O PP está intentando por tódolos medios chimpar do mapa a nosa lingua, privatizar a asistencia sanitaria, esta semana dimos información dabondo no blog sobre estas duas cuestiois, pero é que ademais pretende privatizar moitos dos servizos públicos que xa temos, onte produciuse unha carga policial con varios feridos, incluidos un par de periodistas (será por isto que os medios de comunicación recollen a noticia) contra unha manifestación de bombeiros en A Coruña, avantar daba asi a noticia:
Un milleiro de persoas maniféstanse en A Coruña contra a privatización dos servizos de emerxencias.
A marcha, convocada por CIG, UGT e CCOO, rematou diante da Deputación provincial logo dunha carga da policía.
Arredor de mil persoas, entre bombeiros chegados de toda Galiza e delegados/as sindicais, participaron na manifestación convocada este venres en A Coruña, en contra da privatización dos servizos de emerxencia. A protesta, que transcorreu entre os ruídos das sirenas e os petardos, rematou diante do edificio da Deputación provincial, onde se produciu unha carga policial na que afortunadamente non se rexistraron feridos, mais onde tampouco foron recibidos os representantes dos traballadores/as polo presidente do organismo, Salvador Fernández Moreda.
?Moreda acaba de dicir que é un incompetente; se non se fai competente nesta materia, entón é un incompetente?, afirmaba Xavier Picón, responsábel da Administración Local da CIG logo de que o presidente da Deputación se negase a recibir aos representantes dos traballadores. ?O máximo responsábel da maior parte dos servizos privatizados e di que non son competencia del, que non está na súa man resolver nada. Acaba de declararse incompetente, cousa que por outra parte tampouco nos sorprende?, sentenciaba Picón.
O sindicalista da CIG lamentaba o resultado da xuntanza mantida o xoves con Moreda, pois o responsábel político ten apostado pola privatización dos servizos de emerxencia na provincia, praxis que, por outra banda, se está levando a cabo en todo o País. ?Para que nos serven estes políticos, para nada?, aseguraba.
As tres organización sindicais convocantes, CCOO, UGT e CIG, solicitaron, ao remate da manifestación en A Coruña, a intervención do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez, polas evidentes contradicións entre o que defenden os socialistas nos seus programas electorais, e mesmo nas intervencións no Parlamento, e as políticas que poñen en práctica, apostando pola privatización dun servizo tan importante para a cidadanía como as emerxencias.
Marcha polas rúas de A Coruña
A ruidosa manifestación, na que participaron arredor dunhas mil persoas e na que tamén estivo presente o secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, saíu por volta das once e media da Praza da Palloza con destino ás portas da Deputación provincial. A escolla da cidade de A Coruña, chegou logo de que o organismo provincial, por acordo dos tres partidos políticos que o compoñen (PSOE, BNG e PP), e en complicidade coa Consellería de Presidencia da Xunta de Galiza, decidise impoñer para toda a provincia unha xestión das emerxencias pola vía da externalización dos seus servizos. Isto supón que o Consorcio de Emerxencias creado entre Deputación e Xunta será xestionado definitivamente por empresas privadas.
Carga policial
Logo de chegar ás portas da Deputación, que rapidamente foron pechadas pola seguridade privada do edificio, a policía nacional instalouse diante das escaleiras de acceso, fronte mesmo da pancarta de cabeceira. Ruído de sirenas, berros reclamando a presenza de Moreda, bengalas e petardos enmarcaron durante un bo anaco a situación que se vivía, até que finalmente a tensión estourou e a policía iniciou unha carga que separou en varios grupos aos manifestantes. Foi entón cando comezou unha verdadeira batalla campal, na que as pelotas de goma lanzadas polos axentes non deixaron de voar entre os alí congregados e ante a que os bombeiros non quedaron calados.
Tras dun bo anaco, a situación foise calmando sen que se produciran feridos nin houbese detencións. Mais coa impotencia marcada na cara daqueles que viñan loitar pola defensa dun servizos públicos e de cualidade para toda a cidadanía e pola dignificación das súas condicións laborais.
Parques privatizados
En Galiza existen actualmente 7 parques de bombeiros públicos nas grandes cidades (dependentes dos Concellos e cuxo ámbito de actuación se limita á área municipal), 1 parque público en Silleda xestionado pola Deputación de Pontevedra e 17 parques privatizados.
Pola súa banda, as empresas que xestionan os parques privatizados limítanse á contratación do persoal, xa que todos os gastos (instalacións, mantemento, protocolos de actuación, planos directores, etc.) dependen da administración. Por iso, o suposto aforro da xestión privada vén pola vía da precarización dos traballadores/as das emerxencias, mentres que as empresas levan un 19% de beneficios e aínda reciben un 8% máis en concepto de gastos.
As organizacións sindicais lembraron que tan só en Galiza se ten apostado por un modelo privatizado da xestión das emerxencias, pois nas demais autonomías a lexislación concibe estes servizos como de titularidade pública nos que os seus membros teñen a condición de axentes da autoridade. A respecto deste último punto, dende a CIG tamén se reclama a inmediata creación do estatuto do bombeiro profesional.
Por outra banda celebrouse hoxe en Santiago unha manifestación en defensa dos servizos públicos. Así da Vieiros a noticia
Contra o retroceso no sistema público de servizos sociais
Máis de 60 entidades manifestáronse en Compostela denunciando a actitude privatizadora do Goberno, que "vai contra o propio Estado de Benestar".
A Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais, acabada de constituír, manifestouse este sábado en Santiago de Compostela. Dous milleiros de persoas partiron dende a Praza do Toural para chegar até os edificios administrativos da Xunta, encabezada por unha pancarta co lema: ?Servizos Sociais Públicos, non á privatización do Consorcio?.
Na protesta tomaron parte unha ampla representación de dirixentes da CIG e do BNG, entre eles o portavoz nacional, Guillerme Vázquez; o deputado no Congreso, Francisco Jorquera; ou membros do Parlamento como Anxo Quintana, Carlos Aymerich ou Ana Pontón.
Entre as súas reivindicacións subliñaron ?a protección do sistema público de servizos sociais, que se garanta a infraestrutura necesaria para cubrir as carencias do conxunto da poboación, a consolidación de servizos comunitarios dirixidos á cidadanía con carácter predominantemente local, e a atención integral as familias. Ademais, a Plataforma demanda que a Xunta ?volva atrás? no seu modelo de xestión dos servizos sociais e acusa o Goberno de ?facer negocio? a través do ?proveito económico, maximizando o beneficio e reducindo a calidade da prestación ao cidadán?.
Privatización do Consorcio
O secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao, explicou ao inicio da marcha que esta tamén se trata dunha mobilización máis ?contra a privatización que pretende o PP do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, contra os 61 despidos deste organismo e en demanda de que se aplique o convenio asinado en marzo de 2009?. Así, subliñou que ?nunha época de crise, os servizos sociais públicos son os que poden amortecer os seus efectos, que sempre son os máis desfavorecidos quen os sofren?, polo que dixo que ?deben ser públicos para garantir que sexan de calidade e universais?.
Na mesma liña, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asegurou que ?o carácter público é a única fórmula capaz de prestar os servizos en igualdade de condicións para todos os cidadáns en todo o ámbito territorial?.
Pola súa parte, o anterior vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana denunciou que ?este Goberno está a destruír o que era a xénese dunha rede pública de servizos sociais, que constituiría a cuarta pata do Estado de Benestar?. Ademais lamentou que teñamos ?un Goberno que xestiona de costas á xente que máis o precisa? e engadiu que ?a cidadanía debemos reclamar unha mudanza no seu rumbo e iso é o que estamos facendo hoxe aquí?.
Como vedes, a temperatura crece por momentos, estamos en mans dun goberno que leva a súa ideoloxia raiante coa extrema dereita, ata as súas últimas consecuencias e non podemos quedar de brazos cruzados ante semellantes ataques, nós dende logo non imos quedar parados, pero a pregunta é,, e ti que pensas facer?
Monforte tardou en dar o paso na creación da plataforma da sanidade pública en defensa da calidade asistencial desta área, pero o xoves tiveron unha asemblea á que non pudo entrar moitísima xente posto que a casa de ciltura onde se celebraba, quedouse pequena. Parabens polo éxito da convocatoria.
Trasladamos ó noso blog a noticia recollida do blog de CIG-Saúde Monforte
ÉXITO DE CONVOCATORIA NA ASEMBLEA DA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
Unhas mil persoas encheron onte a casa da cultura de Monforte(moita xente tivo que quedar fora, na praza de España porque non se collía dentro)para informarse da situación na que se atopa a Área sanitaria de Monforte.
Os portavoces da Plataforma informaron da reunión que mantiveron co xerente e coa xunta de persoal do centro.Decir que os sindicatos que compoñen a xunta de persoal apoian totalmente o manifesto da Plataforma.
A xerencia en ningún momento desmentíu que a xestión da área vaia depender de Lugo.Só se limitaron a dicir que o Hospital non ía pechar e que estaríamos ben atendidos.(Que o Hospital non vai pechar xa o sabemos.O que non sabemos é que servizos imos ter.Si se van manter os que temos ou si para determinadas cousas teremos que ir a Lugo).
A asemblea acudíu o noso director xerente rodeado da súa garda pretoriana( o deputado señor Dámaso,tódolos supervisores,a xefa de enfermería,o director médico e a directora de xestión que veu direitiña das súas vacacións para arroupar ó seu xefe).Tanto a intervención do director xerente como a do señor Dámaso foron abucheadas entre outras cousas porque en ningún momento quixeron contestar apregunta de si a área de Monforte ía seguir sendo xestionada dende Monforte ou ía a pasar a xestionarse dende Lugo.
Por parte dos asistentes acordóuse darlle quince días de prazo á conselleira para recibir a Plataforma e mailo Alcalde(leva pedindo cita dende o 19 de novembro de 2009 e aindo non tivo tempo a recibilo,pero si tivo tempo para unha xuntanza con tódolos alcaldes do PP da zona para falar diste asunto).Si neste prazo non os recibe convocaráse unha manifestación.
A CIG-Ensino denuncia o uso partidista e manipulador da TVG por parte do PP no tratamento da folga do 21 de xaneiro
No CPI Tomás de Lemos de Ribadavia, centro do que destacaron a ?absoluta normalidade? da xornada, o 53% do profesorado foi á folga
A CIG-Ensino denunciou publicamente o uso partidista e manipulador que o PP fixo dos informativos da TVG, un medio público de todas e todos os galegos. A TVG, ante a imposibilidade de agochar os milleiros de galegos e galegas que participaron na masiva manifestación do 21, non lle quedou outra que darlle cobertura. Porén, para minimizar o impacto da folga no ensino e contrarrestar o seguimento que tivo entre a comunidade educativa, centraron a súa información nas declaracións de mestres, pais e nais que non secundaban a folga ou que manifestaban o seu acordo coas bases do decreto do ?plurilingüismo?, ocultando, a mantenta, a unha ampla maioría do profesorado e alumnado que si decidiu secundala.
É máis, no telexornal desa noite e do día seguinte saíron imaxes do CPI Tomás de Lemos de Ribadavia e declaracións do seu director nas que falaba da normalidade coa que se viviu a xornada de folga no seu centro.
Pois, cómpre saber que a realidade desa ?normalidade absoluta? é que secundaran a folga un 53% do profesorado (34 dun claustro 64 persoas), ademais dun amplo número de alumnado que tampouco acudiu ese día ao centro. Pódese contrastar esta información co escrito asinado por docentes do CPI no que poñen de manifesto esta falacia (en pdf).
O goberno galego fixo unha manipulación vulgar e descarada dos medios de comunicación públicos, procurando un tratamento das noticias claramente partidista e non obxectivo, tentando así enviar unha mensaxe totalmente distorsionada da incidencia da folga.
A CIG-Ensino reafírmase na súa posición de esixir a retirada das Bases e recuperar o consenso do Plano Xeral de Normalización da Lingua galega de 2004 e do vixente Decreto 124/2007. Así mesmo, reiteramos o noso apoio ao profesorado para que siga impartindo as súas materias na nosa lingua.
O goberno español quere ampliar a 67 anos a idade de xubilación
Segundo diferentes informacións, o executivo de Rodríguez Zapatero discutirá esta posibilidade no Consello de Ministros deste venres
O avellentamento da poboación require ampliar a idade de prexubilación para garantir o sistema de pensións. Esta é unha das conclusións dun informe que este ventes vai analizar o Consello de Ministros. Segundo diferentes axencias e medios españois, o executivo de Rodríguez Zapatero valora seriamente a posibilidade de atrasar dous anos a idade do retiro laboral e fixala en 67 anos.
Para que saia adiante esta reforma, o informe terá que ser aprobado previamente no consello deste venres e posteriormente debatida na Comisión do Pacto de Toledo. O xornal madrileño El País asegura na súa edición dixital que na proposta contémplanse prazos para unha aplicación progresiva da medida, que comezaría dentro de tres anos e estaría definitivamente pechada en 2025. Así, cada traballador que se xubile a partir de 2013 tardará, cada ano que pase, dous meses máis en poder retirarse.
O plans do goberno estatal sábense poucos días despois de que o presidente da patronal española, Díaz Ferrán, chegase a propoñer unha nova normativa que levase a idade de xubilación até os 70 anos. Porén, o executivo de Zapatero considera que o retiro aos 67 anos (tal e como ocorre na actualidade en Holanda, modelo que toma como referente) garante sobradamente o actual sistema de pensións.
Atopamos no tubo, varios cortos que versan sobre a sanidade pública, Case todos son de Madrid que xunto con Valencia é a punta de lanza na privatización da sanidade no estado español.
Deixámosvos mostra dalgúns deles no blog:
a sanidade pública ten un precio
curso para ladrois: como destruir a sanidade pública
Estamos preparados para curarnos solos?
informáticos estatutarios
¿en que consiste a privatización da sanidade pública?
Como xa vimos informando hai varios dias, o Partido Popular empeza coas privatizaciois na sanidade pública, parece ser que será Vigo por onde empece o exterminio da sanidade pública, un exterminio lento e doloroso, que de seguir adiante e non tomar conciencia o persoal e mobilizarse contra él acabará repercutindo non solo nas categorias e lugares afectados, senon en todo o persoal estatutario, funcionario e laboral do SERGAS.
Aquí hai algo mais de 10 anos, sofrimos a privatización da lavanderia, que hoxe por certo xenera moitos mais gastos que co persoal SERGAS, e a pesares de que o persoal se mobilizou non fumos quén de paralizar, o brazo executar naquel momento foi o hoxe xerente de CEE Ramós Ares, (ímonos morder a lingua e non falar mais deste mercenario a soldo da privatización nin relatar tampouco como o levamos ó xulgado por prevaricación, nin tan xiquera da multitude de chanchullos que se deron durante a súa xestión a nivel de contratación.).
Para ter todos e todas as ideas un pouco mais claras sobre o que supón a privatización trasladamos ó blog un artigo que nos deixou un dos nosos blogueiros que versa sobre as consecuencias da privatización na comunidade de Madrid, e imos recuperar a continuación un artigo de Xoan Cons que explica as novas formas de xestión (Privatización) que publicamos no mes de setembro do ano pasado.
Vou tratar de relatalo o máis breve posible pero tratarei de ser o mais claro e conciso.
En primeiro lugar, a Comunidade de Madrid presidida polo Goberno de Aguirre e co Conselleiro de Sanidade Güemes, van finalizar un longo proceso apoiado por unha serie de leis aprobadas nas súas 14 anos de lexislatura polas cales, creáronse 8 novos (gestion pública-privada) e teñen 1 feito (o de Valdemoro) máis outros 4 en proxecto que van ser de xestión privada. Dos clásicos hospitais madrileños: Ramón e Cajal, A paz, 12 de outubro, Gregorio Marañón, Puerta de Hierro...... Que van ser sometidos a un "plan funcional" cun "plan de reestruturación".
Ben, darei unha breve definición deses termos:
Xestion publica-privada. Consiste en que un hospital en lugar de ser xestionado por un señor que determine a Comunidade de Madrid, vai ser substituído por unha empresa privada (por exemplo CAPIO) e vai ser a responsable de recoller os fondos que a Comunidade destine para ese hospital e vainos a utilizar como boamente a pareza. Canto lle vai a dar a Comunidade de Madrid? Pois moi fácil, estimaranse cantos cartóns sanitarios vai atender ese hospital e para cada cartón dáse unha cantidade de diñeiro. Como se acorda a remuneración por cartón por parte da Comunidade? Máis sinxelo todavia, faise unha poxa e o que máis baratito déixeo..... Para el. Este modelo de xestión contratará ao persoal non sanitario (informaticos, administrativos, celadores.... mediante subcontratas.
Xestión privada. Moi similar ao anterior, pero as subcontratas encargásense de todo o persoal do hospital. Así mesmo, en lugar de dar a xestión ao que máis racanee o prezo por xestión de cada cartón sanitario, farase a quen constrúa o hospital. Imos que na xestión do hospital atoparémonos a empresas construtoras.
Plan funcional. Estudo que se está realizando nos hospitais de toda a vida por parte dunha empresa privada para indicar que servizos manterse en devanditos hospitais e con canta xente débese contar. Obviamente a misión é a misión, quitar camas nese hospital e quitar traballadores.
Plan estrutural. Xa que os hospitais tradicionais non van ser destruídos, vanos a reformar ( ¡OLLO ao concepto de reforma, xa que no inclúese unha simple pintura de paredes! ) iso se, tras ese plan estrutural, meterase na xerencia ou ben a empresa construtora que fai esa reforma, ou ben os xestores que falamos antes (CAPIO).
Consecuencias.
Para os Pacientes
Dotacións económicas insuficientes mantidas no tempo que se agudizaron nos últimos anos e que se agravan no último orzamento (2008) con incrementos nas partidas que supón financiamento do sector privado: atención especializada con medios alleos (51,6%) e listas de espera (21,2%), mentres que o destinado a infraestruturas e equipamentos dos centros públicos sofre unha diminución do 35,4%. A iso hai que unir o pago en 2008 do canon polos novos hospitais, producindo unha situación financeira crítica que se concreta tamén nunha restrición moi importante dos fondos para contratacións (substitucións, cobertura de vacantes, etc.).
Infraestruturas deficitarias. O número de camas e de profesionais sanitarios é insuficiente coa apertura dos novos hospitais, que cubriron os seus persoais mediante a chamada ?reordenación de efectivos?, é dicir traslados desde os hospitais tradicionais que non foron cubertos. A iso hai que sumar o peche de centros de especialidades en Aranxuez, Coslada, etc. , como resultado da apertura dos novos hospitais.
O aumento das externalizaciones/privatizacións Onde máis incidiu a política da Comunidade de Madrid foi nun aumento brutal das externalizaciones/privatizacións que fomenta de xeito descarado o negocio privado á conta dos orzamentos públicos. Entre as actuacións máis significativas cabe resaltar: A potenciación da multinacional de servizos privados CAPIO mediante a adxudicación de novas áreas sanitarias á Fundación Jiménez Díaz e ao hospital de Valdemoro, ambos os pertencentes a este grupo.
