CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

IMPORTANTE: cambio hora exercicio OPE
Chéganos esta mensaxe do SERGAS:

Nas datas de realización dos exercicios da OPE 2009 publicadas no DOG do día 16-10-09, por cuestións organizativas alterouse a hora de realización dos exercicios de P.S.X e cociñeiros, respecto ás datas que como previsión estaban colgadas na páxina web como anticipo informativo.

É importante que difundades que a categoría de P.S.X examinarase o día 15-11-09 ás 17:00 horas, e a de cociñeiro o día 15-11-09 ás 13:00 horas. Gracias.


Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 21-10-2009 12:25
Queres comentar ou preguntar algo?
Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 20-10-2009 14:11
Queres comentar ou preguntar algo?
CONCENTRACION HCV
Hoxe levamos a cabo a primeira mobilización en contra da suspensión dos acordos; iniciamos con esta a primeira acción que se verá secundada o venres con outra concentración e o mércores 28 a que esperemos que sexa unha gran manifestación en defensa dos acordos asinados e contra da política de acoso e ninguneo ó persoal do SERGAS.
A asistencia non estivo mal, pero o venres temos que ser moitos mais, do contrario espéranos unha longa noite de pedra.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 20-10-2009 14:06
Queres comentar ou preguntar algo?
instrucciois embarazadas
Esta é o correo que envia o Sergas sobre o exame das embarazadas que estean ingresadas.

Bos días: co data de hoxe será anunciada na páxina web do Servicio Galego de
Saúde a nota informativa que enviamos neste correo en relación coas
aspirantes do proceso selectivo que estean embarazadas


No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes e da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, a Consellería de Sanidade permitirá ás mulleres embarazadas, ingresadas no mesmo día do exame, facer os distintos exercicios da fase de oposición, derivados do proceso selectivo de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, convocado por resolución da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 18 de febreiro de 2009 (DOG nº 40, do 26 de febreiro).

Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados no chamamento para a realización dos exames do mes de novembro de 2009, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, o Servizo Galego de Saúde desplazará ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificaran e solicitaran no fax da Dirección de Recursos Humanos 881 542818, ata as 14 horas do día 6 de novembro para os chamamentos dos días 7 e 8 de novembro de 2009; e ata as 14 horas do día 13 de novembro para os chamamentos dos días 14 e 15 de novembro de 2009.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 20-10-2009 13:02
Queres comentar ou preguntar algo?
Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 20-10-2009 12:37
Queres comentar ou preguntar algo?
nova reunion do Pacto de contrataciois
Este de abaixo é o correo que recibimos onte do SERGAS:

Boa tarde, por medio da presente convócaselles á unha xuntanza do grupo de traballo para a negociación do novo pacto de selección temporal o vindeiro venres 30 de outubro ás 12:30 horas, na sala 02-03 da Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.
De conformidade cotratado na pasada reunión esperamos a recepción das vosas alegacións. Aos efectos de seren estudiadas e valoradas pregamos que as remitades antes do luns 26 de outubro.


Decir tamén que o rexeitamento da proposta do SERGAS á parte das áreas que xa o comunicamos no seu dia (O Barco, A Coruña, Monforte e Lugo), exténdese a Compostela. Do resto de zonas aínda non temos noticias.

O xoves reunirase o consello de CIG-Saúde para concretar a nosa postura, que será publicada no blog.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 20-10-2009 10:13
Queres comentar ou preguntar algo?
Convocatoria OPE SESCAM
Deixámosvos aqui ligazón para a convocatoria que o SESCAM acaba de publicar. As categorías convocadas son:
Celador/a
Enfermeira/o
Auxiliar de Enfermaría
Auxiliar Administrativo
FEAS de diversas categorías.
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 19-10-2009 10:51
Queres comentar ou preguntar algo?
ábrese a fase de concurso para FEAS
Publícase hoxe no DOG o peche da fase de oposición e a apertura da fase de concurso da OPE-SERGAS. Podedes ver a resolución premendo aqui.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 19-10-2009 10:45
Queres comentar ou preguntar algo?
queremos galego.... miles de persoas!
Deixámosvos aqui dous videos que dan conta do masivo apoio á mobilización de onte convocada pola plataforma Queremos Galego! e onde tamén se pode ver a manipulación á que someten as noticias na TVG.

No primeiro video veredes os cortes do telexornal de onte adicados á mobilización. Como veredes a conexión en directo produciuse cando xa moita xente marchaba da praza da Quintana para deixar entrar aos miles que viñan detrás. Fixeron a conexión nese momento coa intención de que non se visualizara o masivo apoio a esta mobilización, cando o certo é que a praza se encheu dúas veces ata rebentar e quedou moita xente sen chegar a entrar. Tamén vos daredes conta de que en ningún momento o locutor do telexornal di número de participantes, limitándose a dicir que se cumpriron as espectativas. Dirémolo nós: en Compostela onte había máis de 100.000 persoas manifestándose pola lingua, e pedíndolle a Núñez Feijoo que como mínimo a respecte e que actúe como presidente da Xunta que é, cumprindo o mandato estatutario de promocionar e protexer a nosa lingua.

No segundo vídeo deixámosvos unhas imaxes do canto do hino galego ao finalizar a manifestación.





Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 19-10-2009 09:47
Queres comentar ou preguntar algo?
publicacións ope SERGAS
Publícanse hoxe no DOG, tal e como se anunciaba, as resolucións seguintes:

1. Puntuacións definitivas de determinadas categorías de FEAs.


2. Lugar e data de celebración de exames de oposición de varias categorías.

Podedes consultar as resolucións premendo no título correspondente.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-10-2009 10:16
Queres comentar ou preguntar algo?
O Sergas deu contratos por 800.000 euros á promotora da sede do PP
noticia extraida de el pais
O Sergas deu contratos por 800.000 euros á promotora da sede do PP


A Fegas rexeitou un aluguer de 125.000 euros anuais e acabou gastando 3,9 millóns

A Xunta non quedou nun simple sobreprezo. Se a modificación do contrato para comprar a sede dunha fundación do Sergas elevou o custo nun millón de euros, que foi a parar ao peto do mesmo promotor que construía o local do PP de Galicia, as facturas fixeron outro tanto. Ao longo de 2003 e 2004, a inmobiliaria remitiu á Consellería de Sanidade máis de 140 facturas por 800.000 euros. O importe total do inmoble pasaba así de 3,07 millóns de euros a case 4 millóns. O seu prezo de mercado era de 1,7 millóns, segundo un informe da consultora Tinsa.
Unha vez construído o edificio, a fundación sanitaria foi encargando, sempre á inmobiliaria que construíu a súa sede e a do PP, distintas obras de acondicionamento para a primeira. Todas elas, por valor lixeiramente inferior aos 90.000 euros, de forma que as licitacións tramitounas directamente o director da fundación, Javier Bouzada Romeu, sen necesidade de elevar proposta ao padroado da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas). A empresa Kotlas cobrou así, por exemplo, 154.591 euros en obras de instalación eléctrica, divididas en tres facturas, ademais doutros 60.935 en iluminación.

A Fegas non reparou en gastos. As facturas revelan o pago de 42.793 euros para cadros de alimentación individuais, con tomas de computador e corrente, para os alumnos da escola. En tres bases para tapas de mesas de computadores e outras catro para o salón de actos, a inmobiliaria facturou 14.354 euros. Os gastos inclúen 5.656 euros en tomas de proxectores fluorescentes, 9.241 en azulexos de aseos, 27.437 en pantallas fluorescentes, 3.495 en varandas e 3.616 en tres chapas co anagrama de Fegas.

Con todo, uns meses antes, o 24 de abril de 2002, o director do Fegas recoñecía ante o padroado que a escola dispuña neses momentos "de material informático e de oficina dabondo". O acta daquela reunión recollía a decisión de implantar a actividade docente no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, cun custo anual de 125.492 euros. O único investimento, sostiña Bouzada, consistiría en dividir con biombos os 228 metros cadrados do bloque D do Pazo para "estruturar as distintas oficinas". Seis meses máis tarde, o 1 de outubro, Bouzada informaba de que "razoes de tipo económico e de política local" facían imposible o uso do Pazo de Congresos.

A esa reunión, o director da Fegas presentouse cunha alternativa: as condicións de adquisición e financiamento dun inmoble para construír a sede da fundación. Javier Bouzada levaba debaixo do brazo as características das instalacións e o prego de condicións para a licitación do contrato, que incluían a localización na propia zona de San Lázaro e unha superficie en metros cadrados coincidente coa que lle ofertaba a inmobiliaria que construiría a sede do PP. Só esa compañía presentou oferta. O 11 de decembro adxudicóuselle o contrato.

"Foi un erro ao cortar e pegar"

Javier Bouzada, director da Fegas durante a operación, atribuíu onte as correccións que elevaron o prezo da sede nun millón de euros ao "erro dun funcionario". Segundo Bouzada, ese traballador empregou distintos borradores de contrato coa inmobiliaria que construíu a sede do PP. "Á hora de cortar e pegar para facer o definitivo, equivocouse; é un erro que ese funcionario asume", declarou.

Bouzada asegura que cando pechou a operación descoñecía que o PP íase a instalar no mesmo edificio, e nega "falar nunca nin coñecer de nada a Jesús Palmou", entón secretario xeral do PP. "Eu despachaba co presidente en funcións do padroado", aclara. Tamén sostén que volveu ao notario para dar conta dos erros, non sen advertir ao padroado da Fegas, senón "por mandato" dese organismo, co obxectivo de emendar as incorrecciones. Bouzada asegura que a operación foi "impecable" e atribúe o caso a que "o PSOE está cinco puntos por baixo do PP".

Sanidade omite a rectificación

A Consellería de Sanidade defendeu onte a "transparencia" da compra da sede da Fegas, e limitou a 79.846 euros a diferenza entre o primeiro contrato asinado ante notario e o rectificado 18 días despois. Nun comunicado, o departamento que dirixe Pilar Farjas asume rectificacións menores, pero conclúe que o prezo establecido na primeira visita ao notario era de 2.994.034 euros. Esa cantidade sae de sumar a compra dunha parte do inmoble (820.992 euros), o pago de alugueres do resto (1.248.883) e as súas respectivas opcións de compra (924.158).

O que as reproducións que acompañan a nota da consellería non inclúen son os dous parágrafos que establecen que as opcións de compra entenderanse abonadas con cargo aos alugueres, de forma que "non procederá, no momento do exercicio e materialización da opción de compra pola Fegas, o abono de cantidade algunha". Sen eses 924.158 euros, o prezo da sede de Fegas sairía en 2,07 millóns de euros, un millón menos do aceptado cando fundación e promotora volveron ao notario.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 15-10-2009 23:38
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG:Saúde Lugo: a orixinalidade contra a privatización

Como xa tódalas comarcas teñen a súa propia web, hoxe estreamos unha nova categoria "outros blogs de CIG-Saúde", nela iremos pondo os post que nos chamen mais a atención do resto de comarcas.

E qué mellor que para este primeiro artigo que irnos ó blog de CIG-Saúde Lugo, onde hoxe fixeron unha movida ben orixinal, que pasamos a reproducir:

MESA PETITORIA

A CIG pasou toda a mañá a recadar fondos para amañar as máquinas da lavandería e tamén para que o SERGAS poida facer un edificio para albergala no H. Novo. Consideramos o que pasa con este servizo o inicio do desmantelamento do Sistema Sanitario Público en Lugo e tentaremos paralo por todos os medios.
Por esta causa, insertamos esta cuestión na campaña sobre a GriPeP, iniciada pola Federacíon de Saúde a nivel Nacional, na que se denuncia o adelgazamento do Sistema Público no marco do neoliberalismo máis atroz. Aí vai unha mostra (neste caso correspóndese coa foto superior).

Contarvos que a suma acadada ascende a 30€, informaremos do que decidamos facer con eso.
Comentarios (0) - Categoría: outros blogs de cig-saúde - Publicado o 15-10-2009 16:21
Queres comentar ou preguntar algo?
orzamentos 2010: consúmase a felonia
que dín os orzamentos??


Artigo 13.3.
Tres.- ..... Para efectos do disposto na alínea anterior as retribucións que percibirá o persoal funcionario que ata a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 viñan referenciadas aos grupos de titulación previstos na lexislación da función pública galega, e que se corresponden nos mesmos termos cos grupos recollidos no texto refundido da Lei da función pública de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, pasan a estar referenciadas aos grupos e subgrupos de clasificación profesional establecidos no artigo 76 e na Disposición transitoria terceira da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado público, sen experimentar outras variacións que as derivadas dos incrementos previstos nesta lei. As equivalencias entre ambos os sistemas de clasificación son as seguintes:

Grupo A Decreto lexislativo 1/2008 -- Subgrupo A1 Lei 7/2007
Grupo B Decreto lexislativo 1/2008 -- Subgrupo A2 Lei 7/2007
Grupo C Decreto lexislativo 1/2008 -- Subgrupo C1 Lei 7/2007
Grupo D Decreto lexislativo 1/2008 -- Subgrupo C2 Lei 7/2007
Grupo E Decreto lexislativo 1/2008 -- Agrupacións profesionais Lei 7/2007

consecuencia:
Séguese sen contemplar a clasificación de persoal do Estatuto Básico do Empregado Público, por este motivo os Técnicos Superiores seguen a estar no grupo C1, en vez de estar clasificados como grupo B. O mesmo pasa coas Auxiliares de Enfermaría, que seguen estando nun nivel de clasificación inferior ao requisito de titulación esixido.


Artigo 13.4.
Catro.-
...Os acordos, convenios ou pactos que impliquen crecementos retributivos superiores deberán axustarse ao establecido neste artigo, resultando inaplicables no caso contrario. Debido ás actuais circunstancias económicas excepcionais e conforme ao previsto na alínea Dez do artigo 38 da Lei 7/2007, do 12 de abril, pola que se aproba o Estatuto básico do empregado púbrico, difírese a aplicación dos pactos ou acordos asinados que supoñan incrementos retributivos para o ano 2010.

consecuencia:
Suspensión acordos retributivos sen data de recuperación dos mesmos. Suspendense o acordo 2008/2012, o da Carreira Extraordinaria do persoal de xestión e servizos e sanitario de formación profesional e o de PACs.

Artigo 16.
Retribucións dos altos cargos e outro persoal directivo.

Un.- Continúan vixentes para o 2010 as retribucións totais e exclusivas dos altos cargos, incluídas as pagas extraordinarias, establecidas no punto Un do artigo 15 da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2008, sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.
Aqui si que non dubidan, os altos cargos manteñen as suas retribucións ( é ou non é unha tomadura de pelo)

Artigo 18.
Retribucións das persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia.

As retribucións das persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia, para o ano 2010, serán identicas na súa contía ás establecidas para os postos con rango de dirección xeral. Sen prexuízo da percepción de catorce mensualidades da retribución por antigüidade que puider corresponderlles de conformidade coa normativa vixente.
Mais tomadura de pelo, aos Delegados Territoriais se lles sobe o soldo en 200 euros ao mes, pasan a ter categoría de Directores Xerais.

Artigo 30.
Oferta de emprego público e convocatoria de prazas para o ano 2010.
Un.-
Durante o ano 2010, o número total de prazas de novo ingreso do persoal do sector público ao que se refire a alínea Seis do artigo 13 desta lei, será, como máximo, igual ao 15% da taxa de reposición de efectivos e concentraranse nos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren absolutamente prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais.
A limitación a que se fai referencia na alínea anterior non será aplicable:
a) Ao Servizo Galego de Saúde en relación coa cobertura das correspondentes prazas nos seus hospitais e centros de saúde.
Neste ano xa incumplen a excepción que eles mesmos fan co Sergas, xa que eliminan prazas no Plan Mellora de Atención Primaria e no Plan de Saúde Mental.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 15-10-2009 15:11
Queres comentar ou preguntar algo?
boa participación na asemblea da plataforma sindical
Hoxe as 13,30 horas a plataforma sindical composta polos sindicatos UGT, SAE, CC.OO, CIG, CSI-CSIF e CEMS, levamos acabo, unha asemblea no HCV para informar ó persoal do que supón as medidas que quere aplicar o goberno do PP deixando sen efecto os acordos asinados anteriormente.

Na asemblea participaron mais de 60 persoas que manifestaron o seu desacordo con estas medidas.

Polo tanto agora queda pasar a acción e concentrarse o martes e o venres da semana que ven nos centros e asistir masivamente á manifestación que terá lugar en Compostelo o mércores 28 de outubro
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 15-10-2009 14:23
Queres comentar ou preguntar algo?
información listados exentos galego
Chegounos esta mensaxe do SERGAS:

Bos días: hoxe pola mañá publicarase na páxina web do organismo as listaxes DEFINITIVAS de aspirantes exentos de realizar a proba de coñecemento da lingua galega das categorías de:
- Mecánico/a
- fontanero/a
- Lavandero/a
- Pasador/a de ferro
- Técnico/a xestión de sistemas e T.I.
- Logopeda
- Técnico/a especialista de sistemas e T.I.
- Albanel

O vindeiro luns publicaranse as listaxes provisionais de aspirantes exentos de realizar a proba de gallgo das categorías cuxos exericios se realizarán no mes de novembro.

Por último o martes, día 20 publicarase as listaxes DEFINITIVAS de aspirantes exentos de relizar a proba de galego dos aspirantes das categorías cuxos exercicios se realizarán os días 23, 24 e 35 de outubro.

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 15-10-2009 09:37
Queres comentar ou preguntar algo?
A coruña, Monforte e Lugo súmanse ó rexeitamento do Pacto
Ata o dia de hoxe levanse posicionado en contra do pacto de contrataciois xunto coa de O Barco, as secciois sindicais de A Coruña, LUGO, e Monforte.

O resto das zonas están en proceso de consulta coas bases, pero despois de saber estes datos, apostamos a que no resto das zonas as posiciois van ser similares.
En todo caso o xoves 22 tomarase a decisión que corresponda no consello, e dende esta sección sindical plantexaremos ademais que vaia acompañada dun calendario de mobilizaciois, iso sí, para despois do 15 de novembro como se acordou nas asembleas.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 14-10-2009 17:12
Queres comentar ou preguntar algo?
curas no SERGAS
Este de abaixo é o escrito que CIG-Saúde remitiu á Conselleira de sanidade manifestando o noso rexeitamento sobre a incorporación dun cura na comisión técnica de coidados paliativos.

CIG-SAÚDE REXEITA A PRETENSIÓN DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE INCLUIR UN CURA NO COMITÉ GALEGO DE COIDADOS PALIATIVOS.


Os coidados paliativos son aquelas atencións que se dan aos doentes con unha enfermidade potencialmente mortal, en fase avanzada e ao que non afectan os tratamentos curativos.
O obxectivo dos coidados paliativos é atender o máis rapidamente posible os síntomas da enfermidade, os problemas psicolóxicos, sociais e espirituais relacionados coa enfermidade. Unha das metas principais dos coidados paliativos é o control da dor e outros síntomas para que o doente poida permanecer o mais alerta e cómodo posible, e para que poida decidir durante todo o proceso da enfermidade.
As organizacións científicas din sobre a atención médica ao final da vida, que :
“Todas as persoas teñen dereito a unha asistencia sanitaria de calidade científica e humana. Pólo tanto, recibir unha adecuada atención médica ao final da vida non debe considerarse un privilexio, senón un autentico dereito”.

Esta atención é a que debe prestar a Admón sanitaria a través dos seus profesionais altamente cualificados . Sen esquecer a atención espiritual moi importante para algunhas persoas na fase final da súa vida.
Pero unha cousa é que a Admón facilite aos doentes ingresados nos seus centros a atención espiritual, independentemente de cal sexa a súa confesións relixiosa, e outra moi distinta é que a Consellería de Sanidade incorpore na Comisión Galega de Coidados Paliativos un representante dunha determinada confesión relixiosa (un cura). Dita comisión debe estar constituída, exclusivamente, por profesionais sanitarios para elaborar o plano estratéxico de coidados paliativos; polo que o seu carácter debe ser de comité Técnico-Cientifico, e de seguro que estes profesionais terán en conta o coidado dos aspectos espirituais ; que non se pode confundir con un comité espiritual.

Ademais a Constitución Española recolle o dereito das persoas a profesar calquera relixión, pólo que, se somos respectuoso coa Carta Magna neste comité deberían estar representadas todas as confesións relixiosas.
Desde a CIG- SAÚDE solicitamos da Consellería de Sanidade que non confunda o plano científico co plano espiritual, , e que garantise a todas/os as/os doentes ingresados nos seus centros, e a petición propia, o apoio espiritual, calquera que sexa a confesión relixiosa que procesan.

Recollendo ao ilustre teólogo. Enrique Miret Magdalena, finado recentemente. “ A igrexa esta formada por homes que non teñen contacto coa realidade social, as autoridades eclesiásticas abusan das súas funcións, cren no seu poder absoluto suplantando a Díos ”. Esta frase ten o seu reflexo nas afirmación do PAPA sobre a SIDA e os métodos de protección.
Esperemos que a Consellería de Sanidade deixe traballar aos seu profesionais con criterios clínicos e non con criterios espirituais impostos desde quen pretende impor, pola forza, que as súas crenzas relixiosas se convertan en Leis civís

Non sabemos se a incorporación de sacerdotes ao mundo sanitario é a solución que pretende dar a Consellería de Sanidade ao déficit de médicos; substituído facultativos por curas.

Compostela, 14 de outubro de 2009.

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.
Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 14-10-2009 12:54
Queres comentar ou preguntar algo?
bando da alcaldesa de vilamartín
No PP de Valdeorras imponse a pleitesia a Santiago sobre o interese xeral da área


Esta imaxe que tedes á dereita é a do bando sacado en Vilamartín de Valdeorras pola alcaldesa Mª Jesús Candal.
Nél táchase de manipalación e política o traballo feito pola plataforma (que curioso ela que saca un bando co tema), da o seu total apoio á xestión do SERGAS en Santiago e fai creer a poboación que vamos a mellorar moitísimo co novo modelo.

Como dista isto do acontecido na mariña, onde o partido popular desa comarca posicionouse en contra das intenciois da Xunta e fixo que Feijóo e Farjas cambiaran o modelo que tiñan preparado nesa área para integrar primaria nela (ata o momento sólo son declaraciois). Na nosa área sen embargo estes politiquillos populares priman o seu desexo de gañar cotas no partido e non lles importa sacrificar a capacidade de xestión nun tema tan importante para os veciños e veciñas como é a sanidade.

Esperemos que cando cheguen as elecciois para elexir alcaldes e concellais o pobo teña memoria a dé a cada un o que se merece.
Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 14-10-2009 12:06
Queres comentar ou preguntar algo?
a sección sindical de o barco rexeita a proposta do novo pacto
A reunión de afiliad@s de CIG-Saúde de O Barco manifestouse unánimemente en contra da proposta do SERGAS sobre o novo pacto de contrataciois, polo tanto na mesma liña na que se manifestou a asemblea de persoal celebrada o pasado xoves.
Sí estamos de acordo en vincular as listas de contratación á OPE pero nunha sola lista onde se teña en conta tanto a nota de exame como a experiencia, non parece tampouco de recibo que se vinculen as listas de contratación nesta OPE. Ademais e como tamén sucedeu na asemblea da pasada semana ínstase ó sindicato a organizar mobilizaciois unificando todos cuantos temas están relacionados coas listas de contratación para que o SERGAS dunha vez por todas realice unha xestión rápida, eficaz e transparente dando solución a cantos problemas ten enriba da mesa.

Por outra banda, esta mañá e despois de ver a cantidade de entradas que habia no blog sobre este asunto puxémonos en contacto con CIG-Saúde Pontevedra e a xente de CIG-Saúde que participou na Mesa Sectorial onde se abordou a proposta do SERGAS do novo Pacto de contrataciois, non fora a ser que houbera algún tipo de malentendidos, e a resposta foi contundente:

1º É falso que CIG-Saúde dera o seu apoio ó modelo de Pacto plantexado polo SERGAS.

2º É falso que CIG-Saúde Pontevedra manifestara que a CIG posicionarase a favor do Pacto.


Repetimos que este tema foi tratado polo consello de CIG-Saúde e este decidiu levar o tema ás bases para o seu pronunciamento, e nesa fase estamos, o xoves 22 tódalas áreas deberán levar as resoluciois producidas en cada unha delas e sacar a postura oficial da Central sindical.

Neste blog temos por filosofia non criticar a acción sindical do resto de organizaciois e moi contadas veces as citamos, pero diso a que este blog de CIG-Saúde lles sirva a algún para facerse eco das súas mobilizaciois utilizando a calumnia e o cabreo da xente para intentar desacreditarnos, xa raia o absurdo.

Por último pedir ós foreiros que utilicen un solo post para poñer o que pensan é simplemente por respeto ós demais visitantes e á xente que traballamos nél. Polo que a partir de agora eliminaremos calquera comentario repetido que poida aparecer.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 13-10-2009 19:50
Queres comentar ou preguntar algo?
oferta de cursos CIG Valdeorras
A CIG de Valdeorras abre o prazo para anotarse aos cursos de formación interna e para traballadores da empresa privada.

Ofertan ‘Prevención de Riscos’, ‘Palista cargador’, ‘Informática de usuario’ e ‘Nóminas e Seguridade Social’.

A CIG de Valdeorras anuncia a convocatoria do curso de formación continua de ‘Prevención de Riscos Laborais’, ‘Palista cargador’ e Informática de Usuario’, dirixidos a traballadores da empresa privada e o de ‘Nóminas e Seguridade Social’, dirixidos a formación interna. Para apuntarse, as/os interesadas/os poden pasar polo local ou chamar ao 988 321 511.

O curso de prevención de riscos laborais ten unha duración de 55 horas e un total de 15 prazas, igual que o de Informática de Usuario. O de palista cargador, porén, é de 45 horas e o número de prazas tamén é de 15.

O curso de formación interna para delegados/as de Nóminas e Seguridade Social impartirase os días 27 de outubro, 12 de novembro, 10 de decembro, 14 de xaneiro, 11 de febreiro e 11 de marzo en horario de 9:30 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:00 horas.
Comentarios (0) - Categoría: CIG Valdeorras - Publicado o 13-10-2009 14:10
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis