CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES

















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

Resumo da Mesa Sectorial 23 de decembro
O mércores 23 de decembro celebroue Mesa Sectorial do Servizo Galego de Saúde para negociar o concurso de traslados do persoal facultativo.

Quedaron aprobadas as bases que rexerán o devandito concurso. No referente ás prazas a convocar rexeitamos a proposta que nos fixo chegar a Admón; dita proposta non contempla o 100% das prazas existentes nos grandes hospitais e, pola contra, ofertaba prazas a traslados nos comarcais e nos hospitais exfundacións.

Solicitámoslle que respecten os acordos asinados, referentes a que a convocatoria de traslados será do 100% das prazas da convocatoria e de que non se ofertará ningunha praza a OPE que previamente non fose ofertada a traslados.

Quedaron en consultalo; supoñemos que a consulta farana ás/aos superiores e ás/aos xefes/as de servizo. Denunciamos que estaban retrotraendo a situación ao ano 2005 e que estes temas xa foran superados coa negociación da OPE e traslados do 2006. Quedaron en convocar unha nova reunión a volta das vacacións.

O Servizo Galego de Saúde nos facilitou un borrador coas prazas que en principio van saír a concurso co que CIG-SAUDE esta en desacordo por consideralas claramente insuficientes e mantendo unha situación de interinidade moi grande.

CIG-Saúde esixe que saian ao Concurso de Traslados o 100% das prazas de cadro vacantes existentes en todos os hospitais, incluídas as novas orzamentadas para 2010, e se opón aos intentos do SERGAS de non facer un Concurso que se caracterice pola transparencia.
Comentarios (0) - Categoría: sindical - Publicado o 24-12-2009 23:25
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis




Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0