CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

manifestación do persoal dos PAC de Galiza
perto de medio milleiro de traballadores e traballadoras de tódolos PACs de Galiza, participaron na manifestación convocada pola plataforma sindical unitaria en defensa das xustas reivindicaciois deste persoal.

esperemos que o SERGAS tomara boa nota e non siga a poñer atrancos nunha negociación onde o persoal somente pide que se igualen os seus deretos ó do resto do persoal do SERGAS.


noticia en el correo gallego
galiciae.com


deixámosvos un slide cas fotos da manifa.


Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 31-01-2008 17:36
Queres comentar ou preguntar algo?
toma posesión celadores SACYL
hoxe publícanse os destinos acadados polos celadores na OPE do SACYL, que abre prazo para a toma de posesión da praza.

hai un mes de prazo para efectuar a toma de posesión da praza na xerencia a que esté adscrita a praza acadada(ata o 29 de febrero incluido).


Comentarios (0) - Categoría: OPE Sacyl - Publicado o 30-01-2008 12:13
Queres comentar ou preguntar algo?
oferta publica de emprego do estado
Real Decreto que publica a oferta do emprego público do Estado para o 2008
Comentarios (0) - Categoría: outras OPE - Publicado o 30-01-2008 09:51
Queres comentar ou preguntar algo?
manifa en santiago
Onte á tarde celebrouse a iniciativa da Plataforma Sindical de Atención Primaria, a reunión concertada coa Dirección do Sergas co seu Secretario Xeral ao frente. O obxectivo da reunión era explorar as posibilidades reais de desbloquear a negociación das duas mesas de Primaria (UAPs e PACs) nun contacto menos ríxido e formal ca Mesa Sectorial.

Por parte do Sergas, ademáis de Cayetano Rodríguez, estaban os Directores e Subdirectores xerais tanto da división de Asistencia Sanitaria como da de Recursos Humanos, así como dous Xerentes. Por parte da Plataforma Sindical estaban CIG, CESM, SATSE e UGT, non asistindo CSIF, parece que por problemas de convocatoria.

O resultado da reunión foi frustrante no sentido de que a Administración parecía querer mover temas pero o medo non lles deixa pensar. Non tiveron valentía para asumir a nosa oferta de falar abertamente e sen tabús dos problemas como única via lóxica para buscar solucións válidas para ambas partes. De feito, só se profundizou algo no problema da voluntariedade e das horas de xornada obrigatoria que se quere impoñer aos Pac, non se chegou a falar en serio dos demáis asuntos. O Sergas non se atreveu a facer siquera comentarios sobre as nosas propostas nos distintos temas. Parece impoñerse un estilo de negociación presidido polo medo, pola desconfianza e polo enfrontamento directo cos sindicatos.

A reunión, que nalgún momento pareceu avanzar, concluiu finalmente sen conclusión algunha. Agora, os sindicatos quedamos de remitirlles por escrito as propostas que debatimos na nosa última reunión (faremolo hoxe ou mañán), e eles convocarán logo novas reunións das respectivas mesas, que non serán ata a próxima semana. Non se atreveron a máis.


O Xoves ás 11 da mañá haberá unha manifestación en compostela dende a praza de Cervantes ata San Caetano para apoiar á plataforma sindical.
Se alguén desta área de Saúde está interesado en acudir que se poña en contacto c@s nos@s delegad@s.


Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 29-01-2008 12:11
Queres comentar ou preguntar algo?
conflicto informática
E a ti que che parecería que un tercio do persoal do teu servizo fose posto a dedo pola Xerencia do Hospital saltándose as listas de contratación?

Isto é o que pasa no servizo de informática; dos tres traballadores cos que conta este servizo un deles stá posto saltándose as listas de contratación do SERGAS.

O Xerente argumenta que está contento ca ?empesa?, que ten concertada e por iso négase a restrinxirlle o contrato e tirar das listas de contratación vixentes e pon como exemplo que tamén ten contratado o mantemento de moitos equipos do hospital.

Os tres traballadores do servizo de informática realizan o mesmo traballo, esta ?empresa? concertada non fai nada que non fagan os informáticos do hospital contratados legalmente na bolsa de contratación.

Anteriormente estivemos en conflicto por varios asuntos de contratación que conseguimos arranxar, pero neste caso e a pesares da nosa insistencia en rematar con esta situación, levamos mais de un ano insistindo en que se acuda as listas de contratación, o Xerente non da o brazo a torcer. É por isto que dende a sección sindical de CIG-Saúde non regatearemos medios para que o servizo volte a legalidade e abortar calquera outro intento privatizador e enchufista por parte da Dirección do HCV.


Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 28-01-2008 18:54
Queres comentar ou preguntar algo?
asemblea de persoal
hoxe ás 14 horas levamos a cabo dende a Comisión de Centro unha asemblea da Comisión de Centro do HCV co persoal para explicar o acontecido co Xerente na derradeira reunión que mantivemos con él.
Explicouse a postura da Comisión de Centro de pedirlle ó Xerente que creara un grupo externo que estudiara os erros de organización a nivel funcional que hai no HCV, co fin de correxilos.
dende a comision de Centro entendemos que a xornada ordinaria debérase organizar cun criterio de eficacia que ó noso entender hoxe ten moitas laguas e deste xeito ser moito mais operativos cara a atencion ó usuario.
Tamén se falou da repercusión negativa que están a ter as peonadas en case tódolos servizos do hospital e que se deberan regular doutro xeito mais operativo (deixar clara a postura de CIG-Saúde contraria as peonadas)

a asemblea acudiron unhas 40 persoas que maioritariamente apoiaron a postura da Comisión de Centro e moitos deles expuxeron casos concretos onde o sistema fai auga. Claro que tamén houbo persoal que arroupou a política e sistema organizativo da Dirección do Centro.

O venres teremos reunión da Comisión de Centro para estudiar
os seguintes pasos a dar neste asunto.
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 28-01-2008 18:51
Queres comentar ou preguntar algo?
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 25-01-2008 18:36
Queres comentar ou preguntar algo?
recoñecese a carreira profesional ás empresas concertadas co SERGAS
noticia eextraida de da web de galizacig

CIG, CCOO e UGT conseguiron, a media noite do luns 21 de xaneiro, asinar un acordo segundo o que, ?pola parte empresarial, faise recoñecemento expreso do dereito do persoal pertencente ás distintas contratas do Sergas que teñen recoñecida a equiparación salarial, á percepción económica do equivalente ao importe da chamada carreira profesional, nas súas diferentes categorías?. Quedan así desconvocadas as distintas mobilizacións previstas.

A aplicación desta percepción económica, segundo o documento asinado, realizarase como Plus de equiparación profesional, aboándose as cantidades devengadas durante o ano 2007 e a do mes de xaneiro de 2008 nun só pagamento, antes de abril de 2008. Desde febreiro de 2008, inclusive, e en diante, aboarase de xeito prorrateado en cada unha das mensualidades.

As partes asinantes acordaron ademais a creación dunha Comisión de Seguimento para a aplicación deste acordo coa fin de vixiar o estrito cumprimento do mesmo.

O pasado ano os sindicatos con representación no Sergas e o propio Sergas chegaban ao acordo de recoñecer a carreira profesional para os traballadores e traballadoras do Sergas. Isto supuña incluír un novo complemento económico que xiraba arredor dos 700 euros para o ano 2007 e uns 800 euros para o 2008.

Practicamente todos os traballadores e traballadoras das contratas tiñan recoñecida xa a equiparación salarial e ao acadarse ese acordo o que solicitan é que se lles recoñeza tamén a carreira profesional e as condicións salariais derivadas.

A negativa das contratas a aceptar esas demandas provoca a convocatoria de mobilizacións, concentracións e mesmo a convocatoria dunha folga que estaba prevista para o próximo día 29 de xaneiro.

Diante da convocatoria de folga, o propio Sergas insta ás partes a unha nova xuntanza na tarde do luns 21 de xaneiro na dirección provincial do Sergas de Vigo. Unha xuntanza na que, tras 8 horas de duras negociacións conseguiuse chegar ao acordo de recoñecer a carreira profesional para todos os traballadores e traballadoras das contratas e o complemento salarial derivado, que neste caso recibe o nome de ?Plus de equiparación profesional?.

CIG, CCOO e UGT valoran moi positivamente o acordo acadado, máxime cando a carreira profesional aínda non se está a aplicar ao 100% dos traballadores e traballadoras do propio Sergas.

acta do acordo

a ver que alega agora o SERGAS para non aceptar a carreira profesional de funcionarios e laborais.

seguiremos informando

Comentarios (0) - Categoría: carreira profesional - Publicado o 24-01-2008 21:59
Queres comentar ou preguntar algo?
escrito ó SERGAS
deixámovoss o escrito feito como dixemos para utilizalo si queredes para amosar o voso cabreo ó SERGAS pola tardanza na resolución da OPE e os traslados en curso e instandoos a que aceleren o proceso, mandadeo dende o voso correo persoal ó Director Xeral de RR.HH. que é o departamento do SERGAS que leva todo o relacionado co tema, a dirección é a seguinte:

antonio.fernandez.paniagua@sergas.es

copiade, pegade e engadídelle o voso nome na sinatura e no encabezamento e mandádeo dende o voso correo, a ver se deste xeito conseguimos que o SERGAS axilice os tempos de resolución.

De:

A: Dirextor Xeral de RR.HH. do SERGAS

Pola presente quero amosar o meu rexeitamento mais rotunto ó ritmo de resolución da derradeira convocatoria de OPE e traslados da que se ocupa o departamento que vostede dirixe.

Non é de recibo que a previsión de incorporación da maior parte das categorias se faga mais de 2 anos despois da convocatoria da OPE.

Paréceme dunha falla de respeto a tódolos que participamos nestes 2 procesos e de xeito especial na OPE, que a estas alturas non se escomenzara xiquera a baremar os méritos e non haxa unha lista a lo menos provisoria de aprobados con praza, polo que se ten a un bon número de opositores/as ca dúbida de se acadan ou non praza.

Moito do persoal que particiamos neste proceso temos ó noso cargo fillos/as que temos que matricular dentro de un par de meses, e non sabemos en caso de acadar praza onde vai ser esta, mal podemos deste xeito conciliar a nosa vida laboral e familiar, cando dende a Administración se anuncia as moitas leis feitas neste terreo, nos atopamos que algunhas das medidas que dende a Administración se poden tomar como é a que nos ocupa simplemente se ignora.

Entendo que son moitos os asuntos que os ocupan, pero entenda vostede tamén que somos centos de persoas que estamos nunha situación de stres innecesario a conta da lentitude que o SERGAS está dando a este proceso.

Por todo isto solicito que dende RR.HH non se escatime en medios para axilizar os procesos en marcha e adiantar deste xeito os inaceptables tempos de resolución que manexan.





Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 23-01-2008 20:39
Queres comentar ou preguntar algo?
cronograma OPE-traslados SERGAS
por fin temos o cronograma enviado polo SERGAS

CALENDARIO ESTIMATIVO OPE E CONCURSO DE TRASLADOS DO SERGAS PARA OS MESES DE FEBREIRO E MARZO:


- CONCURSO DE TRASLADOS:

- Na segunda quincena do mes de febreiro prevese a publicación das puntuacións provisionais da baremación do concurso e adxudicación provisional de destinos de LICENCIADOS SANITARIOS.

- Na primeira quincena do mes de marzo prevese a publicación das listaxes de admitidos e excluídos das outras categorías pendentes, é dicir ATS/DUE, AUXILIAR DE ENFERMERÍA, CELADOR, GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA E PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS.

- Para a segunda quincena do mes de marzo prevese a publicación das puntuacións provisionais da baremación do concurso e adxudicación provisional de destinos de todas as categorías de persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario.


- CONCURSO-OPOSICIÓN:

- Na primeira quincena do mes de febreiro prevese a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo das seguintes categorías:

- Calefactor.
- Conductor.
- Grupo administrativo da función administrativa.
- Matrona.
- Técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información.
- Técncio especialista de sistemas e tecnoloxías da información
- Técnicos especialistas de Radioterapia.
- Telefonista.
- Terapeutas ocupacionais.

- Na primeira quincena do mes de febreiro prevese a publicación das puntuacións provisionais do segundo exercicio da fase de oposición de:

- Grupo técnico da función administrativa.

- Na segunda quincena do mes de febreiro prevese a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso do proceso selectivo das seguintes categorías:

- Fisioterapeuta.
- Lavandero.
- Pasador de ferro.

- Igualmente durante o mes de febreiro comenzarán as labouras de baremación da fase de concurso do resto de categorías, incluidos facultativos, non sendo posible facer unha estimación da publicación das puntuacións provisionais, xa que dependerá do ritmo que cada tribunal de selección.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 23-01-2008 17:49
Queres comentar ou preguntar algo?
o talante enchufista do Xerente do HCV
Dende a sección sincical CIG área Barco, queremos denunciar a actitude privatizadora e enchufista do Xerente do HCV no que se refire a un contrato de informático no HCV, este contrato se concertou hai uns anos cando non habia listas de informáticos no SERGAS e se mativo así ca promesa da antigua Xerenca que unha vez solventada a OPE extraordinaria se cubriría con persoal estatutario, hai mais de 2 anos que se resolveu a OPE extraordinaria e a ?empresa? (composta de un informático) segue a prestar os seus servizos no HCV, a pesares de que se leva insistido dende a parte sindical en moitas ocasións en que se tiren das listas de contratación como marcan os acordos co SERGAS para cubrir esta necesidade, e unha e outra vez chocamos contra a negativa do Xerente do HCV , preguntámonos, que oscuros intereses moven a este traballador público (o Xerente) a ter privatizado parte do servizo de informática.

Hai que decir que o traballador desta ?empresa concertada?, fai as mesmas funcións que os outros 2 traballadores do servizo que sí que entraron por listas de contratación nun proceso regulado e onde todos teñen as mesmas posibilidades cun baremo establecido e que goza das máximas garantias de imparcialidade.

Levounos moitos anos conseguir que se respetara o Pacto de Contratacións no HCV e temos que remontarnos ata hai 10 anos cando se privatizou a lavanderia deste Centro para atopar un Xerente que actue dun xeito tan caciquil en materia de contratación e privatización.

ESIXIMOS que se cumpra a normativa vixente en materia de contratación e se rematen dunha vez por todas este tipo de actitudes de corte claramente amiguista por parte do Xerente, estamos dispostos a utilizar e así o faremos tódalas armas que nos da a lexislación vixente para denunciar este tipo de abusos por parte da Xerencia do hospital.


En O Barco a 23 de xaneiro de 2008.



Noticia en La Región
Comentarios (0) - Categoría: HCV - Publicado o 23-01-2008 13:39
Queres comentar ou preguntar algo?
MESA SECTORIAL PERSOAL PACs
Martes 22 en xornada de tarde, o SERGAS prantexou unha nova proposta de acordo de condicións laborais e retributivas que de nova non ten nada, a súa posición inmobilista presentando a mesma proposta do día 11 con algunha dose de maquillaxe e que xa fora reixetada polas OO.SS. e o persoal que secundou masivamente os peches nas xerencias e durante a xuntanza da mesa protagonizou unha concentración e un corte de trafico de máis de 200 persoas en Compostela onde se constatou o rechazo as propostas da administracción e o apoio as demandas presentadas pola plataforma sindical (CESM SATSE CIG CSIF UGT).

Na reunión de onte pola tarde o Sergas entregou un novo documento. Un texto longo, máis estruturado dende o punto de vista formal, e unha única modificación material e concreta sobre o anterior: mantendo a aplicación dos complementos de nocturnidade e festividade en catro anos, cambia as porcentaxes anuais a un 30-25-25-20. O resto é o mesmo que xa tiñamos.

A partir de ahí, e da nosa crítica polo practicamente nulo movemento do Sergas, o debate da reunión centrouse non tanto en repetir as concretas propostas de cada quen senón en analizar as xustificacións das razóns para as propostas de cada parte. Dese debate poderiamos extraer as seguintes conclusións:

- O Sergas ten basicamente tres ideas ou tres medos: que haxa trasvase de médicos de Pac a Ordinaria coa activación das prazas de nova creación derivadas do Plan de Mellora e que eses ocos en Pac non se consigan cubrir con novos contratos, que si non conseguen incrementar a xornada obrigatoria de Pac non teñan para cubrir pacificamente todas as horas estruturais, e que se melloran ?demasiado? as retribucións de Pac (acercandoas ás de Urxencias de Hospitais ou ás de AP Ordinaria) haxa médicos que prefiran irse a un Pac en lugar de manterse en Hospitais ou en Unidades.
- Complementariamente a tales presupostos, o Sergas non quere facer unha nova oferta de voluntariedade xeralizada por medo a que o resultado sexa perder en lugar de gañar voluntariedades.
- Pola contra, os sindicatos (e particularmente a CIG) entendemos que coa dignificación das condicións de traballo e cunha oferta de voluntariedade ben dimensionada e incentivada, teriamos unha situación global mellor ca actual.
- Tamén decimos que é clave a convocatoria da próxima oposición para garantir canto antes a incorporación de máis médicos, que non virian atraidos por contratos ou interinidades inseguras pero sí deberian aparecer para prazas fixas.

A reunión rematou así, sen máis avances, e cun novo emplazamento a unha contraproposta sindical e unha nova reunión que non ten data.


Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 23-01-2008 09:30
Queres comentar ou preguntar algo?
NOVAS OPE
Despois de falar cos responsables de RRHH do Sergas comentannos o seguinte respecto da Resolución dos Traslados e Oposicións do Sergas:

1.Persoal facultativo e outras categorías pequenas TOMA DE POSESIÓN en xuño.
2.Categorías grandes ( ATS, PSX, PINCHES, AUX. ENFERMARÍA, AUX. ADMINISTRATIVO e CELADORES ) TOMA DE POSESIÓN en outubro.


Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 22-01-2008 11:51
Queres comentar ou preguntar algo?
orde nóminas 2008
Publícase hoxe a orde de nóminas para o ano 2008. Podedes consultala aqui.

Comentarios (0) - Categoría: normativa xeral - Publicado o 22-01-2008 09:59
Queres comentar ou preguntar algo?
experiencias
Extraídas do Arquivo da Experiencia, varias manifestacións de lembranza de tempos inda non moi lonxanos, onde non estaba permitido falar galego, e se se facía era castigado:








Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 20-01-2008 20:28
Queres comentar ou preguntar algo?
MESA DE NEGOCIACIÓN SOBRE PACs PARA O PRÓXIMO MARTES
este é o correo que nos envia o SERGAS anunciando convocatoria da mesa de negociación sobre PACS:

Co fin de cumprir co noso compromiso de ter a reunión de mesa sectorial o martes día 22, co orde do dia para negociación de condicións de traballo en PAC, comunciámoslle que por problemas de axenda da dirección, a reunión realizarase o citado martes as 17 horas na sala de xuntas 02-03.

Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 18-01-2008 19:18
Queres comentar ou preguntar algo?
Técnicos Auxiliar de Enfermaría grupo C1
Técnicos Auxiliar en Coidados de Enfermaría.
GRUPO C1


A Lei 7, 2007, de 12 de abril ,do Estatuto Básico do Empregado Público. Recolle:

Artg 76. Grupos de Clasificación Profesional do Persoal Funcionario de Carreira.

GRUPO C. Dividido en dos subgrupos C1 e C2, segundo a titulación esixida para o ingreso.

C1:Titulo de bacheler ou Técnico.

A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Recolle:
Artg. 44.- Títulos e Convalidacións.
Os/as Alumnos/as que superen as ensinanzas de Formación Profesional de Grado Medio recibirán o título de Técnico da correspondente profesion.

O Ministerio de Educación recolle dentro da Familia Profesional Sanidade.
Técnico Coidados Auxiliares de Enfermaría????..G M: Grado Medio. +

O Real Decrerto 777/1988, de 30 de abril, recolle: O Título de Auxiliar ten os mesmos efectos profesionais que o Titulo de Grado Medio, Técnico Coidados Auxiliar de Enfermaría.

A lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma recolle as seguintes retribucíóns.

Soldo base:

C1. 8.617,68

C2. 7.046,40

Trienios:

C1. 314,64

C2. 210,24

Por todo isto as/os Técnicos Auxiliar en coidados de Enfermaría deben de estar incluidos no grupo de clasificación C1 e percibir as retribucións correspondentes ao grupo de clasificación. . Como esta reclasificación, segundo o propio Estatuto, non é automática, é polo que desde a CIG SAÚDE esiximos á Conselleria de Sanidade a que a través da Mesa Sectorial negocie a reclasificación e as retribucións correspondentes dos/as Técnicos Auxiliar en Coidados de Enfermaría?
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 18-01-2008 16:39
Queres comentar ou preguntar algo?
fala o persoal afectado de Vilamartin
CIG-Saúde mantivo hoxe unha conversación co persoal afectado polas deficiencias do Centro de Saúde de Vilamartin. Isto foi o que nos contaron:

As persianas non funcionan e tendes que traballar con luz artificial. Ademáis na consulta de enfermería, ao non haber cortinas, non podedes abrir as persianas igualmente, porque a consulta sería observada desde a rúa. Desde cando levades con estes problemas?

Irene (PSX): Eu incorporeime en decembro do 2005, e cando cheguei algunha das persianas xa estaba estropeada. As outras estropearonse ao pouco.
Uli: (Enfermeira): A miña consulta leva asi desde hai 4 anos, sen cortinas. Os estores que había quitáronos porque estaban mal e non funcionaba, pero nunca volveron colocar nin estores nin cortinas. Tempo despois puxeron as cortinas nas consultas médicas, pero non na de enfermería.

Tendes pedido solución ao concello? De qué xeito? Houbo resposta?

Desde hai tempo temos enviado varios escritos tanto a Atención Primaria como ao Concello. O primeiro envíamolo no 2006. En Primaria din que o centro é do concello e a eles lles corresponde arranxar os desperfectos e que llo teñen pedido moitas veces, pero non lles fan caso. O alcalde di que non sabe nada destes problemas, mentindo descaradamente. (CIG-Saúde corrobora esta versión, posto que delegados do noso sindicato se entrevistaron persoalmente con Manuel Candal e con un concelleiro en varias ocasións, explicándolles o problema e recibindo moi boas palabras como única resposta). Agora mesmo hai 3 meses que se fundiu unha bombilla no baño e ainda non viñeron a cambiala. Asi funcionan, non lles importan nada as condicións nas que traballamos.

Qué vos din os usuarios desta situación?
Á algunha xente chámalle a atencion, pero estráñanse polo que vén, non polo que falta. Moita xente non é consciente das deficiencias porque están aqui só un tempo, non o viven coma nós.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 18-01-2008 14:12
Queres comentar ou preguntar algo?
deficiencias no centro de saúde de vilamartin
DEFICIENCIAS NO CENTRO DE SAÚDE DE VILAMARTÍN


Desde fai meses o centro de saúde de Vilamartin presenta unha serie de deficiencias que deterioran non só o traballo que alí se leva a cabo, senón tamén a saúde do persoal que presta servizos nese centro, e, por ende, a de todos/as os /as usuarios/as. A maioría das persianas do centro non funcionan, co que o persoal traballa toda a súa xornada con luz artificial porque as persianas están sempre baixadas ao non poder subirse. Na consulta de enfermería a existencia de grandes fiestras que dan á rúa principal (precisamente diante do concello) e a falla de cortinas translúcidas que non deixen ver desde fóra, impide que as persianas podan ser levantadas (aquí si que funcionan, pero precisamente porque non se usan pola falta de cortinas) para que as persoas que son atendidas nesta consulta non sexan vistas desde fóra. É dicir, nunha consulta onde a xente se ispe as persianas teñen que estar baixadas pola falta dunhas simples cortinas translúcidas que se teñen solicitado reiteradamente e que supoñen un gasto irrisorio para un concello. Asemade, ao ser un centro acristalado funciona como invernadoiro no verán, co conseguinte aumento da temperatura interior ata límites asfixiantes, como ben puideron comprobar os usuarios e usuarias durante o pasado verán. Agora no inverno a situación é precisamente a contraria. Ata hai ben pouco nin sequera dispoñían de calefacción no centro.

Os traballadores e traballadoras deste centro veñen demandando do Concello de Vilamartin unha solución a estas eivas en forma de peticións reiteradas, tanto orais como escritas (o primeiro escrito enviado ao concello data de xuño de 2006), sen ter recibido resposta satisfactoria. Igualmente desde CIG-Saúde nos temos interesado en numerosas ocasións por este problema, primeiro levándoo á Comisión de Centro de Atención Primaria e falándoo co Xerente e despois con varias entrevistas persoais co alcalde de Vilamartín e con algún dos seus concelleiros . A contestación da Xerencia de Atención Primaria foi, que, posto que o centro é de titularidade municipal, é o Concello quen se debe encargar do seu mantemento. E a resposta do alcalde de Vilamartin, Manuel Candal, así como do concelleiro Manuel López (por certo, recentemente dimitido) foron boas palabras e boas intencións, pero ningunha solución.

Denunciamos, pois, a situación terceiromundista na que se obriga a traballar ao persoal do centro de saúde de Vilamartín e a sufrir aos seus usuarios e solicitamos do alcalde de Vilamartín, Manuel Candal, que dunha vez por todas, e coa maior brevidade, poña solución ás básicas carencias que existen nel. Entendemos que se non se solucionan estas eivas nun tempo aceptable, o Concello estará desafiando a paciencia dos veciños de Vilamartin e do persoal que traballa para ofrecerlles asistencia sanitaria que quere facelo nas mínimas condicións esixibles, e estará obrigándoos a tomar outras alternativas nas súas peticións.


Esta é a nota de prensa sobre as deficiencias que se veñen dando desde hai tempo no centro de saúde de Vilamartin, e que CIG-Saúde enviou onte a todos os medios.

Noticia en La Región.
Comentarios (0) - Categoría: atencion primaria - Publicado o 18-01-2008 14:04
Queres comentar ou preguntar algo?
prazos de resolución da OPE
á espera de confirmación por escrito por parte do SERGAS que quedou en mandar un novo cronograma, podemos adiantaro seguinte.

resolución das categorias con pouca xente mais os facultativos: xuño

resolución das de moito persoal (enfermeria, auxiliares enfermaria, celadores, PSX, pinches):
outubro.
os auxiliares administrativos é posible que poidan ir no lote de xuño,pero non é seguro.

ó longo da mañá de hoxe é posible que teñamos ese cronograma.

en canto a convocatoria da nova OPE do 2008 parece ser que antes de xullo se convocaria a do persoal facultativo e despois do vrao a do resto do persoal.

Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 18-01-2008 00:12
Queres comentar ou preguntar algo?
1 [2] [3]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0