|
|
|
|
Haidar volve á terra |
|
Haidar volve á terra: "É unha vitoria para a causa saharahuí"
Logo de 32 días en folga de fame, a activista regresa ao Aiún grazas á presión social e da comunidade internacional.
A independentista Aminatu Haidar saíu rumbo ao Sáhara. O goberno marroquí aceptou por fin a volta á casa da activista saharuí. Un avión fletado polo goberno español despegou a última hora deste xoves (23.30 horas) de Lanzarote rumbo ao Aiún. A comunidade saharauí festexa a vitoria.
Haidar, que se atopa moi feble logo de 32 días en folga de fame, agradeceu as grandes mostras de solidariedade da sociedade civil. A activista subliñou que o seu regreso é "unha vitoria para a causa saharahuí".

O goberno marroquí, que ocupa as terras do Sáhara,aceptou o regreso da independentista "sen condicións". Haidar non terá que pedirlle perdón ao rei marroquí nin recoñecer publicamente a nacionalidade dese país, tal e como pretendían obrigala a facer.
Preocupación polo seu futuro
Agora resta por saber se as forzas marroquís van caer na tentación de tomar represalias contra a Haidar a medio prazo. Defensores da causa saharauí lembraron que o goberno de Marrocos vulnera reiteradamente os dereitos humanos á hora de reprimir a loita independentista.
noticia extraida de vieiros |
|
|
|
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO |
|
|
|
|