CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 31-10-2009 12:31
Queres comentar ou preguntar algo?
O Goberno da Xunta rompe a Mesa Sectorial
O Goberno da Xunta rompe a Mesa Sectorial, esiximos a convocatoria de xeito inmediato dunha Mesa Sectorial CON CAPACIDADE NEGOCIADORA

Na Mesa Sectorial que se celebrou este vernes 30 de outubro esiximoslle ao Sergas que se tratase como primeiro punto da orde do día a SUSPENSIÓN DOS ACORDOS ASINADOS, o Sergas unha vez máis manifesta que foi unha decisión do Goberno da Xunta e que eles non teñen capacidade negociadora nese asunto, sendo isto a primeira vez que acontece no ámbito dunha Mesa Sectorial, órgano máximo de negociación colectiva para o persoal do Sergas.

Ante esta situación a Plataforma Sindical solicita que acuda a persoa do Goberno que teña capacidade para negociar, como a esta petición non acceden, decidimos suspender a Mesa Sectorial ata que recibamos unha convocatoria para tratar a suspensión dos acordos, asunto prioritario para o conxunto de traballadoras e traballadores, e tódolos demáis temas pendentes, para o que a Plataforma Sindical amosa a disponibilidade de sentarnos a negociar na Mesa Sectorial as 24 horas do día.

Lamentamos a rotura por parte da Administración do órgano de representación e negociación dos traballadores e traballadoras do Sergas.

MOBILIZACIÓNS PLATAFORMA SINDICAL:


Concentración o luns 2 de novembro ás 11h no Pazo de Congresos e Exposicións en Santiago de Compostela, onde estará a Conselleira presentando a Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Peches nas Comarcas coa participación do persoal en Asembleas Permanentes durante 24 horas nas seguines datas:
?Días 3 e 10 de novembro nas provincias de Lugo e A Coruña.
?Días 5 e 12 de novembro nas provincias de Ourense e Pontevedra.

Concentración diante do Parlamento coincidindo co inicio do debate dos orzamentos.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 31-10-2009 11:55
Queres comentar ou preguntar algo?
plante dos sindicatos ó SERGAS
fonte: la voz de galicia
mesa sectorial: Os sindicatos plantan a Sanidade por non negociar a conxelación dos acordos de mellora

Os sindicatos CC.OO., CESM, CIG, CSI-F, SAE e UXT decidiron levantarse da mesa sectorial de Sanidade que se celebrou onte en Santiago. Os representantes dos traballadores pedían que se tratase como primeiro punto a suspensión dos acordos económicos de mellora para o ano 2010, unha medida adoptada pola Xunta por mor da situación de crise actual.

Segundo as organizacións sindicais, o Sergas asegura ademais que «foi unha decisión da Xunta e que eles non teñen capacidade negociadora neste asunto», polo que a plataforma sindical esixe entón que acuda a persoa do Goberno que ten capacidade para negociar.

Ademais de levantarse da mesa sectorial, os traballadores sanitarios están convocados a unha serie de mobilizacións por este motivo. O luns haberá unha concentración de delegados no Palacio de Congresos de Santiago, onde ten previsto acudir a conselleira, mentres que haberá peches de 24 horas nas distintas comarcas os días 3, 5, 10 e 12 do mes de novembro.

Diálogo social

A Consellería de Sanidade respondeu ao plante dos sindicatos resaltando a importancia de continuar co diálogo social. «Se ben o contexto económico actual dificulta que a Administración cumpra os acordos asinados polo anterior Executivo, o labor da mesa sectorial debe continuar», explica.