A saúde mental. A privatización dos centros de saúde mental tamén se incrementou, fundamentalmente nos centros de día e de rehabilitación, casas de acollida, etc.
A informatización sanitaria que se deixou en mans do sector privado, que así ten acceso a información confidencial sobre a saúde dos cidadáns madrileños.
Os plans funcionais dos centros tradicionais adxudicados a consultoras privadas.
A concesión a un macrolaboratorio privado do procesamiento das análises clínicas.
Aumento do papel da Igrexa católica, coas concesións de coidados paliativos.
Privatización do ensino, utilizando os centros públicos polas universidades privadas en detrimento de as públicas.
Ausencia de planificación sanitaria e postergación da Saúde Pública.
Ausencia de planificación sanitaria e postergación da Saúde PúblicaLas propostas de futuro que pretenden avanzar neste camiño coa creación de hospitais mediante concesións administrativas, incluíndo a atención primaria e a posibilidade que dan as leis de acompañamento de 2007 e 2008 de introducir a xestión privada nos centros sanitarios públicos.
Non hai planificación sanitaria na Comunidade de Madrid en función das necesidades de saúde da poboación e consecuentemente non existe o imprescindible (e ademais obrigatorio segundo a Lei de Cohesión do SNS).
Plan de Saúde na Comunidade. De xeito coherente, a Dirección Xeral de Saúde Pública desapareceu do organigrama da Consellería de Sanidade, deixando sen cobertura un dos aspectos fundamentais da Sanidade Pública.
Plan de Saúde na Comunidade. De xeito coherente, a Dirección Xeral de Saúde Pública desapareceu do organigrama da Consellería de Sanidade, deixando sen cobertura un dos aspectos fundamentais da Sanidade Pública.
Os novos hospitais abertos na Comunidade de Madrid polo goberno do PP son de DOUS TIPOS: Un, maioritario ata o presente, é o que seguen oito dos nove novos centros e é o modelo PFI (iniciativa de financiamento privado), cuxo orixe está no Reino Unido, onde cultivou estrepitosos fracasos.
Un número baixo de camas por 1. 000 habitantes, que en ningún caso supera as 2 (0,73, moi inferior ao dos hospitais actuais que teñen máis de 2).
Unha escasa dotación dos persoal por 1. 000 habitantes (0,53 médicos e 1,31 profesionais de enfermería/1. 000 habitantes, mentres os centros tradicionais superan 1 médico e 4 enfermeiras/1. 000 habitantes).
Uns custos desproporcionados, que se aproximan a 6 veces o investimento inicial da empresa construtora e cuxa diferenza vai pagar o erario público da Comunidade de Madrid os próximos 30 anos, con fondosprocedentes dos impostos de todos. O resultado é a descapitalización da Sanidade Pública.
A externalización dos laboratorios e a radioloxía. Os laboratorios cédense a CAPIO, deixando sen utilizar os recursos propios, mentres que a radioloxía constitúese nunha empresa pública diferenciada coa intención de que se faga cargo de toda a radioloxía da Comunidade de Madrid.
Problemas nas relacións entre a empresa privada (que xestiona o que non é directamente sanitario) e a empresa pública que se han empezando a producir desde os primeiros días (dificultades para o mantemento, problemas cos consumibles, etc.).
Descontento xeneralizado dos usuarios con numerosas protestas que ata levaron a problemas de orde pública e intentos por parte dos pacientes para continuar a súa atención nos antigos hospitais de referencia.
O outro modelo é o de concesión administrativa directa a unha empresa privada, como o caso xa sinalado do hospital de Valdemoro, adxudicado á empresa CAPIO que é a que, discrecionalmente, toma todas as decisións que considera oportunas en todos os ámbitos: persoais, dotacións tecnolóxicas, etc. Este é o modelo que se quere aplicar aos tres hospitais en proxecto (Móstotes, Villalba, Torrexón a agora Carabanchel). Progresivo incremento da presión asistencial sobre o sistema sanitario público co desbordamento das urxencias, os servizos hospitalarios e os centros de saúde.
As listas de espera e as demoras excesivas e xeneralizadas favorecen a procura de solucións no sector privado e deterioran a credibilidade e o prestixio da Sanidade Pública , o que obviamente amplifica o problema e dá coartadas á Administración sanitaria madrileña para continuar e profundar a súa política privatizadora.
Todo iso supón un cambio de modelo sanitario e de contrato social no que a privatización e as súas consecuencias (deterioración da calidade asistencial, espolio patrimonial do público e exclusión social) instálanse nas relacións dos cidadáns coa Sanidade Pública , convertendo á saúde nunha mercancía obxecto de lucro empresarial que se administra en función da conta de resultados, intentando unha diminución permanente de custos e a rendibilidade económica, deixando de lado as necesidades de saúde da poboación.
Dado que hai unha retribución por cartón sanitario, os centros de xestión privada ou privada estarán tremendamente interesados en atender as patoloxías pequenas e de baixo custo e derivarán aos grandes hospitais as cousas importantes, de longo custo. Ex, quererán tratar catarros en habitacións moi bonitas e individuais e mandasen os canceres ás habitacións dobres e vellas dos hospitais de sempre.
Para os traballadores.
Despedimentos sen precedentes nos hospitais tradicionais (10000 en todos os hospitais da Comunidade Madrileña). A CAM alega que se trata de desprazar ao persoal que non vai ser necesario nos hospitais tradicionais para que se poidan abrir as plantas dos novos. Simplemente iso non é correcto: en primeiro lugar se pecha plantas e diminúe persoal, deberíanse abrir case automaticamente as outras plantas nos outros hospitais e iso, non se produciu, tardará en producirse e mentres as persoas que traballan ven sobrecargadas, as presión asistencial aumenta, as listas de espera aumentan e a atención nos hospitais tradicionais degrádase. É aí onde dentro dun tempo (un ano aproximadamente) cando o descontento sexa xeral, a CAM liquida os males que eles mesmos nos crearon, ofrecerannos como solución os hospitais que eles fixeron. En definitiva, non se crean máis camas hospitalarias (que é un dos males que ten a nosa sanidade, senón que lla vai a empeorar para que logo pareza que a salvan).
