|
|
|
|
asemblea-concentración contra o decretazo de carreira profesional |
|
O martes dia 3 de febreiro levaremos a cabo na entrada do HCV a primeira concentración contra o decretazo de carreira profesional que nos quere impoñer o SERGAS, nesta concentración faremos unha asemblea para explicar a postura da plataforma sindical composta polos sindicatos UGT, CC.OO, CSI-CSIF, SAE e CIG, nesta plataforma tamén está a CEMS aínda que non participa o sindicato de enfermaría SATSE.
Folga decir que é de vital importancia a participación de todo o persoal se queremos conseguir que o SERGAS dé marcha atrás co decretazo.
Para ver o borrador do decreto, preme aquí |
|
|
|
destinos provisionais de acoplamentos internos de persoal en comisión e interinos |
|
Para ver copia do listado provisorio de destinos dos acoplamentos de persoal en conisión de servizo e interinos, preme aquí
Dádelle a Click here to start download para descargar
lembrade que tedes 5 dias para reclamar |
|
|
|
acoplamentos internos CHOP |
|
A petición dalgunha xente do CHOP, pedimoslle as puntuaciois provisorias de acoplamentos internos do CHOP á sección sindical da CIG dese complexo e nolas acaba de remitir.
pica na categoria para descargar arquivo:
fisioterapeuta
grupo administrativo
ATS-DUE
auxiliar administrativo
auxiliar de enfermaria
celador
TEL
TER |
|
|
|
normas cursos FEGAS |
|
NORMAS CURSOS FEGAS 2009
1. ESTRUTURA
O programa de actividades docentes está integrado, basicamente, por tres tipos de
actividades formativas, segundo a súa fonte de financiamento:
a. Actividades incluídas dentro do Plan de formación continua do persoal de
institucións sanitarias do SERGAS (Plan AFCAP).
b. Actividades docentes incluídas dentro do Plan estratéxico de formación (PEF) dos traballadores ao servizo da sanidade pública galega.
c. Actividades incluídas dentro do Plan de formación para a calidade na prescrición de medicamentos (CPM).
2. INFORMACIÓN
Sen prexuízo do uso doutros medios de información, a Escola ten permanentemente operativa a páxina Web, na que se inclúe toda a información actualizada das súas actividades formativas (www.fegas.es).
3. MODIFICACIÓN
Debe terse en conta que a actividade incluída neste programa pode sufrir algunha modificación ou pode verse incrementada con outras actividades. Nestes supostos, a Escola proporcionará información e difusión específica sobre elas, reservando para si, igualmente, o dereito a suspender a execución dalgunha das actividades programadas.
4. QUÉN PODE INSCRIBIRSE
a. Actividades incluídas dentro do Plan de formación continua do persoal de institucións sanitarias do SERGAS (Plan AFCAP). Poderá participar nas accións formativas todo o persoal que preste ou prestase servizos nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde así como os traballadores pertencentes ás fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas adscritas á Consellería de Sanidade que btivesen a condición de persoal estatutario. Ademais deberá cumprir os requisitos esixidos para cada curso.
b. Resto de actividades. Persoal da Consellería de Sanidade, do Servizo Galego de Saúde e de fundacións e empresas públicas adscritas á Consellería de Sanidade (tamén os traballadores incluídos nas listaxes de contratación).
Poderá participar nas accións formativas outro persoal cando así veña especificado no anexo.
Non se poderá participar nunha actividade ormativa se ao inicio do curso se está en situación de incapacidade temporal. Esta circunstancia deberá comunicarse por escrito á Escola para cubrir a vacante e evitar a penalización que conlevaría a non comunicación. En todo caso, o persoal que se atope disfrutando dun permiso por parto, adopción ou acollemento tanto preadoptivo como permanente ou simple, adopción internacional ou en excedencia para o coidado de fillos e familiares poderá participar nos cursos, consonte establece o punto vinte e catro e trinta e un da Lei 13/2007 de modificación da Lei da Función Pública da Comunidade Autónoma de Galicia e a disposición adicional decimonovena, punto trece da Lei orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
En ningún caso se poderá participar nun curso si se ten feito previamente, excepto si fai máis de cinco anos que se realizou.
Ao longo do ano soamente se poderá solicitar un máximo de seis cursos.
Poderán ser excluidas automáticamente aquelas solicitudes que non teñan correctamente cumprimentados os datos necesarios para realizar o proceso selectivo de alumnos.
A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á súa exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso nos seguintes 12 meses. A Escola reservarase o dereito a solicitar a información necesaria para verificar os datos.
5. COMO INSCRIBIRSE
O persoal que desexe participar nos cursos deberá enviar o formulario de preinscrición debidamente cuberto exclusivamente a través da páxina web da Escola (www.fegas.es).
Ante posibles incidencias, os aspirantes deberán imprimir unha copia do formulario de preinscrición enviado ou conservar o que recibirán no seu correo electrónico, para o que deberán prestar especial atención na cobertura de datos comprobando que o enderezo de correo electrónico esta correctamente escrito.
Os traballadores incluídos no artigo 45 da Lei 7/2004, galega para a igualdade de mulleres e homes, deberán enviar, nos mesmos prazos, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada desta que acredite a súa situación a seguinte dirección:
Escola Galega de administración Sanitaria (FEGAS)
Avda. Fernando de Casas Novoa. Edificio CNL, Nº 37 ? Portal A 1ª Planta
O envío da solicitude non implica a admisión inmediata á actividade senón que se deberá esperar á publicación das listaxes definitivas de admitidos e excluídos na propia páxina web da Escola.
6. PRAZOS PARA INSCRIBIRSE
Para as edicións das accións formativas do primeiro semestre, o prazo comezará o 20 de xaneiro de 2009 e rematará o día 20 de febreiro de 2009.
Para as edicións das accións formativas do segundo semestre, o prazo
comezará o 1 de xuño de 2009 e rematará o día 20 de xuño de 2009.
7. CRITERIOS DE SELECCIÓN DE ALUMNOS
a. Actividades incluídas dentro do Plan de formación continua do persoal de institucións sanitarias do SERGAS (Plan AFCAP).
1. Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no anexo para cada curso. Excluiranse aos solicitantes que xa teñan feito o mesmo curso nos últimos cinco anos.
2. Unha vez aplicado o criterio anterior, de existir máis solicitudes que prazas, terán prioridade os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso.
3. Menor número de cursos realizados no ano anterior.
4. Terán prioridade os empregados públicos con vínculo fixo sobre os temporais.
5. Terán prioridade os empregados públicos con maior número de tempo de servizos prestados. Este dato consultarao directamente a comisión de
selección das bases de datos de persoal (FIDES) e o solicitante deberá aportar, nos prazos establecidos para o envío das solicitudes de preinscrición, unicamente os servizos prestados fora do Sistema Público de Saúde de Galicia enviándoos a:
Escola Galega de administración Sanitaria (FEGAS)
Avda. Fernando de Casas Novoa. Edificio CNL, Nº 37 ? Portal A 1ª
Planta
15707 - Santiago de Compostela (A Coruña)
6. En cada un dos tres apartados anteriores, terán preferencia na selección os aspirantes que nos últimos dous anos estean utilizando ou utilicen unha licenza de maternidade, un permiso de paternidade, unha reducción de xornada ou excedencia para coidado de familiares, de acordo co previsto no artigo 45 da Lei 7/2004, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Así mesmo, terán preferencia para participar nos cursos de formación as/os aspirantes que, durante o ano anterior á data de publicación da presente convocatoria, se tiveran incorporado ao servizo activo procedentes do permiso de maternidade ou paternidade, ou teñan reingresado dende a situación de excedencia por razóns de garda legal e atención a persoas maiores dependentes ou persoas con discapacidade, de acordo co previsto no artigo 60.1 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
Tamén, e de conformidade co disposto no artigo 37 bis, accións positivas nas actividades formativas, da Lei 7/2004 galega para a igualdade de mulleres e homes, engadido pola Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, na súa Disposición dicional 1ª, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega reservarase un cincuenta por cento das prazas a mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria, que accederán ao turno reservado só si non houbera suficientes solicitudes de participación de mulleres.
7. Por último, no caso de empate resolverase por sorteo.
b. Resto de actividades.
Os criterios selectivos para participar nos cursos serán, con carácter xeral, os que a continuación se relacionan:
1. Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no anexo para cada curso. Excluiranse aos solicitantes que xa teñan feito o mesmo curso nos últimos 5 anos.
2. Unha vez aplicado o criterio anterior, de existiren máis solicitudes que prazas, terán preferencia na selección os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso.
3. En caso de empate terán preferencia aqueles alumnos que teñan menor número de cursos realizados no ano anterior.
4. Por último, de continuar existindo un número maior de solicitudes que de prazas, resolverase por orde de inscrición.
8. PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE ADMITIDOS
As listas de admitidos serán publicados na páxina web da Escola dentro do curso correspondente e con 15 días naturais de antelación ao seu inicio. Os alumnos disporán de 10 días hábiles para subsanar erros ou facer as reclamacións que estimen pertinentes.
9. ANULACIÓN DE RESERVA
Se o aspirante seleccionado para a realización dunha actividade docente, decide non asistir a ela, deberá comunicar a súa renuncia exclusivamente a través da páxina web da Escola, con, como mínimo, catro días naturais de antelación á súa data de inicio.
De non facelo así, e salvo motivo xustificado, non será admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso dos 12 meses seguintes.
10. COTAS DE INSCRICIÓN
No caso de actividades para as cales se esixa o aboamento dunha cantidade en concepto de cota de inscrición, informarase debidamente sobre a forma e prazo para realizar o pagamento da correspondente matrícula.
11. REQUISITOS DE ASISTENCIA ÁS ACTIVIDADES DOCENTES
Primeiro.- Expedirase certificado de asistencia ás persoas que asistan á actividade.
Só se poderá faltar ao 10% das horas lectivas como máximo.
Ademais, no suposto de que os cursos esixan a realización dalgunha proba ou traballo, expediráselles o certificado unicamente aos alumnos que a superen.
Só se atenderán reclamacións para a emisión do certificado ata 12 meses despois de finalizado o curso.
Segundo.- Para acreditar a asistencia, os participantes deberán asinar nos controis
de entrada e saída. |
|
|
|
borrador convocatoria OPE |
|
este é o borrador da convocatoria de persoal non sanitario e sanitario non facultativo da OPE que nos envia o SERGAS, para velo, preme aquí. |
|
|
|
aclaraciois na xestión das listas de contratación |
|
Xa van varias preguntas que nos entran no blog, nas que comprobamos que hai moita xente que non sabe como funcionan as listas en canto ós chamamentos, non sabemos porqué existe a crenza entre algunha xente de que as listas son rotatorias ata agotarse e é entón cando empezan de novo, isto non é así, os chamamentos fanse ó primeiro que está libre na lista, fora ou non chamado anteriormente, e é por iso que unha semana o chamamento vai no número 20 por exemplo e á seguinte está no 15.
publicamos xa por dúas veces un post coa xestión das listas de contratación, para velo, premede aquí.
Lembrade ademais que hai unha lista para os contratos de longa duración (duración dun ano ou superior) e outra para os de curta.
Non esquezades que se detectades un erro nos chamamentos, hai 15 dias para que o SERGAS o subsane de oficio sen ter que acudir ó xulgado.
Estamos aquí para intentar resolver calquera dúbida que teñades, aínda que coa lectura das preguntas e respostas do apartado de preguntas-contratación poderíase ter unha visión moi ampla da xestión das listas que poidera servirvos de axuda. |
|
|
|
cursos de formación continua |
|
Resolución conxunta do 20 de xaneiro de 2009, da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde.
para ver a resolución, preme aquí.
|
|
|
|
OUTRAS PREGUNTAS |
|
Rematamos a renovación dos artigos de preguntas con este novo artigo para DÚBIDAS E CUESTIÓNS VARIAS (non relacionadas con OPE-Traslados nin Contratación).
Podedes seguir vendo a sección anterior, premendo aqui.
Seguimos insistindo:
* Só preguntas, non comentarios neste artigo. Para comentarios, os artigos diarios de información.
* Se a pregunta está repetida, reservámonos o dereito a non contestala.
Graciñas. |
|
|
|
PREGUNTAS SOBRE OPE-TRASLADOS |
|
Velaqui a nova sección de preguntas para OPE E TRASLADOS.
Podedes seguir consultando a sección anterior, premendo aqui.
Insistimos:
* Só preguntas, non comentarios neste artigo. Para comentarios, os artigos diarios de información.
* Se a pregunta está repetida, reservámonos o dereito a non contestala.
Graciñas. |
|
|
|
PREGUNTAS SOBRE CONTRATACIÓN |
|
Renovamos a sección de preguntas.
Este será o artigo para que preguntedes sobre CONTRATACIÓN.
Podedes seguir consultando a sección anterior, premendo aqui.
Insistimos:
* Só preguntas, non comentarios neste artigo. Para comentarios, os artigos diarios de información.
* Se a pregunta está repetida, reservámonos o dereito a non contestala.
Graciñas. |
|
|
|
o apelido "rei" e o dominio .gal |
|
|
|
|
|
ataques corporativos |
|
Escrito da Agrupación Médica de CIG-Saúde ante os continuos ataques que estamos a recibir por parte dos sindicatos médicos coorporativos, CEMs e OMEGA
A intensificación, nas últimas semanas, das agresións recibidas por CIG-Saúde e a súa Agrupación Médica (AgM-CIG) por parte dos sindicatos médicos corporativos, fan necesaria unha reflexión sobre os porqués desta situación.
Entre as claves para entender esa alta agresividade figuran as seguintes:
▪ A necesidade de buscar inimigos externos para explicar o fracaso consecutivo da súa acción sindical. O feito de non acadar nin un só dos seus obxectivo nos conflitos nos que participaron nos últimos anos fai preciso botarlle a culpa a outros. O fallo nunca está nos obxectivos que se marcan. O fallo nunca está na falta de estratexia para organizar e modular un conflito. O fallo, ao parecer, só está na Administración e, como non, na Agrupación Médica de CIG. Eles nunca se equivocan. Atacando a AgM-CIG tentan ocultar a evidencia da súa propia inutilidade sindical para conseguir melloras reais das condicións laborais dos facultativos.
▪ A pretensión do sindicalismo médico corporativo de considerarse o ?único? representante de todos médicos, choca frontalmente coa evidencia de que hai un importante sector de médicos que non se considera en absoluto representado por el, entre os que nos encontramos os médicos da CIG, que constituímos a AgM-CIG.
▪ A simple existencia da AgM-CIG, que fai unha defensa específica e particular dos facultativos, e que, ao tempo, é solidaria co resto dos traballadores da sanidade, vai contra os principios do sindicalismo corporativo, que carece dunha visión global do conxunto do sistema sanitario e para o que o resto dos traballadores da sanidade son adversarios á hora de conseguir melloras laborais.
Desde hai varias semanas os facultativos do SERGAS están recibindo, nos seus correos electrónicos, reiterados mensaxes enviados desde os sindicatos médicos corporativos, nos que co habitual estilo demagóxico e simplista característico da variante freeki deste tipo de sindicalismo en Galiza (que cada vez se lle pega máis á outra variante), tratan de trasladarlle aos facultativos a mensaxe de que a CIG é a responsábel dos moitos problemas que temos os profesionais nas nosas condicións de laborais e retributivas.
O motivo formal da campaña contra a CIG é reprocharlle a noso sindicato que, na mesa sectorial, asináramos en outubro de 2008 o ?Acordo 2008-2012 para a mellora das condicións de traballo e retributivas do persoal estatutario do SERGAS?. Este Acordo, que era denominado como ?Acordo Marco? ao principio e durante a súa negociación, perdeu ese nome no momento da súa sinatura, diante da evidencia de que, como sempre defendeu CIG, resultaba imposíbel resumir nun único acordo a enorme complexidade dos problemas laborais e retributivos dos traballadores do SERGAS.
O noso sindicato ten feito pública tanto a avaliación global que nos merece o acordo que asinamos, que semella máis acaído denominar ?Acordo Retributivo?, como unha avaliación específica das súas implicacións para os facultativos.
Pódese compartir, ou non, as análises e razóns polas que CIG-Saúde decidiu asinar o ?Acordo Retributivo?, o que semella sorprendente é a obsesión 1 que os sindicatos médicos corporativos teñen con CIG-Saúde, e os virulentos ataques que, desde hai xa tempo lle veñen dedicando a noso sindicato e a súa Agrupación Médica (AgM-CIG), e que agora se están intensificando.
Cales son as razóns que explican esa teima dos sindicatos corporativos contra CIG-Saúde?. A resposta coidamos que está na profunda desorientación que teñen diante da evidencia dos seus repetidos fracasos sindicais dos últimos anos, diante da súa cada vez maior marxinalidade, da súa cada vez máis escasa capacidade de influír na evolución dos acontecementos, da súa cada vez menor utilidade sindical para conseguir avances tanxíbeis nas condicións laborais e retributivas dos facultativos. E, no canto de preguntarse que parte de responsabilidade teñen eles en que as cousas lles vaian mal e tentar corrixir os seus erros, recorren á socorrida estratexia dunha fuxida cara adiante: nada mellor que buscarse un inimigo exterior a quen botarlle as culpas dos propios erros e fracasos.
Porque o que se di éxitos sindicais nestes últimos anos non tiveron moitos, e isto debería ser algo que preocupara aos membros desas organizacións que consideran que o principal obxectivo dunha organización sindical é ser capaz de conseguir melloras laborais para os traballadores que representa. A desorientación, a perda de sentido da realidade é tan grande, que cando menos a variante freeki do sindicalismo médico corporativo, semella estar encantada no seu papel de mestura de predicadores de catástrofes e de mamprorreiros sempre dispostos a montar cristo diante de calquera reivindicación, sen que semelle preocuparlles demasiado as características ou a xustiza desa reivindicación, as súas consecuencias sobre outros colectivos, ou a viabilidade de conseguila. A consecuencia: especialistas en xerar conflitos sen saída que adoitan rematar en derrotas.
Ilustracións de fracasos nestes últimos anos?:
? a súa marxinalidade na negociación do Réxime Extraordinario de Carreira Profesional, que finalmente rematou aceptabelmente debido á Plataforma Sindical Unitaria proposta desde a Agrupación Médica de CIG-Saúde;
? a súa incapacidade (malia a folga que irresponsabelmente apoiaron e que rematou nun absoluto fracaso), para botar abaixo a convocatoria de OPE e Concurso de Traslados de 2006 e o Plan de Estabilización de Facultativos, que posibilitaron a baixa taxa de precariedade hoxe existente entre os facultativos así como a existencia de OPEs e Concursos de Traslados cada 2 anos;
? a folga que promoveron entre os residentes que, cando se deron conta de a quen se estaban arrimando, viraron rapidamente, estreitaron a súa relación con CIG-Saúde o que lles permitiu conseguir na mesa sectorial un Acordo que melloraba substancialmente as súas condicións laborais e retributivas;
? o seu rotundo fracaso nas folgas que promoveron, tanto na do primeiro semestre de 2008 como na do último trimestre dese mesmo ano, para conseguir a xeneralización do complemento específico, e con el a eliminación das retribucións específicas ligadas a traballar na sanidade pública, deixando claro o seu escaso compromiso coa sanidade pública;
? a súa irrelevancia primeiro para forzar á administración a firmar un bo acordo de Urxencias en 2007 e logo, no mes de decembro de 2008, para conseguir obrigar á administración a que cumprira e o desenvolvera ese acordo, cousa que se volveu conseguir mediante unha plataforma unitaria creada de novo a iniciativa de CIG-Saúde; ...
Foron demasiados fracasos, e dado que reflexionar de xeito autocrítico sobre a súa propia práctica non é algo que adoiten facer, deciden a fuxida adiante de crearse un bo inimigo externo ao que botarlle as culpas deses fracasos. E, postos a buscar un inimigo ao que zouparlle, CIG-Saúde e a súa Agrupación Médica (AgM-CIG) semella o candidato idóneo. A propia existencia da AgM-CIG cuestiona axiomas básicos da existencia dos sindicatos médicos corporativos, a saber: todos os médicos teñen intereses laborais comúns, eses intereses son contraditorios cos intereses do resto dos traballadores da sanidade e, por último, non é posíbel defender os intereses dos médicos fora dos sindicatos médicos corporativos, que son os únicos representantes lexítimos dos intereses dos facultativos. A existencia da AgM-CIG cuestiona eses axiomas.
En primeiro lugar, é negar a realidade descoñecer o feito de que os facultativos traballamos en condicións diferentes, con intereses distintos en moitos aspectos: uns so traballamos como asalariados na sanidade pública mentres que outros teñen exercicio libre ou compatibilizan pública e privada; os que teñen contratos temporais teñen frecuentemente intereses encontrados cos que teñen praza fixa, os que traballan nas zonas máis rurais e afastadas das grandes cidades (hospitais comarcais, ...) teñen intereses frecuentemente contraditorios cos que traballan nesas grandes cidades (nos grandes centros hospitalarios, ...); ... O único xeito de moverse sindicalmente con coherencia nesta realidade, é defendendo un modelo sanitario claro e procurando defender os intereses dos facultativos que se identifican con ese modelo. Implícita ou explicitamente os sindicatos defendemos modelos sanitarios: o sistema sanitario público baseado en criterios de eficiencia e equidade, no caso de CIG-Saúde e da AgM-CIG; pola súa banda, aqueles sindicatos que din que non defenden ningún modelo sanitario concreto, ou ben están dando bandazos constantemente ou representan os modelos sanitarios máis conservadores con especial querenza polos intereses da sanidade privada, como é o caso máis habitual no caso dos sindicatos corporativos. A pretendida ?unidade de intereses laborais dos facultativos? é un axioma falso que CIG-Saúde rexeita, o que evidentemente non resulta do agrado dos sindicatos médicos corporativos.
A propia existencia e actividade da AgM-CIG cuestiona de raíz o segundo axioma do que parten os sindicatos médicos corporativos: ?os intereses dos facultativos son contraditorios cos intereses do resto dos traballadores da sanidade?. O traballo sindical realizado polos membros da AgM-CIG, facémolo desde posicións sindicais caracterizadas pola unidade solidaria cos demais traballadores da sanidade, negándonos a aceptar a coñecida ?teoría da tarta? proclamada polos sindicalismo corporativo. Esa teoría, que defenden con vehemencia, afirma que o diñeiro que o sistema sanitario público dedica a persoal é como unha tarta pola que os distintos grupos profesionais teñen inevitabelmente que enfrontarse para tentar pillar o cacho meirande a costa de reducir a dos outros; pois ben, en CIG-Saúde negámonos en redondo a aceptar esa teoría e defendemos que nos vai moito mellor a todos os traballadores da sanidade cando somos capaces de loitar xuntos para obrigar á administración a que incremente o tamaño da tarta e haxa cachos suficientes para todos. Esta posición dos facultativos de CIG-Saúde, evidentemente non lles gusta nada aos sindicatos corporativos.
Finalmente, de novo, a existencia e actividade da AgM-CIG, cuestiona de raíz o terceiro axioma do que parte o sindicalismo corporativo: ?non é posíbel defender os intereses dos médicos fora dos sindicatos médicos corporativos, que son os únicos representantes lexítimos dos intereses dos facultativos?. Os sindicatos médicos corporativos, se autoconsideran os únicos representantes lexítimos dos facultativos e, polo tanto, non poden admitir que existe un considerable número de facultativos que non comparten a súa concepción sindical corporativa. A súa autoproclamada representatividade exclusiva dos intereses dos facultativos fai que non podan comprender, e moito menos aceptar como normal, que poidan existir realidades como a da Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG), composta por facultativos, firmes defensores da sanidade pública, dispostos a traballar sindicalmente para mellorar as condicións laborais e retributivas dos facultativos.
A existencia e a actividade da AgM-CIG , bota por terra os argumentos preferidos do sindicalismo corporativo para xustificar a súa pretensión de ser os únicos representantes dos facultativos:
O argumento de que os únicos que se preocupan e mobilizan en defensa dos intereses dos facultativos son eles mesmos (os sindicatos corporativos), fica desmontado cando é evidente a presenza activa e combativa da AgM-CIG, desde o seu nacemento en 2003, en todas as reivindicacións dos facultativos que consideramos que debíamos apoiar (réxime extraordinario de carreira, loita contra precariedade, defensa de convocatorias de OPEs e Concursos de traslados cada 2 anos, defensa dos intereses dos residentes, reivindicacións dos médicos de urxencias, a defensa dunhas condicións de traballo dignas en atención primaria ordinaria e nos PAC... e un longo etc.); ademais, desde a súa creación, a AgM-CIG aportou análises intelectuais serios e informacións sobre os problemas dos facultativos nun número, e cremos tamén que en calidade e seriedade , incomparabelmente superior a calquera outro sindicato como se puido e pode comprobar comparando a páxina web da AgM-CIG e as webs dos outros sindicatos.
?Os problemas dos facultativos se negocian e acordan na mesa sectorial sen outra presenza de facultativos que a aportada polos sindicatos corporativos?. Sobre, este argumento empregado polo sindicalismo corporativo, queremos facer dúas consideracións:
? A primeira é que, os representantes de CIG-Saúde en calquera marco negociador, representan a todo o sindicato, independentemente do grupo profesional ao que pertenzan. O noso é un sindicato coherente, cunha estratexia sindical global para todos os grupos profesionais, dentro da que se inscriben dun xeito coherente as políticas relativas a cada grupo profesional de traballadores da sanidade. CIG-Saúde móllase diante dos problemas e ten sempre unha posición clara e definida diante deles: debatemos os problemas e as potenciais contradicións que poidan existir entre diversos colectivos, mais ao final temos sempre unha clara sobre os temas, froito de que sempre temos unha visión global dentro da que inscribimos os intereses dos diversos colectivos profesionais. Porque ese é o xeito de actuar do noso sindicato, os facultativos de CIG-Saúde estamos sempre representados por calquera representante do sindicato, independentemente do grupo profesional ao que pertenza.
? Deixando perfectamente claro o anterior, a segunda consideración a realizar é que, no caso de CIG-Saúde, o argumento de que os intereses dos facultativos non son defendidos por facultativos é rotundamente falso. Cando menos desde o ano 2003, en todas e cada unha das negociacións da mesa sectorial na que se abordaron temas que afectaban aos facultativos, dentro da delegación de CIG-Saúde estiveron presentes facultativos, como se pode comprobar doadamente analizando as actas da mesa sectorial, nas que sempre figuran os nomes dos presentes nas xuntanzas..
O aberto cuestionamento dos axiomas básicos dos que parte o sindicalismo médico corporativo que significa a existencia e a actividade da AgM-CIG, xunto á evidencia do longo ronsel de fracasos sindicais que tiveron e teñen estes últimos anos, está poñendo especialmente nerviosos aos sindicatos médicos corporativos (sobre todo a súa variante freeki) e, perdido o sentido da realidade e incapaces de autocriticar os seus propios erros, pretenden unha fuxida cara adiante intensificando os seus ataques contra CIG-Saúde e a súa Agrupación Médica (AgM-CIG).
[1] Esa obsesión chega a ser paranoica no caso da variante freeki do sindicalismo médico corporativo, como se pode comprobar no seu Boletín de decembro 2008., inzado de falsas referencias descualificadoras contra CIG-Saúde e a súa Agrupación Médica. Todo o Boletín é un alarde de simpleza analítica e argumental, e está escrito no estilo berborreico, crispado e faltón característico deste tipo de sindicalismo. A lectura do Boletín e francamente divertida, e permite comprender os motivos polos que a grande maioría dos facultativos (cultos e con capacidade de discernimento) que traballan no sistema sanitario público galego non secunda as mobilizacións que preconizan, feito do que se laia a editorial do Boletín, na que se nos reprende aos médicos porque non nos mobilizamos cando eles nolo indican (iso de rifarnos cando as súas propostas non son seguidas polos profesionais, é toda unha tradición nese tipo de sindicalismo), sen ter o sentido común de pensar que ao mellor o que sucede é que a culpa é súa polas propostas que fan e polo xeito de facelas
|
|
|
|
atrasos acordo marco |
|
Según nos informa o Sergas nas RETRIBUCIÓNS deste mes de xaneiro a maiores da nómina normal haberá unha nómina COMPLEMENTARIA, que abonará os atrasos dende xullo do 2008 do acordado no ACORDO RETRIBUTIVO. |
|
|
|
orde de nóminas 2009 |
|
Publícase hoxe a orde de nóminas para o 2009.
Podedes consultala aqui. |
|
|
|
plataforma sindical contra o decreto de carreira ordinaria |
|
ESTATUTARIOS, LABORAIS E FUNCIONARIOS
A PLATAFORMA SINDICAL,
rexeita o modelo de CARREIRA ORDINARIA
e o Sergas intenta aplicala por DECRETAZO.
O día 19 de decembro de 2008 a Administración dá por rematada a negociación de Carreira Ordinaria, ignorando as reivindicacións das Organizacións Sindicais, buscando unha vez máis a confrontación no ámbito da Sanidade en vez de intentar acadar o consenso desexado.
A PLATAFORMA SINDICAL,entre outras,rexeita esta Carreira Profesional Ordinaria polas seguintes razóns:
Enlace réxime extraordinario:
O Sergas obriga a un período de permanencia de 3 anos a pesares de te-los requisito esixidos.
Funcionarios e Laborais:
Incumprimento do SERGAS dos acordos asinados e xa publicados no DOG, que recollen o acceso ao réxime ordinario sen integración previa.
Promoción Interna:
Non recoñecen a promoción interna para licenciados e diplomados sanitarios.
Persoal ope 2006:
Non acepta que este persoal que reuna os requisitos a entrada en vigor da carreira poida solicitar o recoñecemento dos graos que lle correspondan.
Persoal Interino:
Só poderán solicitar o grao inicial ( non retribuído ) non podendo pedir o Grao I ata que sexan fixos, pero sempre que leven 5 anos neste grao inicial.
Criterios avaliación:
Esixencia por parte do Sergas dun mínimo de avaliación en cada apartado, mínimo que rexeita a plataforma dado a dificultade de conquerir en moitos lugares.
A PLATAFORMA SINDICAL ESIXE a paralización do Decreto, solicitando se retome o proceso negociador dentro do marco da Mesa Sectorial, para deste xeito poder acadar un modelo de Carreira profesional Ordinaria á que poida acceder todo o persoal e que recompense o esforzo individual realizado.
MOBILIZACIOIS
FEBREIRO 3, 5, 10 e 12: CONCENTRACIÓNS NOS CENTROS
17 FEBREIRO: CONCENTRACIÓN NO SERGAS ÁS 11,30 HORAS
a plataforma sindical está composta polas centrais sindicais:
UGT CC.OO CSI-CSIF CEMS SAE CIG
O SATSE rexeitou a súa participación.
mani pola carreira en compostela 29-3-07 |
|
|
|
reivindicaciois de CIG ante a nova OPE |
|
Estes de abaixo son os puntos de maior relevancia que lle imos a plantexar ó SERGAS para intentar correxir erros na OPE, non incluimos ningún tipo de cambio de baremos posto que non nos corresponde a nós facelo, somente pretendemos que haxa maior axilidade e transparencia en todo o proceso e que á xente que acade a praza poda quedarse o mais perto da súa casa.
Para elaborar estas propostas tivemos moi en conta o que plantexastes no post publicado, descartando como xa dixemos, plantexar unha modificación dos baremos, que en todo caso teríase que discutir polo que podería conlevar mais atraso na convocatoria.
cando teñamos elaborado o escrito que será enviado ó SERGAS dende CIG-Saúde publicarémolo, de momento deixamos os puntos mais reseñables.
*Os tribunais deben ser na súa maioría da mesma categoría co fin de evitar que se den casos como anos anteriores onde o nivel de coñecementos que se esixía, era moito máis alto có da categoría.
*Que na convocatoria se publique o listado de bibliografía que se utilizará como base para as preguntas.
*Que se cite qué leis e normativa e que parte dela, entran na parte común a tódalas categorías.
*Publicación das titulaciois que serven para aumentar puntuación e en qué categorías.
*Definición clara de qué cousas son puntuables e cales non para cada categoría.
*Unificar a puntuación do tempo traballado na privada eliminando o requisito de estructura hospitalaria.
*Poñer data tope resolución, é decir a data máxima para que o SERGAS teña resolto todo o proceso e abra o prazo de incorporación do persoal, nós plantexamos que dende a data da convocatoria a data de inicio das tomas de posesión, non pode transcurrir máis dun ano.
*Eliminar as ?prebendas? de certas xerencias de cesar ou manter ó persoal interino e poñer a disposición d@s aprobad@s tódalas prazas que sexan vacantes no momento da selección, e sexa o persoal o que poida elixir o destino que máis lle conveña, evitando así que moito persoal teña que moverse a moitos kilómetros, téndose que buscar a vida para voltar, via comisión de servizo, via traslado.
|
|
|
|
o pai de Migueliño |
|
Esta é a adaptación que en 1977 fixo Miguel Castelo do relato de Castelao do mesmo título, onde se narra a historia dun neno que agarda a volta do pai desde as Américas.
|
|
|
|
das orixes do topónimo Ferrol e a lingua en O Barco |
|
|
|
|
|
Central de chamadas: hai que seguir coas mobilizaciois |
|
As concentraciois de onte contra a privatización da central de chamadas non se pode decir que fosen un éxito de participación, pero polo menos serviron para que a prensa fágase eco do problema; onte cecais dividimos demasiado as forzas querendo ver a resposta do persoal dos centros de saúde, calculamos que nos mobilizamos perto de 200 persoas, pero ou conseguimos multiplicar esa cifra por 5 ou o temos ben complicado para tiraar abaixo esa privatización, nos órganos de dirección de CIG-Saúde estase a valorar facer unha manifestación ou concentración nun solo lugar para xuntar a todo o persoal concienciado e implicado neste tema, e desta sí que o persoal tense que mover porque ou sacamos o compromiso de revertir a mans públicas a central de chamadas antes das elecciois ou damos por perdida esta guerra e nos preparamos para ver cal é o seguinte servizo que privatizan gañe quen gañe as elecciois, porque a política privatizadora do PP xa a coñecemos que e agora vemos que a do bipartito (PSOE-BNG) está a ser mais do mesmo.
Son mais de 100 postos de traballo que deberían ser estatutarios, precarízase polo tanto o traballo e á atención ó usuario, pode ser unha punta de lanza cara novas privatizaciois, hoxe é o persoal de xestión, pero mañá pode ser enfermaría, polo tanto loitar contra esta privatización é loitar contra ese sistema de xestión na sanidade pública galega e é tarefa de tod@s, non somente de PSX e auxiliares administrativos, na próxma mobilización que convoquemos vamos a darlle máxima publicidade e esperamos a implicación de tod@s, pero para que funcione cada un de nós ten que implicarse.
Deixamos un tubo da concentración de onte en Ourense que publica "la región" xunto coa noticia.
a noticia da concentración de o centro de saúde de O Barco en la región
|
|
|
|
CON PALESTINA CONTRA DA MASACRE SIONISTA EN GAZA |
|
MANIFESTACION NACIONAL
ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
DOMINGO, DÍA 18 DE XANEIRO, ÁS 12:00 HORAS
CON PALESTINA
CONTRA DA MASACRE SIONISTA EN GAZA
POR UNHA PAZ XUSTA E DURADEIRA
PARA QUE REMATE ESTA MATANZA
VIVA O POBO PALESTINO
O chamado conflito palestino non é novo. Son xa moitos anos de violencia, de ocupación ilegal dos territorios, de morte, de sufrimento e destrucción. A actual intervención do exército israelí na franxa de Gaza ven de moi atrás. Estamos, unha vez máis, diante dun episodio de violencia indiscriminada e desproporcionada, unha auténtica matanza, especialmente contra dunha poboación civil á que se lle nega mesmo a posibilidade de fuxir.
Esta non é unha guerra, non existen exércitos enfrontados, nin igualdade de forzas, nin de recursos. Non existe simetría nin equilibrio entre partes por moito que algúns se empeñen en negar a evidencia. Non é posible a equidistancia. Os verdugos teñen nome coñecido e as vítimas tamén, cóntanse por miles, entre mortos e feridos. A vulneración dos dereitos humanos, a violación sistemática da legalidade internacional, dos acordos de paz e das resolucións das Nacións Unidas teñen un nome inequívoco, o Estado Sionista de Israel.
Trátase, xa que logo, dunha auténtica masacre, sen escrúpulo moral algún, sen respecto pola poboación máis indefensa, os anciáns, nenos e nenas, mesmo cooperantes internacionais, nin tampouco polas mesquitas, hospitais ou mesmo escolas, as escolas das Nacións Unidas, con identificación oficial, con coordenadas coñecidas e transmitidas, onde estaban refuxiados do horror centos de cativos e cativas palestinas. O sionismo non coñece límites.
O exército e o goberno israelí, sabémolo ben, son expertos tamén na ocultación da verdade, contan con axentes moi poderosos. Resulta escandaloso que manifesten que as accións militares actuais son en resposta ó lanzamento de foguetes caseiros desde Gaza, ¿acaso non coñecemos a política de asasinatos selectivos de dirixentes palestinos practicada por Israel nos últimos anos? ¿De destrucción de vivendas das súas familias? ¿Acaso un exército como o israelí non ten capacidade para detectar e localizar eses lanzamentos?
E en todo caso, ¿onde está a proporcionalidade da resposta?. Xa a coñecemos, balas contra pedras, tanques e mises contra a poboación civil, ocupación militar dos territorios palestinos, máis colonizacións fronte dos acordos de paz.
Son centos e miles os palestinos asasinados, os torturados nas cadeas israelís, os mortos como consecuencia do bloqueo, os inspeccionados e humillados a diario.
En ningún caso a morte de civís está xustificada, nin a violación sistemática dos dereitos humanos, nin a ocupación militar dos territorios palestinos, nin a vulneración permanente das resolucións das Nacións Unidas. O estado de Israel non ten credibilidade algunha. Perdeuna. É probablemente o estado do mundo que máis ten violentado a legalidade internacional, negado unha solución política a un conflito que se dilata inxustificadamente no tempo. Cada vez quedan menos persoas no mundo que podan crer as mentiras israelís. Indigna pensar que a brutal ofensiva militar israelí actual teña que ver coa súa propia axenda electoral. Traficar mortos por votos fai que abominemos do sionismo e das súas prácticas.
Pero non é posible unha solución militar na rexión. A comunidade internacional, a UE e o Estado Español teñen que propiciar -dunha vez por todas- unha solución política que pasa, inevitablemente, polo remate da ocupación militar, pola retirada israelí, por un alto o fogo inmediato, polo diálogo sincero para acadar unha paz xusta e duradeira sobre a base dos acordos internacionais.
A cidadanía galega, a sociedade civil global está con Palestina, está co pobo palestino, apoia e recoñece o seu dereito á existencia e a ter un estado propio. Como recoñece o dereito do pobo israelí á súa propia existencia e á súa seguridade. O que non se pode admitir é a violencia indiscriminada, a crueldade, o horror, as solucións bélicas para conflitos que son políticos. Por iso demandamos unha solución política definitiva, xusta e duradeira.
O estado español debería ter un papel moito máis activo na procura desa solución política. A UE, a comunidade internacional no seu conxunto, teñen a obriga moral e política de impoñer a Israel o respecto escrupuloso polas resolucións de Nacións Unidas, con toda firmeza, con medidas de boicot, como se fai con outros estados, como se fixo con Sudáfrica no seu momento, para rematar co réxime do Apartheid. Desde logo, como non se fai é tolerando que Israel ocupe territorios ilegalmente, masacre á poboación civil palestina, ou coa política de seguir vendendo armas a países en conflito, como segue a facer España, lamentablemente, e outros estados que se sentan no Consello de Seguridade da ONU.
Galicia enteira reclama unha paz xusta e duradeira na rexión, a resolución pacífica do conflito por medio do diálogo e do acordo, a fin da ocupación militar, a retirada de tódolos territorios palestinos ocupados, así como a persecución xurídica dos responsables desta matanza indiscriminada, un auténtico crime contra da humanidade.
En consecuencia esiximos que:
?Se impulsen políticas activas de solidareidade en favor de Palestina
?Se deteñan tódolos ataques e bombardeos
?Se abran as fronteiras para as axudas humanitarias, especialmente en Rafah, xa que dende o 2006 nin o 10% das axudas enviadas á faixa de Gaza puideron pasar.
?A ONU lle outorgue a tódolos representantes lexítimos palestinos, incluíndo a Hamás, a oportunidade de sentarse á mesa do diálogo ao igual que Israel.
?O goberno español rompa as relacións diplomáticas e comerciais con Israel.
?A Xunta de Galicia se pronuncie contra Israel e a favor do pobo palestino.
?Se denuncie a venda de armas.
?Se promova o boicot aos produtos israelís e daquelas empresas que manteñan relacións comerciais con eles.
?Os medios de comunicación e a prensa internacional sexan neutrais.
¡VIVA PALESTINA!
¡VIVA GALICIA!
¡PAZ AGORA E PARA SEMPRE!
¡VIVA O POBO PALESTINO!
Organizacións Convocantes:
Coordinadora Galega de ONGDs
Coordinadora Galega pola Paz
Foro de Inmigración
Galiza por Palestina
Iniciativa polos Dereitos Humanos
...
A Ghentahla do Pichel
Acsur Galiza
Adiante
Asemblea Republicana de Vigo
Asociación Francisco Villamil
Asociación Galaico Arabe Jenin
Aturuxo
BNG
BRIGA
CC.OO de Galicia
Ciberirmandade
CIG
CNT
Colectivo dos Mozos Comunistas
Comité de Defensa das Rías
Coordinadora de Crentes Galegos
Corrente Vermella
Cosal
CUT
DSI
Encontro Irmandiño
Esculca
Esquerda Unida
FPG
Fuco Buxán
Fundación Araguaney
Fundación Galiza Sempre
Galiza Nova
Isca
Marcha Mundial das Mulheres
Médicos do Mundo
Movemento pola Base
Mundo Sen Guerras
Nós Unidade Popular
Partido Comunista dos Pobos de España
Partido Humanista de Galicia
PCPG
Plataforma Alternativa
Pola Esquerda
Seminario Galego de Educación para a Paz
Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza (STEG)
Socialismo Libertario
Solidariedade Internacional
UGT Galicia
Viraventos
Xustiza e Sociedade |
|
|
|
|
|
|
|
|