A Xunta indica que onte debían terse negociado decretos como o do persoal emérito, o de integración do colectivo afectado pola Lei 17/1989, e a convocatoria dunha reunión para traballar no novo pacto de vinculacións temporais.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 31-10-2009 11:40
Queres comentar ou preguntar algo?
somos unha área: o xogo da lura do PP
No recente conflito en defensa da área sanitaria de O Barco, o PP recorreu varias etapas, dende que anunciou a integración da área de O Barco na de Ourense (a primeira) ata a última onde dá marcha atrás e dí no Parlamento a Conselleira sor Farjas, que se manterá a área e acusa tanto a sindicatos como á plataforma de manipular ós cidadáns con fins políticos. Pero o vivir nunha era informatizada ten moitas ventaxas, unha delas é a hemeroteca dixital da prensa á que tod@s podemos acceder dende o noso ordenador e se accedemos á prensa local que cubriu o conflito veise claramente que quén intentou manipular á cidadanía foron eles (o PP) utilizando a estratexia da lura.
En CIG-Saúde de O Barco, adicamos un pouco do noso tempo a mergullarnos nas hemerotecas locais de La voz de Galicia e La Región e demoslle formato de video para subilo ó tubo, aquí volo deixamos.

Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 31-10-2009 11:36
Queres comentar ou preguntar algo?
lotaría do nadal

Xa temos á vosa disposición no noso local participacións de 5 euros da Lotaría de Nadal da CIG como a que vedes na imaxe, con ese número que de seguro nos vai facer millonari@s a tod@s.

Se queredes algunha participación non tendes máis que pasar polo local.
Comentarios (0) - Categoría: varias - Publicado o 30-10-2009 08:59
Queres comentar ou preguntar algo?
recrudécense as mobilizacións
Despois da exitosa manifestación de onte, e en vista de que a Conselleira segue nas súas de non cumprir o que se acordou, velaqui as mobilizacións que van ter lugar contra a suspensión dos acordos:

Concentración o luns 2 de novembro ás 11 hs no Pazo de Congresos e Exposicións en Santiago de Compostela, onde estará a Conselleira presentando a Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

Peches nas comarcas coa participación do persoal en Asembleas Permanentes durante 24 hs nas seguines datas:
?Días 3 e 10 de novembro nas provincias de Lugo e A Coruña.
?Días 5 e 12 de novembro nas provincias de Ourense e Pontevedra.

 Concentración diante do Parlamento coincidindo co inicio do debate dos orzamentos.

NA LOITA POLO QUE É NOSO: CUMPRIMENTO DOS ACORDOS!!!

Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 29-10-2009 14:33
Queres comentar ou preguntar algo?
Exames OPE SERGAS; qué teis que decir?
Alguén d@s nos@s blogueir@s, pediu que se abrira un fio no blog onde comentar as incidencias dos exames de OPE, a idea parécenos interesante e polo tanto aquí tedes ese fio onde expresar o que creades oportuno sobre os exames da OPE, única e exclusivamente sobre exames ou tribunais, polo tanto este post non é para que fagades preguntas e xa advertimos que non imos contestar ningunha aquí, para iso dirixídevos ó post de preguntas de OPE.

Isto é en definitiva simplemente un espacio que funcionará como un foro, dámoslle un acceso directo dende a marxen esqueda do blog en artigos destacados para que vos sexa mais fácil o acceso.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 28-10-2009 19:24
Queres comentar ou preguntar algo?
o persoal do SERGAS falou alto e claro: os acordos hai que cumprilos

Señora Farjas: os acordos asinados hai que respectalos!


Velai o que hoxe berraron máis de 5000 persoas traballadoras do SERGAS en Santiago de Compostela, no decurso dunha manifestación que saiu de San Caetano e se dirixiu ao edificio da Consellería de Sanidade en San Lázaro.

A manifestación foi, xa que logo, todo un éxito e non é máis que unha pequena mostra de que o persoal do SERGAS está disposto a mobilizarse por defender o que é seu, nin máis nin menos; porque.. os acordos asinados coa anterior administración deben ser respectados pola administración actual, non son ningún agasallo que se lle fixo ao persoal, son medidas de equiparación dos nosos profesionais cos doutras comunidades autónomas que nos levan anos luz en canto ás condicións laborais na sanidade.

Parece ser que a señora Farjas nos pide aos traballadores e traballadoras do SERGAS un "sacrificio" e que sexamos "solidarios" coas persoas que poden ir ao paro. Supoñemos que se refire a todas as persoas que estando nas listas de contratación do SERGAS non van ser contratadas grazas á súa política de "austeridade". Ou aquelas que viñan traballando para o SERGAS e que están sendo cesadas.
Señora Farjas: sexa vostede a solidaria, faga vostede ese sacrificio, porque entre o persoal do SERGAS hai moitos traballadores e traballadoras que non chegan a 1.000 euros de soldo mensuais. E ainda pide sacrificios??? Canto cobra vostede? e os seus altos cargos?

A de hoxe só era unha mostra, as mobilizacións, ante a resposta negativa da Conselleira, vanse recrudecer. Estade atentos/as ao blog, porque próximamente anunciaremos máis medidas de presión.

O PERSOAL DO SERGAS NA DEFENSA DO QUE É SEU: POLO CUMPRIMENTO DOS ACORDOS!!! RESPECTO ÁS MESAS NEGOCIADORAS!!!

Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 28-10-2009 19:20
Queres comentar ou preguntar algo?
non á privatización da Sanidade!!!

A Plataforma pola defensa da Sanidade Pública de Vigo convoca unha manifestación para o 29 de outubro en Vigo. "A privatización prexudica a túa saúde. Hospital Público xa!"

Ante a intención do Goberno da Xunta do señor Feijóo de introducir a iniciativa privada na Sanidade, nomeadamente nos novos hospitais de Vigo, Pontevedra e Lugo, a Plataforma pola defensa da Sanidade Pública de Vigo convoca unha grande manifestación para o próximo xoves 29 de Outubro.


A manifestación sairá ás 20h dende o cruce de Gran Vía con Urzaiz e percorrerá varias rúas da cidade de Vigo reivindicando unha sanidade pública digna.

Por unha sanidade pública e digna, participa!!!


Máis información premendo aqui ou aqui.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 28-10-2009 19:20
Queres comentar ou preguntar algo?
información sergas contratación
Por parte de CIG Saúde plantexóuselle ó sergas diversas cuestiois sobre contratación:

Previsión de listas pendentes: O Sergas informa da previsión de que na segunda quincena de mes de novembro contan ter publicadas as listas. A situación a día de hoxe é que A Coruña, Lugo e Ourense xa acabaron de rexistrar e están adiantando baremación, Vigo aínda non rematou o rexistro, e ao mesmo tempo xa están remitindo as solicitudes de vida laboral á Tesourería.

Decretos categorías pendentes: Neste asunto xa mostramos o noso aburrimento polo recurrente desta situación, indicamos que parece xa un cachondeo a publicación destes Decretos. O Sergas indica que en parte comparte con nós iso e cóntanos que neste momento as cousas están do seguinte modo: Decreto creación Técnicos Farmacia será o primeiro en saír xa ten os informes de asesoría xurídica e economía, logo sairá o Decreto de Técnicos en Documentación Sanitaria e por último o Decreto de Técnicos en Dietética (non avanzaron datas concretas). Respecto das categorías de Prevención non hai noticias.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 26-10-2009 11:17
Queres comentar ou preguntar algo?
A Xunta elimina os 200 euros adicionais que cobraban os pensionistas
artigo extraido de vieiros

A Xunta elimina os 200 euros adicionais que cobraban os pensionistas

A medida, posta en marcha polo bipartito, completaba as pensións non contributivas e beneficiaba a 51 mil xubilados.

Os xubilados deixarán de cobrar os 200 euros anuais que completaban a súas pensións non contributivas, cubertas polo Estado Español. A medida, promovida pola Vicepresidencia pola Igualdade e o Benestar presidida por Anxo Quintana durante o Goberno bipartito, beneficiaba a un total de 51 mil pensionistas.

Os orzamentos para 2010 non inclúen ningunha partida específica para este concepto e, segundo informa na súa edición deste domingo o Faro de Vigo, a Consellaría de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, argumenta que esta medida non era máis que "un parche". Adianta que a cantidade económica que non se destinará a este fin, 10 millóns de euros, adicarase a políticas asistenciais dirixidas ao mesmo colectivo, de momento sen especificar. Mato cuestiona a legalidade deste complemento económico e asegura que non soluciona o problema dos pensionistas.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 26-10-2009 00:58
Queres comentar ou preguntar algo?
a nosa historia facémola nós
unha semana despois...

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 25-10-2009 10:38
Queres comentar ou preguntar algo?

Comentarios (0) - Categoría: carrabouxos - Publicado o 24-10-2009 18:14
Queres comentar ou preguntar algo?
desprezo pola lingua na Xunta de Galiza
artigo extraido de Vieiros

Tradutor automático, desidia ou pouco galego na escola?

A versión en galego do primeiro exercicio no concurso ao Corpo Superior, Grupo A1, a fin de semana pasada, estaba inzado de grallas. Tamén revelan "irregularidades".




"Mesmo a xente que o fixo en castelán mostraba a súa cara de sorpresa e de bochorno por tantos fallos". Xosé Antonio, lector de Vieiros, púxose en contacto coa redacción para denunciar a situación vivida durante o primeiro exercicio na oposición ao Corpo Superior da Xunta, Grupo A1, a fin de semana pasada, cando houbo que adiar o inicio da proba debido á cantidade de erros que contiña "só" na súa versión en galego.

Outro lector do xornal advertía xa nun comentario: "Se queredes galego, ide opositar á Xunta. Esta mañá celebrouse o primeiro exercicio do grupo superior da Administración e aquelo era de vergoña, o 10% das preguntas estaba mal redactado, pero mal redactado do xeito de 'sentenza asine' no canto de 'sentenza firme', 'ría de facenda' por 'consellería de facenda', 'órganos de ado' por 'órganos do estado', e así ata o infinito e máis alá".

Isto aconteceu o sábado, na convocatoria para consolidación, e houbo quen se levantou do seu asento para expresar o vergoñento do asunto. Os propios auxiliares do tribunal que asisten e vixían os aspirantes "non sabían onde meterse", asegura o primeiro dos denunciantes. O domingo, quenda da convocatoria libre para o mesmo Grupo A1 e que coincidiu coa manifestación a prol do galego en Compostela, os erros volvíanse repetir. A indignación era máxima.

"E que talmente parece que o fixeran adrede para que desistamos e fagamos os exames en castelán", resume o lector que fixo o comentario en Vieiros. "Tantos fallos e todos no de galego o que mostran é un menosprezo á lingua galega", considera Xosé Antonio que descoñece se se presentou unha queixa formal.

O que si constatou é que esta semana había panfletos do CSI-CSIF no edificio da Xunta que facían referencia ao asunto. Xosé Sánchez-Brunete, responsábel deste sindicato en temas de Administración autonómica confirma os erros e cualifica todo o proceso selectivo de "surrealista".

Cun cero no exame, á segunda proba
Entre as irregularidades que detectaron, destacan que "houbo tres preguntas repetidas" o domingo con respecto ao sábado; "non se realizou o sorteo" entre dúas opcións de tests como é habitual, "só se fixo unha"; o exame do Grupo A1 foi "moito máis difícil ca o do C1"; e, sobre todo, hai persoas que pasan ao segundo exercicio con 10 puntos aínda que fallaron as 123 preguntas.

Segundo explica Sánchez-Brunete, no caso do Grupo A1 inscribíronse 681 candidatos e estabeleceuse o corte en 450. É dicir, as 450 mellores notas pasarían á segunda proba. Porén, como só se presentaron 410, o que acontece é que "todos acceden ao segundo exercicio, mesmo os que sacaron un cero, que pasan con 10 puntos".

Para se facer unha idea do que isto supón, cómpre saber que aqueles que contestaron ben todas as cuestións do test pasan ao seguinte exercicio, práctico, "onde a sorte tamén xoga un papel fundamental", con 20 puntos. "A inxustiza é evidente", afirma o responsábel do CSIF. Neste senso, solicitan que nos próximos procesos selectivos se implante un "sistema corrector progresivo" que equilibre esta descompensación. Ademais, salienta que no caso do grupo C1, o corte era de 400 e houbo arredor de 3.500 inscritos.

En xeral, Sánchez-Brunete considera que esta situación "caótica" que "é o primeiro ano que ocorre", solucionaríase permitindo que "os sindicatos volvan formar parte dos tribunais de oposición" á Xunta.


Algúns (non todos) dos erros de lingua na proba do sábado:

Pregunta 17
a) Só en caso de dolo, culpa ou neglixencia grave declarada en sentenza xudicial asine.

Pregunta 25
a) Aquells fundacións constituídas na súa totalidade por achegas da Administración ...

Pregunta 26
b) Será único para toda a Comunidade Autónoma de Galicia, e estará adscrito a ría que así se determine regulamentariamente.

Pregunta 49
c) Formularánse por escrito no que se relatará o feito que motiva a queixa.

Pregunta 53
b) Anteproyectos de lei ou proxectos de disposicións administrativas ...

Pregunta 54
a) Os asuntos en que tivese ditaminado o Consello de Estado non poderán remitirse a informe de ningún outro corpo ou órgano de ado.

Pregunta 57
De acordo co artigo 13 de a Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio ...

Pregunta 61
De acordo co artigo 43 de a Lei 30/1992, do 26 de novembro ...

Pregunta 63
c) A publicación dun acto deberá conter os mesmos elementos que o punto 2 do artigo 58 da de a Ley 30/1992, do 26 de novembro, ...

Pregunta 67
De acordo co artigo 6 de a Ley 6/1997, do 14 de abril ...

Pregunta 68
De acordo co artigo 9 de a Lei 6/1997, do 14 de abril ...

Pregunta 69
Segundo o artigo 33 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, corresponde, en todo caso, ao pleno da Diputación ...

Pregunta 76
d) Os municipios con menos de 100 habitantes que tradicionalmente conten con este singular réxime de goberno e administración, sempre que se constitúan coa aprobación de la Comunidad Autónoma.

Pregunta 78
a) Alcalde e catro concelleiros, os cales, co secretario de ión e o perito ...
b) Alcalde e tres concelleiros, os cales, co secretario, o interventor de ión e o perito ...
c) Alcalde e dous concelleiros, os cales, co secretario de ión e o perito ...


Algúns (non todos) dos erros na proba do domingo:

Pregunta 7
Segundo o art.º 20 do Regulamento do Parlamento de Galicia, ¿en qué casos queda suspendida a condición de deputado? c) e d) Cando unha sentenza firme condenatoria así impóñao ...

Pregunta 17
De acordo co artigo 21 de a Ley 3/1980, do 22 de abril, ...

Pregunta 21
Segundo a Lei 29/ 1998, da xurisdicción contencioso administrativa ...

Pregunta 27
Cal das seguintes procedimientos non se inclúen no ámbito ...

Pregunta 45
a), c) e d) Os ditames do Conselo Consultivo serán de carácter ...

Pregunta 46
d) Ninguna das anteriores.

Pregunta 49
Segundo o Art.º 13 de a Ley 8/1985, de eleccións ao Parlamento ...

Pregunta 51
a) Polo Conselo de contas de Galicia ...
b) Polo Conselllo de contas de Galicia ...

Pregunta 74
c) Poderase acordar a achega de bens inmobles patrimoniais calquiera que fora o seu valor ...

Pregunta 79
Segundo el artículo 17 de la Lei 33/2003, ...

