CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

prazos que manexa o sergas sobre OPE
esta é a información da que dispoñemos a dia de hoxe sobre os prazos previstos e como están as cousas na OPE, somente son previsiois:

Licenciados Sanitarios (FEAS):
A intención e publicar antes de rematar iste ano a fase de concurso (baremación) da maioria das categorias, agas médicos de familia que se fará en xaneiro, asi mesmo manexan o mesmos prazos para a convocatoria do concurso de traslados.

Persoal sanitario non facultativo, persoa sanitario de F.P. e de xestión e servizos:
Practicamente todos os tribunais a OPE xa resolverón as impugnacións, agardan públicar as plantllas definitivas de repostas e as listaxes de puntuacións provisorias da oposición antes de finalizar iste ano 2009 (se algunha categoria quedase pendente, públicarse en Xaneiro)
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 17-12-2009 14:45
Queres comentar ou preguntar algo?
publicacion listas de contratación
recibimos este correo do SEGAS:

Bos días:
A publicación das listaxes de contratación para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde das categorías de:
médico de familia
pediatra
médico de urxencias hospitalarias
odontólogo
persoal de enfermaría -DUE-
matrona
auxiliar de enfermaría
cociñeiro

está prevista para mañá venres, día 18 de decembro de 2009. O prazo de reclamación ás citadas listaxes incrementase a 20 días hábiles por mor das datas coincidentes co Nadal.

Agradeceriamos, que de ter algunha alegación a este prazo, se remita á maior brevidade posible por este mesmo medio.

Moitas gracias.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 17-12-2009 10:15
Queres comentar ou preguntar algo?
incidencia de folga na área de O Barco
Xa temos os datos da participación na folga en xornada de mañá.

A participación na folga deixando aparte os mínimos, que non somos amigos de maquillar datos facendo como fai a administración de computalos como non folguistas, foi dun 25% do persoal. De contalos como folguistas, estaríamos falando de mais do 60% de participación.

Houbo incidentes reseñables no servizo de laboratorio, onde a dirección non preveu o alto índice de participación neste servizo e ás 8 e media da mañá habia grandes colas de pacientes que non tiñan atención. A Maioria era pacientes maiores da zona rural e ó final por non causarlles mais danos, non intervimos na solución que deu a dirección de derivar xente doutro servizo, pero esperemos que a dirección tome nota cara futuras folgas e avise ós pacientes do que se poden atopar se teñen consultas ordinarias.
Suspenderonse tamén varias operaciois.

Por outra banda cabe reseñar a alta participación no centro de saúde de O Barco onde o persoal de xestión prácticamente foi todo á folga, exceptuando unha persoa e outra que estaba de mínimos, tamén tivo incidencia en parte do persoal facultativo deste centro de saúde.

Polo tanto dende o noso punto de vista e tendo en conta o contexto que tíñamos onde parte do plataforma non solo non secundaba a folga senon que algunha organización fixo unha campaña barriobaixeira en contra dela; sentímonos mais que satisfeitos do resultado da mesma.

Recordamos que esta é unha folga pola dignidade e que con ela pretendemos advertir ó SERGAS que non damos por boa a resolución que deu o conflicto, e seguiremos adiante coas mobilizaciois, con ou sen acompañantes de viaxe.

Agradecemos a todo o persoal que está participando na folga o seu esforzo, así como todo aqueles que estando en mínimos ou de descanso, participa na caixa de resistencia.

Seguiremos informando das novidades que poida haber.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 16-12-2009 11:21
Queres comentar ou preguntar algo?
a asemblea de afiliad@s arroupa a negociación do pacto e a folga

Na reunión da afiliación de hoxe na sección sindical de A CIG de O Barco, tratamos a nova proposta do SERGAS en materia de contrataciois e analizamos a folga de mañá.

Contrataciois: á sección sindical válelle negociar sobre a proposta do SERGAS, pero coa condición dunha sola lista e a introducción dos puntos de pool no baremo.
Por outro lado tamén se pide que se abra no ano que ben as listas de contratación do persoal técnico e servizos que veñen funcionando dende decembro do 2008 e as listas que neste momento están en fase de baremación (enfermeiras, auxiliares de enfermaría, cociñeiras etc) estén efectivas en torno a un ano, e as seguintes se convoquen tendo en conta a OPE 2009.
Todas estas listas comentadas teríanse que facer co actual sistema de contratación, empezando a funcionar o seguinte a raíz das seguintes OPEs.
Tamén se aceptou a proposta do grupo de traballo da CIG de cada ano nun mes determinado actualizar méritos.

FOLGA: Con respecto á folga a asemblea foi contundente, é unha cuestión de dignidade, houbo incluso alguén que dixo que poder exercer este dereito, ante un goberno que nos trata como farrapos, iba a ser do mais reconfortante que podía ter e que pagaba a pena todo o desconto que lle fixeran, esta manifestación foi arroupada polo resto do persoal, e por unha vez, a xente que levamos a sección sindical chegámonos a conmover coa forza e convencemento da nosa afiliación; ver que o noso sentir de rexeitamento era compartido polos presentes na reunión a verdade que foi desas pequenas cousas que nos reconfortan nesta tarefa e fai que esquezamos por momentos os ratos mais duros.

Así que mañá xa sabedes
POLA NOSA DIGNIDADE TOD@S Á FOLGA
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 15-12-2009 21:19
Queres comentar ou preguntar algo?

TOD@S A FOLGA
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 15-12-2009 16:51
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración HCV e FOLGA
Hoxe levamos a cabo a última mobilización das convocadas no seo da plataforma sindical.

Nesta concentración a asistencia foi boa e quedamos a espera de ver que é o que decide a plataforma sindical na reunión que ten mañá para dar continuidade as protestas.

Nós, xunto con SAE como xa sabedes temos convocada para mañá a folga de 24 horas en defensa dos acordos acadados, e para amosar a nosa dignidade como traballadores e traballadoras.

Polo tanto pedimos un esforzo e a vosa implicación nela, porque de nós dependen que non nos ningunee ningunha administración.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 15-12-2009 16:46
Queres comentar ou preguntar algo?
Grave incidente no HCV... e non foi por non avisar!
Acaba de producirse un incidente que, sen ter graves consecuencias persoais afortunadamente, si que pode considerarse moi grave, máxime cando se leva denunciado en moitísimas ocasións o perigo de que isto chegara a suceder.

Hai escasos minutos, varios dos andeis onde se gardan as historias clínicas do HCV viñéronse abaixo, atrapando a unha traballadora do arquivo debaixo, afortunadamente con tanta sorte que só resultou ferida leve.

As fotos non chegan a dar conta da impresión que produce ver o arquivo coas estanterías totalmente dobradas, as historias ciscadas polo chan e a sensación de que puideron morrer debaixo deses ferros tres traballadoras que nese momento se atopaban na estancia. Do que si dan conta as fotos e da situación precaria na que traballa o persoal de arquivos do HCV.

Desde CIG-Saúde levamos denunciado en numerosas ocasións a situación do arquivo, con masificación de historias, andeis cunha altura considerable sen estabilidade de ningún tipo, sobrecargados de peso, corredores estreitos para moverse entre eles, escaseza de espazo físico e multitude de graves deficiencias que, xa o levamos dito moitas veces, facían prever un desenlace como o de hoxe.

Como non é o primer accidente en archivos, as Xerencias anteriores do HCV, comprometeronse, no Comité de Saúde Laboral, a reformar o servicio, cunha ampliación do actual arquivo mais cunha construcción exterior ao mesmo tempo que se cambiaría o sistema de almacenamento das historias clínicas, pero sempre se espera ata ter un accidente para facer os cambios.
Neste caso as traballadoras non sufriron lesións;pero esperemos que a reforma prometida e que consta nas actas do Comité de Saúde Laboral, se materialice dunha vez por todas.
Comentarios (0) - Categoría: SAÚDE LABORAL - Publicado o 15-12-2009 15:03
Queres comentar ou preguntar algo?
aspectos a ter en conta na folga
Parece que están a correr certos comentarios referentes á folga que cumpre aclarar.

1º Exercer o lexítimo dereito a acudir á folga non hai que comunicalo a ningunha xefatura, ese mesmo dia basta con non acudir ó traballo.

2º Os servizos mínimos están para cubrir as urxencias, ou traballo que non poida ser aprazado, polo tanto o traballo a realizar é básicamente o dun festivo.

3º De producirse calquera tipo de incidencia que se produza o dia da folga é moi importante que vos poñades en contacto co comité de folga do voso centro.
No caso de O Barco imos a estar no noso local sindical dende as 8 menos cuarto da mañá e para a xente de atención primaria podedes chamar ós números: fixo: 988 339112 e mobil:607 839098.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 15-12-2009 10:50
Queres comentar ou preguntar algo?
caixa de resistencia para a folga do 16
Na asemblea celebrada hoxe no HCV decidiuse facer unha caixa de resistencia para que o persoal que está en servizos mínimos e queira participar na folga dalgún xeito poda facelo aportando 10 ? para compensar en parte a perda do dia de folga do persoal que a faga efectiva. Podedesvos anotar nos locais de CIG-Saúde e do SAE.
Cando a dirección aplique o descontos, tedes que vir polo local dos sindicatos convocantes con copia da nómina e repartirase o que haxa na caixa de resistencia.

Por outra banda lembrade que mañá martes ás 12 horas, temos concentración do persoal convocada pola plataforma sindical na entrada do HCV.


Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 14-12-2009 21:52
Queres comentar ou preguntar algo?
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 14-12-2009 09:45
Queres comentar ou preguntar algo?
asemblea de afiliad@s: discusión do novo pacto de contrataciois
mañá martes 15 de decembro ás 17,30 horas teremos unha reunión da seccón sindical de CIG-Saúde coa afiliación para tratar sobre a proposta do SERGAS sobre o novo pacto de contrataciois e as alegaciois a presentar elabaoradas polo grupo de traballo de contratación de CIG-Saúde.

A reunión terá lugar na sala de xuntas do HCV.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 14-12-2009 09:45
Queres comentar ou preguntar algo?
Anxo Rei: o cantautor autoeditado
Como xa demos conta, recentemente presentouse no Barco o último traballo do noso compañeiro do HCV Anxo Rei, que ademais de desempeñar o seu traballo neste hospital é un cantautor recoñecido na comarca. Este disco recién presentado chámase "Ao son da auga" e contén dez cancións compostas por Anxo con letras súas, agás unha das cancións que é un poema de García Lorca.
Aproveitamos a conxuntura dunha coincidencia de quenda para facerlle unhas preguntiñas ao respecto:

Anxo, fixeches a presentación de "Ao son da auga" o pasado día 3 de decembro. Que tal foi?
Pois penso que moi ben. Foi un acto emotivo e cálido. Sentiuse o agarimo da xente, que para min é moi importante, porque non fago música con ambicións comerciais, senón simplemente para chegar á xente. Ali estaban moitas persoas coñecidas e algunhas que, sen coñecelas, fixéronseme próximas pola calidez coa que me acolleron. Sobre todo estou moi agradecido cos compañeiros e compañeiras do HCV que me arrouparon ese día.
E a presenza de Mini sempre é unha garantía.

Nesa presentación, Mini falou da importancia de poñer en valor a nosa cultura. Ti, que formas parte desa cultura, que pensas ao respecto?
Concordo plenamente coas palabras de Mini. Desgraciadamente nos últimos tempos estamos a ver como non só non se pon en valor a cultura galega, senón que mesmo chega a menospreciarse desde institucións públicas incluso. Somos un pobo culto. Un pobo cunha riqueza que non debemos deixar que se perda. A nosa lingua e as nosas manifestacións culturais, sexan musicais, literarias ou doutro tipo deben ser preservadas e difundidas. O propio Mini é un exemplo a seguir.

Cóntanos algo da elaboración do disco. Trátase dunha autoedición, non si?
Asi é. Desde as gravacións das cancións ate os retoques finais son coma quen dí caseiros. Gravei na casa as voces e despois, desde Madrid, Jorge Ojea e o resto de músicos fixeron o propio coas músicas. Despois fusiónase todo e publícase, desta volta co selo Falcatruada. Para os músicos coma min, galegos, que cantamos en galego, e cunha edición limitada, sen axudas de ningún tipo, é a solución máis axeitada.

Porqué o título de "Ao son da auga"?
Porque practicamente todas as cancións xiran ao redor da auga. Da auga do mar e da auga do río. Da auga da fonte... todas teñen un toque acuático. Mesmo a canción que compuxen co poema de García Lorca fala da chuvia. Cando me decatei dese nexo común, vin claro o título.

E porqué esa insistencia coa auga nas cancións?
Supoño que o feito de vivir ao pé dun río coma o Sil, tan importante nesta comarca, ten algo que ver. Non sei, cando compoño non penso en facer coincidir certas cousas nas cancións, simplemente van saindo.

Precisamente un dos agradecementos do disco vai para o río Sil...

Si, claro, é o que digo, nesta comarca o río Sil é fundamental. Sen el non teríamos as paisaxes, os viñedos, o noso carácter vai tamén cargado deste río. Temos que coidalo.

Tamén tes palabras de agradecemento para a túa familia, os teus pais, a túa muller, o teu fillo.

Está claro que son moi importantes. Sen o seu apoio, sen as ensinanzas dos meus pais, sen a inspiración que todos eles me dan, non podería chegar a facer a música que fago. Unha das cancións do disco dediqueilla á miña muller precisamente por iso.

Un desexo para o novo ano.

Que o disco guste á xente que gasta diñeiro para o mercar! E que melloren os tempos, en canto ao económico, pero tamén en canto a outros temas. A nosa lingua, por exemplo, debe de ser respectada. A nosa cultura, posta en valor. Xa son máis dun desexo, pero un sempre é pouco.

Podedes escoitar algúns dos temas deste novo disco na páxina de myspace de Anxo Rei.

Comentarios (0) - Categoría: traballadores "ilustres" da área do barco - Publicado o 11-12-2009 19:23
Queres comentar ou preguntar algo?
rotura da plataforma sindical?
Moita xente pregúntase se a plataforma sindical está rota ou segue adiante.
En principio a única organización que se descolgou dela foi a CEMS, que a verdade tampouco é que importe ou se note moito, decímolo en base a escasa presenza do persoal desta organización coorporativa nas mobilizaciois de acordos (no caso desta área sanitaria nula presenza). Os motivos do seu descolgue e o que os fixo asinar a acta o tedes na súa web.

Con respecto ó resto de organizaciois sindicais, de momento seguimos en conxunto tanto onte na concentración ante a consellería como na concentración do martes nos centros de traballo. A partir de ahí imaxinamos que se abrirá un paréntesis ata pasar as festas e o ideal sería seguir coa loita en conxunto, pero cunha loita seria e que de verdade faga dano ó SERGAS, ata o de agora somente se estiveron templando gaitas, os medios de comunicación teñennos na mais completa ignorancia. En CIG-Saúde sí estamos por proseguir coas mobilizaciois conxuntas, gustaríanos ademais que á folga convocada por CIG-Saúde e SAE sumáranse o resto das organizaciois sindicais sería moi positivo e entendemos que iso faría que o SERGAS tomáranos en serio dunha vez por todas, xa dixemos onte que esta guerra vai ser longa e estamos dispostos a manter o pabellón en alto toda a lexislatura se fixera falla.
Ademais o SERGAS non é o único servizo de Saúde que vai sofrir unha folga pola súa política de desprezo ó seu persoal, polo menos son dous mais os servizos de saúde que teñen convocadas folgas para este mes ou xaneiro:

O 18 decembro hai folga no servizo canario de saúde.
Convocan CC.OO, UGT e SATSE o motivo é a política privatizadora do governo canario, a destrucción de postos de traballo e a conxelación salarial.

En Cantabria son 16 os dias de folga convocada en xaneiro.
Convocan: CSI-CSIF, CCOO e UGT
o motivo é a reclamación dos complementos de carreira profesional.

Resulta curioso que noutras partes do estado o persoal está disposto a ir á folga con moitos menos motivos dos que temos no SERGAS, os 16 dias de folga de Cantabria son somente pola carreira profesional.

En definitiva CIG-Saúde O Barco sí somos partidarios de manter a unidade sindical, pero cunha plataforma reivindicativa que tente poñer á Administración contra as cordas, golpeándoa onde mais lles doe, aqueles que lle reventan a imaxe que queren dar cara a sociedade; co fin de que nos devolvan o que é noso, non queremos unha plataforma que se limite a decir que non e non sexa contundente na súa resposta, porque deste xeito o único que faríamos sería dar o visto e prace para que sigan tomándonos o pelo.

O 16 DE DECEMBRO FOLGA NA SANIDADE!!


folleto explicativo
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 10-12-2009 18:37
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración diante o parlamento
Avantar daba así a concentración de onte diante do parlamento.

Traballadores/as da sanidade concéntranse diante do Parlamento para esixir o cumprimento dos acordos asinados
Rexeitan a última proposta do Sergas de adiar até 2013 a aplicación íntegra das melloras

Uns mil traballadores e traballadoras da sanidade concentráronse esta tarde diante do Parlamento de Galiza, en Compostela, para protestar contra a suspensión dos acordos asinados en materia retributiva e sobre as condicións de traballo. Dende a CIG-Saúde esíxese o cumprimento íntegro dos acordos e dubídase das garantías que poida achegar a administración agora para aplicar a súa nova proposta.

Pouco despois das 17:00 horas, delegados/as sindicais e traballadores/as da sanidade chegaban nos autobuses procedentes de todas as esquinas do País para esixirlle ao goberno do Partido Popular que modifique as súas posturas e respecte os acordos asinados. Arredor de mil persoas tomaron parte na concentración e, debido á grade participación, rematouse por cortar a circulación do tráfico na céntrica Rúa do Hórreo, onde os pitidos que se escoitaron foros os dos chifres e berros dos manifestantes.

A protesta coincidía co debate da lei de Orzamentos no Parlamento, até onde se trasladaron as mobilizacións que nas últimas semanas veñen desenvolvendo os traballadores/as da Saúde logo de que a Consellaría anunciase a súa intención de suspender os acordos xa asinados e publicados e adiar a súa aplicar completa máis alá do 2012.

A secretaria Nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, sinalaba que tan só o sindicato de médicos aceptou asinar a última proposta presentada pola administración durante a reunión da Mesa Sectorial, sindicato que, lembrou, non aceptou os acordos co anterior goberno por parecerlles ?insuficientes?. ?Isto é unha chantaxe da administración, advertiu Abuín, e nós non imos someternos a esta chantaxe. Se non foron quen de cumprir os acordos xa asinados e publicados, que garantías temos de que vaian cumprir o que agora nos din?.

Falla de garantías

Na última xuntanza da Mesa, a Consellaría reiterou a proposta presentada na anterior reunión e adiantou que se vai publicar como Resolución da Administración, sen a necesidade de que exista un acordo sindical. Ao mesmo tempo, dende a Xunta solicitábase ás organizacións sindicais que asinasen un acta de compromiso de seguir negociando na Mesa Sectorial.

Pola súa banda, a plataforma sindical rexeitou unanimemente a proposta, argumentando que o calendario de aplicación fora rexeitado polas asembleas de traballadores/as levadas a cabo nos diferentes centros.

Dende a CIG-Saúde lémbrase que o texto achegado pola administración carece de garantía de cumprimento e debería conter unha cláusula de garantías de que a Xunta se compromete a respectar integramente o texto dos acordos asinados: aspectos retributivos e condicións de traballo.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 10-12-2009 18:35
Queres comentar ou preguntar algo?
16 de decembro: FOLGA na sanidade pública
Como xa saberedes o próximo mércores 16 de decembro, CIG-Saúde xunto co SAE temos convocada unha xornada de folga. Esta decisión non a tomamos á lixeira posto que sabemos que a folga é un arma preciosa que somente debemos utilizar cando se esgotan o resto de recursos. Foron moitas as horas que adicamos a debatir esta posibilidade analizando pros e contras, pero ó final chegamos á conclusión de que se esta afrenta da administración non xustificaba unha folga nada a xustificaría, hai organizaciois que noutras comunidades teñen convocadas folgas polo tema de carreira profesional no mes de xaneiro, se ese tema por sí solo xustifica as folgas noutros lares, como non se vai xustificar no SERGAS pola suspensión de acordos que non solo afectan á carreira profesional senon tamém ós acordos asinados durante estes anos e que nos deixan co cu ó aire nun ataque ó persoal do SERGAS sen precedentes.

A FOLGA do dia 16 non é ó final das mobilizaciois, é o inicio dunha campaña sen límite de tempo na que polo menos dende CIG-Saúde non regatearemos forzas para que se nos devolva o que se nos quitou e era noso, estamos dispostos a seguir adiante coa a loita se fai falta o resto da lexislatura, nós non empezamos esta guerra, senon os piratas que nos malgobernan, pero unha vez dentro dela estamos dispostos a queimar as naves.
Queremos que os acordos asinados servan para algo e non para que o primeiro politiquiño que chegue os rache como se non pasara nada; esta é unha FOLGA pola dignidade, porque é mellor morrer de pé, que vivir sempre de xeonllos.

FOLGA O DÍA 16; POR QUÉ?


POLO RESPECTO DOS ACORDOS ASINADOS

Desde o 14 de outubro a CIG-SAÚDE ven demandando do SERGAS o cumprimento íntegro dos acordos asinados. A Admón non tiña ningunha intención, dende o principio de chegar a acordos coas organizacións sindicais, só pretendía someternos á súa chantaxe.

POR COHERENCIA

A CIG-SAÚDE fíxolle chegar á Admón unha proposta de acta que garantizaba o cumprimento dos acordos, o Sergas sen embargo pretendía que asinásemos unha acta de compromiso (matrimonial, civil, relixioso..), que nos convertéramos en NOTARIAS/OS da Admón. O que pretende a Admón que fagamos as organizacións sindicais é:

- Que enganásemos ás/aos traballadoras/es, convencéndoos de que teñen que renunciar ás súas retribucións.
- Que lle garantíramos que esta Admón vai cumprir o seu calendario. Se agora xa non cumpre o publicado no DOG.!
- Que as organizacións sindicais sexamos dóciles, converténdonos na voz da Admón e non nos representantes das/os traballadoras/es.

POR DIGNIDADE

Porque non podemos consentir que a Admón sanitaria difunda perante a opinión pública unhas mensaxes co único obxectivo de desprestixiar as/os traballadores como preludio das medidas que van tomar na nosa contra.

Non sexas cómplice na campaña de despretixio que pretenden facer da sanidade pública e das/os seus traballadoras/es.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 10-12-2009 01:18
Queres comentar ou preguntar algo?
complemento festivos en nadal
REMUNERACIÓN ESPECÍFICA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS EN DÍAS DE ESPECIAL SIGNIFICACIÓN 2.009-2.010


Este do lado é un cadro explicativo dos pluses por festivo no nadal, elaborado pol@s compañeir@s de Ferrol.



Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 09-12-2009 10:35
Queres comentar ou preguntar algo?
Mércores 9: Concentración diante do Parlamento de Galiza
Lembramos que o vindeiro día 9 de nadal(logo da ponte) temos todos e todas unha cita pendente en Compostela. Haberá unha concentración ás 17:30 horas diante do Parlamento de Galiza para esixirlle ao goberno do Partido Popular que modifique as súas posturas e onde lles solicitaremos Xustiza e Democracia para o conxunto de traballadores do SERGAS.

As 14,30 sairemos do HCV para Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 08-12-2009 17:57
Queres comentar ou preguntar algo?
por unha vez imos ser cristianos
Como ben sabedes, posto que o publicamos nun post, onte ó chegar de Santiago atopámonos cun par de "curiosos" comentarios chamándonos de todo menos guapos a raíz das concentraciois do xoves ante as direcciois provinciais. Por certo que esas concentraciois foron pedidas por un sector moi amplo dos nosos blogueiros e blogueiras.
Pois ben, hoxe unha amiga da web fíxonos chegar un correo que lle fora remitido dende a UGT (este mesmo que tedes ó lado, onde ademais de atribuirse ser o único sindicato serio que está ó lado do persoal, ilustra o escrito cunha viñeta onde veise a unha parella na cama e nos pes desta poñen CC.OO no espazo da muller e CIG no do home.

O home aparece tocando a muller por debaixo das sábanas e esta lle di que se o dedo para pasar páxina; obviamente isto lembrounos o comentario de "...para eso os estais toacando la cona todo el puto dia". Isto unido ós argumentos do primeiro comentario, fainos ser moi mal pensados e preguntámonos se non se estará a utilizar o noso blog por parte doutros con "oscuros motivos".

Levamos dito por activa e pasiva que a política de CIG-Saúde O Barco á hora de falar da acción sindical limítase á nosa e non facer xuízo sobre a do resto de centrais sindicais posto que entendemos que o enemigo dende logo non está ahí, pero tamén dixemos que non íbamos ser cristianos e se nos daban non íbamos levar por segunda vez sen intentar defendernos; pero hoxe non imos a facer iso, o que é mais, publicamos o folleto dos "amigos" da UGT para darlle maior publicidade; por un dia imos ser cristianos e cada un que saque as súas propias conclusiois.

Tamén con respecto a este asunto, a nosa compañeira e amiga Carmen de CIG-Saúde Lugo recolle no blog desta comarca un artigo que na liña dela (é todo poesía cando non se transforma nunha implacable sindicalista de cornos e rabo ;)), onde nos deixa o seguinte conto:

Ían un pai e un fillo co seu burro para a feira, estiveron decidindo que ía ir a cabalo ou quen non... o caso é que decidiron que irían os 2 a cabalo porque o camiño era longo.
Atoparon cun grupo de xente que volvía da feira e oíronos dicir: "que brutos os dous a cabalo do burro, pobre animal"
Vendo isto, dicidiron que quen debía montar no burro era o pequeno, xa que lle costaría máis chegar á feira, así que o pai baixouse e...
Atoparon outro grupo de xente e oíronos dicir: "que xeito, o pai a pé e o fillo todo cómodo riba do burro"
Vendo isto, dicidiron que igual era mellor que o pequeno se apease e que o pai fora dacabalo, así fixeron e...
Atoparon un grupo de xente e oíronos dicir: "que xeito de pai, o pobre do pequeno ten que ir andando e o pai todo acomodado dacabalo"
Vendo isto, dicidiron que o mellor sería ir os dous á pé e deixar que o burro se levara a si mesmo e .........
Atoparon un grupo de xente que dicía: "vistes, os burros son iles, van á pé e o animal baleiro"....


