|
|
|
|
Esta noite, a escola de gaitas da Rúa no Alalá |
|
Este é o estracto da web da TVG na que anuncian para esta noite o Alalá sobre Abertal, a banda de gaitas da Rúa. Poderedes velo a partir das 22:55 hs na TVG.
Hoxe, xoves, día 29/04/2010 O protagonista do conto do Alalá desta noite é Manuel Durán, que naceu preto da Rúa e cando era neno encantáballe a música dos grupos de gaitas, aínda que daquela, na Rúa, a música tradicional estaba a perderse. Desde alí emigrou a Barcelona, onde escoitando a "Fuxan os Ventos" ou a "Voces Ceibes" volveuse namorar sen remedio da música galega. Cando volveu á Rúa no ano 89, ao comprobar que non quedaban gaiteiros, dirixiuse ao concello para dicir que quería facer unha escola de gaitas, un lugar onde os nenos puidesen aprender e onde se recuperase a tradición musical.
Manuel non era mestre de música, era fontaneiro, pero aínda así fixo realidade aquel soño. Desde aquela pasaron mais de 20 anos, e Manuel Durán segue a traballar con novas xeracións de rapaces da Rúa, facendo "canteira"; aquela escola que empezou con nove rapaces ten agora arredor de cen alumnos. Neste tempo, actuaron por toda Galicia, España e Europa; gravaron dous discos e convertéronse nun referente para a música tradicional, iso si, sempre sen perder de vista as raíces, facendo música galega sen adulterar. Este é o espírito desta escola, o espírito de Abertal, o que lles aprendeu Manuel Durán. |
|
|
|
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO |
|
|
|
|