CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

un atranco máis no nivel 3
NIVEL 3 AUXILIARES DE ENFERMARÍA
UN ATRANCO MÁIS NO NIVEL 3

Desde que no ano 2005 o INCUAL recoñecera o nivel 3 para as Auxiliares de Enfermaría, baseado nun estudo pormenorizado das funcións que se desenvolven actualmente e non veñen recollidas no currículo actual de “Técnicos en Coidados de Auxiliares de Enfermaría”, estábase á espera de que o Ministerio de Sanidade emitira o seu informe favorábel para que o Ministerio de Educación poida adaptar a Formación Profesional ao contido da cualificación proposta polo INCUAL.

Trascorridos dous anos o informe que emitiu o grupo de traballo do Consello interterritorial, composto por representantes de Recursos Humanos das distintas Comunidades Autónomas é desfavorábel, é dicir, o seu informe dí que non á proposta do INCUAL de que as Auxiliares de enfermaria pasen ao nivel 3.

A valoración deste grupo de sabios é que o informe do INCUAL, que recolle as funcións actuais das Auxiliares de Enfermaría, non é suficiente xustificación para unha nova clasificación.
Asemade o grupo de sabios do Consello Interterritorial está en consonancia coa Ministra de Sanidade, xa que ésta a unha pregunta presentada polo BNG no Congreso dos Deputados respondeu que hai que seguir profundizando máis no informe do INCUAL, dados os importantes efectos organizativos, e sobre todo a repercusión que o aumento do nivel da cualificación destas profesionais poida ter sobre as políticas de Recursos Humanos dos Servizos de Saúde. Así como o posíbel ensolapamento de certas actividades coas de outros profesionais sanitarios.
A que se refere a Sra. Ministra cando dí que o aumento da cualificación destes profesionais vai ter unha repercusión sobre as políticas de recursos humanos? É que as Auxiliares de Enfermaría non teñen dereito a un recoñecemento profesional, como o resto dos profesionais sanitarios? Quere dicir que as/os Auxiliares de Enfermaría teñen que seguir a ser a man de obra barata da sanidade publica?
Parece que nen a Sra. Ministra de Sanidade, nen os representantes de Recursos Humanos das Comunidades Autónomas, leron o informe do INCUAL, xa que este está baseado nas funcións que actualmente desenvolven as/os Auxiliares de Enfermaria, sen solapar en ningún caso as funcións que realizan outros/as profesionais.
O informe deste grupo de traballo será presentado en breve ao Pleno do Consello Interterritorial, para a súa aprobación definitiva.Unha vez aprobado o devandito informe éste será enviado ao INCUAL.

A CIG-SAÚDE continuará a defender en todos os foros o NIVEL 3 PARA AS/OS AUXILIARES DE ENFERMARÍA.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 20-02-2007 13:07
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis