CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Asemblea
Mañá martes teremos unha asemblea convocada pola plataforma sindicaal para valorar a última proposta do SERGAS en relación coa suspensión de acordos.

A asemblea será ás 13,30 no salón de actos do HCV
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 23-11-2009 20:46
Queres comentar ou preguntar algo?
datos a ter en conta
Como xa informamos estes dias, a Administración fixo unha última oferta, para a rapiña ó persoal dos acardos que tiñamos acadados, entre o luns e o martes faranse asembleas en tódalas áreas para catar a opinión do persoal sobre o conflicto. Por iso parécenos importante que para ter unha opinión sólida saber que se gaña e que se perde na proposta que fan estes piratas de garabata e rosario, para iso ímonos servir da axuda dun cadro comparativo que fixeron @s nos@s compañeir@s de CIG-Saúde Ferrol.

En canto ó acordo retributivo:


No ano 2.013 as cifras de incremento equiparanse ás que estaban previstas para o ano 2.012 pero non se recupera a perdeda acumulada do que se deixa de ingresar nos anos anteriores.

A estas cifras debesenlle de engadir o aforro noutras partidas orzamentadas para o SERGAS e perdeda de ingresos para os traballadores/as: precio de gardas médicas, Atención continuada en persoal de urxencia de hospital + PACs, desprazamentos de persoal de primaria, etc, etc.

En canto á carreira profesional extraordinaria do persoal sanitario de FP e non sanitario de xestión e servizos

O incremento anual por grao para o persoal sanitario de fp e non sanitario de xestión e servizos que remataria no ano 2011, para acadar as cifras do valor por grao definitivas, modificaríase do seguinte xeito:


Ademais o acceso ó IV grao de carreira atrásase ata xullo do 2011 e en piores condiciois:


En canto á carreira ordinaria
Empezamos a negociación da carreira ordinaria coa anterior Administración que viuse truncada polo cambio de goberno, e con este as cousas aínda se complicaron mais posto que aplicaron a estratexia de dilatar as negociaciois no tempo, a proposta do SERGAS deixa aberta a negociación de carreira (realízaríase no 2010) pero sen marcar prazos de execución, polo que por un lado non nos ata as mans para mobilizarse por este tema, pero por outro as expectativas de conseguir un bon acordo con prazos de execución breves para o persoal da OPE 2006 e o que ven de carreira extraordinaria son complicadas dende o noso punto de vista.

O SERGAS ameaza con eliminar a proposta de non ser aceptada polos sindicatos.

Por outra banda a posición do SERGAS mudou de quitar todo a esta última proposta (probablemente sexa unha estratexia de negociación) pero o que sí é certo é que as mobilizaciois que se levan dado ata o de agora sí serviron para algo.
Agora con estes datos sobre a mesa a palabra a ten o persoal, CIG-Saúde vai a ter moi en conta á hora de fixar postura o pronunciamento das asembleas, é obvio que un rexeitamento do acordo conlevaría a convocatoria de folga; pero lembrade tamén que decir sí o acordo átanos as mans para calquera mellora retributiva de aquí ó 2014.
Cecais cumpra lembrar que o acordo retributivo situábanos na media en canto a soldos con respecto ó resto de servizos de saúde no ano 2008, polo que no 2014 voltaremos a estar no vagón de cola do estado, por non falar que o SERGAS é prácticamente o único que aínda non ten negociada a carreira profesional do seu persoal.

Folga decir da importancia de participar nas asembleas dos vosos centros de traballo.
Así que agora vos tedes a palabra.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 21-11-2009 20:14
Queres comentar ou preguntar algo?
the werepig
Como queira que andamos no mes do San Martiño, que é cando se comeza coa matanza do porco, velaqui vos vai esta curtametraxe referente a iso precisamente. Disfrutade (ou tremede) con ela:

Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 21-11-2009 19:55
Queres comentar ou preguntar algo?
calendario laboral 2010

Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 20-11-2009 10:43
Queres comentar ou preguntar algo?
Negociación Acordos Suspendidos. Mesa 19 novembro
Na Mesa Sectorial do xoves 19, a Administración propuxo un novo texto, o cal pretende que sexa o definitivo, no que xa non se fala de suprimir os acordos, se non que se fala de reprogramalos no tempo. Ademáis, aparece por primeira vez a negociación da Carreira Ordinaria. Non deixedes de ler a nova proposta que adxuntamos máis abaixo.
Durante a negociación do delegados da Plataforma se concentraron diante do Servizo Galego de Saúde para protestar pola supresión dos acordos e a anterior proposta da semana pasada.

Os vindeiros luns 23 e martes 24 faremos asembleas informativas en todos os centros para informárvos do contido do texto. Así o mércores 25, reuniráse de novo a Plataforma Unitaria e o xoves 26 haberá unha nova Mesa Sectorial.
proposta do 19 de novembro

Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 20-11-2009 08:55
Queres comentar ou preguntar algo?
a lingua inútil
Este de abaixo é un artigo de el pais, redactado por Manuel Rivas, agradecemos a funqueiro que deixara o enlace para coñecemento de tod@s.

A lingua inútil


Equivócase vostede, señor titular do xulgado número 6 de Alcorcón, ao proclamar a carencia de "utilidade pública" do idioma galego. Nunha caricatura de Castelao, un campesiño di: "Deus líbrenos dá Xustiza!". Quizais estaba a pensar en vostede, señor xuíz. Fíxese que útiles e previsoras son as linguas "subalternas".

Fíxese se son previsoras que nos contos galegos de Álvaro Cunqueiro hai personaxes que como último desexo piden que no cadaleito, ademais da Biblia, métanlle o Código Civil por se teñen que pleitexar na outra vida. Á vista de como recuan os tempos, adiántome a pedir para o postrer viaxe un exemplar da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, ademais da Constitución española (subliñado o artigo 3º, apartado 2) por se o barqueiro Caronte ponse pesado, "dispensando", e négame a "utilidade pública do galego" no Máis aló, seguindo a doutrina da súa señoría.

Xa que estamos coa verdade narrativa dos contos e as últimas vontades, permítame unha breve historia. Un ancián campesiño manda chamar ao notario para facer o testamento definitivo. Di: "Da terra, deixo un terzo para Ramón, un terzo para María, un terzo para Concha, un terzo para Manuel, outro terzo para Andrés..." O notario interrómpelle: "Pero, non serán moitos terzos?" E o campesiño responde: "Non sabe vostede o grande que é a terra!" Pois coas linguas ocorre algo parecido. Que hai sitio para todas. Que non pesan na cabeza. Que non hai lingua inútil.

Inútiles, inútiles non lle somos, señor xuíz. Hai moitas persoas que nos comunicamos normalmente en galego e non nos consideramos do todo inútiles. Como ocorre mesmo na xudicatura, uns somos menos útiles que outros, facemos o que podemos, pero respectamos. Iso si, temos unha educación mínima do respecto. Os nosos pais arroláronnos, criáronnos e contáronnos contos en galego para espantar o medo. E non eran uns inútiles, crear. Grazas a eles, non lle teño medo, señor xuíz.

Na súa Tese sobre o concepto da Historia, di Walter Benjamin: "Non hai ningún documento da civilización que non sexa ao mesmo tempo un documento de barbarie". Eu antes non entendía moi ben esta frase, xúrollo, pero aclaráronseme de súpeto as ideas, como por un raio, despois de ler o seu fundamento "lingüístico" para negar o traslado escolar a Vigo dunhas nenas no auto tramitado nun caso de divorcio. Nese aspecto, o documento non resiste o principio de realidade. En Galicia, as nenas non só aprenderían galego, senón que poderían enriquecer o seu castelán coas "marabillosas curvas" que Unamuno admiraba en Valle Inclán.

Non vou falarlle agora de Alfonso X o Sabio, nin de Rosalía de Castro, nin do tronco común galaico-portugués, patrimonio lingüístico que permítenos comunicar con millóns de persoas no mundo, desde Brasil ao Timor Oriental. Como ademais temos a sorte de compartir o castelán, vexa vostede, señor xuíz, que non imos tan mal pertrechados, sempre, claro, que aos nenos non lles amputen a lingua "inútil". Creo que o que procede neste momento é ir ao argumento protoecolóxico enunciado por Xullo Camba. Segundo demostrou nun irónico artigo, o galego é un idioma moi apto para falar non só entre as persoas senón tamén con todo tipo de animais. Fíxese vostede si será útil!
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 20-11-2009 00:05
Queres comentar ou preguntar algo?
parvos sí, pero a vaquiña polo que vale
É curioso o concepto de solidariedade que ostenta o Partido Popular, por un lado ó persoal do SERGAS se lle negan tódolos acordos acadados en materia retributiva e de persoal, hai que lembrar que moito deste persoal é mileurista e por outro ó persoal que ten unhos ingresos moi superiores se sigue incentivando por estar na poltrona, a Farjas pídenos caridade cristiana a nós para manter o privilexio dos señores e señoras postos a dedo.
Señora Farjas e señor Feijóo un pouco parvos sí que somos pero a vaquiña polo que vale.

este de abaixo é un artigo extraido de la voz de galicia

salario público
O PPdeG bloquea por terceira vez a proposta lexislativa para suprimir o plus de altos cargos
O grupo do Goberno é proclive a manter o complemento, a pesar da crítica do BNG


Por terceira vez no último mes e medio, o grupo parlamentario do PP volveu bloquear a tramitación da iniciativa lexislativa popular, avalada con máis de 19.000 firmas, na que se pide a supresión do chamado plus dos altos cargos, o complemento salarial de 14.500 euros anuais aprobado no 2007 polo conxunto da clase política co fin de premiar aos funcionarios que durante polo menos dous anos desempeñen postos electos ou de confianza na Administración.
O debate sobre a tramitación de devandita iniciativa volveu reabrirse onte no Parlamento galego, no seo da reunión da xunta de portavoces, o órgano encargado de preparar o guión dos plenos.
O portavoz do Bloque, Carlos Aymerich, demandou que a proposta fose incluída na orde do día da próxima sesión plenaria, prevista para o martes día 24, propósito que foi freado polo grupo maioritario. No entanto, o propio Aymerich aclarou que os populares explicitaron na reunión o compromiso de darlle luz verde á iniciativa lexislativa popular promovida por CIG no primeiro pleno ordinario que se celebre en decembro.
Posible rexeitamento do texto
Pero o feito de que a proposta lexislativa chegue ao pleno para un debate de toma en consideración non garante, nin moito menos, que vaia ter máis percorrido. Os populares son conscientes de que a aprobación do complemento salarial para os altos cargos é unha media impopular socialmente, sobre todo nos tempos de crises que corren, pero se mostran renuentes a votar agora en contra do que aprobaron no 2007.
É máis, o grupo do PPdeG masculla a posibilidade de aplicar a súa maioría para matar a iniciativa lexislativa popular no debate de toma en consideración, o que poría fin ao seu percorrido parlamentario e disiparía a ameaza de que moitos funcionarios reclamados polo PP para desempeñar postos de confianza na Xunta vísense privados do suculento sobresueldo, que se aplica noutras comunidades ou no ámbito da Administración do Estado.
Fronte a un BNG, que agora defende abertamente a supresión do plus, e a un PP, que avoga por mantelo, a posición do PSDEG é a máis ambigua da tres grandes forzas políticas. Os socialistas cargan nas súas alforxas coa responsabilidade de ser eles -con José Luis Méndez Romeu como conselleiro de Presidencia- quen promoveron a aprobación do chamado plus dos altos cargos, aínda que no seo do grupo parlamentario levantáronse varias voces dispostas a suprimir agora o complemento para estender así as medidas de austeridade autoimpuestas na Xunta e no Parlamento.


Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 18-11-2009 13:25
Queres comentar ou preguntar algo?
aclaraciois sobre as futuras listas de contratación
Non paran de entrar preguntas sobre a forma de puntuar da OPE nas listas de contratación que se convoque a partir desta OPE.
Queremos aclarar que a dia de hoxe como xa sabredes estase en proceso de negociación dun novo pacto de contrataciois e que nos é imposible saber a data de hoxe e ata que non esten avanzadas as negociaciois de que xeito se vai a puntuar a OPE nesas listas, nin xiquera se esta OPE que está en proceso vai a puntuar nalgunha das convocatorias ou en todas ou ningunha. a medida que vaiamos tendo información a iremos publicando.

Tamén son varias as preguntas que entran pedindo a nosa opinión de cal pode ser a nota de praza na OPE ou as posibilidades de traballar téndoa aprobada ou suspensa, e levamos repetido mil e unha veces que non especulamos neste tipo de temas; polo tanto pregámosvos que non sigades pedíndonos pronósticos de algo que depende de centos de factores e co que non podemos arriscar para non crear falsas espectativas ó persoal.
A partires de agora calquera pregunta que entre nese senso simplemente vai quedar sen contestar.

Pedimos tamén (por enésima vez) que non fagades comentarios nos espazos reservados para preguntas, para iso tedes o resto de artigos.

Graciñas a tod@s pola vosa participación no blog, que temos que recoñecer é moi positiva e nos axuda a nosa propia formación sindical e persoal.
Comentarios (0) - Categoría: contratacion - Publicado o 18-11-2009 11:00
Queres comentar ou preguntar algo?
concentración e asemblea
Aproveitando a convocatoria da Mesa Sectorial o xoves, imos a atrasar a concentración de delegad@s para ese dia nas portas do SERGAS, para deste xeito se nos oia e intentar que a Administración nos tome en serio dunha vez.

Por outra banda hoxe mércores imos ter unha asemblea no salón de actos do HCV para explicar a proposta do SERGAS.
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 18-11-2009 00:32
Queres comentar ou preguntar algo?
alcorconazo ó galego
Parece que alcorcón non sólo vai ser famoso polo alcorconazo ó madrid, senon en Galiza tamén o será pola fobia dos seus xuices ó noso idioma, este é un artigo extraido de Vieiros

UN XULGADO DE MADRID

Retíranlle a unha viguesa a custodia das fillas alegando unha cuestión lingüística


O auto xudicial entende que o traslado a Vigo sería un prexuízo para as menores, ao seren escolarizadas "en centros públicos con inmersión na lingua galega".

"Perigo de desarraigamento" ao matriculárense en centros públicos "cunha lingua distinta á aquela na que estiveron escolarizadas até o de agora". Este é un dos argumentos que esgrime un auto dun xulgado de Alcorcón (Madrid) para retirarlle a custodia das súas fillas a unha muller de Vigo. Así o denunciou a familia viguesa, quen lamenta que o feito de vivir en Galiza poida supoñer un impedimento para criar as nenas.

Proceso xudicial

A inaudita historia que agora denuncia esta familia iníciase cando a muller, de 45 anos e natural de Vigo, se separa do seu home, co que residía en Madrid. Nun primeiro momento, o xuíz decreta a custodia compartida. Porén, segundo denuncian, o pai deixa de facerse cargo da custodia e, por cuestións económicas e familiares, a nai decide trasladarse de novo a Galiza coas súas fillas. Dende ese momento, iniciáronse os litixios nun longo proceso xudicial, que aínda non concluíu, e que depara este auto xudicial que manda á nai das rapazas volver a Alcorcón ou ben trasladarlle ao pai a custodia.

O sorprendente é que o auto fala literalmente do prexuízo que sufrirían as pequenas ao seren escolarizadas en galego: "as menores estiveron escolarizadas dende hai moitos anos en Alcorcón para verse agora escolarizadas en centros públicos de Vigo, con inmersión nun sistema escolar en lingua galega (...) que máis alá do ámbito de aquela Comunidade Autónoma, non se apreza que teña outra utilidade práctica".

A familia, indefensa
O irmán desta muller e portavoz da familia, Manuel López Rodríguez, asegura que están a ser sometidos a "un auténtico calvario" por "querer vivir en Galiza". Acompañado do deputado nacionalista, Bieito Lobeira, compareceu diante da prensa para denunciar a situación e pedir a axuda das administracións públicas galegas. Así, xa solicitou a Xunta os pertinentes informes que demostren a integración das rapazas no seu ámbito escolar, en Vigo, onde levan xa máis dun ano.

"As nenas están perfectamente adaptadas e son felices", explicou ao tempo que subliñou que "non tiveron ningún problema co galego; é mais, a pequena sacou un 8,5 nesta materia e mesmo xa comeza a falalo". Ademais, apunta a que a maior das dúas rapazas, que este ano se enfrontará á Selectividade, está exenta do galego, polo que o feito de vivir en Galiza "non afecta de xeito ningún no seu currículo".

Pola súa parte, o BNG xa presentou unha proposición non de lei no Parlamento para que se adopten medidas que eviten este "grave caso de discriminación xudicial por razón de lingua". Bieito Lobeira cualificou a situación de "racismo lingüístico" e de "xenofobia" e puxo o acento na xurisprudencia que podería sentar este auto que "discrimina ás persoas polo feito de vivir en Galiza e polo feito de ter unha lingua propia", unha cuestión que non se tería en conta "se a denunciada se fose vivir a Zaragoza, por exemplo".
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 17-11-2009 23:59
Queres comentar ou preguntar algo?
modelo de reclamación de plantilla exame
DE: O TEU NOME
A: Tribunal OPE SERGAS categoría .......
Dirección Recursos Humanos SERGAS
Directora Xerente SERGAS


O TEU NOME , con número de carné XXXXX inscrita como aspirante para o proceso de Concurso-oposición do SERGAS convocado por resolución de 18 de febreiro de 2009 da Xerencia do Servizo Galego de Saúde (DOG do 26de febreiro de 2009), modificada pola resolución de 8 de xullo de 2009 da Xerencia do Servizo Galego de Saúde (DOG do 14 de xullo de 2009), na categoría de CELADOR, con domicilio a efectos de notificación en ..... O TEU ENDEREZO,

EXPÓN: que tendo concorrido ao EXAME da fase de oposición do proceso no que me atopo inscrita, celebrado o pasado día ............ NA CATEGORIA de ........., impuno as seguintes preguntas e respostas:

Aquí ides pondo pregunta e respostas que impugnades por exemplo:
na pregunta número 20 dase por resposta válida a "B" cando debera ser a "C" en base á seguinte bibliografia (hai que poñer as referencias da que vos parezan que apoien o voso argumento, lembrade que non valen referencias a textos de academias que non veñan basados en bibliografia oficial.

- Na pregunta 33 dase por válida a resposta "C" e esa resposta non é correcta en base a (bibliografia), non habendo ademais ningunha opción correcta.

Por todo o exposto solicito que se cambie a resposta da pregunta número 20, e se dea como correcta a opción "C" e se anule a pregunta número 33.


En onde sexa a dia que sexa

lembrádevos de asinala
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 17-11-2009 13:23
Queres comentar ou preguntar algo?
problemas nos exames
Logo de falar co Sergas, agora mesmo, comentar o seguinte:

EXAME CELADORES

Rematou o prazo para presentar reclamacións ás preguntas, o tribunal a día de hoxe non tomou aínda ningunha decisión ao respecto, non hai de momento nada anulado, cando analicen tódalas reclamacións tomaran unha decisión ao respecto como se fai sempre.

EXAMES PSX E AUX. ADMINISTRATIVOS

O problema nesta categoría foi que a última folla non calcou ben as respostas e a xente non pode correxir os exames, o Sergas indica que aquelas persoas que queiran unha copia se poñan en contacto con eles 881542802/03 e que indicando un número de fax lle envian copia do orixinal.

Esta foi a contestación do SERGAS, aínda que a nós preocúpanos tamén que nestas e outras categorias póñanse exames moi superior á categoria na que se opta, dende CIG-Saúde O Barco pensamos que é necesaria unha negociación serie para proceder a un cambio na forma de organizar e de facer á OPE por parte do SERGAS que intente correxir problemas que vimos arrastrando dende fai moito tempo.