Pregunta 114
a) O presidente da Xunta será elixido polo Parlamento Gallego ...
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 24-10-2009 13:52
Queres comentar ou preguntar algo?
Reunión na consellaría entre a Plataforma e a Directora Xeral de Asistencia Sanitaria
Velaqui o resumo que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área do Barco envía sobre a reunión mantida onte en Santiago coa Directora Xeral de Asistencia Sanitaria:

Como posiblemente xa veríades na prensa, a directora de asistencia sanitaria na reunión mantida onte coa representación da Plataforma, confirmou que non se vai integrar a área sanitaria do Barco na de Ourense. Ante as nosas inquedanzas e preocupacións sobre se os orzamentos e a xestión ían estar separados en dúas áreas (Ourense e O Barco) a resposta foi afirmativa; parece ser que a súa única intención é integrar a Primaria e a Especializada na área.

Recriminámoslle o feito de non ter aclarado isto desde o principio de xeito oficial a través de declaracións da Conselleira e anunciámoslles que a Plataforma continuaría expectante ante a redación do decreto de integración de Primaria e Especializada, para ver se se cumpría o que nos anunciaron onte.
Tamén lles dixemos que esperábamos que se tivera en conta a opinión da cidadanía e dos profesionais para a redacción dese decreto de integración.

Este é, máis ou menos, o resumo desa reunión. A Plataforma reuniráse en asemblea o próximo mércores 28, ás 20 hs, no lugar de sempre, para valorar o acontecido e as actividades a realizar no futuro como Plataforma.


Comentarios (0) - Categoría: somos unha área - Publicado o 23-10-2009 19:35
Queres comentar ou preguntar algo?
NON á represión sindical en POVISA!!!
noticia extraida de Avantar

Instálase unha caravana fronte a Povisa para demandar a readmisión de Consuelo Martínez, unha semana antes do seu xuízo. Permanecerán até o 28 de outubro, mesmo a fin de semana, e conta co apoio de traballadores/as deste hospital.


Pancartas contra a represión sindical e pola readmisión de Consuelo Martínez, delegada da CIG en Povisa e portavoz do Comité de folga durante a mobilización que tivo lugar en maio pola negociación do convenio colectivo, permanecerán desde o xoves 22 de outubro até o mércores 28 fronte a Povisa instaladas nunha caravana, aparcada fronte a este centro hospitalario.

"Instalámonos aqui, xa que como nos queda unha semana para o xuízo que é o 29, con esta caravana coas pancartas en reclamación de que este despedimento se solucione antes do xuízo e co apoio dos traballadores e traballadoras de Povisa", sinalaba a propia Consuelo Martínez, xunto á caravana.

Acompañamento de traballadores/as de Povisa

A delegada da CIG explicaba que "estaremos aqui até o dia 29, xusto o dia antes do xuízo, e estará permanentemente a sección sindical da CIG en Povisa, co acompañamento dos traballadores e traballadoras, tanto nos tempos de cafetaria como nas entradas e saídas de quendas. Estaremos tamén a fin de semana e mentres imos preparando toda a documentación para o xuízo que se prevé longo".

Xuízo o 29 de outubro

O xuízo comezará o 29 de outubro ás 12 da mañá na Sala número 5 do Social e xa está convocada unha concentración ás 11 diante dos Xulgados, de apoio e solidariedade, e pola súa readmisión.

Sobre as previsións que ten para este proceso xudicial, Consuelo Martínez, manifestou que "se falamos de xustiza, o xuízo debera saír ben, xa que o que parece incríbel é que con catro sindicatos implicados na folga, doce membros do Comité de folga máis 23 membros do Comité de Empresa, que só a min se me acuse de todo canto aconteceu e mesmo do que non pasou, porque hai moita mentira na miña carta de despedimento".

Consuelo Martínez aporta para este xuízo a perto de sesenta testemuñas, e Povisa está a citar a traballadores e mesmo a pacientes.

Ausencia do resto de centrais sindicais

Por último, denuncian a ausencia das outras centrais sindicais que forman parte do Comité de Empresa xa que "están totalmente desvinculados, non forman parte do Comité de Empresa, non asisten ás asembleas do centro, e hoxe a asemblea acordou enviarlles un escrito porque queren que dean a cara nunha asemblea e que expliquen porque están tomando esta actitude diante do meu despedimento".

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 23-10-2009 19:15
Queres comentar ou preguntar algo?
CIG-Saúde dí NON á proposta do SERGAS sobre o novo Pacto de contrataciois
Como xa anunciamos no seu dia, hoxe o consello nacional de CIG-Saúde reuniuse para tratar sobre a proposta do SERGAS do novo pacto de contrataciois.
Unha por unha foronse pronunciando tódalas secciois sindicais de CIG-Saúde tras ter consultado co persoal e por unha vez houbo unanimidade á hora de rexeitar a proposta.
Tamén se rexeitou calquera vinculación de listas coa OPE que está en marcha.

A proposta que se fai dende CIG-Saúde sigue sendo vincular o listado de contrataciois á OPE pero nun solo listado onde a toda a xente se lle contemplen os méritos e a nota de exame, a partir de ahí estamos dispostos a seguir negociando na liña de facer mais rápida a baremación e aforrar gastos ó persoal (sólo terían que pagar uha taxa e non 2).

Dende CIG-Saúde O Barco temos que decir ademais un par de cousas, unha vez contrastada e tomada a nosa postura oficial ante a oferta do SERGAS.

O ataque sofrido hacia nós por parte dalgúns, mentindo e manipulando sobre o que aconteceu na mesa de contrataciois parécenos unha vileza e xogar luxo, sobre o novo pacto fumos dando información clara e puntual dende este blog e publicamos en varias ocasiois as nosas propostas.
Por non falar que non recateamos esforzos para a mellor comprensión do pacto antigo:
Puxemos a vosa disposición un modelo de recurso de alzada
Explicamos como se xestionan as listas de contratación.
Informamos de cando se reunen as mesas de contratación
Cando se esgotaron as listas de contratación presionamos ó SERGAS para que tirara das provisorias dalgunhas categorias e denunciamos chanchullos que se estaban a dar
Mandamos escritos de protesta pola xestión de listas
Animamos ó persoal a protestar
Ata fixemos un manual para novatos para apuntarse nas listas de contratación. Isto e moito mais, non tedes mais que entrar na categoria de contratación para velo.

Pero é que ademais tamén nos mollamos mobilizando @s nos@s delegad@s:

en Santiago coa campaña para que nos escoiten vexan e falen
Contra a privatización da central de chamadas que supuña usurpar contratos a persoal estatutario, en reiteradas ocasiois.
Ou a concentración "cámbialle o ritmo o SERGAS".

Istos son sólo algúns exemplos do noso traballo e compromiso, de todo diuse información puntual no blog, polo que non entendemos ben todos os ataques sofridos estes dias e as dúbidas plantexadas por parte dalgún persoal que manifestou o seu cabreo no blog. Gostaríanos que ese cabreo dalgún manifestárase tamén contra o SERGAS, e imos ter ocasión de facelo unha vez pasadas as OPEs coas mobilizaciois que anunciaremos no seu momento.

Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 22-10-2009 21:53
Queres comentar ou preguntar algo?
orzamentos SERGAS para o 2010
Deixamos un enlace para quén lle poda servir de interese do PROXECTO DE ORZAMENTOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA. ANO 2010: SERGAS

Ó longo da semana se temos tempo intentaremos contrastalos cos do ano pasado, despois dun vistazo rápido todo indica que a creación de prazas queda reducida á mínima expresión.

podedes ver se queredes tamén co fin de contrastar datos, os orzamentos do 2009.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 22-10-2009 00:24
Queres comentar ou preguntar algo?
reunión coa xerencia permisos de exame
Hoxe a comisión de centro do HCV mantivemos unha reunión extraordinaria coa Xerenta e o director de enfermaria co fin de intentar arranxar a noite anterior os exames de OPE que se realizan pola tarde.
En base ás instrucciois dadas polo SERGAS sólo se contemplan permisos na mesma quenda do exame e na anterior e a seguinte.
A verdade que non conseguimos mais que á xente que traballa á noite anterior somente lle facilitarán o dia, a nosa intención era que se considerara dia de permiso, pero como xa dixemos non conseguimos que dende a direción se modificara esta postura a pesares de estar a 2 horas en coche do lugar de celebración do examen, o persoal que esteades neste caso e queirades coller libre esa noite tédesllo que comunicar ó responsable do servizo para que este se encargue da cobertura desa quenda.
Dado que vai ser ben raro que o persoal que esté en listas non acuda á realización do exame e co fin de non ter problemas coa mesa de contratación en caso de rexeitar o contrato, vaise tirar do persoal fixo ó qué teránsele que ofertar como quere a compensación en dias (2x1) ou en horas extras.

Aproveitamos tamén para pedir a cobertura da praza de aux administratio que está sen cubrir, veremos en que queda este tema.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 21-10-2009 17:27
Queres comentar ou preguntar algo?
filtración nos exames da Xunta?
noticia extraida de La Voz de Galicia

polémica

A Xunta investiga se se filtrou a oposición na que 3 irmáns figuran entre as 5 mellores notas
Pretende esclarecer «ou ocorrido» nunha proba que realizaron case 5.000 opositores


As evidencias que apuntan a posibles filtracións nas probas de acceso ao corpo administrativo da Xunta (C1), nas que tres irmáns figuran entre os cinco que obtiveron mellores notas, levaron ao Goberno galego a iniciar os trámites para abrir unha investigación formal. A Dirección Xeral de Función Pública, que agora depende de Facenda, quere esclarecer «ou ocorrido» nunha oposición na que case 5.000 persoas pugnaron por 140 prazas de emprego público.
Mentres a maquinaria administrativa ponse en marcha, o sindicato CIG segue atando cabos coa intención de denunciar o caso ante a Fiscalía esta mesma semana. Tanto esa central sindical como a plataforma de funcionarios e opositores MIEP e o CSIF alertaron da posible filtración das preguntas da proba do grupo C1 que se celebrou en Silleda durante o fin de semana do 19 e 20 de setembro. Ademais da coincidencia de apelidos en tres dos cinco opositores que conseguiron as mellores puntuacións, as sospeitas sindicais están fundadas no feito de que os tres irmáns inscribíronse para a proba no prazo extraordinario que o Executivo de Feijoo habilitou por mor da reforma da lei coa que acabou coa obrigación de facer o exame tipo test en galego. Ese prazo extra comezou o 15 de xullo, de modo que os que se matricularon entón apenas tiveron dous meses para estudar. Esa limitación para preparar un exame que a CIG considera «ou máis difícil dúas que se levan feito» non impediu que se coasen entre os cinco opositores con máis puntuación os tres irmáns, dos que un alterou a orde dos seus apelidos. De feito, os cinco con mellor nota anotáronse no prazo extra.
O CSIF precisa que, dos tres irmáns, o que alcanzou mellor puntuación entre todos os aspirantes «non consta que se presentase a ningunha proba na Xunta nos últimos procesos selectivos», mentres que, segundo a central, os outros dous opositores do seu mesma familia concorreron ao anterior proceso para subalternos, pero non o superaron.
A CIG pon o acento, ademais, na circunstancia de que a posible filtración dáse no primeiro proceso selectivo no que a Xunta impediu a presenza sindical nun tribunal de libre designación política.

«Máis que un caso de nepotismo, parece un caso de choriceo»

As pescudas da CIG sobre a posible filtración da proba poñen o foco da sospeita sobre un tribunal con cinco membros. Fuentes do sindicato cren que os apelidos dos tres irmáns non corresponden a ningunha familia de arraigamento ou vinculación política evidente. «Máis que un caso de nepotismo, é un caso de choriceo», ironizan na CIG.

Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 21-10-2009 13:54
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3] [4]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0