CIG-Saúde O Barco








Telf: 988 339112






















Perfil de Facebook de Cig-saúde O Barco.














BLOGS E WEBS DOUTRAS COMARCAS E ÁMBITOS DE CIG-SAÚDE














OUTRAS LIGAZÓNS INTERESANTES















cig-saude o barco
h.obarco@cig-saude.org
 DESTACADOS
 CATEGORÍAS
 FOTOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 PARA SABER MÁIS

datos a ter en conta
Como xa informamos estes dias, a Administración fixo unha última oferta, para a rapiña ó persoal dos acardos que tiñamos acadados, entre o luns e o martes faranse asembleas en tódalas áreas para catar a opinión do persoal sobre o conflicto. Por iso parécenos importante que para ter unha opinión sólida saber que se gaña e que se perde na proposta que fan estes piratas de garabata e rosario, para iso ímonos servir da axuda dun cadro comparativo que fixeron @s nos@s compañeir@s de CIG-Saúde Ferrol.

En canto ó acordo retributivo:


No ano 2.013 as cifras de incremento equiparanse ás que estaban previstas para o ano 2.012 pero non se recupera a perdeda acumulada do que se deixa de ingresar nos anos anteriores.

A estas cifras debesenlle de engadir o aforro noutras partidas orzamentadas para o SERGAS e perdeda de ingresos para os traballadores/as: precio de gardas médicas, Atención continuada en persoal de urxencia de hospital + PACs, desprazamentos de persoal de primaria, etc, etc.

En canto á carreira profesional extraordinaria do persoal sanitario de FP e non sanitario de xestión e servizos

O incremento anual por grao para o persoal sanitario de fp e non sanitario de xestión e servizos que remataria no ano 2011, para acadar as cifras do valor por grao definitivas, modificaríase do seguinte xeito:


Ademais o acceso ó IV grao de carreira atrásase ata xullo do 2011 e en piores condiciois:


En canto á carreira ordinaria
Empezamos a negociación da carreira ordinaria coa anterior Administración que viuse truncada polo cambio de goberno, e con este as cousas aínda se complicaron mais posto que aplicaron a estratexia de dilatar as negociaciois no tempo, a proposta do SERGAS deixa aberta a negociación de carreira (realízaríase no 2010) pero sen marcar prazos de execución, polo que por un lado non nos ata as mans para mobilizarse por este tema, pero por outro as expectativas de conseguir un bon acordo con prazos de execución breves para o persoal da OPE 2006 e o que ven de carreira extraordinaria son complicadas dende o noso punto de vista.

O SERGAS ameaza con eliminar a proposta de non ser aceptada polos sindicatos.

Por outra banda a posición do SERGAS mudou de quitar todo a esta última proposta (probablemente sexa unha estratexia de negociación) pero o que sí é certo é que as mobilizaciois que se levan dado ata o de agora sí serviron para algo.
Agora con estes datos sobre a mesa a palabra a ten o persoal, CIG-Saúde vai a ter moi en conta á hora de fixar postura o pronunciamento das asembleas, é obvio que un rexeitamento do acordo conlevaría a convocatoria de folga; pero lembrade tamén que decir sí o acordo átanos as mans para calquera mellora retributiva de aquí ó 2014.
Cecais cumpra lembrar que o acordo retributivo situábanos na media en canto a soldos con respecto ó resto de servizos de saúde no ano 2008, polo que no 2014 voltaremos a estar no vagón de cola do estado, por non falar que o SERGAS é prácticamente o único que aínda non ten negociada a carreira profesional do seu persoal.

Folga decir da importancia de participar nas asembleas dos vosos centros de traballo.
Así que agora vos tedes a palabra.
Comentarios (4) - Categoría: suspension acordos 2010 - Publicado o 21-11-2009 20:14
Queres comentar ou preguntar algo?
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
4 Comentario(s)
1 Con istos datos pormenorizados eu xa o teño ainda mais claro, o Sergas #blgtk08#intenta tomarnos por parvos, pola miña parte e como afiliado FOLGA XA
Comentado por Xosé (21-11-2009 21:02)
2 Pola miña parte folga xa, o que nos ofertan son ape#blgtk08#ritivos, que se quiten eles o plus dos altos cargos
Comentado por aux administrativo (23-11-2009 07:37)
3 Folga, eu aposto por iso. Se lle damos pe a que fag#blgtk08#an o que queiran deixamos a veda aberta para todo!
Comentado por Até os pelos!! (23-11-2009 18:54)
4 Isto paréceme de vergoña!!!.Temos que pornos firmes e pedir o que é noso e xa estaba firmado e publicado. Que pasará no 2013 seguiremos sendo uns dos peores pagados con respecto a ó resto dos outros servizos de saúde. FOLGA XAAA!!!


























































































































-


















































































































































































#blgtk08#/>









































































































































































































































































































































Comentado por toni_sur (24-11-2009 10:44)
DIRIXE AS PREGUNTAS Á SECCIÓN CORRESPONDENTE (PICA NO ICONO DO MENÚ DA ESQUERDA). ASEGÚRATE DE QUE NON ESTÁ XA CONTESTADA. NON RESPOSTAMOS PREGUNTAS REPETIDAS. NO RESTO DE ARTIGOS, SÓ COMENTARIOS.
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario ou pregunta (que non sexa repetida):

(Escribe o código. Copia o texto por se non entra á primeira)
 
Ligazóns dende outras webs
© by Abertal


free web counter



O Tempo no Barco de Valdeorras - Predición a 7 días e condiciois actuais.


Estadisticas Gratis