAS non poderedes)

Algunhas persoas preguntáronnos polas listas cruzadas de Auxiliar Administrativo, pero debido a que non son unhas listas moi extensas, non temos pensado cruzalas.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 27-11-2007 15:11
Queres comentar ou preguntar algo?
contestación SERGAS sobre OPE Psiquiatria
CIG-Saúde solicitou o día 22 de novembro información ao SERGAS sobre a situación da OPE de Psiquiatría, hoxe por fin temos a resposta.

En contestación o seu escrito de outubro de 2007 en relación co proceso selectivo da categoría de Facultativo Especialista de Área de Psiquiatría no que solicitan que, por parte desta División, se intervenga activamente na procura de buscar unha solución á grave situación que se ten producida como consecuencia das supostas irregularidades acaecidas no desenvolvemento do mesmo, esta División informa o seguinte:

Primeiro.- Como é coñecido, esta División, ante a denuncia dun aspirante no devandito proceso selectivo, no pasado mes de setembro deu traslado á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da documentación e probas aportadas polo mesmo, para que se determinara a posible existencia dun ilícito penal.

Segundo.- Con data de 14 de novembro a devandita Fiscalía comunica a esta División a instrución de Dilixencias Informativas de natureza penal, polo que xa existe constancia oficial de que tense comezadas as actuacións por parte da mesma.

Terceiro.- Iniciado un procedemento para depurar a posible existencia de responsabilidades de natureza penal, deben quedar en suspenso calquera outra actuación para depurar outro tipo de responsabilidades.

Cuarto.- Que unha vez se teña coñecemento da decisión da Fiscalía e a vista da mesma, esta División adoptará as medidas que procedan en relación co proceso selectivo.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2007
O DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS E DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL.


Asdo.: Antonio José Fernández Paniagua.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 27-11-2007 11:43
Queres comentar ou preguntar algo?
apertura fase de concurso varias categorías
Dase hoxe por rematada a fase de oposición de varias categorías (farmacéutico de atención primaria, médico de familia de atención primaria, médico de urxencias hospitalarias, médicos especialistas de área de diversas especialidades e pediatra de atención primaria), e ábrese a fase de concurso.

Podedes ver a resolución aqui.

Ábrese pois un prazo dun mes a partir de mañá para incorporar os méritos baremables, incluindo fotocopia compulsada do carné de identidade, e do título esixido para a categoría á que se presentara. Tamén da documentación acreditativa se vos presentástedes a través de promoción interna ou discapacidade.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 27-11-2007 10:38
Queres comentar ou preguntar algo?
a actualidade según eneko
fai tempo engadimos ós nosos favoritos o blog de eneko, hoxe de novo entramos a el para ver como lle da color á actualidade, os dibuxos de arriba somente son unha mostra, non deixedes de visitala.

Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 25-11-2007 21:45
Queres comentar ou preguntar algo?
malo eres
o domingo 25 de novembro é o dia internacional contra a violencia de xénero, dende este blog queremos facernos eco tamén desta lacra que sufren moitas mulleres.

este vídeo está feito polos estudantes da facultade de mediciña de Granada, e queren mostrar o punto de vista do profesional sanitario.




neste outro vídeo con música de "andy y lucas", é a montaxe dunha moza solidarizándose co tema.



e este último é unha animación feita co tema de Bebe "malo"


Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 23-11-2007 23:09
Queres comentar ou preguntar algo?
medicos de familia por orden de puntuación
sentíndoo moito, vai ser complicado que poidamos poñer as listas de psx, auxiliar adm e cociñeiro sumadas, temos problemas cun dos programas que usamos para isto, de tódolos xeitos seguirémolo intentando.

as que si que colgamos son as de médico de familia por orden de puntuación
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 23-11-2007 18:46
Queres comentar ou preguntar algo?
puntuaciois provisorias psx, aux adm e cociñeiros
por fin saiu publicada na web do SERGAS as puntuaciois provisorias do exame de galego de:

PSX

AUXILIAR ADMINISTRATIVO

COCIÑEIR@S

intentaremos ó longo da tarde xuntar estas cas outras notas e ordenalas por puntuación.

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 23-11-2007 14:44
Queres comentar ou preguntar algo?
A C.I.G. DENUNCIA PRESIÓNS SOBRE OS TRABALLADORES DA RESIDENCIA DA FUNDACIÓN VALDEGODOS EN VIANA
este de abaixo é o comunicado do secretario comarcal de CIG Etelvino Blanco, ante as presiois que se están exercendo sobre o persoal da residencia de Viana, despois de ter celebrado a CIG unha asemblea masiva cos traballadores e traballadoras deste Centro.

A C.I.G. DENUNCIA PRESIÓNS SOBRE OS TRABALLADORES DA RESIDENCIA DA FUNDACIÓN VALDEGODOS EN VIANA


Con motivo de celebrarse o proceso de eleccións sindicais nos centros de traballo da Residencia Valdegodos e para impedir que a CIG consiga presencia no Comité en Viana do Bolo, estánse producindo ameazas, coaccións e enganos sobre os traballadores-as por parte da Dirección e tamén dalgún destacado representante do Partido Popular.
A Fundación parece non ter ser asumido que os traballadores-as temos o dereito constitucional de elixir aos nosos representantes e pretenden seguir colocando no Comité a falsos delegados sindicais aos que despois manexan como marionetas, que asinan acordos que van contra os intereses dos traballadores-as, como son os que están agora.
E inadmisibel que a empresa coacione, presione e intente atemorizar aos traballadores-as por estar organizándose na defensa dos seus intereses.
A CIG ten como principal obxectivo a defensa da liberdade sindical e non vamos permitir que se ameace ou coaccione aos traballadores que opten por presentarse na nosa candidatura, polo que utilizaremos os métodos de resposta que consideremos necesarios para frear esta violación dun dereito fundamental.
Con respecto a intromisión neste proceso do Partido Popular esiximos que se poñan ao marxe do mesmo se non queren verse involucrados como partido nunha campaña de denuncia que levaremos ata onde sexa necesario.


Ourense, 23.11.07
asdo. Etelvino Blanco Rodríguez
Secretario Comarcal CIG- Ourense
Comentarios (0) - Categoría: fundaciois 3ª idade - Publicado o 23-11-2007 13:27
Queres comentar ou preguntar algo?
exames grupo técnico da f. a. e do grupo de xestión da f. a.
hoxe sale publicada Resolución , que anuncia as datas dos exames dos Grupos A e B da Función Administrativa.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 23-11-2007 10:58
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración aumento plantilla
hoxe levamos a cabo a concentración contra do borrador de orzamentos da plantilla do HCV, que como xa vos dixemos para o ano 2008 é CERO.
na Asemblea previa e na concentración participamos mais de medio cento de traballadores/as, do HCV e quedamos emprazados a unha nova concentración para o mércores ás 11 horas na entrada do hospital.
faremos tamén unha recollida de sinaturas para mandar ó SERGAS e á conselleria de economia, pedindo un incremento da plantilla para que nos vaian equiparando ó resto de hospitais comarcais.


por parte do persoal se falou de convocar de novo á plataforma en defensa da sanidade pública, posto que os compromisos da conselleira de sanidade para con esta área de saúde estanse vendo que quedaron en nada, unha vez que remataron as mobilizaciois.


extraemos a noticia do diario "la región"



Polémica sanitaria
Los fondos que Sanidade destina a la plantilla del Hospital enfrentan a empleados y dirección
Los trabajadores piden una 'discriminación positiva' para igualar su oferta a la de Burela o Monforte


Los trabajadores del Hospital recogen firmas para que Sanidade no lo ?marxine?. Dicen que Burela y Monforte aumentarán su plantilla en el 2008, algo que no está previsto en O Barco. Su director dice que su actividad es inferior al de esos hospitales.

