CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

só nos faltaba dicilo cantando
noticia extraida de A nosa terra:

'CONCERTAZO CONTRA O DECRETAZO'
Un 'cartel histórico' únese a prol do ensino do galego

'Música contra o Decretazo'. Este é o slogan do concerto que a plataforma Queremos Galego organiza en Pontevedra o próximo sábado 17 de abril. Uxía Senlle e Carlos Callón presentaron o evento en Santiago.

Berroguëtto, Fía na Roca, A Quenlla, Luar Na Lubre, Fuxan os Ventos, Os 3 Trebóns, Galegoz, Os Carrunchos, Zurrumalla, Espido, Lamatumbá, García MC, Asociación de Gaiteros Galegos, e Uxía Senlle sucederanse no Recinto Feiral da cidade do Lérez a partir das 19h30.

As entradas terán un prezo 10 euros en anticipada, 12 no recinto do concerto. Pódense mercar en puntos de venda publicados na web do colectivo cidadá.

Uxía Senlle fixo de voceira dos músicos colaboradores. “Vai ser un concerto histórico pola cantidade de grupos e polo carácter simbólico do acto; agardamos unha resposta masiva (...) igual que nas distintas mobilizacións a prol do uso do galego na escola”, animou a cantante.

Senlle animou a acudir a Pontevedra en defensa dunha lingua “que abre horizontes e que nos permite estar en contacto con outros países, como Brasil ou Portugal”. Como proba da vitalidade da escena do país, a cantante argumentou que “imos poder escoitar dende o rock en galego até o folk e outras moitas expresións”. A artista destacou o carácter “lúdico” do evento para que “teñamos mil primaveras máis” a prol da lingua.


'Só nos faltaba dicilo cantando', responde Callón a Anxo Lorenzo


O voceiro da Mesa pola Normalización lembroulle ao secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, que a maioría do tecido social galego pronunciouse en contra do polémico “Decreto do Plurilingüismo”. “Só nos faltaba dicilo cantando”, ironizou Carlos Callón na presentación do “concertazo contra o decretazo” cun “cartel en verdade histórico”.

Callón criticou as palabras de Lorenzo, que cualificou de “político” o rexeitamento do Consello Escolar de Galicia a nova norma.

O portavoz dixo que “hai un clamor unánime na sociedade” para manter o actual texto, que fixa nun 50 por cento as aulas galegas nalgúns cursos. Así, Callón lembrou que a práctica totalidade de asociacións de pais, alumnos e profesores rexeitaron a contrareforma impulsada polo PP.

O voceiro argumenta que os conservadores insisten en derrogar o texto do bipartito “sen importarlle a opinión nin tan sequera a opinión dos votantes do PP”. Así, recordou que varios ex-altos cargos cos gobernos de Manuel Fraga, caso do ex-conselleiro de Cultura Daniel Barata, xa se pronunciaron contra o “decretazo”.
Comentarios (0) - Categoría: lingua e cultura - Publicado o 10-04-2010 18:29
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis