CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

polas 15.000 sinaturas,
onte iniciouse no parlamento por parte da CIG o proceso da iniciativa lexislativa popular contra o artigo da vergoña da Lei dos altos cargos, como xa anunciaramos anteriormente que se faría.

para a semana que ven esperamos dispoñer de follas de sinaturas para que podades estampar a vosa se non estades de acordo con esta cacicada que premia ós políticos, moitos deles postos a dedo por estar 2 anos ocupando un alto cargo.

Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 31-10-2007 17:49
Queres comentar ou preguntar algo?
mobilidade APD
para ver o Borrador da Orde pola que se regula a mobilidade voluntaria do persoal fixo do modelo tradicional de Atención Primaria, preme aquí
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 31-10-2007 17:35
Queres comentar ou preguntar algo?
campaña de recollida de sinaturas tecnicos especialistas
este de abaixo é o texto que vai a encabezar a recollida de sinaturas por parte de CIG-Saúde, para que a Conselleria de Sanidade para establecer de forma automática as equivalencias entre ambos sistemas de clasificación (o actual e o novo do EBEP).

Os/as abaixo asinantes, Técnicos Sanitarios Superiores, diríxense a Vdes. en relación coa nova clasificación de grupos e categorias profesionais regulados na LEI 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, para manifestarlle o seguinte:

- Que o artigo 76 do EBEP define a nova clasificación dos Grupos e recolle expresamente que ?para o acceso aos corpos ou escalas do grupo B exixirase estar en posesion do título de Técnico Superior?.

- Que sen embargo, na taboa de equivalencias automáticas entre os actuais Grupos e os novos do EBEP prevese manter aos Técnicos Superiores Sanitarios no novo Grupo C1 en lugar de incluilos xa no novo Grupo B.

- Que o proxecto de Lei de Orzamentos Xerais da Xunta de Galiza para o ano 2008 recolle no seu artigo 12.4 as retribucións a percibir no ano 2008 polo persoal funcionario e estatutario aos que resulta de aplicación a nova clasificación profesional do EBEP nos conceptos de soldo base e trienios. En concreto, dito artigo inclue as retribucións do novo grupo B nas seguintes cuantías anuais:

Soldo__ 10.032,96
Trienios__ 365,16.

- Que non aplicar esas cuantías aos Técnicos Superiores con efectos do 1 de xaneiro de 2008 constituiría unha situación irregular e inxusta, pois si se crea na lei un novo Grupo B reservado aos Técnicos Superiores non se entende que agora as Administracións queran retrasar a sua aplicación, mantendo a estas categorias no Subgrupo C1, cos evidentes prexuizos tanto retributivos como de recoñecemento profesional que esa decisión conleva.

- Que solicitamos por tanto que se adopten as medidas necesarias por parte desa Consellería e do Sergas para establecer de forma automática as equivalencias entre ambos sistemas de clasificación (o actual e o novo do EBEP) da seguinte maneira:

GRUPO C SANITARIO ACTUAL LEI 55/2003 (EM)
GRUPO B NOVO LEI 7/2007 (EBEP)

así como o recoñecemento das correspondentes retribucións con efectos do 1 de xaneiro de 2008.

Agardando sexan atendidas as nosas reivindicacións.


CONSELLEIRA DE SANIDADE.
SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.
Sán Lázaro s/n. Santiago de Compostela.

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 31-10-2007 14:42
Queres comentar ou preguntar algo?
dúbidas baremo DUE OPE
Recibimos no correo electrónico unha pregunta que plantexa unha dúbida que alguén máis nos tiña posto enriba da mesa a respecto do baremo da OPE na categoría de ATS/DUE. Para aclararlle o tema definitivamente a quen ainda poida ter dúbidas, poñemos aqui a prengunta tal como nola enviaron e a nosa resposta:

Según andan a dicir por ahí, a xente que ten tempo traballado en atención primaria e en urxencias extrahospitalarias ten máis puntuación xa que din, lles van valorar as horas de horario de mañá e as de urxencias extrahospitalarias por independente, cousa que parece algo inxusta xa que pensando que nun mesmo mes completo traballando en AP de maña e facendo máis de 130 horas de gardas en urxencias hospitalarias acumularían unha puntuación de 2 meses de servizos prestados. Preguntome entón se alguén pode ter máis de 365 días traballados dentro dun mesmo ano. Non sei se formulei a pregunta dunha forma correcta, nin se me podedes contestar a isto, cousa que vos agradecerei.

Segundo o baremo que saiu publicado na convocatoria, o tempo traballado en ?atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias? computase a razón dun mes por cada 130 horas traballadas dentro do mesmo mes. O tempo traballado que exceda desas 130 horas no mesmo mes, non poderá acumularse para outro mes. Este tempo traballado en ?atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias? non poderá solaparse coa atención ordinaria, é dicir, se se tén traballado en atención ordinaria, os servizos prestados computarían por días, fáganse ou non gardas en PAC; e cando o vínculo sexa por ?atención continuada ou gardas de urxencias extrahospitalarias?, ou sexa, vínculo a un PAC, computaránse por horas, facendo o mes nas 130 horas.
Aclarar que se considera "atención continuada" aos vínculos actuais en PAC, e "gardas en urxencias extrahospitalarias" aos antigos reforzos de PAC.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 30-10-2007 13:12
Queres comentar ou preguntar algo?
instruciois para cubrir a autoavaliación de carreira profesional
como xa sabedes, hoxe saiu publicada a resolución que abre o prazo para solicitar o 1º grao de carreira profesional do persoal non sanitario e sanitario de FP.
a semana pasada puxemos unhos vínculos onde podedes consultar tanto o acordo de carreira, como unha serie de instrucciois a ter en conta para cumplimentar a solicitude, poñemos neste post as instrucciois remitidas polo SERGAS, á hora de cubrir a solicitude e autoavaliación.

lembrade que as primeiras recibidas que non presenten dificultades xa cobrarán ca nómina de novembro, polo que aconsellamos metelas nestas semana, a quén lle sexa posible.



FOLLA DE INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR OS ANEXOS

GRAO I CARREIRA PROFESIONAL PERSOAL DE XESTIÓN E SERVIZOS E SANITARIO DE FORMACIÓN PROFESIONAL


- Asine o documento facéndose responsable dos datos reflectidos no mesmo.
- Para axilizar a tramitación dos expedientes, entregue no rexistro os anexos I e II, o antes posible, e en todo caso no prazo de presentación de solicitude que vai dende o 30 de outubro ao 30 de novembro de 2007.
- Non será necesario aportar mais documentos. O Comité de Avaliación solicitará méritos adicionais de ser necesario.
- Os profesionais con vínculo estatutario fixo en mais de unha categoría do ámbito de aplicación do Acordo, e desexen consultar as súas opcións deberán solicitalo á Dirección de Recursos Humanos do seu centro, por escrito e antes do 10 de novembro, aportando todos os datos relativos a servizos prestados e categorías nas que ten praza en propiedade. Informaráselle das súas opcións o antes posible.


ANEXO I


DATOS PERSOAIS E PROFESIONAIS

- Cubrir con letra maiúscula.
- Categoría: A que ten con vínculo fixo co SERGAS e na que está a prestar servizos na actualidade.
- Código numérico persoal (CNP): Campo non obrigatorio.
- Institución/Unidade: Centro e unidade de destino actual do solicitante no Servizo Galego de Saúde.
SOLICITA
-Ten que indicar a categoría ou categorías, de ser o caso, na/s que solicita o acceso ao Grao I de desenvolvemento Profesional.

COMITÉ DE AVALIACIÓN

- As solicitudes correspondentes a profesionais de categorías sanitarias de Formación Profesional terán que ir dirixidas ao Comité de Avaliación de Categorías Sanitarias da Institución Sanitaria correspondente á unidade de destino actual.
- As solicitudes correspondentes a profesionais de categorías de xestión e servizos terán que ir dirixidas ao Comité de Avaliación de Categorías de Xestión e Servizos da Institución Sanitaria correspondente á unidade de destino actual.

ANEXO II


DATOS PERSOAIS E PROFESIONAIS

- Cubrir con letra maiúscula.
- Categoría: A que ten con vínculo fixo co SERGAS e na que está a prestar servizos na actualidade.
- Código numérico persoal (CNP): Campo non obrigatorio.
- Institución/Unidade: Centro e unidade de destino actual do solicitante no Servizo Galego de Saúde.

1. NIVEL DE DESEMPEÑO DA ACTIVIDADE PROFESIONAL:

No Anexo III se relacionan as actividades principais propias de cada categoría, ben sexan directas ou de colaboración. O solicitante deberá establecer o seu nivel de desempeño (baixo, normal ou alto) das actividades indicadas no anexo III facendo unha valoración en conxunto das mesmas.

De non figurar a categoría entre as relacionadas no Anexo III, deberá facelo constar e realizar a autoavaliación tendo en conta as funcións principais da categoría, e comunicar a incidencia ao centro, que informará sobre a área funcional na que se integra, información á que se dará publicidade.

De non resultar aplicables ao posto de traballo as actividades relacionadas no Anexo III debe xustificalo no espazo habilitado ao efecto.

O nivel de desempeño da actividade profesional será autoavaliado tendo en conta o posto que se desempeña actualmente e os servizos prestados no mesmo co límite máximo de 5 anos ata a data da convocatoria.

No suposto de ter servizos en varias unidades ou centros nos cinco anos anteriores deberá facelo constar no cadro memoria que se sitúa ao final da folla dúas do Anexo II, e a avaliación realizarase polo superior xerárquico correspondente ao posto que se ocupa na actualidade e unicamente dende o momento en que comezou a prestar servizos nese centro/ servizo.

ESPAZO A CUMPRIMENTAR POLA ADMINISTRACIÓN

Deberá presentarse a solicitude sen cubrir dito espazo. O responsable xerárquico do posto que ocupa será o responsable de cubrir dito apartado, unha vez lle sexa remitido polo comité de avaliación correspondente.

Se o nivel de desempeño é valorado coma normal (7 créditos) ou alto (8 créditos), a avaliación será favorable, e non será preciso presentar ningunha documentación adicional.

2. ACTIVIDADES ACREDITADAS


2.1 Cursos:

As actividades formativas unicamente se avaliarán no caso de que o nivel de desempeño sexa Baixo (6 créditos). Neste caso a acreditación de 1 crédito adicional (que equivale a un curso de 10 horas) será suficiente para obter avaliación favorable.

Os cursos que sexan tidos en conta para completar a avaliación favorable non poderán ser utilizados nos seguintes graos.

A formación valorarase sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría.

Persoal sanitario de FP: asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento acreditados para profesións sanitarias pola Comisión de Formación Continuada do Sistema Nacional de Saúde, ou pola Comisión Autonómica.

Persoal non sanitario: asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento realizados ao abeiro do acordo nacional de formación continuada das administracións públicas e/ou do Plan de formación continuada do Servizo Galego de Saúde.

Cursos convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, INEM, Cruz Vermella, colexios oficiais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde, posteriores ao 1 de xullo de 2002 (excepto na formación posgraduada, para a que non haberá límite temporal)

En ausencia de acreditación por créditos, 10 horas de formación asimilarase a 1 crédito.

RELACIÓN DE OUTRAS ACTIVIDADES ACREDITADAS (ACTIVIDADE DOCENTE E COMPROMISO COA ORGANIZACIÓN): Soamente se valorarán pola comisión técnica cando non se acaden 7 créditos polos epígrafes anteriores. Estes méritos non será preciso presentalos coa solicitude, e der ser necesarios para a avaliación favorable, habilitarase un prazo para a súa presentación.

2.2 Actividades de Docencia:

2.2.1Actividade docente de formación continuada: docencia en cursos realizados ao abeiro do acordo nacional de formación continua das administracións públicas ou do Plan de formación continuada do Servizo Galego de Saúde. A puntuación resultará dos créditos asignados ao curso, e á correspondente participación individual en número de horas. A equivalencia será por cada 5 horas 1 crédito.

2.2.2 Docencia para a obtención de títulos oficiais, acreditada a través do correspondente recoñecemento. A equivalencia será de 1 crédito por curso.

2.3 Compromiso coa organización

2.3.1 Participación en comités internos, na elaboración de protocolos de mellora de procedementos de traballo e proxectos institucionais, debidamente acreditada pola dirección do órgano administrativo correspondente: (1 crédito por cada actividade ou protocolo)

2.3.2 Exercicio de funcións de dirección, xefatura, e coordinación debidamente acreditadas pola dirección do órgano administrativo correspondente: (1 crédito por ano.)
2.3.3 Outros aspectos de formación complementaria :
curso básico de prevención de riscos laborais (1 crédito).
formación en materia de xestión e organización sanitaria ( 1 crédito por curso).


TOTAL DE PUNTUACIÓN DOS DISTINTOS ÁMBITOS-

Unha vez calculada a puntuación obtida en cada ámbito, trasládea a este apartado e faga a suma total.
-Unha vez obtida a puntuación total, compárea coa mínima global para o acceso ao nivel.
-A puntuación mínima para o acceso ao grao I poderá ser acadada soamente coa puntuación do apartado 1 ou ben coa suma do apartado 1 e 2.

Puntuación mínima de acceso ao grao I: 7 créditos

Relación da documentación:

Relacione facendo constar o título, os documentos anexos acreditativos de outras actividades, de ser o caso. Os servizos prestados no mesmo centro durante os últimos cinco anos non requirirán certificación que será achegado de oficio ao expediente pola administración. Os prestados en diversos centros deberán achegarse xunto coa solicitude así como os demais que se indican expresamente nesta folla.


Memoria onde resalten aqueles feitos de interese que non quedan reflectidos neste documento:

Recollerá resumidamente e de forma clara e precisa (datas de inicio e finalización, unidade e centro) a prestación de servizos en diversas unidades con respecto ao apartado 1. Pode engadir os comentarios cos que clarexar a información contida no anexo sempre que sexa necesario.

O persoal exento de prestación de servizos (directivo, liberados sindicais, excedencias maternais, coidado de fillos, promoción interna temporal e asimilados) que dan dereito a reserva de praza no centro e categoría en todo ou parte do período de avaliación deberá facelo constar no cadro de memoria cos datos anteriores. De ter prestado servizos en parte do período de avaliación deberá reflectir a avaliación polo período correspondente.

Os Comités de Avaliación poderán absterse de avaliar os méritos dos solicitantes que, por atoparse en situacións que impliquen desvinculación da actividade asistencial, ou por outras causas debidamente motivadas, non poidan someterse ao sistema xeral de avaliación. Nestes supostos remitirán as solicitudes e documentación anexa á Comisión Técnica de Avaliación, con sede nas dependencias da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, coa finalidade de que dita comisión proceda a realizar a correspondente avaliación.

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 29-10-2007 18:06
Queres comentar ou preguntar algo?
cambio de datas dos cursos
por problemas ca disposición de ordenadores que utilizaremos no curso de informática para enfermaria (plan gacela), vémonos da obriga de reaxustar os cursos de formación que temos previstos para o mes de novembro do seguinte xeito:

curso de saude laboral: do 12 ó 16 de novembro.
Inscripcións do 2 ó 8 de novembro no local sindical de CIG-Saúde no HCV.

CURSO DE INFORMÁTICA PARA ENFERMARÍA (PLAN GACELA):

Do 19 ó 23 de novembro

Inscripcións do 5 ó 15 de novembro no local sindical de CIG-Saúde do HCV.





Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 29-10-2007 17:49
Queres comentar ou preguntar algo?
plantillas de galego
hoxe salen publicadas as plantillas provisorias de galego de varias categorias:

cociñeir@

auxiliar administrativo

PSX
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 29-10-2007 13:44
Queres comentar ou preguntar algo?
un bosque de música
hoxe dando un vistazo a outros blogs da blogoteca, atopamos un tubo de luar na lubre, no que nas imáxenes aparece entre outros sitios, algún dos sitios mais fermosos do noso entorno, como é o teixadal, as montañas de trevinca e o cañón do sil entre outros. Atopámolo en oquetencutenmedo. Trátase de "Un bosque de música", dirixido por Ignacio Vilar, quen tén moita relación co concello veciño de Petín.

a raiz disto fixemos unha búsqueda no tubo que nos levou ó segundo vídeo que poñemos, esperamos que vos guste e ós que non coñecedes esta zona, cecais vos serva para que fagades algunha escapada para coñecer o noso entorno.




Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 28-10-2007 13:55
Queres comentar ou preguntar algo?
Air Galicia
Velaqui vos deixamos un corte do programa "Air Galicia", para que escachedes un chisco coa risa:

Comentarios (0) - Categoría: tou q m parto - Publicado o 28-10-2007 12:40
Queres comentar ou preguntar algo?
galicia encantada
Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro.

Aquí atoparás a historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ó esquecemento e que siguen vivindo na nosa memoria colectiva.

Destes nosos conveciños, fillos das nosas máis vellas fantasías, procuramos as pegadas, describimos a súas figuras, desenmascarámolos e seguímolos ata os seus escondedoiros.


isto pódese leer na páxina de inicio da web "galicia encantada", que sumamos os nosos favoritos.

se eres amante das lendas, trasnos, meigallos, astroloxia e todo tipo de historias do alén, entón paga a pena que visites esta páxina.

ten un buscador por topónimos e outros elementos, e che dará unha morea de historias que leer. nos puxemos valdeorras e nos diu entre outras esta lenda que se desenrola entre quiroga e valdeorras.

Roldán e as costureiras de Puxares


Dos Doce Pares de Francia, Roldán foi un dos máis sonados paladíns enviados a Galicia por Carlomagno para axudarlle ao apóstolo Santiago a liberala dos mouros; por veces chamáselle don Roldán e ata San Roldán noutros casos, e pode ocupar, segundo que versións leamos desta lenda, o papel de vilán ou o do heroe.
En Puxares, parroquia de Vilanuide, concello de Quiroga (Lugo), vivían tres costureiras moi ben feitas nun outeiro apartado do resto do lugar. Cadrou que pasou Roldán polo lugar e viunas, e desde entón non houbo día que non as fose visitar.

As tres mozas comezaron a aborrecer aquelas visitas, non confiaban nas boas intencións do cabaleiro pero cando Roldán lles propuxo levalas canda el para Francia, respondéronlle que non. Roldán seguía porfiando, e elas dicíndolle que non querían ir para Francia nin para outro lado. Pero Roldán, anoxado pola negativa, mesmo as ameazou con levalas pola forza. Entón as tres mozas, non vendo a maneira de convencelo, dixéronlle un imposible:
?Temos de ir contigo ás Francias

cando veña o río Xares
por diante da nosa casa.
Pasou a noite, e ninguén sabe como foi, o caso é que o río Xares, que máis abaixo se chama Bibei, cambiou o curso. E, pola mañanciña do día seguinte, os veciños chegaron á porta das tres costureiras dicindo:

?Costureiras de Puxares,
vinde lavar as perniñas
ás augas do río Xares

As tres mozas saíron da casa e palideceron; o río Xares pasaba bicando a porta do lugar de Puxares.
As tres costureiras, por medo a ter que cumprir con Roldán, fuxiron camiño de Valdeorras. Roldán sóuboo por boca dos seus soldados, montou no seu cabalo branco e perseguiunas. Cruzaron terras e montes por onde agora se chama A Rúa ata chegaren a Valencia do Sil, mesmo á beira do río que lle dá nome a este lugar.
As tres mozas, non se sabe a arte que usaron, cruzaron o río para o outro lado. Roldán viunas desde lonxe, aínda estaba a moita distancia delas; entón picou as esporas do seu roán e dun chimpo pasou a outro lado do río. Para quen queira velas, andan por alí as pegadas das ferraduras do cabalo.
Entón foi cando as costureiras, as tres a unha, pediron a axuda do demo:

?Antes pedras de seixo ca escravas de Roldán.

E o demo atendeu a súa petición e volveunas, diante os fociños de Roldán, pedras; tres brancas pedras coma tres cabezos, brancas coma o cuarzo ou coma o cabalo do cabaleiro Roldán.

E esas tres pedras aínda hoxe se poden ver, no Coto do Castelo de Valencia do Sil, en Vilamartín de Valdeorras (Ourense), luídas pola chuvia e polo vento, pero albíscase na súa feitura a que debeu ser a beleza e a fermosura das mozas de Puxares antes de coñecer a Roldán.
Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 26-10-2007 21:35
Queres comentar ou preguntar algo?
cursos de formación forga
no mes de novembro imos a levar a cabo dous cursos de formación na área de O Barco para o persoal de Administración Pública, organizados por FORGA-CIG-Saúde.

informática para persoal de enfermaría (plan gacela): do 5 ó 11 de novembro. dirixido a enfermeiras e auxiliares de enfermaria; a solicitude podedes botala dende o 29 outubro ata o 2 de novembro no local sindical de CIG-Saúde.

Saúde Laboral: do 19 ó 23 de novembro, dirixido a todo o persoal; prazo de recollida de solicitudes do 7 ó 15 de novembro.


Comentarios (0) - Categoría: formación - Publicado o 26-10-2007 16:41
Queres comentar ou preguntar algo?
publicación do acordo de carreira no DOG
hoxe saiu por fin publicado no DOG o acordo de carreira para o persoal sanitario de fp e persoal non sanitario.

o 29 outubro publicarase no DOG a Resolución Grao I, que abrirá o prazo para botar as solicitudes.

no HCV formaremos a comisión de avaliación o luns, para intentar xestionar canto antes as solicitudes.

estas son as Instruccións para cubri-los anexos .

metemos enlace tamen a:

indicaciois de procedemento

Borrador Resolución Grao I Psicólogos e outros licenciados grupo A

folleto informativo de CIG-Saúde:
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 26-10-2007 10:01
Queres comentar ou preguntar algo?
INTEGRACIÓN FUNCIONARIOS E LABORAIS
Borrador de Orde que vai regular o cuarto proceso de integración como estatutario dos funcionarios e laborais dos hospitais do Sergas.
para vela, preme aquí.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 25-10-2007 22:52
Queres comentar ou preguntar algo?
borrador de carreira psicologos
o SERGAS ben de pasarnos un borrador da carreira profesional dos psicologos e outros licenciados do grupo A, podees velo premendo no vínculo.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 25-10-2007 10:39
Queres comentar ou preguntar algo?
fin da xornada maratoniana
por fín rematamos a xornada maratoniana que mantivemos hoxe co persoal do HCV e atención primaria.

como xa anunciamos a xornada empezou ás 11,30 horas cunha asemblea para o persoal do HCV na que xoan cons, secretario nacional de CIG-Saúde, explicou diversos aspectos dos novos permisos a raíz da avalancha de leis que houbo este ano e tamén diversos aspectos sobre a carreira profesional.
ó final da asemblea hobo multitude de preguntas do persoal sobre estas duas cuestiois.

seguidamente mantivemos un encontro co persoal informático do hcv e despois co persoal administrativo, onde aparte de aclararlle distintas cuestiois, recollimos unha serie de asuntos para levar á Mesa Sectorial.

Pola tarde celebramos 2 asembleas paralelas, unha co persoal de PAC e outra co persoal non sanitario de atención primaria, á primeira asistiu Xoan Cons e á segunda Lois Méndez responsable de negociación de CIG-Saúde no grupo de traballo de persoal non sanitario do plan de mellora de atención primaria.

dende CIG-Saúde Barco como non podía ser menos, agradecemos o esforzo feito por estes dous compañeiros que se desprazaron mais de 200 kilómetros a petición nosa, para poder informar e recabar as inquietudes do persoal da nosa área de saúde.


e para os que non poidestes asistir a asemblea, deixamos a explicación de Xoan sobre o que tedes que facer para solicitar a carreira profesional, nun video que subimos ó tubo.

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 24-10-2007 22:23
Queres comentar ou preguntar algo?
acordo de carreira que vai entrar en DOG
Aqui podedes consultar o acordo asinado de carreira profesional de persoal sanitario de formación profesional e non sanitario, que vai entrar en DOG.
Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 24-10-2007 10:53
Queres comentar ou preguntar algo?
y sin embargo se mueve




atopamos o blog de eneko que é un dibuxante venezolano, o nome deste cartafol é "y sin embargo se mueve"; e cos seus dibuxos , plasma á perfección. diversos asuntos de actualidade como a crispación promovida pola dereita, a memoria histórica, os conflictos de irak e birmania, a corona, e outros moitos temas de actualidade dende un punto de vista moi crítico pero á vez creativo.

engadímolo a nosa lista de favoritos.

non deixedes de visitala
.

Comentarios (0) - Categoría: tamen nos interesa - Publicado o 24-10-2007 01:34
Queres comentar ou preguntar algo?
asemblea
aproveitando a visita de Xoan Cons secretario nacional de CIG-Saúde, convocamos unha asemblea para todo o persoal do HCV para tratar da carreira profesional e os novos permisos en base á lei da función pública e o estatuto básico do empregado público.

será mañá mércores ás 11,30 horas no salón de actos do HCV.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 23-10-2007 13:25
Queres comentar ou preguntar algo?
CARREIRA PROFESIONAL: publicacion do acordo
CARREIRA PROFESIONAL:
PUBLICACIÓN DO ACORDO E APERTURA DE PRAZOS DE SOLICITUDES DO GRAO I


Hoxe tivo lugar a primeira reunión da Comisión de Seguimento do Acordo do 21 de xuño sobre a Carreira Profesional das Categorías de Persoal Sanitario de Formación Profesional e Persoal de Xestión e Servizos. Esta reunión celébrase logo de ter rematado un excesivamente longo periodo de tramitación administrativa do Acordo para a obtención de todos os informes preceptivos a emitir por diferentes órganos da Administración.

A situación a dia de hoxe do Acordo e do seu proceso de aplicación presenta o seguinte cronograma:

XOVES 25 DE OCTUBRO: Tratamento e ratificación do Acordo por parte do Consello da Xunta

VENRES 26:
Publicación en DOG do texto do Acordo

ENTRE O 26 E O 31 (pendente de confirmar o dia co DOG)
Publicación en DOG da apertura do prazo de solicitudes do Grao I (ao menos, 20 dias hábiles)

DO DIA SEGUINTE AO DOG ATA FINAIS DE NOVEMBRO
(os dias concretos, pendentes da data do DOG):
Prazo de presentación de solicitudes. Documentación mínima:
- impreso de solicitude
- folla de autoavaliación do desempeño profesional (cada persoa se autocalifica cunha avaliación de desempeño baixo / normal / alto; esa autoavaliación é logo confirmada ou revisada polo respectivo mando; en caso de contradicción intervén o Comité de Avaliación)
(baixo: avaliación insuficiente, necesita méritos complementarios; normal ou alto: avaliación suficiente para o recoñecemento do Grao)
- certificación de servizos prestados (exentas as persoas que leven máis de 5 anos na mesma institución)
- outros méritos, só si fosen necesarios para complementar unha posible avaliación do desempeño profesional negativa.

NOVEMBRO:
- Constitución dos Comités de Avaliación
(dous en cada Xerencia, un de P.Sanitario e outro de P.XestiónServizos)
- Recepción de solicitudes no prazo establecido
- Primeiro lote de resolucións: as favorables que non presenten dúbidas sobre os requisitos nin precisen de documentación adicional.

DECEMBRO:
- Sucesivos lotes de resolucións favorables e revisión das desfavorables
- Pago do Grao I ás solicitudes resoltas favorablemente en novembro

XANEIRO:
- Continúa, se é preciso, o proceso de revisión de resolucións desfavorables
- Pago do Grao I ás solicitudes resoltas favorablemente en decembro.

por certo que a pesar do dito por CSIF no seu dia, sí que asinarán o acordo.

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 23-10-2007 03:15
Queres comentar ou preguntar algo?
instancias
OPE SERGAS: Deixamosvos aqui (só tendes que pinchar en donwload) un enlace para baixar a instancia que hai que acompañar para meter os méritos, en formato word, para que poidades escribir a lista de méritos no procesador de textos, sen ter que escribilo a man.
Lembrade que o prazo remata o próximo venres día 26 de outubro.




Tamén vos poñemos o enlace á instancia da OPE de Valencia das diversas categorías que xa vos tiñamos anunciado: enfermeir@s, matronas, fisioterapeutas, auxiliares de enfermaría, técnicos sanitarios, auxiliares administrativos e celadores.




E para rematar comentarvos que para solicitar a devolución das taxas da OPE Insalud 1999 que non chegou a celebrarse, só tendes que presentar unha fotocopia do resgardo de pago das taxas xunto coa instancia e o Auto do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, dirixida directamente ao Ministerio de Sanidade . O prazo remata o 31 de Outubro.



Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 22-10-2007 12:34
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0