CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

aclaraciois sobre a mesa de contratación do pasado venres
Acabamos de chegar de Santiago agora, e case que nos da algo despois de ver tantos comentarios e preguntas no post sobre o que aconteceu na Mesa de Contratación. Aproveitamos este post para facer as aclaraciois oportunas.

Antes de nada decir, por se a alguén lle interesa, que temos por norma non prestar demasiada atención á xente que berra (a que somente escribe en maiúsculas) e pregamos que non se utilicen mais que para resaltar algo que consideredes importante.

Vamos agora coas aclaraciois:

1º Isto somente é unha proposta que o SERGAS lle fai ós sindicatos, hai que negociala ou rexeitala.

2º Que se vinculen as listas de contratación á OPE xa o plantexamos na nosa proposta que publicamos non unha, senon 2 veces. O problema é do xeito en que se vincule, esa é a cuestión, porque hai moitos aspectos que non nos gostan nesta proposta, por exemplo que pasa cos puntos de pool e coas listas especiais, expediente académico, paro, etc etc, vanse introducir esta casuísticas ou non?
Polo que entendemos que a primeira lista pode interesar ou non interesar según que situación se teña, e como quedasen regulada, pero adxetivar como xusta ou inxusta a nós parécenos un pouco forte.

3º A segunda das listas sí que nos parece inaceptable dende calquera punto de vista (opinión delegad@s de CIG-Saúde O Barco), posto que non contempla mais puntuación que a nota de exame, nin experiencia, nin formación, nin expediente, nin nada.

4º Outro aspecto a ter en conta é que queren que esta OPE que xa está en marcha, xenere as primeiras listas de contratación, e nós preguntámonos que pasa coas listas que están en fase de baremación? A xente xa pagou unhas taxas e ademais os puntos xerados da OPE pasada aínda non se lle contabilizan. E non nos parece de recibo.

Neste tema de contratación como tantos outros hai intereses moi enfrontados e trátase de dirimir un punto intermedio. Pero esa responsabilidade non sólo corresponde @s delegad@s das distintas secciois sindicais, senon a todo o persoal no seu conxunto (esté ou non traballando para o SERGAS, porque a xente que nestes momentos está parada tamén terá dereito a opinar, ou?).

Por todo isto o que acordamos hoxe no Consello de CIG Saúde é levar a proposta do SERGAS ás nosas bases que son quenes teñen que definir a postura de CIG-Saúde.

No caso de O Barco imos comvocar unha asemblea para todo o persoal que queira participar nela (afiliad@s ou non) o xoves ás 13,30 horas no salón de actos do HCV (mañá teremos que confirmar se está libre), nela escoitaremos as propostas e a opinión da xente e o mesmo xoves ás 17 horas teremos unha reunión de afiliad@s para marcar a postura da sección sindical de O Barco para levar e contrastar coa do resto de zonas que definirán a postura final de CIG-Saúde.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 05-10-2009 20:12
Queres comentar ou preguntar algo?
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 03-10-2009 16:42
Queres comentar ou preguntar algo?
en breve OPE
Na reunión de onte tamén se preguntou como estaba o proceso de OPE, estes son os prazos cos que contan:

Na semana que ven publicarán as horas e datas dos exames (pode haber al´gunha modificación non significante no horario, o dia sería o mesmo que xa avanzaron)

Contan resolver os procesos de OPE e traslados para o persoal facultativo antes do verán e para o resto despois (falamos de incorporación)

O concurso de traslados convocarase para facultativos en novembro e para o resto en marzo.
os pediatras e médicos de familia irían co resto de persoal e non cos facultativos.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 03-10-2009 13:42
Queres comentar ou preguntar algo?
mesa sectorial sobre contratación 2-10-09
Imos a esbozar o acontecido onte na mesa de negociación do novo Pacto de contrataciois dun xeito moi resumido, posto que a información que temos é via telefónica e o luns no consello de CIG-Saúde analizaremos a postura do SERGAS e daremos conta da nosa opinión:

Elaboración das listas en base a OPE


Básicamente o SERGAS plantexa facer 3 listas

1ª nesta lista estrán os aprobados sen praza ordenados pola súa puntuación da fase de concurso, é decir súmase nota de exame, formación e experiencia.

