CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Novas OPE
Acabamos de recibir esta información do SERGAS:

Bos días: nos próximos días está previsto que sexan publicadas no Diario Oficial de Galicia as seguintes resolucións:

VENRES DÍA 16 DE OUTUBRO:

- Notas definitivas dos exercicios da fase de oposición de licenciados sanitarios.
- Datas e horas de celebración dos exercicios da fase de oposición das categorías de persoal non licenciado sanitario que se realizarán no mes de novembro (as de outubro xa foron publicadas).

LUNS DÍA 19 DE OUTUBRO:

- Apertura do prazo (de 15 días) para a presentacíón da documetnación da fase de concurso do proceso selectivo de licenciados sanitarios.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 13-10-2009 12:08
Queres comentar ou preguntar algo?
antiviral contra a GriPeP

Velaqui o antiviral contra a GriPeP! O Timo-flu!

O Timo-flu non se ten demostrado super eficaz para evitar nin curar a GriPeP, pero ata o de agora é o único que hai que poida servirnos para combatila, uníndoo a medidas hixiénico-morais como CONCIENCIACIÓN, REXEITAMENTO, LOITA, MOBILIZACIÓN e outras desta índole.

Combate a GriPeP! MOBILÍZATE!!!
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 13-10-2009 12:05
Queres comentar ou preguntar algo?
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco xa ten páxina web
Podedes xa consultar a páxina web da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco seguindo este enlace:

www.somosareasanitaria.blogspot.com


No blog da Plataforma darase conta das actividades que vai ir levando a cabo, asi como das novidades que se produzan. Tamén podedes deixar os vosos comentarios.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 11-10-2009 20:09
Queres comentar ou preguntar algo?
Presentada a plataforma Queremos Galego en Valdeorras
Ven de presentarse no Barco a plataforma Queremos Galego, da que a CIG forma parte. Velaqui vos deixamos a nova nos xornais:

Valdeorras crea unha plataforma en defensa do galego

Unha ducia de colectivos presentaron a iniciativa, que o día 18 participará na manifestación a prol da lingua

Arredor dunha ducia de colectivos e varios artistas de Valdeorras presentaron onte a plataforma Queremos Galego a nivel comarcal. Un grupo que naceu co obxectivo de mobilizar á cidadanía do oriente ourensán a participar na manifestación a prol da lingua que se celebrará o próximo domingo día 18 en Santiago. «E para que ninguén quede na casa, haberá servizo de autobús», explicaba Manuel Rodiño, responsable comarcal do BNG. Así, todos os que queiran desprazarse a Compostela unicamente deben apuntarse chamando ao 690 76 82 95.

Mais a plataforma nace con miras máis ambiciosas, anunciando que en breve porá en marcha «iniciativas» sobre o galego na comarca, das que non deron máis datos.

A rolda de prensa serviu tamén para dar a coñecer a iniciativa lexislativa popular que será rexistrada nos próximos días no Parlamento. O obxectivo é «a adopción de medidas legais dirixidas a cumprir todo aquilo que xa está previamente recollido na lexislación», segundo lembraba Xosé Ares desde Galiza Nova, en materia de defensa do idioma propio; e que consideran que non se está a cumprir desde a actual Xunta.

Con doces frases como que «a lingua é a nosa casa, nós vivimos dentro dela, somos os seus fillos e temos a obriga de mantela en pé», a poetisa ruesa Rosa Enríquez invitaba á poboación a sumarse á convocatoria.

Os integrantes

Na plataforma están Galiza Nova, Esquerda Unida, ONG Sildoura, colectivo cultural Os Bardos, Bloque Nacionalista Galego, Confederación Intersindical Galega, Sindicato Labrego Galego, A Mesa pola Normalización Lingüística, agrupación de música tradicional Abertal e o Ateneo Republicano de Valdeorras. Ademais, tamén se posicionaron no mesmo senso, a poetisa Rosa Enríquez, os cantautores Anxo Rei e Magín Blanco, o escultor Luis Fernández Cochorro e o director de cine Ignacio Vilar (estes dous últimos non puideron estar onte). «E seguimos abertos a que se sumen persoas e entidades», apuntaba Susana Méndez desde A Mesa.

Noticia extraida da Voz.


En defensa do galego

Os valdeorreses se mobilizan en defensa da lingua

A plataforma 'Queremos Galego' invita a poboación a manifestarse en Santiago

A defensa da lingua galega reuniu este sábado, 10 de outubro, a doce membros da plataforma 'Queremos Galego'. Se citaron en O Barco para invitar aos valdeorreses a sumarse a manifestación do 18 de outubro, en Santiago.

'A lingua é a nosa casa, nós vivimos dentro dela, somos fillos e temos a obriga de mantela en pé'. Estas foron as palabras que empregou a escritora ruesa Rosa Enríquez para facer un chamamento aos valdeorreses a sumarse á manifestación que o 18 de outubro percorrerá as rúas de Santiago en defensa da lingua galega. 'O galego é a lingua de noso, a nosa casa. Herdámola dos nosos avós e avoas e con ela aprendéronos a dicir palabras de amor e de amizade', dixo a poetisa valdeorresa, que lembrou a importancia dos escritores Rosalía, Rivas, Suso de Toro, Ferrín, Novoneyra, Manuel Antonio, Florencio Delgado Gurriarán, Camilo Valdeorras, Manuel María, Neira Vilas, Rafael Dieste e Castelao.

A rúesa estivo acompañada por outros once membros da plataforma 'Queremos Galego', que forman representantes de asociacións, músicos, sindicalistas, políticos e artistas. Durante o acto leron un manifesto en defensa da lingua galega e invitaron aos valdeorreses a participar na mobilización de Santiago, anotándose no teléfono 690/768295.

Noticia extraida da Región.


Actividade levada a cabo pola Plataforma Queremos Galego na Coruña:

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 11-10-2009 16:17
Queres comentar ou preguntar algo?
Mobilizacións contra os recortes do SERGAS
PLATAFORMA SINDICAL UNITARIA
POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS ASINADOS
RESPETO AOS ÓRGANOS DE NEGOCIACIÓN


CALENDARIO ACORDADO DE MOBILIZACIÓNS E ACTOS QUE A PLATAFORMA SINDICAL LEVARÁ A CABO NA DEFENSA DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.

ACTOS:

* Escritos dirixidos ao presidente da xunta e á conselleira de sanidade solicitando o cumprimento dos acordos asinados.
* Solicitude de entrevista cos grupos parlamentares ( PP, PSOE, BNG ) para que a lei de orzamentos contemple a masa salarial correspondente aos acordos asinados.

MOBILIZACIÓNS:

* Asembleas en tódolos centros o xoves 15 outubro
* Concentracións en tódolos centros os días martes 20 outubro e venres 23 outubro
* Manifestación en compostela o vindeiro mércores 28 outubro.


PARTICIPA, XOGASTE MOITO


CCOO - CIG-SAUDE - CESM - CSIF - USAE - UGT
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 10-10-2009 12:31
Queres comentar ou preguntar algo?
Zenzar O Padriño
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 09-10-2009 23:13
Queres comentar ou preguntar algo?
O carallo 29
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 09-10-2009 15:17
Queres comentar ou preguntar algo?
en funcionamento tódalas webs das comarcas de CIG-Saúde
Despois de varios meses de traballo, por fín tódalas comarcas contan con web propia onde podedes informarvos da actualidade da vosa área de saúde.

A publicación destas webs coincide coa nova páxina de CIG-Saúde, nós polo momento optamos por quedarnos na blogoteca, xunto con CIG-Saúde Ourense.

Tamén manteñen o seu formato de momento CIG-Saúde Ferrol
CIG-Saúde 061
CIG-Saúde CEE
e a Agrupación médica de CIG-Saúde

CIG-Saúde Vigo xa leva tempo traballando co formato na que se incorporan o resto de blogs.

Polo tanto darlle a benvida a este mundo da "virtualidade" a:
CIG-Saúde Lugo
CIG-Saúde Burela
CIG-Saúde Monforte
CIG-Saúde Santiago
CIG-Saúde Pontevedra
e CIG-Saúde A Coruña

E agora a bregar toca.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 09-10-2009 12:31
Queres comentar ou preguntar algo?
a asemblea do HCV di NON á proposta do novo Pacto de Contratación
Como xa publicamos, hoxe celebramos unha asemblea de persoal para explicar a proposta do SERGAS sobre o novo Pacto de Contrataciois, a ela asistiron unha trintena de persoas que unanimemente posicionaronse en contra da proposta do SERGAS.
Especialmente coa lista número 2 que non contempla servizos prestados. Alegouse ademais que non se pode aplicar nesta OPE pois causaría indefensión ó non ser publicitado na convocatoria da OPE que esta serviría tamén como inscripción ás listas de contratación.

O persoal manifestou ademais a súa participación nas medidas de presión que se poideran levar a cabo en materia de contrataciois unha vez pasen os exames de OPE, é decir a partires de mediados de novembro.
Agora quedamos á espera de ver que se decide no resto de asemblea de Galiza.

Lembramos ós afiliados e afiliadas de CIG-Saúde de O Barco que o martes ás 17 horas temos reunión para tratar este e outros temas, o lugar será na sala de xuntas do HCV.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 08-10-2009 14:37
Queres comentar ou preguntar algo?

Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 08-10-2009 13:21
Queres comentar ou preguntar algo?
Algo fede......
O nobelo do Gürtel leva fíos até Louzán, Negreira e Telmo Martín


Os socialistas acusan os actuais altos cargos do PPdeG de favorecer empresas vinculadas coa rede de financiamento irregular do partido.

"Non é certa a escusa que pon Feijoo, porque hai tres persoas do PP galego que estaban e están", arrebólalle a deputada e portavoz do PSdeG, Mar Barcón, ao líder do PPdeG ao respecto do caso Gürtel.

Barcón revelou que o PSdeG reclamou da Deputación de Pontevedra informes de facturas dos anos 1999, 2000, 2001 e 2002. "Hai constancia de que Louzán contratou nestes anos a empresas relacionadas co caso Gürtel", acusou a socialistas ao presidente do ente provincial, Rafael Louzán.

Ao tempo, o PSdeG solicitou datos da Comisión de Pesca onde sae avalía a xestión de Portos de Galicia, para aclarar os contratos que Carlos Negreira, presidente do PP na provincia da Coruña e actual voceiro municipal do PP na cidade herculina, xestionou cando era presidente da entidade portuaria. De xeito concreto, subliñan que hai contratos coa empresa Constructora Hispánica, "vinculada coa trama Gürtel, e outras contratacións a empresas que figuran no expediente policial que investiga este caso de corrupción". Unha empresa que, recordou Barcón, está ademais vinculada a obras relacionadas co goberno español "estando Aznar e Rajoy en postos de responsabilidade do goberno central".

En terceiro lugar, salientan os socialistas os informes das consellarías de Medio Ambiente e Urbanismo sobre a paralización da urbanización de Sanxenxo, autorizada por Telmo Martín cando era alcalde deste concello, á empresa Sedesa, relacionada co caso Gürtel. O PSdeG pedirá ademais no Concello de Sanxenxo información sobre a recualificación de terreos realizada para a construción do polígono neste concello.

"Homes do presidente"
"Parece que todo converxe especialmente na provincia de Pontevedra", chamou a atención a deputada socialista. "Na que é ademais a provincia de Rajoy e Louzán, e na que residiu Feijoo", dixo. Na súa opinión, as vinculacións do PP galego co caso Gürtel "non rematan aquí" e dixo sospeitar que "pode haber máis relacións con este caso tanto na provincia de Pontevedra como noutras provincias galegas".

A voceira do PsdeG esixe que Louzán, Negreira e Martín, aos que define, pola súa proximidade a Alberto Núñez Feijoo como "homes do presidente", dean explicacións sobre eses fíos. Ao tempo, esíxelle a Feijoo que "deixe a pasividade" e ofreza "explicacións da relación dos seus homes de confianza co caso Gürtel, unha trama que salpica o PP en toda España".

"Xa o propio Fraga dixo que isto non ía ben, algo no que nós coincidimos", engadiu Barcón, convidando o líder do PPdeG a "asumir a realidade" e "deixar de escudarse en que el non estaba nese momento".

noticia extraida de vieiros, mais neste enlace
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 08-10-2009 00:59
Queres comentar ou preguntar algo?
lazo morado; símbolo do apoio a área de O Barco
Incorporamos o lazo como mostra de apoio a área de O Barco.
Hoxe como tódolos mércores o persoal do HCV fixo unha concentración con corte de tráfico, en apoio da área única, o mércores que ven estamos de novo convocados a esta inicitiva en defensa dunha atención sanitaria digna para as nosas comarcas.

Por outro lado, ás 20 horas reúnese a plataforma en defensa da sanidade pública para iniciar unha serie de medidas en aras da concienciación da poboación.

Xa saiu da imprenta o cartaz que se distribuirá polos locais comerciais de toda área de saúde´, así como panfletos explicativos da nosa postura.
A partires desta semana a plataforma deberá intensificar o seu traballo para intentar chegar e sensibilizar a maior porcentaxe de poboación posible.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 07-10-2009 17:15
Queres comentar ou preguntar algo?
Queremos galego!
A CIG forma parte da Plataforma Queremos Galego, que convoca para o próximo 18 de outubro unha manifestación de rexeitamento da política anti-galego que está a levar a cabo o PP (no ensino, na sanidade, na Función Pública, nos Concellos...). Ademais, estase a impulsar unha Iniciativa Lexislativa Popular, cuxo texto é o que podedes ver máis abaixo.

Como integrantes desta Plataforma, animámosvos a tod@s a participar na manifestación do próximo domingo 18 de outubro. A Plataforma vai ser presentada próximamente na comarca de Valdeorras e tentará fletar un autobús para que aquelas persoas que queiran ir á manifestación e non dispoñan de transporte poidan acudir igualmente.

Animámosvos tamén a adherirvos á Plataforma, podedes facelo na páxina web www.queremosgalego.org, onde atoparedes máis información ao respecto da Plataforma, da Manifestación e da Iniciativa Lexislativa Popular:


Proposta de Iniciativa Lexislativa Popular
pola Garantía dos Dereitos Lingüísticos


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


O Estatuto de autonomía de Galicia estabelece no seu artigo 5.º que “a lingua propia de Galicia é o galego” e que “os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar”. Para facer efectivos estes dereitos a lei sinala que “os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento”, acadando así que ninguén sexa “discriminado por causa da lingua”.

A pesar do sinalado nesta norma, a realidade é que a lingua propia do país continúa sen ter garantida a presenza mínima do seu recoñecemento de oficialidade hai tres décadas, situándose a súa posición pública e institucional lonxe do mandado estatutario. Así, está ausente de boa parte da documentación e sinalizacións públicas, o dereito a recibir atención neste idioma carece de garantías reais e o sistema educativo non só non garante as competencias lingüísticas suficientes en galego, senón que incide no abandono do galego por parte de moitas nenas e moitos nenos.

Para rematar con este incumprimento estatutario é necesario que o Goberno galego adopte medidas para romper con esta situación tan inxusta e avanzar na normalización. As galegas e os galegos teñen que ter garantido o dereito a poderen vivir con normalidade na súa lingua na súa terra, sen discriminacións de ningún tipo, como prevé o Estatuto de autonomía no art. 5.

A liberdade das persoas que integran a sociedade galega só poderá ser efectiva cando o Poder Público dispoña os medios no sistema educativo para que todos e todas coñezan axeitadamente o galego e a Administración estea en condicións de dispensar os seus servizos na nosa lingua.

A Administración debe cumprir ademais o deber de fomento do uso do galego na vida pública para que mediante a súa visualización a lingua propia acceda a ámbitos institucionais e privados dos que tradicionalmente estivo excluída, transmitindo a mensaxe á sociedade de que a nosa lingua é válida para calquera situación da vida diaria. Cúmprese así co deber constitucional previsto no art. 9.2. da Constitución española de crear as condicións para facer efectiva a igualdade das persoas, promovendo a lingua que está en condicións de desvantaxe social –como amosa a evolución dos Mapas sociolingüísticos elaborados pola Real Academia Galega–, fundamento das leis protectoras e fomentadoras do galego.

Estas medidas teñen que ir no camiño dos consensos acadados nestes anos, como a aprobación en 1996 da Declaración universal de dereitos lingüísticos, a ratificación en 2001 da Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, monitorizada polo Consello de Europa, e a aprobación en 2004 do Plan xeral de normalización da lingua galega.


TÍTULO ÚNICO


Artigo 1.- O Goberno galego, en cumprimento da obriga estabelecida no artigo 5 do Estatuto de Autonomía, fará plenamente efectivos os dereitos das galegas e dos galegos a utilizaren o idioma propio do país.
Artigo 2.- O Goberno galego garantirá que toda a sinaléctica, información e documentación administrativa que reciban os cidadáns e as cidadás en todos os ámbitos administrativos da Xunta, ou en calquera ámbito participado por ela, incluídas todas aquelas entidades xurídicas que prestan servizos dependentes daquela, estean en galego.
Artigo 3.- O Goberno galego garantirá que todos os seus servizos, e os de calquera entidade participada por el, incluídas todas aquelas que os prestan dependendo da Xunta, serán prestados en galego a todos os cidadáns e cidadás. O persoal das entidades dependentes da Xunta ha tomar a iniciativa dirixíndose e manténdose en galego cara ao público, coa excepción daquelas ou daqueles que soliciten seren atendidos en castelán. Así mesmo, todos os cargos públicos e os dos organismos e entes autonómicos, sociedades públicas e institucións dela dependentes farán uso público, tanto oral como escrito, de xeito sistemático, da lingua galega no desempeño da súa responsabilidade.
Artigo 4.- O Goberno galego garantirá que o dereito a usar e recibir información, documentación etc na lingua propia do país non supoña ningún tipo de discriminación, demora na prestación do servizo ou deturpación lingüística por parte da Administración galega ou os seus representantes.
Artigo 5.- O Goberno galego adoptará as medidas necesarias para garantir o dereito a recibir o ensino en galego por parte de todo o alumnado ao menos nun 50% do horario escolar en cada curso en todas as etapas educativas, de acordo co sinalado no Plan xeral de normalización da lingua galega.

Disposición Transitoria.- O Goberno galego deberá adoptar cantas medidas sexan precisas para lle dar cumprimento ao disposto nos artigos 2 e 3 nun prazo de seis meses desde a entrada en vigor desta lei.

Disposición Final.- A presente lei entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.


QUEREMOS GALEGO!!!
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 07-10-2009 12:37
Queres comentar ou preguntar algo?
Coidado coa GriPeP!!!


Acábanos de chegar este aviso epidemiolóxico do Centro de Investigación de Graves Afeccións.

Unha terrible enfermidade se cerne sobre as nosas cabezas: trátase da GriPeP, que afecta gravemente á sanidade pública, producindo recortes en investimentos e contratacións, aumento de listas de espera, privatización grave en certos hospitais, lentitude na publicación de decretos e listas de contratación pendentes, supresión de áreas sanitarias... e moitos outros síntomas graves que poden facer que o Sevizo Galego de Saúde acabe na UCI (e será unha UCI privatizada e baixo mínimos, claro).

A GriPeP está aqui, fagamos o que estea na nosa man para evitala!!!

Se queredes saber máis sobre esta enfermidade, ou queredes coñecer os síntomas ou como evitala, consultade o prospecto aqui.

En breve, aparecerá un antiviral contra a GriPeP, inda que non se ten demostrado eficaz. Publicitarémolo no seu momento.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 07-10-2009 10:12
Queres comentar ou preguntar algo?
permisos OPE SERGAS
Como semella que o Sergas non vai elaborar unhas novas instruccións de permisos para os exames desta ope, publicamos as instrucciois de OPEs anteriores.

No apartado 5.3.3 do Acordo de Concertación Social sobre retribucións e condicións de traballo do persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario do Servicio Galego de Saúde( DOG nº 55 19 de Marzo de 2001), contemplase o permiso retribuído para asistencia as probas selectivas convocadas polo propio organismo.

O 27 de Xuño do ano 2001 publicase no DOG as datas, horas e lugar de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición convocada por resolución desta División de 20 de Marzo de 2001 ( DOG nº 63 do 29 de marzo ). Os exames celebraranse os días 6, 7 e 8 de Xullo no recinto da feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra). Os chamamentos iniciaranse ás 10 horas e ás 16.30 o día 6; as 9, 13 e 18 horas o día 7; e as 9, 12.15 e 17 horas o día 8 de Xullo.

As institucións sanitarias e Direccións Provinciais do SERGAS poñen de manifesto a esta División os problemas de dispoñibilidade de profesionais nalgunhas áreas, categorías e quendas, por mor da asistencia o exame da practica totalidade de persoal que ven realizando substitucións e que por mor da incompatibilidade de horario coa quenda a cubrir teñen que renunciar ós nomeamentos que se lle oferten. Así mesmo, informan que parte do persoal fixo atópase de permiso por vacacións, polo que o recurso ó mesmo é limitado.

Ante a situación excepcional anteriormente exposta, compre dicta-las instruccións precisas para articular a concesión dos permisos citados, e ordenar a xestión do persoal coa garantía da prestación asistencial, establecendo os criterios de xestión necesarios tendentes a evitar incidencias na cobertura da asistencia sanitaria.

En virtude do artigo 4º da orde de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde do 21 de abril de 1998 (D.O.G. nº 88 do 11 de maio) este centro directivo ten asignadas competencias en materia de xestión ordinaria do persoal do SERGAS , así díctanse as seguintes

I N S T R U C C I Ó N S


PRIMEIRA.- Principio xeral.


Conforme ó previsto no apartado 5.3.3. do Acordo de Concertación Social, “ o persoal incluído no ámbito de aplicación do presente Acordo terá dereito a permisos retribuídos para asistencia ás probas a realizar no ámbito de procesos selectivos

convocados polo Servicio Galego de Saúde ou pola entidades públicas personificadas dependentes da Comunidade Autónoma ou pola Consellería de Sanidade, durante os días da súa celebración. O desfrute destes permisos estará limitado a un máximo de 4 días ó ano.”

Como consecuencia deste precepto o persoal que ten asignados quendas de traballo en coincidencia co día de celebración das probas selectivas convocadas polo SERGAS, queda dispensado da prestación de servicios nesa data.

Obviamente o persoal que non ten asignada prestación de servicios nesas datas, non causa dereito a este permiso.


SEGUNDA:- Concepto de día de celebración.

O concepto de día de celebración o que fai referencia o apartado 5.3.3. do Acordo de concertación social debe poñerse en consonancia coa organización do traballo en réxime de quendas que é común nas institucións sanitarias do SERGAS, así como coa propia finalidade do permiso, que non é outra que facilitarlle a asistencia ós profesionais a estas probas , así como o retorno nos supostos nos que se tivese que incorporar ó traballo con posterioridade a celebración da proba.

Por esa razón entenderase como día da celebración tanto a quenda de traballo concorrente co inicio da proba, así como a quenda anterior e maila posterior, garantindo deste xeito a posibilidade de chegada e retorno das probas en relación coa continuidade do servicio.


TERCEIRA.- Excepcións.

A amplitude da convocatoria da proba selectiva e súa afectación tanto a importantes sectores da plantilla como á practica totalidade dos incluídos nas listas de contratacións das categorías convocadas puideran xerar, excepcionalmente, situacións de desabastecemento de profesionais en categorías e momentos concretos.

A extensión do dereito ó permiso retribuído, como ocorre coa xeneralidade dos dereitos de carácter profesional, atopan o seu límite no mantemento da continuidade dos servicios en aqueles casos nos que concorran risco potencial para a asistencia á poboación. Por estas razóns, o permiso para probas dos profesionais deberá conxuntarse cos seguintes criterios:

a) En todo caso, as direccións dos centros procurarán acomodar a organización do traballo nas datas de realización das probas de maneira que se posibilite o desfrute do persoal no termos expresados no apartado anterior.

b) Unicamente nos supostos de constatarse situacións de desabastecemento de profesionais de envergadura tal que comprometa a continuidade da asistencia sanitaria, a dirección do centro poderá establecer limitacións ó desfrute dos permisos nos seguintes termos:

b.1) A dirección poderá establecer o criterio de que o permiso abarque a noite anterior, e o profesional se incorpore na quenda posterior á de chamamento da proba, podendo acordar incorporacións a quenda con posterioridade a hora usual de inicio coa finalidade de garantir o tempo de desprazamento, que nunca poderá ser superior ás catro horas a contar dende a hora de finalización das probas.

b.2) Así mesmo, a dirección poderá acadar acordos cos profesionais afectados, para que realicen prestacións de servicios nas quendas inmediatamente anteriores ou posteriores a de chamamento, garantindo o tempo necesario de desprazamento ata a localidade de celebración.

b.3) Nestes supostos, nos casos nos que o desfrute efectivo do permiso non abarque as tres quendas previstas, estableceranse as compensacións correspondentes.

CUARTA.- Xustificación da asistencia.

Os centros poderán solicitar ós profesionais que desfruten do permiso por proba o certificado acreditativo de asistencia a mesma.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001.
O DIRECTOR XERAL DA DIVISIÓN DE RECURSOS HUMANOS
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 06-10-2009 13:23
Queres comentar ou preguntar algo?
asemblea contrataciois

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 06-10-2009 11:10
Queres comentar ou preguntar algo?
OPE: pequenas notas
sobre a lista de non exentos de costureiras: acabamos de contactar co SERGAS e nos din que están revisando as listas.

datas e hora de exame: as datas e horas das categorias que non aparecen publicadas en DOG, sairán publicadas mais adiante, non sabemos se habrá ou non modificaciois nos horarios posto que nas datas según o SERGAS serán as mesmas que xa publicamos.

O resto de temas como o de farmacéticos de saude pública, novas categorias, etc, non se abordaron o SERGAS quere primeiro ter resposta da súa proposta de novo Pacto.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 06-10-2009 09:59
Queres comentar ou preguntar algo?
publicación de datas e hora exames
Publicadas oficialmente no DOG de hoxe as datas de realización dos exames da OPE de distintas categorías.
DATAS OFICIAIS:

Día 16 de outubro de 2009:
ás 10.00 horas: mecánico/a; ás 15.30 horas: fontaneiro/a.

Día 17 de outubro de 2009:
ás 10.00 horas: lavandeiro/a; ás 15.30 horas: pasador/a de ferro.

Día 18 de outubro de 2009:
ás 10.00 horas: técnico/a de xestión de sistemas e t.i. e logopeda; ás 15.30 horas: técnico/a especialista de sistemas e t.i. e albanel.

Día 23 de outubro de 2009:
ás 10.00 horas: costureiro/a; ás 15.30 horas: técnico especialista en anatomía patolóxica e citoloxía.

Día 24 de outubro de 2009:
ás 10.00 horas: técnico especialista en imaxe para o diagnóstico clínico, telefonista; ás 15.30 horas: técnico/a en hixiene bucodental, perruqueiro/a, calefactor/a.

Día 25 de outubro de 2009:
ás 9.00 horas: grupo técnico da función administrativa; ás 11.30 horas: grupo de xestión da función administrativa;ás 16.00 horas: grupo administrativo da función administrativa.

Os exercicios realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra).Os aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.

Durante o tempo fixado para a realización dos exercicios non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, polo tanto, queda prohibido o acceso aos recintos e será causa de inadmisión ao chamamento a mera tenza deles. Advírtese que non haberá servizo de recolla de teléfonos móbiles.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 06-10-2009 08:20
Queres comentar ou preguntar algo?
incumprimento dos acordos: CIG-Saúde rexeita unha reunión a 2 co SERGAS
Este de abaixo é o correo enviado onte pola Secretaria Nacional de CIG-Saúde sobre unha reunión bilateral entre SERGAS e CIG-Saúde, que se enmarca dentro dos contactos que está tendo a Administración con tódolos sindicatos, esta decisión foi tomada onte polo que non imos acudir a ningún tipo de reuniois fora do ámbito da Mesa Sectorial.
Esta é a primeira medida que tomamos despois da ameaza da Administración de deixar sen efecto os aordos asinados.

Bo día: mediante o presente escrito a CIG-SAÚDE quere por no teu coñecemento que non acudiremos á reunión bilateral á que estabamos convocados para o próximo xoves, día 8 de outubro.

Á CIG-SAÚDE parécenos dunha gravidade, até hoxe nunca vista, o feito de que a Admón incumpra os acordos asinados, e creemos que é materia máis que suficiente para que se convoque a Mesa Sectorial de Sanidade.
Solicitamos que en vez de reunións bilaterais con cada unha das organizacións sindicais, se convoque de inmediato a Mesa Sectorial para que todas/os recibamos a información en tempo e forma.

Agardando a túa resposta.

Un saúdo Mª Xosé Abuín.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 06-10-2009 07:55
Queres comentar ou preguntar algo?
listas de non exentos de galego
A pesares que o SERGAS dixo que onte luns colgaría as listas de non exentos do exame de galego, aínda non están tódalas categorias colgadas da súa web. Estas de abaixo son os enlaces das categorias que están publicadas ata o de agora, poñemos tamén a resolución que abre o prazo de reclamación, que seguramente nas que saian hoxe chegará ata o dia 9 de outubro:

Publicada a Resolución do 8 de xullo de 2009 (DOG nº 136, do 14 de xullo), da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se modifica a Resolución do 18 de febreiro de 2009 de convocatoria do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, recibida e comprobada a documentación enviada por cada aspirante, expóñense as listaxes de aspirantes NON EXENTOS de realizar a proba acreditativa do coñecemento da lingua galega, ao non haber achegado documentación ningunha, non estar suficientemente acreditada ou non corresponder ao nivel esixido, segundo a Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG nº 146, do 30 de xullo), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

Así mesmo, no caso de que houbera algún erro, ábrese un prazo dende hoxe ata o día 08/10/09 ambos inclusive, para poder subsanalo, mediante presentación da oportuna xustificación, ou ben persoalmente na Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, ou no seu fax 881 542818.

Albanel

Calefactor

costureira

Fontaneiro

Grupo administrativo da función administrativa

Grupo de xestión da función administrativa

Grupo técnico da función administrativa

Lavandeira

Logopeda

Mecánico

Pasadora de ferro

Perruqueiro

TECNICO DE XESTIÓN DE SISTEMAS E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN

Técnico/a Especialista de Sistemas e T.I.

TAP

Hixienistas

TER

Telefonista
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 06-10-2009 07:15
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis