|
|
|
|
plante dos sindicatos ó SERGAS |
|
fonte: la voz de galicia
mesa sectorial: Os sindicatos plantan a Sanidade por non negociar a conxelación dos acordos de mellora
Os sindicatos CC.OO., CESM, CIG, CSI-F, SAE e UXT decidiron levantarse da mesa sectorial de Sanidade que se celebrou onte en Santiago. Os representantes dos traballadores pedían que se tratase como primeiro punto a suspensión dos acordos económicos de mellora para o ano 2010, unha medida adoptada pola Xunta por mor da situación de crise actual.
Segundo as organizacións sindicais, o Sergas asegura ademais que «foi unha decisión da Xunta e que eles non teñen capacidade negociadora neste asunto», polo que a plataforma sindical esixe entón que acuda a persoa do Goberno que ten capacidade para negociar.
Ademais de levantarse da mesa sectorial, os traballadores sanitarios están convocados a unha serie de mobilizacións por este motivo. O luns haberá unha concentración de delegados no Palacio de Congresos de Santiago, onde ten previsto acudir a conselleira, mentres que haberá peches de 24 horas nas distintas comarcas os días 3, 5, 10 e 12 do mes de novembro.
Diálogo social
A Consellería de Sanidade respondeu ao plante dos sindicatos resaltando a importancia de continuar co diálogo social. «Se ben o contexto económico actual dificulta que a Administración cumpra os acordos asinados polo anterior Executivo, o labor da mesa sectorial debe continuar», explica.
A Xunta indica que onte debían terse negociado decretos como o do persoal emérito, o de integración do colectivo afectado pola Lei 17/1989, e a convocatoria dunha reunión para traballar no novo pacto de vinculacións temporais. |
|
|
|
NESTA WEB XA NON ATENDEMOS. SE QUERES PREGUNTAR ALGO OU ALGUNHA INFORMACIÓN, DIRÍXETE Á NOVA WEB: www.cig-saude.org/OBARCO |
|
|
|
|