Por outra banda e contestando ás preguntas de qué posibilidades hai de que impugnen o exame, non o sabemos nin imos a especular con iso, a medida que teñamos información a iremos colgando.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 17-11-2009 12:30
Queres comentar ou preguntar algo?
orientación para a impugnación plantilla
Como son moitas as preguntas que entran sobre a forma de impugnar preguntas da plantilla dos exames de OPE, imos deixar intentar facer un esbozo de como se fai:

En primeiro lugar hai que dirixilo tribunal da categoria en cuestión, podedes darlle rexistro de entrada en calquera rexistro das xerencias de atención primaria ou nos hospitais da rede do SERGAS. logo debedes constatar os vosos datos nome, carné e domicilio a efectos de notificación, para posteriormente detallar as respostas impugnadas, que poden ser de varios tipos. so mais correntes son estes de abaixo:

- Dan como correcta unha resposta que non é e existe a correcta entre as opcións das preguntas.
Neste caso pidese o cambio da resposta.

- Dan como correcta unha resposta que é correcta pero existen mais correctas.
Neste caso pídese a anulación da pregunta

- Non existe unha resposta correcta entre tódalas alternativas.
Neste caso pídese a anulación da pregunta

- A pregunta é ambigua ou está mal redactada e da lugar á confusión.
Neste caso pídese a anulación da pregunta

Lembrade que tedes 5 dias hábiles para presentar a reclamación (lembrade que os sábados a estes efectos son hábiles).
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 17-11-2009 11:38
Queres comentar ou preguntar algo?
escrito celadores
Na páxina de CIG-Saúde Monforte, recóllese unha recollida de sinaturas presentadas na conselleria en protesta polo exame de celador, copiamos textualmente o artigo do blog de CIG-Saúde Monforte

Hoxe enterámonos de que un grupo de celadores mandaron un escrito a conselleira denunciando todas as irregularidades que houbo no exame.Tamén nos enteramos de que puxeron varias denuncias no xulgado.Aquí vos deixamos o texto que lle mandaron a conselleira cun montón de sinaturas recollidas:

A/A da Conselleira de Sanidade.

Dirixímonos a vostede para expresar a nosa indignación e disconformidade sobre o proceso selectivo a oposición,a categoría de celador,que tivo lugar o día oito de novembro,a cal fomos aspirantes.

As irregularidades foron as seguintes:

-Creemos cos exercicios non se axustan a convocatoria,debido a que as preguntas da parte común foron postas na parte do específico.

-Tamén queremos reflectir que o contido e a forma das preguntas é ambiguo,é dicir,a unha mesma pregunta atopámoslle duas respostas válidas,e noutras preguntas dan por resposta correcta a que non é.

Con isto expresamos un sentimento xeral de varios opositores,pois os exercicios non son un referente válido ás funcións propias do CELADOR reflectidas ata de agora tanto no estatuto,como nos diferentes temarios editados ata hoxe.

Pregámoslle que dende a súa posición revise o contido deste proceso selectivo a categoría de celadores.

Esperando a súa pronta resposta aproveitamos para saludala atentamente.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 17-11-2009 11:15
Queres comentar ou preguntar algo?
mesa sectorial: suspensión dos acordos
O SERGAS acaba de enviarnos a convocatoria dunha Mesa Sectorial para este xoves día 19 ás 11 horas en Santiago co único punto na orde do día:
Información sobre a situación de acordos.

Lembramos que o mércores imos ter concentración de delegad@s diante do SERGAS en protesta pola suspensión dos acordos, ó que estades tod@s convidad@s
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 16-11-2009 16:22
Queres comentar ou preguntar algo?
exame PSX: problemas co calco das respostas
Hoxe tivemos constancia dunha incidencia a hora de entregar os exames da categoría de psx.

En concreto, algúns que entraron pola porta 11 e a 40, á hora de ir entregar o examen, atópanse con que non teñen folla autocalcable para levar.

Dínlles, que efectivamente, hai unha partida de examenes que non traen folla autocalcable. Isto supón que non teñen forma de correxir o examen na casa e de saber a nota que teñen.