Durante case 4-5 anos nos hospitais estivéronse cubrindo prazas libres mediante persoal contratado renovándolle constantemente os contratos en lugar de crear interinidades (como contratos indefinidos). Óiano ben, 4-5 anos de contratos consecutivos de 3-4-5-6-7-e 12 meses. A este persoal, estívoselle discriminando xa que traballaban durante todo o ano como calquera outra persoa (as súas 12 meses) e con todo gozáronnos NUNCA o 100 % das súas vacacións. E agora, a todas esas persoas, despídellas e só a poucos deles ofrécenselles por orde da xerencia explicita un máximo de 3 meses.
Vanse a cambiar a modalidade de contratos coas novas xestións de maneira que o persoal que traballa nos hospitais van pasar de ser "Estatutarios" a ser "Laborais". A diferenza é as prazas que son cubertas con persoal "laboral" non vai poder quedar a praza en propiedade, e iso, é moi importante xa que leva a: non cobrar trienios, non cobrar conceptos como a carreira profesional e un longo etc.
Ruptura dun tipo de contrato "Estatutario" que é o que esta realizado en practicamente o resto de España (salvo Valencia e Murcia onde o PP esta tratando de facer o mesmo que en Madrid) e que lle permite a parte de ter a praza en propiedade, a mobilidade xeográfica e un longo etc.
O novo persoal laboral, en caso do non sanitario que se esta facendo fixo que os soldos rebáixense de maneira que un celador que podía cobrar entre 1000-1200 ? pase a cobrar 800 ? e a súa xornada transfórmese (antes como estatutario 140 horas/mes e agora como laboral 160 horas/mes).
Desaparecerá a convocatoria pública de prazas de traballo (algo que non ocorre no resto de España).
Volven contrátoos lixo". A consejeria ditou ordes expresas de non facer contratos por tempo superior a 3 meses.
Dificultade no sindicalismo xa que nun futuro os traballadores dos distintos centros seran subcontratados por diferentes empresas o que carrexase diferenzas entre os distitnos hospitais da comunidade xerando problematicas ademas distintas fronte á cal non abrá unha verdadeira unión entre compañeiros.
Todos os traballadores da sanidade, tamén poden ser pacientes na mesma.
Aínda hai máis, moito mais, aquí poño un enlace de senllos artigos publicados por 20 minutos:
O problema final e aquí conclúo é o pouco interese por parte dos medios en dar difusión e producir a alarma social que o tema merece, por iso insto a que calquera que o lea, indague, só hai que pór especulación sanidade Madrid en Google e aparecerán centos de entradas que o explican.
Só pido unha cousa, que calquera que vexa, léao, enténdao e preocúpelle o mais mínimo como vai ser atendido, o ou os seus pais, ou os seus fillos, apoie as manifestacións, as repulsas. É gravisimo o que pode pasar e:
PP vanglóriase.
PSOE veino e non di nada (e iso que tería que intentar loitar por arrebatar unha maioría absoluta).
EU: non se nada deles nin para o bo nin para o malo.
Sindicalmente, non hai un verdadeiro esforzo por facelo chegar ao pobo e facer macromanifestaciones que o poñan freo.
Os medios non lle dan a importancia que debe ( é mais fácil ver que se fai unha exposición na tele destinando para iso 5 minutos que medio minuto para dicir que se privatiza o que levamos toda a vida pagando e pretendendo que sexa publico).
Reflexións sobre as novas políticas de búsqueda de financiamento privado para a construcción de novos hospitais.
O xogo da información-desinformación ao que nos ven sometendo este Goberno galego en xeral, e a nosa Consellería de Sanidade en particular, sobre as distintas políticas a aplicar durante o seu mandato ten a todo o mundo perplexo e desorientado sobre o sentido das decisións que vaian adoptar respecto das diferentes parcelas do sistema sanitario.
Sen dar a cara, sen falar nunca claro, de case todo se limitan a decir que se fixo horriblemente mal durante os últimos catro anos (mesmo daquelas cousas e daqueles males que empezaron hai moito máis de catro anos), e sobre case todo se excusan nos malos momentos económicos para amparar e para xustificar unha política que farían de todas as maneiras. Pero claro, ?como estamos en crise??, pois parece que todo pode colar.
Efectivamente, agora que tanto se fala dos problemas para construir e dotar novos hospitais (Vigo, Pontevedra, Lugo, etc), e de buscar financiamento privado para poder abordar esas infraestruturas imprescindibles, quizáis sexa bo recordar duas cousas:
- que este mesmo goberno liderou no seu dia a experimentación sobre novas formas de xestión do sector sanitario, que en Galicia se concretou en tres exemplos inda vivos na nosa memoria recente: as fundacións (parte delas xa restituidas ao Sergas, outras inda non), as empresas públicas (Medtec, hoxe Galaria, inda funcionante), ou a asignación a un centro privado da atención sanitaria dunha área de poboación (Povisa, igualmente en vigor),
- e que as fórmulas de financiamento das que se está a falar non teñen dous anos de vida, non se orixinan nin son producto da crise, senón que son fórmulas que viron a luz hai máis de dez anos, en plena fase expansiva da economía, e que xa dende o ano 2003 forman parte das políticas impulsadas polas institucións da Unión Europea a partir dos conceptos da liberalización dos servizos, da libre competencia, e da consideración do sector público como mero supervisor dos servizos públicos e non xa como proveedor dos mesmos.
Así pois, dende aquel discurso entre autoritario e ramplón co que nos golpean a intelixencia todos os dias, é de rigor recoñecer que este goberno da dereita parece estar conseguindo que se impoña con naturalidade a tese de que o importante é que un hospital se faga, e de onde salgan os cartos ou quen o pague dá igual. Pois lamento (é un decir) discrepar.
Non é intención destas notas abrumar con tecnicismos nin cifras sobre as características dos modelos posibles de participación privada no financiamento dun hospital, e moito menos co relato das múltiples experiencias xa coñecidas (bastante de Europa, USA, Canadá, Australia,?) pero algunha liña básica haberá que dibuxar para saber exactamente de qué estamos falando. Para elo, no esquema anexo poden atoparse os rasgos esenciais dos modelos de PFI coñecidos.
Da revisión das suas características e das suas experiencias, inda sabendo que continúan sufrindo cambios sucesivos en base á técnica do ensaio e o erro, e tomando como referencia de análise a modalidade máis extendida consistente na contratación da obra máis a contratación da xestión de todos os servizos non sanitarios, máis a contratación da explotación de dotacións complementarias (locais comerciais, parkings, cafeterías, máquinas,etc), podería sintetizar a miña visión crítica destes modelos como sigue:
a) Non se xustifican por razóns económicas, pois os datos de todos os estudios independentes apuntan á inexistencia de aforros, ao tempo que advirten do perigo dos incrementos incontrolados de custes a longo plazo dificilmente previsibles con 20 ou 30 anos de anticipación. Asimesmo se apunta sobre unha realidade inda máis preocupante: demostrado o encarecemento dos custes totais do modelo PFI sobre o modelo de investimento ?tradicional?, só hai duas formas de conseguir que parezan máis baratos: ou ben mediante o falseamento das suas estimacións iniciais de custes, ou ben mediante o recorte do tamaño ou dos servizos do novo hospital.
b) Non se xustifican por razóns de celeridade na disposición do hospital, pois como demostran os escasos exemplos existentes é posible conseguir o mesmo obxectivo mediante mecanismos estrictamente públicos. Outra alternativa sería modificar as leis orzamentarias e de contratación pública para facelas máis compatibles coa realidade multidisciplinar, complexa e cambiante do entorno sanitario.
c) Non se xustifican por razóns de eficacia na xestión, pois nesto si temos experiencia contrastada no ámbito do Sergas como para poder negar que unha subcontrata preste mellor servizo per se que os medios propios, ou que un centro privado preste mellor asistencia que un centro público.
d) Non se xustifican por razóns da propiedade do hospital, que con PFI queda condicionada ao que ocurra durante os trinta anos nos que o Sergas permanecería no edificio como ?realquilado? en función das condicións do contrato, e que condena ademáis a xestionar todo o non sanitario con empresas e con persoal subcontratado, prexuzgando así unha importantisima decisión de política sanitaria (a externalización global de servizos) coa excusa da necesidade de financiar a construcción dun hospital.
e) Non se xustifican por razóns da titularidade do servizo público, pois (esto sí é ideolóxico) non creo no papel da Administración Pública (da Consellería-Sergas, neste caso) como mera supervisora dos servizos públicos prestados á poboación, senón que creo na necesidade da sua responsabilidade directa sobre a forma, o alcance, as condicións e os medios da sua prestación. Porque para a garantía duns servizos públicos de calidade, universais e con equidade, a Administración está obrigada a decidir en base ao interés xeral, e as Empresas están obrigadas a decidir en base ao interés dos seus propietarios. Asi de lexítimo, pero así de claro.
En conclusión, e fronte a aquela afirmación antes citada, e hoxe tan extendida, respecto de que o importante é construir o hospital e o de menos é quen pague, eu formulo outra afirmación producto desta análise, no sentido de que a interrogante principal xa non é quen paga ou quen pon os cartos, senón a qué precio. E considero que o precio a pagar por unha IPF típica no sector sanitario é de todo punto inasumible. O reto será propoñer outras fórmulas; algunhas quedaron apuntadas nestas breves reflexións.
Xoán Cons
Setembro de 2009
ANEXO
Características básicas dos modelos de colaboración público-privada no financiamento de obras de infraestructuras e de equipamentos sociais
¿Qué é a PFI?
Baixo a denominación xenérica de PFI (ou PPP, ou CPP, que tanto monta) teñen amparo distintas modalidades de contratación pública, sobre a base sempre de comprometer o adxudicatario a construcción e financiamento dunha infraestructura (estradas, redes ferroviarias, estacións depuradoras, escolas, hospitais, centros penitenciarios, etc), vinculado a tres condicións principais:
- a xestión posterior de todos ou dunha parte dos servizos asociados a esa infraestructura (e principalmente a responsabilidade sobre o seu mantemento integral),
- o pago pola Admón a partir da entrada en funcionamento da infraestrutura dun precio anual pactado,
- e a longa duración do contrato (habitualmente 30 anos no caso dos equipamentos sociais).
¿Quen opta a este tipo de contratos?
Normalmente unha serie de empresas especializadas que se agrupan temporalmente para ese fin; adoitan agruparse empresas constructoras, entidades ou sociedades financeiras, empresas de servizos xerais, empresas de mantemento e/ou enerxía, e sociedades especializadas en dirección de proxectos. Cada unha delas se ocupa da sua parcela, dentro dun proxecto común. As grandes constructoras (ACS, Sacyr, Ferrovial, FCC?) son as que lideran estes procesos, ata o punto de seren as impulsoras de modificacións na Lei de Contratos do Sector Público para ?legalizar? este tipo de contratación. Por estas características se dí tamén que estas fórmulas de contratación fomentan prácticas monopolísticas e expulsan do mercado da contratación pública ás PeMEs e aos Autónomos; a propia Comisión Europea manifesta estar ?preocupada? por este fenómeno.
¿Quen define as necesidades e o plan funcional do hospital a facer?
Inicialmente é a Administración quen define loxicamente as características básicas do servizo ou da necesidade que quere satisfacer, e logo é o grupo de empresas adxudicatario quen define o proxecto concreto e os medios necesarios; eso inclue, por exemplo, definir número de camas, distribución, etc. Este control sobre a fase de proxecto, realizado con criterio económico (menor coste posible), é o que permite que as características e dimensións dos hospitais con financiamento privado nazan sempre recortados respecto dos proxectados con criterio asistencial: menos camas, menos recursos, menos servizos de valor engadido (docencia, investigación, etc)?
¿Cómo se determina o precio?
Este tipo de contratos se pagan mediante un canon, actualizado anualmente e abonado mensualmente, a partir do momento en que o hospital (no noso caso) está operativo. O valor inicial do canon se determina no propio contrato, tendo en conta os seguintes factores: custes de construcción e de dotación material inicial, custes de xestión dos servizos a explotar directamente polo grupo empresarial, custes do financiamento (intereses) disponible polo constructor, custes do beneficio industrial, e custes do Ive; e todo elo estimado para os 30 anos de duración normal do contrato.
¿Cales son os beneficios económicos para a Admón?
