|
|
|
|
Máis de 2000 persoas rexeitan o peche do hospital da Cruz Vermella de Vigo |
|
nova extraida de A Nosa Terra:
Máis 2.000 persoas protestaron onte en contra do peche do hospital da Cruz Vermella de Vigo, o único centro sociosanitario da cidade e que conta con 70 camas.
Na mobilización, convocada polo comité de empresa, estiveron presentes membros do Goberno local como os concelleiros socialistas Xulio Calviño e Santos Héctor Rodríguez, a edil do BNG María Méndez, a deputada nacionalista Carme Adán, así como representantes de sindicatos e familiares dos pacientes que permanecen no hospital.
O percorrido terminou ante a sede da Xunta en Vigo, onde un representante dos traballadores do hospital, recordou que o persoal leva nunha loita de dous meses polo mantemento da actividade no centro e en defensa dos 70 postos de traballo.
Así mesmo, lamentou que a recollida dun total de 25.000 firmas en apoio ás súas reivindicacións non foi suficiente para cambiar a vontade da ONG de frear o centro e avisou de que a desaparición deste hospital sociosanitario levará a "saturación" do resto de infraestruturas sanitarias.
Finalmente, demandou á Cruz Vermella que "dea marcha atrás" na súa decisión e á Xunta que "tome cartas no asunto" para evitar o peche dun centro que cualificou como "insubstituíbel".
Cinco pacientes
Actualmente, só quedan cinco pacientes no centro, que se resistiron a abandonalo mentres non se lles garanta que serán trasladados a outro centro en Vigo onde permanezan nas mesmas condicións que teñen agora no hospital da Cruz Vermella.
Pola súa banda, os traballadores están en negociacións coa Cruz Vermella sobre un expediente de regulación de emprego (ERE) de extinción e o día 26 de abril celebrarase a próxima reunión.
|
|
|
|
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO |
|
|
|
|