|
|
|
|
actividades da Plataforma Queremos Galego en Valdeorras |
|
Actualización: un novo correo que acaba de chegar, comunícanos un cambio no acto do mércores 30:
Pola programación dunha concentración nacional o próximo mércores 30, suspéndese a caravana de coches que tiñamos programada en Valdeorras. Mantense, porén, a mesa informativa de mañá, ás 18 hs na Praza do Concello do Barco.
Chéganos un correo da Plataforma Queremos Galego que pola súa impotancia e interese trasladamos ó blog.
Quixéramos achegarche a programación dalgúns actos que a Plataforma Queremos Galego vai levar a cabo en Valdeorras nos próximos días.

Para comezar, o próximo martes, día 29 de decembro , ás 18 hs na Praza do Concello do Barco de Valdeorras, e sempre que non chova, colocaremos unha mesa informativa, onde recolleremos asinaturas nas postais, que quizais xa coñezas, que a plataforma ven de editar para enviarlle ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para desexarlle unha mellor política lingüística, e reapartiremos diverso material da plataforma a quen queira achegarse.
Para o mércores 30 de decembro, agárdase en principio que o Consello da Xunta aprobe o decreto que derrogará o 124/2007 e que reducirá as porcentaxes de uso do galego no ensino por baixo do 50% que establecía o aínda vixente.
A Plataforma Queremos Galego convoca para ese día, mércores 30 de decembro unha concentración na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela ás 17 hs.
Agardamos a túa participación nestes actos, e que transmitas o convite a todas as persoas do teu entorno.
Un saúdo e que teñas un bo comezo de ano, agardando que a normalización da nosa lingua dea pasos adiante e non cara atrás.
Queremos Galego! |
|
|
|
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO |
|
|
|
|