CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Anxo Rei
Comezamos unha nova sección onde iremos dando conta de xente que traballa ou traballou nesta área de saúde que ten algunha faceta da súa vida que nos sorprende ou nos admira.

O primeiro deles será o compañeiro Anxo Rei, cantautor ademáis de traballador do hospital. Escoitaredes algunhas das súas composicións mentres visitades a páxina.

Datos:

Nace en Rubiá de Valdeorras. Dotado de prodixioso talento para o son, de formación autodidacta, a paixón musical comenza a materializarse nas creacións a partir do ano 1974. Dende este momento ata 1990 percorre os escenarios de moitas localidades de Galiza e algunhas de Catalunya.
Tras unha longa paréntese, recupera vellas creacións e volta á composición e á interpretación. O magnífico resultado é o seu primeiro traballo discográfico,”Fronteira de Cegoñas”, con textos de Florencio Delgado Gurriarán, poeta vangardista de Valdeorras. As cancións falan da lúa, do vento, da feira, do amor, do viño, da terra, de Galiza.
Anxo Rei ten creado melodías para poemas de outros moitos autores galegos: Rosalía de Castro, Amado Carballo, Uxío Novoneyra, Celso Emilio Ferreiro, Blanco Amor, Fiz Vergara Vilariño, Antón Tovar, Darío Xohán Cabana, etc
En Agosto do 2006 presentou o seu segundo traballo “A RABELA DA PLUMA” con textos do poeta da “Pereira” Rairiz de Veiga, Antón Tovar. Contou con músicos da talla de Tino Di Geraldo na percusión, no baixo Peter Oteo, ao piano Iñaki García e as guitarras e arranxos de Jorge Fdez. Ojea.

Velaqui a conversa que con el mantivemos:

Canto tempo levas traballando neste hospital?
Empecei no 1986. Desde entón sen parar.

Como compatibilizas a tua ocupación no hospital coa túa faceta artística?
Afortunadamente os horarios deste traballo permitenme ter un tempo libre que dedico a ensaiar. Agora mesmo traballo en quenda fixa de mañás e eso supón ter as tardes libres. Ata hai pouco traballei en quendas de mañá e tarde e tiña menos tempo, e se tiña algunha actuación en fin de semana resultaba difícil cambiar a quenda de traballo, pero íao compaxinando.

Que che comentan os teus compañeiros de traballo sobre a música?
Ben, no hospital fálase moito de fútbol, fálase moito de caza e pesca e outros temas, pero do que é a música fálase ben pouco; gustaríame que fose un tema máis comentado.




Comentarios (0) - Categoría: traballadores "ilustres" da área do barco - Publicado o 16-02-2007 11:51
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis