CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Contra o retroceso no sistema público de servizos sociais
O PP está intentando por tódolos medios chimpar do mapa a nosa lingua, privatizar a asistencia sanitaria, esta semana dimos información dabondo no blog sobre estas duas cuestiois, pero é que ademais pretende privatizar moitos dos servizos públicos que xa temos, onte produciuse unha carga policial con varios feridos, incluidos un par de periodistas (será por isto que os medios de comunicación recollen a noticia) contra unha manifestación de bombeiros en A Coruña, avantar daba asi a noticia:

Un milleiro de persoas maniféstanse en A Coruña contra a privatización dos servizos de emerxencias.

A marcha, convocada por CIG, UGT e CCOO, rematou diante da Deputación provincial logo dunha carga da policía.

Arredor de mil persoas, entre bombeiros chegados de toda Galiza e delegados/as sindicais, participaron na manifestación convocada este venres en A Coruña, en contra da privatización dos servizos de emerxencia. A protesta, que transcorreu entre os ruídos das sirenas e os petardos, rematou diante do edificio da Deputación provincial, onde se produciu unha carga policial na que afortunadamente non se rexistraron feridos, mais onde tampouco foron recibidos os representantes dos traballadores/as polo presidente do organismo, Salvador Fernández Moreda.

?Moreda acaba de dicir que é un incompetente; se non se fai competente nesta materia, entón é un incompetente?, afirmaba Xavier Picón, responsábel da Administración Local da CIG logo de que o presidente da Deputación se negase a recibir aos representantes dos traballadores. ?O máximo responsábel da maior parte dos servizos privatizados e di que non son competencia del, que non está na súa man resolver nada. Acaba de declararse incompetente, cousa que por outra parte tampouco nos sorprende?, sentenciaba Picón.

O sindicalista da CIG lamentaba o resultado da xuntanza mantida o xoves con Moreda, pois o responsábel político ten apostado pola privatización dos servizos de emerxencia na provincia, praxis que, por outra banda, se está levando a cabo en todo o País. ?Para que nos serven estes políticos, para nada?, aseguraba.

As tres organización sindicais convocantes, CCOO, UGT e CIG, solicitaron, ao remate da manifestación en A Coruña, a intervención do secretario xeral do PSdeG-PSOE, Manuel Vázquez, polas evidentes contradicións entre o que defenden os socialistas nos seus programas electorais, e mesmo nas intervencións no Parlamento, e as políticas que poñen en práctica, apostando pola privatización dun servizo tan importante para a cidadanía como as emerxencias.

Marcha polas rúas de A Coruña


A ruidosa manifestación, na que participaron arredor dunhas mil persoas e na que tamén estivo presente o secretario xeral da CIG, Xesús Seixo, saíu por volta das once e media da Praza da Palloza con destino ás portas da Deputación provincial. A escolla da cidade de A Coruña, chegou logo de que o organismo provincial, por acordo dos tres partidos políticos que o compoñen (PSOE, BNG e PP), e en complicidade coa Consellería de Presidencia da Xunta de Galiza, decidise impoñer para toda a provincia unha xestión das emerxencias pola vía da externalización dos seus servizos. Isto supón que o Consorcio de Emerxencias creado entre Deputación e Xunta será xestionado definitivamente por empresas privadas.

Carga policial

Logo de chegar ás portas da Deputación, que rapidamente foron pechadas pola seguridade privada do edificio, a policía nacional instalouse diante das escaleiras de acceso, fronte mesmo da pancarta de cabeceira. Ruído de sirenas, berros reclamando a presenza de Moreda, bengalas e petardos enmarcaron durante un bo anaco a situación que se vivía, até que finalmente a tensión estourou e a policía iniciou unha carga que separou en varios grupos aos manifestantes. Foi entón cando comezou unha verdadeira batalla campal, na que as pelotas de goma lanzadas polos axentes non deixaron de voar entre os alí congregados e ante a que os bombeiros non quedaron calados.

Tras dun bo anaco, a situación foise calmando sen que se produciran feridos nin houbese detencións. Mais coa impotencia marcada na cara daqueles que viñan loitar pola defensa dun servizos públicos e de cualidade para toda a cidadanía e pola dignificación das súas condicións laborais.

Parques privatizados

En Galiza existen actualmente 7 parques de bombeiros públicos nas grandes cidades (dependentes dos Concellos e cuxo ámbito de actuación se limita á área municipal), 1 parque público en Silleda xestionado pola Deputación de Pontevedra e 17 parques privatizados.

Pola súa banda, as empresas que xestionan os parques privatizados limítanse á contratación do persoal, xa que todos os gastos (instalacións, mantemento, protocolos de actuación, planos directores, etc.) dependen da administración. Por iso, o suposto aforro da xestión privada vén pola vía da precarización dos traballadores/as das emerxencias, mentres que as empresas levan un 19% de beneficios e aínda reciben un 8% máis en concepto de gastos.

As organizacións sindicais lembraron que tan só en Galiza se ten apostado por un modelo privatizado da xestión das emerxencias, pois nas demais autonomías a lexislación concibe estes servizos como de titularidade pública nos que os seus membros teñen a condición de axentes da autoridade. A respecto deste último punto, dende a CIG tamén se reclama a inmediata creación do estatuto do bombeiro profesional.


Por outra banda celebrouse hoxe en Santiago unha manifestación en defensa dos servizos públicos. Así da Vieiros a noticia

Contra o retroceso no sistema público de servizos sociais

Máis de 60 entidades manifestáronse en Compostela denunciando a actitude privatizadora do Goberno, que "vai contra o propio Estado de Benestar".

A Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais, acabada de constituír, manifestouse este sábado en Santiago de Compostela. Dous milleiros de persoas partiron dende a Praza do Toural para chegar até os edificios administrativos da Xunta, encabezada por unha pancarta co lema: ?Servizos Sociais Públicos, non á privatización do Consorcio?.

Na protesta tomaron parte unha ampla representación de dirixentes da CIG e do BNG, entre eles o portavoz nacional, Guillerme Vázquez; o deputado no Congreso, Francisco Jorquera; ou membros do Parlamento como Anxo Quintana, Carlos Aymerich ou Ana Pontón.

Entre as súas reivindicacións subliñaron ?a protección do sistema público de servizos sociais, que se garanta a infraestrutura necesaria para cubrir as carencias do conxunto da poboación, a consolidación de servizos comunitarios dirixidos á cidadanía con carácter predominantemente local, e a atención integral as familias. Ademais, a Plataforma demanda que a Xunta ?volva atrás? no seu modelo de xestión dos servizos sociais e acusa o Goberno de ?facer negocio? a través do ?proveito económico, maximizando o beneficio e reducindo a calidade da prestación ao cidadán?.

Privatización do Consorcio
O secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao, explicou ao inicio da marcha que esta tamén se trata dunha mobilización máis ?contra a privatización que pretende o PP do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, contra os 61 despidos deste organismo e en demanda de que se aplique o convenio asinado en marzo de 2009?. Así, subliñou que ?nunha época de crise, os servizos sociais públicos son os que poden amortecer os seus efectos, que sempre son os máis desfavorecidos quen os sofren?, polo que dixo que ?deben ser públicos para garantir que sexan de calidade e universais?.

Na mesma liña, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, asegurou que ?o carácter público é a única fórmula capaz de prestar os servizos en igualdade de condicións para todos os cidadáns en todo o ámbito territorial?.

Pola súa parte, o anterior vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana denunciou que ?este Goberno está a destruír o que era a xénese dunha rede pública de servizos sociais, que constituiría a cuarta pata do Estado de Benestar?. Ademais lamentou que teñamos ?un Goberno que xestiona de costas á xente que máis o precisa? e engadiu que ?a cidadanía debemos reclamar unha mudanza no seu rumbo e iso é o que estamos facendo hoxe aquí?.


Como vedes, a temperatura crece por momentos, estamos en mans dun goberno que leva a súa ideoloxia raiante coa extrema dereita, ata as súas últimas consecuencias e non podemos quedar de brazos cruzados ante semellantes ataques, nós dende logo non imos quedar parados, pero a pregunta é,, e ti que pensas facer?
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 30-01-2010 18:06
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0