|
|
|
|
concentración contra o decretazo |
|
artigo extraido de avantar
Queremos Galego convoca unha concentración contra o decretazo no ensino coincidindo coa reunión do Consello Escolar
A CIG-Ensino fai un chamamento a participar na mobilización, o mércores día 7 de abril, ás 16:15 horas
A Plataforma cidadá Queremos Galego, na que está integrada a CIG, convoca para o próximo mércores, día 7 de abril, ás 16:15 horas, unha concentración ante a sede do Consello Escolar (Rúa San Roque, 2, a carón da galescola, no antigo Hospital de San Roque), en Santiago de Compostela. A convocatoria coincide coa xuntanza deste organismo consultivo, que se pronunciará nesta xuntanza sobre o anteproxecto de decreto contra o galego no ensino non universitario. A CIG-Ensino fai un chamamento a participar nesta concentración simbólica.
Queremos galego convoca esta concentración d eurxencia co obxectivo de ?reiterar cantas veces sexa preciso? o rexeitamento unánime que suscitan nos diferentes sectores do ensino e na sociedade en xeral ?os plans de demolición da lingua propia polo Partido Popular?.
A plataforma cidadá chama especialmente á participación dos diferentes axentes da comunidade educativa para que ?tanto dentro como fóra? da reunión do organismo consultivo ?fagan sentir a voz que a consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística está tratando de silenciar por todos os medios posíbeis?.
O movemento cívico de entidades a prol do idioma propio do país pretende que a sociedade ?non albergue a máis mínima dúbida? sobre a ?natureza antidemocrática? dunha norma que non ten máis apoios que os ?debuxados na imaxinación do Partido Popular?. |
|
|
|
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO |
|
|
|
|