2º Detrás estará o persoal que se presentou a OPE pero non aprobou, sólo se lles puntuaría a nota de exame. (a priori decir que a CIG-Saúde Barco isto non nos gosta nada).

3º unha lista na que estaría xente que non se presentou á OPE ou xente que se incorpora ó mercado laboral despos de sacar a titulación que sería subsidiaria das 2 anteriores.

sobre as listas pendentes


Din que terán elaboradas as provisorias para novembro (a nós cóstanos creelo xa que parece ser que hai mesas que aínda non empezaron a baremar)

En principio esta é a información concerninte a contrataciois que recibimos o luns á tarde ou o martes (unha vez teñamos feita a valoración dende o consello) darémosvos mais información.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 03-10-2009 13:36
Queres comentar ou preguntar algo?
Que se acabe a deleiba!
Un artigo de Henrique Monteagudo, extraido de El Pais.


A voz deleiba, de uso corrente na miña terra de Muros, significa desfeita, desastre. Tráioa a conto porque a lideira lingüística leva camiño de converterse nunha auténtica deleiba. Acabamos de recuperarnos do acoro causado polo discurso presidencial no acto do 25º aniversario do Consello da Cultura Galega, e regresamos das vacacións asistindo pampos aos incendios provocados na Coruña e Vigo. De máis a máis, por unha entrevista xornalística coa súa voceira máis lareta, informámonos da trastenda mental ("argumentos de fondo" vaille grande) da cruzada contra o galego. Velaí a auténtica doutrina do bilingüismo: si a Galicia bilingüe, pero non aos galegos bilingües. Como din os brasileiros para expresar abraio: "Nossa!". E os nosos paisanos: "Amodo!".

- Un orixinal concepto de bilingüismo.

Disque cada galego debe falar só unha lingua, se esta é o castellano; noutros casos é o seu problema. A explicación cae de caixón: adquirir unha competencia fluída en dúas linguas tan enormemente distintas coma o castelán e a outra (evítese citala polo seu nome) é imposible, ao menos para os castelanfalantes. O bo que ten esta peculiar opinión é que os que nos damos apañado nas dúas podemos andar cheos de vento. Somos uns xenios. Non é de estrañar que tamén se nos acaben apegando un chisco o portugués, o inglés ou o francés. Pásalle, por exemplo, aos nosos emigrantes; algúns, mesmo aprenden o alemán. Manda truco!

Coñécese que todas estas brillantes reflexións veñen destiladas dunhas xornadas internacionais sufragadas pola douta Deputación de Pontevedra, en que se debullou a xeito a mazaroca. Xuntáronse unha morea de expertos seica moi acreditados. Tamén falaron os movementos pola liberdade lingüística, ou sexa, radicalmente partidarios de que os castelanfalantes utilicen o seu idioma cando lles dea a gana, en canto que os outrofalantes se amolen e non toquen máis o zoco. Tendo en conta que, segundo se acaba de explicar, os malpocados dos primeiros arrastran eivas irreversibles que lles impiden aprender os outros idiomas, sería abuso, aldraxe e sacrilexio violar o seu sacrosanto dereito a ignoralos. É o que ten ser español, que os idiomas se che dan fatal.

- Aprender o galego: Non queren, non lles peta, e non lles sae dos fociños

Así e todo, o argumento máis persuasivo foi este: os da liberación idiomática non queren aprender os outros idiomas porque non lles peta, e morra o conto! Afortunadamente, hai políticos valentes que están polo labor de facer realidade os prexuízos clasistas, digo as nobres arelas, destas pobres xentes asoballadas polo outro idioma: sobreviven sen televisións, radios nin xornais en castelán, maltratados a feito por causa do seu coitado idioma cervantino, inicuamente excluído da publicidade e vetado nos lugares de maior visibilidade pública (hipermercados, espectáculos, clubes financeiros, estadios de fútbol, salas de cine...). Menos mal que hai líderes que toman conta do problema, movidos por puro idealismo; o que no seu caso significa que a ver se remexendo na pota conseguen gañar unhas eleccionciñas.