A verdade que este coñecido relato fíxonos sonreir, ó igual que este outro de Castelao no que dous paisanos falan entre eles ... ós señoritos non lles gosta a choiva dí un, ó que o outro retrunca,,, pero gústanlle as patacas.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 05-12-2009 18:15
Queres comentar ou preguntar algo?
Anxo Rei: Rema
Onte levouse a cabo a presentación do novo disco do noso compañeiro o cantautor valdeorrés Anxo Rei (ao son da auga) mais adiante éntrevistarémolo para que nos fale do seu traballo, hoxe deixamos un vídeoclip dun dos temas que compoñen o seu disco.

Comentarios (0) - Categoría: traballadores "ilustres" da área do barco - Publicado o 04-12-2009 21:47
Queres comentar ou preguntar algo?
comentarios "curiosos"
Acabamos de chegar de Santiago da Manifestación nacional en defensa do emprego, da galeguidade e do carácter social das Caixas.
O primeiro que fixemos nada mais chegar foi abrir o correo para ver o que aconteceu na reunión de contrataciois e darvos a información correspondente, unha vez feito isto pasamos a revisar os correos como facemos diariamente para dar ou polo menos intentalo, resposta as dúbidas que ides plantexando, e o que nos atopamos é un par de comentarios que reproducimos:

A un ritmo de una concentración por semana no me extraña que la afluencia sea minoritaria. El culo tienen que mojarlo más los sindicatos en las mesas de negociación y no sacar a la gente a la calle cada vez que el Sergas no respeta o recorta los derechos del #blgtk08#personal. Ése es vuestro trabajo. Las armas de negociación son vuestras. Dejad de sacar a la gente por parroquias, primero los del PAC, luego los médicos, luego los de aquí, luego los de allá... si es necesario saldremos todos, no cinco pelagatos por semana.

Comentado por (04-12-2009 08:03)

2 el anterior comentario tiene razon todos los putos sindicatos todo el puto personal en comisiones de servicio o con excedencias #blgtk08#y nos decis que no nos mojamos el culo eses es vuestro puto trabajo que para eso os estais toacando la cona todo el puto dia

Comentado por pilar farjas (04-12-2009 18:09)


Ó respecto do primeiro comentario, podemos entender que non se compartan a nosa postura en canto ás mobilizaciois, sólo temos que decir que vamos movendo ó persoal afectado en cada conflicto e sempre pedimos a solidariedade do resto, se mirades un pouco mais abaxo atoparedes precisamente un post sobre o tema. O de decir que se chamamos unha vez sola respostarían tódolos colectivos xa nos gustaría a nós, o que temos moi clariño é que a nosa forza radica resposta masiva do persoal nos asuntos que lles afectan.

Con respecto ó segundo comentario qué decir??? a primeira vez que o leimos case que contestamos de forma "pouco correcta" pero optamos por ignoralo, nós que según este ou esta simpátic@ estamos todo o dia "tocando la cona" (imaxinamos que tamén serán os ovos porque aquí habemos homes e mulleres), estamos ás 21,30 dun venres no que empeza a ponte respostando preguntas e dándovos información puntual, se pensades que isto non nos supón esforzo ningún cecais estedes equivocados, pero ala cada un que pense o que queira, parte do noso traballo está as vistas de tod@s no blog, ó que haberia que engadir os asuntos que levamos de forma mais persoalizada entre outros moitos temas.

Así que de ter ese concepto "dos sindicatos" non entendemos ben a que entras aquí e suxerímosche que te sumes a outras comunidades que son mais afíns as túas ideas e formas.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 04-12-2009 21:39
Queres comentar ou preguntar algo?
[1] ... [7] [8] [9] 10 [11] [12] [13] ... [86]
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0