Si hai alguén que lle aconteceu, que chame ó teléfono do sergas 881 542 802 ou 881 542 803 ou ben tamén podedes mandar un fax co voso nome,dni, categoría, e porta de entrada ó seguinte número de fax 881 542 818.

É importante, que no fax que lle mandedes, poñades un número de fax o que queirades que vola envíen de volta.

Non temos constancia de que acontecese ningunha outra incidencia noutras categorías, pero de existir, facédea chegar.
Comentarios (0) - Categoría: OPE SERGAS - Publicado o 16-11-2009 16:12
Queres comentar ou preguntar algo?
insistimos: os acordos hai que cumprilos!
En vista da infumable proposta do SERGAS na Mesa Sectorial de onte para aprazar no tempo o cumprimento dos acordos, vémonos na obriga de continuar coas mobilizacións e mesmo recrudecelas.

A palabra FOLGA está a soar con forza, o cabreo do persoal vai en aumento. O luns e martes da semana vindeira haberá Asembleas nos distintos centros, onde se informará da proposta do SERGAS e das mobilizacións a levar a cabo.

O mércores 18 ás 11 hs haberá unha concentración de delegad@s diante do SERGAS. Alí nos vemos!
Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 13-11-2009 12:44
Queres comentar ou preguntar algo?
remata o peche
por fín remata o peche, como a noite foi longa e deu para moito, ata fixemos un video que dende logo parécenos que non vai ser nominado nin para os goya nin para os oscar; pero con él deixamos constancia do noso peche e rexeitamento a esta política sen piedade do partido popular.Seguro que non tardamos en movernos de novo.

Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 13-11-2009 08:01
Queres comentar ou preguntar algo?
proposta do SERGAS incumprimento de acordos
Borrador. Proposta condicionada as autorizacións e informes preceptivos.

PROPOSTA DE NOVO ESCENARIO TEMPORAL DE CUMPRIMENTO DOS ACORDOS DO SERGAS

O cumprimento dos preceptos da futura Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2010, no suposto de que se aprobe coa redacclon incorporada ao actual proxecto de Lei, suporá a suspension durante ese ano, motivada polas actuais circunstancias económicas excepcionais, dos acordos da Mesa Sectorial que suporian incrementos retributivos para o ano 2010.
Con independencia do necesario cumprimento dese previsible mandato do lexislador, a Administracion Sanitaria ten manifestado as orqanizacións sindicais a sua vontade de garantir o cumprimento dos referidos acordos.
Sobre estas bases, a administración e as organizacións sindicais constatan a necesidade de dotarse dun instrumento que inclua previsións e compromisos sobre a execucion temporal futura dos acordos que sexan suspendidos. Tratase asi, por unha parte, de recoñecer que o actual contexto económico claramente adverso condiciona a aplicación das melloras salariais acordadas para un colectivo tan relevante como o dos empregados publicos do Servizo Galego de Saude. Por outra, ratifícase a capacidade negociadora da Mesa Sectorial ao establecer no momento presente, incluso antes de que sexa efectiva a suspension legal, as previsions necesarias para ordenar no tempo o futuro cumprimento dos acordos vixentes. Polo demais, estas previsións sobre execución futura dos acordos veñen a resolver en grande medida a incerteza dos colectivos afectados sobre futuro dos seus incrementos retributivos.

1 Obxecto

A presente proposta ten por obxecto reprogramar no tempo o cumprimento dos incrementos retributivos anteriormente acordados na Mesa Sectorial para 0 periodo 2010-2012.

2 Incrementos retributivos

A caida de ingresos da Comunidade Aut6noma que motiva a medida de suspension antes mencionada, provoca a necesidade de definir un novo ambito temporal de aplicaci6n dos acordos xa asinados.
Pero a pesares do cambio nas circunstancias econ6micas que estamos a vivir e necesario ó mesmo tempo garantir o cumprimento das melloras salariais pactadas, e establecer como prioritario o cumprimento dos acordos no momento que se produza unha recuperación económica reflectida nun aumento dos ingresos correntes da Comunidade Autónoma.
Tendo en conta o anterior se presenta unha proposta de novo escenario temporal de cumprimentos dos acordos, con as seguintes bases:
? No ano 2010 non se aplicará ningún novo incremento retributivo.
? A data limite para o cumprimento de todas as melloras salariais é o ano 2014.
? Cada ano a Administraci6n asumirá unha porcentaxe de cumprimento dos acordos, que podera ser maior, se os ingresos da comunidade autónoma se sltuan por encima da porcentaxe sinalada.
a) Respecto das melloras salariais previstas para o ano 2010, executándose da seguinte forma:
? No ano 2011 abonariase un terzo das melloras
? No caso de que os ingresos da comunidade aut6noma se incrementasen nun 5%, aboarase un terzo reais das melloras.
? 0 terzo restante quedaría para o ano 2012.
Respecto das melloras previstas para o ano 2011
? O primeiro terzo pagaríase no ano 2012 se da contra do ano 2010 estivese pendente soamente un terzo.
. Se os ingresos correntes do ana 2012 se incrementasen un 5% pagaríase 0 segundo terzo.
? No caso de que non se incrementasen os ingresos correntes na contra sinalada nos anos 2011 e 2012 a contra prevista para o ano 2011 aboaríase no 2013.
Respecto das melloras previstas para 0 ano 2012
? a primeiro terzo aboaríase no ano 2013, se os incrementos do ano 2011 e 2012 dos ingresos correntes fosen dun 5%, no caso contrario, este primeiro terzo e os dous restantes terzos aboaríanse no ano 2014.

Dende CIG-Saúde O Barco preguntámonos se isto é unha proposta ou un vacile gaivoteiro????


FOLGA XA!!!!!

Comentarios (0) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 12-11-2009 18:57
Queres comentar ou preguntar algo?
declarado nulo o despedimento de chelo en POVISA
Avaliación moi positiva da sentenza, que desmonta no texto as acusacións da empresa
O mércores 11 de novembro coñecemos a sentenza do xuizo polo despedimento da delegada da CIG en Povisa, Consuelo Martínez, que foi portavoz do Comité de folga na mobilización que tivo lugar en maio pola negociación do convenio colectivo, e que foi despedida en pleno periodo vacacional nun claro caso de represión sindical. A sentenza asi o recoñece polo que declara este despedimento nulo, e a empresa terá que readmitir á sindicalista da CIG.


O 30 de outubro tiña lugar o xuizo polo despedimento da delegada da CIG, Consuelo Martínez, e non foi até o 11 de novembro cando se fixo pública a sentenza na que se declara nulo o despedimento realizado por Povisa.

Acusacións desmentidas

Dos feitos imputados na carta de despedimento a esta traballadora só se probaron dous supostos insultos a esquiroles, que ademais a xuíz non recoñece como motivo para despedimento. Do resto de acusacións ou quedan desmentidas ao longo da sentenza ou rematan como non probadas.

Recoñecese que é un caso de represión sindical

Ademais a sentenza recolle que estamos diante dun claro caso de represión sindical, por pertencer á CIG, e que por ser este un "sindicato incómodo para a empresa", e recolle as denuncias presentadas en numerosas ocasións contra as condicións de traballo neste centro hospitalario ou contra as vulneracións e ataques á liberdade sindical en Povisa.

Vitoria importante no ámbito sindical

Consuelo Martínez avalia moi positivamente esta sentenza xa que "está todo moi ben argumentando, desmontando os posicionamentos da empresa", e saliento que "máis alá da alegría persoal lóxica que sinto, sindicalmente podemos falar de que é unha vitoria para a sección sindical da CIG en Povisa, e para a CIG no seu conxunto".

Aínda que sobre esta sentenza aínda podería presentar recurso a empresa, Consuelo Martínez xa adiantou que acudirá nas próximas horas a Povisa "para que faga efectiva a sentenza e me poda reincorporar canto antes ao meu posto de traballo".

parabens Chelo a loita continua
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 12-11-2009 14:48
Queres comentar ou preguntar algo?
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0