Inda é un asunto controvertido saber realmente si esta fórmula de contratación é máis beneficiosa economicamente (en fin, máis barata) para a Admón que a contratación ?ordinaria?. Inda que as Directivas comunitarias e as Leis estatais obrigan a facer unha análise comparativa entre os dous métodos de financiamento (o tradicional e o privado) con carácter previo a optar por unha PFI, a realidade é que non existe un método contrastado nin fiable para realizar tan complexa estimación. Así, os defensores ?ideolóxicos? destas fórmulas din que si hai aforro, e os detractores ?ideolóxicos? din que non. E os datos ¿din algo? Pois a pesar de que o Tesouro británico (gran valedor deste sistema) afirmaba inicialmente que existía un aforro medio do 17%, a experiencia demostrou a inconsistencia de tales estimacións. Cito só dous exemplos de fontes pouco sospeitosas: a Oficina Nacional de Auditoría do propio RU fiscalizou en 2001 121 proxectos e concluiu que poñer a andar un hospital con PFI representaba tan só un aforro global en 30 anos dun 1,7%; e o Goberno autonómico de Madrid estima, no caso do Hospital de Vallecas, un aforro tamén en 30 anos dun 0?7%. Eses son os datos e os cálculos máis optimistas en entornos favorables a esta fórmula de financiamento de hospitais. Que cadaquén tire conclusións.
¿Cales son os beneficios para as empresas?
Mediante este tipo de contratos baixo as modalidades PFI, as empresas consiguen varios obxectivos atractivos: estabilidade no negocio durante un periodo mínimo igual á duración do contrato (falemos de 30 anos); ingresos estables durante ese tempo, a través do pago do canon mensual; rentabilidade dos aforros que podan conseguir mediante a reducción de custes na xestión da construcción e na explotación de servizos complementarios; concesión da xestión de servizos complementarios (limpeza, arquivos, esterilización, centraliña telefónica, parking, cafeterías, transporte, etc) en bloque e por eses 30 anos. Si ademáis no grupo empresarial adxudicatario do contrato participa algunha aseguradora ou empresa sanitaria, influe na definición do plan funcional do hospital a construir. Todo elo, claro, ademáis do beneficio económico directo derivado do marxen industrial recoñecido.
¿Existen limitacións para contratar mediante PFI?
A contratación da construcción e posterior explotación dun hospital mediante as modalidades PFI non ten na práctica limitación. Ten diferentes formas de concretarse, vinculadas sobre todo á propiedade do hospital unha vez transcurridos os 30 anos, e ao número e características dos servizos (sanitarios ou non sanitarios) a xestionar polas empresas. Eses aspectos (e outros tamén relevantes sobre os que non me quero extender aquí) defínense no propio contrato, polo que é moi importante observar con detenimento o contido das condicións de cada concurso.
¿Hai algunha outra característica relevante para optar polo sistema PFI?
Pois si. Cando menos unha certamente relevante, porque a modalidade contractual mediante PFI permite escapar das limitacións legais e contables impostas pola normativa orzamentaria, singularmente en dous aspectos moi sustanciais: o gasto asociado a estes contratos non contabiliza como débeda pública, polo cal non se incumple formalmente (anque sí realmente) o límite legal de endebedamento; o gasto asociado a estes contratos pode comprometerse a plazos máis longos que si se tratase como un investimento. Esta maior flexibilidade orzamentaria é precisamente un dos principais argumentos esgrimidos a favor das PFI, fronte á que cabe preguntarse ¿entón para qué tanta normativa orzamentaria e de contratación pública? ¿para qué tanto doble discurso?
¿É certo que tamén existe a vantaxe da maior inmediatez na construcción e posta en funcionamento do hospital?
Para construir, a Admón necesita ir cumplindo en cada paso con formalidades, plazos e burocracias (esixidas pola lei de contratos) que alongan certamente os procesos. Para construir o mesmo, unha empresa só necesita conseguir financiamento e poñerse a elo. Así que o método PFI se inventa unha ficción: facemos parecer que o hospital é da empresa que o construe e non da Admón que o encarga, e así se reducen os plazos de inauguración de forma sustancial. Logo como o hospital é virtualmente da empresa e non da Admón, ésta lle paga un ?aluguer? por usalo durante 30 anos, e ao cabo dese tempo xa veremos de quen é a propiedade. Por esto se dí que a Admón que encarga o hospital é quen invita á sua inauguración, pero quen paga é o que veña detrás (durante 30 ou máis anos).
¿É imprescindible que as empresas concesionarias da obra tamén xestionen determinados servizos?
Non, esa entrega da xestión de determinados servizos é o habitual pero non é imprescindible. A modalidade PFI escollida non ten por qué levar aparellada a cesión privada da definición do proxecto de hospital nin a xestión de ningún dos seus servizos, que son os seus puntos máis críticos, pero a tónica xeral nos máis de 600 PFI realizados na UE nos últimos anos é esa. Pero tamén se podería optar por escoller a constitución dunha empresa pública que asuma a xestión desas partes ?privadas? do contrato, contratando coa empresa privada unicamente a construcción do hospital; con elo conseguimos igualmente acelerar a sua posta a disposición pero sen hipotecar nin a sua dimensión nin a sua xestión futura. Asturias (Oviedo) e Murcia (Cartagena e Mar Menor) son illados exemplos desta versión light das PFI.
Acaba de nacer eufalo.tv, unha canle temática online. Eufalo.TV é un proxecto de documental colaborativo. É unha historia colectiva sobre a lingua, dende o punto de vista dos seus falantes. É, por tanto, unha historia feita a partir de pequenas historias, un discurso feito con moitos discursos diferentes e variados. Que cada quen tire as súas propias conclusións.
Deixámosvos unha mostra do traballo de eufalo.tv, un vídeo onde unha enfermeira asturiana explica nun perfecto galego porqué aprendeu a falalo.
Como podedes ver no vídeo de abaixo, a praza do obradoiro queuse pequena, ante a marea de xente que acudimos a defender a nosa lingua atendendo á convocatoria da plataforma queremos galego.
Recollemos unha noticia do blog de CIG-Saúde Vigo, posto que poidera reproducirse en moitos dos hospitais SERGAS, e cecais teñamos que empezar a tomar conciencia do que supón a política privatizadora deste goberno.
Confirmada a privatización dos servizos non sanitarios do novo hospital de Vigo
Na xuntanza mantida o venres 22 de xaneiro coa xerencia do CHUVI para informar sobre a adxudicación do novo hospital o Xerente nos informou da privatización dos servizos non sanitarios para o novo hospital.
PRIVATIZARASE:
■Lavandería
■Lencería
■Cociña
■Subministración e xestión enerxética
■Xardinería
■Mantemento
■Limpeza
■Seguridade e vixilancia
■Centraliña
■Transporte interno e externo
■Central abastecemento e tratamento de auga
■Reprografía e imprenta
Ao privatizarse estes servizos tamén se suprime a xestión administrativa dos servizos mencionados, suprimindo prazas de contratación e OPE de xestión administrativa. Iso quere dicir o persoal administrativo verá reducidas as súas prazas.
Todo o persoal de plantilla fixo será reclasificado e colocado en novos servizos.
Como consecuencia de todo isto suprimiranse as listaxes de contratación e OPE referentes a esas categorías.
Tamén se vai privatizar a gardería infantil e o aparcamento. Tampouco se descarta a privatización doutros servizos non sanitarios.
A concesión a empresas privadas será entre 20 e 30 anos.
Ante esta situación cremos que hai que tomar partido e responder con firmeza contra este sistema especulador.
1.- O SERGAS revisará as reclamacións presentadas como se fosen recursos para correxir os erros que poideran cometer os tribunais, non as decisións dos tibunais que consideren acertadas.
2.- A Admón está a elaborar unha guía para os criterios de baremación do concurso, remitiranna ás organizacións sindicais e con posterioridade convocarán reunión.Comunicámoslle ao SERGAS as cuetións que deberia conter a guía: titulacións que se puntuan e non son requisito, servizos prestadas na empresa privadas, areas funcionais: sanitaria e non sanitaria, persoal que foi reclasificado...
3.- Ao persoal que tiverá prestados servizos no hospital naval de Ferrol daráselle o mesmo tratamento que a todo o persoal integrado das Diputacións e das Fundacións.
a.- Se os servizos prestados foron antes da integración e o persoal leva tempo desvinculado do hospital, puntuaranse como servizos prestados noutra Admón.
b.- Ao persoal temporal que siga vinculado puntuaránselles como servizos prestados no SERGAS.
4.- Exame obrigatorio de Galego.
A interpretación que fai o SERGAS é: que o persoal está obrigado a acudir ao acto do exame, se non cubre o exame a puntuación é de cero puntos. Esto xa o fixeron na OPE 2006, según eles non hai nigunha diferencia entre que non cubran o cuestionario ou o cubran todo mal; segundo a convocatoria nos dous casos a puntuación é de 0.
Cando envíen a guía teremos que revisar se recollen todos os supostos.
En canto aos traslados do resto de persoal, dicirvos que o SERGAS indica que o mes que ven haberá unha reunión para tratalo e, supoñemos, que para publicar despois a convocatoria.
Como onte estivemos todo o día en Santiago por mor da manifestación contra o decretazo contra o galego, non puidemos actualizar a información ata hoxe.
Boas tardes:
Por encargo da directora de Recursos Humanos, comunícovos que o Decreto polo que se crea a categoría estatutaria de persoal técnico en farmacia foi aprobado hoxe polo Consello da Xunta.
Saúdos,
María Ponte
Xefa de servizo de relacións laborais
Recibimos onte este correo, no que se nos indica que no Consello da Xunta de onte se aprobou o decreto de creación da categoría de Técnicos de Farmacia. Isto, unido a que, tal e como nos indicabades nos comentarios, na nova orde de nóminas xa se recolle tal categoría, lévanos a pensar que o SERGAS xa está en disposición de contratar persoal das listas de Técnicos de Farmacia, e esperamos que empece a facelo, inda que, coa política de "austeridade" que leva este goberno, veremos en qué acaba a cousa.
Durme meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorare,
vai pasando
Que a terra na que vives,
no quere ter bágoas,
precisa homes inteiros,
pra liberala.
Durme meu neno, durme,
colle forzas,
que a vida que che agarda,
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.
Semente feita en sangue por un pobo
que xurde dende a hestoria, dende o sono,
un sono cheo de aldraxe e miserento,
un sono de inxusticias e silencio.
Mira a língoa que falo, despreciada,
por ser língoa de probes, língoa escrava,
son o orgullo que temos, língoa de probes.
Só neles hai verdade e máis honores.
Durme meu neno, durme, niste colo,
que esta terrra de escravos non tén odio.
Tén séculos de espranza, agardada,
que pón hoxe nos fillos que amamanta.
Hai mais de 30 anos que fuxan os ventos fixo soar a letra e música desta canción e hoxe aínda recobra mais senso ante estes heredeiros franquistas que nos gobernan.
A Academia advirte que a proposta é lesiva para a lingua e que pode infrinxir a legalidade. Pide a súa retirada e que se abra un diálogo para chegar a un verdadeiro consenso.
A proposta de decreto lingüístico para o ensino non universitario é, simplemente, inaceptábel. A emenda a totalidade non vén dende unha organización política ou social, quen así se expresa é a máxima autoridade lingüística: a Real Academia Galega. O posicionamento claro desta institución deixa o Goberno na máis absoluta soidade.
O documento de 13 páxinas, aprobado por todos os académicos, é contundente dende o primeiro punto: ?As Bases que se analizan poderían producir un retroceso no proceso de normalización, que infrinxe a lexislación vixente e maila xurisprudencia emitida polos altos Tribunais e que tampouco se sustenta na mellor organización do proceso pedagóxico senón, unicamente, en promesas electorais que son de dubidosa legalidade e que, por esa razón, non parecen validables polas urnas?.
O texto, no que hai abundantes referencias á lexislación vixente, insiste en que as bases do Goberno son incoherentes con Plan Xeral de Normalización e que poden vulnerar o Estatuto de Autonomía e incluso a Constitución española. Fronte á proposta da Consellaría de Educación, a RAG recomenda abrir ?un diálogo franco con vontade de concordia definitiva, porque a sociedade está cansa da duración das discordias lingüísticas e de que toda a melloría do enfermo pareza peligrosa. Todas as forzas políticas deberían facer un esforzo de pacificación e construír un diálogo sobre bases que garantan a plena normalización do galego e a plena competencia oral e escrita ao final de cada ciclo nas dúas (ou tres) linguas?.
A RAG lembra que o galego é a lingua propia do país e que os cidadáns ?esperan que o seu Goberno sexa o primeiro e inequívoco defensor. Por iso se asombran e mobilizan cando perciben xestos que, polo menos, parecen ir en dirección contraria?. A máxima institución académica fai fincapé na necesidade dunha discriminación positiva ?mentres a lingua galega non sexa o centro de gravidade do modelo bilingüe e estea asegurado o respecto e fomento do uso da lingua propia e cooficial desta Comunidade Autónoma para corrixir positivamente unha situación histórica de desigualdade co castelán?.