Los trabajadores del Hospital Comarcal Valdeorras comenzaron a reunir firmas y a concentrarse ?pedindo que non sexa marxinado, pois é o único da comunidade autónoma no que non aumentará a plantilla no 2008?, según José Manuel Álvarez, de la Comisión de Centro.

Lo anunció en el transcurso de una reunión que este jueves 22 de noviembre se desarrolló en el salón de actos del HCV. Durante la misma, Elva Arias, apuntaba que ?os orzamentos da Xunta aínda non están aprobados. Habería que facer presión para que non quede así?.

Un tercer miembro de la comisión, Víctor Pariente, dio a conocer la plantilla de personal de los hospitales de Burela, Monforte y O Barco. En los dos primeros en el 2008 se creará un empleo, manteniéndose el mismo número de trabajadores en el barquense. ?Trasladámoslle á Xerencia que Sanidade aplique a discriminación positiva e nos acerque ao resto de hospitais?, se quejó Víctor Pariente, quien recordó las protestas de la Plataforma en Defensa da Área Sanitaria de Valdeorras.

Sus quejas fueron rechazadas por el director gerente del Hospital. Roberto Rodríguez recuerda que los hospitales de Burela y Monforte disponen de más camas y atienden a una población mayor que la valdeorresa.

?Es falso que la plantilla no aumente?

El gerente del Hospital de O Barco afirma que ?es falso que la plantilla no se incremente?. Apuntó que en el 2008 se adjudicarán seis plazas de jefatura, cinco de supervisores y tres de administrativos. Roberto Rodríguez indica que estas adjudicaciones permitirán contratar a seis médicos, cinco enfermeros y tres administrativos.

El director del centro hospitalario apunta que ?la consellería dijo que iba a primar la Atención Primaria el año próximo?, además de ?consolidar los contratos precarios en hospitales. Pero en O Barco no hay?, afirmó Roberto Rodríguez.


a cobertura das prazas das que fala o Xerente pertncen a xefaturas que xa tiñan que estar dadas o ano pasado, polo qque non solo é falso que se aumente plantilla no 2008 senon que ademais se leva atrasado mais de un ano estas prazas. Ademais, as prazas de supervisores xa están cubertas con contratos temporais.


Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 22-11-2007 23:08
Queres comentar ou preguntar algo?
nova categoria: fundaciois 3ª idade
@s compañeir@s da comarca da CIG Valdeorras, pídennos que integremos na nosa páxina un apartado sobre as residencias da 3ª idade que funcionan como fundaciois, debido a que o persoal destes centros teñen moito que ver no seu traballo co do persoal de saúde, aceptamos de bon grado.
polo que habilitamos un novo apartado adicado ás fundaciois da 3ª idade; para ver os artigos publicados ou facer comentarios ou preguntas sobre este tema tedes que picar no icono da barra da esquerda e vos levará direcramente ós artigos desta categoria, as preguntas ou aclaraciois que xurdan serán contestadas ou ben por CIG-Valdeorras ou ben por CIG-Saúde Barco.
lembrade que para acceder a este apartado tedes que picar no tou igual co da imaxen na parte esquerda da pantalla.


Comentarios (0) - Categoría: fundaciois 3ª idade - Publicado o 22-11-2007 18:15
Queres comentar ou preguntar algo?
retrasanse parte das publicacios da OPE
retrasanse parte das publicacios de OPE que iban a sair hoxe. este é o corrreo enviado polo SERGAS:

Por problemas informáticos de ultima hora non será posible publicar as notas do exercicio de galego de Auxiliar da función administrativa, PSX y cociñeiro mañá día 22. Esperamos que entre o venres día 23 e o luns día 26 de novembro.

sí saliu en cambio publicado no DOG a Resolución que anuncia a publicación das puntuacións definitivas dos FEAS, para vela, preme aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 22-11-2007 10:18
Queres comentar ou preguntar algo?
NA DEFENSA DOS TÉCNICOS SANITARIOS SUPERIORES
ACTUACIÓNS DA CIG-SAÚDE NA DEFENSA DOS TÉCNICOS SANITARIOS SUPERIORES.

Mesa Foro Marco para o Diálogo Social. Madrid 30 de outubro do 2007.

Nesta reunión ,órgano de participación a nivel estatal entre os sindicatos e as Administracións Sanitarias presentes na Comisión de Recursos Humanos do SNS, a CIG prantexou incluir que os Técnicos Sanitarios Superiores percibisen as novas retribucións a partir do 1 de xaneiro de 2008. O Ministerio de Sanidade non aceptou este tratamento, a súa resposta é que non hai unha adcripción automática e que sera necesaria unha norma de cada Administración (central ou autonómica).A CIG mostrou o seu rexeitamento a esa dilación e requiriu ao Ministerio e aos Servizos de Sáude para que adopten as medidas necesarias que garantan a percepción das novas retribucións con efecto do 1 de xaneiro de 2008.

Mesa Xeral de Negociación da Xunta de Galiza. 17 DE OUTUBRO DE 2007.
A alegación da CIG-SAUDE presentada nesta Mesa Xeral foi para solicitar que a Admón. teña que incorporar a nova clasificación do grupo B e aplicarlles as retribucións correspondentes, xa que se lexislan retribucións para un colectivo (actual grupo B) que despois non aparece na clasificación de persoal estamos perante unha situación irregular.


MESA SECTORIAL DE NEGOCIACIÓN 7 DE NOVEMBRO DE 2007

A CIG- SAUDE solicita que lles sexan de aplicación as novas retribucións previstas na Lei de Orzamentos aos Técnicos Sanitarios Superiores, pola súa reclasificación ao novo Grupo B do EBEP. O Director Xeral de Recursos Humanos do SERGAS responde: Para él este asunto é de ámbito estatal, non o teñen estudado e non van ser os primerios en realizar a reclasificación.

ESCRITO REMITIDO A DIRECTORA XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA.
A CIG-SAÚDE (Federación da sanidade da CIG) diríxese a Vde. para solicitarlle que, segundo o acordado na Mesa Xeral de negociación celebrada o día 17 de outubro de 2007, na que se abordou na orde do día o Proxecto de Lei de orzamentos xerais da Xunta de Galicia para o ano 2008, nos dea resposta por escrito da súa contestación á solicitude que esta organización sindical realizou no referente ás retribucións dos Técnicos Sanitarios Superiores.

EMENDA PRESENTADA NO PARLAMENTO: Pendentes da súa tramitación.


MOBILÍZATE , DEFENDE AS TÚAS RETRIBUCIÓNS.

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 21-11-2007 13:24
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración protesta
A Comisión de Centro do HCV informa que mañá ás 11 e media da mañá, vaise levar a cabo unha asemblea seguida dunha concentración do persoal do HCV, para protestar polo aumento CERO da plantilla do HCV para o ano que ven, como xa dixemos no seu dia é a primeira vez na historia deste hospital que se nos conxela a plantilla e iso que cando mantivemos a entrevista ca conselleira de nadidade hai dous anos a raiz das protestas pola falta de persoal no HCV, comprometérase en aquel momento a dar unha discriminación positiva a este hospital e ó resto de comarcais, e vaia se discrimina, pero dun xeito negativo.

os orzamentos preveise que sexan aprobados a mediados de decembro, polo que intentaremos dende a comisión de centro do HCV, intentar que se modifiquen e a lo menos intentar arañar algunhas prazas, polo que é moi importante o compromiso de todo o persoal nesta loita para que se nos escoite en santiago.

lembrade:

mañá as 11,30 asemblea seguida de concentración, non faltes.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 21-11-2007 13:16
Queres comentar ou preguntar algo?
reunion dirección HCV - Comisión de Centro
onte dia 19 de novembro, a Comisión de Centro do HCV mantivo unha reunión ca xerencia, para tratar unha longa lista de temas:

cabe destacar a petición por parte da comisión de centro de aumentar plantilla en enfermaria, celadores e persoal administrativo, asi como a cobertura da praza de pinche de cociña que está desocupada, dando a máxima urxencia á cobertura desta praza e á 2ª enfermeira de noite na planta de medicina interna, de tal xeito que de non tomar nota a Dirección "pronosticamos un quentamento global" nestes servizos. (se estudiará)

tamén se pediu a reorganización de servizos como o de especialidades onde se pide que a 2ª enfermeira de noite pase a formar parte da plantilla. (se estudiará)

solicitamos tamen unhas pautas para reforzar os servizos cando estén colapsados, para que o persoal que este de quenda non teña por que rifar ca supervisora ou xefe de garda, para a cobertura do reforzo. (se estudiará)


Solicitamos a creación e posta en marcha de varias comisiois de traballo entre elas unha para unificar criterios nos dias por asuntos propios. (aceptado)

tamen se pediu a creación dun gurpo de traballo para protocolizar a forma de pruducirse os ingresos nas plantas, neste grupo aparte dos responsables dos servizos, tamén participará unha persoa elexida polo persoal. (aceptado)

pediuse tamén que o persoal informático (estatutario) do HCV, fixera as gardas localizadas e que se remate ca empresa privada ca que teñen concerto. (non saben non contestan)

abordamos tamén que se iniciaran xa os acoplamentos internos do persoal fixo e unha vez rematados iniciar o de persoal interino. (aceptado)

tratouse tamen os orzamentos do 2008 que deixan ó HCV sen ningun aumento de plantilla, a Direccion alega que eles solicitaron e que é cousa de Santiago. ó fio disto avisamos que o xoves que ben teremos unha concentración de protesta contra os orzamentos, e para que sexan modificados, mañá daremos mais información´sobre o tema.

por ultimo quedamos emprazados a unha próxima reunión urxente para tratar a problemática das peonadas.


Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 20-11-2007 18:56
Queres comentar ou preguntar algo?
valoracion CIG oferta do sergas
VALORACIÓN DE CIG-SAÚDE SOBRE AS PROPOSTAS DE NEGOCIACIÓN PRESENTADAS POLO SERGAS NA MESA SECTORIAL DO DIA 6 DE NOVEMBRO


Con carácter xeral debemos transmitir a nosa decepción polo contido xeral das propostas presentadas nos seis apartados: Tis, Pacs, Ope, Intersubstitución, Voluntariedade, e Sábados, si ben a nosa visión negativa desas propostas ten diferente alcance en cada un deles por separado.

O certo é que vistas en conxunto, esas propostas son recibidas como un torpedo á liña de flotación do Plan Mellora e do proceso de consolidación da reforma das Urxencias de Primaria, toda vez que reflexan a pretensión de dar moitos pasos atrás sobre o camiño xa percorrido. Moi especialmente no tratamento xeral flexibilizador que se fai da xornada nos diferentes apartados da proposta, e no nulo avance no tratamento retributivo dos Pacs e de distintos colectivos das UAP/SAP, incluida a intersubstitución.

Esta valoración global levanos a prantexar á Administración a necesidade de retirar as propostas presentadas o 6 de novembro e a ofrecer outras novas que respeten o camiño trazado para as condicións de traballo en Atención Primaria. Nese sentido, reiteramos nós as propostas de negociación que tamén fixemos chegar á Administración en diversos momentos con anterioridade á última mesa sectorial:

Respecto dos Pacs consideramos imprescindible o tratamento das seguintes cuestións:

1) aplicación da xornada efectiva anual de 1430 horas (ou a existente en cada momento para o traballo eminentemente nocturno), e da súa correspondente xomada máxima en termos mensuais (130 horas)
2) garantía do carácter neutro dos períodos de IT a efectos do cómputo de xornada, no sentido de considerar como realizadas a todos os efectos as horas asignadas nese período
3) determinación das regras que fagan efectiva a voluntariedade na realización de horas que excedan a xornada ordinaria máxima, así como da compensación diferenciada segundo sexan horas de PAC ou horas de UAP
4) publicación dos calendarios anuais, e medidas que garanticen o reparto equitativo de quendas entre todas as persoas que presten servizos no PAC
5) aplicación dos complementos retributivos asociados ás condicións de traballo en noites (nocturnidade), en domingos/festivos (festividade), e en franxas horarias que abarquen máis dunha quenda (turnicidade)
6) implantación dun complemento retributivo fixo asociado á especificidade da atención da urxencia
7) provisión efectiva da manutención en todos os PAC e en todas as quendas, e revisión da compensación económica na súa ausencia
8) medidas que garanticen a protección efectiva e o exercicio dos dereitos vinculados ao embarazo, a maternidade e a lactancia
9) inventario e plano de dotación de material e equipamento para todos os PAC, incluída a dotación informática precisa para o acceso e o manexo da información clínica
10) dotación de persoal non sanitario en todas as quendas, sen prexuízo da dotación de persoal de seguridade para o exercicio das súas propias funcións onde se considere necesario
11) programación de actividades formativas especificamente dirixidas aos profesionais dos PACs de forma periódica

Respecto do traballo en Atención Ordinaria prantexamos a necesidade da negociación dun Acordo sobre Condicións de Traballo específicas de Unidades e Servizos de Atención Primaria, que inclua a modificación e adaptación do seu Sistema Retributivo, a actualización do seu réxime de Xornada, e as reglas sobre Substitucións e Acumulacións, en base a estas cuestións básicas:

1) Conversión de cartillas a Tis
2) Establecer o valor das Tis por segmentos de poboación adscrita
3) Sustitución dos tramos en Enfermería por número de Tis
4) Revisión das retribucións globais para Odontólogos e Pediatras, revisión específica dos conceptos retributivos para Fisioterapeutas, Matronas e Traballadora/es Sociais, e incremento das retribucións globais para PSX
5) Xornada de 35 hs, con eliminación dos sábados como atención ordinaria
6) Preferencia absoluta a favor da sustitución externa fronte á acumulación de cargas
7) Retribuir co doble do valor normal (de ordinaria, de pac, ou de garda, según o caso) calquera hora realizada con carácter forzoso por inexistencia de persoal a contratar
8) Retribuir co 1?75 do valor normal calquera prolongación voluntaria de xornada destinada a atender unha consulta, sexa cal sexa o horario de atención e a quenda de procedencia
9) Retribuir a denominada intersubstitución, cando sexa imposta pola Xerencia, coa totalidade da retribución da persoa ausente, dende o primeiro dia, e para todas as categorías das UAP

En todo caso, e complementariamente ás cuestións xa indicadas, queremos reiterar a petición dos datos necesarios para avaliar con rigor a proposta sobre a distribución das TIS, facilitandonos a relación actual dos cupos médicos desagregados por TIS según os seis tramos de idade reflictidos na proposta da Administración.

Con todo elo solicitamos a convocatoria dunha nova reunión da mesa para debatir estas propostas e avanzar en serio na negociación aberta.

Vigo, a 16 de novembro de 2007

Asdo/ Xoán Cons
Secretario Xeral CIG-Saúde
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 16-11-2007 18:02
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE SERGAS
o SERGAS ten previstas as seguintes publicaciois:

Día 22 de novembro:

- Notas definitivas de facultativos

- Notas de Galego de Auxiliares administrativos, PSX e cociñeiros ( só na páxina web)

Día 27 de novembro:

- Fase de concurso da OPE facultativos ( o prazo de presentación de méritos será dun mes)

Por último comunicar que o segundo exercicio do Grupo Técnico e do Grupo de Xestión da función administratativa, realizarase en Santiago (seguramente na FEGAS) o venres día 30 de novembro, pola mañá o grupo técnico e pola tarde o grupo de xestión.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-11-2007 12:56
Queres comentar ou preguntar algo?
25 N DIA INTERNACIONAL CONTRA A VILOENCIA DE XÉNERO
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 16-11-2007 12:32
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0