Por exemplo, un persoeiro moi documentado sabe de certo que A Coruña sempre foi La Coruña (por moito que os pailáns, xa desde a Idade Media, se empeñasen en luxar este lustroso nome con aquela rústica pronuncia), e por tanto está disposto a derrogar unha totalitaria Lei de Normalización Lingüística culpablemente impulsada un día polo seu propio partido (daquela cripto-nacionalista, hoxe xa encarreirado na Recta Vía), e aprobada con sospeitosa unanimidade polo Parlamento de Galicia. É que en tempos estaba de moda un abafante galeguismo (cousa dun tal Ramón Piñeiro), hoxe felizmente superado. O caso é que o actual alcalde da cidade, socialista por sinal, xa se lle adiantou, e el tamén reivindica o topónimo castellano. Mesmo ao secretario do PSdeG, home de mensaxes sólidas e coherentes, lle deu por apuntarse ao carro para recuar despois. Non, se por este camiño imos acabar naquilo de que "tanto me ten Xan coma Pericán".

Outra. Un edil olívico quere chimpar a ordenanza municipal de uso do galego inspirada noutra opresiva lei do mesmo Parlamento que precisamente se aprobou co voto da súa formación política. Pero aqueles eran os tempos do ultraesquerdoso e furibundo antiespañol Manolo Fraga, o mesmo que impulsou o funesto Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado tamén por unanimidade baixo a ditadura separatista do PP(G). Non hai que esquecer que daquela imperaba unha noxenta afección ao consenso para tratar asuntos fundamentais do país, na actualidade asisadamente desbotado. Así e todo, isto foi hai moitísimo tempo, alá por 2004, e desde aquela Galicia evolucionou que mete medo. Tamén é mala pata, home, que a vixencia do tal Plan Xeral fose ratificada polo propio Parlamento o sete de outubro de 2008, co voto de todos os grupos, PP incluído. Un mal paso dáo calquera...

Ah! Está tamén un director xeral da Xunta de Galicia (no seu momento alistado na Falange Española Independiente, digna continuadora da ilustre organización que nos saudosos tempos do franquismo promoveu con fervor o bilingüismo cordial, máis tarde vergoñentamente deturpado pola fedorenta partitocracia xudeu-masónico-separatista), un director xeral de Administración Local da Xunta, digo, que amoesta o Concello de Vigo porque este pretende nada menos que requirir o coñecemento do galego nas probas de acceso á función pública. Pero para que quererá saber o outro un funcionario municipal, se todo o mundo entende o castellano?

Como dixo Castelao, non vos riades que o conto é triste. O vindeiro 18 de outubro estamos convocados en Compostela os que queremos galego, máis galego, para proclamalo con respecto, diálogo e desexo de convivencia. Oxalá sexa unha grande festa civil, con moita e plural participación, unha declaración masiva de amor ao idioma, sen exclusivismos, afáns de monopolio nin molestas provocacións. Para que remate a deleiba, canto antes e para sempre.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 03-10-2009 09:00
Queres comentar ou preguntar algo?
caso Gürtel

Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 02-10-2009 20:44
Queres comentar ou preguntar algo?

la region
Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 02-10-2009 20:14
Queres comentar ou preguntar algo?
artigo sobre técnicos
Pegámosvos aqui un artigo que nos envía unha lectora sobre os Técnicos en Documentación Sanitaria de Fernando Ponte Hernando, que foi publicado no Correo Gallego o pasado 6 de setembro. Publicamos a tradución ao galego, e podedes ver o artigo orixinal premendo aqui.

-----------------------------------------------------

Está candente un problema ao redor das cuestións laborais e de competencias do persoal especializado, nun asunto tan delicado como o da documentación sanitaria. Isto non é bo, dado que se trata dunha documentación sometida, pola súa propia natureza, a unha lexislación moi severa e específica por razóns éticas, legais, morais, científicas, e de toda índole.

Refírome a cuestións tais como a responsabilidade legal, a confidencialidade, o dereito á intimidade, á información, e mesmo á propiedade intelectual das historias clínicas e á verdade científica, dada a condición das historias clínicas de ser á vez documento de transcendencia xurídica e de utilización clínica, docente e de investigación. O manexo e xestión desta documentación, nos arquivos clínicos, esixe unha formación previa e, nestes tempos, certamente especializada. Hai que coñecer cuestións chave como normativa, vocabulario, tratamento da información, sistemas e técnicas de arquivos xerais e clínicos, codificación clínica, etc, polo que non basta co persoal administrativo convencional, senón que hai que formalo especificamente. Para iso, o xa afastado no tempo RD 555/1995, aprobaba o currículo formativo dos Técnicos en Documentación Sanitaria, como título de formación profesional de grao superior.

Son, entre outras, competencias dos Técnicos en Documentación Sanitaria: organizar e xestionar os arquivos de documentación e historias clínicas, definir e avaliar o proceso de tratamento (expurgo, escaneo) da información e documentación clínica, identificar, extraer e codificar datos clínicos e non clínicos da documentación sanitaria (admisión ou rexistro de tumores); validar e explotar os datos do Conxunto Mínimo Básico de Datos (CMBD), algo absolutamente fundamental, mediante ferramentas estatísticas, epidemiolóxicas e de control de calidade.

Outras comunidades autónomas como Andalucía, País Vasco, Navarra, Aragón, Cantabria, Canarias ou Valencia xa teñen recoñecida a categoría nos Servizos públicos de Saúde desde o ano 2000-2002, moitas delas, con Ofertas Públicas de Emprego xa resoltas, o que fixo que profesionais galegos tivesen que irse alí, para poder traballar naquelas áreas para as que estudaran con ilusión. No SERGAS, aínda está, desde 2005, ano en que ían facelo, o decreto de creación da categoría sen publicar no DOGA, xa se sabe, o goberno bipartito sempre tan dinámico e eficaz.

Até agora, baixo a dirección dos médicos do corpo de Admisión e Documentación Clínica traballa un persoal heteroxéneo, de procedencia e formación diversa, o que non garante a mesma calidade en todos os Centros Sanitarios, nesta materia. Dado que a Lei 41/2002, Básica Reguladora da Autonomía do Paciente e de Dereitos e Obrigacións en Materia de Información e Documentación Clínica, e na lei 3/2005 (ampliación da anterior) preven que estas funcións deben estar encomendadas a persoal especializado, hai que animar aos responsables do SERGAS a corrixir esta situación, recoñecendo e incorporando a categoría de Técnico en Documentación Sanitaria, da mesma forma que, no seu día, se incorporaron os técnicos de radioloxía, laboratorio ou anatomía patolóxica, para continuar avanzando na calidade do noso sistema sanitario e ademais ser coherentes coa política educativa, que non debe propor novas e interesantes áreas de formación aos nosos mozos, para telos logo, como no caso que nos ocupa, durante xa bastantes anos "a velas vir".

Comentarios (0) - Categoría: espazo técnico - Publicado o 02-10-2009 14:39
Queres comentar ou preguntar algo?
información OPE
Chéganos esta mensaxe do SERGAS:
------------------------------------------------

Bos días: o longo da mañá de hoxe publicarase na páxina web do organismo este anuncio en relación coas aspirantes da OPE 2009 que estean embarazadas:

No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes e da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a Consellería de Sanidade permitirá ás mulleres embarazadas, ingresadas no mesmo día do exame, facer os distintos exercicios da fase de oposición, derivados do proceso selectivo de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).

Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados no previsible chamamento para a realización dos exames do mes de outubro de 2009, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desplazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificaran e solicitaran no fax da Dirección de Recursos Humanos 881 542818, ata as 14 horas do día 14 de outubro para os chamamentos dos días 16, 17 e 18 de outubro de 2009; e ata as 14 horas do día 21 de outubro para os chamamentos dos días 23, 24 e 25 de outubro de 2009.


Igualmente aproveito a ocasión para indicarvos que o longo da mañá do vindeiro luns, publicarase na páxina web o listado, por categorías, de aspirantes que deberán realizar o exercicio de coñecemento da lingua galega.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 02-10-2009 12:14
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG-Saúde solicita a instalación de mamparas nas recepcións
DE: DELEGADO DE PREVENCIÓN CIG
A: DIRECTORA XERENTE
A: COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE
A: UNIDADE DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
A: XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA

Para evitar a propagación da Gripe A, e demais enfermidades infecciosas entre os/as traballadores/as, e conforme á Lei de Prevención de Riscos Laborais 31/95 e normativa de desenvolvemento, solicitamos a instalación de mamparas de protección nos mostradores de atención aos usuarios, no Hospital Comarcal de Valdeorras, en especial na entrada principal, e en todos os Centros de Saúde da Área de O Barco.

Tal e como marca a normativa, a negativa ás solicitudes dos delegados de Prevención terán que ser XUSTIFICADAS.


Atentamente

Carlos Álvarez.
Delegado de Prevención de CIG-Saúde.



En resposta ao noso escrito, a Xerente do HCV contesta que as mamparas se instalarán o antes posible.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 02-10-2009 11:29
Queres comentar ou preguntar algo?
qué perdemos coa suspensión dos acordos???
Qué supón en termos económicos a suspensión dos acordos?


Isto é o que deixará de percibir cada traballadora/or se o goberno do PP suspende no 2010 o acordo retributivo.

Incremento retributivo 2010

GRUPO---ANUAL---MENSUAL
A/A1 ----425 € ----30,36 €
B/A2 ----407 € ----29,07 €
C/C1 ----389 € ----27,79 €
D/C2 ----372 € ----26,57 €
E/AP ----354 € ----25,29 €

Incremento lineal do complemento de atención continuada. Xaneiro 2010.
Nocturnidade + 3 €
Festividade + 1 €
Prefestivo + 6 €

Qué outros conceptos retributivos e de xornada deixarán de percibirse?


Perda de incrementos retributivos.
.- Incremento retributivo plus de quendas. Incluída a retribución por quenda fixa de tarde.
.- Incremento retributivo nocturnidade e festividade medicas/os de urxencias hospitalarias.
.- Incremento nocturnidade e festividade das/os enfermeiras/os e das/os médicas/os de PACs.
.- Mellora retributiva pola prestación de servizos en días de especial significado, principalmente
nas noites do 24 e 31 de decembro.
.- Incremento retributivo do valor da hora de garda do persoal facultativo de atención especializada e
primaria. Incremento das gardas realizadas en domingos e festivos.
.- Plus de 165 € para o persoal diplomado de atención primaria que realiza desprazamentos en veículo
propio.
.-Incremento de 500 € para a equiparación no complemento de produtividade variable dos seguintes
colectivos: odontólogos/as, farmacéuticos/as primaria, técnicos/as de saú1d e, grupo A1 non sanitario.
.- Adecuación a TIS en Atención Primaria.
.- Consolidación de grao para o persoal diplomado e licenciado sanitario.
.- Equiparación salarial do persoal funcionario e laboral nos conceptos de atención continuada:
nocturnidade, festividade e prefestivo.
.- Acción social.

Qué perdemos na Xornada do 2010?

.- Redución colectiva de xornada ordinaria con creación de prazas estruturais.

Suspensión da carreira extraordinaria.

Suspensión do IV grao de carreira profesional dos colectivos de xestión e servizos e do persoal
sanitario de formación profesional.

Isto é o que deixarán de percibir estes colectivos no ano 2010

A1 sanitario* 3000 €
A1 sanitario 2460 €
B/A2 1720 €
C/C1 1135 €
D/C2 965 €
E/AP 750 €
*Psicólogos clínicos e outros licenciados sanitarios



Que cada quen bote a súas propias contas.
Cánto perdes?
Por qué o goberno do PP rompe sempre a corda polo mesmo lado?
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 01-10-2009 09:43
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] [2] [3] 4
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis